0:00:01.343,0:00:04.233 De cativo encantábame xogar aos agochos. 0:00:04.783,0:00:05.795 Moito. 0:00:06.183,0:00:10.224 Unha vez subín a unha árbore[br]para ter un grande escondedoiro, 0:00:11.042,0:00:13.042 pero caín e rompín un brazo. 0:00:13.325,0:00:17.398 E así comecei primaria[br]cunha grande escaiola no torso. 0:00:18.008,0:00:22.034 Quitáronma seis semanas despois,[br]pero non podía estirar o cóbado, 0:00:22.143,0:00:25.196 así que tiven que facer fisioterapia[br]para flexionalo e estiralo, 0:00:25.376,0:00:28.271 cen veces ao día, sete días á semana. 0:00:28.911,0:00:31.727 Case non fixen nada. Era aburrido, doía... 0:00:32.063,0:00:35.505 En consecuencia[br]botei seis semanas máis para recuperarme. 0:00:37.104,0:00:39.778 Anos despois, miña nai[br]padeceu de ombro conxelado, 0:00:39.778,0:00:42.824 que produce dor e rixidez nesa zona. 0:00:44.044,0:00:47.155 A persoa da que, durante media vida,[br]crin que tiña superpoderes, 0:00:47.655,0:00:50.763 de súpeto precisaba axuda[br]para se vestir ou cortar a comida. 0:00:51.474,0:00:54.283 Cada semana ía a sesións de fisioterapia[br]pero, coma min, 0:00:54.283,0:00:56.137 apenas seguía o tratamento na casa 0:00:56.187,0:00:59.228 tardou máis de cinco meses[br]en comezar a mellorar. 0:00:59.848,0:01:02.503 Tanto miña nai coma min[br]precisabamos fisioterapia, 0:01:02.503,0:01:05.266 un proceso no que realizas[br]exercicios repetitivos 0:01:05.266,0:01:09.122 para recuperar o movemento[br]perdido tras un accidente ou lesión. 0:01:09.874,0:01:12.161 Ao comezo, o fisioterapeuta[br]traballa co paciente 0:01:12.161,0:01:15.053 pero despois é cousa do paciente[br]facer os exercicios na casa. 0:01:15.134,0:01:18.923 Pero aos pacientes resúltanlles[br]aburridos, frustrantes, confusos 0:01:18.923,0:01:21.491 e longos ata obteren resultados. 0:01:21.844,0:01:26.438 É unha mágoa ver que o abandono[br]pode chegar ao 70%. 0:01:26.837,0:01:29.932 Isto indica que a maioría[br]non fai os exercicios 0:01:30.236,0:01:33.332 e, polo tanto, tarda moito máis[br]en recuperarse. 0:01:34.361,0:01:37.167 Os fisioterapeutas coinciden[br]en que determinados exercicios 0:01:37.167,0:01:38.957 reducen o tempo de recuperación, 0:01:38.957,0:01:41.333 pero os pacientes non están motivados[br]para facelos. 0:01:43.003,0:01:45.008 Así que tres amigos e mais eu, 0:01:45.008,0:01:46.765 todos nós frikis informáticos, 0:01:46.898,0:01:48.627 preguntámonos 0:01:48.787,0:01:52.635 se non sería interesante que os pacientes[br]puidesen recuperarse xogando. 0:01:53.585,0:01:56.381 Comezamos a crear MIRA,[br]unha plataforma de software para PC 0:01:56.381,0:01:59.339 que usa Kinect,[br]unha cámara que capta o movemento, 0:01:59.339,0:02:02.922 para mudar os exercicios tradicionais[br]en videoxogos. 0:02:03.702,0:02:07.654 A fisioterapeuta xa marcou[br]o horario para a miña terapia. 0:02:08.163,0:02:09.715 Vexamos como é. 0:02:13.607,0:02:16.746 No primeiro xogo[br]voas cunha abella de arriba a abaixo 0:02:16.746,0:02:19.147 para recoller o pole[br]e pousalo na colmea 0:02:19.147,0:02:20.857 mentres esquivas outros bechos. 0:02:21.588,0:02:24.701 Controlo a abella[br]ao estirar e dobrar o cóbado, 0:02:24.964,0:02:28.738 igual que cando tiña sete anos[br]e me quitaron a escaiola. 0:02:29.865,0:02:32.929 Antes de deseñar o xogo[br]falamos coa comunidade de fisioterapeutas 0:02:32.929,0:02:35.611 para entender qué movementos[br]precisan facer os pacientes. 0:02:35.856,0:02:37.527 Logo deseñamos un videoxogo 0:02:37.527,0:02:40.888 para ofrecerlles aos pacientes[br]metas motivadoras e sinxelas que seguir. 0:02:41.312,0:02:43.239 O software pode personalizarse 0:02:43.239,0:02:46.376 e os fisioterapeutas tamén poden crear[br]os seus propios exercicios. 0:02:47.192,0:02:49.183 Con este software, a miña fisioterapeuta 0:02:49.183,0:02:51.341 gravouse facendo[br]unha abdución do ombro, 0:02:51.341,0:02:53.434 un dos movementos[br]que miña nai tiña que facer 0:02:53.434,0:02:55.210 cando padecía de ombro conxelado. 0:02:55.531,0:02:58.819 Podo seguir o exemplo da fisioterapeuta[br]no lado esquerdo da pantalla, 0:02:58.819,0:03:02.121 mentres que no dereito[br]véxome facendo o movemento recomendado. 0:03:02.351,0:03:04.554 Estou máis involucrado[br]e síntome máis seguro 0:03:04.554,0:03:06.798 porque fago os exercicios[br]coa miña terapeuta 0:03:07.015,0:03:10.371 e fago o que ela considera[br]mellor para min. 0:03:10.740,0:03:13.795 Basicamente, a aplicación[br]ofrécelles aos fisioterapeutas 0:03:13.795,0:03:16.713 a posibilidade de crearen[br]o exercicio que crean máis axeitado. 0:03:18.133,0:03:21.388 Este é un xogo de poxas para previr caídas 0:03:21.494,0:03:24.448 deseñado para fortalecer os músculos[br]e mellorar o equilibrio. 0:03:24.569,0:03:27.310 Aquí, teño que facer movementos[br]de sentarse e erguerse 0:03:27.354,0:03:28.569 e, cando me ergo, 0:03:29.422,0:03:31.208 poxo polos artigos que quero mercar. 0:03:31.767,0:03:33.003 (Risas) 0:03:33.880,0:03:36.363 De aquí a dous días,[br]miña avoa fará 82 anos 0:03:36.565,0:03:39.290 e hai un 50% de posibilidades[br]de que os maiores de 80 anos 0:03:39.290,0:03:40.920 caian polo menos unha vez ao ano, 0:03:40.991,0:03:43.884 o que pode provocar rotura de cadeira[br]ou algo aínda peor. 0:03:44.259,0:03:48.066 O baixo ton muscular e os problemas[br]de equilibrio son as causas principais 0:03:48.415,0:03:51.202 polo que frear estes problemas[br]con exercicios específicos 0:03:51.526,0:03:54.133 axudará a que xente maior como miña avoa 0:03:54.196,0:03:56.782 estea protexida e[br]sexa independente por máis tempo. 0:03:57.279,0:03:59.514 Cando o meu horario remata,[br]MIRA amosa un resumo 0:03:59.514,0:04:01.643 do meu progreso durante a sesión. 0:04:04.043,0:04:06.010 Acabo de mostrarvos tres xogos diferentes 0:04:06.010,0:04:07.637 para nenos, adultos e anciáns. 0:04:07.853,0:04:10.686 Poden empregarse con pacientes[br]ortopédicos ou neurolóxicos, 0:04:10.686,0:04:13.720 e axiña teremos opcións[br]para nenos con autismo, 0:04:13.720,0:04:15.884 doenzas mentais ou patoloxías da fala. 0:04:16.661,0:04:18.999 A miña fisioterapeuta[br]pode volver ao meu perfil 0:04:18.999,0:04:21.346 e ver os datos recollidos[br]nas miñas sesións. 0:04:21.990,0:04:24.517 Pode ver canto me movín,[br]cantos puntos conseguín, 0:04:24.660,0:04:26.610 a velocidade das miñas articulacións 0:04:26.610,0:04:27.622 e moitas cousas máis. 0:04:27.841,0:04:31.118 Pode empregar todo isto[br]para adaptar o meu tratamento. 0:04:31.881,0:04:33.947 Alégrame dicir que esta versión se emprega 0:04:33.947,0:04:36.932 en máis de dez clínicas[br]de Europa e dos EE. UU. 0:04:37.124,0:04:39.011 e que traballamos na versión doméstica. 0:04:39.197,0:04:43.470 Queremos que os fisioterapeutas[br]poidan prescribir este tratamento dixital 0:04:43.670,0:04:47.014 e axudarlles aos pacientes[br]a recuperarse nas súas casas. 0:04:48.030,0:04:51.316 Se miña nai ou eu tivésemos algo así[br]cando precisamos fisioterapia, 0:04:51.473,0:04:54.166 seguiriamos o tratamento 0:04:54.519,0:04:57.008 e se cadra, recuperabámonos antes. 0:04:57.069,0:04:58.069 (Risas) 0:04:58.239,0:04:59.321 Grazas. 0:04:59.651,0:05:02.031 (Aplausos) 0:05:03.401,0:05:05.607 Tom Rielly: Cosmin, que hardware é este 0:05:05.607,0:05:07.318 que están retirando? 0:05:07.470,0:05:09.440 De que está feito e canto custa? 0:05:09.960,0:05:12.789 Cosmin Mihaiu: Microsoft Surface Pro 3[br]para a demo 0:05:12.789,0:05:16.524 pero só precisas un ordenador e un Kinect,[br]que custa 120 dólares. 0:05:17.044,0:05:19.781 TR: Ben, e o Kinect é o que se emprega[br]para xogar coa Xbox 0:05:19.781,0:05:21.122 cos xogos en 3D, non si? 0:05:21.122,0:05:23.627 CM: Exacto, pero non precisas a Xbox,[br]só unha cámara. 0:05:23.627,0:05:25.925 TR: Entón custa menos de 1000 dólares? 0:05:25.925,0:05:28.563 CM: Así é, podes telo por 400. 0:05:29.058,0:05:32.274 TR: E agora, estás cos ensaios clínicos.[br]CM: Si. 0:05:32.474,0:05:35.193 TR: E despois esperas deseñar[br]a versión doméstica 0:05:35.193,0:05:37.282 para practicar a distancia[br]e que na clínica 0:05:37.282,0:05:39.522 vexan o progreso e outras cousas. 0:05:39.522,0:05:40.419 CM: Xusto. 0:05:40.419,0:05:42.353 TR: Xenial. Moitas grazas.[br]CM: Grazas. 0:05:42.873,0:05:43.944 (Aplausos)