De cativo encantábame xogar aos agochos.
Moito.
Unha vez subín a unha árbore
para ter un grande escondedoiro,
pero caín e rompín un brazo.
E así comecei primaria
cunha grande escaiola no torso.
Quitáronma seis semanas despois,
pero non podía estirar o cóbado,
así que tiven que facer fisioterapia
para flexionalo e estiralo,
cen veces ao día, sete días á semana.
Case non fixen nada. Era aburrido, doía...
En consecuencia
botei seis semanas máis para recuperarme.
Anos despois, miña nai
padeceu de ombro conxelado,
que produce dor e rixidez nesa zona.
A persoa da que, durante media vida,
crin que tiña superpoderes,
de súpeto precisaba axuda
para se vestir ou cortar a comida.
Cada semana ía a sesións de fisioterapia
pero, coma min,
apenas seguía o tratamento na casa
tardou máis de cinco meses
en comezar a mellorar.
Tanto miña nai coma min
precisabamos fisioterapia,
un proceso no que realizas
exercicios repetitivos
para recuperar o movemento
perdido tras un accidente ou lesión.
Ao comezo, o fisioterapeuta
traballa co paciente
pero despois é cousa do paciente
facer os exercicios na casa.
Pero aos pacientes resúltanlles
aburridos, frustrantes, confusos
e longos ata obteren resultados.
É unha mágoa ver que o abandono
pode chegar ao 70%.
Isto indica que a maioría
non fai os exercicios
e, polo tanto, tarda moito máis
en recuperarse.
Os fisioterapeutas coinciden
en que determinados exercicios
reducen o tempo de recuperación,
pero os pacientes non están motivados
para facelos.
Así que tres amigos e mais eu,
todos nós frikis informáticos,
preguntámonos
se non sería interesante que os pacientes
puidesen recuperarse xogando.
Comezamos a crear MIRA,
unha plataforma de software para PC
que usa Kinect,
unha cámara que capta o movemento,
para mudar os exercicios tradicionais
en videoxogos.
A fisioterapeuta xa marcou
o horario para a miña terapia.
Vexamos como é.
No primeiro xogo
voas cunha abella de arriba a abaixo
para recoller o pole
e pousalo na colmea
mentres esquivas outros bechos.
Controlo a abella
ao estirar e dobrar o cóbado,
igual que cando tiña sete anos
e me quitaron a escaiola.
Antes de deseñar o xogo
falamos coa comunidade de fisioterapeutas
para entender qué movementos
precisan facer os pacientes.
Logo deseñamos un videoxogo
para ofrecerlles aos pacientes
metas motivadoras e sinxelas que seguir.
O software pode personalizarse
e os fisioterapeutas tamén poden crear
os seus propios exercicios.
Con este software, a miña fisioterapeuta
gravouse facendo
unha abdución do ombro,
un dos movementos
que miña nai tiña que facer
cando padecía de ombro conxelado.
Podo seguir o exemplo da fisioterapeuta
no lado esquerdo da pantalla,
mentres que no dereito
véxome facendo o movemento recomendado.
Estou máis involucrado
e síntome máis seguro
porque fago os exercicios
coa miña terapeuta
e fago o que ela considera
mellor para min.
Basicamente, a aplicación
ofrécelles aos fisioterapeutas
a posibilidade de crearen
o exercicio que crean máis axeitado.
Este é un xogo de poxas para previr caídas
deseñado para fortalecer os músculos
e mellorar o equilibrio.
Aquí, teño que facer movementos
de sentarse e erguerse
e, cando me ergo,
poxo polos artigos que quero mercar.
(Risas)
De aquí a dous días,
miña avoa fará 82 anos
e hai un 50% de posibilidades
de que os maiores de 80 anos
caian polo menos unha vez ao ano,
o que pode provocar rotura de cadeira
ou algo aínda peor.
O baixo ton muscular e os problemas
de equilibrio son as causas principais
polo que frear estes problemas
con exercicios específicos
axudará a que xente maior como miña avoa
estea protexida e
sexa independente por máis tempo.
Cando o meu horario remata,
MIRA amosa un resumo
do meu progreso durante a sesión.
Acabo de mostrarvos tres xogos diferentes
para nenos, adultos e anciáns.
Poden empregarse con pacientes
ortopédicos ou neurolóxicos,
e axiña teremos opcións
para nenos con autismo,
doenzas mentais ou patoloxías da fala.
A miña fisioterapeuta
pode volver ao meu perfil
e ver os datos recollidos
nas miñas sesións.
Pode ver canto me movín,
cantos puntos conseguín,
a velocidade das miñas articulacións
e moitas cousas máis.
Pode empregar todo isto
para adaptar o meu tratamento.
Alégrame dicir que esta versión se emprega
en máis de dez clínicas
de Europa e dos EE. UU.
e que traballamos na versión doméstica.
Queremos que os fisioterapeutas
poidan prescribir este tratamento dixital
e axudarlles aos pacientes
a recuperarse nas súas casas.
Se miña nai ou eu tivésemos algo así
cando precisamos fisioterapia,
seguiriamos o tratamento
e se cadra, recuperabámonos antes.
(Risas)
Grazas.
(Aplausos)
Tom Rielly: Cosmin, que hardware é este
que están retirando?
De que está feito e canto custa?
Cosmin Mihaiu: Microsoft Surface Pro 3
para a demo
pero só precisas un ordenador e un Kinect,
que custa 120 dólares.
TR: Ben, e o Kinect é o que se emprega
para xogar coa Xbox
cos xogos en 3D, non si?
CM: Exacto, pero non precisas a Xbox,
só unha cámara.
TR: Entón custa menos de 1000 dólares?
CM: Así é, podes telo por 400.
TR: E agora, estás cos ensaios clínicos.
CM: Si.
TR: E despois esperas deseñar
a versión doméstica
para practicar a distancia
e que na clínica
vexan o progreso e outras cousas.
CM: Xusto.
TR: Xenial. Moitas grazas.
CM: Grazas.
(Aplausos)