WEBVTT 00:00:06.794 --> 00:00:09.803 Esta é a historia de tres botellas de plástico, 00:00:09.803 --> 00:00:11.740 baleiras e refugadas. 00:00:11.740 --> 00:00:13.949 A súas viaxes sufrirán un cambio 00:00:13.949 --> 00:00:18.546 cuxos resultados impactan nada menos que no destino do planeta. 00:00:18.546 --> 00:00:20.731 Pero non sempre foron así. 00:00:20.731 --> 00:00:22.988 Para entender onde terminan estas botellas, 00:00:22.988 --> 00:00:25.808 primeiro cómpre investigar as súas orixes. 00:00:25.808 --> 00:00:29.688 As heroínas da nosa historia foron concibidas nesta refinaría de petróleo. 00:00:29.688 --> 00:00:31.358 O plástico dos seus corpos 00:00:31.358 --> 00:00:35.692 formouse grazas ao enlace químico de moléculas de petróleo e gas, 00:00:35.692 --> 00:00:37.495 que crea monómeros. 00:00:37.495 --> 00:00:41.832 Pola súa vez, estes monómeros únense en longas cadeas de polímeros 00:00:41.832 --> 00:00:46.610 para convertérense en plástico en forma de millóns de gránulos. 00:00:46.610 --> 00:00:50.692 Estes fundíronse en plantas de fabricación e transformáronse en moldes 00:00:50.692 --> 00:00:55.228 para crear o material resistente que forma o corpo das nosas tres botellas. 00:00:55.228 --> 00:00:58.455 As máquinas encheron as botellas cun líquido doce con burbullas 00:00:58.455 --> 00:01:02.288 e logo foron empaquetadas, transportadas, compradas, abertas, consumidas, 00:01:02.288 --> 00:01:05.501 e, sen máis, refugadas. 00:01:05.501 --> 00:01:06.970 E agora xacen aquí, 00:01:06.970 --> 00:01:10.283 ás beiras do descoñecido. 00:01:10.283 --> 00:01:14.550 A botella un, como centos de millóns de toneladas das súas irmás de plástico, 00:01:14.550 --> 00:01:16.671 acaba nun vertedoiro. 00:01:16.671 --> 00:01:20.975 Este enorme vertedoiro medra cada día conforme chega máis lixo 00:01:20.975 --> 00:01:23.633 e segue ocupando espazo. 00:01:23.633 --> 00:01:27.761 A medida que o plástico queda comprimido entre capas de lixo, 00:01:27.761 --> 00:01:30.081 a auga de choiva flúe a través dos residuos 00:01:30.081 --> 00:01:34.074 e absorbe os compostos solubles en auga que estes conteñen, 00:01:34.074 --> 00:01:36.926 algúns deles altamente tóxicos. 00:01:36.926 --> 00:01:41.006 Xuntos, crean un caldo daniño chamado lixiviado, 00:01:41.006 --> 00:01:44.471 que pasa á auga subterránea, ao solo e ás correntes, 00:01:44.471 --> 00:01:48.102 envelenando os ecosistemas e danando a vida silvestre. 00:01:48.102 --> 00:01:54.014 A botella un pode agonizar mil anos ata descomporse. 00:01:54.014 --> 00:01:58.509 A viaxe da botella dúas é estraña pero, por desgraza, non máis feliz. 00:01:58.509 --> 00:02:01.560 Aboia nunha corrente que dá nun regato, 00:02:01.560 --> 00:02:03.558 que dá nun río 00:02:03.558 --> 00:02:06.674 que chega ao mar. 00:02:06.674 --> 00:02:08.465 Despois de meses perdida no mar, 00:02:08.465 --> 00:02:13.417 únese lentamente a un enorme remuíño onde se acumula lixo, 00:02:13.417 --> 00:02:17.722 un lugar coñecido como Gran Mancha de Lixo do Pacífico. 00:02:17.722 --> 00:02:22.304 Aquí as correntes oceánicas atraparon millóns de refugallos plásticos. 00:02:22.304 --> 00:02:27.342 Este é un dos cinco remuíños de plástico dos mares do mundo. 00:02:27.342 --> 00:02:32.168 Sitios onde os contaminantes converten a auga nunha turbia sopa de plástico. 00:02:32.168 --> 00:02:35.984 Algúns animais, como as aves mariñas, enguedéllanse nesa lea. 00:02:35.984 --> 00:02:38.021 Estas, e outras, confunden con alimentos 00:02:38.022 --> 00:02:41.321 os anacos de plástico de cores brillantes. 00:02:41.321 --> 00:02:44.660 O plástico dálles sensación de saciedade pero non é así, 00:02:44.660 --> 00:02:46.581 por iso morren de fame 00:02:46.581 --> 00:02:50.343 e pasan as toxinas do plástico á cadea alimentaria. 00:02:50.343 --> 00:02:52.938 Por exemplo, os peixes lanterna comen os plásticos, 00:02:52.938 --> 00:02:55.126 as luras comen os peixes lanterna, 00:02:55.126 --> 00:02:57.114 os atúns come as luras, 00:02:57.114 --> 00:02:59.773 e nós comemos os atúns. 00:02:59.773 --> 00:03:02.504 E a maioría dos plásticos non son biodegradables, 00:03:02.504 --> 00:03:06.521 o que significa que se desintegrarán en anacos cada vez máis pequenos 00:03:06.521 --> 00:03:08.610 chamados microplásticos, 00:03:08.610 --> 00:03:12.750 que poden permanecer no mar eternamente. 00:03:12.750 --> 00:03:17.379 Pero a botella tres líbrase do purgatorio cruel das súas irmás. 00:03:17.379 --> 00:03:19.177 Un camión lévaa a unha planta 00:03:19.177 --> 00:03:22.068 onde é comprimida xunto coas súas compañeiras 00:03:22.068 --> 00:03:24.704 para formar un bloque. 00:03:24.704 --> 00:03:27.944 Vale, isto tamén soa bastante mal, pero espera. 00:03:27.944 --> 00:03:29.395 Isto mellora. 00:03:29.395 --> 00:03:32.183 Os bloques tritúranse en pequenos anacos, 00:03:32.183 --> 00:03:33.859 que se lavan, fúndense, 00:03:33.859 --> 00:03:37.896 e convértense en materia prima que se pode reutilizar. 00:03:37.896 --> 00:03:42.038 Como por encantamento, a botella tres está lista para renacer 00:03:42.038 --> 00:03:44.486 como algo completamente novo. 00:03:44.486 --> 00:03:47.908 Para este anaco de plástico de orixe tan humilde, 00:03:47.908 --> 00:03:50.902 de súpeto, o ceo é o límite.