0:00:01.071,0:00:05.658 Falemos da nova caixa de información [br]de subtítulos de Amara 0:00:05.915,0:00:10.446 e de como pode serlles útil[br]a transcritores e tradutores. 0:00:12.046,0:00:15.168 Cada vez que preman[br]nun subtítulo para editalo, 0:00:15.193,0:00:17.241 verán aparecer esta caixa. 0:00:17.631,0:00:20.503 Fíxese que comeza[br]con datos de minutaxe, 0:00:20.528,0:00:25.704 pero agora centrareime [br]na outra información do cadro, 0:00:26.173,0:00:29.286 no número de caracteres do subtítulo 0:00:29.432,0:00:32.009 e no número de caracteres por segundo. 0:00:32.655,0:00:34.647 Primeiro falemos do... 0:00:35.950,0:00:37.657 42. 0:00:38.514,0:00:42.843 Nas linguas con alfabeto latino, 0:00:43.192,0:00:46.816 se un subtítulo ten máis de 42 caracteres 0:00:47.083,0:00:49.501 debe quebrarse en 2 liñas. 0:00:50.153,0:00:53.091 Isto fai o subtítulo máis doado de ler 0:00:53.513,0:00:59.166 e evita visualizacións estrañas[br]en reprodutores “offline”. 0:01:00.302,0:01:04.370 A nova caixa de información amosa [br]tanto a largura total do subtítulo 0:01:04.497,0:01:07.887 como a cantidade de caracteres[br]das dúas liñas. 0:01:09.161,0:01:14.442 Cando a largura total do subtítulo[br]da caixa supera os 42 caracteres, 0:01:14.467,0:01:16.955 significa que se debe quebrar o subtítulo, 0:01:17.776,0:01:21.122 pero tamén que debe pensarse como facelo. 0:01:21.802,0:01:26.004 Loxicamente, non queremos ter[br]unha liña de 42 caracteres 0:01:26.029,0:01:28.926 e a seguir outra liña de 1 carácter. 0:01:29.872,0:01:36.346 Por iso, quebre a liña de forma que[br]as dúas partes teñan unha largura similar. 0:01:36.910,0:01:38.864 Velaquí un exemplo. 0:01:40.169,0:01:43.864 Este subtítulo ten 51 caracteres. 0:01:44.599,0:01:46.574 Pode partirse así, 0:01:46.599,0:01:51.198 cunha liña de 14 [br]e outra de 36 caracteres, 0:01:51.839,0:01:56.714 pero será máis fácil de ler[br]se as liñas están máis equilibradas, 0:01:57.136,0:02:04.722 como aquí, cunha liña de 27 caracteres[br]e a segunda con 23. 0:02:05.660,0:02:07.972 Ao quebrar subtítulos en liñas, 0:02:08.192,0:02:11.660 trate de conservar xuntas[br]as unidades sintácticas. 0:02:12.129,0:02:15.570 Isto implica que temos que evitar[br]partir unha secuencia 0:02:15.595,0:02:19.165 que forma unha unidade lingüística. 0:02:19.869,0:02:21.502 Por exemplo, en inglés, 0:02:21.949,0:02:25.144 débense manter unidos[br]artigo e substantivo, 0:02:25.840,0:02:29.095 o adxectivo co substantivo[br]ao que modifica, 0:02:29.120,0:02:33.339 e a preposición co elemento[br]ao que se refire. 0:02:35.137,0:02:40.084 Poden atopar máis información[br]sobre as quebras de liña na OTPedia, 0:02:40.109,0:02:42.306 no artigo "How to break lines". 0:02:42.885,0:02:48.382 Vaiamos á outra cousa que podemos aprender[br]da caixa de información de subtítulos. 0:02:48.695,0:02:51.585 O número de caracteres por segundo, 0:02:52.109,0:02:53.530 tamén chamado... 0:02:54.195,0:02:55.419 velocidade de lectura. 0:02:56.187,0:03:00.448 Despois de todo, non se trata só[br]do longo que é un subtítulo, 0:03:00.722,0:03:03.370 senón tamén de canto permanece na pantalla 0:03:03.563,0:03:06.480 e do tempo que unha persoa ten para lelo. 0:03:07.721,0:03:12.440 A velocidade ideal de lectura[br]para linguas de alfabeto latino 0:03:12.665,0:03:16.541 é de 15 a 21 caracteres por segundo. 0:03:17.466,0:03:21.153 Pero de onde sae ese número[br]e por que é importante? 0:03:22.489,0:03:28.868 Ben, a velocidade de lectura dille[br]o longo que pode ser un subtítulo. 0:03:29.768,0:03:33.112 Por exemplo, se temos[br]un subtítulo de 40 caracteres 0:03:33.480,0:03:35.589 que aparece 2 segundos, 0:03:36.167,0:03:41.026 quen le só ten que ler[br]20 caracteres por segundo. 0:03:42.056,0:03:43.801 Iso é doado de facer, 0:03:43.826,0:03:47.509 así que 40 caracteres[br]estaría ben nese caso. 0:03:48.112,0:03:52.817 Pero se o mesmo subtítulo[br]só está en pantalla 1 segundo, 0:03:53.591,0:03:58.353 o espectador precisaría ler[br]40 caracteres por segundo, 0:03:58.887,0:04:01.982 algo imposible para a maioría de nós, 0:04:02.311,0:04:05.584 o que significaría que o subtítulo[br]debe acurtarse. 0:04:07.038,0:04:10.922 Por sorte, vostede non ten[br]que calcular todo iso 0:04:11.274,0:04:14.335 porque a caixa de información de Amara 0:04:14.360,0:04:15.844 xa o fai por nós. 0:04:16.789,0:04:22.432 Imos cun exemplo da importancia de manter[br]unha velocidade de lectura adecuada. 0:04:22.956,0:04:29.104 Neste breve corte da charla [br]de Dragana Marjanović, de TEDxNoviSad, 0:04:29.463,0:04:35.357 a velocidade de lectura supera [br]os 21 caracteres por segundo. 0:04:37.642,0:04:40.012 O que pasou xusto despois[br]de que o noso proxecto cumprise un ano 0:04:40.037,0:04:42.680 foi que me premiaron co meu primeiro [br]gran proxecto arquitectónico, 0:04:42.705,0:04:45.495 que consistiu en enxesar toda a superficie [br]dunha bela escaleira de 4 tramos 0:04:45.520,0:04:46.721 que estaba situada nun bonito edificio 0:04:46.746,0:04:48.359 da famosa cidade de Grenoble, en Francia. 0:04:48.384,0:04:50.646 Para min, isto supuxo un longo período [br]de 4 meses de traballo práctico 0:04:50.772,0:04:52.679 principalmente en Francia, [br]pero tamén en Bulgaria 0:04:52.704,0:04:54.398 e, ao terminar, retomei os estudos. 0:04:54.423,0:04:56.518 Esta vez, foi a arquitectura na terra[br]de España e Portugal. 0:04:57.565,0:05:00.605 Cando ao fin puiden volver á casa, empecei [br]de inmediato o meu proxecto de graduación 0:05:00.630,0:05:03.063 sobre a arquitectura en terra[br]da Provincia Autónoma de Vojvodina. 0:05:03.938,0:05:07.500 Alguén lembra o que pasou en Bulgaria? 0:05:07.993,0:05:09.766 E onde estaba o fermoso edificio? 0:05:11.837,0:05:15.046 No corte previo, modifiquei [br]os subtítulos en inglés, 0:05:15.071,0:05:19.226 creados por Tatjana Jevdjic[br]e revisados por Ivana Korom, 0:05:19.656,0:05:24.780 e alongueinos, con velocidades de lectura[br]moi superiores ás cómodas. 0:05:25.679,0:05:29.655 Este é o mesmo corte cos [br]subtítulos orixinais, 0:05:29.882,0:05:34.718 coa velocidade perfecta[br]de 21 caracteres por segundo como máximo. 0:05:36.343,0:05:41.106 Despois do primeiro ano, conseguimos [br]o primeiro gran traballo: 0:05:41.497,0:05:46.169 enxesar a escaleira de 4 tramos[br]dun edificio de Grenoble, 0:05:46.194,0:05:49.181 despois diso, fixen[br]unhas prácticas de 4 meses 0:05:49.206,0:05:51.680 parte en Francia, parte en Bulgaria, 0:05:51.705,0:05:54.987 e logo estudei a arquitectura en terra[br]de España e Portugal. 0:05:56.417,0:05:59.189 Regresei á casa e empecei[br]un proxecto de graduación 0:05:59.214,0:06:01.702 sobre a arquitectura [br]en terra de Vojvodina. 0:06:03.179,0:06:04.873 Moito máis fácil de seguir, non si? 0:06:05.684,0:06:08.154 O problema da velocidade de lectura 0:06:08.179,0:06:11.084 é que ademais de ler os subtítulos, 0:06:11.390,0:06:13.900 a persoa que le ten[br]que captar outra información, 0:06:13.925,0:06:17.217 como a linguaxe corporal do orador[br]e a súa entoación, 0:06:17.764,0:06:21.369 e os contidos en pantalla,[br]como diapositivas e imaxes. 0:06:22.413,0:06:25.327 E pode ser difícil seguir[br]os propios subtítulos 0:06:25.788,0:06:27.897 se estes desaparecen moi á présa. 0:06:28.171,0:06:31.212 Sobre todo se o espectador[br]non entende o idioma do vídeo 0:06:31.237,0:06:33.835 abondo para axudarlle[br]a entender o que está pasando. 0:06:34.819,0:06:37.270 Por sorte, esta nova caixa de información[br]en Amara 0:06:37.295,0:06:43.154 axúdalle a ver se a velocidade supera [br]os 21 caracteres por segundo 0:06:43.647,0:06:47.179 e indícalle onde pode axudarlle[br]ao espectador a seguir a charla. 0:06:48.257,0:06:50.132 Para corrixir a velocidade de lectura 0:06:50.609,0:06:56.113 algúns usuarios avanzados axustan[br]a minutaxe dos subtítulos, 0:06:56.777,0:07:01.050 pero en case todos os casos[br]a ferramenta principal será... 0:07:02.519,0:07:03.729 a compresión. 0:07:04.894,0:07:10.272 Isto é, tentar expresar a mesma idea[br]nun subtítulo máis curto. 0:07:11.257,0:07:14.279 Por exemplo, unha tradución case literal 0:07:14.279,0:07:19.832 "Entón, audiencia, o que querería darlles[br]aquí e agora é outro exemplo," 0:07:20.063,0:07:21.757 con 70 caracteres, 0:07:21.782,0:07:23.711 pode cambiarse por... 0:07:24.352,0:07:26.188 "Gustaríame darlles outro exemplo," 0:07:26.446,0:07:29.893 reducíndoa a 37 caracteres, 0:07:30.151,0:07:33.814 o que implica que o espectador poderá lela 0:07:33.839,0:07:35.573 antes de que desapareza da pantalla. 0:07:36.081,0:07:40.143 Tratar de atopar o modo[br]de comprimir subtítulos é divertido, 0:07:40.292,0:07:42.767 e a nova interface axúdalle 0:07:42.792,0:07:47.034 indicándolle cando é necesario comprimir, 0:07:47.222,0:07:49.671 pero tamén cando non o é. 0:07:50.552,0:07:52.946 Pode aprender máis[br]sobre compresión de subtítulos 0:07:52.971,0:07:55.479 e atopar estratexias de compresión[br]e exemplos 0:07:55.504,0:07:57.409 na guía da OTPedia 0:07:57.575,0:08:00.432 titulada "How to compress subtitles". 0:08:01.153,0:08:03.914 Anímese a explorar a nova interface 0:08:04.070,0:08:06.773 e as súas novas e útiles ferramentas. 0:08:07.414,0:08:10.937 E agora,[br]felices transcricións e traducións!