1 00:00:01,100 --> 00:00:02,750 O doutor Martin Luther King Jr., 2 00:00:02,750 --> 00:00:06,636 no discurso de 1968 no cal reflexiona sobre o Movemento polos Dereitos Civís, 3 00:00:06,636 --> 00:00:09,330 afirma, "Á fin, 4 00:00:09,330 --> 00:00:12,413 lembraremos non as palabras dos nosos enemigos 5 00:00:12,413 --> 00:00:15,280 senón o silencio dos nosos amigos". 6 00:00:15,280 --> 00:00:17,800 Como mestre, interiorizei esta mensaxe. 7 00:00:17,800 --> 00:00:19,780 Todos os días, ó noso redor 8 00:00:19,780 --> 00:00:21,456 vemos que as consecuencias do silencio 9 00:00:21,456 --> 00:00:23,893 se manifestan en forma de discriminación, 10 00:00:23,893 --> 00:00:27,701 violencia, xenocidio e guerra. 11 00:00:27,701 --> 00:00:29,897 Nas aulas, reto ós meus alumnos 12 00:00:29,897 --> 00:00:32,328 a que exploren os silencios nas súas propias vidas 13 00:00:32,328 --> 00:00:34,178 a través da poesía. 14 00:00:34,178 --> 00:00:36,030 Traballamos xuntos para cubrir eses ocos, 15 00:00:36,030 --> 00:00:39,308 para recoñecelos, para nomealos, 16 00:00:39,308 --> 00:00:42,740 para comprender que non teñen que ser fonte de vergoña. 17 00:00:42,740 --> 00:00:45,203 Nun esforzo por crear unha cultura nas aulas 18 00:00:45,203 --> 00:00:47,301 onde os alumnos se sintan seguros de compartir a intimidade 19 00:00:47,301 --> 00:00:49,135 do seu propio silencio, 20 00:00:49,135 --> 00:00:51,216 puxen 4 principios chave no encerado 21 00:00:51,216 --> 00:00:53,309 que hai na fronte da aula, 22 00:00:53,309 --> 00:00:56,370 onde todos os alumnos firman ó comezar o curso: 23 00:00:56,370 --> 00:00:58,543 le con crítica, escribe con conciencia, 24 00:00:58,543 --> 00:01:02,408 fala claramente, conta a túa verdade. 25 00:01:02,408 --> 00:01:04,972 E vexo que penso moito no derradeiro punto, 26 00:01:04,972 --> 00:01:06,871 conta a túa verdade. 27 00:01:06,871 --> 00:01:08,665 E doume de conta de que 28 00:01:08,665 --> 00:01:10,876 se lles pedira ós meus alumnos que se pronunciasen 29 00:01:10,876 --> 00:01:13,014 eu mesmo tería que contar a miña verdade 30 00:01:13,014 --> 00:01:15,280 e ser sincero con eles sobre os momentos 31 00:01:15,280 --> 00:01:16,848 nos que non o fixen. 32 00:01:16,848 --> 00:01:18,908 Por iso lles digo que ao medrar, 33 00:01:18,908 --> 00:01:21,576 como fillo dunha familia católica en Nova Orleans, 34 00:01:21,576 --> 00:01:24,438 aprendes na Coresma 35 00:01:24,438 --> 00:01:26,246 que o mellor que podemos facer 36 00:01:26,246 --> 00:01:27,788 é renunciar a algo, 37 00:01:27,788 --> 00:01:30,080 sacrificar algo que normalmente te permites 38 00:01:30,080 --> 00:01:32,479 para demostrarlle a Deus que comprendes a súa santidade. 39 00:01:32,479 --> 00:01:35,281 Renunciei ós refrescos, a McDdonald's, ás patacas fritidas, 40 00:01:35,281 --> 00:01:38,183 ós bicos con lingua, e todo o que vai con eles. 41 00:01:38,183 --> 00:01:42,071 Mais un ano, renunciei a falar. 42 00:01:42,071 --> 00:01:44,674 Deime de conta de que o máis valioso que podía sacrificar 43 00:01:44,674 --> 00:01:48,375 era a miña propia voz, mais foi coma se non me percatara 44 00:01:48,375 --> 00:01:51,286 de que xa había tempo que renunciara a iso. 45 00:01:51,286 --> 00:01:53,105 Estiven tantos anos da miña vida 46 00:01:53,105 --> 00:01:55,282 dicíndolle á xente o que querían oír 47 00:01:55,282 --> 00:01:56,758 en vez do que precisaban oír, 48 00:01:56,758 --> 00:01:59,174 que me convencín de que o meu non era ser a conciencia de ninguén 49 00:01:59,174 --> 00:02:01,469 porque aínda tiña pendente atopar a miña propia conciencia, 50 00:02:01,469 --> 00:02:04,701 por iso ás veces non dicía nada, 51 00:02:04,701 --> 00:02:07,150 calmando a ignorancia co meu silencio, 52 00:02:07,150 --> 00:02:09,547 sen saber que a aprobación non precisa de palabras 53 00:02:09,547 --> 00:02:11,167 para avalar a súa existencia. 54 00:02:11,167 --> 00:02:12,955 Cando Christian recibiu unha tunda por ser gai, 55 00:02:12,955 --> 00:02:14,223 metín a man no peto 56 00:02:14,223 --> 00:02:17,000 e camiñei coa cabeza baixa coma se non fora consciente. 57 00:02:17,000 --> 00:02:19,535 Non usei o meu armario da escola en semanas porque o cadeado 58 00:02:19,535 --> 00:02:21,796 lembrábame o que eu tiña na boca 59 00:02:21,796 --> 00:02:23,540 cando o sen teito da esquina 60 00:02:23,540 --> 00:02:25,320 me mirou cos ollos ben abertos en busca 61 00:02:25,320 --> 00:02:27,502 da confirmación de que merecía ser visto. 62 00:02:27,502 --> 00:02:29,607 Preocupábame máis enredar co meu móbil da mazá 63 00:02:29,607 --> 00:02:31,170 que darlle unha a el para comer. 64 00:02:31,170 --> 00:02:32,857 Cando a muller da gala para recadar fondos 65 00:02:32,857 --> 00:02:34,049 me dixo "Estou orgullosa de ti. 66 00:02:34,049 --> 00:02:37,120 Ten que ser complicado ensinar a eses rapaces pobres, ignorantes", 67 00:02:37,120 --> 00:02:39,719 mordín o labio porque pensei que precisabamos dos seus cartos 68 00:02:39,719 --> 00:02:41,699 máis do que os meus alumnos precisaban de dignidade. 69 00:02:41,699 --> 00:02:43,640 Pasamos tanto tempo 70 00:02:43,640 --> 00:02:47,540 escoitando as cousas que di a xente 71 00:02:47,540 --> 00:02:50,878 que case nunca atendemos ás que non din. 72 00:02:50,878 --> 00:02:54,139 O silencio é o residuo do medo. 73 00:02:54,139 --> 00:02:55,689 É notar como os teus defectos 74 00:02:55,689 --> 00:02:57,615 che cortan a lingua. 75 00:02:57,615 --> 00:02:59,437 É o aire saíndo do teu peito 76 00:02:59,437 --> 00:03:01,429 porque non se sente seguro nos pulmóns. 77 00:03:01,429 --> 00:03:04,553 O silencio é o xenocidio de Ruanda. O silencio é o Katrina. 78 00:03:04,553 --> 00:03:07,661 É o que se escoita cando non quedan suficientes bolsas de cadáveres. 79 00:03:07,661 --> 00:03:10,062 É o son da forca cando se amarra. 80 00:03:10,062 --> 00:03:13,409 É carbonizar. Son as cadeas. É privilexio. É dor. 81 00:03:13,409 --> 00:03:15,164 Non hai tempo para escoller loitas 82 00:03:15,164 --> 00:03:16,897 cando estas xa te elixiron a ti. 83 00:03:16,897 --> 00:03:19,960 Non permitirei que o silencio envolva a miña indecisión. 84 00:03:19,960 --> 00:03:21,927 Direille a Christian que é un león, 85 00:03:21,927 --> 00:03:24,287 un santuario de coraxe e excelencia. 86 00:03:24,287 --> 00:03:26,683 Preguntareille polo seu nome a ese home sen teito 87 00:03:26,683 --> 00:03:28,393 e como lle foi o dia, porque ás veces 88 00:03:28,393 --> 00:03:30,340 todo o que a xente desexa ser é humana. 89 00:03:30,340 --> 00:03:32,826 Direille a esa muller que os meus alumnos poden falar 90 00:03:32,826 --> 00:03:35,391 do trascendentalismo coma se fosen Thoreau, 91 00:03:35,391 --> 00:03:37,426 e só porque viras un episodio de "The Wire" 92 00:03:37,426 --> 00:03:39,665 non quere dicir que saibas algo dos meus rapaces. 93 00:03:39,665 --> 00:03:41,338 Por iso este ano, 94 00:03:41,338 --> 00:03:43,485 en vez de renunciar a algo, 95 00:03:43,485 --> 00:03:45,897 vivirei cada día coma se tivera un micrófono 96 00:03:45,897 --> 00:03:47,820 debaixo da lingua, 97 00:03:47,820 --> 00:03:51,825 nun escenario no fondo da miña inhibición. 98 00:03:51,825 --> 00:03:53,968 Porque, quen precisa dunha tarima 99 00:03:53,968 --> 00:03:58,207 cando o que se necesita é a voz? 100 00:03:58,207 --> 00:04:00,712 Grazas. 101 00:04:00,712 --> 00:04:04,712 (Aplauso)