WEBVTT 00:00:00.725 --> 00:00:03.836 Como moitos de vós, son unha persoa afortunada. 00:00:03.836 --> 00:00:07.236 Medrei nunha familia onde a educación impregnaba todo. 00:00:07.236 --> 00:00:11.474 Son a terceira xeración de doutorados, filla de dous académicos. 00:00:11.474 --> 00:00:15.268 Na miña infancia, xoguei no laboratorio universitario de meu pai. 00:00:15.268 --> 00:00:19.117 Así que se daba por feito que iría a unha das mellores universidades, 00:00:19.117 --> 00:00:22.918 que, á súa vez, me abriría as portas dun mundo de oportunidades. NOTE Paragraph 00:00:22.918 --> 00:00:27.038 Por desgraza, a maioría das persoas non ten tanta sorte. 00:00:27.038 --> 00:00:30.173 Nalgunhas partes do mundo, por exemplo, en Suráfrica, 00:00:30.173 --> 00:00:32.878 a educación non é de libre acceso. 00:00:32.878 --> 00:00:35.853 En Suráfrica, o sistema educativo construíuse 00:00:35.853 --> 00:00:38.726 nos días do apartheid para a minoría branca. 00:00:38.726 --> 00:00:41.426 E, como consecuencia, hoxe non hai suficientes prazas 00:00:41.426 --> 00:00:45.278 para todas as persoas que queren e merecen unha educación de alta calidade. 00:00:45.278 --> 00:00:49.158 Esa escaseza provocou unha crise en xaneiro deste ano 00:00:49.158 --> 00:00:50.994 na Universidade de Johannesburgo. 00:00:50.994 --> 00:00:53.125 Había unhas cantas prazas dispoñibles 00:00:53.125 --> 00:00:56.094 nos procesos xerais de admisión, e a noite anterior 00:00:56.094 --> 00:00:58.654 a cando se supoñía que ía abrir o rexistro, 00:00:58.654 --> 00:01:02.706 miles de persoas aliñáronse na porta nunha fileira de 1,5 km, 00:01:02.706 --> 00:01:06.586 agardando ser as primeiras e conseguir unha das prazas. 00:01:06.586 --> 00:01:08.894 Cando as portas abriron, houbo un amoreamento, 00:01:08.894 --> 00:01:12.546 20 persoas resultaron feridas e unha muller morreu. 00:01:12.546 --> 00:01:14.486 Era unha nai que deu a súa vida 00:01:14.486 --> 00:01:18.549 intentando conseguirlle ao seu fillo a oportunidade dunha vida mellor. NOTE Paragraph 00:01:18.549 --> 00:01:21.706 Mesmo en partes do mundo como os EE. UU. 00:01:21.706 --> 00:01:26.062 onde a educación é accesible, pode estar fóra do alcance. 00:01:26.062 --> 00:01:28.624 Debateuse moito nos últimos anos 00:01:28.624 --> 00:01:30.723 sobre o incremento dos custos da sanidade. 00:01:30.723 --> 00:01:33.365 O que talvez non é tan obvio para a xente 00:01:33.365 --> 00:01:37.387 é que durante ese mesmo período o custo das taxas da educación superior 00:01:37.387 --> 00:01:39.867 foi aumentando case dúas veces máis rápido, 00:01:39.867 --> 00:01:44.147 ata sumar un total do 559 % desde 1985. 00:01:44.147 --> 00:01:48.681 Isto fai que a educación sexa demasiado cara para moita xente. NOTE Paragraph 00:01:48.681 --> 00:01:52.482 Finalmente, mesmo para aqueles que conseguen educación superior 00:01:52.482 --> 00:01:55.107 as portas da oportunidade pode que non se abran. 00:01:55.107 --> 00:01:58.314 Só un pouco máis da metade de graduados recentes 00:01:58.314 --> 00:02:00.627 nos EE.UU. que teñen formación superior 00:02:00.627 --> 00:02:03.940 están traballando en postos que requiren ese nivel educativo. 00:02:03.940 --> 00:02:05.930 Isto, claro, non é así para os estudantes 00:02:05.930 --> 00:02:07.882 que se gradúan nas institucións elite, 00:02:07.882 --> 00:02:10.514 pero moitos outros non conseguen que se lles valoren 00:02:10.514 --> 00:02:14.050 o tempo e o esforzo. NOTE Paragraph 00:02:14.050 --> 00:02:17.080 Tom Friedman, no seu artigo recente do New York Times, captou, 00:02:17.080 --> 00:02:21.448 nunha forma en que ninguén máis podería, o espírito por tras dese esforzo. 00:02:21.448 --> 00:02:24.568 Dixo que os grandes avances son os que ocorren 00:02:24.568 --> 00:02:28.467 cando o que de súpeto é posible se une ao que é desesperadamente necesario. 00:02:28.467 --> 00:02:31.088 Eu falei do que é desesperadamente necesario. 00:02:31.088 --> 00:02:33.600 Agora imos falar do que é de súpeto posible. NOTE Paragraph 00:02:33.600 --> 00:02:36.719 O que é de súpeto posible foi demostrado por 00:02:36.719 --> 00:02:38.287 tres grandes cursos de Stanford, 00:02:38.287 --> 00:02:42.167 cada unha das cales tivo unha inscrición de 100 000 persoas ou máis. 00:02:42.167 --> 00:02:45.341 Para entendelo, imos observar un deses cursos, 00:02:45.341 --> 00:02:47.941 o de Aprendizaxe Automática, impartido polo meu colega 00:02:47.941 --> 00:02:49.350 e cofundador Andrew Ng. 00:02:49.350 --> 00:02:51.739 Andrew imparte un dos grandes cursos de Stanford. 00:02:51.739 --> 00:02:53.168 É o de Aprendizaxe Automática 00:02:53.168 --> 00:02:56.246 e ten unhas 400 persoas inscritas cada vez que se ofrece. 00:02:56.246 --> 00:02:59.511 Cando Andrew abriu o curso Aprendizaxe Automática ao público xeral, 00:02:59.511 --> 00:03:02.127 inscribíronse 100.000 persoas. 00:03:02.127 --> 00:03:04.136 Poñamos o número en perspectiva: 00:03:04.136 --> 00:03:06.685 para que Andrew acadase unha audiencia do mesmo tamaño 00:03:06.685 --> 00:03:08.321 impartindo un curso en Stanford, 00:03:08.321 --> 00:03:12.247 tería que impartilo durante 250 anos. 00:03:12.247 --> 00:03:15.733 Claro, aburriríase moitísimo. NOTE Paragraph 00:03:15.733 --> 00:03:18.470 Así que, ao vermos o impacto disto, 00:03:18.470 --> 00:03:21.598 Andrew e mais eu decidimos que tiñamos que intentar escalalo 00:03:21.598 --> 00:03:25.718 para levar a mellor educación de calidade ao maior número de xente que puidésemos. 00:03:25.718 --> 00:03:27.213 Así que conformamos Coursera, 00:03:27.213 --> 00:03:30.350 cuxo obxectivo é coller os mellores cursos 00:03:30.350 --> 00:03:33.667 dos mellores instrutores das mellores universidades 00:03:33.667 --> 00:03:37.695 e proporcionárllelos de balde a persoas de todo o mundo. 00:03:37.695 --> 00:03:40.295 Actualmente, temos 43 cursos na plataforma, 00:03:40.295 --> 00:03:43.494 de catro universidades e de toda unha variedade de disciplinas. 00:03:43.494 --> 00:03:46.167 Deixádeme que vos mostre unha pequena aproximación xeral 00:03:46.167 --> 00:03:47.275 de como é. NOTE Paragraph 00:03:47.765 --> 00:03:49.798 (Vídeo) Robert Ghrist: Benvidos a Cálculo. NOTE Paragraph 00:03:49.818 --> 00:03:52.248 E. Emanuel: 50 millóns de persoas non teñen seguro. NOTE Paragraph 00:03:52.248 --> 00:03:54.969 S. Page: Cos modelos deseñamos políticas máis efectivas. 00:03:54.969 --> 00:03:57.377 Temos unha segregación incrible. NOTE Paragraph 00:03:57.377 --> 00:03:59.299 S. Klemmer: Bush imaxinou que no futuro, 00:03:59.299 --> 00:04:01.547 levariamos unha cámara no centro da cabeza. NOTE Paragraph 00:04:01.547 --> 00:04:05.801 M. Duneier: Mills quere que o estudante de socioloxía adquira a cualidade mental NOTE Paragraph 00:04:05.801 --> 00:04:09.466 RG: O cable colgante toma a forma dun coseno hiperbólico. NOTE Paragraph 00:04:09.466 --> 00:04:12.537 N. Parlante: Para cada píxel da imaxe, fixe o vermello a cero. NOTE Paragraph 00:04:12.537 --> 00:04:15.514 P. Offit: ... a vacina permitiunos eliminar o virus da polio. NOTE Paragraph 00:04:15.514 --> 00:04:19.137 D. Jurafsky: A Lufthansa serve almorzo e San Xosé? Ben, soa estraño. NOTE Paragraph 00:04:19.137 --> 00:04:22.753 D. Koller: Así que esta é a moeda que elixe e estes son os dous lanzamentos. NOTE Paragraph 00:04:22.753 --> 00:04:26.440 A. Ng: Na aprendizaxe automática a grande escala, gustaríanos chegar a... NOTE Paragraph 00:04:26.440 --> 00:04:32.049 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:04:32.049 --> 00:04:34.323 DK: Resulta, talvez non sexa unha sorpresa, 00:04:34.323 --> 00:04:36.711 que aos estudantes gústalles ter o mellor contido 00:04:36.711 --> 00:04:39.448 das mellores universidades de balde. 00:04:39.448 --> 00:04:41.970 Desde que abrimos a web en febreiro, 00:04:41.970 --> 00:04:46.328 temos agora 640 000 estudantes de 190 países. 00:04:46.328 --> 00:04:48.480 Temos 1,5 millóns de inscricións, 00:04:48.480 --> 00:04:52.670 6 millóns de probas enviadas nos 15 cursos que lanzamos ata agora 00:04:52.670 --> 00:04:55.966 e 14 millóns de vídeos visualizados. NOTE Paragraph 00:04:56.246 --> 00:04:58.764 Pero non vai só de números, 00:04:58.764 --> 00:05:00.405 tamén vai de xente. 00:05:00.405 --> 00:05:03.381 Xa for Akash, que vén dunha pequena cidade na India 00:05:03.381 --> 00:05:05.556 e nunca tería acceso 00:05:05.556 --> 00:05:07.295 a un curso da calidade de Stanford 00:05:07.295 --> 00:05:09.180 e nunca sería quen de permitirse isto. 00:05:09.350 --> 00:05:11.598 Xa for Jenny, que é nai solteira de dous fillos 00:05:11.598 --> 00:05:13.565 e quere mellorar as súas competencias 00:05:13.565 --> 00:05:16.700 para poder retomar e completar o seu mestrado. 00:05:16.700 --> 00:05:19.836 Ou Ryan, que non pode ir á escola, 00:05:19.836 --> 00:05:21.701 xa que ten unha filla inmunodeficiente 00:05:21.701 --> 00:05:25.084 e non pode arriscarse a levar xermes á casa, 00:05:25.084 --> 00:05:26.924 por iso non pode abandonala. 00:05:26.924 --> 00:05:28.556 Eu alégrome realmente de dicir, 00:05:28.556 --> 00:05:30.808 recentemente estivemos en contacto con Ryan, 00:05:30.808 --> 00:05:32.740 que esa historia tivo un final feliz. 00:05:32.740 --> 00:05:34.643 A bebé Shannon, podedes vela á esquerda, 00:05:34.643 --> 00:05:35.994 está moito mellor agora 00:05:35.994 --> 00:05:40.062 e Ryan conseguiu un traballo grazas aos nosos cursos. NOTE Paragraph 00:05:40.062 --> 00:05:42.586 Entón, que fai que estes cursos sexan tan distintos? 00:05:42.586 --> 00:05:46.156 Despois de todo, os cursos en liña existen desde hai tempo. 00:05:46.156 --> 00:05:49.868 O que os fixo diferentes foi que estes creaban unha experiencia real. 00:05:49.868 --> 00:05:51.594 Comezaban nun determinado día, 00:05:51.594 --> 00:05:55.228 os estudantes tiñan que ver vídeos semanalmente 00:05:55.228 --> 00:05:57.083 e facer tarefas. 00:05:57.083 --> 00:05:58.874 E estas eran tarefas reais 00:05:58.874 --> 00:06:02.178 para unhas notas reais, cun prazo de entrega real. 00:06:02.178 --> 00:06:04.234 Podedes ver os prazos e as gráficas de uso. 00:06:04.234 --> 00:06:06.322 Estes son os picos que mostran 00:06:06.322 --> 00:06:10.111 que a procrastinación é un fenómeno global. NOTE Paragraph 00:06:10.111 --> 00:06:12.687 (Risos) NOTE Paragraph 00:06:12.687 --> 00:06:14.359 Á fin do curso, 00:06:14.359 --> 00:06:16.215 os estudantes obtiñan un certificado. 00:06:16.215 --> 00:06:18.285 Podían presentar ese certificado 00:06:18.285 --> 00:06:20.528 nunha empresa para conseguir un traballo mellor, 00:06:20.528 --> 00:06:22.588 e sabemos que moitos estudantes fixérono. 00:06:22.588 --> 00:06:24.507 Algúns estudantes colleron o certificado 00:06:24.507 --> 00:06:27.629 e presentárono na institución educativa en que estaban inscritos 00:06:27.629 --> 00:06:29.470 para obter créditos universitarios. 00:06:29.470 --> 00:06:31.684 Conseguían así algo realmente significativo 00:06:31.684 --> 00:06:34.518 polo seu investimento de tempo e de esforzo. NOTE Paragraph 00:06:34.518 --> 00:06:37.073 Imos falar un pouco dalgún dos compoñentes 00:06:37.073 --> 00:06:38.965 destes cursos. 00:06:38.965 --> 00:06:41.593 O primeiro compoñente é que cando deixamos atrás 00:06:41.593 --> 00:06:43.890 as restricións físicas dunha aula 00:06:43.890 --> 00:06:46.730 e deseñamos contidos especificamente para o formato en liña, 00:06:46.730 --> 00:06:49.258 podemos romper, por exemplo, 00:06:49.258 --> 00:06:51.453 coa clase monolítica dunha hora. 00:06:51.453 --> 00:06:53.518 Podemos fragmentar o material, por exemplo, 00:06:53.518 --> 00:06:56.834 en unidades curtas, modulares, de 8 a 12 minutos, 00:06:56.834 --> 00:06:59.548 cada unha das cales representa un concepto coherente. 00:06:59.548 --> 00:07:02.408 Os estudantes poden percorrer o material de distintos xeitos, 00:07:02.408 --> 00:07:05.882 segundo a súa experiencia, as súas destrezas ou os seus intereses. 00:07:05.882 --> 00:07:08.602 Así, por exemplo, algúns estudantes pódense beneficiar 00:07:08.602 --> 00:07:11.362 dunha pequena parte de material preparatorio 00:07:11.362 --> 00:07:13.433 que outros estudantes poden xa coñecer. 00:07:13.433 --> 00:07:15.873 Outros poden estar interesados nun tema concreto 00:07:15.873 --> 00:07:18.959 que queren seguir individualmente con maior profundidade. 00:07:18.959 --> 00:07:22.194 Así que este formato permítenos romper 00:07:22.194 --> 00:07:25.018 co modelo educativo en que todo vale para todos, 00:07:25.018 --> 00:07:29.010 e permítelles aos estudantes seguir un currículo máis personalizado. NOTE Paragraph 00:07:29.010 --> 00:07:31.353 Por suposto, todos sabemos como educadores 00:07:31.353 --> 00:07:34.713 que os estudantes non aprenden sentados vendo vídeos de xeito pasivo. 00:07:34.713 --> 00:07:37.658 Quizais un dos compoñentes máis grandes deste proxecto 00:07:37.658 --> 00:07:40.250 é que precisamos ter estudantes 00:07:40.250 --> 00:07:42.659 que practiquen co material 00:07:42.659 --> 00:07:45.815 para entendelo de verdade. 00:07:45.815 --> 00:07:49.083 Houbo unha serie de estudos que demostraron a importancia disto. 00:07:49.083 --> 00:07:51.615 Este publicado en Science o ano pasado, por exemplo, 00:07:51.615 --> 00:07:54.447 demostrou que mesmo a simple práctica de recuperación 00:07:54.447 --> 00:07:57.239 onde os estudantes só teñen que repetir 00:07:57.239 --> 00:07:58.639 o que xa aprenderon 00:07:58.639 --> 00:08:00.559 dá resultados moito mellores 00:08:00.559 --> 00:08:02.828 en varias probas de rendemento 00:08:02.828 --> 00:08:07.132 que moitas outras intervencións educativas. NOTE Paragraph 00:08:07.132 --> 00:08:10.094 Tentamos construír unha práctica de recuperación na plataforma 00:08:10.094 --> 00:08:12.348 así como outras formas de práctica. 00:08:12.348 --> 00:08:16.492 Por exemplo, mesmo os nosos vídeos non son só vídeos. 00:08:16.492 --> 00:08:18.535 Cada poucos minutos, o vídeo detense 00:08:18.535 --> 00:08:20.686 e o estudante ten que responder unha pregunta. NOTE Paragraph 00:08:20.686 --> 00:08:23.407 (Vídeo) SP: 4 cousas: prospectiva, desconto hiperbólico, 00:08:23.407 --> 00:08:26.249 nesgo de statu quo, falacia da taxa base. Ben documentadas. 00:08:26.249 --> 00:08:29.116 Todas desviacións ben documentadas do comportamento racional. NOTE Paragraph 00:08:29.116 --> 00:08:30.390 DK: Aquí detense o vídeo, 00:08:30.390 --> 00:08:32.646 e o estudante escribe a resposta na caixa 00:08:32.646 --> 00:08:35.869 e envíaa. Obviamente, non estaban prestando atención. NOTE Paragraph 00:08:35.884 --> 00:08:36.753 (Risos) NOTE Paragraph 00:08:36.753 --> 00:08:38.763 Así que intentan facelo outra vez, 00:08:38.763 --> 00:08:41.299 e desta vez fano ben. 00:08:41.299 --> 00:08:43.492 Hai unha explicación opcional se a desexan. 00:08:43.492 --> 00:08:47.749 E agora o vídeo segue coa seguinte parte da lección. 00:08:47.749 --> 00:08:49.527 Este é un tipo de pregunta simple 00:08:49.527 --> 00:08:51.758 que eu como instrutora podería facer na clase, 00:08:51.758 --> 00:08:54.208 pero cando eu fago ese tipo de pregunta nunha clase, 00:08:54.208 --> 00:08:55.508 o 80 % dos estudantes 00:08:55.508 --> 00:08:57.524 aínda están escribindo o último que dixen, 00:08:57.524 --> 00:09:00.695 O 15 % están en Facebook, 00:09:00.695 --> 00:09:03.151 e despois están os listos na fila de diante 00:09:03.151 --> 00:09:04.420 que soltan a resposta 00:09:04.420 --> 00:09:06.827 antes de que ninguén máis teña ocasión de pensala, 00:09:06.827 --> 00:09:09.589 e eu como instrutora estou moi satisfeita 00:09:09.589 --> 00:09:11.237 de que alguén saiba a resposta. 00:09:11.237 --> 00:09:14.029 E así a clase continúa, e a maioría de estudantes 00:09:14.029 --> 00:09:17.558 nin se chega a decatar de que eu fixen unha pregunta. 00:09:17.558 --> 00:09:20.165 Aquí, cada estudante 00:09:20.165 --> 00:09:22.949 ten que interactuar co material. NOTE Paragraph 00:09:22.949 --> 00:09:25.255 E, claro, estas simples cuestións de recuperación 00:09:25.255 --> 00:09:26.547 non son a fin da historia. 00:09:26.547 --> 00:09:29.737 Precisamos construír cuestións prácticas moito máis significativas 00:09:29.737 --> 00:09:32.000 e tamén darlles aos estudantes retroalimentación 00:09:32.000 --> 00:09:33.533 sobre estas cuestións. 00:09:33.533 --> 00:09:36.421 Agora, como se avalía o traballo de 100 000 estudantes 00:09:36.421 --> 00:09:39.503 se non temos 10 000 asistentes técnicos? 00:09:39.503 --> 00:09:41.857 A resposta é que precisamos usar a tecnoloxía 00:09:41.857 --> 00:09:43.352 para que o faga por nós. 00:09:43.352 --> 00:09:46.000 Afortunadamente, a tecnoloxía xa percorreu un bo camiño, 00:09:46.000 --> 00:09:49.268 e podemos avaliar unha variedade interesante de tarefas. 00:09:49.268 --> 00:09:51.375 Ademais das preguntas de escolla múltiple 00:09:51.375 --> 00:09:53.948 e de resposta curta que vistes no vídeo, 00:09:53.948 --> 00:09:57.208 tamén podemos avaliar matemáticas, expresións matemáticas 00:09:57.208 --> 00:09:59.160 así como derivacións matemáticas. 00:09:59.160 --> 00:10:02.034 Podemos avaliar modelos, 00:10:02.034 --> 00:10:04.450 xa for modelos financeiros nunha clase de negocios 00:10:04.450 --> 00:10:07.194 ou modelos físicos nunha clase de ciencias ou enxeñaría 00:10:07.194 --> 00:10:10.938 e podemos avaliar algúns traballos de programación moi sofisticados. NOTE Paragraph 00:10:10.938 --> 00:10:12.857 Deixádeme amosarvos un que é moi sinxelo 00:10:12.857 --> 00:10:14.217 pero bastante visual. 00:10:14.217 --> 00:10:16.814 É do curso Ciencias da Computación 101 de Stanford. 00:10:16.814 --> 00:10:18.638 Os estudantes teñen que corrixir a cor 00:10:18.638 --> 00:10:20.010 da imaxe vermella borrosa. 00:10:20.010 --> 00:10:22.028 Están inserindo o programa no navegador, 00:10:22.028 --> 00:10:26.086 e podedes ver que non o conseguen, a Estatua da Liberdade aínda está mareada. 00:10:26.086 --> 00:10:29.842 Así que o estudante inténtao outra vez, e agora conseguiuno e díselle 00:10:29.842 --> 00:10:32.201 que pode seguir coa próxima tarefa. 00:10:32.201 --> 00:10:35.349 Esta capacidade de interactuar activamente co material 00:10:35.349 --> 00:10:37.033 e de saber se o fixemos ben ou mal 00:10:37.033 --> 00:10:40.159 é realmente esencial para a aprendizaxe dos estudantes. NOTE Paragraph 00:10:40.159 --> 00:10:42.434 Claro que aínda non podemos avaliar totalmente 00:10:42.434 --> 00:10:45.268 as actividades que se precisan para todos os cursos. 00:10:45.268 --> 00:10:48.569 Concretamente, falta o tipo de actividades de pensamento crítico 00:10:48.569 --> 00:10:50.491 que son esenciais en disciplinas 00:10:50.491 --> 00:10:54.088 como as de humanidades, ciencias sociais, negocios e outras. 00:10:54.088 --> 00:10:56.337 Así que intentamos convencer, por exemplo, 00:10:56.337 --> 00:10:57.953 algúns dos docentes de humanidades 00:10:57.953 --> 00:11:00.939 de que as preguntas tipo test non son unha estratexia tan mala. 00:11:00.939 --> 00:11:02.840 Iso non funcionou moi ben. NOTE Paragraph 00:11:02.840 --> 00:11:05.273 Así que tivemos que buscar outra solución. 00:11:05.273 --> 00:11:08.347 E a solución á que chegamos foi a avaliación entre compañeiros. 00:11:08.347 --> 00:11:10.769 Resulta que segundo estudos previos, 00:11:10.769 --> 00:11:12.441 como este de Saddler e Good, 00:11:12.441 --> 00:11:15.259 a avaliación entre compañeiros é sorprendentemente efectiva 00:11:15.259 --> 00:11:18.143 para conseguir cualificacións reproducibles. 00:11:18.143 --> 00:11:19.913 Intentouse só en clases pequenas 00:11:19.913 --> 00:11:21.500 pero aí demostrouse, por exemplo, 00:11:21.500 --> 00:11:23.852 que esas notas asignadas por estudantes no eixe y 00:11:23.852 --> 00:11:25.263 están moi ben correlacionadas 00:11:25.263 --> 00:11:27.489 coas notas asignadas por profesores no eixe x. 00:11:27.489 --> 00:11:29.559 Sorprende aínda máis que as autoavaliacións 00:11:29.559 --> 00:11:32.960 onde os estudantes puntúan o seu propio traballo de xeito crítico, 00:11:32.960 --> 00:11:34.797 sempre que os motivemos apropiadamente 00:11:34.797 --> 00:11:36.795 para que non poidan poñerse a nota máxima, 00:11:36.795 --> 00:11:39.826 están mellor correlacionadas coas avaliacións do profesor. 00:11:39.826 --> 00:11:41.433 Así que é unha estratexia eficaz 00:11:41.433 --> 00:11:43.577 que pode usarse para avaliar a grande escala 00:11:43.577 --> 00:11:46.273 e unha estratexia de aprendizaxe útil para os estudantes, 00:11:46.273 --> 00:11:48.528 porque eles realmente aprenden da experiencia. 00:11:48.528 --> 00:11:53.177 Así que agora temos a maior rede de avaliación entre compañeiros nunca vista, 00:11:53.177 --> 00:11:55.681 con decenas de miles de estudantes 00:11:55.681 --> 00:11:57.279 que cualifican o traballo doutros 00:11:57.279 --> 00:11:59.948 e con bastante éxito, teño que dicilo. NOTE Paragraph 00:11:59.948 --> 00:12:02.208 Pero isto non se trata unicamente de estudantes 00:12:02.208 --> 00:12:05.249 sentados sós nos seus salóns traballando con problemas. 00:12:05.249 --> 00:12:07.056 Ao redor de cada un dos nosos cursos 00:12:07.056 --> 00:12:09.216 formouse unha comunidade de estudantes, 00:12:09.216 --> 00:12:11.096 unha comunidade global de xente 00:12:11.096 --> 00:12:13.628 ao redor dun esforzo intelectual compartido. 00:12:13.628 --> 00:12:16.280 O que vedes aquí é un mapa autoxerado 00:12:16.280 --> 00:12:19.241 de estudantes do noso curso 101 de Socioloxía de Princeton 00:12:19.241 --> 00:12:22.000 onde teñen que poñerse nun mapamundi, 00:12:22.000 --> 00:12:24.960 e podedes ver o alcance global deste tipo de proxecto. NOTE Paragraph 00:12:24.960 --> 00:12:29.337 Os estudantes colaboraron nestes cursos de diferentes xeitos. 00:12:29.337 --> 00:12:32.166 En primeiro lugar, había un foro de preguntas e respostas 00:12:32.166 --> 00:12:34.310 onde os estudantes tiñan que poñer preguntas, 00:12:34.310 --> 00:12:36.734 e outros estudantes tiñan que respondelas. 00:12:36.734 --> 00:12:38.447 E o máis abraiante é que, 00:12:38.447 --> 00:12:40.117 como había tantos estudantes, 00:12:40.117 --> 00:12:42.942 isto implicaba que mesmo se un estudante poñía unha pregunta 00:12:42.942 --> 00:12:44.114 ás 3 da mañá, 00:12:44.114 --> 00:12:45.696 nalgún punto do mundo 00:12:45.696 --> 00:12:47.770 habería alguén esperto 00:12:47.770 --> 00:12:50.083 e traballando no mesmo problema. 00:12:50.083 --> 00:12:52.041 Así que, en moitos dos nosos cursos, 00:12:52.041 --> 00:12:54.370 o tempo medio de resposta para unha pregunta 00:12:54.370 --> 00:12:57.788 no foro foi de 22 minutos. 00:12:57.788 --> 00:13:02.365 É un nivel de servizo que eu nunca lles ofrecín aos meus estudantes de Stanford. NOTE Paragraph 00:13:02.365 --> 00:13:03.706 (Risos) NOTE Paragraph 00:13:03.706 --> 00:13:05.828 E podedes ver nos testemuños dos estudantes 00:13:05.828 --> 00:13:07.335 que realmente cren 00:13:07.335 --> 00:13:09.856 que, grazas a esta enorme comunidade en liña, 00:13:09.856 --> 00:13:12.455 puideron interactuar entre si de moitas formas 00:13:12.455 --> 00:13:16.648 que son máis profundas das que hai no contexto da clase física. 00:13:16.648 --> 00:13:18.992 Os estudantes tamén se agruparon, 00:13:18.992 --> 00:13:20.855 sen ningún tipo de intervención nosa, 00:13:20.855 --> 00:13:22.758 en pequenos grupos de estudo. 00:13:22.758 --> 00:13:25.120 Algúns eran grupos de estudo presenciais 00:13:25.120 --> 00:13:26.756 segundo as limitacións xeográficas 00:13:26.756 --> 00:13:29.818 que se reunían cada semana para traballar en series de problemas. 00:13:29.818 --> 00:13:31.568 Este é o grupo de San Francisco, 00:13:31.568 --> 00:13:33.887 pero hainos por todo o mundo. 00:13:33.887 --> 00:13:35.919 Outros son grupos de estudo virtuais, 00:13:35.919 --> 00:13:38.908 formados segundo trazos lingüísticos ou culturais 00:13:38.908 --> 00:13:40.352 e na parte inferior esquerda 00:13:40.352 --> 00:13:44.148 podedes ver o noso grupo de estudo universal e multicultural 00:13:44.148 --> 00:13:46.161 onde a xente explicitamente quere conectar 00:13:46.161 --> 00:13:48.917 con xente doutras culturas. NOTE Paragraph 00:13:48.917 --> 00:13:51.028 Hai enormes oportunidades 00:13:51.028 --> 00:13:54.353 que xorden deste tipo de contexto. 00:13:54.353 --> 00:13:58.007 A primeira é que ten o potencial de darnos 00:13:58.007 --> 00:14:00.441 unha mirada sen precedentes 00:14:00.441 --> 00:14:02.730 para entender a aprendizaxe humana. 00:14:02.730 --> 00:14:06.193 Porque os datos que podemos conseguir aquí son únicos. 00:14:06.193 --> 00:14:10.202 Podemos analizar cada clic, cada envío de tarefas, 00:14:10.202 --> 00:14:14.565 cada publicación no foro de decenas de miles de estudantes. 00:14:14.565 --> 00:14:16.908 Así, no estudo da aprendizaxe humana 00:14:16.908 --> 00:14:18.841 podemos pasar de partir de hipóteses 00:14:18.841 --> 00:14:21.699 a traballar desde os datos, unha transformación que, 00:14:21.699 --> 00:14:24.740 por exemplo, revolucionou a bioloxía. 00:14:24.740 --> 00:14:28.294 Podemos usar estes datos para entender preguntas fundamentais 00:14:28.294 --> 00:14:30.574 como cales son as estratexias de aprendizaxe 00:14:30.574 --> 00:14:32.740 máis efectivas e cales non. 00:14:32.740 --> 00:14:34.980 E no contexto de cursos concretos, 00:14:34.980 --> 00:14:36.517 podemos facer preguntas 00:14:36.517 --> 00:14:39.772 como cales son as equivocacións máis comúns 00:14:39.772 --> 00:14:41.919 e como axudamos aos estudantes a resolvelas. NOTE Paragraph 00:14:41.919 --> 00:14:43.133 Este é un exemplo disto, 00:14:43.133 --> 00:14:45.409 do curso de Aprendizaxe Automática de Andrew. 00:14:45.409 --> 00:14:47.597 Esta é unha distribución de respostas erradas 00:14:47.597 --> 00:14:49.127 para unha das tarefas de Andrew. 00:14:49.127 --> 00:14:51.170 As respostas resultan ser pares de números, 00:14:51.170 --> 00:14:53.551 así que podemos velas nesta gráfica bidimensional. 00:14:53.551 --> 00:14:57.149 Cada pequena cruz é unha resposta incorrecta diferente. 00:14:57.149 --> 00:14:59.555 A cruz grande na parte superior esquerda 00:14:59.555 --> 00:15:01.703 é onde 2 000 estudantes 00:15:01.703 --> 00:15:04.748 deron exactamente a mesma resposta incorrecta. 00:15:04.748 --> 00:15:07.075 Agora, se dous estudantes nunha clase de 100 00:15:07.075 --> 00:15:08.362 cometesen o mesmo erro, 00:15:08.362 --> 00:15:09.713 nunca nos decatariamos. 00:15:09.713 --> 00:15:12.403 Mais cando 2 000 estudantes dan a mesma resposta errada, 00:15:12.403 --> 00:15:13.970 é difícil non darse conta. 00:15:13.970 --> 00:15:16.162 Así que Andrew e os seus estudantes 00:15:16.162 --> 00:15:17.802 analizaron algunhas desas tarefas, 00:15:17.802 --> 00:15:21.770 entenderon a raíz dos equívocos 00:15:21.770 --> 00:15:24.290 e crearon unha mensaxe de erro específica 00:15:24.290 --> 00:15:26.539 que lles aparecería aos estudantes 00:15:26.539 --> 00:15:28.718 cuxa resposta caera nese caixón. 00:15:28.718 --> 00:15:30.992 É dicir, os estudantes que cometían o mesmo erro 00:15:30.992 --> 00:15:33.388 agora terían unha retroalimentación personalizada 00:15:33.388 --> 00:15:37.227 que lles diría como solucionar ese erro de xeito eficaz. NOTE Paragraph 00:15:37.227 --> 00:15:41.038 Así que esta personalización é algo que podemos construír 00:15:41.038 --> 00:15:44.178 grazas a termos estes grandes números. 00:15:44.178 --> 00:15:46.490 A personalización é, talvez, 00:15:46.490 --> 00:15:48.913 unha das maiores oportunidades aquí 00:15:48.913 --> 00:15:51.258 porque nos permite resolver un problema 00:15:51.258 --> 00:15:53.948 que temos desde hai 30 anos. 00:15:53.948 --> 00:15:57.297 O investigador educativo Benjamin Bloom, en 1984, 00:15:57.297 --> 00:15:59.548 expuxo o que se chamou o problema 2 sigma, 00:15:59.548 --> 00:16:02.610 que observou ao estudar tres grupos de estudantes. 00:16:02.610 --> 00:16:06.218 O primeiro estudaba nunha aula baseada en leccións. 00:16:06.218 --> 00:16:08.665 O segundo era un grupo de alumnos que estudaba 00:16:08.665 --> 00:16:10.494 nunha aula baseada en leccións estándar 00:16:10.494 --> 00:16:12.824 pero cun enfoque orientado ao dominio do contido, 00:16:12.834 --> 00:16:15.394 onde os estudantes non podían pasar ao seguinte tema 00:16:15.394 --> 00:16:18.068 se non demostraban que dominaban o anterior. 00:16:18.068 --> 00:16:20.362 E, finalmente, había un grupo de estudantes 00:16:20.362 --> 00:16:24.890 aos que se lles daba instrución individual a través dun titor. 00:16:24.890 --> 00:16:28.162 O grupo baseado no dominio obtivo un desvío padrón total, 00:16:28.162 --> 00:16:30.450 ou sigma, superior en rendemento 00:16:30.450 --> 00:16:32.844 que o grupo baseado en leccións convencionais, 00:16:32.844 --> 00:16:34.988 e a titoría individual deu unha mellora 00:16:34.988 --> 00:16:36.818 sigma 2 en rendemento. NOTE Paragraph 00:16:36.818 --> 00:16:38.281 Para entender o que significa, 00:16:38.281 --> 00:16:40.114 vexamos a clase baseada en leccións, 00:16:40.114 --> 00:16:43.043 tomando o rendemento medio como limiar. 00:16:43.043 --> 00:16:44.761 Nunha clase baseada en leccións, 00:16:44.761 --> 00:16:48.250 a metade dos estudantes están por riba dese limiar e a metade por baixo. 00:16:48.250 --> 00:16:50.348 Na instrución de titoría individual, 00:16:50.348 --> 00:16:55.149 o 98 % dos estudantes están por riba dese limiar. 00:16:55.149 --> 00:16:59.069 Imaxinade que puidésemos ensinar de xeito que o 98 % dos estudantes 00:16:59.069 --> 00:17:01.267 estivesen por riba da media. 00:17:01.267 --> 00:17:04.690 Este é o problema sigma 2. NOTE Paragraph 00:17:04.690 --> 00:17:07.089 Porque non podemos permitirnos, como sociedade, 00:17:07.089 --> 00:17:10.071 proporcionarlle a cada estudante un titor humano individual. 00:17:10.071 --> 00:17:12.470 Mais quizais poidamos permitirnos darlle a cada un 00:17:12.470 --> 00:17:14.489 un computador ou un teléfono intelixente. 00:17:14.489 --> 00:17:16.718 A cuestión é: Como podemos usar a tecnoloxía 00:17:16.718 --> 00:17:19.993 para ir desde o lado esquerdo da gráfica, desde a curva azul, 00:17:19.993 --> 00:17:22.731 ao lado dereito coa curva verde? 00:17:22.731 --> 00:17:25.068 O dominio é fácil de acadar usando un computador, 00:17:25.068 --> 00:17:26.663 porque un computador non se cansa 00:17:26.663 --> 00:17:29.546 de amosar o mesmo vídeo cinco veces. 00:17:29.546 --> 00:17:32.797 E non se cansa de avaliar o mesmo traballo múltiples veces, 00:17:32.802 --> 00:17:35.828 como vimos en moitos dos exemplos que vos amosei. 00:17:35.828 --> 00:17:37.682 E mesmo a personalización 00:17:37.682 --> 00:17:39.818 é algo cuxos comezos empezamos a ver, 00:17:39.818 --> 00:17:43.010 a través da traxectoria personalizada polo currículo 00:17:43.010 --> 00:17:46.274 ou a través da retroalimentación personalizada. 00:17:46.274 --> 00:17:48.762 Así que o obxectivo aquí é intentar empurrar 00:17:48.762 --> 00:17:52.259 e ver o lonxe que podemos chegar cara á curva verde. NOTE Paragraph 00:17:52.259 --> 00:17:57.618 Pero, se isto é tan estupendo, estarán as universidades obsoletas? 00:17:57.618 --> 00:17:59.780 Ben, Mark Twain pensaba iso. 00:17:59.920 --> 00:18:03.155 Dicía: "A universidade é un lugar onde os apuntamentos dun profesor 00:18:03.155 --> 00:18:05.438 van directamente aos apuntamentos dun estudante 00:18:05.438 --> 00:18:07.504 sen pasar polo cerebro de ningún deles." NOTE Paragraph 00:18:07.504 --> 00:18:11.281 (Risos) NOTE Paragraph 00:18:11.281 --> 00:18:13.949 Aínda que eu lamento disentir de Mark Twain. 00:18:13.949 --> 00:18:16.614 Penso que el non se queixaba 00:18:16.614 --> 00:18:19.364 das universidades senón do formato de clase maxistral 00:18:19.364 --> 00:18:22.148 en que moitas universidades invisten gran parte do tempo. 00:18:22.148 --> 00:18:25.067 Así que imos cara a atrás un pouco, ata Plutarco, que dixo: 00:18:25.067 --> 00:18:27.464 "A mente non é un recipiente que hai que encher 00:18:27.464 --> 00:18:29.467 senón madeira que necesita ser acendida." 00:18:29.467 --> 00:18:32.147 Talvez deberiamos investir menos tempo nas universidades 00:18:32.147 --> 00:18:34.898 a encher as mentes dos nosos estudantes con contido 00:18:34.898 --> 00:18:38.118 a través de leccións, e máis tempo a acender a súa creatividade, 00:18:38.118 --> 00:18:41.373 a súa imaxinación e as súas destrezas na resolución de problemas 00:18:41.373 --> 00:18:43.871 conversando, realmente, con eles. NOTE Paragraph 00:18:43.871 --> 00:18:45.238 Entón, como o facemos? 00:18:45.238 --> 00:18:48.669 Facémolo a través da aprendizaxe activa na aula. 00:18:48.669 --> 00:18:51.118 Houbo moitos estudos, incluído este, 00:18:51.118 --> 00:18:53.198 que demostran que coa aprendizaxe activa, 00:18:53.198 --> 00:18:55.614 cando interactuamos cos nosos estudantes na aula, 00:18:55.614 --> 00:18:58.310 o rendemento mellora en todas as dimensións, 00:18:58.310 --> 00:19:00.759 en asistencia, en compromiso e en aprendizaxe 00:19:00.759 --> 00:19:02.814 medidos en probas estandarizadas. 00:19:02.814 --> 00:19:04.958 Vedes, por exemplo, que o nivel de rendemento 00:19:04.958 --> 00:19:07.548 case se duplica neste experimento concreto. 00:19:07.548 --> 00:19:11.949 Entón, quizais é así como deberiamos usar o noso tempo nas universidades. NOTE Paragraph 00:19:11.949 --> 00:19:16.526 Para resumir, se puidésemos ofrecer unha educación de alta calidade 00:19:16.526 --> 00:19:18.589 para todas as persoas do mundo, de balde, 00:19:18.589 --> 00:19:21.250 que suporía? Tres cousas. 00:19:21.250 --> 00:19:24.671 Primeiro, estableceríase a educación como un dereito humano fundamental, 00:19:24.671 --> 00:19:26.287 calquera persoa ao redor do mundo 00:19:26.287 --> 00:19:27.958 con capacidades e motivación 00:19:27.958 --> 00:19:30.169 podería desenvolver as destrezas que precisase 00:19:30.169 --> 00:19:31.494 para mellorar a súa vida, 00:19:31.494 --> 00:19:33.681 a das súas familias e a das súas comunidades. NOTE Paragraph 00:19:33.681 --> 00:19:36.272 Segundo, faría posible a aprendizaxe ao longo da vida. 00:19:36.272 --> 00:19:38.203 É unha vergoña que, para tantas persoas, 00:19:38.203 --> 00:19:41.405 a aprendizaxe remate ao finalizar o ensino medio ou a universidade. 00:19:41.405 --> 00:19:43.886 O feito de termos dispoñible este asombroso contido, 00:19:43.886 --> 00:19:46.629 permítenos aprender algo novo 00:19:46.629 --> 00:19:47.765 cando o desexemos, 00:19:47.765 --> 00:19:49.674 para simplemente expandir a mente 00:19:49.674 --> 00:19:51.153 ou para cambiar as nosas vidas. NOTE Paragraph 00:19:51.153 --> 00:19:54.198 E, finalmente, isto faría posible unha marea de innovación, 00:19:54.198 --> 00:19:57.270 xa que podemos atopar un asombroso talento en calquera parte. 00:19:57.270 --> 00:20:00.278 Quizais o próximo Albert Einstein ou o próximo Steve Jobs 00:20:00.278 --> 00:20:02.893 estea vivindo nalgún lugar nunha remota aldea de África. 00:20:02.893 --> 00:20:05.549 E se podemos ofrecerlle a esa persoa unha educación, 00:20:05.549 --> 00:20:08.035 poderá ser capaz de aparecer coa próxima grande idea 00:20:08.035 --> 00:20:10.309 e facer do mundo un lugar mellor para todos nós. NOTE Paragraph 00:20:10.309 --> 00:20:11.469 Moitas grazas. NOTE Paragraph 00:20:11.469 --> 00:20:19.052 (Aplausos)