0:00:00.725,0:00:03.836 Como moitos de vós, son [br]unha persoa afortunada. 0:00:03.836,0:00:07.236 Medrei nunha familia[br]onde a educación impregnaba todo. 0:00:07.236,0:00:11.474 Son a terceira xeración de doutorados,[br]filla de dous académicos. 0:00:11.474,0:00:15.268 Na miña infancia, xoguei no laboratorio[br]universitario de meu pai. 0:00:15.268,0:00:19.117 Así que se daba por feito que iría[br]a unha das mellores universidades, 0:00:19.117,0:00:22.918 que, á súa vez, me abriría as portas[br]dun mundo de oportunidades. 0:00:22.918,0:00:27.038 Por desgraza, a maioría das persoas[br]non ten tanta sorte. 0:00:27.038,0:00:30.173 Nalgunhas partes do mundo, [br]por exemplo, en Suráfrica, 0:00:30.173,0:00:32.878 a educación non é de libre acceso. 0:00:32.878,0:00:35.853 En Suráfrica, o sistema educativo[br]construíuse 0:00:35.853,0:00:38.726 nos días do apartheid [br]para a minoría branca. 0:00:38.726,0:00:41.426 E, como consecuencia, hoxe [br]non hai suficientes prazas 0:00:41.426,0:00:45.278 para todas as persoas que queren e merecen[br]unha educación de alta calidade. 0:00:45.278,0:00:49.158 Esa escaseza provocou[br]unha crise en xaneiro deste ano 0:00:49.158,0:00:50.994 na Universidade de Johannesburgo. 0:00:50.994,0:00:53.125 Había unhas cantas prazas dispoñibles 0:00:53.125,0:00:56.094 nos procesos xerais de admisión,[br]e a noite anterior 0:00:56.094,0:00:58.654 a cando se supoñía[br]que ía abrir o rexistro, 0:00:58.654,0:01:02.706 miles de persoas aliñáronse na porta[br]nunha fileira de 1,5 km, 0:01:02.706,0:01:06.586 agardando ser as primeiras[br]e conseguir unha das prazas. 0:01:06.586,0:01:08.894 Cando as portas abriron,[br]houbo un amoreamento, 0:01:08.894,0:01:12.546 20 persoas resultaron feridas [br]e unha muller morreu. 0:01:12.546,0:01:14.486 Era unha nai que deu a súa vida 0:01:14.486,0:01:18.549 intentando conseguirlle ao seu fillo [br]a oportunidade dunha vida mellor. 0:01:18.549,0:01:21.706 Mesmo en partes do mundo como os EE. UU. 0:01:21.706,0:01:26.062 onde a educación é accesible, [br]pode estar fóra do alcance. 0:01:26.062,0:01:28.624 Debateuse moito nos últimos anos 0:01:28.624,0:01:30.723 sobre o incremento dos custos da sanidade. 0:01:30.723,0:01:33.365 O que talvez non é tan obvio para a xente 0:01:33.365,0:01:37.387 é que durante ese mesmo período[br]o custo das taxas da educación superior 0:01:37.387,0:01:39.867 foi aumentando[br]case dúas veces máis rápido, 0:01:39.867,0:01:44.147 ata sumar un total do 559 % desde 1985. 0:01:44.147,0:01:48.681 Isto fai que a educación sexa [br]demasiado cara para moita xente. 0:01:48.681,0:01:52.482 Finalmente, mesmo para aqueles [br]que conseguen educación superior 0:01:52.482,0:01:55.107 as portas da oportunidade [br]pode que non se abran. 0:01:55.107,0:01:58.314 Só un pouco máis da metade [br]de graduados recentes 0:01:58.314,0:02:00.627 nos EE.UU. que teñen formación superior 0:02:00.627,0:02:03.940 están traballando en postos[br]que requiren ese nivel educativo. 0:02:03.940,0:02:05.930 Isto, claro, non é así para os estudantes 0:02:05.930,0:02:07.882 que se gradúan nas institucións elite, 0:02:07.882,0:02:10.514 pero moitos outros[br]non conseguen que se lles valoren 0:02:10.514,0:02:14.050 o tempo e o esforzo. 0:02:14.050,0:02:17.080 Tom Friedman, no seu artigo recente [br]do New York Times, captou, 0:02:17.080,0:02:21.448 nunha forma en que ninguén máis podería,[br]o espírito por tras dese esforzo. 0:02:21.448,0:02:24.568 Dixo que os grandes avances[br]son os que ocorren 0:02:24.568,0:02:28.467 cando o que de súpeto é posible se une[br]ao que é desesperadamente necesario. 0:02:28.467,0:02:31.088 Eu falei do que é [br]desesperadamente necesario. 0:02:31.088,0:02:33.600 Agora imos falar[br]do que é de súpeto posible. 0:02:33.600,0:02:36.719 O que é de súpeto posible[br]foi demostrado por 0:02:36.719,0:02:38.287 tres grandes cursos de Stanford, 0:02:38.287,0:02:42.167 cada unha das cales tivo unha inscrición[br]de 100 000 persoas ou máis. 0:02:42.167,0:02:45.341 Para entendelo, imos[br]observar un deses cursos, 0:02:45.341,0:02:47.941 o de Aprendizaxe Automática, [br]impartido polo meu colega 0:02:47.941,0:02:49.350 e cofundador Andrew Ng. 0:02:49.350,0:02:51.739 Andrew imparte un[br]dos grandes cursos de Stanford. 0:02:51.739,0:02:53.168 É o de Aprendizaxe Automática 0:02:53.168,0:02:56.246 e ten unhas 400 persoas inscritas[br]cada vez que se ofrece. 0:02:56.246,0:02:59.511 Cando Andrew abriu o curso[br]Aprendizaxe Automática ao público xeral, 0:02:59.511,0:03:02.127 inscribíronse 100.000 persoas. 0:03:02.127,0:03:04.136 Poñamos o número en perspectiva: 0:03:04.136,0:03:06.685 para que Andrew acadase[br]unha audiencia do mesmo tamaño 0:03:06.685,0:03:08.321 impartindo un curso en Stanford, 0:03:08.321,0:03:12.247 tería que impartilo durante 250 anos. 0:03:12.247,0:03:15.733 Claro, aburriríase moitísimo. 0:03:15.733,0:03:18.470 Así que, ao vermos o impacto disto, 0:03:18.470,0:03:21.598 Andrew e mais eu decidimos[br]que tiñamos que intentar escalalo 0:03:21.598,0:03:25.718 para levar a mellor educación de calidade[br]ao maior número de xente que puidésemos. 0:03:25.718,0:03:27.213 Así que conformamos Coursera, 0:03:27.213,0:03:30.350 cuxo obxectivo é coller os mellores cursos 0:03:30.350,0:03:33.667 dos mellores instrutores[br]das mellores universidades 0:03:33.667,0:03:37.695 e proporcionárllelos de balde [br]a persoas de todo o mundo. 0:03:37.695,0:03:40.295 Actualmente, temos [br]43 cursos na plataforma, 0:03:40.295,0:03:43.494 de catro universidades e[br]de toda unha variedade de disciplinas. 0:03:43.494,0:03:46.167 Deixádeme que vos mostre[br]unha pequena aproximación xeral 0:03:46.167,0:03:47.275 de como é. 0:03:47.765,0:03:49.798 (Vídeo) Robert Ghrist: [br]Benvidos a Cálculo. 0:03:49.818,0:03:52.248 E. Emanuel: 50 millóns[br]de persoas non teñen seguro. 0:03:52.248,0:03:54.969 S. Page: Cos modelos deseñamos[br]políticas máis efectivas. 0:03:54.969,0:03:57.377 Temos unha segregación incrible. 0:03:57.377,0:03:59.299 S. Klemmer: Bush imaxinou que no futuro, 0:03:59.299,0:04:01.547 levariamos unha cámara[br]no centro da cabeza. 0:04:01.547,0:04:05.801 M. Duneier: Mills quere que o estudante [br]de socioloxía adquira a cualidade mental 0:04:05.801,0:04:09.466 RG: O cable colgante toma a forma[br]dun coseno hiperbólico. 0:04:09.466,0:04:12.537 N. Parlante: Para cada píxel da imaxe,[br]fixe o vermello a cero. 0:04:12.537,0:04:15.514 P. Offit: ... a vacina permitiunos[br]eliminar o virus da polio. 0:04:15.514,0:04:19.137 D. Jurafsky: A Lufthansa serve almorzo[br]e San Xosé? Ben, soa estraño. 0:04:19.137,0:04:22.753 D. Koller: Así que esta é a moeda[br]que elixe e estes son os dous lanzamentos. 0:04:22.753,0:04:26.440 A. Ng: Na aprendizaxe automática[br]a grande escala, gustaríanos chegar a... 0:04:26.440,0:04:32.049 (Aplausos) 0:04:32.049,0:04:34.323 DK: Resulta, talvez non sexa[br]unha sorpresa, 0:04:34.323,0:04:36.711 que aos estudantes gústalles[br]ter o mellor contido 0:04:36.711,0:04:39.448 das mellores universidades de balde. 0:04:39.448,0:04:41.970 Desde que abrimos a web en febreiro, 0:04:41.970,0:04:46.328 temos agora 640 000 estudantes[br]de 190 países. 0:04:46.328,0:04:48.480 Temos 1,5 millóns de inscricións, 0:04:48.480,0:04:52.670 6 millóns de probas enviadas[br]nos 15 cursos que lanzamos ata agora 0:04:52.670,0:04:55.966 e 14 millóns de vídeos visualizados. 0:04:56.246,0:04:58.764 Pero non vai só de números, 0:04:58.764,0:05:00.405 tamén vai de xente. 0:05:00.405,0:05:03.381 Xa for Akash, que vén[br]dunha pequena cidade na India 0:05:03.381,0:05:05.556 e nunca tería acceso 0:05:05.556,0:05:07.295 a un curso da calidade de Stanford 0:05:07.295,0:05:09.180 e nunca sería quen de permitirse isto. 0:05:09.350,0:05:11.598 Xa for Jenny, que é nai solteira[br]de dous fillos 0:05:11.598,0:05:13.565 e quere mellorar as súas competencias 0:05:13.565,0:05:16.700 para poder retomar[br]e completar o seu mestrado. 0:05:16.700,0:05:19.836 Ou Ryan, que non pode ir á escola, 0:05:19.836,0:05:21.701 xa que ten unha filla inmunodeficiente 0:05:21.701,0:05:25.084 e non pode arriscarse[br]a levar xermes á casa, 0:05:25.084,0:05:26.924 por iso non pode abandonala. 0:05:26.924,0:05:28.556 Eu alégrome realmente de dicir, 0:05:28.556,0:05:30.808 recentemente estivemos[br]en contacto con Ryan, 0:05:30.808,0:05:32.740 que esa historia tivo un final feliz. 0:05:32.740,0:05:34.643 A bebé Shannon, podedes vela á esquerda, 0:05:34.643,0:05:35.994 está moito mellor agora 0:05:35.994,0:05:40.062 e Ryan conseguiu un traballo grazas[br]aos nosos cursos.[br] 0:05:40.062,0:05:42.586 Entón, que fai que estes [br]cursos sexan tan distintos? 0:05:42.586,0:05:46.156 Despois de todo, os cursos [br]en liña existen desde hai tempo. 0:05:46.156,0:05:49.868 O que os fixo diferentes foi que estes[br]creaban unha experiencia real. 0:05:49.868,0:05:51.594 Comezaban nun determinado día, 0:05:51.594,0:05:55.228 os estudantes tiñan que ver [br]vídeos semanalmente 0:05:55.228,0:05:57.083 e facer tarefas. 0:05:57.083,0:05:58.874 E estas eran tarefas reais 0:05:58.874,0:06:02.178 para unhas notas reais,[br]cun prazo de entrega real. 0:06:02.178,0:06:04.234 Podedes ver os prazos [br]e as gráficas de uso. 0:06:04.234,0:06:06.322 Estes son os picos que mostran 0:06:06.322,0:06:10.111 que a procrastinación é[br]un fenómeno global. 0:06:10.111,0:06:12.687 (Risos) 0:06:12.687,0:06:14.359 Á fin do curso, 0:06:14.359,0:06:16.215 os estudantes obtiñan un certificado. 0:06:16.215,0:06:18.285 Podían presentar ese certificado 0:06:18.285,0:06:20.528 nunha empresa para conseguir[br]un traballo mellor, 0:06:20.528,0:06:22.588 e sabemos que moitos estudantes fixérono. 0:06:22.588,0:06:24.507 Algúns estudantes colleron o certificado 0:06:24.507,0:06:27.629 e presentárono na institución educativa[br]en que estaban inscritos 0:06:27.629,0:06:29.470 para obter créditos universitarios. 0:06:29.470,0:06:31.684 Conseguían así[br]algo realmente significativo 0:06:31.684,0:06:34.518 polo seu investimento [br]de tempo e de esforzo. 0:06:34.518,0:06:37.073 Imos falar un pouco dalgún dos compoñentes 0:06:37.073,0:06:38.965 destes cursos. 0:06:38.965,0:06:41.593 O primeiro compoñente é[br]que cando deixamos atrás 0:06:41.593,0:06:43.890 as restricións físicas dunha aula 0:06:43.890,0:06:46.730 e deseñamos contidos especificamente[br]para o formato en liña, 0:06:46.730,0:06:49.258 podemos romper, por exemplo, 0:06:49.258,0:06:51.453 coa clase monolítica dunha hora. 0:06:51.453,0:06:53.518 Podemos fragmentar o material, [br]por exemplo, 0:06:53.518,0:06:56.834 en unidades curtas, modulares, [br]de 8 a 12 minutos, 0:06:56.834,0:06:59.548 cada unha das cales representa [br]un concepto coherente. 0:06:59.548,0:07:02.408 Os estudantes poden percorrer[br]o material de distintos xeitos, 0:07:02.408,0:07:05.882 segundo a súa experiencia,[br]as súas destrezas ou os seus intereses. 0:07:05.882,0:07:08.602 Así, por exemplo, algúns estudantes[br]pódense beneficiar 0:07:08.602,0:07:11.362 dunha pequena parte[br]de material preparatorio 0:07:11.362,0:07:13.433 que outros estudantes poden xa coñecer. 0:07:13.433,0:07:15.873 Outros poden estar interesados[br]nun tema concreto 0:07:15.873,0:07:18.959 que queren seguir individualmente[br]con maior profundidade. 0:07:18.959,0:07:22.194 Así que este formato permítenos romper 0:07:22.194,0:07:25.018 co modelo educativo[br]en que todo vale para todos, 0:07:25.018,0:07:29.010 e permítelles aos estudantes seguir[br]un currículo máis personalizado. 0:07:29.010,0:07:31.353 Por suposto, todos sabemos[br]como educadores 0:07:31.353,0:07:34.713 que os estudantes non aprenden [br]sentados vendo vídeos de xeito pasivo. 0:07:34.713,0:07:37.658 Quizais un dos compoñentes [br]máis grandes deste proxecto 0:07:37.658,0:07:40.250 é que precisamos ter estudantes 0:07:40.250,0:07:42.659 que practiquen co material 0:07:42.659,0:07:45.815 para entendelo de verdade. 0:07:45.815,0:07:49.083 Houbo unha serie de estudos[br]que demostraron a importancia disto. 0:07:49.083,0:07:51.615 Este publicado en Science[br]o ano pasado, por exemplo, 0:07:51.615,0:07:54.447 demostrou que mesmo[br]a simple práctica de recuperación 0:07:54.447,0:07:57.239 onde os estudantes só teñen que repetir 0:07:57.239,0:07:58.639 o que xa aprenderon 0:07:58.639,0:08:00.559 dá resultados moito mellores 0:08:00.559,0:08:02.828 en varias probas de rendemento[br] 0:08:02.828,0:08:07.132 que moitas outras[br]intervencións educativas. 0:08:07.132,0:08:10.094 Tentamos construír unha práctica[br]de recuperación na plataforma 0:08:10.094,0:08:12.348 así como outras formas de práctica. 0:08:12.348,0:08:16.492 Por exemplo, mesmo os nosos vídeos[br]non son só vídeos. 0:08:16.492,0:08:18.535 Cada poucos minutos, o vídeo detense 0:08:18.535,0:08:20.686 e o estudante ten[br]que responder unha pregunta. 0:08:20.686,0:08:23.407 (Vídeo) SP: 4 cousas: prospectiva,[br]desconto hiperbólico, 0:08:23.407,0:08:26.249 nesgo de statu quo, falacia da taxa base.[br]Ben documentadas. 0:08:26.249,0:08:29.116 Todas desviacións ben documentadas[br]do comportamento racional. 0:08:29.116,0:08:30.390 DK: Aquí detense o vídeo, 0:08:30.390,0:08:32.646 e o estudante escribe a resposta na caixa 0:08:32.646,0:08:35.869 e envíaa. Obviamente,[br]non estaban prestando atención. 0:08:35.884,0:08:36.753 (Risos) 0:08:36.753,0:08:38.763 Así que intentan facelo outra vez, 0:08:38.763,0:08:41.299 e desta vez fano ben. 0:08:41.299,0:08:43.492 Hai unha explicación [br]opcional se a desexan. 0:08:43.492,0:08:47.749 E agora o vídeo segue[br]coa seguinte parte da lección. 0:08:47.749,0:08:49.527 Este é un tipo de pregunta simple 0:08:49.527,0:08:51.758 que eu como instrutora[br]podería facer na clase, 0:08:51.758,0:08:54.208 pero cando eu fago[br]ese tipo de pregunta nunha clase, 0:08:54.208,0:08:55.508 o 80 % dos estudantes 0:08:55.508,0:08:57.524 aínda están escribindo[br]o último que dixen, 0:08:57.524,0:09:00.695 O 15 % están en Facebook, 0:09:00.695,0:09:03.151 e despois están os listos[br]na fila de diante 0:09:03.151,0:09:04.420 que soltan a resposta 0:09:04.420,0:09:06.827 antes de que ninguén máis[br]teña ocasión de pensala, 0:09:06.827,0:09:09.589 e eu como instrutora estou[br]moi satisfeita 0:09:09.589,0:09:11.237 de que alguén saiba a resposta. 0:09:11.237,0:09:14.029 E así a clase continúa, [br]e a maioría de estudantes 0:09:14.029,0:09:17.558 nin se chega a decatar de que eu [br]fixen unha pregunta. 0:09:17.558,0:09:20.165 Aquí, cada estudante 0:09:20.165,0:09:22.949 ten que interactuar co material. 0:09:22.949,0:09:25.255 E, claro, estas simples cuestións[br]de recuperación 0:09:25.255,0:09:26.547 non son a fin da historia. 0:09:26.547,0:09:29.737 Precisamos construír cuestións [br]prácticas moito máis significativas 0:09:29.737,0:09:32.000 e tamén darlles aos estudantes[br]retroalimentación 0:09:32.000,0:09:33.533 sobre estas cuestións. 0:09:33.533,0:09:36.421 Agora, como se avalía o traballo[br]de 100 000 estudantes 0:09:36.421,0:09:39.503 se non temos 10 000 [br]asistentes técnicos? 0:09:39.503,0:09:41.857 A resposta é que precisamos[br]usar a tecnoloxía 0:09:41.857,0:09:43.352 para que o faga por nós. 0:09:43.352,0:09:46.000 Afortunadamente, a tecnoloxía[br]xa percorreu un bo camiño, 0:09:46.000,0:09:49.268 e podemos avaliar[br]unha variedade interesante de tarefas. 0:09:49.268,0:09:51.375 Ademais das preguntas de escolla múltiple 0:09:51.375,0:09:53.948 e de resposta curta que vistes no vídeo, 0:09:53.948,0:09:57.208 tamén podemos avaliar [br]matemáticas, expresións matemáticas 0:09:57.208,0:09:59.160 así como derivacións matemáticas. 0:09:59.160,0:10:02.034 Podemos avaliar modelos, 0:10:02.034,0:10:04.450 xa for modelos financeiros [br]nunha clase de negocios 0:10:04.450,0:10:07.194 ou modelos físicos nunha clase[br]de ciencias ou enxeñaría 0:10:07.194,0:10:10.938 e podemos avaliar algúns traballos [br]de programación moi sofisticados. 0:10:10.938,0:10:12.857 Deixádeme amosarvos un que é moi sinxelo 0:10:12.857,0:10:14.217 pero bastante visual. 0:10:14.217,0:10:16.814 É do curso Ciencias da Computación 101[br]de Stanford. 0:10:16.814,0:10:18.638 Os estudantes teñen que corrixir a cor 0:10:18.638,0:10:20.010 da imaxe vermella borrosa. 0:10:20.010,0:10:22.028 Están inserindo o programa no navegador, 0:10:22.028,0:10:26.086 e podedes ver que non o conseguen,[br]a Estatua da Liberdade aínda está mareada. 0:10:26.086,0:10:29.842 Así que o estudante inténtao outra vez,[br]e agora conseguiuno e díselle 0:10:29.842,0:10:32.201 que pode seguir coa próxima tarefa. 0:10:32.201,0:10:35.349 Esta capacidade de interactuar[br]activamente co material 0:10:35.349,0:10:37.033 e de saber se o fixemos ben ou mal 0:10:37.033,0:10:40.159 é realmente esencial para [br]a aprendizaxe dos estudantes. 0:10:40.159,0:10:42.434 Claro que aínda[br]non podemos avaliar totalmente 0:10:42.434,0:10:45.268 as actividades que[br]se precisan para todos os cursos. 0:10:45.268,0:10:48.569 Concretamente, falta o tipo [br]de actividades de pensamento crítico 0:10:48.569,0:10:50.491 que son esenciais en disciplinas 0:10:50.491,0:10:54.088 como as de humanidades,[br]ciencias sociais, negocios e outras. 0:10:54.088,0:10:56.337 Así que intentamos [br]convencer, por exemplo, 0:10:56.337,0:10:57.953 algúns dos docentes de humanidades 0:10:57.953,0:11:00.939 de que as preguntas tipo test[br]non son unha estratexia tan mala. 0:11:00.939,0:11:02.840 Iso non funcionou moi ben. 0:11:02.840,0:11:05.273 Así que tivemos que buscar outra solución. 0:11:05.273,0:11:08.347 E a solución á que chegamos[br]foi a avaliación entre compañeiros. 0:11:08.347,0:11:10.769 Resulta que segundo estudos previos, 0:11:10.769,0:11:12.441 como este de Saddler e Good, 0:11:12.441,0:11:15.259 a avaliación entre compañeiros é [br]sorprendentemente efectiva 0:11:15.259,0:11:18.143 para conseguir cualificacións[br]reproducibles. 0:11:18.143,0:11:19.913 Intentouse só en clases pequenas 0:11:19.913,0:11:21.500 pero aí demostrouse, por exemplo, 0:11:21.500,0:11:23.852 que esas notas asignadas[br]por estudantes no eixe y 0:11:23.852,0:11:25.263 están moi ben correlacionadas 0:11:25.263,0:11:27.489 coas notas asignadas[br]por profesores no eixe x. 0:11:27.489,0:11:29.559 Sorprende aínda máis[br]que as autoavaliacións 0:11:29.559,0:11:32.960 onde os estudantes puntúan[br]o seu propio traballo de xeito crítico, 0:11:32.960,0:11:34.797 sempre que os motivemos apropiadamente 0:11:34.797,0:11:36.795 para que non poidan poñerse a nota máxima, 0:11:36.795,0:11:39.826 están mellor correlacionadas[br]coas avaliacións do profesor. 0:11:39.826,0:11:41.433 Así que é unha estratexia eficaz 0:11:41.433,0:11:43.577 que pode usarse[br]para avaliar a grande escala 0:11:43.577,0:11:46.273 e unha estratexia de aprendizaxe[br]útil para os estudantes, 0:11:46.273,0:11:48.528 porque eles realmente[br]aprenden da experiencia. 0:11:48.528,0:11:53.177 Así que agora temos a maior rede de[br]avaliación entre compañeiros nunca vista, 0:11:53.177,0:11:55.681 con decenas de miles de estudantes 0:11:55.681,0:11:57.279 que cualifican o traballo doutros 0:11:57.279,0:11:59.948 e con bastante éxito, teño que dicilo. 0:11:59.948,0:12:02.208 Pero isto non se trata [br]unicamente de estudantes 0:12:02.208,0:12:05.249 sentados sós nos seus salóns[br]traballando con problemas. 0:12:05.249,0:12:07.056 Ao redor de cada un dos nosos cursos 0:12:07.056,0:12:09.216 formouse unha comunidade de estudantes, 0:12:09.216,0:12:11.096 unha comunidade global de xente 0:12:11.096,0:12:13.628 ao redor dun esforzo [br]intelectual compartido. 0:12:13.628,0:12:16.280 O que vedes aquí é un mapa autoxerado 0:12:16.280,0:12:19.241 de estudantes do noso curso 101[br]de Socioloxía de Princeton 0:12:19.241,0:12:22.000 onde teñen que poñerse nun mapamundi, 0:12:22.000,0:12:24.960 e podedes ver o alcance global[br]deste tipo de proxecto. 0:12:24.960,0:12:29.337 Os estudantes colaboraron[br]nestes cursos de diferentes xeitos. 0:12:29.337,0:12:32.166 En primeiro lugar, había un foro[br]de preguntas e respostas 0:12:32.166,0:12:34.310 onde os estudantes[br]tiñan que poñer preguntas, 0:12:34.310,0:12:36.734 e outros estudantes[br]tiñan que respondelas. 0:12:36.734,0:12:38.447 E o máis abraiante é que, 0:12:38.447,0:12:40.117 como había tantos estudantes, 0:12:40.117,0:12:42.942 isto implicaba que mesmo[br]se un estudante poñía unha pregunta 0:12:42.942,0:12:44.114 ás 3 da mañá, 0:12:44.114,0:12:45.696 nalgún punto do mundo 0:12:45.696,0:12:47.770 habería alguén esperto 0:12:47.770,0:12:50.083 e traballando no mesmo problema. 0:12:50.083,0:12:52.041 Así que, en moitos dos nosos cursos, 0:12:52.041,0:12:54.370 o tempo medio de resposta [br]para unha pregunta 0:12:54.370,0:12:57.788 no foro foi de 22 minutos. 0:12:57.788,0:13:02.365 É un nivel de servizo que eu nunca lles [br]ofrecín aos meus estudantes de Stanford. 0:13:02.365,0:13:03.706 (Risos) 0:13:03.706,0:13:05.828 E podedes ver nos testemuños[br]dos estudantes 0:13:05.828,0:13:07.335 que realmente cren 0:13:07.335,0:13:09.856 que, grazas a esta enorme[br]comunidade en liña, 0:13:09.856,0:13:12.455 puideron interactuar entre si [br]de moitas formas 0:13:12.455,0:13:16.648 que son máis profundas[br]das que hai no contexto da clase física. 0:13:16.648,0:13:18.992 Os estudantes tamén se agruparon, 0:13:18.992,0:13:20.855 sen ningún tipo de intervención nosa, 0:13:20.855,0:13:22.758 en pequenos grupos de estudo. 0:13:22.758,0:13:25.120 Algúns eran grupos de estudo presenciais 0:13:25.120,0:13:26.756 segundo as limitacións xeográficas 0:13:26.756,0:13:29.818 que se reunían cada semana[br]para traballar en series de problemas. 0:13:29.818,0:13:31.568 Este é o grupo de San Francisco, 0:13:31.568,0:13:33.887 pero hainos por todo o mundo. 0:13:33.887,0:13:35.919 Outros son grupos de estudo virtuais, 0:13:35.919,0:13:38.908 formados segundo[br]trazos lingüísticos ou culturais 0:13:38.908,0:13:40.352 e na parte inferior esquerda 0:13:40.352,0:13:44.148 podedes ver o noso grupo de estudo[br]universal e multicultural 0:13:44.148,0:13:46.161 onde a xente explicitamente quere conectar 0:13:46.161,0:13:48.917 con xente doutras culturas. 0:13:48.917,0:13:51.028 Hai enormes oportunidades 0:13:51.028,0:13:54.353 que xorden deste tipo de contexto. 0:13:54.353,0:13:58.007 A primeira é que ten o potencial de darnos 0:13:58.007,0:14:00.441 unha mirada sen precedentes 0:14:00.441,0:14:02.730 para entender a aprendizaxe humana. 0:14:02.730,0:14:06.193 Porque os datos que podemos[br]conseguir aquí son únicos. 0:14:06.193,0:14:10.202 Podemos analizar cada clic, [br]cada envío de tarefas, 0:14:10.202,0:14:14.565 cada publicación no foro[br]de decenas de miles de estudantes. 0:14:14.565,0:14:16.908 Así, no estudo da aprendizaxe humana 0:14:16.908,0:14:18.841 podemos pasar de partir de hipóteses 0:14:18.841,0:14:21.699 a traballar desde os datos,[br]unha transformación que, 0:14:21.699,0:14:24.740 por exemplo, revolucionou a bioloxía. 0:14:24.740,0:14:28.294 Podemos usar estes datos[br]para entender preguntas fundamentais 0:14:28.294,0:14:30.574 como cales son[br]as estratexias de aprendizaxe 0:14:30.574,0:14:32.740 máis efectivas e cales non. 0:14:32.740,0:14:34.980 E no contexto de cursos concretos, 0:14:34.980,0:14:36.517 podemos facer preguntas 0:14:36.517,0:14:39.772 como cales son[br]as equivocacións máis comúns 0:14:39.772,0:14:41.919 e como axudamos aos estudantes[br]a resolvelas. 0:14:41.919,0:14:43.133 Este é un exemplo disto, 0:14:43.133,0:14:45.409 do curso de Aprendizaxe Automática[br]de Andrew. 0:14:45.409,0:14:47.597 Esta é unha distribución[br]de respostas erradas 0:14:47.597,0:14:49.127 para unha das tarefas de Andrew. 0:14:49.127,0:14:51.170 As respostas resultan ser [br]pares de números, 0:14:51.170,0:14:53.551 así que podemos velas[br]nesta gráfica bidimensional. 0:14:53.551,0:14:57.149 Cada pequena cruz[br]é unha resposta incorrecta diferente. 0:14:57.149,0:14:59.555 A cruz grande na parte superior esquerda 0:14:59.555,0:15:01.703 é onde 2 000 estudantes 0:15:01.703,0:15:04.748 deron exactamente[br]a mesma resposta incorrecta. 0:15:04.748,0:15:07.075 Agora, se dous estudantes[br]nunha clase de 100 0:15:07.075,0:15:08.362 cometesen o mesmo erro, 0:15:08.362,0:15:09.713 nunca nos decatariamos. 0:15:09.713,0:15:12.403 Mais cando 2 000 estudantes[br]dan a mesma resposta errada, 0:15:12.403,0:15:13.970 é difícil non darse conta. 0:15:13.970,0:15:16.162 Así que Andrew e os seus estudantes 0:15:16.162,0:15:17.802 analizaron algunhas desas tarefas, 0:15:17.802,0:15:21.770 entenderon a raíz dos equívocos 0:15:21.770,0:15:24.290 e crearon unha mensaxe de erro específica 0:15:24.290,0:15:26.539 que lles aparecería aos estudantes 0:15:26.539,0:15:28.718 cuxa resposta caera nese caixón. 0:15:28.718,0:15:30.992 É dicir, os estudantes[br]que cometían o mesmo erro 0:15:30.992,0:15:33.388 agora terían[br]unha retroalimentación personalizada 0:15:33.388,0:15:37.227 que lles diría como solucionar [br]ese erro de xeito eficaz. 0:15:37.227,0:15:41.038 Así que esta personalización[br]é algo que podemos construír 0:15:41.038,0:15:44.178 grazas a termos estes grandes números. 0:15:44.178,0:15:46.490 A personalización é, talvez, 0:15:46.490,0:15:48.913 unha das maiores oportunidades aquí 0:15:48.913,0:15:51.258 porque nos permite resolver un problema 0:15:51.258,0:15:53.948 que temos desde hai 30 anos. 0:15:53.948,0:15:57.297 O investigador educativo[br]Benjamin Bloom, en 1984, 0:15:57.297,0:15:59.548 expuxo o que se chamou[br]o problema 2 sigma, 0:15:59.548,0:16:02.610 que observou ao estudar[br]tres grupos de estudantes. 0:16:02.610,0:16:06.218 O primeiro estudaba[br]nunha aula baseada en leccións. 0:16:06.218,0:16:08.665 O segundo era un grupo[br]de alumnos que estudaba 0:16:08.665,0:16:10.494 nunha aula baseada en leccións estándar 0:16:10.494,0:16:12.824 pero cun enfoque orientado[br]ao dominio do contido, 0:16:12.834,0:16:15.394 onde os estudantes non podían[br]pasar ao seguinte tema 0:16:15.394,0:16:18.068 se non demostraban[br]que dominaban o anterior. 0:16:18.068,0:16:20.362 E, finalmente, había[br]un grupo de estudantes 0:16:20.362,0:16:24.890 aos que se lles daba instrución [br]individual a través dun titor. 0:16:24.890,0:16:28.162 O grupo baseado no dominio obtivo[br]un desvío padrón total, 0:16:28.162,0:16:30.450 ou sigma, superior en rendemento 0:16:30.450,0:16:32.844 que o grupo baseado[br]en leccións convencionais, 0:16:32.844,0:16:34.988 e a titoría individual deu [br]unha mellora 0:16:34.988,0:16:36.818 sigma 2 en rendemento. 0:16:36.818,0:16:38.281 Para entender o que significa, 0:16:38.281,0:16:40.114 vexamos a clase baseada en leccións, 0:16:40.114,0:16:43.043 tomando o rendemento medio como limiar. 0:16:43.043,0:16:44.761 Nunha clase baseada en leccións, 0:16:44.761,0:16:48.250 a metade dos estudantes están[br]por riba dese limiar e a metade por baixo. 0:16:48.250,0:16:50.348 Na instrución de titoría individual, 0:16:50.348,0:16:55.149 o 98 % dos estudantes están [br]por riba dese limiar. 0:16:55.149,0:16:59.069 Imaxinade que puidésemos ensinar[br]de xeito que o 98 % dos estudantes 0:16:59.069,0:17:01.267 estivesen por riba da media. 0:17:01.267,0:17:04.690 Este é o problema sigma 2. 0:17:04.690,0:17:07.089 Porque non podemos permitirnos,[br]como sociedade, 0:17:07.089,0:17:10.071 proporcionarlle a cada estudante[br]un titor humano individual. 0:17:10.071,0:17:12.470 Mais quizais poidamos permitirnos[br]darlle a cada un 0:17:12.470,0:17:14.489 un computador ou un teléfono intelixente. 0:17:14.489,0:17:16.718 A cuestión é:[br]Como podemos usar a tecnoloxía 0:17:16.718,0:17:19.993 para ir desde o lado esquerdo da gráfica,[br]desde a curva azul, 0:17:19.993,0:17:22.731 ao lado dereito coa curva verde? 0:17:22.731,0:17:25.068 O dominio é fácil de acadar [br]usando un computador, 0:17:25.068,0:17:26.663 porque un computador non se cansa 0:17:26.663,0:17:29.546 de amosar o mesmo vídeo cinco veces. 0:17:29.546,0:17:32.797 E non se cansa de avaliar[br]o mesmo traballo múltiples veces, 0:17:32.802,0:17:35.828 como vimos en moitos dos exemplos[br]que vos amosei. 0:17:35.828,0:17:37.682 E mesmo a personalización 0:17:37.682,0:17:39.818 é algo cuxos comezos empezamos a ver, 0:17:39.818,0:17:43.010 a través da traxectoria[br]personalizada polo currículo 0:17:43.010,0:17:46.274 ou a través da retroalimentación [br]personalizada. 0:17:46.274,0:17:48.762 Así que o obxectivo aquí[br]é intentar empurrar 0:17:48.762,0:17:52.259 e ver o lonxe que podemos [br]chegar cara á curva verde. 0:17:52.259,0:17:57.618 Pero, se isto é tan estupendo,[br]estarán as universidades obsoletas? 0:17:57.618,0:17:59.780 Ben, Mark Twain pensaba iso. 0:17:59.920,0:18:03.155 Dicía: "A universidade é un lugar[br]onde os apuntamentos dun profesor 0:18:03.155,0:18:05.438 van directamente[br]aos apuntamentos dun estudante 0:18:05.438,0:18:07.504 sen pasar polo cerebro[br]de ningún deles." 0:18:07.504,0:18:11.281 (Risos) 0:18:11.281,0:18:13.949 Aínda que eu lamento [br]disentir de Mark Twain. 0:18:13.949,0:18:16.614 Penso que el non se queixaba 0:18:16.614,0:18:19.364 das universidades senón[br]do formato de clase maxistral 0:18:19.364,0:18:22.148 en que moitas universidades [br]invisten gran parte do tempo. 0:18:22.148,0:18:25.067 Así que imos cara a atrás[br]un pouco, ata Plutarco, que dixo: 0:18:25.067,0:18:27.464 "A mente non é un recipiente[br]que hai que encher 0:18:27.464,0:18:29.467 senón madeira que necesita[br]ser acendida." 0:18:29.467,0:18:32.147 Talvez deberiamos investir[br]menos tempo nas universidades 0:18:32.147,0:18:34.898 a encher as mentes[br]dos nosos estudantes con contido 0:18:34.898,0:18:38.118 a través de leccións, e máis tempo[br]a acender a súa creatividade, 0:18:38.118,0:18:41.373 a súa imaxinación e as súas destrezas[br]na resolución de problemas 0:18:41.373,0:18:43.871 conversando, realmente, con eles. 0:18:43.871,0:18:45.238 Entón, como o facemos? 0:18:45.238,0:18:48.669 Facémolo a través[br]da aprendizaxe activa na aula. 0:18:48.669,0:18:51.118 Houbo moitos estudos, incluído este, 0:18:51.118,0:18:53.198 que demostran que coa aprendizaxe activa, 0:18:53.198,0:18:55.614 cando interactuamos[br]cos nosos estudantes na aula, 0:18:55.614,0:18:58.310 o rendemento mellora[br]en todas as dimensións, 0:18:58.310,0:19:00.759 en asistencia, en compromiso[br]e en aprendizaxe 0:19:00.759,0:19:02.814 medidos en probas estandarizadas. 0:19:02.814,0:19:04.958 Vedes, por exemplo,[br]que o nivel de rendemento 0:19:04.958,0:19:07.548 case se duplica[br]neste experimento concreto. 0:19:07.548,0:19:11.949 Entón, quizais é así como deberiamos[br]usar o noso tempo nas universidades. 0:19:11.949,0:19:16.526 Para resumir, se puidésemos ofrecer [br]unha educación de alta calidade 0:19:16.526,0:19:18.589 para todas as persoas do mundo, de balde, 0:19:18.589,0:19:21.250 que suporía? Tres cousas. 0:19:21.250,0:19:24.671 Primeiro, estableceríase a educación[br]como un dereito humano fundamental, 0:19:24.671,0:19:26.287 calquera persoa ao redor do mundo 0:19:26.287,0:19:27.958 con capacidades e motivación 0:19:27.958,0:19:30.169 podería desenvolver[br]as destrezas que precisase 0:19:30.169,0:19:31.494 para mellorar a súa vida, 0:19:31.494,0:19:33.681 a das súas familias e[br]a das súas comunidades. 0:19:33.681,0:19:36.272 Segundo, faría posible[br]a aprendizaxe ao longo da vida. 0:19:36.272,0:19:38.203 É unha vergoña que, para tantas persoas, 0:19:38.203,0:19:41.405 a aprendizaxe remate ao finalizar[br]o ensino medio ou a universidade. 0:19:41.405,0:19:43.886 O feito de termos dispoñible [br]este asombroso contido, 0:19:43.886,0:19:46.629 permítenos aprender algo novo 0:19:46.629,0:19:47.765 cando o desexemos, 0:19:47.765,0:19:49.674 para simplemente expandir a mente 0:19:49.674,0:19:51.153 ou para cambiar as nosas vidas. 0:19:51.153,0:19:54.198 E, finalmente, isto faría posible[br]unha marea de innovación, 0:19:54.198,0:19:57.270 xa que podemos atopar[br]un asombroso talento en calquera parte. 0:19:57.270,0:20:00.278 Quizais o próximo Albert Einstein ou[br]o próximo Steve Jobs 0:20:00.278,0:20:02.893 estea vivindo nalgún lugar[br]nunha remota aldea de África. 0:20:02.893,0:20:05.549 E se podemos ofrecerlle[br]a esa persoa unha educación, 0:20:05.549,0:20:08.035 poderá ser capaz de aparecer[br]coa próxima grande idea 0:20:08.035,0:20:10.309 e facer do mundo un lugar[br]mellor para todos nós. 0:20:10.309,0:20:11.469 Moitas grazas. 0:20:11.469,0:20:19.052 (Aplausos)