O cerebro é un órgano asombroso
e complexo.
E aínda que a algunhas persoas
lles fascina o cerebro,
non poden dicir moito
sobre as súas propiedades,
sobre como traballa
porque a neurociencia
non se ensina nas escolas.
E unha das razóns
polas que isto ocorre
é que o equipamento
é tan complexo e tan caro
que só se emprega nas grandes
universidades e institucións.
Así que, para poder acceder ao cerebro,
precisas dedicar a túa vida
e pasar seis anos e medio
como estudante de posgrao
para ser neurocientífico
e ter acceso a estas ferramentas.
E iso é unha pena xa que
unha de cada cinco persoas,
o 20% de todo o mundo,
padecerá unha enfermidade neurolóxica.
E non existen curas
para estas enfermidades.
Por iso, ó mellor
o que deberiamos facer
é comezar antes
o proceso de educación
e ensinarlles neurociencia aos estudantes
para que no futuro
poidan pensar na posibilidade
de converterse en neurocientíficos.
Cando era estudante de posgrao,
o meu compañeiro Tim Marzullo e eu
pensamos que deberiamos coller
este complexo equipamento que tiñamos
para estudar o cerebro
e simplificalo e abaratalo o suficiente
como para que calquera afeccionado
ou un estudante de ensino medio,
puidese aprender e participar
no descubrimento da neurociencia.
E así o fixemos.
Hai uns anos, fundamos unha compañía
chamada Backyard Brains
que ofrece uns kits domésticos de
equipamento neurocientífico
que trouxen hoxe aquí
para facer algunhas demostracións.
Querédelos ver?
Necesito un voluntario.
Antes de nada-- cal é o teu nome?
(Aplausos)
Sam Kelly: Sam.
Greg Gage: Vale, Sam,
vou gravar o teu cerebro.
Fixéchelo algunha vez?
SK: Non.
GG: Necesito que ergas o brazo
para a ciencia,
refúcete un pouco.
O que vou facer
é pórche eléctrodos no brazo,
e ti preguntaraste,
dixeches que me ías gravar o cerebro,
que fas co meu brazo?
Tes uns oitenta mil millóns de neuronas
no cerebro agora mesmo.
Están mandando dun lado para outro
mensaxes eléctricas e químicas.
Pero algunhas das túas neuronas
situadas no teu córtex motor
enviarán mensaxes
cando movas o brazo deste xeito.
Baixarán polo teu corpo caloso,
pasando pola medula espiñal
ata a neurona motora inferior
ata os músculos aquí,
e esa descarga eléctrica será recollida
por estes eléctrodos.
Deste xeito poderemos escoitar
exactamente o que o teu cerebro
estará facendo.
Vou prender isto un momento...
Algunha vez escoitaches
o teu cerebro?
SK: Non.
GG: Imos probar.
Aperta o puño.
(Ruído)
O que estás escoitando
(Ruído)
é a túa unidade motora traballando.
Ímoslle botar un ollo.
Eu vou quedar aquí,
vou abrir a nosa aplicación.
Agora aperta.
(Ruído)
Estas son as unidades motoras
que xorden da súa medula espiñal
ata o seu músculo aquí,
e mentres fai iso,
vemos a actividade eléctrica
que se xera.
Ata podemos facer clic
para ver unha delas.
Sigue apertando forte.
Ímonos deter
nun potencial de acción motora
que se está producindo agora mesmo
no teu cerebro.
Queredes ver máis?
(Aplausos)
Isto foi interesante,
pero vai ser aínda mellor.
Preciso outro voluntario.
Como te chamas?
Miguel Goncalves: Miguel.
GG: Miguel, de acordo.
Vaste colocar aquí.
Cando moves o brazo deste xeito
o teu cerebro está enviando un sinal
aos músculos.
Move ti tamén o brazo.
O teu cerebro vaille mandar un sinal
aos teus músculos.
E resulta que xusto aquí
hai un nervio
que baixa por aquí e inerva
estes tres dedos
e está tan preto da pel
que podemos estimulalo,
o que nos permite copiar os sinais
que van do teu cerebro á túa man
e transferilos á túa man,
de xeito que a túa man moverase
cando o teu cerebro llo diga.
En certo sentido,
ela quitarache o teu libre albedrío
e non terás ningún control
sobre a túa propia man.
Estás listo?
Só teño que conectarte.
(Risas)
Vou buscar o teu nervio ulnar,
que debería estar por aquí.
Non sabías no que te estabas metendo
cando subiches.
Agora voume apartar
e ímonos conectar á interface
humano-a-humano.
Entón, Sam, quero que
apertes a man outra vez.
Outra vez. Perfecto.
Agora voute conectar
para que recibas o--
É algo raro ó principio,
é como se--
(Risas)
Cando perdes a túa liberdade de decisión,
e outra persoa se converte no teu portavoz
é unha cousa un pouco rara.
Agora quero que relaxes a man.
Sam, estás lista?
Aperta a man.
Non o vou acender aínda,
así que aperta sen medo.
Estás listo, Miguel?
MG: Todo o preparado que poida estar.
GG: Acabo de acendelo,
así que aperta a man.
Sentes algo?
MG: Non.
GG: Vale, dálle outra vez.
MG: Agora un pouco.
GG: Un pouco?
(Risas)
Reláxate.
Dobra outra vez.
(Risas).
Perfecto, perfecto.
Reláxate, faino outra vez.
Vale, agora,
(Risas)
o teu cerebro está controlando o teu brazo
e tamén controla o seu,
así que dálle unha vez máis.
Moi ben, está perfecto.
(Risas)
E agora que pasaría se eu tomara
o control da túa man?
Ti simplemente relaxa a man.
Que ocorre?
Nada.
Por que?
Porque o ten que facer o cerebro.
Así que faino outra vez.
Iso é, perfecto.
Grazas aos dous
pola vosa colaboración.
Isto é o que está pasando
por todo o mundo--
electrofisioloxía!
Imos conseguir a neurorrevolución.
Grazas.
(Aplausos)