WEBVTT 00:00:01.580 --> 00:00:05.261 [O 3 de abril de 2016, vemos a maior filtración de datos da historia. 00:00:05.771 --> 00:00:08.792 Os "papeis de Panamá" expoñen a xente rica e poderosa 00:00:08.792 --> 00:00:11.802 que ocultou grandes cantidades de diñeiro en paraísos fiscais. 00:00:11.828 --> 00:00:14.338 Que significa isto? 00:00:15.312 --> 00:00:18.212 Robert Palmer, de Global Witness, explícanolo]. NOTE Paragraph 00:00:20.852 --> 00:00:25.804 Esta semana houbo unha avalancha de historias 00:00:25.828 --> 00:00:29.124 por mor da filtración de 11 millóns de documentos 00:00:29.148 --> 00:00:33.386 provenientes do bufete de avogados Mossack Fonseca, con sede en Panamá. 00:00:33.386 --> 00:00:36.232 A información sobre estes documentos 00:00:36.232 --> 00:00:39.544 deixa ao descuberto unha pequena parte 00:00:39.544 --> 00:00:41.746 do mundo secreto dos paraísos fiscais. 00:00:42.266 --> 00:00:47.078 Móstranos o xeito en que clientes, bancos e avogados 00:00:47.078 --> 00:00:49.379 acoden a compañías como Mossack Fonseca 00:00:49.379 --> 00:00:52.675 e din: "Queremos unha empresa anónima. Poden conseguirnos unha?" 00:00:52.675 --> 00:00:55.245 Daquela pódense ver os correos, 00:00:55.245 --> 00:00:57.972 o troco de mensaxes, 00:00:57.972 --> 00:00:59.915 como funciona este sistema, 00:00:59.915 --> 00:01:01.396 como se procede. NOTE Paragraph 00:01:01.396 --> 00:01:04.977 Isto comezou a ter repercusións bastante inmediatas. 00:01:05.477 --> 00:01:08.018 O primeiro ministro de Islandia dimitiu. 00:01:08.042 --> 00:01:14.267 Tamén coñecemos que un aliado do brutal ditador sirio Bashar Al-Assad 00:01:14.267 --> 00:01:16.524 ten empresas en paraísos fiscais. 00:01:16.664 --> 00:01:21.693 Houbo denuncias sobre unha pista de 2 mil millóns de dólares 00:01:22.133 --> 00:01:25.846 que sinala ao presidente ruso Vladimir Putin, 00:01:25.866 --> 00:01:28.223 por medio dun achegado, amigo da infancia, 00:01:28.413 --> 00:01:30.620 un violonchelista con éxito. 00:01:30.720 --> 00:01:33.490 E haberá centos de adiñeirados así, 00:01:33.530 --> 00:01:36.074 e outros tantos que estarán en tensión 00:01:36.074 --> 00:01:37.786 polas próximas historias 00:01:37.810 --> 00:01:40.173 e os vindeiros documentos filtrados. NOTE Paragraph 00:01:40.387 --> 00:01:44.573 Si, soa un pouco como a trama dun filme de espías, 00:01:44.597 --> 00:01:46.610 ou como unha novela de John Grisham. 00:01:46.610 --> 00:01:50.300 Parecerache algo moi afastado de ti, de min, da xente corrente. 00:01:50.324 --> 00:01:52.632 Por que tería que inquietarnos? 00:01:52.856 --> 00:01:57.099 Porén, o certo é que se os podentes 00:01:57.123 --> 00:01:59.777 gardan as súas fortunas en paraísos fiscais 00:01:59.801 --> 00:02:02.288 sen pagar os impostos que deberían, 00:02:02.312 --> 00:02:06.406 entón haberá menos cartos para os servizos públicos fundamentais 00:02:06.430 --> 00:02:09.783 como a sanidade, a educación, as estradas. 00:02:09.807 --> 00:02:11.918 E isto aféctanos a todos. NOTE Paragraph 00:02:12.152 --> 00:02:14.868 Agora ben, para a miña organización, Global Witness, 00:02:14.892 --> 00:02:18.874 a exposición pública destes datos foi algo espectacular. 00:02:18.978 --> 00:02:23.466 Temos a líderes políticos e a medios de comunicación mundiales 00:02:23.490 --> 00:02:28.145 a falar sobre o uso que esa xente fai dos paraísos fiscais 00:02:28.169 --> 00:02:30.564 co fin de camuflar os seus bens, 00:02:30.588 --> 00:02:35.372 algo do que se leva divulgado moito dende hai unha década. NOTE Paragraph 00:02:35.396 --> 00:02:40.031 Seguro que moitas persoas consideran isto algo impreciso e desconcertante 00:02:40.055 --> 00:02:44.140 e cóstalles comprender o funcionamento deste tipo de paraísos fiscais. 00:02:44.344 --> 00:02:47.376 A min gústame imaxinalo como as "matrioskas", as bonecas rusas. 00:02:47.400 --> 00:02:50.423 Podes ter unha empresa metida noutra, 00:02:50.423 --> 00:02:52.848 que á súa vez está dentro doutra, 00:02:52.848 --> 00:02:55.343 de xeito que é case imposible saber 00:02:55.343 --> 00:02:59.533 quen está realmente detrás desas estruturas. 00:02:59.893 --> 00:03:02.670 Pode ser moi difícil para as forzas de seguridade 00:03:02.670 --> 00:03:05.887 ou para as autoridades tributarias, xornalistas e a sociedade civil, 00:03:05.887 --> 00:03:08.244 comprenderen o que sucede en realidade. 00:03:08.664 --> 00:03:12.540 Tamén vexo interesante que haxa menos cobertura sobre o tema nos EE.UU. NOTE Paragraph 00:03:13.180 --> 00:03:16.205 E talvez sexa porque non aparecen neste escándalo 00:03:16.205 --> 00:03:20.466 persoas importantes de EE.UU. 00:03:21.506 --> 00:03:24.753 E non é porque non haxa alí adiñeirados 00:03:24.813 --> 00:03:26.895 que agochen as súas pertenzas 00:03:26.895 --> 00:03:28.154 en paraísos fiscais. 00:03:28.154 --> 00:03:31.678 É simplemente debido á forma en que funcionan. 00:03:32.238 --> 00:03:34.964 Mossack Fonseca ten menos clientes estadounidenses. 00:03:35.454 --> 00:03:38.738 Penso que se se filtrase información das Illas Caimán, 00:03:38.738 --> 00:03:42.008 ou mesmo de Delaware, Wyoming ou Nevada, 00:03:42.008 --> 00:03:47.923 veríanse moitos máis casos e un maior vencello con EE.UU. 00:03:49.563 --> 00:03:51.713 De feito, nalgúns estados 00:03:52.073 --> 00:03:55.923 precísase menos información NOTE Paragraph 00:03:56.173 --> 00:03:58.181 para crear unha empresa 00:03:58.761 --> 00:04:00.999 que para obter un carné de biblioteca. 00:04:01.239 --> 00:04:03.536 Tanta discreción en EE.UU. 00:04:03.536 --> 00:04:08.472 permitiulles aos empregados de distritos escolares estafar ao alumnado. 00:04:09.032 --> 00:04:13.822 Permitíulles a estafadores timar a inversores vulnerables. 00:04:14.432 --> 00:04:17.672 Este é o tipo de comportamento que nos afecta a todos. 00:04:18.592 --> 00:04:23.102 Por iso en Global Witness queriamos ver o que sucedería na práctica. NOTE Paragraph 00:04:23.232 --> 00:04:25.387 Como funciona en realidade? 00:04:25.485 --> 00:04:29.590 Así que, o que fixemos foi enviar a un investigador infiltrado 00:04:30.130 --> 00:04:33.157 a trece bufetes de avogados de Manhattan. 00:04:34.007 --> 00:04:37.252 O noso investigador fíxose pasar por un ministro africano 00:04:37.252 --> 00:04:41.503 que quería mover fondos sospeitosos nos EE.UU. 00:04:41.503 --> 00:04:44.847 para mercar unha casa, un iate, un jet. 00:04:45.627 --> 00:04:48.758 O que realmente nos abraiou foi que todos eles, 00:04:48.758 --> 00:04:50.201 todos os avogados excepto un, 00:04:50.201 --> 00:04:52.979 lle achegaran suxestións ao noso investigador 00:04:52.979 --> 00:04:56.790 sobre como mover eses fondos sospeitosos. 00:04:56.890 --> 00:04:58.774 Todo foron reunións preliminares, 00:04:58.774 --> 00:05:01.180 e ningún avogado nos tratou como clientes, 00:05:01.180 --> 00:05:03.290 nin moito menos houbo cartos de por medio, 00:05:03.290 --> 00:05:06.939 pero fainos ver o problema do sistema. 00:05:07.089 --> 00:05:12.081 Tamén é importante ter en conta que non son casos individuais. NOTE Paragraph 00:05:12.081 --> 00:05:15.264 Non se trata só dun avogado individual 00:05:15.264 --> 00:05:18.194 que falou co noso infiltrado para darlle solucións. 00:05:18.424 --> 00:05:21.201 Non ten que ver soamente cun político en particular 00:05:21.201 --> 00:05:22.639 cachado nun escándalo. 00:05:22.739 --> 00:05:25.768 Trátase dun sistema que funciona así, 00:05:25.768 --> 00:05:31.751 cheo de corrupción, evasión de impostos, pobreza e inestabilidade. 00:05:32.161 --> 00:05:33.661 E para erradicar isto, 00:05:33.661 --> 00:05:35.278 precisamos mudar o xogo. 00:05:35.658 --> 00:05:37.977 Precisamos mudar as regras do xogo, 00:05:37.977 --> 00:05:40.032 para dificultar esas condutas. 00:05:40.102 --> 00:05:42.898 Pode que todo se vexa moi negro, 00:05:42.898 --> 00:05:45.164 como se non puidésemos facer nada, NOTE Paragraph 00:05:45.164 --> 00:05:47.022 como se nada tivese cambiado, 00:05:47.022 --> 00:05:49.877 como se sempre fora haber individuos ricos e podentes. 00:05:49.957 --> 00:05:52.181 Pero como optimista que son, 00:05:52.181 --> 00:05:55.791 penso que estamos ante o comezo dun cambio. 00:05:55.861 --> 00:05:57.792 Nestes últimos anos, 00:05:57.792 --> 00:06:01.044 vimos un verdadeiro esforzo por acadar unha maior transparencia NOTE Paragraph 00:06:01.044 --> 00:06:03.473 no que concirne á propiedade das empresas. 00:06:03.473 --> 00:06:05.815 Este asunto colocouno na axenda política 00:06:05.815 --> 00:06:08.295 o primeiro ministro do Reino Unido, David Cameron, 00:06:08.295 --> 00:06:13.262 no gran Cumio do G8, en 2013, en Irlanda do Norte. 00:06:14.162 --> 00:06:16.508 Dende aquela, a Unión Europea 00:06:16.508 --> 00:06:20.212 comezou a crear rexistros centrais a nivel nacional, 00:06:20.212 --> 00:06:24.082 para saber quen posúe e controla as empresas de toda Europa. 00:06:24.222 --> 00:06:28.153 O máis triste é que EE.UU estase a quedar distanciado. 00:06:28.153 --> 00:06:31.074 Introduciuse unha lexislación bipartidista NOTE Paragraph 00:06:31.074 --> 00:06:33.267 na Cámara de Representantes e no Senado, 00:06:33.267 --> 00:06:36.598 que non está a progresar tanto como nos gustaría. 00:06:36.598 --> 00:06:40.095 O que en realidade nos gustaría ver sería que estes documentos filtrados, 00:06:40.095 --> 00:06:43.816 esa enorme porta ao mundo dos paraísos fiscais, 00:06:43.816 --> 00:06:48.437 se utilizasen para desenmascarar todo isto en EE.UU e no resto do mundo. 00:06:48.657 --> 00:06:53.655 Para nós en Global Witness, este é un momento de mudanza. 00:06:53.655 --> 00:06:56.671 Precisamos que a xente normal se enfade NOTE Paragraph 00:06:56.671 --> 00:06:58.360 ao ver como os podentes 00:06:58.360 --> 00:07:00.710 agochan a súa identidade 00:07:00.710 --> 00:07:02.388 tras empresas secretas. 00:07:02.388 --> 00:07:04.495 Necesitamos que os dirixentes empresariais 00:07:04.495 --> 00:07:09.442 se ergan e digan: "Estes segredos non son bos para os negocios". 00:07:09.442 --> 00:07:13.793 Necesitamos que os líderes políticos recoñezan este problema, 00:07:13.793 --> 00:07:19.531 e se comprometan a cambiar a lei para destapar este tipo de actuacións. 00:07:19.531 --> 00:07:22.975 Xuntos, podemos rematar con esta opacidade 00:07:22.975 --> 00:07:24.946 que consente a evasión fiscal, NOTE Paragraph 00:07:24.946 --> 00:07:29.688 e que fortalece a corrupción e o branqueo de capitais.