1 00:00:01,580 --> 00:00:05,261 [O 3 de abril de 2016, vemos a maior filtración de datos da historia. 2 00:00:05,771 --> 00:00:08,792 Os "papeis de Panamá" expoñen a xente rica e poderosa 3 00:00:08,792 --> 00:00:11,802 que ocultou grandes cantidades de diñeiro en paraísos fiscais. 4 00:00:11,828 --> 00:00:14,338 Que significa isto? 5 00:00:15,312 --> 00:00:18,212 Robert Palmer, de Global Witness, explícanolo]. 6 00:00:20,852 --> 00:00:25,804 Esta semana houbo unha avalancha de historias 7 00:00:25,828 --> 00:00:29,124 por mor da filtración de 11 millóns de documentos 8 00:00:29,148 --> 00:00:33,386 provenientes do bufete de avogados Mossack Fonseca, con sede en Panamá. 9 00:00:33,386 --> 00:00:36,232 A información sobre estes documentos 10 00:00:36,232 --> 00:00:39,544 deixa ao descuberto unha pequena parte 11 00:00:39,544 --> 00:00:41,746 do mundo secreto dos paraísos fiscais. 12 00:00:42,266 --> 00:00:47,078 Móstranos o xeito en que clientes, bancos e avogados 13 00:00:47,078 --> 00:00:49,379 acoden a compañías como Mossack Fonseca 14 00:00:49,379 --> 00:00:52,675 e din: "Queremos unha empresa anónima. Poden conseguirnos unha?" 15 00:00:52,675 --> 00:00:55,245 Daquela pódense ver os correos, 16 00:00:55,245 --> 00:00:57,972 o troco de mensaxes, 17 00:00:57,972 --> 00:00:59,915 como funciona este sistema, 18 00:00:59,915 --> 00:01:01,396 como se procede. 19 00:01:01,396 --> 00:01:04,977 Isto comezou a ter repercusións bastante inmediatas. 20 00:01:05,477 --> 00:01:08,018 O primeiro ministro de Islandia dimitiu. 21 00:01:08,042 --> 00:01:14,267 Tamén coñecemos que un aliado do brutal ditador sirio Bashar Al-Assad 22 00:01:14,267 --> 00:01:16,524 ten empresas en paraísos fiscais. 23 00:01:16,664 --> 00:01:21,693 Houbo denuncias sobre unha pista de 2 mil millóns de dólares 24 00:01:22,133 --> 00:01:25,846 que sinala ao presidente ruso Vladimir Putin, 25 00:01:25,866 --> 00:01:28,223 por medio dun achegado, amigo da infancia, 26 00:01:28,413 --> 00:01:30,620 un violonchelista con éxito. 27 00:01:30,720 --> 00:01:33,490 E haberá centos de adiñeirados así, 28 00:01:33,530 --> 00:01:36,074 e outros tantos que estarán en tensión 29 00:01:36,074 --> 00:01:37,786 polas próximas historias 30 00:01:37,810 --> 00:01:40,173 e os vindeiros documentos filtrados. 31 00:01:40,387 --> 00:01:44,573 Si, soa un pouco como a trama dun filme de espías, 32 00:01:44,597 --> 00:01:46,610 ou como unha novela de John Grisham. 33 00:01:46,610 --> 00:01:50,300 Parecerache algo moi afastado de ti, de min, da xente corrente. 34 00:01:50,324 --> 00:01:52,632 Por que tería que inquietarnos? 35 00:01:52,856 --> 00:01:57,099 Porén, o certo é que se os podentes 36 00:01:57,123 --> 00:01:59,777 gardan as súas fortunas en paraísos fiscais 37 00:01:59,801 --> 00:02:02,288 sen pagar os impostos que deberían, 38 00:02:02,312 --> 00:02:06,406 entón haberá menos cartos para os servizos públicos fundamentais 39 00:02:06,430 --> 00:02:09,783 como a sanidade, a educación, as estradas. 40 00:02:09,807 --> 00:02:11,918 E isto aféctanos a todos. 41 00:02:12,152 --> 00:02:14,868 Agora ben, para a miña organización, Global Witness, 42 00:02:14,892 --> 00:02:18,874 a exposición pública destes datos foi algo espectacular. 43 00:02:18,978 --> 00:02:23,466 Temos a líderes políticos e a medios de comunicación mundiales 44 00:02:23,490 --> 00:02:28,145 a falar sobre o uso que esa xente fai dos paraísos fiscais 45 00:02:28,169 --> 00:02:30,564 co fin de camuflar os seus bens, 46 00:02:30,588 --> 00:02:35,372 algo do que se leva divulgado moito dende hai unha década. 47 00:02:35,396 --> 00:02:40,031 Seguro que moitas persoas consideran isto algo impreciso e desconcertante 48 00:02:40,055 --> 00:02:44,140 e cóstalles comprender o funcionamento deste tipo de paraísos fiscais. 49 00:02:44,344 --> 00:02:47,376 A min gústame imaxinalo como as "matrioskas", as bonecas rusas. 50 00:02:47,400 --> 00:02:50,423 Podes ter unha empresa metida noutra, 51 00:02:50,423 --> 00:02:52,848 que á súa vez está dentro doutra, 52 00:02:52,848 --> 00:02:55,343 de xeito que é case imposible saber 53 00:02:55,343 --> 00:02:59,533 quen está realmente detrás desas estruturas. 54 00:02:59,893 --> 00:03:02,670 Pode ser moi difícil para as forzas de seguridade 55 00:03:02,670 --> 00:03:05,887 ou para as autoridades tributarias, xornalistas e a sociedade civil, 56 00:03:05,887 --> 00:03:08,244 comprenderen o que sucede en realidade. 57 00:03:08,664 --> 00:03:12,540 Tamén vexo interesante que haxa menos cobertura sobre o tema nos EE.UU. 58 00:03:13,180 --> 00:03:16,205 E talvez sexa porque non aparecen neste escándalo 59 00:03:16,205 --> 00:03:20,466 persoas importantes de EE.UU. 60 00:03:21,506 --> 00:03:24,753 E non é porque non haxa alí adiñeirados 61 00:03:24,813 --> 00:03:26,895 que agochen as súas pertenzas 62 00:03:26,895 --> 00:03:28,154 en paraísos fiscais. 63 00:03:28,154 --> 00:03:31,678 É simplemente debido á forma en que funcionan. 64 00:03:32,238 --> 00:03:34,964 Mossack Fonseca ten menos clientes estadounidenses. 65 00:03:35,454 --> 00:03:38,738 Penso que se se filtrase información das Illas Caimán, 66 00:03:38,738 --> 00:03:42,008 ou mesmo de Delaware, Wyoming ou Nevada, 67 00:03:42,008 --> 00:03:47,923 veríanse moitos máis casos e un maior vencello con EE.UU. 68 00:03:49,563 --> 00:03:51,713 De feito, nalgúns estados 69 00:03:52,073 --> 00:03:55,923 precísase menos información 70 00:03:56,173 --> 00:03:58,181 para crear unha empresa 71 00:03:58,761 --> 00:04:00,999 que para obter un carné de biblioteca. 72 00:04:01,239 --> 00:04:03,536 Tanta discreción en EE.UU. 73 00:04:03,536 --> 00:04:08,472 permitiulles aos empregados de distritos escolares estafar ao alumnado. 74 00:04:09,032 --> 00:04:13,822 Permitíulles a estafadores timar a inversores vulnerables. 75 00:04:14,432 --> 00:04:17,672 Este é o tipo de comportamento que nos afecta a todos. 76 00:04:18,592 --> 00:04:23,102 Por iso en Global Witness queriamos ver o que sucedería na práctica. 77 00:04:23,232 --> 00:04:25,387 Como funciona en realidade? 78 00:04:25,485 --> 00:04:29,590 Así que, o que fixemos foi enviar a un investigador infiltrado 79 00:04:30,130 --> 00:04:33,157 a trece bufetes de avogados de Manhattan. 80 00:04:34,007 --> 00:04:37,252 O noso investigador fíxose pasar por un ministro africano 81 00:04:37,252 --> 00:04:41,503 que quería mover fondos sospeitosos nos EE.UU. 82 00:04:41,503 --> 00:04:44,847 para mercar unha casa, un iate, un jet. 83 00:04:45,627 --> 00:04:48,758 O que realmente nos abraiou foi que todos eles, 84 00:04:48,758 --> 00:04:50,201 todos os avogados excepto un, 85 00:04:50,201 --> 00:04:52,979 lle achegaran suxestións ao noso investigador 86 00:04:52,979 --> 00:04:56,790 sobre como mover eses fondos sospeitosos. 87 00:04:56,890 --> 00:04:58,774 Todo foron reunións preliminares, 88 00:04:58,774 --> 00:05:01,180 e ningún avogado nos tratou como clientes, 89 00:05:01,180 --> 00:05:03,290 nin moito menos houbo cartos de por medio, 90 00:05:03,290 --> 00:05:06,939 pero fainos ver o problema do sistema. 91 00:05:07,089 --> 00:05:12,081 Tamén é importante ter en conta que non son casos individuais. 92 00:05:12,081 --> 00:05:15,264 Non se trata só dun avogado individual 93 00:05:15,264 --> 00:05:18,194 que falou co noso infiltrado para darlle solucións. 94 00:05:18,424 --> 00:05:21,201 Non ten que ver soamente cun político en particular 95 00:05:21,201 --> 00:05:22,639 cachado nun escándalo. 96 00:05:22,739 --> 00:05:25,768 Trátase dun sistema que funciona así, 97 00:05:25,768 --> 00:05:31,751 cheo de corrupción, evasión de impostos, pobreza e inestabilidade. 98 00:05:32,161 --> 00:05:33,661 E para erradicar isto, 99 00:05:33,661 --> 00:05:35,278 precisamos mudar o xogo. 100 00:05:35,658 --> 00:05:37,977 Precisamos mudar as regras do xogo, 101 00:05:37,977 --> 00:05:40,032 para dificultar esas condutas. 102 00:05:40,102 --> 00:05:42,898 Pode que todo se vexa moi negro, 103 00:05:42,898 --> 00:05:45,164 como se non puidésemos facer nada, 104 00:05:45,164 --> 00:05:47,022 como se nada tivese cambiado, 105 00:05:47,022 --> 00:05:49,877 como se sempre fora haber individuos ricos e podentes. 106 00:05:49,957 --> 00:05:52,181 Pero como optimista que son, 107 00:05:52,181 --> 00:05:55,791 penso que estamos ante o comezo dun cambio. 108 00:05:55,861 --> 00:05:57,792 Nestes últimos anos, 109 00:05:57,792 --> 00:06:01,044 vimos un verdadeiro esforzo por acadar unha maior transparencia 110 00:06:01,044 --> 00:06:03,473 no que concirne á propiedade das empresas. 111 00:06:03,473 --> 00:06:05,815 Este asunto colocouno na axenda política 112 00:06:05,815 --> 00:06:08,295 o primeiro ministro do Reino Unido, David Cameron, 113 00:06:08,295 --> 00:06:13,262 no gran Cumio do G8, en 2013, en Irlanda do Norte. 114 00:06:14,162 --> 00:06:16,508 Dende aquela, a Unión Europea 115 00:06:16,508 --> 00:06:20,212 comezou a crear rexistros centrais a nivel nacional, 116 00:06:20,212 --> 00:06:24,082 para saber quen posúe e controla as empresas de toda Europa. 117 00:06:24,222 --> 00:06:28,153 O máis triste é que EE.UU estase a quedar distanciado. 118 00:06:28,153 --> 00:06:31,074 Introduciuse unha lexislación bipartidista 119 00:06:31,074 --> 00:06:33,267 na Cámara de Representantes e no Senado, 120 00:06:33,267 --> 00:06:36,598 que non está a progresar tanto como nos gustaría. 121 00:06:36,598 --> 00:06:40,095 O que en realidade nos gustaría ver sería que estes documentos filtrados, 122 00:06:40,095 --> 00:06:43,816 esa enorme porta ao mundo dos paraísos fiscais, 123 00:06:43,816 --> 00:06:48,437 se utilizasen para desenmascarar todo isto en EE.UU e no resto do mundo. 124 00:06:48,657 --> 00:06:53,655 Para nós en Global Witness, este é un momento de mudanza. 125 00:06:53,655 --> 00:06:56,671 Precisamos que a xente normal se enfade 126 00:06:56,671 --> 00:06:58,360 ao ver como os podentes 127 00:06:58,360 --> 00:07:00,710 agochan a súa identidade 128 00:07:00,710 --> 00:07:02,388 tras empresas secretas. 129 00:07:02,388 --> 00:07:04,495 Necesitamos que os dirixentes empresariais 130 00:07:04,495 --> 00:07:09,442 se ergan e digan: "Estes segredos non son bos para os negocios". 131 00:07:09,442 --> 00:07:13,793 Necesitamos que os líderes políticos recoñezan este problema, 132 00:07:13,793 --> 00:07:19,531 e se comprometan a cambiar a lei para destapar este tipo de actuacións. 133 00:07:19,531 --> 00:07:22,975 Xuntos, podemos rematar con esta opacidade 134 00:07:22,975 --> 00:07:24,946 que consente a evasión fiscal, 135 00:07:24,946 --> 00:07:29,688 e que fortalece a corrupción e o branqueo de capitais.