[O 3 de abril de 2016, vemos a maior
filtración de datos da historia.
Os "papeis de Panamá" expoñen
a xente rica e poderosa
que ocultou grandes cantidades de diñeiro
en paraísos fiscais.
Que significa isto?
Robert Palmer, de Global Witness,
explícanolo].
Esta semana houbo
unha avalancha de historias
por mor da filtración
de 11 millóns de documentos
provenientes do bufete de avogados
Mossack Fonseca, con sede en Panamá.
A información sobre estes documentos
deixa ao descuberto unha pequena parte
do mundo secreto dos paraísos fiscais.
Móstranos o xeito en que clientes,
bancos e avogados
acoden a compañías como Mossack Fonseca
e din: "Queremos unha empresa anónima.
Poden conseguirnos unha?"
Daquela pódense ver os correos,
o troco de mensaxes,
como funciona este sistema,
como se procede.
Isto comezou a ter repercusións
bastante inmediatas.
O primeiro ministro de Islandia
dimitiu.
Tamén coñecemos que un aliado
do brutal ditador sirio Bashar Al-Assad
ten empresas en paraísos fiscais.
Houbo denuncias sobre unha pista
de 2 mil millóns de dólares
que sinala ao presidente ruso
Vladimir Putin,
por medio dun achegado, amigo da infancia,
un violonchelista con éxito.
E haberá centos de adiñeirados así,
e outros tantos que estarán en tensión
polas próximas historias
e os vindeiros documentos filtrados.
Si, soa un pouco como a trama
dun filme de espías,
ou como unha novela de John Grisham.
Parecerache algo moi afastado de ti,
de min, da xente corrente.
Por que tería que inquietarnos?
Porén, o certo é que se os podentes
gardan as súas fortunas
en paraísos fiscais
sen pagar os impostos que deberían,
entón haberá menos cartos
para os servizos públicos fundamentais
como a sanidade, a educación, as estradas.
E isto aféctanos a todos.
Agora ben, para a miña organización,
Global Witness,
a exposición pública destes datos
foi algo espectacular.
Temos a líderes políticos e a medios
de comunicación mundiales
a falar sobre o uso que esa xente
fai dos paraísos fiscais
co fin de camuflar os seus bens,
algo do que se leva divulgado moito
dende hai unha década.
Seguro que moitas persoas consideran isto
algo impreciso e desconcertante
e cóstalles comprender o funcionamento
deste tipo de paraísos fiscais.
A min gústame imaxinalo
como as "matrioskas", as bonecas rusas.
Podes ter unha empresa metida noutra,
que á súa vez está dentro doutra,
de xeito que é case imposible saber
quen está realmente
detrás desas estruturas.
Pode ser moi difícil
para as forzas de seguridade
ou para as autoridades tributarias,
xornalistas e a sociedade civil,
comprenderen o que sucede en realidade.
Tamén vexo interesante que haxa
menos cobertura sobre o tema nos EE.UU.
E talvez sexa porque non aparecen
neste escándalo
persoas importantes de EE.UU.
E non é porque non haxa alí adiñeirados
que agochen as súas pertenzas
en paraísos fiscais.
É simplemente debido á forma
en que funcionan.
Mossack Fonseca ten menos
clientes estadounidenses.
Penso que se se filtrase información
das Illas Caimán,
ou mesmo de Delaware, Wyoming ou Nevada,
veríanse moitos máis casos e
un maior vencello con EE.UU.
De feito, nalgúns estados
precísase menos información
para crear unha empresa
que para obter un carné de biblioteca.
Tanta discreción en EE.UU.
permitiulles aos empregados de distritos
escolares estafar ao alumnado.
Permitíulles a estafadores timar
a inversores vulnerables.
Este é o tipo de comportamento
que nos afecta a todos.
Por iso en Global Witness queriamos
ver o que sucedería na práctica.
Como funciona en realidade?
Así que, o que fixemos foi enviar
a un investigador infiltrado
a trece bufetes de avogados de Manhattan.
O noso investigador fíxose pasar
por un ministro africano
que quería mover fondos sospeitosos
nos EE.UU.
para mercar unha casa, un iate, un jet.
O que realmente nos abraiou
foi que todos eles,
todos os avogados excepto un,
lle achegaran suxestións
ao noso investigador
sobre como mover eses fondos sospeitosos.
Todo foron reunións preliminares,
e ningún avogado nos tratou como clientes,
nin moito menos houbo cartos de por medio,
pero fainos ver o problema do sistema.
Tamén é importante ter en conta que
non son casos individuais.
Non se trata só dun avogado individual
que falou co noso infiltrado
para darlle solucións.
Non ten que ver soamente
cun político en particular
cachado nun escándalo.
Trátase dun sistema que funciona así,
cheo de corrupción, evasión de impostos,
pobreza e inestabilidade.
E para erradicar isto,
precisamos mudar o xogo.
Precisamos mudar as regras do xogo,
para dificultar esas condutas.
Pode que todo se vexa moi negro,
como se non puidésemos facer nada,
como se nada tivese cambiado,
como se sempre fora haber individuos
ricos e podentes.
Pero como optimista que son,
penso que estamos ante
o comezo dun cambio.
Nestes últimos anos,
vimos un verdadeiro esforzo
por acadar unha maior transparencia
no que concirne á propiedade das empresas.
Este asunto colocouno na axenda política
o primeiro ministro do Reino Unido,
David Cameron,
no gran Cumio do G8, en 2013,
en Irlanda do Norte.
Dende aquela, a Unión Europea
comezou a crear rexistros centrais
a nivel nacional,
para saber quen posúe e controla
as empresas de toda Europa.
O máis triste é que EE.UU
estase a quedar distanciado.
Introduciuse unha lexislación bipartidista
na Cámara de Representantes e no Senado,
que non está a progresar
tanto como nos gustaría.
O que en realidade nos gustaría ver
sería que estes documentos filtrados,
esa enorme porta ao mundo
dos paraísos fiscais,
se utilizasen para desenmascarar
todo isto en EE.UU e no resto do mundo.
Para nós en Global Witness,
este é un momento de mudanza.
Precisamos que a xente normal se enfade
ao ver como os podentes
agochan a súa identidade
tras empresas secretas.
Necesitamos que os dirixentes empresariais
se ergan e digan: "Estes segredos non
son bos para os negocios".
Necesitamos que os líderes políticos
recoñezan este problema,
e se comprometan a cambiar a lei
para destapar este tipo de actuacións.
Xuntos, podemos rematar
con esta opacidade
que consente a evasión fiscal,
e que fortalece a corrupción
e o branqueo de capitais.