0:00:00.600,0:00:02.841 Como é unha nai traballadora? 0:00:03.240,0:00:06.138 Se lle preguntan a Internet, [br]esta é a resposta que terán. 0:00:06.520,0:00:09.956 Tanto ten se isto é[br]o que escriben realmente 0:00:10.970,0:00:13.768 se tentan traballar no ordenador[br]cun neno no colo. 0:00:13.880,0:00:15.207 (Risas) 0:00:15.440,0:00:18.056 E non, esta non é unha nai traballadora. 0:00:18.360,0:00:21.155 Percibirán un tema recorrente nestas fotos 0:00:21.390,0:00:23.806 ese tema é a marabillosa luz natural 0:00:25.540,0:00:27.136 que, como todos sabemos, 0:00:27.160,0:00:30.274 é a habitual [br]en calquera lugar de traballo nos EUA. 0:00:31.360,0:00:34.477 Hai miles de imaxes coma esta. 0:00:34.840,0:00:38.256 Abonda con escribir "nai traballadora"[br]en calquera motor de busca 0:00:38.280,0:00:39.536 ou galería de fotos. 0:00:39.560,0:00:41.016 Están por toda a Internet, 0:00:41.040,0:00:43.416 encabezando entradas de blog e noticias, 0:00:43.440,0:00:47.506 e estamos obsesionados con elas[br]e a mentira que nos contan 0:00:47.800,0:00:49.637 e a tranquilidade que nos dan 0:00:49.800,0:00:52.850 de que en relación[br]coas novas nais traballadoras 0:00:53.240,0:00:54.650 todo vai de marabilla. 0:00:55.040,0:00:56.616 Pero non vai de marabilla. 0:00:56.640,0:01:00.056 Como país, devolvemos[br]ao traballo millóns de mulleres 0:01:00.080,0:01:03.742 cada ano, cunha rapidez[br]incrible e terrible, 0:01:04.040,0:01:05.459 despois de que dean a luz. 0:01:05.720,0:01:07.308 Este é un problema moral, 0:01:07.440,0:01:10.494 pero hoxe quero explicar por que[br]é tamén un problema económico. 0:01:11.360,0:01:14.976 Remato tan anoxada e obsesionada[br]con estas imaxes tan irreais 0:01:15.000,0:01:16.822 tan diferentes da miña vida, 0:01:17.040,0:01:22.011 que hai pouco decidín facer e protagonizar[br]unhas serie de fotos paródicas 0:01:22.140,0:01:24.366 coa esperanza de que a xente[br]as empezase a usar 0:01:24.540,0:01:28.656 amosando a curiosa realidade[br]de volver ao traballo 0:01:28.680,0:01:32.240 cando a comida do teu neno[br]vai pegada ao teu corpo. 0:01:33.320,0:01:35.363 Voulles amosar dúas delas. 0:01:35.720,0:01:37.224 (Risas) 0:01:37.800,0:01:40.896 Nada axuda tanto a conseguir [br]un ascenso como as manchas de leite 0:01:40.920,0:01:42.691 no vestido durante unha presentación. 0:01:43.080,0:01:45.496 Fíxense en que non hai ningún neno na foto 0:01:45.520,0:01:47.823 porque non funciona así, 0:01:48.160,0:01:50.078 polo menos para a maioría das nais. 0:01:50.520,0:01:52.576 Sabían, e isto vailles estragar o día, 0:01:52.600,0:01:55.776 que cada vez que tiran da cisterna[br]o que hai dentro vaporízase 0:01:55.800,0:01:58.026 e permanece no aire durante horas? 0:01:58.240,0:02:00.976 Aínda así, para moitas nais traballadoras 0:02:01.000,0:02:04.216 ese é o único lugar en todo o día[br]en que poden darlles de comer 0:02:04.280,0:02:05.880 aos seus bebés acabados de nacer. 0:02:06.880,0:02:10.336 Presento estas cousas,[br]unha ducia delas, ao mundo. 0:02:10.360,0:02:11.818 Quería deixar algo claro. 0:02:12.000,0:02:15.189 Non sabía que ao mesmo tempo[br]estaba abrindo unha porta 0:02:15.440,0:02:18.976 porque agora todo tipo [br]de persoas descoñecidas 0:02:19.000,0:02:20.936 me escriben a cadora 0:02:20.960,0:02:24.770 para me contaren como [br]é para elas volver ao traballo 0:02:24.840,0:02:27.192 só uns días ou semanas despois[br]de teren un fillo. 0:02:27.730,0:02:30.373 Vou compartir con vostedes[br]dez das súas historias hoxe. 0:02:30.480,0:02:33.555 Son totalmente reais,[br]algunhas moi dolorosas 0:02:33.880,0:02:36.920 e ningunha delas se parece a isto. 0:02:38.360,0:02:39.589 Aquí vai a primeira. 0:02:40.160,0:02:43.479 "Era unha traballadora activa[br]nunha prisión federal. 0:02:43.880,0:02:47.809 Volvín ao traballo tras o máximo permitido[br]de oito semanas após unha cesárea. 0:02:48.280,0:02:51.943 Un compañeiro varón enfadouse[br]porque eu marchara 'de vacacións', 0:02:52.360,0:02:55.623 así que abriu a mantenta a porta[br]mentres eu sacaba leite do peito 0:02:55.813,0:02:58.799 e permaneceu na porta[br]cos reclusos no corredor". 0:02:59.880,0:03:02.970 Moitas das historias [br]que estas mulleres envían 0:03:02.970,0:03:04.941 non tratan sequera sobre aleitar. 0:03:05.480,0:03:07.376 Unha muller escribiume para dicir: 0:03:07.400,0:03:11.799 "Tiven dous xemelgos e volvín[br]ao traballo tras sete semanas sen salario. 0:03:12.200,0:03:13.856 Estaba emocionalmente rota. 0:03:13.880,0:03:18.076 Fisicamente tivera unha grande hemorraxia[br]e un desgarro durante o parto, 0:03:18.240,0:03:20.753 apenas podía erguerme, sentarme ou andar. 0:03:21.000,0:03:24.613 O meu xefe díxome que non podía[br]usar os meus días de vacacións 0:03:24.880,0:03:26.640 porque era tempada alta". 0:03:27.800,0:03:32.120 Penso que non podemos asumir[br]situacións coma esta 0:03:32.440,0:03:34.101 porque nos horrorizaríamos, 0:03:34.280,0:03:37.073 e se nos horrorizamos,[br]entón temos que reaccionar. 0:03:37.360,0:03:40.735 Eliximos, entón, mirar e crer nesta imaxe. 0:03:41.240,0:03:43.696 Non teño claro que ocorre nesta imaxe, 0:03:43.720,0:03:46.169 porque me parece rara e algo sinistra. 0:03:46.400,0:03:47.393 (Risas) 0:03:47.840,0:03:49.056 Ela, que está a facer? 0:03:51.520,0:03:53.096 Pero sei o que a foto nos conta. 0:03:53.120,0:03:55.288 Cóntanos que todo vai ben. 0:03:55.680,0:03:59.367 Todo vai ben para esta nai, para todas[br]as nais traballadoras e todos os nenos. 0:03:59.440,0:04:00.947 Aquí non hai nada que mirar. 0:04:01.440,0:04:04.575 E aínda así, as mulleres decidiron, 0:04:04.880,0:04:06.903 así que nada disto é o noso problema. 0:04:07.200,0:04:09.729 Quero dividir este tema da elección[br]en dúas partes. 0:04:10.160,0:04:13.291 A primeira elección di[br]que as mulleres decidiron traballar. 0:04:13.800,0:04:15.584 E non é verdade. 0:04:16.040,0:04:20.346 En América as mulleres son hoxe[br]o 47% da poboación activa, 0:04:21.279,0:04:23.256 e no 40% dos fogares americanos 0:04:23.280,0:04:26.437 a muller é o único[br]ou o principal sustento da familia. 0:04:26.840,0:04:31.077 O noso traballo remunerado é[br]unha parte enorme do motor desta economía, 0:04:31.400,0:04:33.799 e é esencial para a economía [br]das nosas familias. 0:04:34.200,0:04:37.505 A nivel nacional, o noso traballo[br]non é unha opción. 0:04:38.400,0:04:41.286 A segunda di que as mulleres[br]decidiron ter fillos, 0:04:41.360,0:04:44.319 así que teñen que cangar[br]coas consecuencias da súa decisión. 0:04:46.200,0:04:47.976 En fin, esta é unha desas cousas 0:04:48.000,0:04:50.163 que poden parecer verdade[br]se as oes de pasada. 0:04:50.480,0:04:52.009 Eu non che mandei ter un neno. 0:04:52.023,0:04:53.778 Non estaba alí cando pasou. 0:04:56.550,0:04:59.799 Pero esta afirmación[br]ignora unha verdade fundamental: 0:05:00.080,0:05:04.482 a procreación a escala nacional [br]non é unha opción. 0:05:05.000,0:05:08.988 Os fillos que teñen estas mulleres,[br]moitas traballadoras, 0:05:09.520,0:05:12.596 serán algún día os nosos traballadores,[br]protexerán as fronteiras, 0:05:12.760,0:05:14.142 pagarán os impostos. 0:05:14.600,0:05:18.110 A procreación non é unha opción[br]a escala nacional. 0:05:18.800,0:05:20.049 Non son escollas. 0:05:20.200,0:05:23.967 Necesitamos que as mulleres traballen.[br]Necesitamos que as mulleres teñan fillos. 0:05:24.056,0:05:26.337 Entón deberiamos facer [br]que as dúas cousas á vez 0:05:26.337,0:05:28.277 fosen, como mínimo, aceptables, non si? 0:05:28.960,0:05:31.111 Ben, é tempo para o test de revista: 0:05:31.680,0:05:34.616 que porcentaxe de mulleres traballadoras[br]pensades que nos EUA 0:05:34.640,0:05:38.160 non ten acceso a baixa de maternidade? 0:05:39.440,0:05:40.640 88 por cento. 0:05:41.733,0:05:45.016 O 88 por cento de nais traballadoras[br]non terán nin unha miga da axuda 0:05:45.040,0:05:46.393 despois de ter o seu fillo. 0:05:46.680,0:05:49.102 Pensade agora na baixa[br]sen dereito a cobro. 0:05:50.320,0:05:53.454 Existe nos EUA.[br]Chámase FMLA e non funciona. 0:05:53.920,0:05:56.600 Por como se estrutura,[br]con todo tipo de excepcións,[br] 0:05:56.920,0:06:00.538 a metade das nais [br]non pode optar a ela. 0:06:00.960,0:06:02.294 Funciona así. 0:06:04.320,0:06:05.926 "Adoptamos o noso fillo. 0:06:06.160,0:06:10.131 Cando me chamaron o día que naceu,[br]tiven que saír do traballo. 0:06:10.400,0:06:13.417 Non estivera tempo abondo[br]para ter dereito ao FMLA, 0:06:13.560,0:06:15.943 polo que non podía optar á baixa. 0:06:16.200,0:06:18.682 Cando pedín días libres[br]para estar co meu novo fillo 0:06:18.686,0:06:19.879 perdín o traballo." 0:06:21.840,0:06:26.220 Este tipo de fotos corporativas[br]agochan outra realidade. 0:06:26.760,0:06:30.199 Das nais que si teñen acceso[br]á baixa sen dereito a cobro, 0:06:30.400,0:06:32.931 moitas non poden permitirse usala. 0:06:33.600,0:06:36.896 Unha enfermeira explicoume "Non tiña[br]opción á baixa maternal 0:06:37.120,0:06:40.699 porque o meu embarazo foi considerado[br]condición preexistente. 0:06:41.110,0:06:43.974 Gastamos toda a devolución de facenda[br]e a metade dos aforros 0:06:44.017,0:06:45.616 nas miñas seis semanas sen soldo. 0:06:45.760,0:06:47.496 Non podiamos seguir por máis tempo. 0:06:47.520,0:06:49.964 Era duro a nivel físico,[br]pero no emocional era peor. 0:06:50.080,0:06:52.573 Sufrín durante meses[br]estando lonxe do meu fillo". 0:06:53.080,0:06:55.976 Entón esta decisión[br]de volver tan cedo ao traballo 0:06:56.000,0:06:59.831 é unha decisión económica racional[br]motivada pola economía familiar, 0:07:00.200,0:07:02.456 pero a miúdo é horrible a nivel físico 0:07:02.480,0:07:05.511 porque traer un ser humano[br]ao mundo é complicado. 0:07:06.040,0:07:07.456 Unha camareira contoume: 0:07:07.480,0:07:10.936 "Co meu primeiro fillo, volvín[br]ao traballo cinco semanas após o parto. 0:07:11.040,0:07:14.096 Co segundo, tiven unha cirurxía seria[br]despois de dar a luz 0:07:14.120,0:07:16.866 e tiven que esperar seis semanas. 0:07:17.160,0:07:19.240 Tiña desgarros de nivel tres." 0:07:20.880,0:07:23.936 O 23% das novas nais traballadoras nos EUA 0:07:23.960,0:07:28.307 volverán ao traballo[br]dúas semanas despois do parto. 0:07:30.320,0:07:34.809 "Traballaba como camareira e cociñeira[br]75 horas á semana durante o embarazo. 0:07:35.000,0:07:37.526 Volvín traballar[br]antes de que o neno tivese un mes, 0:07:37.640,0:07:39.326 traballando 60 horas á semana. 0:07:39.680,0:07:43.837 Unha das miñas compañeiras só puido[br]permitirse 10 días co seu neno." 0:07:44.760,0:07:48.777 Por suposto, esta non é só unha situación[br]con implicacións económicas e físicas. 0:07:48.960,0:07:53.424 O nacemento é, e será sempre,[br]un enorme acontecemento psicolóxico. 0:07:54.160,0:07:55.846 Unha profesora explicoume: 0:07:56.280,0:07:59.037 "Volvín ao traballo[br]oito semanas despois do nacemento. 0:07:59.280,0:08:01.176 Xa tiña problemas de ansiedade, 0:08:01.200,0:08:05.075 pero os ataques de pánico que tiven [br]antes de volver eran insoportables". 0:08:06.320,0:08:07.916 A nivel estatístico, 0:08:08.440,0:08:11.136 canto menos dure a baixa[br]despois de ter o fillo, 0:08:11.160,0:08:14.376 máis probable é que se sufran [br]problemas emocionais posparto, 0:08:14.400,0:08:16.195 como depresión ou ansiedade. 0:08:16.520,0:08:20.098 Entre outras consecuencias posibles[br]destas desordes, 0:08:20.560,0:08:23.516 o suicidio é a segunda causa[br]de morte máis frecuente 0:08:23.720,0:08:25.600 no primeiro ano despois do parto. 0:08:27.240,0:08:28.816 Atención á seguinte historia! 0:08:28.840,0:08:32.613 Nunca coñecín a esta muller,[br]a súa historia éme difícil de aturar. 0:08:33.440,0:08:37.298 "Sinto moitísima pena e rabia[br]porque perdín un tempo fundamental, 0:08:37.640,0:08:40.890 insubstituíble e formativo co meu fillo. 0:08:41.520,0:08:44.372 O parto e o nacemento deixáronme desfeita. 0:08:44.960,0:08:49.078 Daqueles meses só lembro[br]os berros: dixeron que era un cólico. 0:08:49.640,0:08:51.341 Eu afogaba por dentro. 0:08:51.800,0:08:54.822 Preguntábame cada mañá[br]durante canto tempo podería aturalo. 0:08:55.520,0:08:58.144 Deixáronme levar o neno ao traballo. 0:08:58.720,0:09:01.893 Pechei a porta da oficina[br]mentres o aloumiñaba 0:09:01.893,0:09:05.052 e lle suplicaba que deixase de berrar[br]para non ter problemas eu. 0:09:05.400,0:09:07.456 Agocheime detrás da porta cada maldito día 0:09:07.480,0:09:09.184 e choraba mentres el berraba. 0:09:09.440,0:09:12.664 Choraba no baño[br]mentres limpaba o sacaleite. 0:09:13.120,0:09:15.867 Cada día choraba ao ir traballar[br]e ao volver para a casa. 0:09:16.280,0:09:19.192 Prometínlle ao meu xefe[br]que o traballo que non facía polo día, 0:09:19.440,0:09:20.965 faríao de noite na casa. 0:09:21.120,0:09:24.753 Pensei que algo non marchaba ben en min,[br]que non podía controlalo". 0:09:26.520,0:09:28.334 Así son as nais. 0:09:29.160,0:09:30.315 E os nenos? 0:09:30.960,0:09:33.240 Como país, preocupámonos[br]polos millóns de nenos 0:09:33.240,0:09:35.200 que as nais traballadoras teñen cada ano? 0:09:35.510,0:09:36.558 Penso que non, 0:09:36.720,0:09:40.104 non até que chegan á idade de traballar[br]e pagar impostos e ser soldados. 0:09:40.200,0:09:42.105 Moi ben, xa os veremos en 18 anos, 0:09:42.129,0:09:43.891 chegar ata alí xa é cousa súa. 0:09:45.854,0:09:48.616 Unha das razóns polas que o sei[br]é porque os fillos de nais 0:09:48.640,0:09:50.936 que pasan 12 ou máis semanas[br]na casa con eles 0:09:50.960,0:09:54.646 teñen mais posibilidades de ser vacinados[br]e examinados no seu primeiro ano.[br] 0:09:54.960,0:09:59.097 Eses nenos están máis protexidos[br]fronte a enfermidades mortais e perigosas. 0:09:59.680,0:10:02.703 Imaxes coma esta agochan esas realidades. 0:10:06.280,0:10:11.300 Os EUA teñen unha mensaxe para as nais[br]traballadoras e os seus fillos. 0:10:11.800,0:10:15.218 Deberías estar agradecida[br]polo tempo que tes co teu fillo, 0:10:16.990,0:10:18.166 e es un estorbo 0:10:18.360,0:10:20.736 para a economía e para os teus xefes. 0:10:21.400,0:10:25.575 Esta narrativa da gratitude[br]existe en moitas historias que escoito. 0:10:25.960,0:10:27.229 Unha muller díxome: 0:10:27.640,0:10:29.816 "Volvín ás oito semanas da miña cesárea 0:10:29.840,0:10:31.572 porque o meu home non tiña traballo. 0:10:31.680,0:10:34.416 Sen min, a milla filla[br]tivo problemas para desenvolverse. 0:10:34.440,0:10:35.736 Non tomaba o biberón. 0:10:35.760,0:10:37.026 Empezou a perder peso. 0:10:37.400,0:10:39.850 Por sorte, o meu xefe foi moi comprensivo. 0:10:40.240,0:10:41.776 Miña nai puido traer o neno, 0:10:41.800,0:10:43.877 que estaba con osíxeno e monitorizado 0:10:44.120,0:10:46.240 catro veces por quenda[br]para que o aleitase". 0:10:47.960,0:10:50.981 Hai un pequeno club de países no mundo 0:10:51.360,0:10:54.579 que non ofrece [br]baixas pagadas estatais ás nais. 0:10:55.240,0:10:56.922 Saben cales son? 0:10:57.720,0:11:01.209 Os primeiros oito suman[br]en total oito millóns de habitantes. 0:11:01.680,0:11:05.176 Son Papua Nova Guinea,[br]Surinam e as pequenas illas-nación 0:11:05.200,0:11:10.596 de Micronesia, as Illas Marshall,[br]Nauru, Niue, Palau e Tonga. 0:11:11.440,0:11:13.816 O número nove son[br]os Estados Unidos de América 0:11:13.840,0:11:15.920 con 320 millóns de persoas. 0:11:18.280,0:11:19.586 E xa está. 0:11:19.680,0:11:21.383 Ese é o final da lista. 0:11:22.280,0:11:23.896 Todas as outras economías do mundo 0:11:23.920,0:11:27.557 atoparon un xeito de ofrecer[br]baixas de maternidade pagadas 0:11:27.840,0:11:30.776 para as persoas cuxo traballo[br]significa o futuro deses países, 0:11:30.840,0:11:34.121 pero dicimos "Non é posible facelo". 0:11:34.920,0:11:37.416 Dicimos que o mercado[br]solucionará este problema 0:11:37.440,0:11:41.776 e celebrámolo cando as empresas[br]ofrecen máis baixas pagadas ás mulleres, 0:11:41.800,0:11:44.826 que son xa as que teñen mellores estudos[br]e soldos de entre nós. 0:11:45.080,0:11:46.755 Lembran o 88 por cento? 0:11:46.920,0:11:50.546 As mulleres con soldos medios e baixos[br]non reciben esas axudas. 0:11:51.880,0:11:55.290 Sabemos que este enfoque ten 0:11:55.290,0:11:59.896 asombrosos custos económicos,[br]financeiros, físicos e emocionais. 0:11:59.920,0:12:03.936 Demos en decidir[br]--en decidir, non por accidente-- 0:12:03.960,0:12:07.250 cargarlles estes custos ás mulleres[br]traballadoras e aos seus fillos. 0:12:07.920,0:12:10.596 Sabemos que o prezo é alto[br]para mulleres con soldo baixo, 0:12:10.600,0:12:13.189 inda máis desproporcionado[br]para as mulleres de color. 0:12:13.400,0:12:15.070 Cargámoslles os custos igual. 0:12:15.880,0:12:17.852 Todo isto é a vergoña de América. 0:12:18.520,0:12:21.589 Pero é tamén o risco de América. 0:12:22.440,0:12:24.336 Porque podería pasar 0:12:24.360,0:12:28.029 que todas estas supostas decisións[br]de ter fillos 0:12:28.440,0:12:32.226 se volvesen [br]decisións individuais de non telos. 0:12:33.320,0:12:34.610 Unha muller díxome: 0:12:35.040,0:12:37.852 "A maternidade moderna é difícil.[br]Non debería ser un trauma. 0:12:38.320,0:12:40.533 Cando agora falamos[br]de aumentar a familia, 0:12:40.600,0:12:44.474 centrámonos no tempo que teremos[br]para coidar de nós e do neno. 0:12:44.920,0:12:47.842 Se tivésemos que facer igual[br]que co primeiro fillo, 0:12:48.240,0:12:49.880 talvez teriamos un só neno". 0:12:51.610,0:12:53.536 A taxa de natalidade que os EUA precisan 0:12:53.536,0:12:56.296 para manter a poboación [br]é de 2,1 fillos por muller. 0:12:56.880,0:12:59.977 Hoxe temos un 1,86. 0:13:00.880,0:13:03.176 Precisamos que as mulleres teñan fillos, 0:13:03.200,0:13:07.150 e estamos desanimando ás mulleres [br]traballadoras que poderían facelo. 0:13:07.760,0:13:10.669 Que pasaría coa poboación[br]activa, a innovación e o PIB 0:13:11.000,0:13:15.136 se unha a unha, [br]as mulleres deste país decidisen 0:13:15.160,0:13:18.105 que non poden facer isto máis dunha vez? 0:13:19.680,0:13:23.176 Estou aquí hoxe cunha única idea[br]que paga a pena compartir 0:13:23.200,0:13:24.568 e xa saben cal é. 0:13:25.360,0:13:29.056 Chegou a hora [br]de que o país máis poderoso da Terra 0:13:29.080,0:13:31.136 ofreza baixas de maternidade pagadas 0:13:31.160,0:13:33.875 para as persoas que traballan[br]polo futuro deste país 0:13:33.899,0:13:36.216 e para os nenos [br]que representan este futuro. 0:13:36.800,0:13:38.833 O nacemento é un ben de interese público. 0:13:38.960,0:13:41.091 A baixa debería ser un subsidio estatal. 0:13:41.520,0:13:44.016 Non debería haber excepcións[br]para negocios pequenos, 0:13:44.040,0:13:46.226 duración do traballo ou emprendedores. 0:13:46.520,0:13:48.778 Debería poderse compartir[br]entre os proxenitores. 0:13:48.920,0:13:50.896 Falei deste tema con moitas nais, 0:13:50.920,0:13:53.431 pero os pais son chave a moitos niveis. 0:13:55.520,0:13:58.616 Ningunha muller debería volver ao traballo 0:13:58.640,0:14:01.186 mentres coxea e sangra. 0:14:01.840,0:14:05.403 Ningunha familia debería [br]consumir os seus aforros 0:14:05.520,0:14:08.602 para mercar uns días de descanso,[br]recuperación e achegamento. 0:14:09.200,0:14:11.496 Ningún neno fraxil 0:14:11.520,0:14:14.456 tería que ir directamente[br]da incubadora á gardería 0:14:14.480,0:14:17.176 porque os seus pais usaron[br]todo o seu escaso tempo 0:14:17.200,0:14:18.224 sentados na UCI. 0:14:18.840,0:14:21.272 A ningunha familia traballadora[br]deberìa dicírselle 0:14:21.272,0:14:25.806 que a relación entre o seu traballo,[br]que precisan, e a maternidade que queren 0:14:26.080,0:14:27.491 é o seu problema. 0:14:28.760,0:14:32.974 O problema é que cando isto lle pasa[br]a unha nova familia, é esgotador, 0:14:33.440,0:14:36.216 e unha familia cun neno[br]é máis vulnerable economicamente 0:14:36.240,0:14:37.392 do que nunca antes fora, 0:14:37.720,0:14:41.153 así que a nai non pode falar por si mesma. 0:14:41.680,0:14:43.460 Pero todos nós temos voces. 0:14:43.920,0:14:47.123 Eu xa non vou ter máis fillos, 0:14:47.520,0:14:49.376 e vostede pode ser pre-neno, 0:14:49.400,0:14:50.776 pode ser post-neno 0:14:50.800,0:14:52.097 pode ser ningún neno. 0:14:52.440,0:14:54.020 Tanto debería ter. 0:14:54.320,0:14:56.634 Deixemos de entendelo[br]como un problema das nais, 0:14:56.760,0:14:58.354 nin sequera das mulleres. 0:14:58.480,0:15:00.028 É un problema dos EUA. 0:15:02.200,0:15:05.393 Temos que deixar de tragar[br]a mentira das imaxes que nos amosan. 0:15:05.720,0:15:07.687 Temos que deixar de aceptar a súa calma. 0:15:08.000,0:15:10.919 Temos que cuestionar por que din[br]que isto non pode funcionar 0:15:10.919,0:15:13.167 cando vemos que funciona[br]en todo o mundo. 0:15:14.000,0:15:17.363 Temos que recoñecer[br]que esta realidade americana 0:15:17.800,0:15:20.833 é a nosa vergoña e o noso problema. 0:15:21.440,0:15:22.980 Porque isto non é, 0:15:23.640,0:15:24.840 isto non é 0:15:25.280,0:15:26.980 e isto non é 0:15:27.090,0:15:29.100 [br]o aspecto dunha nai traballadora. 0:15:30.200,0:15:31.920 (Aplauso)