1 00:00:00,000 --> 00:00:07,000 Bo día. Como estades? Está sendo estupendo, verdade? 2 00:00:07,000 --> 00:00:11,000 Impresionoume moitísimo todo isto. 3 00:00:11,000 --> 00:00:15,000 De feito, vou marchar. (Sorrisos) 4 00:00:15,000 --> 00:00:19,000 Houbo tres temas, verdade? 5 00:00:19,000 --> 00:00:23,000 repetíndose ao longo da conferencia, que son relevantes 6 00:00:23,000 --> 00:00:25,000 para o que que quero dicir. 7 00:00:25,000 --> 00:00:29,000 Un é a proba extraordinaria da creatividade humana 8 00:00:29,000 --> 00:00:32,000 en todas as presentacións que tivemos 9 00:00:32,000 --> 00:00:35,000 e en toda a xente que está aquí. Simplemente a variedade 10 00:00:35,000 --> 00:00:38,000 e a amplitude da mesma. O segundo é que 11 00:00:38,000 --> 00:00:41,000 isto nos sitúa nun lugar no que non temos a menor idea do que vai acontecer, 12 00:00:41,000 --> 00:00:43,000 en termos do futuro. Nin idea 13 00:00:43,000 --> 00:00:45,000 sobre como isto vai evoluir. 14 00:00:45,000 --> 00:00:48,000 A min interésame a educación -- 15 00:00:48,000 --> 00:00:51,000 de feito, o que noto é que todo o mundo está interesado na educación. 16 00:00:51,000 --> 00:00:53,000 Non credes? Penso que isto é moi interesante. 17 00:00:53,000 --> 00:00:56,000 Se estás nunha cea dunha festa, e dis 18 00:00:56,000 --> 00:00:59,000 que traballas na educación -- 19 00:00:59,000 --> 00:01:06,000 realmente, non estás moito en festas, francamente, se traballas na educación. 20 00:01:06,000 --> 00:01:09,000 (Sorrisos) Non vos convidan. 21 00:01:09,000 --> 00:01:14,000 E nunca voltades a ser convidados, curiosamente. Non o entendo. 22 00:01:14,000 --> 00:01:16,000 Mais se estivérades e lle dixérades a alguén, 23 00:01:16,000 --> 00:01:18,000 é dicir, eles preguntan, "A que te adicas?" 24 00:01:18,000 --> 00:01:20,000 e respondes que traballas na educación, 25 00:01:20,000 --> 00:01:24,000 podes ver o sangue escapar da súa cara. Están pensando: 26 00:01:24,000 --> 00:01:30,000 "Meu deus,", xa sabedes, "Por que eu? A única noite que saio en toda a semana." (Sorrisos) 27 00:01:30,000 --> 00:01:32,000 Mais se preguntas sobre a súa educación, 28 00:01:32,000 --> 00:01:34,000 arrincónanche contra a parede. Porque é unha desas cousas 29 00:01:34,000 --> 00:01:37,000 que a xente leva no máis fondo, estou no certo? 30 00:01:37,000 --> 00:01:40,000 Como a relixión, o diñeiro e outras cousas. 31 00:01:40,000 --> 00:01:44,000 Teño moito interese na educación, e penso que todos o temos. 32 00:01:44,000 --> 00:01:46,000 Temos un enorme interese persoal nela, 33 00:01:46,000 --> 00:01:49,000 en parte porque é a educación o que se supón que 34 00:01:49,000 --> 00:01:52,000 nos levará nese futuro que non podemos comprender. 35 00:01:52,000 --> 00:01:55,000 Se o pensades, os nenos que comezan a escola este ano 36 00:01:55,000 --> 00:02:01,000 retiraranse no 2065. Ninguén ten nin idea - 37 00:02:01,000 --> 00:02:04,000 a pesar de todo o coñecemento que leva desfilado nos últimos catro días - 38 00:02:04,000 --> 00:02:06,000 de como vai ser o mundo 39 00:02:06,000 --> 00:02:08,000 dentro de cinco anos. E a pesar diso suponse 40 00:02:08,000 --> 00:02:11,000 que estamos educándoos para iso. Así que o impredecíbel, penso, 41 00:02:11,000 --> 00:02:13,000 é extraordinario. 42 00:02:13,000 --> 00:02:15,000 E a terceira parte disto é que 43 00:02:15,000 --> 00:02:20,000 todos estivemos dacordo, a pesar de todo, sobre 44 00:02:20,000 --> 00:02:23,000 as capacidades realmente extraordinarias que teñen os nenos - 45 00:02:23,000 --> 00:02:25,000 as súas capacidades para a innovación. Quero dicir, Sirena a pasada noite foi unha marabilla, 46 00:02:25,000 --> 00:02:28,000 non si? Simplemente ver o que ela pode facer. 47 00:02:28,000 --> 00:02:33,000 E ela é excepcional, pero eu penso que non o é, por dicilo dalgún xeito, 48 00:02:33,000 --> 00:02:36,000 non é excepcional entre todos os nenos. 49 00:02:36,000 --> 00:02:39,000 O que tedes aí é unha persoa de dedicación extraordinaria 50 00:02:39,000 --> 00:02:41,000 que atopou un talento. E a miña teoría é, 51 00:02:41,000 --> 00:02:43,000 que todos os nenos teñen talentos fantásticos. 52 00:02:43,000 --> 00:02:45,000 E dilapidámolos, sen piedade. 53 00:02:45,000 --> 00:02:48,000 Así que quero falar sobre educación e 54 00:02:48,000 --> 00:02:51,000 quero falar sobre creatividade. A miña teoría é que 55 00:02:51,000 --> 00:02:54,000 a creatividade é tan importante na educación como a alfabetización, 56 00:02:54,000 --> 00:02:58,000 e deberíamos darlle o mesmo status. 57 00:02:58,000 --> 00:03:06,000 (Aplausos) Grazas. Iso era todo, por certo. 58 00:03:06,000 --> 00:03:10,000 Moitas grazas. (Sorrisos) Ben, quedan 15 minutos. 59 00:03:10,000 --> 00:03:17,000 Ben, eu nacín... non. (Sorrisos) 60 00:03:17,000 --> 00:03:21,000 Escoitei unha gran historia recentemente -- encántame contala -- 61 00:03:21,000 --> 00:03:25,000 dunha nena pequena que estaba nunha lección de debuxo. Tiña seis anos 62 00:03:25,000 --> 00:03:27,000 e estaba ao fondo, debuxando, 63 00:03:27,000 --> 00:03:29,000 e a mestra díxo que esta neniña case nunca 64 00:03:29,000 --> 00:03:33,000 atendía, e nesta clase de debuxo fíxoo. 65 00:03:33,000 --> 00:03:35,000 A mestra estaba fascinada e achegouse a ela 66 00:03:35,000 --> 00:03:38,000 e dixo, "Que estás a debuxar?" 67 00:03:38,000 --> 00:03:41,000 E a nena dixo, "Estou debuxando unha imaxe de Deus." 68 00:03:41,000 --> 00:03:44,000 E a mestra dixo, "Pero ninguén sabe como é Deus." 69 00:03:44,000 --> 00:03:51,000 E a nena dixo, "Saberán nun minuto." 70 00:03:51,000 --> 00:03:52,000 (Sorrisos) 71 00:03:52,000 --> 00:03:57,000 Cando o meu fillo tiña catro anos en Inglaterra -- 72 00:03:57,000 --> 00:04:00,000 de feito tiña catro en todas partes, a verdade. (Sorrisos) 73 00:04:00,000 --> 00:04:06,000 Se somos estrictos sobre o tema, onde queira que fomos, tiña catro aquel ano. 74 00:04:06,000 --> 00:04:08,000 Estaba na representación da Natividade. 75 00:04:08,000 --> 00:04:11,000 Lembrades a historia? Non, foi famosa. 76 00:04:11,000 --> 00:04:14,000 Foi unha historia famosa. Mel Gibson fixo a secuela. 77 00:04:14,000 --> 00:04:19,000 Quizais a vísedes: "Natividade II". Pero a James tocoulle a parte de Xosé, 78 00:04:19,000 --> 00:04:22,000 polo que estábamos encantados. 79 00:04:22,000 --> 00:04:24,000 Consideramos que era un dos papeis principais. 80 00:04:24,000 --> 00:04:26,000 Tíñamos todo o lugar cheo de axentes con camisetas: 81 00:04:26,000 --> 00:04:29,000 "James Robinson É Xosé!" (Sorrisos) 82 00:04:29,000 --> 00:04:31,000 El non tivo que falar, pero sabedes o momento 83 00:04:31,000 --> 00:04:34,000 no que os tres reis magos chegan. Chegan cos agasallos, 84 00:04:34,000 --> 00:04:36,000 traen ouro, incenso e mirra. 85 00:04:36,000 --> 00:04:38,000 Isto aconteceu realmente. Estabamos sentados aló 86 00:04:38,000 --> 00:04:40,000 e penso que se enganaron, 87 00:04:40,000 --> 00:04:42,000 porque falamos co neniño despois e dixemos, 88 00:04:42,000 --> 00:04:44,000 "Está todo correcto?" E dixo, "Si, por que? Que estivo mal?" 89 00:04:44,000 --> 00:04:46,000 Simplemente confundíranse, iso foi todo. 90 00:04:46,000 --> 00:04:47,000 De calquera xeito, os nenos entraron -- 91 00:04:47,000 --> 00:04:49,000 nenos de catro anos con panos de cociña nas súas cabezas -- 92 00:04:49,000 --> 00:04:52,000 e pousaron as caixas no chan, 93 00:04:52,000 --> 00:04:54,000 e o primeiro neno dixo, "Traio ouro." 94 00:04:54,000 --> 00:04:57,000 E o segundo neno dixo, "Traio mirra." 95 00:04:57,000 --> 00:05:11,000 E o terceiro neno dixo, "Frank manda isto." (Sorrisos) (en inglés rima con incenso) 96 00:05:11,000 --> 00:05:13,000 O que estas cousas teñen en común é que os nenos van probar sorte. 97 00:05:13,000 --> 00:05:16,000 Se non saben, tentarano igual. 98 00:05:16,000 --> 00:05:19,000 Non estou no certo? Non teñen medo de estar equivocados. 99 00:05:19,000 --> 00:05:24,000 Agora ben, non estou a dicir que estar equivocado sexa a mesma cousa que ser creativo. 100 00:05:24,000 --> 00:05:25,000 O que sabemos é, 101 00:05:25,000 --> 00:05:28,000 que se non estás preparado para equivocarte, 102 00:05:28,000 --> 00:05:31,000 nunca proporás nada orixinal. 103 00:05:31,000 --> 00:05:34,000 Se non estás preparado para estar equivocado. E en canto chegan a ser adultos, 104 00:05:34,000 --> 00:05:36,000 a maior parte dos nenos perden esa capacidade. 105 00:05:36,000 --> 00:05:39,000 Pasaron a ter medo a equivocarse. 106 00:05:39,000 --> 00:05:41,000 E diriximos as empresas así, por certo. 107 00:05:41,000 --> 00:05:44,000 Estigmatizamos os erros. E temos agora 108 00:05:44,000 --> 00:05:47,000 sistemas nacionais de educación onde 109 00:05:47,000 --> 00:05:50,000 os erros son a peor cousa que se pode facer. 110 00:05:50,000 --> 00:05:53,000 E o resultado é que estamos a educar á xente para que perda 111 00:05:53,000 --> 00:05:56,000 as súas capacidades creativas. Picasso dixo isto unha vez. 112 00:05:56,000 --> 00:05:59,000 Dixo que todos os nenos nacen artistas. 113 00:05:59,000 --> 00:06:03,000 O problema é seguir sendo artista ao medrar. Creo nisto apaixoadamente, 114 00:06:03,000 --> 00:06:05,000 que non medramos na creatividade, 115 00:06:05,000 --> 00:06:08,000 medramos perdéndoa. Ou mellor dito, somos educados para perdela. 116 00:06:08,000 --> 00:06:10,000 E por que acontece isto? 117 00:06:10,000 --> 00:06:14,000 Vivín en Stratford-on-Avon ata fai cinco anos. 118 00:06:14,000 --> 00:06:16,000 De feito, mudámonos de Stratford a Los Ángeles. 119 00:06:16,000 --> 00:06:20,000 Así que vos podedes imaxinar que transición máis doada foi. 120 00:06:20,000 --> 00:06:22,000 (Sorrisos) De feito, 121 00:06:22,000 --> 00:06:24,000 vivimos nun lugar chamado Snitterfield, 122 00:06:24,000 --> 00:06:26,000 xusto ao sair de Stratford, que é onde 123 00:06:26,000 --> 00:06:31,000 o pai de Shakespeare naceu. Acábavos de invadir un novo pensamento? A min pasoume. 124 00:06:31,000 --> 00:06:33,000 Nunca se pensa que Shakespeare tivese un pai, verdade? 125 00:06:33,000 --> 00:06:35,000 Verdade? Porque nunca se pensa que 126 00:06:35,000 --> 00:06:37,000 Shakespeare fose un neno, verdade? 127 00:06:37,000 --> 00:06:40,000 Shakespeare con sete anos? Nunca pensei niso. Quero dicir, tivo 128 00:06:40,000 --> 00:06:42,000 sete anos nalgún momento. Estivo na 129 00:06:42,000 --> 00:06:51,000 clase de inglés dalquén, non? Como de molesto sería iso? 130 00:06:51,000 --> 00:07:05,000 (Sorrisos) "Precisa mellorar." Cando o seu pai o manda a durmir, por exemplo, 131 00:07:05,000 --> 00:07:08,000 a Shakespeare, "Vai á cama, agora," 132 00:07:08,000 --> 00:07:10,000 a William Shakespeare, "e deixa o lapiz apoiado. 133 00:07:10,000 --> 00:07:18,000 E deixa de falar así. Está confundindo a todo o mundo." 134 00:07:18,000 --> 00:07:23,000 (Sorrisos) 135 00:07:23,000 --> 00:07:26,000 En calquera caso, movímonos de Stratford a Los Ángeles 136 00:07:26,000 --> 00:07:30,000 e só quero dicir unhas palabras sobre a transición, de feito. 137 00:07:30,000 --> 00:07:33,000 O meu fillo non quería vir. 138 00:07:33,000 --> 00:07:36,000 Teño dous fillos. El ten 21 agora; a miña filla 16. 139 00:07:36,000 --> 00:07:38,000 El non quería vir a Los Ángeles. Encantáballe, 140 00:07:38,000 --> 00:07:43,000 pero tiña unha noiva en Inglaterra. O amor da súa vida, Sarah. 141 00:07:43,000 --> 00:07:45,000 Coñecíaa dende facía un mes. 142 00:07:45,000 --> 00:07:48,000 Tede en conta, que tiveran xa o seu cuarto aniversario, 143 00:07:48,000 --> 00:07:52,000 porque é moito tempo cando tes 16. 144 00:07:52,000 --> 00:07:54,000 En calquera caso, estaba moi enfadado no avión, 145 00:07:54,000 --> 00:07:56,000 e dixo, "Nunca atoparei outra rapaza como Sarah." 146 00:07:56,000 --> 00:07:58,000 E estábamos encantados con iso, francamente, 147 00:07:58,000 --> 00:08:10,000 porque ela era a principal razón pola que estabamos a deixar o país. 148 00:08:10,000 --> 00:08:13,000 (Sorrisos) 149 00:08:13,000 --> 00:08:16,000 Mais algo sorpréndeche cando te trasladas a América 150 00:08:16,000 --> 00:08:18,000 e cando viaxas polo mundo: 151 00:08:18,000 --> 00:08:22,000 Todo sistema educativo na terra ten a mesma xerarquía de contidos. 152 00:08:22,000 --> 00:08:24,000 Todos. Independentemente de a onde vaias. 153 00:08:24,000 --> 00:08:26,000 Un pensaría que sería diferente, pero non o é. 154 00:08:26,000 --> 00:08:29,000 No cumio están as matemáticas e as linguas, 155 00:08:29,000 --> 00:08:31,000 despois veñen as humanidades, e abaixo de todo as artes. 156 00:08:31,000 --> 00:08:33,000 En calquera lugar da terra. 157 00:08:33,000 --> 00:08:36,000 E en case calquera sistema tamén, 158 00:08:36,000 --> 00:08:38,000 existe unha xerarquía dentro das artes. 159 00:08:38,000 --> 00:08:40,000 Arte e música teñen normalmente un estatus superior nas escolas 160 00:08:40,000 --> 00:08:43,000 que drama ou baile. Non existe un sistema educativo no planeta 161 00:08:43,000 --> 00:08:45,000 que ensine baile todos os días aos nenos 162 00:08:45,000 --> 00:08:48,000 do xeito que o facemos cosas matemáticas. Por que? 163 00:08:48,000 --> 00:08:50,000 Porque non? Penso que é bastante importante. 164 00:08:50,000 --> 00:08:53,000 Penso que as matemáticas son moi importantes, pero tamén o é o baile. 165 00:08:53,000 --> 00:08:56,000 Os nenos bailan todo o tempo se se lles deixa, todos facémolo. 166 00:08:56,000 --> 00:08:59,000 Todos temos corpos, non? Perdínme unha reunión? 167 00:08:59,000 --> 00:09:03,000 (Sorrisos) Sinceramente, o que ocorre é, 168 00:09:03,000 --> 00:09:05,000 que cando os nenos medran, comezamos a educalos 169 00:09:05,000 --> 00:09:08,000 progresivamente da cintura para arriba. E entón enfocámonos nas súas cabezas. 170 00:09:08,000 --> 00:09:10,000 E un pouco cara a un lado. 171 00:09:10,000 --> 00:09:14,000 Se estivésedes visitando a educación, como un extraterrestre, 172 00:09:14,000 --> 00:09:17,000 e dixérades "Para que é, a educación pública?" 173 00:09:17,000 --> 00:09:19,000 Penso que teríades que concluir -- se mirades o resultado, 174 00:09:19,000 --> 00:09:21,000 a quen realmente triunfa nisto, 175 00:09:21,000 --> 00:09:23,000 quenes fan todo o que deberían, 176 00:09:23,000 --> 00:09:26,000 quenes levan todos os puntos, os que son os triunfadores -- 177 00:09:26,000 --> 00:09:29,000 penso que teríades que concluir que o propósito da educación pública 178 00:09:29,000 --> 00:09:30,000 en todo o mundo 179 00:09:30,000 --> 00:09:34,000 é producir profesores universitarios. Verdade? 180 00:09:34,000 --> 00:09:36,000 Son as persoas que chegan ao cumio. 181 00:09:37,000 --> 00:09:40,000 E eu soía ser un, nin máis nin menos. (Sorrisos) 182 00:09:40,000 --> 00:09:44,000 E gústanme os profesores universitarios, pero sabedes, 183 00:09:44,000 --> 00:09:48,000 non deberíamos consideralos a cota máis alta dos logros da humanidade. 184 00:09:48,000 --> 00:09:50,000 Son simplemente un xeito de vida, 185 00:09:50,000 --> 00:09:52,000 outro xeito de vida. Pero son bastante curiosos, 186 00:09:52,000 --> 00:09:54,000 e digo isto con afecto cara a eles. 187 00:09:54,000 --> 00:09:57,000 Hai algo curioso nos profesores, na miña experiencia -- 188 00:09:57,000 --> 00:10:00,000 non todos eles, mais típicamente -- viven nas súas cabezas. 189 00:10:00,000 --> 00:10:02,000 Viven aí enriba, e lixeiramente cara a un lado. 190 00:10:02,000 --> 00:10:06,000 Son incorpóreos, sabedes, dun xeito bastante literal. 191 00:10:06,000 --> 00:10:08,000 Consideran o seu corpo 192 00:10:08,000 --> 00:10:17,000 un medio de transporte para as súas cabezas, non credes? 193 00:10:17,000 --> 00:10:24,000 (Sorrisos) É un medio para levar ás súas cabezas a reunións. 194 00:10:24,000 --> 00:10:27,000 Se queredes proba real de experiencias extracorpóreas, 195 00:10:27,000 --> 00:10:30,000 por certo, ide a unha conferencia con aloxamento 196 00:10:30,000 --> 00:10:32,000 de académicos senior, 197 00:10:32,000 --> 00:10:35,000 e pasade pola discoteca na última noite. 198 00:10:35,000 --> 00:10:39,000 (Sorrisos) E alí o veredes -- homes e mulleres maduros 199 00:10:39,000 --> 00:10:43,000 retorcéndose incontrolábelmente, fora de ritmo, 200 00:10:43,000 --> 00:10:47,000 esperando a que remate para poder ir á casa e escreber un artigo sobre iso. 201 00:10:47,000 --> 00:10:53,000 O noso sistema educativo está baseado na idea da aptitude académica. 202 00:10:53,000 --> 00:10:56,000 E hai unha razón. 203 00:10:56,000 --> 00:10:58,000 Todo o sistema foi inventado -- en todo o mundo, non había 204 00:10:58,000 --> 00:11:00,000 sistemas de educación públicos, realmente, antes do século XIX. 205 00:11:00,000 --> 00:11:03,000 Todos nacen 206 00:11:03,000 --> 00:11:04,000 para satisfacer as necesidades do industrialismo. 207 00:11:04,000 --> 00:11:07,000 De xeito que a xerarquía está enraizada en dúas ideas. 208 00:11:07,000 --> 00:11:11,000 Primeiro, que as asignaturas máis útiles para o traballo 209 00:11:11,000 --> 00:11:13,000 están no cumio. Así que seguramente mantivéronvos alonxados benévolamente 210 00:11:13,000 --> 00:11:15,000 de cousas na escola cando erades nenos, cousas que vos gustaban, 211 00:11:15,000 --> 00:11:17,000 coa xustificación de que 212 00:11:17,000 --> 00:11:20,000 nunca teríades un traballo facendo iso. É así? 213 00:11:20,000 --> 00:11:22,000 Non fagas música, non vas ser un músico; 214 00:11:22,000 --> 00:11:24,000 non fagas arte, non vas ser un artista. 215 00:11:25,000 --> 00:11:29,000 Consello benigno -- mais profundamente equivocado. O mundo enteiro 216 00:11:29,000 --> 00:11:30,000 está sumido nunha revolución. 217 00:11:30,000 --> 00:11:33,000 E o segundo é a aptitude académica, que ten chegado a dominar 218 00:11:33,000 --> 00:11:34,000 a nosa visión da intelixencia, 219 00:11:34,000 --> 00:11:37,000 porque as universidades deseñaron o sistema á súa imaxe. 220 00:11:37,000 --> 00:11:39,000 Se o pensades, todo o sistema 221 00:11:39,000 --> 00:11:41,000 de educación pública en todo o mundo é un alongado proceso 222 00:11:41,000 --> 00:11:43,000 de entrada na universidade. 223 00:11:43,000 --> 00:11:46,000 E a consecuencia é que moitas persoas con talento, 224 00:11:46,000 --> 00:11:48,000 brillantes e creativas, pensan que non o son, 225 00:11:48,000 --> 00:11:50,000 porque a cousa na que destacaban na escola 226 00:11:50,000 --> 00:11:54,000 non se valoraba, ou estaba estigmatizada. 227 00:11:54,000 --> 00:11:56,000 E penso que non nos podemos permitir ir por ese camiño. 228 00:11:56,000 --> 00:11:58,000 Nos próximos 30 anos, según a UNESCO, 229 00:11:58,000 --> 00:12:01,000 vaise graduar máis xente no mundo 230 00:12:01,000 --> 00:12:03,000 no sistema educativo da que o fixo dende o comezo da historia. 231 00:12:03,000 --> 00:12:05,000 Máis xente, e é a combinación 232 00:12:05,000 --> 00:12:07,000 de todas as cousas das que falamos -- 233 00:12:07,000 --> 00:12:10,000 a tecnoloxía e o seu efecto transformador no traballo, e a demografía 234 00:12:10,000 --> 00:12:12,000 e a enorme explosión da poboación. 235 00:12:12,000 --> 00:12:15,000 De súpeto, os títulos non serven para nada. Non é certo? 236 00:12:15,000 --> 00:12:19,000 Cando era un estudante, se tiñas un título, tiñas un traballo. 237 00:12:19,000 --> 00:12:22,000 Se non tiñas un traballo era porque non o querías. 238 00:12:22,000 --> 00:12:25,000 E eu, non o quería, francamente. (Sorrisos) 239 00:12:25,000 --> 00:12:30,000 Mais agora os rapaces con títulos moitas veces 240 00:12:30,000 --> 00:12:31,000 vanse á casa para seguir a xogar cos videoxogos, 241 00:12:31,000 --> 00:12:34,000 porque precisas unha licenciatura onde o traballo anterior precisaba unha diplomatura, 242 00:12:34,000 --> 00:12:37,000 e agora precisas un doutoramento para o outro. 243 00:12:37,000 --> 00:12:39,000 É un proceso de inflación académica. 244 00:12:39,000 --> 00:12:41,000 E indica que toda a estructura educativa 245 00:12:41,000 --> 00:12:43,000 está mudando diante do noso nariz. Temos que repensar radicalmente 246 00:12:43,000 --> 00:12:44,000 a nosa visión da inteligencia. 247 00:12:44,000 --> 00:12:46,000 Sabemos tres cousas sobre a intelixencia. 248 00:12:46,000 --> 00:12:49,000 Unha, que é diversa. Pensamos sobre o mundo de todos os xeitos 249 00:12:49,000 --> 00:12:51,000 en que o experimentamos. Pensamos visualmente, 250 00:12:51,000 --> 00:12:54,000 pensamos en sóns, pensamos kinestésicamente. 251 00:12:54,000 --> 00:12:57,000 Pensamos en termos abstractos, pensamos en movemento. 252 00:12:57,000 --> 00:12:59,000 Segunda, que a intelixencia é dinámica. 253 00:12:59,000 --> 00:13:02,000 Se miramos as interacións do cerebro humano, tal e como escoitamos 254 00:13:02,000 --> 00:13:05,000 onte en varias presentacións, 255 00:13:05,000 --> 00:13:07,000 a intelixencia é marabillosamente interactiva. 256 00:13:07,000 --> 00:13:10,000 O cerebro non está dividido en compartimentos. 257 00:13:10,000 --> 00:13:13,000 De feito, a creatividade -- que eu defino como o proceso 258 00:13:13,000 --> 00:13:15,000 de ter ideas orixinais que teñen valor -- 259 00:13:15,000 --> 00:13:18,000 a maior parte do tempo maniféstase pola interacción 260 00:13:18,000 --> 00:13:21,000 de diferentes xeitos disciplinarios de ver as cousas. 261 00:13:21,000 --> 00:13:23,000 O cerebro é intencionadamente -- por certo, 262 00:13:23,000 --> 00:13:26,000 hai un conxunto de nervios que unen as dúas metades do cerebro 263 00:13:26,000 --> 00:13:28,000 chamados corpus callosum. É máis groso nas mulleres. 264 00:13:28,000 --> 00:13:30,000 Continuando o que dixo Helen onte, penso 265 00:13:30,000 --> 00:13:34,000 que isto é probablemente polo que as mulleres son mellores na multi-tarefa. 266 00:13:34,000 --> 00:13:36,000 Porque o sodes, non? 267 00:13:36,000 --> 00:13:39,000 Hai unha morea de investigación, pero eu seino pola miña vida persoal. 268 00:13:39,000 --> 00:13:41,000 Se a miña muller está cociñando na casa -- 269 00:13:41,000 --> 00:13:45,000 que non é moi de cotío, por sorte. (Sorrisos) 270 00:13:45,000 --> 00:13:48,000 Pero xa sabedes, ela está facendo -- non, ela é boa nalgunhas cousas -- 271 00:13:48,000 --> 00:13:50,000 pero se está cociñando, sabedes, 272 00:13:50,000 --> 00:13:52,000 está tratanco con xente no teléfono, 273 00:13:52,000 --> 00:13:55,000 está falándolles aos nenos, está pintando o teito, 274 00:13:55,000 --> 00:13:58,000 está facendo ciruxía a corazón aberto aquí. 275 00:13:58,000 --> 00:14:01,000 Se eu estou a cociñar, a porta está pechada, os nenos están fora, 276 00:14:01,000 --> 00:14:04,000 o teléfono está colgado, se ela ven eu enfádome. 277 00:14:04,000 --> 00:14:17,000 Digo, "Terry, por favor, estou tentando fritir un ovo aquí. Dame un respiro." (Sorrisos) 278 00:14:17,000 --> 00:14:19,000 De feito, sabedes esa cousa filosófica, 279 00:14:19,000 --> 00:14:22,000 de que se unha árbore cae no bosque e ninguén a escoita, 280 00:14:22,000 --> 00:14:25,000 pasou? Lembrades ese vella historia? 281 00:14:25,000 --> 00:14:28,000 Vin unha camiseta estupenda recentemente que dicía, "Se un home di o que pensa 282 00:14:28,000 --> 00:14:31,000 nun bosque, e ningunha muller o escoita, 283 00:14:31,000 --> 00:14:40,000 está igualmente equivocado?" (Sorrisos) 284 00:14:40,000 --> 00:14:42,000 E a terceira cousa sobre a intelixencia é, 285 00:14:43,000 --> 00:14:45,000 é única. Estou a escreber un novo libro agora 286 00:14:45,000 --> 00:14:47,000 chamado "Epifanía," que está baseado nunha serie de 287 00:14:47,000 --> 00:14:49,000 entrevistas con xente sobre como descubriron 288 00:14:49,000 --> 00:14:51,000 o seu talento. Estou fascinado por como a xente chegou aí. 289 00:14:51,000 --> 00:14:54,000 Está realmente provocado por unha conversa que tiven 290 00:14:54,000 --> 00:14:56,000 cunha muller marabillosa da que se cadra a maioría da xente 291 00:14:56,000 --> 00:14:58,000 nunca escoitou falar, chamada Gillian Lynne, 292 00:14:58,000 --> 00:15:00,000 escoitáchedes falar dela? Algúns si. É coreógrafa 293 00:15:00,000 --> 00:15:02,000 e todo o mundo coñece o seu traballo. 294 00:15:02,000 --> 00:15:04,000 Fixo "Cats," e "A pantasma da ópera." 295 00:15:04,000 --> 00:15:08,000 É marabillosa. Eu soía estar no consello do Royal Ballet, en Inglaterra, 296 00:15:08,000 --> 00:15:10,000 como podedes ver. 297 00:15:10,000 --> 00:15:12,000 De calquera xeito, Gillian e eu almorzamos un día e dixen, 298 00:15:12,000 --> 00:15:14,000 "Gillian, como chegaches a ser unha bailarina?" E ela dixo 299 00:15:14,000 --> 00:15:16,000 que era interesante, que cando estaba na escola, 300 00:15:16,000 --> 00:15:19,000 estaba desesperada. E a escola, nos anos 30, 301 00:15:19,000 --> 00:15:21,000 escrebeu aos seus pais dicindo, "Pensamos 302 00:15:21,000 --> 00:15:23,000 que Gillian ten trastornos de aprendizaxe." Non se podía concentrar, 303 00:15:23,000 --> 00:15:25,000 estaba inqueda. Penso que agora dirían 304 00:15:25,000 --> 00:15:29,000 que ela tiña déficit de atención (ADHD). Non credes? Pero eran os anos 30, 305 00:15:29,000 --> 00:15:32,000 e o ADHD non se inventara ainda. 306 00:15:32,000 --> 00:15:35,000 Non era unha enfermidade disponíbel. (Sorrisos) 307 00:15:35,000 --> 00:15:39,000 A xente non sabía que podían ter iso. 308 00:15:39,000 --> 00:15:43,000 De calquera xeito, ela foi ver este especialista. Entón, un cuarto revestido de carballo, 309 00:15:43,000 --> 00:15:46,000 e ela estaba aló coa súa nai, 310 00:15:46,000 --> 00:15:49,000 guiárona para que se sentara nunha cadeira ao final, 311 00:15:49,000 --> 00:15:51,000 e sentouse sobre as súas máns durante 20 minutos mentres 312 00:15:51,000 --> 00:15:53,000 este home falaba coa súa nai sobre todos 313 00:15:53,000 --> 00:15:57,000 os problemas que Gillian estaba a ter na escola. E ao final de todo -- 314 00:15:57,000 --> 00:15:59,000 porque ela estaba a molestar á xente, 315 00:15:59,000 --> 00:16:01,000 os seus deberes sempre os facía tarde, etcétera, 316 00:16:01,000 --> 00:16:04,000 pequena de 8 anos -- e ao final, o doctor foi e sentouse 317 00:16:04,000 --> 00:16:06,000 ao lado de Gillian e dixo, "Gillian, 318 00:16:06,000 --> 00:16:08,000 escoitei todas estas cousas que a túa nai 319 00:16:08,000 --> 00:16:10,000 me contou, e preciso falar con ela en privado." 320 00:16:10,000 --> 00:16:13,000 Dixo, "Espera aquí, voltaremos, non tardaremos moito." 321 00:16:13,000 --> 00:16:15,000 e fóronse e deixárona. 322 00:16:15,000 --> 00:16:17,000 Pero ao sair do cuarto, encendeu a radio 323 00:16:17,000 --> 00:16:19,000 que estaba apoiada na súa mesa. E candosairon 324 00:16:19,000 --> 00:16:21,000 do cuarto, díxolle á súa nai, 325 00:16:21,000 --> 00:16:24,000 "Simplemente queda de pé e míraa." E ao minuto de que eles sairan, 326 00:16:24,000 --> 00:16:28,000 dixo, ela estaba de pé, movéndose coa música. 327 00:16:28,000 --> 00:16:30,000 E miraron por uns minutos 328 00:16:30,000 --> 00:16:33,000 e el xirou cara á súa nai e dixo, 329 00:16:33,000 --> 00:16:37,000 "Señora Lynne, Gillian non está enferma, é unha bailarina. 330 00:16:37,000 --> 00:16:39,000 Lévea a unha escola de baile." 331 00:16:39,000 --> 00:16:41,000 E eu dixen, "E que aconteceu?" 332 00:16:41,000 --> 00:16:44,000 E ela dixo, "Fíxoo. E non che podo dicir o marabilloso que era. 333 00:16:44,000 --> 00:16:46,000 Entramos naquel cuarto e estaba cheo de 334 00:16:46,000 --> 00:16:49,000 xente coma min. Persoas que non podían quedarse quedas. 335 00:16:49,000 --> 00:16:52,000 Persoas que se tiñan que mover para pensar." Que tiñan que moverse para pensar. 336 00:16:52,000 --> 00:16:54,000 Fixeron ballet, fixeron claqué, fixeron jazz, 337 00:16:54,000 --> 00:16:56,000 fixeron baile moderno, fixeron contemporáneo. 338 00:16:56,000 --> 00:16:59,000 Ela probou finalmente para a Royal Ballet School, 339 00:16:59,000 --> 00:17:01,000 convertiuse nunha solista, tivo unha carreira marabillosa 340 00:17:01,000 --> 00:17:03,000 no Royal Ballet. Finalmente licenciouse 341 00:17:03,000 --> 00:17:05,000 da Royal Ballet School, 342 00:17:05,000 --> 00:17:08,000 formou a súa propia compañía -- a Gillian Lynne Dance Company -- 343 00:17:08,000 --> 00:17:11,000 coñeceu a Andrew Lloyd Weber. E é responsable de 344 00:17:11,000 --> 00:17:13,000 algunha das produccións de teatro musical 345 00:17:13,000 --> 00:17:18,000 máis exitosas da historia, deu placer a millóns, 346 00:17:18,000 --> 00:17:21,000 e é multimillonaria. Outro 347 00:17:21,000 --> 00:17:25,000 teríaa medicado e teríalle dito 348 00:17:25,000 --> 00:17:27,000 que se calmase. 349 00:17:27,000 --> 00:17:30,000 Agora ben, eu penso... (Aplausos) O que se pode concluir é isto: 350 00:17:30,000 --> 00:17:32,000 Al Gore falou a outra noite 351 00:17:32,000 --> 00:17:35,000 sobre ecoloxía, e a revolución que fora iniciada por Rachel Carson. 352 00:17:35,000 --> 00:17:39,000 Penso que a nosa única esperanza para o futuro 353 00:17:39,000 --> 00:17:42,000 é adoptar unha nova concepción de ecoloxía humana, 354 00:17:42,000 --> 00:17:46,000 unha na que podamos comezar a reconstituir a nosa concepción 355 00:17:46,000 --> 00:17:48,000 da riqueza da capacidade humana. 356 00:17:48,000 --> 00:17:52,000 O noso sistema educativo explotou as nosas mentes do xeito 357 00:17:52,000 --> 00:17:54,000 no que nós explotamos a terra: na busca dun producto concreto. 358 00:17:54,000 --> 00:17:57,000 E para o futuro, non nos servirá. 359 00:17:57,000 --> 00:18:00,000 Temos que repensar os principios fundamentais 360 00:18:00,000 --> 00:18:02,000 nos que estamos a educar aos nosos nenos. Había 361 00:18:02,000 --> 00:18:06,000 unha marabillosa cita de Jonas Salk, que dixo, "Se todos os insectos 362 00:18:06,000 --> 00:18:09,000 desapareceran da terra, 363 00:18:09,000 --> 00:18:12,000 en 50 anos a vida na Terra desaparecería. 364 00:18:12,000 --> 00:18:15,000 Se todos os seres humanos desapareceran da terra, 365 00:18:15,000 --> 00:18:19,000 en 50 anos todo tipo de formas de vida florecerían. 366 00:18:19,000 --> 00:18:21,000 E ten razón. 367 00:18:21,000 --> 00:18:24,000 O que TED celebra é o don da imaxinación humana. 368 00:18:24,000 --> 00:18:28,000 Temos que ter coidado agora de usar ese don 369 00:18:28,000 --> 00:18:31,000 con sabiduría, e de impedir algúns escenarios 370 00:18:31,000 --> 00:18:34,000 escenarios dos que falamos. E o único xeito 371 00:18:35,000 --> 00:18:38,000 de facer isto é ver as nosas capacidades creativas 372 00:18:38,000 --> 00:18:40,000 polo ricas que son, e ver 373 00:18:40,000 --> 00:18:43,000 aos nosos fillos pola esperanza que representan. E a nosa tarefa 374 00:18:43,000 --> 00:18:46,000 é educar o seu completo ser, para que podan afrontar este futuro. 375 00:18:46,000 --> 00:18:49,000 Por certo -- se cadra nós non veremos este futuro, 376 00:18:49,000 --> 00:18:52,000 pero eles verano. E o noso traballo é axudarlles 377 00:18:52,000 --> 00:18:54,000 a obter proveito del. Moitas grazas.