0:00:00.000,0:00:07.000 Bo día. Como estades? Está sendo estupendo, verdade? 0:00:07.000,0:00:11.000 Impresionoume moitísimo todo isto. 0:00:11.000,0:00:15.000 De feito, vou marchar. (Sorrisos) 0:00:15.000,0:00:19.000 Houbo tres temas, verdade? 0:00:19.000,0:00:23.000 repetíndose ao longo da conferencia, que son relevantes 0:00:23.000,0:00:25.000 para o que que quero dicir. 0:00:25.000,0:00:29.000 Un é a proba extraordinaria da creatividade humana 0:00:29.000,0:00:32.000 en todas as presentacións que tivemos 0:00:32.000,0:00:35.000 e en toda a xente que está aquí. Simplemente a variedade 0:00:35.000,0:00:38.000 e a amplitude da mesma. O segundo é que 0:00:38.000,0:00:41.000 isto nos sitúa nun lugar no que non temos a menor idea do que vai acontecer, 0:00:41.000,0:00:43.000 en termos do futuro. Nin idea 0:00:43.000,0:00:45.000 sobre como isto vai evoluir. 0:00:45.000,0:00:48.000 A min interésame a educación -- 0:00:48.000,0:00:51.000 de feito, o que noto é que todo o mundo está interesado na educación. 0:00:51.000,0:00:53.000 Non credes? Penso que isto é moi interesante. 0:00:53.000,0:00:56.000 Se estás nunha cea dunha festa, e dis 0:00:56.000,0:00:59.000 que traballas na educación -- 0:00:59.000,0:01:06.000 realmente, non estás moito en festas, francamente, se traballas na educación. 0:01:06.000,0:01:09.000 (Sorrisos) Non vos convidan. 0:01:09.000,0:01:14.000 E nunca voltades a ser convidados, curiosamente. Non o entendo. 0:01:14.000,0:01:16.000 Mais se estivérades e lle dixérades a alguén, 0:01:16.000,0:01:18.000 é dicir, eles preguntan, "A que te adicas?" 0:01:18.000,0:01:20.000 e respondes que traballas na educación, 0:01:20.000,0:01:24.000 podes ver o sangue escapar da súa cara. Están pensando: 0:01:24.000,0:01:30.000 "Meu deus,", xa sabedes, "Por que eu? A única noite que saio en toda a semana." (Sorrisos) 0:01:30.000,0:01:32.000 Mais se preguntas sobre a súa educación, 0:01:32.000,0:01:34.000 arrincónanche contra a parede. Porque é unha desas cousas 0:01:34.000,0:01:37.000 que a xente leva no máis fondo, estou no certo? 0:01:37.000,0:01:40.000 Como a relixión, o diñeiro e outras cousas. 0:01:40.000,0:01:44.000 Teño moito interese na educación, e penso que todos o temos. 0:01:44.000,0:01:46.000 Temos un enorme interese persoal nela, 0:01:46.000,0:01:49.000 en parte porque é a educación o que se supón que 0:01:49.000,0:01:52.000 nos levará nese futuro que non podemos comprender. 0:01:52.000,0:01:55.000 Se o pensades, os nenos que comezan a escola este ano 0:01:55.000,0:02:01.000 retiraranse no 2065. Ninguén ten nin idea - 0:02:01.000,0:02:04.000 a pesar de todo o coñecemento que leva desfilado nos últimos catro días - 0:02:04.000,0:02:06.000 de como vai ser o mundo 0:02:06.000,0:02:08.000 dentro de cinco anos. E a pesar diso suponse 0:02:08.000,0:02:11.000 que estamos educándoos para iso. Así que o impredecíbel, penso, 0:02:11.000,0:02:13.000 é extraordinario. 0:02:13.000,0:02:15.000 E a terceira parte disto é que 0:02:15.000,0:02:20.000 todos estivemos dacordo, a pesar de todo, sobre 0:02:20.000,0:02:23.000 as capacidades realmente extraordinarias que teñen os nenos - 0:02:23.000,0:02:25.000 as súas capacidades para a innovación. Quero dicir, Sirena a pasada noite foi unha marabilla, 0:02:25.000,0:02:28.000 non si? Simplemente ver o que ela pode facer. 0:02:28.000,0:02:33.000 E ela é excepcional, pero eu penso que non o é, por dicilo dalgún xeito, 0:02:33.000,0:02:36.000 non é excepcional entre todos os nenos. 0:02:36.000,0:02:39.000 O que tedes aí é unha persoa de dedicación extraordinaria 0:02:39.000,0:02:41.000 que atopou un talento. E a miña teoría é, 0:02:41.000,0:02:43.000 que todos os nenos teñen talentos fantásticos. 0:02:43.000,0:02:45.000 E dilapidámolos, sen piedade. 0:02:45.000,0:02:48.000 Así que quero falar sobre educación e 0:02:48.000,0:02:51.000 quero falar sobre creatividade. A miña teoría é que 0:02:51.000,0:02:54.000 a creatividade é tan importante na educación como a alfabetización, 0:02:54.000,0:02:58.000 e deberíamos darlle o mesmo status. 0:02:58.000,0:03:06.000 (Aplausos) Grazas. Iso era todo, por certo. 0:03:06.000,0:03:10.000 Moitas grazas. (Sorrisos) Ben, quedan 15 minutos. 0:03:10.000,0:03:17.000 Ben, eu nacín... non. (Sorrisos) 0:03:17.000,0:03:21.000 Escoitei unha gran historia recentemente -- encántame contala -- 0:03:21.000,0:03:25.000 dunha nena pequena que estaba nunha lección de debuxo. Tiña seis anos 0:03:25.000,0:03:27.000 e estaba ao fondo, debuxando, 0:03:27.000,0:03:29.000 e a mestra díxo que esta neniña case nunca 0:03:29.000,0:03:33.000 atendía, e nesta clase de debuxo fíxoo. 0:03:33.000,0:03:35.000 A mestra estaba fascinada e achegouse a ela 0:03:35.000,0:03:38.000 e dixo, "Que estás a debuxar?" 0:03:38.000,0:03:41.000 E a nena dixo, "Estou debuxando unha imaxe de Deus." 0:03:41.000,0:03:44.000 E a mestra dixo, "Pero ninguén sabe como é Deus." 0:03:44.000,0:03:51.000 E a nena dixo, "Saberán nun minuto." 0:03:51.000,0:03:52.000 (Sorrisos) 0:03:52.000,0:03:57.000 Cando o meu fillo tiña catro anos en Inglaterra -- 0:03:57.000,0:04:00.000 de feito tiña catro en todas partes, a verdade. (Sorrisos) 0:04:00.000,0:04:06.000 Se somos estrictos sobre o tema, onde queira que fomos, tiña catro aquel ano. 0:04:06.000,0:04:08.000 Estaba na representación da Natividade. 0:04:08.000,0:04:11.000 Lembrades a historia? Non, foi famosa. 0:04:11.000,0:04:14.000 Foi unha historia famosa. Mel Gibson fixo a secuela. 0:04:14.000,0:04:19.000 Quizais a vísedes: "Natividade II". Pero a James tocoulle a parte de Xosé, 0:04:19.000,0:04:22.000 polo que estábamos encantados. 0:04:22.000,0:04:24.000 Consideramos que era un dos papeis principais. 0:04:24.000,0:04:26.000 Tíñamos todo o lugar cheo de axentes con camisetas: 0:04:26.000,0:04:29.000 "James Robinson É Xosé!" (Sorrisos) 0:04:29.000,0:04:31.000 El non tivo que falar, pero sabedes o momento 0:04:31.000,0:04:34.000 no que os tres reis magos chegan. Chegan cos agasallos, 0:04:34.000,0:04:36.000 traen ouro, incenso e mirra. 0:04:36.000,0:04:38.000 Isto aconteceu realmente. Estabamos sentados aló 0:04:38.000,0:04:40.000 e penso que se enganaron, 0:04:40.000,0:04:42.000 porque falamos co neniño despois e dixemos, 0:04:42.000,0:04:44.000 "Está todo correcto?" E dixo, "Si, por que? Que estivo mal?" 0:04:44.000,0:04:46.000 Simplemente confundíranse, iso foi todo. 0:04:46.000,0:04:47.000 De calquera xeito, os nenos entraron -- 0:04:47.000,0:04:49.000 nenos de catro anos con panos de cociña nas súas cabezas -- 0:04:49.000,0:04:52.000 e pousaron as caixas no chan, 0:04:52.000,0:04:54.000 e o primeiro neno dixo, "Traio ouro." 0:04:54.000,0:04:57.000 E o segundo neno dixo, "Traio mirra." 0:04:57.000,0:05:11.000 E o terceiro neno dixo, "Frank manda isto." (Sorrisos) (en inglés rima con incenso) 0:05:11.000,0:05:13.000 O que estas cousas teñen en común é que os nenos van probar sorte. 0:05:13.000,0:05:16.000 Se non saben, tentarano igual. 0:05:16.000,0:05:19.000 Non estou no certo? Non teñen medo de estar equivocados. 0:05:19.000,0:05:24.000 Agora ben, non estou a dicir que estar equivocado sexa a mesma cousa que ser creativo. 0:05:24.000,0:05:25.000 O que sabemos é, 0:05:25.000,0:05:28.000 que se non estás preparado para equivocarte, 0:05:28.000,0:05:31.000 nunca proporás nada orixinal. 0:05:31.000,0:05:34.000 Se non estás preparado para estar equivocado. E en canto chegan a ser adultos, 0:05:34.000,0:05:36.000 a maior parte dos nenos perden esa capacidade. 0:05:36.000,0:05:39.000 Pasaron a ter medo a equivocarse. 0:05:39.000,0:05:41.000 E diriximos as empresas así, por certo. 0:05:41.000,0:05:44.000 Estigmatizamos os erros. E temos agora 0:05:44.000,0:05:47.000 sistemas nacionais de educación onde 0:05:47.000,0:05:50.000 os erros son a peor cousa que se pode facer. 0:05:50.000,0:05:53.000 E o resultado é que estamos a educar á xente para que perda 0:05:53.000,0:05:56.000 as súas capacidades creativas. Picasso dixo isto unha vez. 0:05:56.000,0:05:59.000 Dixo que todos os nenos nacen artistas. 0:05:59.000,0:06:03.000 O problema é seguir sendo artista ao medrar. Creo nisto apaixoadamente, 0:06:03.000,0:06:05.000 que non medramos na creatividade, 0:06:05.000,0:06:08.000 medramos perdéndoa. Ou mellor dito, somos educados para perdela. 0:06:08.000,0:06:10.000 E por que acontece isto? 0:06:10.000,0:06:14.000 Vivín en Stratford-on-Avon ata fai cinco anos. 0:06:14.000,0:06:16.000 De feito, mudámonos de Stratford a Los Ángeles. 0:06:16.000,0:06:20.000 Así que vos podedes imaxinar que transición máis doada foi. 0:06:20.000,0:06:22.000 (Sorrisos) De feito, 0:06:22.000,0:06:24.000 vivimos nun lugar chamado Snitterfield, 0:06:24.000,0:06:26.000 xusto ao sair de Stratford, que é onde 0:06:26.000,0:06:31.000 o pai de Shakespeare naceu. Acábavos de invadir un novo pensamento? A min pasoume. 0:06:31.000,0:06:33.000 Nunca se pensa que Shakespeare tivese un pai, verdade? 0:06:33.000,0:06:35.000 Verdade? Porque nunca se pensa que 0:06:35.000,0:06:37.000 Shakespeare fose un neno, verdade? 0:06:37.000,0:06:40.000 Shakespeare con sete anos? Nunca pensei niso. Quero dicir, tivo 0:06:40.000,0:06:42.000 sete anos nalgún momento. Estivo na 0:06:42.000,0:06:51.000 clase de inglés dalquén, non? Como de molesto sería iso? 0:06:51.000,0:07:05.000 (Sorrisos) "Precisa mellorar." Cando o seu pai o manda a durmir, por exemplo, 0:07:05.000,0:07:08.000 a Shakespeare, "Vai á cama, agora," 0:07:08.000,0:07:10.000 a William Shakespeare, "e deixa o lapiz apoiado. 0:07:10.000,0:07:18.000 E deixa de falar así. Está confundindo a todo o mundo." 0:07:18.000,0:07:23.000 (Sorrisos) 0:07:23.000,0:07:26.000 En calquera caso, movímonos de Stratford a Los Ángeles 0:07:26.000,0:07:30.000 e só quero dicir unhas palabras sobre a transición, de feito. 0:07:30.000,0:07:33.000 O meu fillo non quería vir. 0:07:33.000,0:07:36.000 Teño dous fillos. El ten 21 agora; a miña filla 16. 0:07:36.000,0:07:38.000 El non quería vir a Los Ángeles. Encantáballe, 0:07:38.000,0:07:43.000 pero tiña unha noiva en Inglaterra. O amor da súa vida, Sarah. 0:07:43.000,0:07:45.000 Coñecíaa dende facía un mes. 0:07:45.000,0:07:48.000 Tede en conta, que tiveran xa o seu cuarto aniversario, 0:07:48.000,0:07:52.000 porque é moito tempo cando tes 16. 0:07:52.000,0:07:54.000 En calquera caso, estaba moi enfadado no avión, 0:07:54.000,0:07:56.000 e dixo, "Nunca atoparei outra rapaza como Sarah." 0:07:56.000,0:07:58.000 E estábamos encantados con iso, francamente, 0:07:58.000,0:08:10.000 porque ela era a principal razón pola que estabamos a deixar o país. 0:08:10.000,0:08:13.000 (Sorrisos) 0:08:13.000,0:08:16.000 Mais algo sorpréndeche cando te trasladas a América 0:08:16.000,0:08:18.000 e cando viaxas polo mundo: 0:08:18.000,0:08:22.000 Todo sistema educativo na terra ten a mesma xerarquía de contidos. 0:08:22.000,0:08:24.000 Todos. Independentemente de a onde vaias. 0:08:24.000,0:08:26.000 Un pensaría que sería diferente, pero non o é. 0:08:26.000,0:08:29.000 No cumio están as matemáticas e as linguas, 0:08:29.000,0:08:31.000 despois veñen as humanidades, e abaixo de todo as artes. 0:08:31.000,0:08:33.000 En calquera lugar da terra. 0:08:33.000,0:08:36.000 E en case calquera sistema tamén, 0:08:36.000,0:08:38.000 existe unha xerarquía dentro das artes. 0:08:38.000,0:08:40.000 Arte e música teñen normalmente un estatus superior nas escolas 0:08:40.000,0:08:43.000 que drama ou baile. Non existe un sistema educativo no planeta 0:08:43.000,0:08:45.000 que ensine baile todos os días aos nenos 0:08:45.000,0:08:48.000 do xeito que o facemos cosas matemáticas. Por que? 0:08:48.000,0:08:50.000 Porque non? Penso que é bastante importante. 0:08:50.000,0:08:53.000 Penso que as matemáticas son moi importantes, pero tamén o é o baile. 0:08:53.000,0:08:56.000 Os nenos bailan todo o tempo se se lles deixa, todos facémolo. 0:08:56.000,0:08:59.000 Todos temos corpos, non? Perdínme unha reunión? 0:08:59.000,0:09:03.000 (Sorrisos) Sinceramente, o que ocorre é, 0:09:03.000,0:09:05.000 que cando os nenos medran, comezamos a educalos 0:09:05.000,0:09:08.000 progresivamente da cintura para arriba. E entón enfocámonos nas súas cabezas. 0:09:08.000,0:09:10.000 E un pouco cara a un lado. 0:09:10.000,0:09:14.000 Se estivésedes visitando a educación, como un extraterrestre, 0:09:14.000,0:09:17.000 e dixérades "Para que é, a educación pública?" 0:09:17.000,0:09:19.000 Penso que teríades que concluir -- se mirades o resultado, 0:09:19.000,0:09:21.000 a quen realmente triunfa nisto, 0:09:21.000,0:09:23.000 quenes fan todo o que deberían, 0:09:23.000,0:09:26.000 quenes levan todos os puntos, os que son os triunfadores -- 0:09:26.000,0:09:29.000 penso que teríades que concluir que o propósito da educación pública 0:09:29.000,0:09:30.000 en todo o mundo 0:09:30.000,0:09:34.000 é producir profesores universitarios. Verdade? 0:09:34.000,0:09:36.000 Son as persoas que chegan ao cumio. 0:09:37.000,0:09:40.000 E eu soía ser un, nin máis nin menos. (Sorrisos) 0:09:40.000,0:09:44.000 E gústanme os profesores universitarios, pero sabedes, 0:09:44.000,0:09:48.000 non deberíamos consideralos a cota máis alta dos logros da humanidade. 0:09:48.000,0:09:50.000 Son simplemente un xeito de vida, 0:09:50.000,0:09:52.000 outro xeito de vida. Pero son bastante curiosos, 0:09:52.000,0:09:54.000 e digo isto con afecto cara a eles. 0:09:54.000,0:09:57.000 Hai algo curioso nos profesores, na miña experiencia -- 0:09:57.000,0:10:00.000 non todos eles, mais típicamente -- viven nas súas cabezas. 0:10:00.000,0:10:02.000 Viven aí enriba, e lixeiramente cara a un lado. 0:10:02.000,0:10:06.000 Son incorpóreos, sabedes, dun xeito bastante literal. 0:10:06.000,0:10:08.000 Consideran o seu corpo 0:10:08.000,0:10:17.000 un medio de transporte para as súas cabezas, non credes? 0:10:17.000,0:10:24.000 (Sorrisos) É un medio para levar ás súas cabezas a reunións. 0:10:24.000,0:10:27.000 Se queredes proba real de experiencias extracorpóreas, 0:10:27.000,0:10:30.000 por certo, ide a unha conferencia con aloxamento 0:10:30.000,0:10:32.000 de académicos senior, 0:10:32.000,0:10:35.000 e pasade pola discoteca na última noite. 0:10:35.000,0:10:39.000 (Sorrisos) E alí o veredes -- homes e mulleres maduros 0:10:39.000,0:10:43.000 retorcéndose incontrolábelmente, fora de ritmo, 0:10:43.000,0:10:47.000 esperando a que remate para poder ir á casa e escreber un artigo sobre iso. 0:10:47.000,0:10:53.000 O noso sistema educativo está baseado na idea da aptitude académica. 0:10:53.000,0:10:56.000 E hai unha razón. 0:10:56.000,0:10:58.000 Todo o sistema foi inventado -- en todo o mundo, non había 0:10:58.000,0:11:00.000 sistemas de educación públicos, realmente, antes do século XIX. 0:11:00.000,0:11:03.000 Todos nacen 0:11:03.000,0:11:04.000 para satisfacer as necesidades do industrialismo. 0:11:04.000,0:11:07.000 De xeito que a xerarquía está enraizada en dúas ideas. 0:11:07.000,0:11:11.000 Primeiro, que as asignaturas máis útiles para o traballo 0:11:11.000,0:11:13.000 están no cumio. Así que seguramente mantivéronvos alonxados benévolamente 0:11:13.000,0:11:15.000 de cousas na escola cando erades nenos, cousas que vos gustaban, 0:11:15.000,0:11:17.000 coa xustificación de que 0:11:17.000,0:11:20.000 nunca teríades un traballo facendo iso. É así? 0:11:20.000,0:11:22.000 Non fagas música, non vas ser un músico; 0:11:22.000,0:11:24.000 non fagas arte, non vas ser un artista. 0:11:25.000,0:11:29.000 Consello benigno -- mais profundamente equivocado. O mundo enteiro 0:11:29.000,0:11:30.000 está sumido nunha revolución. 0:11:30.000,0:11:33.000 E o segundo é a aptitude académica, que ten chegado a dominar 0:11:33.000,0:11:34.000 a nosa visión da intelixencia, 0:11:34.000,0:11:37.000 porque as universidades deseñaron o sistema á súa imaxe. 0:11:37.000,0:11:39.000 Se o pensades, todo o sistema 0:11:39.000,0:11:41.000 de educación pública en todo o mundo é un alongado proceso 0:11:41.000,0:11:43.000 de entrada na universidade. 0:11:43.000,0:11:46.000 E a consecuencia é que moitas persoas con talento, 0:11:46.000,0:11:48.000 brillantes e creativas, pensan que non o son, 0:11:48.000,0:11:50.000 porque a cousa na que destacaban na escola 0:11:50.000,0:11:54.000 non se valoraba, ou estaba estigmatizada. 0:11:54.000,0:11:56.000 E penso que non nos podemos permitir ir por ese camiño. 0:11:56.000,0:11:58.000 Nos próximos 30 anos, según a UNESCO, 0:11:58.000,0:12:01.000 vaise graduar máis xente no mundo 0:12:01.000,0:12:03.000 no sistema educativo da que o fixo dende o comezo da historia. 0:12:03.000,0:12:05.000 Máis xente, e é a combinación 0:12:05.000,0:12:07.000 de todas as cousas das que falamos -- 0:12:07.000,0:12:10.000 a tecnoloxía e o seu efecto transformador no traballo, e a demografía 0:12:10.000,0:12:12.000 e a enorme explosión da poboación. 0:12:12.000,0:12:15.000 De súpeto, os títulos non serven para nada. Non é certo? 0:12:15.000,0:12:19.000 Cando era un estudante, se tiñas un título, tiñas un traballo. 0:12:19.000,0:12:22.000 Se non tiñas un traballo era porque non o querías. 0:12:22.000,0:12:25.000 E eu, non o quería, francamente. (Sorrisos) 0:12:25.000,0:12:30.000 Mais agora os rapaces con títulos moitas veces 0:12:30.000,0:12:31.000 vanse á casa para seguir a xogar cos videoxogos, 0:12:31.000,0:12:34.000 porque precisas unha licenciatura onde o traballo anterior precisaba unha diplomatura, 0:12:34.000,0:12:37.000 e agora precisas un doutoramento para o outro. 0:12:37.000,0:12:39.000 É un proceso de inflación académica. 0:12:39.000,0:12:41.000 E indica que toda a estructura educativa 0:12:41.000,0:12:43.000 está mudando diante do noso nariz. Temos que repensar radicalmente 0:12:43.000,0:12:44.000 a nosa visión da inteligencia. 0:12:44.000,0:12:46.000 Sabemos tres cousas sobre a intelixencia. 0:12:46.000,0:12:49.000 Unha, que é diversa. Pensamos sobre o mundo de todos os xeitos 0:12:49.000,0:12:51.000 en que o experimentamos. Pensamos visualmente, 0:12:51.000,0:12:54.000 pensamos en sóns, pensamos kinestésicamente. 0:12:54.000,0:12:57.000 Pensamos en termos abstractos, pensamos en movemento. 0:12:57.000,0:12:59.000 Segunda, que a intelixencia é dinámica. 0:12:59.000,0:13:02.000 Se miramos as interacións do cerebro humano, tal e como escoitamos 0:13:02.000,0:13:05.000 onte en varias presentacións, 0:13:05.000,0:13:07.000 a intelixencia é marabillosamente interactiva. 0:13:07.000,0:13:10.000 O cerebro non está dividido en compartimentos. 0:13:10.000,0:13:13.000 De feito, a creatividade -- que eu defino como o proceso 0:13:13.000,0:13:15.000 de ter ideas orixinais que teñen valor -- 0:13:15.000,0:13:18.000 a maior parte do tempo maniféstase pola interacción 0:13:18.000,0:13:21.000 de diferentes xeitos disciplinarios de ver as cousas. 0:13:21.000,0:13:23.000 O cerebro é intencionadamente -- por certo, 0:13:23.000,0:13:26.000 hai un conxunto de nervios que unen as dúas metades do cerebro 0:13:26.000,0:13:28.000 chamados corpus callosum. É máis groso nas mulleres. 0:13:28.000,0:13:30.000 Continuando o que dixo Helen onte, penso 0:13:30.000,0:13:34.000 que isto é probablemente polo que as mulleres son mellores na multi-tarefa. 0:13:34.000,0:13:36.000 Porque o sodes, non? 0:13:36.000,0:13:39.000 Hai unha morea de investigación, pero eu seino pola miña vida persoal. 0:13:39.000,0:13:41.000 Se a miña muller está cociñando na casa -- 0:13:41.000,0:13:45.000 que non é moi de cotío, por sorte. (Sorrisos) 0:13:45.000,0:13:48.000 Pero xa sabedes, ela está facendo -- non, ela é boa nalgunhas cousas -- 0:13:48.000,0:13:50.000 pero se está cociñando, sabedes, 0:13:50.000,0:13:52.000 está tratanco con xente no teléfono, 0:13:52.000,0:13:55.000 está falándolles aos nenos, está pintando o teito, 0:13:55.000,0:13:58.000 está facendo ciruxía a corazón aberto aquí. 0:13:58.000,0:14:01.000 Se eu estou a cociñar, a porta está pechada, os nenos están fora, 0:14:01.000,0:14:04.000 o teléfono está colgado, se ela ven eu enfádome. 0:14:04.000,0:14:17.000 Digo, "Terry, por favor, estou tentando fritir un ovo aquí. Dame un respiro." (Sorrisos) 0:14:17.000,0:14:19.000 De feito, sabedes esa cousa filosófica, 0:14:19.000,0:14:22.000 de que se unha árbore cae no bosque e ninguén a escoita, 0:14:22.000,0:14:25.000 pasou? Lembrades ese vella historia? 0:14:25.000,0:14:28.000 Vin unha camiseta estupenda recentemente que dicía, "Se un home di o que pensa 0:14:28.000,0:14:31.000 nun bosque, e ningunha muller o escoita, 0:14:31.000,0:14:40.000 está igualmente equivocado?" (Sorrisos) 0:14:40.000,0:14:42.000 E a terceira cousa sobre a intelixencia é, 0:14:43.000,0:14:45.000 é única. Estou a escreber un novo libro agora 0:14:45.000,0:14:47.000 chamado "Epifanía," que está baseado nunha serie de 0:14:47.000,0:14:49.000 entrevistas con xente sobre como descubriron 0:14:49.000,0:14:51.000 o seu talento. Estou fascinado por como a xente chegou aí. 0:14:51.000,0:14:54.000 Está realmente provocado por unha conversa que tiven 0:14:54.000,0:14:56.000 cunha muller marabillosa da que se cadra a maioría da xente 0:14:56.000,0:14:58.000 nunca escoitou falar, chamada Gillian Lynne, 0:14:58.000,0:15:00.000 escoitáchedes falar dela? Algúns si. É coreógrafa 0:15:00.000,0:15:02.000 e todo o mundo coñece o seu traballo. 0:15:02.000,0:15:04.000 Fixo "Cats," e "A pantasma da ópera." 0:15:04.000,0:15:08.000 É marabillosa. Eu soía estar no consello do Royal Ballet, en Inglaterra, 0:15:08.000,0:15:10.000 como podedes ver. 0:15:10.000,0:15:12.000 De calquera xeito, Gillian e eu almorzamos un día e dixen, 0:15:12.000,0:15:14.000 "Gillian, como chegaches a ser unha bailarina?" E ela dixo 0:15:14.000,0:15:16.000 que era interesante, que cando estaba na escola, 0:15:16.000,0:15:19.000 estaba desesperada. E a escola, nos anos 30, 0:15:19.000,0:15:21.000 escrebeu aos seus pais dicindo, "Pensamos 0:15:21.000,0:15:23.000 que Gillian ten trastornos de aprendizaxe." Non se podía concentrar, 0:15:23.000,0:15:25.000 estaba inqueda. Penso que agora dirían 0:15:25.000,0:15:29.000 que ela tiña déficit de atención (ADHD). Non credes? Pero eran os anos 30, 0:15:29.000,0:15:32.000 e o ADHD non se inventara ainda. 0:15:32.000,0:15:35.000 Non era unha enfermidade disponíbel. (Sorrisos) 0:15:35.000,0:15:39.000 A xente non sabía que podían ter iso. 0:15:39.000,0:15:43.000 De calquera xeito, ela foi ver este especialista. Entón, un cuarto revestido de carballo, 0:15:43.000,0:15:46.000 e ela estaba aló coa súa nai, 0:15:46.000,0:15:49.000 guiárona para que se sentara nunha cadeira ao final, 0:15:49.000,0:15:51.000 e sentouse sobre as súas máns durante 20 minutos mentres 0:15:51.000,0:15:53.000 este home falaba coa súa nai sobre todos 0:15:53.000,0:15:57.000 os problemas que Gillian estaba a ter na escola. E ao final de todo -- 0:15:57.000,0:15:59.000 porque ela estaba a molestar á xente, 0:15:59.000,0:16:01.000 os seus deberes sempre os facía tarde, etcétera, 0:16:01.000,0:16:04.000 pequena de 8 anos -- e ao final, o doctor foi e sentouse 0:16:04.000,0:16:06.000 ao lado de Gillian e dixo, "Gillian, 0:16:06.000,0:16:08.000 escoitei todas estas cousas que a túa nai 0:16:08.000,0:16:10.000 me contou, e preciso falar con ela en privado." 0:16:10.000,0:16:13.000 Dixo, "Espera aquí, voltaremos, non tardaremos moito." 0:16:13.000,0:16:15.000 e fóronse e deixárona. 0:16:15.000,0:16:17.000 Pero ao sair do cuarto, encendeu a radio 0:16:17.000,0:16:19.000 que estaba apoiada na súa mesa. E candosairon 0:16:19.000,0:16:21.000 do cuarto, díxolle á súa nai, 0:16:21.000,0:16:24.000 "Simplemente queda de pé e míraa." E ao minuto de que eles sairan, 0:16:24.000,0:16:28.000 dixo, ela estaba de pé, movéndose coa música. 0:16:28.000,0:16:30.000 E miraron por uns minutos 0:16:30.000,0:16:33.000 e el xirou cara á súa nai e dixo, 0:16:33.000,0:16:37.000 "Señora Lynne, Gillian non está enferma, é unha bailarina. 0:16:37.000,0:16:39.000 Lévea a unha escola de baile." 0:16:39.000,0:16:41.000 E eu dixen, "E que aconteceu?" 0:16:41.000,0:16:44.000 E ela dixo, "Fíxoo. E non che podo dicir o marabilloso que era. 0:16:44.000,0:16:46.000 Entramos naquel cuarto e estaba cheo de 0:16:46.000,0:16:49.000 xente coma min. Persoas que non podían quedarse quedas. 0:16:49.000,0:16:52.000 Persoas que se tiñan que mover para pensar." Que tiñan que moverse para pensar. 0:16:52.000,0:16:54.000 Fixeron ballet, fixeron claqué, fixeron jazz, 0:16:54.000,0:16:56.000 fixeron baile moderno, fixeron contemporáneo. 0:16:56.000,0:16:59.000 Ela probou finalmente para a Royal Ballet School, 0:16:59.000,0:17:01.000 convertiuse nunha solista, tivo unha carreira marabillosa 0:17:01.000,0:17:03.000 no Royal Ballet. Finalmente licenciouse 0:17:03.000,0:17:05.000 da Royal Ballet School, 0:17:05.000,0:17:08.000 formou a súa propia compañía -- a Gillian Lynne Dance Company -- 0:17:08.000,0:17:11.000 coñeceu a Andrew Lloyd Weber. E é responsable de 0:17:11.000,0:17:13.000 algunha das produccións de teatro musical 0:17:13.000,0:17:18.000 máis exitosas da historia, deu placer a millóns, 0:17:18.000,0:17:21.000 e é multimillonaria. Outro 0:17:21.000,0:17:25.000 teríaa medicado e teríalle dito 0:17:25.000,0:17:27.000 que se calmase. 0:17:27.000,0:17:30.000 Agora ben, eu penso... (Aplausos) O que se pode concluir é isto: 0:17:30.000,0:17:32.000 Al Gore falou a outra noite 0:17:32.000,0:17:35.000 sobre ecoloxía, e a revolución que fora iniciada por Rachel Carson. 0:17:35.000,0:17:39.000 Penso que a nosa única esperanza para o futuro 0:17:39.000,0:17:42.000 é adoptar unha nova concepción de ecoloxía humana, 0:17:42.000,0:17:46.000 unha na que podamos comezar a reconstituir a nosa concepción 0:17:46.000,0:17:48.000 da riqueza da capacidade humana. 0:17:48.000,0:17:52.000 O noso sistema educativo explotou as nosas mentes do xeito 0:17:52.000,0:17:54.000 no que nós explotamos a terra: na busca dun producto concreto. 0:17:54.000,0:17:57.000 E para o futuro, non nos servirá. 0:17:57.000,0:18:00.000 Temos que repensar os principios fundamentais 0:18:00.000,0:18:02.000 nos que estamos a educar aos nosos nenos. Había 0:18:02.000,0:18:06.000 unha marabillosa cita de Jonas Salk, que dixo, "Se todos os insectos 0:18:06.000,0:18:09.000 desapareceran da terra, 0:18:09.000,0:18:12.000 en 50 anos a vida na Terra desaparecería. 0:18:12.000,0:18:15.000 Se todos os seres humanos desapareceran da terra, 0:18:15.000,0:18:19.000 en 50 anos todo tipo de formas de vida florecerían. 0:18:19.000,0:18:21.000 E ten razón. 0:18:21.000,0:18:24.000 O que TED celebra é o don da imaxinación humana. 0:18:24.000,0:18:28.000 Temos que ter coidado agora de usar ese don 0:18:28.000,0:18:31.000 con sabiduría, e de impedir algúns escenarios 0:18:31.000,0:18:34.000 escenarios dos que falamos. E o único xeito 0:18:35.000,0:18:38.000 de facer isto é ver as nosas capacidades creativas 0:18:38.000,0:18:40.000 polo ricas que son, e ver 0:18:40.000,0:18:43.000 aos nosos fillos pola esperanza que representan. E a nosa tarefa 0:18:43.000,0:18:46.000 é educar o seu completo ser, para que podan afrontar este futuro. 0:18:46.000,0:18:49.000 Por certo -- se cadra nós non veremos este futuro, 0:18:49.000,0:18:52.000 pero eles verano. E o noso traballo é axudarlles 0:18:52.000,0:18:54.000 a obter proveito del. Moitas grazas.