1 00:00:01,508 --> 00:00:03,041 Que é Mozilla? 2 00:00:03,821 --> 00:00:04,823 Permítame responder a isto. 3 00:00:05,969 --> 00:00:09,469 Mozilla é... a xente? 4 00:00:09,469 --> 00:00:12,082 Mozilla é un proxecto global 5 00:00:12,113 --> 00:00:13,515 e tamén unha organización sen ánimo de lucro 6 00:00:13,577 --> 00:00:15,984 Nada menos que un impresionante movemento de 7 00:00:15,984 --> 00:00:19,320 xente realmente entusiasta. 8 00:00:19,320 --> 00:00:21,957 Creo que atrae xente que está interesada en axudar a outros 9 00:00:21,957 --> 00:00:23,791 e aos que queren traballar cun grupo e facer algo importante 10 00:00:23,791 --> 00:00:25,893 he, he, xente toliña! 11 00:00:25,893 --> 00:00:29,597 Mozilla é sobre todo ben coñecida polo 12 00:00:29,597 --> 00:00:32,833 noso navegador Firefox. 13 00:00:32,833 --> 00:00:36,171 O Proxecto Firefox naceu nun tempo en que 14 00:00:36,171 --> 00:00:38,840 a Web estaba estancada e 15 00:00:38,840 --> 00:00:40,574 o único navegador que había era o Internet Explorer 16 00:00:40,574 --> 00:00:43,911 Unha cousa é falar da competencia como unha especie de ben económico idealizado 17 00:00:43,911 --> 00:00:49,518 Outra cousa é dicir, non si?, que este navegador fixo a miña vida moito mellor, 18 00:00:49,518 --> 00:00:51,685 o meu computador era moi lento, estaba sempre abafado polos anuncios emerxentes e non podía usalo, 19 00:00:52,720 --> 00:00:53,755 pensaba que a Internet era horrorosa mentres que agora é bastante mellor, 20 00:00:53,755 --> 00:00:56,324 isto é o que sucedía daquela, en 2004, cando presentamos o Firefox. 21 00:00:58,093 --> 00:01:04,165 Hai unha morea de innovacións que incorporamos no navegador e que agora se atopan en todos os navegadores. 22 00:01:04,165 --> 00:01:08,970 Unha boa parte das cousas boas que temos viñeron de xente que non traballa no proxecto a tempo completo. 23 00:01:08,970 --> 00:01:12,072 E iso é un aspecto realmente importante. 24 00:01:12,072 --> 00:01:14,509 A innovación non sucede a non ser que a xente fedelle 25 00:01:14,509 --> 00:01:16,610 e non se pode fedellar non sendo que teñas acceso ao código. 26 00:01:16,610 --> 00:01:22,217 Ao final rematas cun ecosistema moito máis enriquecido, cando tes máis xente probando as súas ideas 27 00:01:22,217 --> 00:01:24,085 e vendo que funcionan. 28 00:01:24,085 --> 00:01:26,321 Ás veces iso tráenos revelacións e dicimos: 29 00:01:26,321 --> 00:01:27,622 ben, é unha boa idea 30 00:01:27,622 --> 00:01:28,489 gustaríanos usala 31 00:01:28,489 --> 00:01:29,958 ímola preparar para todo o mundo. 32 00:01:29,958 --> 00:01:31,426 Mozilla é un experimento moi importante 33 00:01:31,426 --> 00:01:32,894 porque funcionamos como unha empresa sen ánimo de lucro, 34 00:01:32,894 --> 00:01:36,665 temos un produto de alta calidade, temos clientes e, en lugar de accionistas, que queren 35 00:01:36,665 --> 00:01:41,969 beneficios, nós temos a misión de gardar a Web aberta, para fornecer liberdade de elección. 36 00:01:41,969 --> 00:01:48,542 Esa é a razón pola que non temos ánimo de lucro. Así, podemos tomar as decisións sobre o noso produto baseadas na experiencia do usuario e 37 00:01:48,542 --> 00:01:52,913 dándolle o control á xente, construíndo un produto que te trata como un cidadán e un ser humano, 38 00:01:52,913 --> 00:01:56,550 e non se basea na carteira que teñas. 39 00:01:56,550 --> 00:01:57,613 Mozilla é un proxecto global 40 00:01:58,106 --> 00:01:59,783 Hai distintas maneiras de te involucrar: 41 00:01:59,968 --> 00:02:01,553 Podes colaborar con código 42 00:02:02,845 --> 00:02:05,114 Podes traducir e localizar contidos 43 00:02:05,360 --> 00:02:08,230 Podes innovar no navegador e aínda máis alá 44 00:02:08,307 --> 00:02:09,653 Podes facer doazóns e apoiar a nosa causa 45 00:02:09,884 --> 00:02:11,787 Apostamos por unha Internet aberta e independente. 46 00:02:11,787 --> 00:02:16,180 Se Mozilla ou outras organizacións non estivesen loitando por isto 47 00:02:16,272 --> 00:02:20,234 á Web pasaríalle o mesmo que a outros medios de comunicación de masas 48 00:02:20,234 --> 00:02:23,912 Isto é, dominada por uns poucos. 49 00:02:23,912 --> 00:02:28,071 A definición de fonte aberta implica 50 00:02:28,102 --> 00:02:32,330 traballar xuntos sen discriminación. 51 00:02:32,330 --> 00:02:34,788 A Web non só é algo que consomes, 52 00:02:34,788 --> 00:02:36,209 é algo sobre o que hoxe en día podes influír directamente. 53 00:02:36,932 --> 00:02:39,528 queremos comunicar que temos esta idea sobre como o mundo debería funcionar e 54 00:02:39,528 --> 00:02:43,998 pretendemos levala a todo o mundo de forma concreta, algo que as persoas individuais poden tocar e do que formar parte 55 00:02:43,998 --> 00:02:45,832 E iso é diferente. 56 00:02:45,832 --> 00:02:48,383 Non somos só un tipo diferente de navegador. 57 00:02:48,383 --> 00:02:51,100 Estamos a construír unha Web mellor. 58 00:02:51,100 --> 00:02:53,060 Calquera pode axudar. 59 00:02:53,075 --> 00:02:56,328 Aprenda como: