0:00:00.738,0:00:02.436 Non lle contei isto a moita xente 0:00:02.436,0:00:04.832 pero na miña cabeza teño 0:00:04.832,0:00:06.969 centos de mundos secretos 0:00:06.969,0:00:09.270 todos ó mesmo tempo. 0:00:09.270,0:00:11.603 Tamén son autista. 0:00:11.603,0:00:13.549 A xente tende a diagnosticar autismo 0:00:13.549,0:00:16.868 como un exame tipo test[br]con respostas moi específicas. 0:00:16.868,0:00:19.916 En realidade, hai moitas variacións. 0:00:19.916,0:00:21.649 Por exemplo, o meu irmán 0:00:21.649,0:00:23.426 ten autismo severo. 0:00:23.426,0:00:25.688 Non pode falar en absoluto, 0:00:25.688,0:00:28.180 Pero a min encántame falar. 0:00:28.180,0:00:31.483 A xente soe asociar autismo 0:00:31.483,0:00:34.156 con que che gusten as mates [br]e as ciencias e xa, 0:00:34.156,0:00:35.955 pero coñezo moitos autistas 0:00:35.955,0:00:38.328 que gozan sendo creativos. 0:00:38.328,0:00:40.770 Iso é un estereotipo, 0:00:40.770,0:00:42.626 e coma todos os estereotipos 0:00:42.626,0:00:45.888 case sempre ou sempre son mentira. 0:00:45.888,0:00:48.306 Por exemplo, moita xente pensa 0:00:48.306,0:00:52.559 en autismo e venlle Rain Man á cabeza. 0:00:52.559,0:00:54.051 É unha crenza común 0:00:54.051,0:00:57.346 que tódolos autistas son Dustin Hoffman, 0:00:57.346,0:01:00.349 e iso non é verdade. 0:01:00.349,0:01:03.150 Isto non pasa só cos autistas. 0:01:03.150,0:01:05.489 Pasa tamén co colectivo LGBTQ, 0:01:05.489,0:01:07.910 coas mulleres, xente de cor. 0:01:07.910,0:01:10.428 Á xente dálle tanto medo a variedade 0:01:10.428,0:01:13.229 que tentan meter a todo o mundo[br]no mesmo saco 0:01:13.229,0:01:15.524 cunhas etiquetas moi específicas. 0:01:15.524,0:01:17.155 Isto é algo que de feito 0:01:17.155,0:01:19.833 pasoume a min na vida real: 0:01:19.833,0:01:22.521 Busquei "os autistas son..." en Google 0:01:22.521,0:01:24.624 e apareceron certas suxestións 0:01:24.624,0:01:26.649 tras o que acababa de escribir. 0:01:26.649,0:01:28.404 Busquei "os autistas son..." e 0:01:28.404,0:01:31.617 o primeiro resultado era "demos". 0:01:31.617,0:01:33.875 Iso é o primeiro que a xente pensa 0:01:33.875,0:01:35.879 cando pensa en autismo. 0:01:35.879,0:01:37.785 Sábeno. 0:01:37.785,0:01:40.994 (Risas) 0:01:44.604,0:01:47.201 Unha das cousas que podo facer[br]porque son autista 0:01:47.201,0:01:49.642 —é mais unha capacidade [br]que unha discapacidade— 0:01:49.642,0:01:53.177 é ter unha imaxinación moi intensa. 0:01:53.177,0:01:54.850 Deixádeme explicarvos. 0:01:54.850,0:01:57.100 É coma se camiñase[br]en dous mundos ó mesmo tempo. 0:01:57.100,0:01:59.634 No mundo real, no que todos vivimos 0:01:59.634,0:02:01.614 e noutro mundo na miña mente, 0:02:01.614,0:02:04.651 e este na miña mente [br]ás veces é moito mais real 0:02:04.651,0:02:07.138 que o mundo real. 0:02:07.138,0:02:10.508 É moi doado para min[br]deixar voar a miña mente 0:02:10.508,0:02:13.380 porque non intento meterme [br]nunha caixiña pequena. 0:02:13.380,0:02:15.619 Esta é unha das mellores cousas[br]de ser autista. 0:02:15.619,0:02:17.588 Non temos a necesidade de encaixar. 0:02:17.588,0:02:20.356 Encontras o que queres facer, 0:02:20.356,0:02:23.140 encontras a maneira, e falo. 0:02:23.140,0:02:25.293 Se intentase meterme no saco, 0:02:25.293,0:02:27.445 non estaría aquí, non daría conseguido 0:02:27.445,0:02:29.595 a metade das cousas que teño. 0:02:29.595,0:02:31.371 Hai problemas, claro. 0:02:31.371,0:02:33.536 Existen problemas cando es autista, 0:02:33.536,0:02:36.256 e problemas cando tes imaxinación de máis. 0:02:36.256,0:02:38.459 A escola pode ser un problema, en xeral, 0:02:38.459,0:02:42.490 e ter que explicarlle ao mestre 0:02:42.490,0:02:44.672 tódolos días 0:02:44.672,0:02:48.317 que a súa clase é aburrida 0:02:48.317,0:02:50.938 e estás buscando refuxio en segredo 0:02:50.938,0:02:54.900 nun teu mundo interior [br]no que non estás nesa clase, 0:02:54.900,0:02:58.396 engádelle outro problema á túa lista. 0:02:58.396,0:03:00.264 (Risa) 0:03:00.264,0:03:04.684 E cando a imaxinación se apodera de min, 0:03:04.684,0:03:06.518 o meu corpo cobra unha nova vida. 0:03:06.518,0:03:09.476 Cando algo do meu mundo interior[br]é moi emocionante 0:03:09.476,0:03:10.980 preciso correr. 0:03:10.980,0:03:12.896 Teño que moverme dun lado a outro 0:03:12.896,0:03:14.684 ou mesmo berrar. 0:03:14.684,0:03:16.934 Isto dáme moita enerxía, 0:03:16.934,0:03:19.555 e preciso unha saída a toda esta enerxía. 0:03:19.555,0:03:21.659 Sempre fixen isto dende cativa, 0:03:21.659,0:03:23.377 dende que era unha neniña. 0:03:23.377,0:03:26.396 Meus pais pensaron que era bonito[br]así que non falaban do conto, 0:03:26.396,0:03:27.864 pero cando entrei na escola 0:03:27.864,0:03:30.165 xa non pensaron que era tan bonito. 0:03:30.165,0:03:32.830 Podo ser desas persoas[br]que a xente non quere como amiga, 0:03:32.830,0:03:35.807 a nena que berra na clase de álxebra. 0:03:35.807,0:03:39.713 E isto normalmente non pasa nestes tempos, 0:03:39.713,0:03:43.290 pero hai xente que non quere[br]ser amiga da nena autista. 0:03:43.290,0:03:46.572 Hai xente que non quere tratar 0:03:46.572,0:03:49.336 con ninguén que non poida 0:03:49.336,0:03:52.306 estar no saco do "normal". 0:03:52.306,0:03:54.472 Pero paréceme ben, 0:03:54.472,0:03:56.606 porque isto separa o gran da palla, 0:03:56.606,0:03:59.373 e podo encontrar xente auténtica e pura 0:03:59.373,0:04:01.929 da que facerme amiga. 0:04:01.929,0:04:05.349 Pero se o pensas, que é normal? 0:04:05.349,0:04:07.160 Que significa? 0:04:07.160,0:04:09.940 Imaxina que ese fose o mellor [br]piropo que che digan. 0:04:09.940,0:04:12.221 "Vaia, es moi normal." 0:04:12.221,0:04:13.606 (Risas) 0:04:13.606,0:04:17.010 Pero piropos son, 0:04:17.010,0:04:18.418 "es extraordinario" 0:04:18.418,0:04:20.252 ou "es do que non hai", 0:04:20.252,0:04:21.973 "es marabilloso" 0:04:21.973,0:04:23.863 Se a xente quere ser estas cousas, 0:04:23.863,0:04:26.371 por que hai tanta xente[br]que morre por ser normal? 0:04:26.371,0:04:31.385 Por que se desfán da súa propia luz[br]para poder encaixar nun molde? 0:04:31.385,0:04:36.140 Á xente ponlle tanto medo a variedade[br]que intentan e obrigan a todos, 0:04:36.140,0:04:39.858 incluso á xente que non quere ou non pode,[br]a ser normal. 0:04:39.858,0:04:42.697 Hai campamentos para persoas LGBTQ 0:04:42.697,0:04:46.173 e para persoas autistas.[br]Para facelos "normais". 0:04:46.173,0:04:50.698 E que isto exista nesta época [br]é polo menos aterrador. 0:04:50.698,0:04:55.305 A pesar disto, non cambiaría o meu autismo[br]nin a miña imaxinación por nada. 0:04:55.305,0:04:57.295 Grazas a ser autista 0:04:57.295,0:05:00.287 presentei documentais na BBC, 0:05:00.287,0:05:02.526 estou a escribir un libro, 0:05:02.526,0:05:04.674 e a facer isto, o que é fantástico. 0:05:04.674,0:05:07.925 E unha das mellores cousas 0:05:07.925,0:05:10.510 que dei conseguido 0:05:10.510,0:05:12.492 foi encontrar maneiras de comunicarme 0:05:12.492,0:05:14.337 cos meus irmanciños (el e ela) 0:05:14.337,0:05:17.700 que non poden falar. 0:05:17.700,0:05:20.560 Con frecuencia a xente anula [br]aqueles que non poden falar, 0:05:20.560,0:05:23.294 o cal é unha parvada porque [br]os meus irmáns 0:05:23.294,0:05:25.987 son os mellores irmáns que alguén [br]podería desexar. 0:05:25.987,0:05:28.274 Son os mellores e quérolles moito. 0:05:28.274,0:05:31.829 Impórtanme máis que nada no mundo. 0:05:31.829,0:05:34.507 Vouvos deixar cunha pregunta: 0:05:34.507,0:05:37.644 Se non podemos entrar na mente da xente, 0:05:37.644,0:05:39.737 autista ou non, 0:05:39.737,0:05:42.774 en vez castigar o que sae fóra do normal, 0:05:42.774,0:05:44.649 por que non celebramos a singularidade 0:05:44.649,0:05:48.590 e nos apoiamos cada vez que alguén [br]dea rédea solta á súa imaxinación? 0:05:48.590,0:05:50.166 Grazas. 0:05:50.166,0:05:55.346 (Aplausos)