WEBVTT 00:00:01.080 --> 00:00:03.576 A derradeira vez que oín a voz do meu fillo 00:00:03.600 --> 00:00:05.936 foi cando saíu pola porta da casa 00:00:05.960 --> 00:00:07.240 para ir ao instituto. 00:00:08.480 --> 00:00:10.680 Na escuridade, dixo unha palabra: 00:00:11.320 --> 00:00:12.320 "Adeus". 00:00:13.000 --> 00:00:16.000 Era o 20 de abril de 1999. 00:00:16.880 --> 00:00:19.936 Máis tarde aquela mañá, no instituto de Columbine 00:00:19.960 --> 00:00:22.565 o meu fillo Dylan e o seu amigo Eric 00:00:22.920 --> 00:00:25.240 mataron a 12 estudantes e a un profesor 00:00:26.280 --> 00:00:29.960 e feriron a outras 20 persoas máis, antes de quitarse a vida. 00:00:31.160 --> 00:00:33.915 Trece persoas inocentes foron asasinadas, 00:00:34.240 --> 00:00:37.440 deixando aos seus seres queridos nun estado de dó e trauma. 00:00:38.320 --> 00:00:40.176 Outros recibiron feridas, 00:00:40.200 --> 00:00:44.240 que desfiguraron a uns e deixaron a outros con discapacidade permanente. 00:00:45.840 --> 00:00:47.656 Pero a gravidade da traxedia 00:00:47.680 --> 00:00:51.800 non pode medirse só polo número de mortes e feridos. 00:00:52.720 --> 00:00:56.136 Non hai xeito de medir os danos psicolóxicos 00:00:56.160 --> 00:00:57.952 daqueles que estaban no instituto, 00:00:58.120 --> 00:01:01.480 ou dos que participaron nos esforzos de rescate e limpeza. 00:01:02.280 --> 00:01:05.920 Non hai maneira de calcular a magnitude dunha traxedia como a de Columbine, 00:01:06.680 --> 00:01:08.936 especialmente cando pode servir de modelo 00:01:08.960 --> 00:01:12.400 para outros tiradores que deciden cometer atrocidades. 00:01:13.600 --> 00:01:15.440 Columbine foi coma un maremoto, 00:01:16.180 --> 00:01:17.486 e cando a colisión rematou, 00:01:17.486 --> 00:01:21.416 pasaron anos ata que a comunidade e a sociedade foron capaces 00:01:21.440 --> 00:01:23.160 de comprender o seu impacto. 00:01:24.720 --> 00:01:28.840 Tardei moitos anos en intentar aceptar o legado do meu fillo. 00:01:29.760 --> 00:01:32.731 O comportamento cruel que marcou o final da súa vida 00:01:32.920 --> 00:01:36.480 fíxome ver que era unha persoa completamente distinta da que eu coñecía. 00:01:37.600 --> 00:01:39.790 Despois, a xente preguntábame, 00:01:40.000 --> 00:01:41.760 "Como puideches non darte conta? 00:01:42.560 --> 00:01:44.120 Que clase de nai eras?" 00:01:45.240 --> 00:01:47.880 Aínda me fago esas mesmas preguntas. 00:01:49.080 --> 00:01:51.960 Antes do tiroteo, eu pensaba que era unha boa nai. 00:01:52.760 --> 00:01:55.216 Axudarlles aos meus fillos a converterse en adultos 00:01:55.240 --> 00:01:57.576 xenerosos, sans e responsables 00:01:57.600 --> 00:02:00.918 era o papel máis importante da miña vida. 00:02:01.760 --> 00:02:05.080 Pero a traxedia convenceume de que fracasei como nai, 00:02:05.840 --> 00:02:09.560 e en parte é este sentimento de fracaso o que me trae hoxe aquí. 00:02:11.240 --> 00:02:12.496 Á parte de seu pai, 00:02:12.520 --> 00:02:16.080 eu era a persoa que máis coñecía e quería a Dylan. 00:02:16.800 --> 00:02:19.056 Se alguén puidese saber o que pasaba, 00:02:19.080 --> 00:02:20.800 debería ser eu, non si? 00:02:22.000 --> 00:02:23.200 Pero non o sabía. 00:02:25.440 --> 00:02:27.336 Estou aquí para compartir a experiencia 00:02:27.360 --> 00:02:31.080 do que é ser a nai de alguén que mata e causa dor. 00:02:32.200 --> 00:02:35.960 Durante anos despois da traxedia repasei moitos recordos 00:02:36.080 --> 00:02:39.680 intentando atopar en que fallara como nai. 00:02:40.280 --> 00:02:42.878 Pero non hai respostas simples. 00:02:43.040 --> 00:02:44.960 Non podo darvos ningunha solución. 00:02:45.520 --> 00:02:46.720 Todo o que podo facer 00:02:47.760 --> 00:02:50.120 é compartir o que aprendín. 00:02:51.440 --> 00:02:54.758 Cando falo con xente que non me coñecía antes do tiroteo 00:02:55.080 --> 00:02:56.880 enfróntome a tres desafíos. 00:02:57.640 --> 00:03:00.840 O primeiro, cando entro nunha sala coma esta, 00:03:01.480 --> 00:03:04.797 nunca sei se alguén que está aquí sufriu a falta dun ser querido 00:03:05.080 --> 00:03:06.800 por culpa do que fixo o meu fillo. 00:03:08.080 --> 00:03:11.998 Sinto que debo recoñecer o sufrimento que un membro da miña familia causou 00:03:12.240 --> 00:03:14.440 xa que el non está aquí para facelo. 00:03:15.080 --> 00:03:17.640 Así que, con todo o meu corazón, 00:03:18.320 --> 00:03:21.560 pídovos perdón pola dor que o meu fillo vos puido causar. 00:03:23.640 --> 00:03:25.400 O segundo desafío ó que me enfronto 00:03:26.040 --> 00:03:29.760 é que debo pedir comprensión e incluso compaixón 00:03:30.560 --> 00:03:33.800 cando falo sobre a morte do meu fillo coma un suicidio. 00:03:34.480 --> 00:03:36.449 Dous anos antes de morrer 00:03:36.640 --> 00:03:38.856 escribiu nun caderno 00:03:38.880 --> 00:03:40.440 que se estaba cortando. 00:03:41.200 --> 00:03:42.816 Dicía que estaba angustiado 00:03:42.840 --> 00:03:45.480 e que quería unha pistola para acabar coa súa vida. 00:03:46.160 --> 00:03:49.920 Non souben nada disto ata meses despois da súa morte. 00:03:50.720 --> 00:03:54.043 Cando falo da súa morte coma un suicidio, 00:03:54.160 --> 00:03:58.200 non pretendo minimizar a maldade que mostrou ao fin da súa vida. 00:03:58.840 --> 00:04:00.598 Estou intentando entender 00:04:00.840 --> 00:04:02.853 como o seu pensamento suicida 00:04:02.960 --> 00:04:04.343 o levou a asasinar. 00:04:05.080 --> 00:04:08.015 Despois de ler moito e falar con expertos, 00:04:08.320 --> 00:04:09.976 cheguei á conclusión 00:04:10.000 --> 00:04:14.720 de que a súa participación no tiroteo xurdía non dun desexo de matar, 00:04:15.480 --> 00:04:17.160 senón dun desexo de morrer. 00:04:18.320 --> 00:04:23.466 O terceiro desafío que teño cando falo da morte-suicidio do meu fillo 00:04:23.640 --> 00:04:26.312 é que estou falando de saúde mental, 00:04:27.680 --> 00:04:28.705 --perdón-- 00:04:28.920 --> 00:04:31.348 é que estou falando de saúde mental 00:04:31.560 --> 00:04:35.425 ou saúde cerebral, como prefiro chamarlle, porque é máis concreto. 00:04:35.760 --> 00:04:39.164 E ao mesmo tempo, estou a falar de violencia. 00:04:39.520 --> 00:04:43.115 O último que quero facer é contribuír á incomprensión 00:04:43.120 --> 00:04:46.110 que xa existe arredor das enfermidades mentais. 00:04:46.360 --> 00:04:51.136 Só unha pequena porcentaxe da xente que pacede unha enfermidade mental 00:04:51.160 --> 00:04:53.400 actúa de xeito violento contra outras persoas, 00:04:54.800 --> 00:04:57.936 pero daqueles que se suicidan, 00:04:57.960 --> 00:05:02.176 estímase que entre o 75 e talvez máis do 90 por cento 00:05:02.200 --> 00:05:05.600 teñen algún tipo de problema mental diagnosticable. 00:05:06.680 --> 00:05:07.936 Como ben sabedes, 00:05:07.960 --> 00:05:10.920 o noso sistema de saúde non está preparado para axudar a todos 00:05:12.000 --> 00:05:14.337 e non todo o mundo con pensamentos destrutivos 00:05:14.520 --> 00:05:16.119 cumpre os criterios 00:05:16.280 --> 00:05:18.440 para un diagnóstico específico. 00:05:19.200 --> 00:05:21.216 Moita xente que ten pensamentos constantes 00:05:21.240 --> 00:05:24.976 de medo, enfado ou desesperanza 00:05:25.000 --> 00:05:26.880 nunca é avaliada ou tratada. 00:05:27.640 --> 00:05:32.280 A miúdo, só reciben a nosa atención se chegan a ter unha crise. 00:05:33.400 --> 00:05:35.456 Se son correctos os cálculos que din 00:05:35.480 --> 00:05:38.416 que entre o 1 e o 2% dos suicidios 00:05:38.440 --> 00:05:40.520 supoñen o asasinato doutra persoa, 00:05:42.080 --> 00:05:46.000 cando as taxas de suicidio soben, como está pasando nalgúns lugares, 00:05:46.720 --> 00:05:49.400 as taxas de asasinato e suicidio tamén subirán. 00:05:50.520 --> 00:05:55.784 Eu quería entender o que pasaba pola cabeza do meu fillo antes da súa morte, 00:05:56.040 --> 00:05:59.760 así que busquei respostas daqueles que sufriran unha perda por suicidio. 00:06:01.640 --> 00:06:05.825 Investiguei e axudei na recadación de fondos, 00:06:06.200 --> 00:06:07.997 e sempre que podía, 00:06:08.000 --> 00:06:12.325 falaba con persoas que sobreviviran á súa propia crise suicida 00:06:12.520 --> 00:06:13.720 ou intento de suicidio. 00:06:14.840 --> 00:06:17.056 Unha das conversas que máis me axudaron 00:06:17.080 --> 00:06:18.536 foi cunha compañeira 00:06:18.560 --> 00:06:20.465 que me oíu falando con outra persoa 00:06:20.489 --> 00:06:21.689 na oficina. 00:06:22.760 --> 00:06:26.176 Oíume dicir que non podía ser que Dylan me quixera 00:06:26.200 --> 00:06:28.960 se puidera facer algo tan horrible coma o que fixera. 00:06:30.000 --> 00:06:31.800 Máis tarde, cando me atopou soa, 00:06:32.760 --> 00:06:35.216 desculpouse por escoitar a conversa, 00:06:35.240 --> 00:06:36.800 pero díxome que estaba enganada. 00:06:37.880 --> 00:06:40.340 Contoume que cando era unha nai nova e solteira 00:06:40.520 --> 00:06:41.960 con tres fillos pequenos, 00:06:42.600 --> 00:06:47.240 tivera depresión e fora hospitalizada pola súa propia seguridade. 00:06:48.000 --> 00:06:49.941 Naquel momento, ela estaba segura 00:06:50.320 --> 00:06:53.376 de que os seus fillos estarían mellor se ela morrese, 00:06:53.600 --> 00:06:55.840 así que decidira acabar coa súa vida. 00:06:56.880 --> 00:07:00.936 Aseguroume que o amor dunha nai é o vínculo máis forte que hai na Terra 00:07:00.960 --> 00:07:04.000 e que lles quería aos seus fillos máis que a nada no mundo, 00:07:04.640 --> 00:07:06.622 pero debido á súa enfermidade, 00:07:06.880 --> 00:07:09.720 estaba segura de que estarían mellor sen ela. 00:07:11.680 --> 00:07:14.056 O que me contou e o que aprendín doutros 00:07:14.080 --> 00:07:18.482 é que non tomamos a decisión ou elección 00:07:18.840 --> 00:07:20.416 de suicidarnos 00:07:20.440 --> 00:07:23.296 do mesmo xeito que escollemos qué coche conducimos 00:07:23.320 --> 00:07:25.440 ou a onde ir un sábado á noite. 00:07:26.360 --> 00:07:29.456 Cando alguén se encontra nun estado suicida extremo, 00:07:29.480 --> 00:07:34.000 trátase dunha emerxencia médica. 00:07:34.680 --> 00:07:39.160 A súa forma de pensar vese alterada e perde os mecanismos de autocontrol. 00:07:40.320 --> 00:07:43.322 Aínda que poden facer un plan e actuar con lóxica, 00:07:43.520 --> 00:07:47.293 a súa percepción vese distorsionada por un filtro de dor 00:07:47.480 --> 00:07:50.080 a través do cal interpretan a súa realidade. 00:07:50.880 --> 00:07:54.367 A algunhas persoas dáselles moi ben esconder este estado, 00:07:54.560 --> 00:07:56.920 e a miúdo teñen bos motivos para facelo. 00:07:58.840 --> 00:08:01.923 Moitos de nós temos pensamentos suicidas nun momento ou noutro, 00:08:02.040 --> 00:08:05.285 pero os pensamentos suicidas persistentes, 00:08:05.560 --> 00:08:07.655 e planear a propia morte 00:08:07.800 --> 00:08:09.806 son síntomas dunha patoloxía, 00:08:10.160 --> 00:08:12.056 e como moitas enfermidades, 00:08:12.080 --> 00:08:14.840 o problema debe ser recoñecido e tratado 00:08:15.520 --> 00:08:17.170 antes de que se perda unha vida. 00:08:18.600 --> 00:08:21.440 Mais a morte do meu fillo non foi só un suicidio. 00:08:22.200 --> 00:08:23.960 Foi un asasinato masivo. 00:08:25.080 --> 00:08:30.960 Eu buscaba comprender como o seu pensamento suicida se volveu homicida. 00:08:31.920 --> 00:08:35.080 Pero hai poucas investigacións e non hai respostas sinxelas. 00:08:36.240 --> 00:08:39.159 Si, seguro que tiña depresión. 00:08:40.679 --> 00:08:46.240 A súa personalidade era perfeccionista e autosuficiente, 00:08:47.120 --> 00:08:50.880 e iso facía que non acostumase a pedir axuda a outra xente. 00:08:51.880 --> 00:08:55.336 No colexio sufriu experiencias traumáticas 00:08:55.360 --> 00:09:00.760 que lle fixeron sentirse insignificante, humillado e enfadado. 00:09:02.160 --> 00:09:05.416 E tiña unha amizade complicada 00:09:05.440 --> 00:09:09.547 cun rapaz que compartía os seus sentimentos de rabia e alienación, 00:09:09.800 --> 00:09:13.386 e que estaba moi perturbado, era controlador 00:09:13.386 --> 00:09:14.900 e tiña instinto homicida. 00:09:16.280 --> 00:09:19.136 E por riba de todo isto 00:09:19.160 --> 00:09:22.320 neste período de vulnerabilidade e fraxilidade 00:09:23.280 --> 00:09:25.312 Dylan tivo acceso a armas de fogo, 00:09:25.680 --> 00:09:27.840 aínda que nunca tiveramos unha na casa. 00:09:28.800 --> 00:09:33.822 Foi moi fácil para un rapaz de 17 anos comprar armas, 00:09:34.040 --> 00:09:38.680 tanto legal como ilegalmente, sen que eu o soubera ou lle dera permiso. 00:09:39.880 --> 00:09:44.400 E por algunha razón, 17 anos e moitos tiroteos en escolas despois, 00:09:45.080 --> 00:09:46.880 aínda é espantosamente fácil. 00:09:49.160 --> 00:09:51.880 O que Dylan fixo ese día rompeume o corazón, 00:09:53.240 --> 00:09:55.096 e como pasa co trauma a miúdo, 00:09:55.120 --> 00:09:58.080 causou estragos no meu corpo e na miña mente 00:09:59.360 --> 00:10:01.800 Dous anos despois do tiroteo, tiven cáncer de mama, 00:10:03.200 --> 00:10:06.560 e dous anos despois diso, comecei a ter problemas mentais. 00:10:08.480 --> 00:10:11.484 Ademais da tristeza constante 00:10:11.920 --> 00:10:15.496 aterrábame atoparme con algún familiar 00:10:15.520 --> 00:10:17.576 de alguén que Dylan matara, 00:10:17.600 --> 00:10:19.976 ou que me abordase a prensa 00:10:20.000 --> 00:10:21.480 ou algún cidadán anoxado. 00:10:22.920 --> 00:10:25.240 Tiña medo de poñer as noticias, 00:10:25.520 --> 00:10:30.480 medo de que dixeran que era unha mala nai ou unha persoa noxenta. 00:10:33.320 --> 00:10:35.360 Comecei a sufrir ataques de pánico. 00:10:37.240 --> 00:10:41.219 A primeira vez foi catro anos despois do tiroteo, 00:10:41.440 --> 00:10:43.976 cando me estaba preparando para testificar 00:10:44.000 --> 00:10:46.800 e ía ter que ver ás familias das vítimas cara a cara. 00:10:47.600 --> 00:10:50.658 A segunda vez comezou seis anos despois do tiroteo, 00:10:51.000 --> 00:10:54.456 cando me estaba preparando para falar en público sobre o suicidio 00:10:54.480 --> 00:10:56.480 por primeira vez, nunha conferencia. 00:10:57.520 --> 00:10:59.920 Ambos episodios duraron varias semanas. 00:11:02.160 --> 00:11:04.296 Os ataques dábanme en calquera lugar: 00:11:04.320 --> 00:11:07.616 na ferraxería, na oficina, 00:11:07.640 --> 00:11:09.680 ou incluso cando estaba na cama lendo. 00:11:10.600 --> 00:11:15.433 A miña mente bloqueábase nun círculo de terror 00:11:15.680 --> 00:11:17.776 e por moito que intentase calmarme 00:11:17.800 --> 00:11:21.856 ou razoar o que me pasaba, 00:11:21.880 --> 00:11:23.160 non o conseguía. 00:11:24.440 --> 00:11:27.000 Era coma se o meu cerebro estivese intentando matarme, 00:11:27.920 --> 00:11:30.496 e naquel momento, ter medo de ter medo 00:11:30.520 --> 00:11:32.320 consumía todos os meus pensamentos. 00:11:33.200 --> 00:11:35.096 Daquela aprendín de primeira man 00:11:35.120 --> 00:11:37.560 o que se sente cando a mente non che funciona ben 00:11:38.640 --> 00:11:42.120 e foi cando me convertín nunha verdadeira defensora da saúde cerebral. 00:11:43.760 --> 00:11:46.736 Con terapia, medicación e autocoidados, 00:11:46.760 --> 00:11:48.576 co tempo a vida volveu 00:11:48.600 --> 00:11:52.080 ao que podería considerase normal nestas circunstancias. 00:11:53.240 --> 00:11:55.296 Cando volvín a vista atrás 00:11:55.320 --> 00:11:58.880 puiden ver que a espiral disfuncional na que caeu o meu fillo 00:11:59.680 --> 00:12:02.829 probablemente lle ocorrera ao longo dun período de dous anos, 00:12:03.200 --> 00:12:05.652 tempo abondo para conseguirlle axuda, 00:12:06.280 --> 00:12:09.087 se alguén se dera conta de que a precisaba 00:12:09.320 --> 00:12:10.640 e soubera qué facer. 00:12:15.680 --> 00:12:18.099 Cada vez que alguén me pregunta, 00:12:18.280 --> 00:12:20.466 "Como é que non o sabías?", 00:12:20.760 --> 00:12:22.760 síntome coma se me pegasen no estómago. 00:12:23.840 --> 00:12:28.190 Parece unha acusación, e cáusame un sentimento de culpa 00:12:28.400 --> 00:12:30.896 que, a pesar de toda a terapia que fixen, 00:12:30.920 --> 00:12:32.840 nunca se borra de todo. 00:12:33.880 --> 00:12:35.500 Mais hai algo que aprendín: 00:12:36.720 --> 00:12:38.368 se o amor abondara 00:12:38.600 --> 00:12:40.736 para evitar que as persoas suicidas 00:12:40.760 --> 00:12:42.151 se fixesen dano, 00:12:43.000 --> 00:12:45.200 os suicidios nunca ocorrerían. 00:12:46.320 --> 00:12:48.061 Pero o amor non basta, 00:12:49.240 --> 00:12:51.000 e o suicidio é frecuente. 00:12:51.680 --> 00:12:54.077 É a segunda causa de morte 00:12:54.520 --> 00:12:56.720 na xente de entre 10 e 34 anos, 00:12:57.640 --> 00:13:00.296 e o 15 % da mocidade estadounidense 00:13:00.320 --> 00:13:03.056 di que planeou o seu suicidio 00:13:03.080 --> 00:13:04.280 no último ano. 00:13:06.160 --> 00:13:10.280 Aprendín que por moito que queiramos crer o contrario 00:13:11.000 --> 00:13:13.600 non podemos saber ou controlar 00:13:13.840 --> 00:13:15.800 o que senten os nosos seres queridos, 00:13:16.760 --> 00:13:19.880 e a crenza teimuda de que somos distintos, 00:13:20.560 --> 00:13:23.787 de que alguén que nós queremos nunca pensaría en facerse dano 00:13:24.000 --> 00:13:25.453 ou facerllo a outra persoa, 00:13:26.080 --> 00:13:27.929 pode provocar que non vexamos 00:13:28.120 --> 00:13:30.150 o que está escondido a simple vista. 00:13:31.840 --> 00:13:35.103 E se a peor das posibilidades sucede, 00:13:36.520 --> 00:13:39.988 temos que aprender a perdoarnos por non saber 00:13:40.440 --> 00:13:42.872 ou por non facer as preguntas correctas 00:13:43.160 --> 00:13:45.880 ou por non atopar o tratamento adecuado. 00:13:47.240 --> 00:13:48.496 Sempre debemos asumir 00:13:48.520 --> 00:13:51.160 que alguén que queremos pode estar sufrindo, 00:13:51.880 --> 00:13:54.165 a pesar do que diga 00:13:54.520 --> 00:13:55.760 ou de como actúe. 00:13:56.720 --> 00:13:58.840 Debemos escoitar con todo o noso ser, 00:13:59.800 --> 00:14:01.000 sen xulgar, 00:14:01.680 --> 00:14:03.800 e sen ofrecer solucións. 00:14:07.360 --> 00:14:10.377 Sei que vivirei con esta traxedia, 00:14:10.600 --> 00:14:12.530 con estas traxedias múltiples, 00:14:12.560 --> 00:14:14.120 durante o resto da miña vida. 00:14:15.320 --> 00:14:17.320 Sei que para moitos, 00:14:21.080 --> 00:14:24.840 o que eu perdín non se pode comparar co que perderon o resto das familias. 00:14:26.240 --> 00:14:28.840 Sei que o meu sufrimento non fai o deles máis sinxelo. 00:14:31.000 --> 00:14:35.973 Sei que hai incluso xente que pensa que non teño dereito a sufrir, 00:14:36.400 --> 00:14:39.240 só a unha vida de penitencia permanente. 00:14:41.800 --> 00:14:44.414 Ó final, o que sei resúmese nisto: 00:14:45.320 --> 00:14:51.076 a tráxica realidade é que incluso os máis responsables e atentos de nós 00:14:51.520 --> 00:14:53.440 podemos non ser capaces de axudar, 00:14:54.840 --> 00:14:56.635 pero en nome do amor, 00:14:57.040 --> 00:14:59.216 non debemos deixar de intentar 00:14:59.240 --> 00:15:00.720 saber o que non se pode saber. 00:15:01.560 --> 00:15:02.539 Grazas. 00:15:02.768 --> 00:15:04.428 (Aplausos)