[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:01.08,0:00:03.58,Default,,0000,0000,0000,,A derradeira vez que oín\Na voz do meu fillo Dialogue: 0,0:00:03.60,0:00:05.94,Default,,0000,0000,0000,,foi cando saíu pola porta da casa Dialogue: 0,0:00:05.96,0:00:07.24,Default,,0000,0000,0000,,para ir ao instituto. Dialogue: 0,0:00:08.48,0:00:10.68,Default,,0000,0000,0000,,Na escuridade, dixo unha palabra: Dialogue: 0,0:00:11.32,0:00:12.32,Default,,0000,0000,0000,,"Adeus". Dialogue: 0,0:00:13.00,0:00:16.00,Default,,0000,0000,0000,,Era o 20 de abril de 1999. Dialogue: 0,0:00:16.88,0:00:19.94,Default,,0000,0000,0000,,Máis tarde aquela mañá,\Nno instituto de Columbine Dialogue: 0,0:00:19.96,0:00:22.56,Default,,0000,0000,0000,,o meu fillo Dylan e o seu amigo Eric Dialogue: 0,0:00:22.92,0:00:25.24,Default,,0000,0000,0000,,mataron a 12 estudantes e a un profesor Dialogue: 0,0:00:26.28,0:00:29.96,Default,,0000,0000,0000,,e feriron a outras 20 persoas máis,\Nantes de quitarse a vida. Dialogue: 0,0:00:31.16,0:00:33.92,Default,,0000,0000,0000,,Trece persoas inocentes foron asasinadas, Dialogue: 0,0:00:34.24,0:00:37.44,Default,,0000,0000,0000,,deixando aos seus seres queridos \Nnun estado de dó e trauma. Dialogue: 0,0:00:38.32,0:00:40.18,Default,,0000,0000,0000,,Outros recibiron feridas, Dialogue: 0,0:00:40.20,0:00:44.24,Default,,0000,0000,0000,,que desfiguraron a uns e deixaron\Na outros con discapacidade permanente. Dialogue: 0,0:00:45.84,0:00:47.66,Default,,0000,0000,0000,,Pero a gravidade da traxedia Dialogue: 0,0:00:47.68,0:00:51.80,Default,,0000,0000,0000,,non pode medirse só polo número\Nde mortes e feridos. Dialogue: 0,0:00:52.72,0:00:56.14,Default,,0000,0000,0000,,Non hai xeito de medir\Nos danos psicolóxicos Dialogue: 0,0:00:56.16,0:00:57.95,Default,,0000,0000,0000,,daqueles que estaban no instituto, Dialogue: 0,0:00:58.12,0:01:01.48,Default,,0000,0000,0000,,ou dos que participaron\Nnos esforzos de rescate e limpeza. Dialogue: 0,0:01:02.28,0:01:05.92,Default,,0000,0000,0000,,Non hai maneira de calcular a magnitude\Ndunha traxedia como a de Columbine, Dialogue: 0,0:01:06.68,0:01:08.94,Default,,0000,0000,0000,,especialmente cando \Npode servir de modelo Dialogue: 0,0:01:08.96,0:01:12.40,Default,,0000,0000,0000,,para outros tiradores\Nque deciden cometer atrocidades. Dialogue: 0,0:01:13.60,0:01:15.44,Default,,0000,0000,0000,,Columbine foi coma un maremoto, Dialogue: 0,0:01:16.18,0:01:17.49,Default,,0000,0000,0000,,e cando a colisión rematou, Dialogue: 0,0:01:17.49,0:01:21.42,Default,,0000,0000,0000,,pasaron anos ata que a comunidade\Ne a sociedade foron capaces Dialogue: 0,0:01:21.44,0:01:23.16,Default,,0000,0000,0000,,de comprender o seu impacto. Dialogue: 0,0:01:24.72,0:01:28.84,Default,,0000,0000,0000,,Tardei moitos anos en intentar aceptar\No legado do meu fillo. Dialogue: 0,0:01:29.76,0:01:32.73,Default,,0000,0000,0000,,O comportamento cruel\Nque marcou o final da súa vida Dialogue: 0,0:01:32.92,0:01:36.48,Default,,0000,0000,0000,,fíxome ver que era unha persoa\Ncompletamente distinta da que eu coñecía. Dialogue: 0,0:01:37.60,0:01:39.79,Default,,0000,0000,0000,,Despois, a xente preguntábame, Dialogue: 0,0:01:40.00,0:01:41.76,Default,,0000,0000,0000,,"Como puideches non darte conta? Dialogue: 0,0:01:42.56,0:01:44.12,Default,,0000,0000,0000,,Que clase de nai eras?" Dialogue: 0,0:01:45.24,0:01:47.88,Default,,0000,0000,0000,,Aínda me fago esas mesmas preguntas. Dialogue: 0,0:01:49.08,0:01:51.96,Default,,0000,0000,0000,,Antes do tiroteo, eu pensaba\Nque era unha boa nai. Dialogue: 0,0:01:52.76,0:01:55.22,Default,,0000,0000,0000,,Axudarlles aos meus fillos\Na converterse en adultos Dialogue: 0,0:01:55.24,0:01:57.58,Default,,0000,0000,0000,,xenerosos, sans e responsables Dialogue: 0,0:01:57.60,0:02:00.92,Default,,0000,0000,0000,,era o papel máis importante da miña vida. Dialogue: 0,0:02:01.76,0:02:05.08,Default,,0000,0000,0000,,Pero a traxedia convenceume\Nde que fracasei como nai, Dialogue: 0,0:02:05.84,0:02:09.56,Default,,0000,0000,0000,,e en parte é este sentimento de fracaso\No que me trae hoxe aquí. Dialogue: 0,0:02:11.24,0:02:12.50,Default,,0000,0000,0000,,Á parte de seu pai, Dialogue: 0,0:02:12.52,0:02:16.08,Default,,0000,0000,0000,,eu era a persoa que máis coñecía\Ne quería a Dylan. Dialogue: 0,0:02:16.80,0:02:19.06,Default,,0000,0000,0000,,Se alguén puidese saber o que pasaba, Dialogue: 0,0:02:19.08,0:02:20.80,Default,,0000,0000,0000,,debería ser eu, non si? Dialogue: 0,0:02:22.00,0:02:23.20,Default,,0000,0000,0000,,Pero non o sabía. Dialogue: 0,0:02:25.44,0:02:27.34,Default,,0000,0000,0000,,Estou aquí para compartir a experiencia Dialogue: 0,0:02:27.36,0:02:31.08,Default,,0000,0000,0000,,do que é ser a nai de alguén\Nque mata e causa dor. Dialogue: 0,0:02:32.20,0:02:35.96,Default,,0000,0000,0000,,Durante anos despois da traxedia\Nrepasei moitos recordos Dialogue: 0,0:02:36.08,0:02:39.68,Default,,0000,0000,0000,,intentando atopar en que fallara como nai. Dialogue: 0,0:02:40.28,0:02:42.88,Default,,0000,0000,0000,,Pero non hai respostas simples. Dialogue: 0,0:02:43.04,0:02:44.96,Default,,0000,0000,0000,,Non podo darvos ningunha solución. Dialogue: 0,0:02:45.52,0:02:46.72,Default,,0000,0000,0000,,Todo o que podo facer Dialogue: 0,0:02:47.76,0:02:50.12,Default,,0000,0000,0000,,é compartir o que aprendín. Dialogue: 0,0:02:51.44,0:02:54.76,Default,,0000,0000,0000,,Cando falo con xente\Nque non me coñecía antes do tiroteo Dialogue: 0,0:02:55.08,0:02:56.88,Default,,0000,0000,0000,,enfróntome a tres desafíos. Dialogue: 0,0:02:57.64,0:03:00.84,Default,,0000,0000,0000,,O primeiro, cando entro nunha sala\Ncoma esta, Dialogue: 0,0:03:01.48,0:03:04.80,Default,,0000,0000,0000,,nunca sei se alguén que está aquí\Nsufriu a falta dun ser querido Dialogue: 0,0:03:05.08,0:03:06.80,Default,,0000,0000,0000,,por culpa do que fixo o meu fillo. Dialogue: 0,0:03:08.08,0:03:11.100,Default,,0000,0000,0000,,Sinto que debo recoñecer o sufrimento\Nque un membro da miña familia causou Dialogue: 0,0:03:12.24,0:03:14.44,Default,,0000,0000,0000,,xa que el non está aquí para facelo. Dialogue: 0,0:03:15.08,0:03:17.64,Default,,0000,0000,0000,,Así que, con todo o meu corazón, Dialogue: 0,0:03:18.32,0:03:21.56,Default,,0000,0000,0000,,pídovos perdón pola dor que o meu fillo\Nvos puido causar. Dialogue: 0,0:03:23.64,0:03:25.40,Default,,0000,0000,0000,,O segundo desafío ó que me enfronto Dialogue: 0,0:03:26.04,0:03:29.76,Default,,0000,0000,0000,,é que debo pedir comprensión\Ne incluso compaixón Dialogue: 0,0:03:30.56,0:03:33.80,Default,,0000,0000,0000,,cando falo sobre a morte do meu fillo\Ncoma un suicidio. Dialogue: 0,0:03:34.48,0:03:36.45,Default,,0000,0000,0000,,Dous anos antes de morrer Dialogue: 0,0:03:36.64,0:03:38.86,Default,,0000,0000,0000,,escribiu nun caderno Dialogue: 0,0:03:38.88,0:03:40.44,Default,,0000,0000,0000,,que se estaba cortando. Dialogue: 0,0:03:41.20,0:03:42.82,Default,,0000,0000,0000,,Dicía que estaba angustiado Dialogue: 0,0:03:42.84,0:03:45.48,Default,,0000,0000,0000,,e que quería unha pistola\Npara acabar coa súa vida. Dialogue: 0,0:03:46.16,0:03:49.92,Default,,0000,0000,0000,,Non souben nada disto \Nata meses despois da súa morte. Dialogue: 0,0:03:50.72,0:03:54.04,Default,,0000,0000,0000,,Cando falo da súa morte coma un suicidio, Dialogue: 0,0:03:54.16,0:03:58.20,Default,,0000,0000,0000,,non pretendo minimizar a maldade \Nque mostrou ao fin da súa vida. Dialogue: 0,0:03:58.84,0:04:00.60,Default,,0000,0000,0000,,Estou intentando entender Dialogue: 0,0:04:00.84,0:04:02.85,Default,,0000,0000,0000,,como o seu pensamento suicida Dialogue: 0,0:04:02.96,0:04:04.34,Default,,0000,0000,0000,,o levou a asasinar. Dialogue: 0,0:04:05.08,0:04:08.02,Default,,0000,0000,0000,,Despois de ler moito e falar con expertos, Dialogue: 0,0:04:08.32,0:04:09.98,Default,,0000,0000,0000,,cheguei á conclusión Dialogue: 0,0:04:10.00,0:04:14.72,Default,,0000,0000,0000,,de que a súa participación no tiroteo\Nxurdía non dun desexo de matar, Dialogue: 0,0:04:15.48,0:04:17.16,Default,,0000,0000,0000,,senón dun desexo de morrer. Dialogue: 0,0:04:18.32,0:04:23.47,Default,,0000,0000,0000,,O terceiro desafío que teño cando falo\Nda morte-suicidio do meu fillo Dialogue: 0,0:04:23.64,0:04:26.31,Default,,0000,0000,0000,,é que estou falando de saúde mental, Dialogue: 0,0:04:27.68,0:04:28.70,Default,,0000,0000,0000,,--perdón-- Dialogue: 0,0:04:28.92,0:04:31.35,Default,,0000,0000,0000,,é que estou falando de saúde mental Dialogue: 0,0:04:31.56,0:04:35.42,Default,,0000,0000,0000,,ou saúde cerebral, como prefiro\Nchamarlle, porque é máis concreto. Dialogue: 0,0:04:35.76,0:04:39.16,Default,,0000,0000,0000,,E ao mesmo tempo,\Nestou a falar de violencia. Dialogue: 0,0:04:39.52,0:04:43.12,Default,,0000,0000,0000,,O último que quero facer\Né contribuír á incomprensión Dialogue: 0,0:04:43.12,0:04:46.11,Default,,0000,0000,0000,,que xa existe arredor \Ndas enfermidades mentais. Dialogue: 0,0:04:46.36,0:04:51.14,Default,,0000,0000,0000,,Só unha pequena porcentaxe da xente\Nque pacede unha enfermidade mental Dialogue: 0,0:04:51.16,0:04:53.40,Default,,0000,0000,0000,,actúa de xeito violento\Ncontra outras persoas, Dialogue: 0,0:04:54.80,0:04:57.94,Default,,0000,0000,0000,,pero daqueles que se suicidan, Dialogue: 0,0:04:57.96,0:05:02.18,Default,,0000,0000,0000,,estímase que entre o 75 \Ne talvez máis do 90 por cento Dialogue: 0,0:05:02.20,0:05:05.60,Default,,0000,0000,0000,,teñen algún tipo \Nde problema mental diagnosticable. Dialogue: 0,0:05:06.68,0:05:07.94,Default,,0000,0000,0000,,Como ben sabedes, Dialogue: 0,0:05:07.96,0:05:10.92,Default,,0000,0000,0000,,o noso sistema de saúde\Nnon está preparado para axudar a todos Dialogue: 0,0:05:12.00,0:05:14.34,Default,,0000,0000,0000,,e non todo o mundo \Ncon pensamentos destrutivos Dialogue: 0,0:05:14.52,0:05:16.12,Default,,0000,0000,0000,,cumpre os criterios Dialogue: 0,0:05:16.28,0:05:18.44,Default,,0000,0000,0000,,para un diagnóstico específico. Dialogue: 0,0:05:19.20,0:05:21.22,Default,,0000,0000,0000,,Moita xente que ten pensamentos constantes Dialogue: 0,0:05:21.24,0:05:24.98,Default,,0000,0000,0000,,de medo, enfado ou desesperanza Dialogue: 0,0:05:25.00,0:05:26.88,Default,,0000,0000,0000,,nunca é avaliada ou tratada. Dialogue: 0,0:05:27.64,0:05:32.28,Default,,0000,0000,0000,,A miúdo, só reciben a nosa atención\Nse chegan a ter unha crise. Dialogue: 0,0:05:33.40,0:05:35.46,Default,,0000,0000,0000,,Se son correctos os cálculos que din Dialogue: 0,0:05:35.48,0:05:38.42,Default,,0000,0000,0000,,que entre o 1 e o 2% dos suicidios Dialogue: 0,0:05:38.44,0:05:40.52,Default,,0000,0000,0000,,supoñen o asasinato doutra persoa, Dialogue: 0,0:05:42.08,0:05:46.00,Default,,0000,0000,0000,,cando as taxas de suicidio soben,\Ncomo está pasando nalgúns lugares, Dialogue: 0,0:05:46.72,0:05:49.40,Default,,0000,0000,0000,,as taxas de asasinato e suicidio\Ntamén subirán. Dialogue: 0,0:05:50.52,0:05:55.78,Default,,0000,0000,0000,,Eu quería entender o que pasaba pola \Ncabeza do meu fillo antes da súa morte, Dialogue: 0,0:05:56.04,0:05:59.76,Default,,0000,0000,0000,,así que busquei respostas daqueles \Nque sufriran unha perda por suicidio. Dialogue: 0,0:06:01.64,0:06:05.82,Default,,0000,0000,0000,,Investiguei e axudei \Nna recadación de fondos, Dialogue: 0,0:06:06.20,0:06:07.100,Default,,0000,0000,0000,,e sempre que podía, Dialogue: 0,0:06:08.00,0:06:12.32,Default,,0000,0000,0000,,falaba con persoas que sobreviviran\Ná súa propia crise suicida Dialogue: 0,0:06:12.52,0:06:13.72,Default,,0000,0000,0000,,ou intento de suicidio. Dialogue: 0,0:06:14.84,0:06:17.06,Default,,0000,0000,0000,,Unha das conversas que máis me axudaron Dialogue: 0,0:06:17.08,0:06:18.54,Default,,0000,0000,0000,,foi cunha compañeira Dialogue: 0,0:06:18.56,0:06:20.46,Default,,0000,0000,0000,,que me oíu falando con outra persoa Dialogue: 0,0:06:20.49,0:06:21.69,Default,,0000,0000,0000,,na oficina. Dialogue: 0,0:06:22.76,0:06:26.18,Default,,0000,0000,0000,,Oíume dicir que non podía ser\Nque Dylan me quixera Dialogue: 0,0:06:26.20,0:06:28.96,Default,,0000,0000,0000,,se puidera facer algo\Ntan horrible coma o que fixera. Dialogue: 0,0:06:30.00,0:06:31.80,Default,,0000,0000,0000,,Máis tarde, cando me atopou soa, Dialogue: 0,0:06:32.76,0:06:35.22,Default,,0000,0000,0000,,desculpouse por escoitar a conversa, Dialogue: 0,0:06:35.24,0:06:36.80,Default,,0000,0000,0000,,pero díxome que estaba enganada. Dialogue: 0,0:06:37.88,0:06:40.34,Default,,0000,0000,0000,,Contoume que cando era unha \Nnai nova e solteira Dialogue: 0,0:06:40.52,0:06:41.96,Default,,0000,0000,0000,,con tres fillos pequenos, Dialogue: 0,0:06:42.60,0:06:47.24,Default,,0000,0000,0000,,tivera depresión e fora hospitalizada\Npola súa propia seguridade. Dialogue: 0,0:06:48.00,0:06:49.94,Default,,0000,0000,0000,,Naquel momento, ela estaba segura Dialogue: 0,0:06:50.32,0:06:53.38,Default,,0000,0000,0000,,de que os seus fillos estarían mellor\Nse ela morrese, Dialogue: 0,0:06:53.60,0:06:55.84,Default,,0000,0000,0000,,así que decidira acabar coa súa vida. Dialogue: 0,0:06:56.88,0:07:00.94,Default,,0000,0000,0000,,Aseguroume que o amor dunha nai\Né o vínculo máis forte que hai na Terra Dialogue: 0,0:07:00.96,0:07:04.00,Default,,0000,0000,0000,,e que lles quería aos seus fillos\Nmáis que a nada no mundo, Dialogue: 0,0:07:04.64,0:07:06.62,Default,,0000,0000,0000,,pero debido á súa enfermidade, Dialogue: 0,0:07:06.88,0:07:09.72,Default,,0000,0000,0000,,estaba segura de que estarían\Nmellor sen ela. Dialogue: 0,0:07:11.68,0:07:14.06,Default,,0000,0000,0000,,O que me contou e o que aprendín\Ndoutros Dialogue: 0,0:07:14.08,0:07:18.48,Default,,0000,0000,0000,,é que non tomamos a decisión ou elección Dialogue: 0,0:07:18.84,0:07:20.42,Default,,0000,0000,0000,,de suicidarnos Dialogue: 0,0:07:20.44,0:07:23.30,Default,,0000,0000,0000,,do mesmo xeito que escollemos\Nqué coche conducimos Dialogue: 0,0:07:23.32,0:07:25.44,Default,,0000,0000,0000,,ou a onde ir un sábado á noite. Dialogue: 0,0:07:26.36,0:07:29.46,Default,,0000,0000,0000,,Cando alguén se encontra\Nnun estado suicida extremo, Dialogue: 0,0:07:29.48,0:07:34.00,Default,,0000,0000,0000,,trátase dunha emerxencia médica. Dialogue: 0,0:07:34.68,0:07:39.16,Default,,0000,0000,0000,,A súa forma de pensar vese alterada\Ne perde os mecanismos de autocontrol. Dialogue: 0,0:07:40.32,0:07:43.32,Default,,0000,0000,0000,,Aínda que poden facer un plan\Ne actuar con lóxica, Dialogue: 0,0:07:43.52,0:07:47.29,Default,,0000,0000,0000,,a súa percepción \Nvese distorsionada por un filtro de dor Dialogue: 0,0:07:47.48,0:07:50.08,Default,,0000,0000,0000,,a través do cal interpretan\Na súa realidade. Dialogue: 0,0:07:50.88,0:07:54.37,Default,,0000,0000,0000,,A algunhas persoas dáselles moi ben\Nesconder este estado, Dialogue: 0,0:07:54.56,0:07:56.92,Default,,0000,0000,0000,,e a miúdo teñen bos motivos para facelo. Dialogue: 0,0:07:58.84,0:08:01.92,Default,,0000,0000,0000,,Moitos de nós temos pensamentos suicidas\Nnun momento ou noutro, Dialogue: 0,0:08:02.04,0:08:05.28,Default,,0000,0000,0000,,pero os pensamentos suicidas persistentes, Dialogue: 0,0:08:05.56,0:08:07.66,Default,,0000,0000,0000,,e planear a propia morte Dialogue: 0,0:08:07.80,0:08:09.81,Default,,0000,0000,0000,,son síntomas dunha patoloxía, Dialogue: 0,0:08:10.16,0:08:12.06,Default,,0000,0000,0000,,e como moitas enfermidades, Dialogue: 0,0:08:12.08,0:08:14.84,Default,,0000,0000,0000,,o problema debe ser recoñecido e tratado Dialogue: 0,0:08:15.52,0:08:17.17,Default,,0000,0000,0000,,antes de que se perda unha vida. Dialogue: 0,0:08:18.60,0:08:21.44,Default,,0000,0000,0000,,Mais a morte do meu fillo\Nnon foi só un suicidio. Dialogue: 0,0:08:22.20,0:08:23.96,Default,,0000,0000,0000,,Foi un asasinato masivo. Dialogue: 0,0:08:25.08,0:08:30.96,Default,,0000,0000,0000,,Eu buscaba comprender como o seu \Npensamento suicida se volveu homicida. Dialogue: 0,0:08:31.92,0:08:35.08,Default,,0000,0000,0000,,Pero hai poucas investigacións\Ne non hai respostas sinxelas. Dialogue: 0,0:08:36.24,0:08:39.16,Default,,0000,0000,0000,,Si, seguro que tiña depresión. Dialogue: 0,0:08:40.68,0:08:46.24,Default,,0000,0000,0000,,A súa personalidade era \Nperfeccionista e autosuficiente, Dialogue: 0,0:08:47.12,0:08:50.88,Default,,0000,0000,0000,,e iso facía que non acostumase\Na pedir axuda a outra xente. Dialogue: 0,0:08:51.88,0:08:55.34,Default,,0000,0000,0000,,No colexio sufriu experiencias traumáticas Dialogue: 0,0:08:55.36,0:09:00.76,Default,,0000,0000,0000,,que lle fixeron sentirse insignificante,\Nhumillado e enfadado. Dialogue: 0,0:09:02.16,0:09:05.42,Default,,0000,0000,0000,,E tiña unha amizade complicada Dialogue: 0,0:09:05.44,0:09:09.55,Default,,0000,0000,0000,,cun rapaz que compartía \Nos seus sentimentos de rabia e alienación, Dialogue: 0,0:09:09.80,0:09:13.39,Default,,0000,0000,0000,,e que estaba moi perturbado,\Nera controlador Dialogue: 0,0:09:13.39,0:09:14.90,Default,,0000,0000,0000,,e tiña instinto homicida. Dialogue: 0,0:09:16.28,0:09:19.14,Default,,0000,0000,0000,,E por riba de todo isto Dialogue: 0,0:09:19.16,0:09:22.32,Default,,0000,0000,0000,,neste período de vulnerabilidade\Ne fraxilidade Dialogue: 0,0:09:23.28,0:09:25.31,Default,,0000,0000,0000,,Dylan tivo acceso a armas de fogo, Dialogue: 0,0:09:25.68,0:09:27.84,Default,,0000,0000,0000,,aínda que nunca tiveramos unha na casa. Dialogue: 0,0:09:28.80,0:09:33.82,Default,,0000,0000,0000,,Foi moi fácil para un rapaz de 17 anos\Ncomprar armas, Dialogue: 0,0:09:34.04,0:09:38.68,Default,,0000,0000,0000,,tanto legal como ilegalmente,\Nsen que eu o soubera ou lle dera permiso. Dialogue: 0,0:09:39.88,0:09:44.40,Default,,0000,0000,0000,,E por algunha razón, 17 anos\Ne moitos tiroteos en escolas despois, Dialogue: 0,0:09:45.08,0:09:46.88,Default,,0000,0000,0000,,aínda é espantosamente fácil. Dialogue: 0,0:09:49.16,0:09:51.88,Default,,0000,0000,0000,,O que Dylan fixo ese día \Nrompeume o corazón, Dialogue: 0,0:09:53.24,0:09:55.10,Default,,0000,0000,0000,,e como pasa co trauma a miúdo, Dialogue: 0,0:09:55.12,0:09:58.08,Default,,0000,0000,0000,,causou estragos no meu corpo \Ne na miña mente Dialogue: 0,0:09:59.36,0:10:01.80,Default,,0000,0000,0000,,Dous anos despois do tiroteo,\Ntiven cáncer de mama, Dialogue: 0,0:10:03.20,0:10:06.56,Default,,0000,0000,0000,,e dous anos despois diso,\Ncomecei a ter problemas mentais. Dialogue: 0,0:10:08.48,0:10:11.48,Default,,0000,0000,0000,,Ademais da tristeza constante Dialogue: 0,0:10:11.92,0:10:15.50,Default,,0000,0000,0000,,aterrábame atoparme con algún familiar Dialogue: 0,0:10:15.52,0:10:17.58,Default,,0000,0000,0000,,de alguén que Dylan matara, Dialogue: 0,0:10:17.60,0:10:19.98,Default,,0000,0000,0000,,ou que me abordase a prensa Dialogue: 0,0:10:20.00,0:10:21.48,Default,,0000,0000,0000,,ou algún cidadán anoxado. Dialogue: 0,0:10:22.92,0:10:25.24,Default,,0000,0000,0000,,Tiña medo de poñer as noticias, Dialogue: 0,0:10:25.52,0:10:30.48,Default,,0000,0000,0000,,medo de que dixeran que era\Nunha mala nai ou unha persoa noxenta. Dialogue: 0,0:10:33.32,0:10:35.36,Default,,0000,0000,0000,,Comecei a sufrir ataques de pánico. Dialogue: 0,0:10:37.24,0:10:41.22,Default,,0000,0000,0000,,A primeira vez foi catro anos\Ndespois do tiroteo, Dialogue: 0,0:10:41.44,0:10:43.98,Default,,0000,0000,0000,,cando me estaba preparando para testificar Dialogue: 0,0:10:44.00,0:10:46.80,Default,,0000,0000,0000,,e ía ter que ver ás familias\Ndas vítimas cara a cara. Dialogue: 0,0:10:47.60,0:10:50.66,Default,,0000,0000,0000,,A segunda vez comezou seis anos\Ndespois do tiroteo, Dialogue: 0,0:10:51.00,0:10:54.46,Default,,0000,0000,0000,,cando me estaba preparando para falar\Nen público sobre o suicidio Dialogue: 0,0:10:54.48,0:10:56.48,Default,,0000,0000,0000,,por primeira vez, nunha conferencia. Dialogue: 0,0:10:57.52,0:10:59.92,Default,,0000,0000,0000,,Ambos episodios duraron varias semanas. Dialogue: 0,0:11:02.16,0:11:04.30,Default,,0000,0000,0000,,Os ataques dábanme en calquera lugar: Dialogue: 0,0:11:04.32,0:11:07.62,Default,,0000,0000,0000,,na ferraxería, na oficina, Dialogue: 0,0:11:07.64,0:11:09.68,Default,,0000,0000,0000,,ou incluso cando estaba na cama lendo. Dialogue: 0,0:11:10.60,0:11:15.43,Default,,0000,0000,0000,,A miña mente bloqueábase\Nnun círculo de terror Dialogue: 0,0:11:15.68,0:11:17.78,Default,,0000,0000,0000,,e por moito que intentase calmarme Dialogue: 0,0:11:17.80,0:11:21.86,Default,,0000,0000,0000,,ou razoar o que me pasaba, Dialogue: 0,0:11:21.88,0:11:23.16,Default,,0000,0000,0000,,non o conseguía. Dialogue: 0,0:11:24.44,0:11:27.00,Default,,0000,0000,0000,,Era coma se o meu cerebro\Nestivese intentando matarme, Dialogue: 0,0:11:27.92,0:11:30.50,Default,,0000,0000,0000,,e naquel momento, ter medo de ter medo Dialogue: 0,0:11:30.52,0:11:32.32,Default,,0000,0000,0000,,consumía todos os meus pensamentos. Dialogue: 0,0:11:33.20,0:11:35.10,Default,,0000,0000,0000,,Daquela aprendín de primeira man Dialogue: 0,0:11:35.12,0:11:37.56,Default,,0000,0000,0000,,o que se sente cando a mente\Nnon che funciona ben Dialogue: 0,0:11:38.64,0:11:42.12,Default,,0000,0000,0000,,e foi cando me convertín nunha verdadeira\Ndefensora da saúde cerebral. Dialogue: 0,0:11:43.76,0:11:46.74,Default,,0000,0000,0000,,Con terapia, medicación e autocoidados, Dialogue: 0,0:11:46.76,0:11:48.58,Default,,0000,0000,0000,,co tempo a vida volveu Dialogue: 0,0:11:48.60,0:11:52.08,Default,,0000,0000,0000,,ao que podería considerase normal\Nnestas circunstancias. Dialogue: 0,0:11:53.24,0:11:55.30,Default,,0000,0000,0000,,Cando volvín a vista atrás Dialogue: 0,0:11:55.32,0:11:58.88,Default,,0000,0000,0000,,puiden ver que a espiral disfuncional\Nna que caeu o meu fillo Dialogue: 0,0:11:59.68,0:12:02.83,Default,,0000,0000,0000,,probablemente lle ocorrera ao longo\Ndun período de dous anos, Dialogue: 0,0:12:03.20,0:12:05.65,Default,,0000,0000,0000,,tempo abondo para conseguirlle axuda, Dialogue: 0,0:12:06.28,0:12:09.09,Default,,0000,0000,0000,,se alguén se dera conta de que a precisaba Dialogue: 0,0:12:09.32,0:12:10.64,Default,,0000,0000,0000,,e soubera qué facer. Dialogue: 0,0:12:15.68,0:12:18.10,Default,,0000,0000,0000,,Cada vez que alguén me pregunta, Dialogue: 0,0:12:18.28,0:12:20.47,Default,,0000,0000,0000,,"Como é que non o sabías?", Dialogue: 0,0:12:20.76,0:12:22.76,Default,,0000,0000,0000,,síntome coma se me pegasen no estómago. Dialogue: 0,0:12:23.84,0:12:28.19,Default,,0000,0000,0000,,Parece unha acusación,\Ne cáusame un sentimento de culpa Dialogue: 0,0:12:28.40,0:12:30.90,Default,,0000,0000,0000,,que, a pesar de toda a terapia que fixen, Dialogue: 0,0:12:30.92,0:12:32.84,Default,,0000,0000,0000,,nunca se borra de todo. Dialogue: 0,0:12:33.88,0:12:35.50,Default,,0000,0000,0000,,Mais hai algo que aprendín: Dialogue: 0,0:12:36.72,0:12:38.37,Default,,0000,0000,0000,,se o amor abondara Dialogue: 0,0:12:38.60,0:12:40.74,Default,,0000,0000,0000,,para evitar que as persoas suicidas Dialogue: 0,0:12:40.76,0:12:42.15,Default,,0000,0000,0000,,se fixesen dano, Dialogue: 0,0:12:43.00,0:12:45.20,Default,,0000,0000,0000,,os suicidios nunca ocorrerían. Dialogue: 0,0:12:46.32,0:12:48.06,Default,,0000,0000,0000,,Pero o amor non basta, Dialogue: 0,0:12:49.24,0:12:51.00,Default,,0000,0000,0000,,e o suicidio é frecuente. Dialogue: 0,0:12:51.68,0:12:54.08,Default,,0000,0000,0000,,É a segunda causa de morte Dialogue: 0,0:12:54.52,0:12:56.72,Default,,0000,0000,0000,,na xente de entre 10 e 34 anos, Dialogue: 0,0:12:57.64,0:13:00.30,Default,,0000,0000,0000,,e o 15 % da mocidade estadounidense Dialogue: 0,0:13:00.32,0:13:03.06,Default,,0000,0000,0000,,di que planeou o seu suicidio Dialogue: 0,0:13:03.08,0:13:04.28,Default,,0000,0000,0000,,no último ano. Dialogue: 0,0:13:06.16,0:13:10.28,Default,,0000,0000,0000,,Aprendín que por moito\Nque queiramos crer o contrario Dialogue: 0,0:13:11.00,0:13:13.60,Default,,0000,0000,0000,,non podemos saber ou controlar Dialogue: 0,0:13:13.84,0:13:15.80,Default,,0000,0000,0000,,o que senten os nosos seres queridos, Dialogue: 0,0:13:16.76,0:13:19.88,Default,,0000,0000,0000,,e a crenza teimuda de que somos distintos, Dialogue: 0,0:13:20.56,0:13:23.79,Default,,0000,0000,0000,,de que alguén que nós queremos\Nnunca pensaría en facerse dano Dialogue: 0,0:13:24.00,0:13:25.45,Default,,0000,0000,0000,,ou facerllo a outra persoa, Dialogue: 0,0:13:26.08,0:13:27.93,Default,,0000,0000,0000,,pode provocar que non vexamos Dialogue: 0,0:13:28.12,0:13:30.15,Default,,0000,0000,0000,,o que está escondido a simple vista. Dialogue: 0,0:13:31.84,0:13:35.10,Default,,0000,0000,0000,,E se a peor das posibilidades sucede, Dialogue: 0,0:13:36.52,0:13:39.99,Default,,0000,0000,0000,,temos que aprender a perdoarnos\Npor non saber Dialogue: 0,0:13:40.44,0:13:42.87,Default,,0000,0000,0000,,ou por non facer as preguntas correctas Dialogue: 0,0:13:43.16,0:13:45.88,Default,,0000,0000,0000,,ou por non atopar o tratamento adecuado. Dialogue: 0,0:13:47.24,0:13:48.50,Default,,0000,0000,0000,,Sempre debemos asumir Dialogue: 0,0:13:48.52,0:13:51.16,Default,,0000,0000,0000,,que alguén que queremos\Npode estar sufrindo, Dialogue: 0,0:13:51.88,0:13:54.16,Default,,0000,0000,0000,,a pesar do que diga Dialogue: 0,0:13:54.52,0:13:55.76,Default,,0000,0000,0000,,ou de como actúe. Dialogue: 0,0:13:56.72,0:13:58.84,Default,,0000,0000,0000,,Debemos escoitar con todo o noso ser, Dialogue: 0,0:13:59.80,0:14:01.00,Default,,0000,0000,0000,,sen xulgar, Dialogue: 0,0:14:01.68,0:14:03.80,Default,,0000,0000,0000,,e sen ofrecer solucións. Dialogue: 0,0:14:07.36,0:14:10.38,Default,,0000,0000,0000,,Sei que vivirei con esta traxedia, Dialogue: 0,0:14:10.60,0:14:12.53,Default,,0000,0000,0000,,con estas traxedias múltiples, Dialogue: 0,0:14:12.56,0:14:14.12,Default,,0000,0000,0000,,durante o resto da miña vida. Dialogue: 0,0:14:15.32,0:14:17.32,Default,,0000,0000,0000,,Sei que para moitos, Dialogue: 0,0:14:21.08,0:14:24.84,Default,,0000,0000,0000,,o que eu perdín non se pode comparar\Nco que perderon o resto das familias. Dialogue: 0,0:14:26.24,0:14:28.84,Default,,0000,0000,0000,,Sei que o meu sufrimento \Nnon fai o deles máis sinxelo. Dialogue: 0,0:14:31.00,0:14:35.97,Default,,0000,0000,0000,,Sei que hai incluso xente que pensa\Nque non teño dereito a sufrir, Dialogue: 0,0:14:36.40,0:14:39.24,Default,,0000,0000,0000,,só a unha vida de penitencia permanente. Dialogue: 0,0:14:41.80,0:14:44.41,Default,,0000,0000,0000,,Ó final, o que sei resúmese nisto: Dialogue: 0,0:14:45.32,0:14:51.08,Default,,0000,0000,0000,,a tráxica realidade é que incluso\Nos máis responsables e atentos de nós Dialogue: 0,0:14:51.52,0:14:53.44,Default,,0000,0000,0000,,podemos non ser capaces de axudar, Dialogue: 0,0:14:54.84,0:14:56.64,Default,,0000,0000,0000,,pero en nome do amor, Dialogue: 0,0:14:57.04,0:14:59.22,Default,,0000,0000,0000,,non debemos deixar de intentar Dialogue: 0,0:14:59.24,0:15:00.72,Default,,0000,0000,0000,,saber o que non se pode saber. Dialogue: 0,0:15:01.56,0:15:02.54,Default,,0000,0000,0000,,Grazas. Dialogue: 0,0:15:02.77,0:15:04.43,Default,,0000,0000,0000,,(Aplausos)