1 00:00:01,080 --> 00:00:03,576 A derradeira vez que oín a voz do meu fillo 2 00:00:03,600 --> 00:00:05,936 foi cando saíu pola porta da casa 3 00:00:05,960 --> 00:00:07,240 para ir ao instituto. 4 00:00:08,480 --> 00:00:10,680 Na escuridade, dixo unha palabra: 5 00:00:11,320 --> 00:00:12,320 "Adeus". 6 00:00:13,000 --> 00:00:16,000 Era o 20 de abril de 1999. 7 00:00:16,880 --> 00:00:19,936 Máis tarde aquela mañá, no instituto de Columbine 8 00:00:19,960 --> 00:00:22,565 o meu fillo Dylan e o seu amigo Eric 9 00:00:22,920 --> 00:00:25,240 mataron a 12 estudantes e a un profesor 10 00:00:26,280 --> 00:00:29,960 e feriron a outras 20 persoas máis, antes de quitarse a vida. 11 00:00:31,160 --> 00:00:33,915 Trece persoas inocentes foron asasinadas, 12 00:00:34,240 --> 00:00:37,440 deixando aos seus seres queridos nun estado de dó e trauma. 13 00:00:38,320 --> 00:00:40,176 Outros recibiron feridas, 14 00:00:40,200 --> 00:00:44,240 que desfiguraron a uns e deixaron a outros con discapacidade permanente. 15 00:00:45,840 --> 00:00:47,656 Pero a gravidade da traxedia 16 00:00:47,680 --> 00:00:51,800 non pode medirse só polo número de mortes e feridos. 17 00:00:52,720 --> 00:00:56,136 Non hai xeito de medir os danos psicolóxicos 18 00:00:56,160 --> 00:00:57,952 daqueles que estaban no instituto, 19 00:00:58,120 --> 00:01:01,480 ou dos que participaron nos esforzos de rescate e limpeza. 20 00:01:02,280 --> 00:01:05,920 Non hai maneira de calcular a magnitude dunha traxedia como a de Columbine, 21 00:01:06,680 --> 00:01:08,936 especialmente cando pode servir de modelo 22 00:01:08,960 --> 00:01:12,400 para outros tiradores que deciden cometer atrocidades. 23 00:01:13,600 --> 00:01:15,440 Columbine foi coma un maremoto, 24 00:01:16,180 --> 00:01:17,486 e cando a colisión rematou, 25 00:01:17,486 --> 00:01:21,416 pasaron anos ata que a comunidade e a sociedade foron capaces 26 00:01:21,440 --> 00:01:23,160 de comprender o seu impacto. 27 00:01:24,720 --> 00:01:28,840 Tardei moitos anos en intentar aceptar o legado do meu fillo. 28 00:01:29,760 --> 00:01:32,731 O comportamento cruel que marcou o final da súa vida 29 00:01:32,920 --> 00:01:36,480 fíxome ver que era unha persoa completamente distinta da que eu coñecía. 30 00:01:37,600 --> 00:01:39,790 Despois, a xente preguntábame, 31 00:01:40,000 --> 00:01:41,760 "Como puideches non darte conta? 32 00:01:42,560 --> 00:01:44,120 Que clase de nai eras?" 33 00:01:45,240 --> 00:01:47,880 Aínda me fago esas mesmas preguntas. 34 00:01:49,080 --> 00:01:51,960 Antes do tiroteo, eu pensaba que era unha boa nai. 35 00:01:52,760 --> 00:01:55,216 Axudarlles aos meus fillos a converterse en adultos 36 00:01:55,240 --> 00:01:57,576 xenerosos, sans e responsables 37 00:01:57,600 --> 00:02:00,918 era o papel máis importante da miña vida. 38 00:02:01,760 --> 00:02:05,080 Pero a traxedia convenceume de que fracasei como nai, 39 00:02:05,840 --> 00:02:09,560 e en parte é este sentimento de fracaso o que me trae hoxe aquí. 40 00:02:11,240 --> 00:02:12,496 Á parte de seu pai, 41 00:02:12,520 --> 00:02:16,080 eu era a persoa que máis coñecía e quería a Dylan. 42 00:02:16,800 --> 00:02:19,056 Se alguén puidese saber o que pasaba, 43 00:02:19,080 --> 00:02:20,800 debería ser eu, non si? 44 00:02:22,000 --> 00:02:23,200 Pero non o sabía. 45 00:02:25,440 --> 00:02:27,336 Estou aquí para compartir a experiencia 46 00:02:27,360 --> 00:02:31,080 do que é ser a nai de alguén que mata e causa dor. 47 00:02:32,200 --> 00:02:35,960 Durante anos despois da traxedia repasei moitos recordos 48 00:02:36,080 --> 00:02:39,680 intentando atopar en que fallara como nai. 49 00:02:40,280 --> 00:02:42,878 Pero non hai respostas simples. 50 00:02:43,040 --> 00:02:44,960 Non podo darvos ningunha solución. 51 00:02:45,520 --> 00:02:46,720 Todo o que podo facer 52 00:02:47,760 --> 00:02:50,120 é compartir o que aprendín. 53 00:02:51,440 --> 00:02:54,758 Cando falo con xente que non me coñecía antes do tiroteo 54 00:02:55,080 --> 00:02:56,880 enfróntome a tres desafíos. 55 00:02:57,640 --> 00:03:00,840 O primeiro, cando entro nunha sala coma esta, 56 00:03:01,480 --> 00:03:04,797 nunca sei se alguén que está aquí sufriu a falta dun ser querido 57 00:03:05,080 --> 00:03:06,800 por culpa do que fixo o meu fillo. 58 00:03:08,080 --> 00:03:11,998 Sinto que debo recoñecer o sufrimento que un membro da miña familia causou 59 00:03:12,240 --> 00:03:14,440 xa que el non está aquí para facelo. 60 00:03:15,080 --> 00:03:17,640 Así que, con todo o meu corazón, 61 00:03:18,320 --> 00:03:21,560 pídovos perdón pola dor que o meu fillo vos puido causar. 62 00:03:23,640 --> 00:03:25,400 O segundo desafío ó que me enfronto 63 00:03:26,040 --> 00:03:29,760 é que debo pedir comprensión e incluso compaixón 64 00:03:30,560 --> 00:03:33,800 cando falo sobre a morte do meu fillo coma un suicidio. 65 00:03:34,480 --> 00:03:36,449 Dous anos antes de morrer 66 00:03:36,640 --> 00:03:38,856 escribiu nun caderno 67 00:03:38,880 --> 00:03:40,440 que se estaba cortando. 68 00:03:41,200 --> 00:03:42,816 Dicía que estaba angustiado 69 00:03:42,840 --> 00:03:45,480 e que quería unha pistola para acabar coa súa vida. 70 00:03:46,160 --> 00:03:49,920 Non souben nada disto ata meses despois da súa morte. 71 00:03:50,720 --> 00:03:54,043 Cando falo da súa morte coma un suicidio, 72 00:03:54,160 --> 00:03:58,200 non pretendo minimizar a maldade que mostrou ao fin da súa vida. 73 00:03:58,840 --> 00:04:00,598 Estou intentando entender 74 00:04:00,840 --> 00:04:02,853 como o seu pensamento suicida 75 00:04:02,960 --> 00:04:04,343 o levou a asasinar. 76 00:04:05,080 --> 00:04:08,015 Despois de ler moito e falar con expertos, 77 00:04:08,320 --> 00:04:09,976 cheguei á conclusión 78 00:04:10,000 --> 00:04:14,720 de que a súa participación no tiroteo xurdía non dun desexo de matar, 79 00:04:15,480 --> 00:04:17,160 senón dun desexo de morrer. 80 00:04:18,320 --> 00:04:23,466 O terceiro desafío que teño cando falo da morte-suicidio do meu fillo 81 00:04:23,640 --> 00:04:26,312 é que estou falando de saúde mental, 82 00:04:27,680 --> 00:04:28,705 --perdón-- 83 00:04:28,920 --> 00:04:31,348 é que estou falando de saúde mental 84 00:04:31,560 --> 00:04:35,425 ou saúde cerebral, como prefiro chamarlle, porque é máis concreto. 85 00:04:35,760 --> 00:04:39,164 E ao mesmo tempo, estou a falar de violencia. 86 00:04:39,520 --> 00:04:43,115 O último que quero facer é contribuír á incomprensión 87 00:04:43,120 --> 00:04:46,110 que xa existe arredor das enfermidades mentais. 88 00:04:46,360 --> 00:04:51,136 Só unha pequena porcentaxe da xente que pacede unha enfermidade mental 89 00:04:51,160 --> 00:04:53,400 actúa de xeito violento contra outras persoas, 90 00:04:54,800 --> 00:04:57,936 pero daqueles que se suicidan, 91 00:04:57,960 --> 00:05:02,176 estímase que entre o 75 e talvez máis do 90 por cento 92 00:05:02,200 --> 00:05:05,600 teñen algún tipo de problema mental diagnosticable. 93 00:05:06,680 --> 00:05:07,936 Como ben sabedes, 94 00:05:07,960 --> 00:05:10,920 o noso sistema de saúde non está preparado para axudar a todos 95 00:05:12,000 --> 00:05:14,337 e non todo o mundo con pensamentos destrutivos 96 00:05:14,520 --> 00:05:16,119 cumpre os criterios 97 00:05:16,280 --> 00:05:18,440 para un diagnóstico específico. 98 00:05:19,200 --> 00:05:21,216 Moita xente que ten pensamentos constantes 99 00:05:21,240 --> 00:05:24,976 de medo, enfado ou desesperanza 100 00:05:25,000 --> 00:05:26,880 nunca é avaliada ou tratada. 101 00:05:27,640 --> 00:05:32,280 A miúdo, só reciben a nosa atención se chegan a ter unha crise. 102 00:05:33,400 --> 00:05:35,456 Se son correctos os cálculos que din 103 00:05:35,480 --> 00:05:38,416 que entre o 1 e o 2% dos suicidios 104 00:05:38,440 --> 00:05:40,520 supoñen o asasinato doutra persoa, 105 00:05:42,080 --> 00:05:46,000 cando as taxas de suicidio soben, como está pasando nalgúns lugares, 106 00:05:46,720 --> 00:05:49,400 as taxas de asasinato e suicidio tamén subirán. 107 00:05:50,520 --> 00:05:55,784 Eu quería entender o que pasaba pola cabeza do meu fillo antes da súa morte, 108 00:05:56,040 --> 00:05:59,760 así que busquei respostas daqueles que sufriran unha perda por suicidio. 109 00:06:01,640 --> 00:06:05,825 Investiguei e axudei na recadación de fondos, 110 00:06:06,200 --> 00:06:07,997 e sempre que podía, 111 00:06:08,000 --> 00:06:12,325 falaba con persoas que sobreviviran á súa propia crise suicida 112 00:06:12,520 --> 00:06:13,720 ou intento de suicidio. 113 00:06:14,840 --> 00:06:17,056 Unha das conversas que máis me axudaron 114 00:06:17,080 --> 00:06:18,536 foi cunha compañeira 115 00:06:18,560 --> 00:06:20,465 que me oíu falando con outra persoa 116 00:06:20,489 --> 00:06:21,689 na oficina. 117 00:06:22,760 --> 00:06:26,176 Oíume dicir que non podía ser que Dylan me quixera 118 00:06:26,200 --> 00:06:28,960 se puidera facer algo tan horrible coma o que fixera. 119 00:06:30,000 --> 00:06:31,800 Máis tarde, cando me atopou soa, 120 00:06:32,760 --> 00:06:35,216 desculpouse por escoitar a conversa, 121 00:06:35,240 --> 00:06:36,800 pero díxome que estaba enganada. 122 00:06:37,880 --> 00:06:40,340 Contoume que cando era unha nai nova e solteira 123 00:06:40,520 --> 00:06:41,960 con tres fillos pequenos, 124 00:06:42,600 --> 00:06:47,240 tivera depresión e fora hospitalizada pola súa propia seguridade. 125 00:06:48,000 --> 00:06:49,941 Naquel momento, ela estaba segura 126 00:06:50,320 --> 00:06:53,376 de que os seus fillos estarían mellor se ela morrese, 127 00:06:53,600 --> 00:06:55,840 así que decidira acabar coa súa vida. 128 00:06:56,880 --> 00:07:00,936 Aseguroume que o amor dunha nai é o vínculo máis forte que hai na Terra 129 00:07:00,960 --> 00:07:04,000 e que lles quería aos seus fillos máis que a nada no mundo, 130 00:07:04,640 --> 00:07:06,622 pero debido á súa enfermidade, 131 00:07:06,880 --> 00:07:09,720 estaba segura de que estarían mellor sen ela. 132 00:07:11,680 --> 00:07:14,056 O que me contou e o que aprendín doutros 133 00:07:14,080 --> 00:07:18,482 é que non tomamos a decisión ou elección 134 00:07:18,840 --> 00:07:20,416 de suicidarnos 135 00:07:20,440 --> 00:07:23,296 do mesmo xeito que escollemos qué coche conducimos 136 00:07:23,320 --> 00:07:25,440 ou a onde ir un sábado á noite. 137 00:07:26,360 --> 00:07:29,456 Cando alguén se encontra nun estado suicida extremo, 138 00:07:29,480 --> 00:07:34,000 trátase dunha emerxencia médica. 139 00:07:34,680 --> 00:07:39,160 A súa forma de pensar vese alterada e perde os mecanismos de autocontrol. 140 00:07:40,320 --> 00:07:43,322 Aínda que poden facer un plan e actuar con lóxica, 141 00:07:43,520 --> 00:07:47,293 a súa percepción vese distorsionada por un filtro de dor 142 00:07:47,480 --> 00:07:50,080 a través do cal interpretan a súa realidade. 143 00:07:50,880 --> 00:07:54,367 A algunhas persoas dáselles moi ben esconder este estado, 144 00:07:54,560 --> 00:07:56,920 e a miúdo teñen bos motivos para facelo. 145 00:07:58,840 --> 00:08:01,923 Moitos de nós temos pensamentos suicidas nun momento ou noutro, 146 00:08:02,040 --> 00:08:05,285 pero os pensamentos suicidas persistentes, 147 00:08:05,560 --> 00:08:07,655 e planear a propia morte 148 00:08:07,800 --> 00:08:09,806 son síntomas dunha patoloxía, 149 00:08:10,160 --> 00:08:12,056 e como moitas enfermidades, 150 00:08:12,080 --> 00:08:14,840 o problema debe ser recoñecido e tratado 151 00:08:15,520 --> 00:08:17,170 antes de que se perda unha vida. 152 00:08:18,600 --> 00:08:21,440 Mais a morte do meu fillo non foi só un suicidio. 153 00:08:22,200 --> 00:08:23,960 Foi un asasinato masivo. 154 00:08:25,080 --> 00:08:30,960 Eu buscaba comprender como o seu pensamento suicida se volveu homicida. 155 00:08:31,920 --> 00:08:35,080 Pero hai poucas investigacións e non hai respostas sinxelas. 156 00:08:36,240 --> 00:08:39,159 Si, seguro que tiña depresión. 157 00:08:40,679 --> 00:08:46,240 A súa personalidade era perfeccionista e autosuficiente, 158 00:08:47,120 --> 00:08:50,880 e iso facía que non acostumase a pedir axuda a outra xente. 159 00:08:51,880 --> 00:08:55,336 No colexio sufriu experiencias traumáticas 160 00:08:55,360 --> 00:09:00,760 que lle fixeron sentirse insignificante, humillado e enfadado. 161 00:09:02,160 --> 00:09:05,416 E tiña unha amizade complicada 162 00:09:05,440 --> 00:09:09,547 cun rapaz que compartía os seus sentimentos de rabia e alienación, 163 00:09:09,800 --> 00:09:13,386 e que estaba moi perturbado, era controlador 164 00:09:13,386 --> 00:09:14,900 e tiña instinto homicida. 165 00:09:16,280 --> 00:09:19,136 E por riba de todo isto 166 00:09:19,160 --> 00:09:22,320 neste período de vulnerabilidade e fraxilidade 167 00:09:23,280 --> 00:09:25,312 Dylan tivo acceso a armas de fogo, 168 00:09:25,680 --> 00:09:27,840 aínda que nunca tiveramos unha na casa. 169 00:09:28,800 --> 00:09:33,822 Foi moi fácil para un rapaz de 17 anos comprar armas, 170 00:09:34,040 --> 00:09:38,680 tanto legal como ilegalmente, sen que eu o soubera ou lle dera permiso. 171 00:09:39,880 --> 00:09:44,400 E por algunha razón, 17 anos e moitos tiroteos en escolas despois, 172 00:09:45,080 --> 00:09:46,880 aínda é espantosamente fácil. 173 00:09:49,160 --> 00:09:51,880 O que Dylan fixo ese día rompeume o corazón, 174 00:09:53,240 --> 00:09:55,096 e como pasa co trauma a miúdo, 175 00:09:55,120 --> 00:09:58,080 causou estragos no meu corpo e na miña mente 176 00:09:59,360 --> 00:10:01,800 Dous anos despois do tiroteo, tiven cáncer de mama, 177 00:10:03,200 --> 00:10:06,560 e dous anos despois diso, comecei a ter problemas mentais. 178 00:10:08,480 --> 00:10:11,484 Ademais da tristeza constante 179 00:10:11,920 --> 00:10:15,496 aterrábame atoparme con algún familiar 180 00:10:15,520 --> 00:10:17,576 de alguén que Dylan matara, 181 00:10:17,600 --> 00:10:19,976 ou que me abordase a prensa 182 00:10:20,000 --> 00:10:21,480 ou algún cidadán anoxado. 183 00:10:22,920 --> 00:10:25,240 Tiña medo de poñer as noticias, 184 00:10:25,520 --> 00:10:30,480 medo de que dixeran que era unha mala nai ou unha persoa noxenta. 185 00:10:33,320 --> 00:10:35,360 Comecei a sufrir ataques de pánico. 186 00:10:37,240 --> 00:10:41,219 A primeira vez foi catro anos despois do tiroteo, 187 00:10:41,440 --> 00:10:43,976 cando me estaba preparando para testificar 188 00:10:44,000 --> 00:10:46,800 e ía ter que ver ás familias das vítimas cara a cara. 189 00:10:47,600 --> 00:10:50,658 A segunda vez comezou seis anos despois do tiroteo, 190 00:10:51,000 --> 00:10:54,456 cando me estaba preparando para falar en público sobre o suicidio 191 00:10:54,480 --> 00:10:56,480 por primeira vez, nunha conferencia. 192 00:10:57,520 --> 00:10:59,920 Ambos episodios duraron varias semanas. 193 00:11:02,160 --> 00:11:04,296 Os ataques dábanme en calquera lugar: 194 00:11:04,320 --> 00:11:07,616 na ferraxería, na oficina, 195 00:11:07,640 --> 00:11:09,680 ou incluso cando estaba na cama lendo. 196 00:11:10,600 --> 00:11:15,433 A miña mente bloqueábase nun círculo de terror 197 00:11:15,680 --> 00:11:17,776 e por moito que intentase calmarme 198 00:11:17,800 --> 00:11:21,856 ou razoar o que me pasaba, 199 00:11:21,880 --> 00:11:23,160 non o conseguía. 200 00:11:24,440 --> 00:11:27,000 Era coma se o meu cerebro estivese intentando matarme, 201 00:11:27,920 --> 00:11:30,496 e naquel momento, ter medo de ter medo 202 00:11:30,520 --> 00:11:32,320 consumía todos os meus pensamentos. 203 00:11:33,200 --> 00:11:35,096 Daquela aprendín de primeira man 204 00:11:35,120 --> 00:11:37,560 o que se sente cando a mente non che funciona ben 205 00:11:38,640 --> 00:11:42,120 e foi cando me convertín nunha verdadeira defensora da saúde cerebral. 206 00:11:43,760 --> 00:11:46,736 Con terapia, medicación e autocoidados, 207 00:11:46,760 --> 00:11:48,576 co tempo a vida volveu 208 00:11:48,600 --> 00:11:52,080 ao que podería considerase normal nestas circunstancias. 209 00:11:53,240 --> 00:11:55,296 Cando volvín a vista atrás 210 00:11:55,320 --> 00:11:58,880 puiden ver que a espiral disfuncional na que caeu o meu fillo 211 00:11:59,680 --> 00:12:02,829 probablemente lle ocorrera ao longo dun período de dous anos, 212 00:12:03,200 --> 00:12:05,652 tempo abondo para conseguirlle axuda, 213 00:12:06,280 --> 00:12:09,087 se alguén se dera conta de que a precisaba 214 00:12:09,320 --> 00:12:10,640 e soubera qué facer. 215 00:12:15,680 --> 00:12:18,099 Cada vez que alguén me pregunta, 216 00:12:18,280 --> 00:12:20,466 "Como é que non o sabías?", 217 00:12:20,760 --> 00:12:22,760 síntome coma se me pegasen no estómago. 218 00:12:23,840 --> 00:12:28,190 Parece unha acusación, e cáusame un sentimento de culpa 219 00:12:28,400 --> 00:12:30,896 que, a pesar de toda a terapia que fixen, 220 00:12:30,920 --> 00:12:32,840 nunca se borra de todo. 221 00:12:33,880 --> 00:12:35,500 Mais hai algo que aprendín: 222 00:12:36,720 --> 00:12:38,368 se o amor abondara 223 00:12:38,600 --> 00:12:40,736 para evitar que as persoas suicidas 224 00:12:40,760 --> 00:12:42,151 se fixesen dano, 225 00:12:43,000 --> 00:12:45,200 os suicidios nunca ocorrerían. 226 00:12:46,320 --> 00:12:48,061 Pero o amor non basta, 227 00:12:49,240 --> 00:12:51,000 e o suicidio é frecuente. 228 00:12:51,680 --> 00:12:54,077 É a segunda causa de morte 229 00:12:54,520 --> 00:12:56,720 na xente de entre 10 e 34 anos, 230 00:12:57,640 --> 00:13:00,296 e o 15 % da mocidade estadounidense 231 00:13:00,320 --> 00:13:03,056 di que planeou o seu suicidio 232 00:13:03,080 --> 00:13:04,280 no último ano. 233 00:13:06,160 --> 00:13:10,280 Aprendín que por moito que queiramos crer o contrario 234 00:13:11,000 --> 00:13:13,600 non podemos saber ou controlar 235 00:13:13,840 --> 00:13:15,800 o que senten os nosos seres queridos, 236 00:13:16,760 --> 00:13:19,880 e a crenza teimuda de que somos distintos, 237 00:13:20,560 --> 00:13:23,787 de que alguén que nós queremos nunca pensaría en facerse dano 238 00:13:24,000 --> 00:13:25,453 ou facerllo a outra persoa, 239 00:13:26,080 --> 00:13:27,929 pode provocar que non vexamos 240 00:13:28,120 --> 00:13:30,150 o que está escondido a simple vista. 241 00:13:31,840 --> 00:13:35,103 E se a peor das posibilidades sucede, 242 00:13:36,520 --> 00:13:39,988 temos que aprender a perdoarnos por non saber 243 00:13:40,440 --> 00:13:42,872 ou por non facer as preguntas correctas 244 00:13:43,160 --> 00:13:45,880 ou por non atopar o tratamento adecuado. 245 00:13:47,240 --> 00:13:48,496 Sempre debemos asumir 246 00:13:48,520 --> 00:13:51,160 que alguén que queremos pode estar sufrindo, 247 00:13:51,880 --> 00:13:54,165 a pesar do que diga 248 00:13:54,520 --> 00:13:55,760 ou de como actúe. 249 00:13:56,720 --> 00:13:58,840 Debemos escoitar con todo o noso ser, 250 00:13:59,800 --> 00:14:01,000 sen xulgar, 251 00:14:01,680 --> 00:14:03,800 e sen ofrecer solucións. 252 00:14:07,360 --> 00:14:10,377 Sei que vivirei con esta traxedia, 253 00:14:10,600 --> 00:14:12,530 con estas traxedias múltiples, 254 00:14:12,560 --> 00:14:14,120 durante o resto da miña vida. 255 00:14:15,320 --> 00:14:17,320 Sei que para moitos, 256 00:14:21,080 --> 00:14:24,840 o que eu perdín non se pode comparar co que perderon o resto das familias. 257 00:14:26,240 --> 00:14:28,840 Sei que o meu sufrimento non fai o deles máis sinxelo. 258 00:14:31,000 --> 00:14:35,973 Sei que hai incluso xente que pensa que non teño dereito a sufrir, 259 00:14:36,400 --> 00:14:39,240 só a unha vida de penitencia permanente. 260 00:14:41,800 --> 00:14:44,414 Ó final, o que sei resúmese nisto: 261 00:14:45,320 --> 00:14:51,076 a tráxica realidade é que incluso os máis responsables e atentos de nós 262 00:14:51,520 --> 00:14:53,440 podemos non ser capaces de axudar, 263 00:14:54,840 --> 00:14:56,635 pero en nome do amor, 264 00:14:57,040 --> 00:14:59,216 non debemos deixar de intentar 265 00:14:59,240 --> 00:15:00,720 saber o que non se pode saber. 266 00:15:01,560 --> 00:15:02,539 Grazas. 267 00:15:02,768 --> 00:15:04,428 (Aplausos)