WEBVTT 00:00:00.753 --> 00:00:02.757 Antes de facerme dermatólogo, 00:00:02.757 --> 00:00:05.319 comecei na medicina xeral, 00:00:05.319 --> 00:00:07.555 como fan moitos dermatólogos en Gran Bretaña. 00:00:08.064 --> 00:00:09.603 Ao rematar, fun a Australia, 00:00:10.073 --> 00:00:11.639 hai case vinte anos. 00:00:12.089 --> 00:00:13.750 Cando marchas a Australia 00:00:13.750 --> 00:00:16.446 aprendes que os australianos son moi competitivos. 00:00:16.446 --> 00:00:18.403 E non son magnánimos nas vitorias. 00:00:18.403 --> 00:00:20.467 E iso pasaba moito: 00:00:20.467 --> 00:00:22.899 "Ingleses, non sabedes xogar ao cricket, rugby...". 00:00:23.559 --> 00:00:25.017 Podía aceptar iso. 00:00:25.907 --> 00:00:27.347 No relacionado ao traballo, 00:00:27.597 --> 00:00:29.885 temos semanalmente un club de lectura, 00:00:29.885 --> 00:00:32.343 onde sentas cos outros médicos 00:00:32.343 --> 00:00:34.463 e estudas unha publicación científica 00:00:34.463 --> 00:00:36.304 que teña relación coa medicina. 00:00:36.304 --> 00:00:39.053 O segundo encontro foi sobre a mortalidade cardiovascular, 00:00:39.053 --> 00:00:41.113 un tema complicado. 00:00:41.113 --> 00:00:43.033 As mortes por enfermidades cardíacas, 00:00:43.033 --> 00:00:44.317 cales son as taxas. 00:00:44.487 --> 00:00:46.093 E eran competitivos sobre isto: 00:00:46.093 --> 00:00:49.189 "Ingleses, as vosas taxas de cardiopatías son tremendas." 00:00:49.189 --> 00:00:51.495 E certamente tiñan razón. 00:00:51.495 --> 00:00:55.316 Os australianos teñen un terzo menos de cardiopatías ca nós 00:00:55.316 --> 00:00:59.217 --menos mortes por ataques ao corazón, por insuficiencias cardíacas ou infartos. 00:00:59.217 --> 00:01:00.917 Adoitan ser máis sans. 00:01:00.917 --> 00:01:04.718 E claro, dicían que isto era pola súa superior integridade moral 00:01:04.718 --> 00:01:08.740 porque eles son australianos e nós frouxos inglesiños. 00:01:08.740 --> 00:01:13.771 Pero non é só que teñan mellor saúde ca Gran Bretaña. 00:01:13.771 --> 00:01:17.299 En Gran Bretaña hai un gradiente de saúde, 00:01:17.299 --> 00:01:19.235 isto chámase mortalidade estandarizada, 00:01:19.235 --> 00:01:21.323 é dicir, as probabilidades de morrer. 00:01:21.323 --> 00:01:24.667 Estes son datos dos xornais de hai vinte anos, 00:01:24.667 --> 00:01:26.142 mais segue sendo certo hoxe. 00:01:26.142 --> 00:01:29.232 Se comparamosas taxas de mortalidade a 50 graos norte 00:01:29.232 --> 00:01:31.859 --esa frecha sinala o sur, Londres e contorna-- 00:01:31.859 --> 00:01:35.229 e a 55º norte, 00:01:35.229 --> 00:01:37.561 a mala noticia é que Glasgow é isto de aquí. 00:01:37.561 --> 00:01:40.083 Eu son de Edimburgo. Peores novas aínda en Edimburgo. 00:01:41.587 --> 00:01:44.037 (Risos) 00:01:44.207 --> 00:01:47.513 Entón, que é o que pasa neste terrible espazo, 00:01:47.513 --> 00:01:49.717 aquí entre nós, no sur de Escocia, 00:01:49.717 --> 00:01:50.727 e o sur? 00:01:50.727 --> 00:01:52.145 Xa sabemos o dos fumadores, 00:01:52.145 --> 00:01:54.957 as barriñas Mars fritidas, as patacas... a dieta de Glasgow. 00:01:54.977 --> 00:01:56.175 Todo iso. 00:01:56.175 --> 00:01:58.967 Mais esta gráfica xa ten en conta, 00:01:58.967 --> 00:02:01.241 todos estes factores de risco coñecidos. 00:02:01.241 --> 00:02:04.800 Isto xa ten en conta fumadores, clase social, dieta, 00:02:04.800 --> 00:02:06.893 todos eses factores de risco coñecidos. 00:02:06.893 --> 00:02:08.987 Quédanos este espazo perdido, 00:02:08.987 --> 00:02:13.007 de mortes crecentes canto máis vaias ao norte. 00:02:13.007 --> 00:02:15.594 A luz do sol, por suposto, inflúe. 00:02:15.594 --> 00:02:17.584 A vitamina D tivo moi mala prensa, 00:02:17.584 --> 00:02:19.586 e moita xente preocúpase por ela. 00:02:19.586 --> 00:02:20.926 E precisamos a vitamina D. 00:02:20.926 --> 00:02:23.978 Agora é unha obriga que os nenos teñan unha cantidade concreta. 00:02:23.978 --> 00:02:27.790 Miña avoa medrou en Glasgow, alá polo 1920 e os anos 30, 00:02:27.790 --> 00:02:29.676 cando o raquitismo era un gran problema 00:02:29.676 --> 00:02:31.794 e chegou o aceite de fígado de bacallau. 00:02:31.794 --> 00:02:35.538 Iso solucionou o raquitismo que era tan común nesta cidade. 00:02:35.538 --> 00:02:39.458 A min, de pequeno, miña avoa fíxome tomar este aceite. 00:02:39.458 --> 00:02:42.832 Obviamente... ninguén esquece nunca o aceite de fígado de bacallau. 00:02:42.832 --> 00:02:47.264 Unha cuestión: canto máis altos son os niveis de vitamina D na xente, 00:02:47.264 --> 00:02:50.591 menos cardiopatías e menos cancros teñen. 00:02:50.591 --> 00:02:54.433 Hai moitas estatísticas que indican que a vitamina D é boa para nós. 00:02:54.433 --> 00:02:56.727 E así é, para previr raquitismo e iso. 00:02:56.727 --> 00:02:59.587 Pero se lle dás á xente suplementos de vitamina D, 00:02:59.587 --> 00:03:03.279 non cambias esa alta taxa de cardiopatías. 00:03:03.279 --> 00:03:06.777 E as probas de que preveña o cancro aínda non son definitivas. 00:03:06.777 --> 00:03:11.464 Entón o que vou suxerir é que a vitamina D non é o único importante aquí. 00:03:11.464 --> 00:03:14.775 Non é a única razón que prevén unha cardiopatía. 00:03:14.775 --> 00:03:19.144 Niveis altos de vitamina D, penso eu, son indicadores da exposición á luz solar, 00:03:19.144 --> 00:03:21.099 e a exposición á luz solar, 00:03:21.099 --> 00:03:24.798 nos mecanismos que vou ensinar, é boa para as enfermidades do corazón. 00:03:24.798 --> 00:03:26.759 En calquera caso, volvín de Australia 00:03:26.759 --> 00:03:30.377 e, a pesar dos obvios riscos para a miña saúde, mudeime a Aberdeen, 00:03:30.577 --> 00:03:32.807 (Risos) 00:03:32.807 --> 00:03:35.958 Agora, en Aberdeen, comecei a miña formación como dermatólogo. 00:03:35.958 --> 00:03:37.903 Pero tamén me interesei na investigación, 00:03:37.903 --> 00:03:41.078 e sobre todo nesta substancia, o óxido nítrico (NO). 00:03:41.078 --> 00:03:44.034 Estes tres tipos de aquí, Furchfott, Ignarro e Murad, 00:03:44.034 --> 00:03:47.286 gañaron o Premio Nobel de Medicina en 1998. 00:03:47.286 --> 00:03:49.429 Foron as primeiras persoas en describir 00:03:49.429 --> 00:03:52.774 este novo transmisor químico, o óxido nítrico. 00:03:52.774 --> 00:03:55.799 O óxido nítrico (NO) dilata os vasos sanguíneos, 00:03:55.799 --> 00:03:57.670 así baixa a túa presión sanguínea. 00:03:57.670 --> 00:04:01.617 Tamén dilata as arterias coronarias, co que detén as anxinas. 00:04:01.617 --> 00:04:03.553 E o que é máis impresionante del 00:04:03.553 --> 00:04:07.544 é que no pasado, cando pensabamos en mensaxeiros químicos dentro do corpo, 00:04:07.544 --> 00:04:10.464 pensabamos en cousas complicadas como estróxeno e insulina, 00:04:10.464 --> 00:04:12.124 ou a transmisión nerviosa. 00:04:12.124 --> 00:04:15.229 Procesos moi complexos con substancias químicas moi complexas 00:04:15.229 --> 00:04:17.737 que encaixan en receptores moi complexos. 00:04:17.737 --> 00:04:20.158 E velaquí esta molécula incriblemente simple, 00:04:20.158 --> 00:04:23.746 un nitróxeno e un osíxeno pegados, 00:04:23.746 --> 00:04:27.846 que son tamén moi importantes para manter baixa a presión arterial, 00:04:27.846 --> 00:04:30.712 para a neurotransmisión e para outras moitas cousas, 00:04:30.712 --> 00:04:33.854 especialmente para a saúde cardiovascular. 00:04:33.854 --> 00:04:37.156 Comecei a investigar e descubrimos, de xeito moi emocionante, 00:04:37.156 --> 00:04:40.046 que a pel produce óxido nítrico. 00:04:40.046 --> 00:04:42.663 Así que non xorde só no sistema cardiovascular. 00:04:42.663 --> 00:04:44.530 Xorde na pel. 00:04:44.530 --> 00:04:46.636 Despois de descubrilo e publicalo 00:04:46.636 --> 00:04:48.452 pensei, que é o que fai? 00:04:48.452 --> 00:04:50.392 Como tes baixa presión arterial na pel? 00:04:50.392 --> 00:04:52.223 Non é o corazón. Que facemos logo? 00:04:52.223 --> 00:04:56.094 Marchei aos Estados Unidos, como fai moita xente que quere investigar, 00:04:56.094 --> 00:04:59.941 e pasei uns poucos anos en Pittsburgh. Velaí Pittsburgh. 00:04:59.941 --> 00:05:02.444 Interesábanme estes sistemas tan complexos. 00:05:02.444 --> 00:05:06.485 Pensabamos que o óxido nítrico podía afectar á morte das células, 00:05:06.485 --> 00:05:09.415 a como sobreviven e á súa resistencia a máis cousas. 00:05:09.415 --> 00:05:12.332 Entón comecei a traballar no cultivo de células, 00:05:12.332 --> 00:05:14.452 e usei modelos de rato "knockout" 00:05:14.452 --> 00:05:16.289 --ratos con xenes desactivados-- 00:05:16.579 --> 00:05:21.459 Traballamos nun mecanismo en que o NO lles axudaba ás células a sobrevivir. 00:05:22.189 --> 00:05:24.190 Daquela mudeime outra vez a Edimburgo. 00:05:24.190 --> 00:05:27.382 Alí o animal de laboratorio que usamos foi o estudante de medicina 00:05:27.382 --> 00:05:29.260 É unha especie próxima ao ser humano, 00:05:29.260 --> 00:05:31.162 con moitas vantaxes sobre os ratos: 00:05:31.162 --> 00:05:34.338 son libres, non os tes que afeitar nin alimentar, 00:05:34.338 --> 00:05:36.738 e ninguén se manifesta diante do despacho dicindo 00:05:36.738 --> 00:05:39.138 "Salva ao estudante de medicina de laboratorio". 00:05:39.138 --> 00:05:42.271 Polo que son un coello de indias ideal. 00:05:43.052 --> 00:05:48.769 Atopamos que non podiamos reproducir en persoas os datos recollidos dos ratos. 00:05:49.269 --> 00:05:55.279 Parecía que non podiamos frear a xeración do óxido nítrico na pel humana. 00:05:55.299 --> 00:05:59.731 Puxémoslles cremas para bloquear o encima que o xeraba, inxectámoslles cousas. 00:05:59.731 --> 00:06:02.575 Non podiamos parar o óxido nítrico. 00:06:02.575 --> 00:06:05.969 A razón era --descubrímolo despois de dous ou tres anos de traballo-- 00:06:05.969 --> 00:06:10.187 que na pel temos uns enormes almacéns, 00:06:10.187 --> 00:06:12.875 non de óxido nítrico, que é un gas, 00:06:12.875 --> 00:06:16.027 e logo de liberado... puf! Nuns segundos desaparece, 00:06:16.027 --> 00:06:19.251 mais pode encontrarse noutras formas: 00:06:19.251 --> 00:06:22.883 nitrato (NO3), nitrito (NO2), tionitritos. 00:06:22.883 --> 00:06:24.649 Estes son máis estables, 00:06:24.649 --> 00:06:28.459 e a túa pel ten enormes almacéns de NO. 00:06:28.729 --> 00:06:31.284 Despois pensamos, se estes almacéns, 00:06:31.284 --> 00:06:36.395 poderían ser activados pola luz solar para liberar o óxido desde a pel, 00:06:36.395 --> 00:06:39.731 onde os almacéns son dez veces máis grandes do que son na circulación. 00:06:39.731 --> 00:06:42.571 Podería o sol activar estes almacéns cara á circulación, 00:06:42.571 --> 00:06:47.731 e aí, na circulación, facer cousas boas para o sistema cardiovascular? 00:06:48.621 --> 00:06:50.474 Ben, eu son dermatólogo experimental, 00:06:50.474 --> 00:06:55.171 e o que fixemos foi pensar que debiamos expoñer os coellos de indias á luz solar. 00:06:55.171 --> 00:06:59.251 Así que collemos unha serie de voluntarios 00:06:59.251 --> 00:07:01.949 e expuxémolos á luz ultravioleta. 00:07:01.949 --> 00:07:03.678 Son unha especie de lámpadas solares. 00:07:03.678 --> 00:07:06.374 Agora ben, fomos coidadosos co seguinte, 00:07:06.374 --> 00:07:09.414 a vitamina D está feita de raios ultravioleta B 00:07:09.414 --> 00:07:13.310 e queriamos separar o noso estudo do estudo da vitamina D 00:07:13.310 --> 00:07:17.157 Así que usamos ultravioleta A, que non xera vitamina D. 00:07:17.707 --> 00:07:19.438 Cando puxemos xente baixo a lámpada 00:07:19.438 --> 00:07:24.514 durante o equivalente a 30 minutos de sol no verán en Edimburgo, 00:07:24.514 --> 00:07:29.164 o que producimos foi un crecemento na circulación de óxido nítrico. 00:07:29.164 --> 00:07:32.244 Entón, ao poñer estes suxeitos baixo a luz ultravioleta, 00:07:32.244 --> 00:07:34.320 os seus niveis de NO medraron, 00:07:34.320 --> 00:07:36.646 e a súa presión arterial diminuíu. 00:07:36.646 --> 00:07:38.823 Non moito, a nivel individual, 00:07:38.823 --> 00:07:41.450 pero abondo a nivel poboacional, 00:07:41.450 --> 00:07:45.250 como para cambiar as taxas de enfermidades cardíacas en toda a poboación. 00:07:45.600 --> 00:07:47.804 Cando lles diriximos raios ultravioleta, 00:07:47.804 --> 00:07:50.996 ou cando os quentabamos ao mesmo nivel que as propias lámpadas, 00:07:50.996 --> 00:07:54.258 impedindo que os raios acadaran a pel, iso non sucedía. 00:07:54.448 --> 00:07:58.212 Parece ser unha característica dos raios ultravioleta cando acadan a pel. 00:07:58.212 --> 00:08:00.216 Agora aínda estamos recollendo datos. 00:08:00.216 --> 00:08:01.584 Algunhas cousas boas: 00:08:01.584 --> 00:08:04.881 O efecto é máis pronunciado nas persoas maiores. 00:08:04.881 --> 00:08:06.154 Non sei canto exactamente. 00:08:06.154 --> 00:08:08.127 Aquí, un dos suxeitos foi miña sogra, 00:08:08.127 --> 00:08:10.879 de quen, obviamente, non sei a idade. 00:08:10.879 --> 00:08:14.311 Mais certamente en xente maior que a miña muller, 00:08:14.311 --> 00:08:17.394 este parece ser un efecto máis pronunciado. 00:08:17.394 --> 00:08:18.915 Outra cousa que debo mencionar 00:08:18.915 --> 00:08:20.831 é que non houbo cambios na vitamina D. 00:08:20.831 --> 00:08:24.131 Isto é independente da vitamina D. Así que a vitamina D é boa para ti: 00:08:24.131 --> 00:08:26.791 frea o raquitismo, prevén o metabolismo do calcio, etc. 00:08:26.791 --> 00:08:29.679 Mais isto é un mecanismo independente da vitamina D. 00:08:30.249 --> 00:08:33.684 Un problema coa presión arterial é que o corpo fai todo o que precisa, 00:08:33.684 --> 00:08:35.650 para manter estable a presión arterial. 00:08:35.650 --> 00:08:37.599 Se che cortan a perna e perdes sangue, 00:08:37.599 --> 00:08:40.104 o corpo toma medida:, incrementa o ritmo do corazón, 00:08:40.104 --> 00:08:42.448 fai todo o posible para manter a presión arterial. 00:08:42.448 --> 00:08:45.264 É un principio fisiolóxico fundamental. 00:08:45.714 --> 00:08:47.611 O que fixemos despois 00:08:47.611 --> 00:08:50.607 foi comezar a observar a dilatación dos vasos sanguíneos. 00:08:50.607 --> 00:08:51.464 Medimos 00:08:51.524 --> 00:08:56.012 --fíxense que sen cola e sen pelo, este é un estudante de medicina. 00:08:56.092 --> 00:08:57.142 (Risos) 00:08:57.352 --> 00:09:00.050 No brazo, pódese medir o fluxo sanguíneo, 00:09:00.050 --> 00:09:03.522 calculando o que este incha cando o sangue o atravesa. 00:09:03.522 --> 00:09:06.737 Demostramos que facendo unha irradiación simulada, 00:09:06.737 --> 00:09:08.226 nesta liña máis grosa, 00:09:08.226 --> 00:09:10.626 radiando raios ultravioleta no brazo para quentalo, 00:09:10.626 --> 00:09:13.450 manténdoo cuberto para que os raios non acaden a pel, 00:09:13.450 --> 00:09:17.362 non hai cambio no fluxo sanguíneo, na dilatación dos vasos sanguíneos. 00:09:17.362 --> 00:09:19.211 Pola contra, a irradiación activa, 00:09:19.211 --> 00:09:22.563 durante a radiación ultravioleta e ata unha hora despois , 00:09:22.563 --> 00:09:24.660 provoca dilatación dos vasos sanguíneos. 00:09:24.660 --> 00:09:27.510 Este é o mecanismo polo que a presión arterial baixa, 00:09:27.510 --> 00:09:29.566 polo que se dilatan as arterias coronarias, 00:09:29.566 --> 00:09:31.537 para que o corazón subministre sangue. 00:09:31.537 --> 00:09:35.740 Aquí hai máis datos sobre os raios ultravioleta (UV), a luz solar, 00:09:35.740 --> 00:09:39.769 que ten beneficios no fluxo sanguíneo e no sistema cardiovascular. 00:09:40.619 --> 00:09:43.122 Pensamos que conseguiramos un modelo, 00:09:43.122 --> 00:09:49.001 diferentes cantidades de UV acadan a Terra en diferentes momentos do ano, 00:09:49.001 --> 00:09:53.235 así pódense activar os almacéns de óxido nítrico, 00:09:53.235 --> 00:09:55.491 os nitratos, nitritos, tionitritos na pel... 00:09:55.491 --> 00:09:58.363 descompostos para liberar NO. 00:09:58.363 --> 00:10:02.188 Diferentes lonxitudes de onda da luz teñen diferentes mecanismos para facelo. 00:10:02.188 --> 00:10:04.427 Pódese ver a lonxitude de onda da luz que o fai. 00:10:04.427 --> 00:10:08.252 Pódese observar que se vives no ecuador, o sol chega xusto sobre a cabeza, 00:10:08.252 --> 00:10:10.068 atravesa unha capa fina de atmosfera. 00:10:10.068 --> 00:10:12.507 A cantidade de luz é a mesma no inverno e no verán. 00:10:12.507 --> 00:10:14.260 Se vives aquí no norte, 00:10:14.570 --> 00:10:17.676 no verán o sol chega directamente, 00:10:17.676 --> 00:10:20.983 pero no inverno atravesa unha gran cantidade de atmosfera, 00:10:20.983 --> 00:10:24.304 e moitos dos raios ultravioleta desfanse, 00:10:24.304 --> 00:10:26.926 e o rango das lonxitudes de onda que golpean a Terra 00:10:26.926 --> 00:10:28.884 é diferente no verán e no inverno. 00:10:28.884 --> 00:10:30.826 Entón podes multiplicar estes datos 00:10:30.826 --> 00:10:32.819 polo NO que se libera 00:10:32.819 --> 00:10:36.003 e podes calcular canto 00:10:36.003 --> 00:10:39.172 sería liberado pola pel na circulación. 00:10:39.642 --> 00:10:41.172 Agora ben, se vives no ecuador, 00:10:41.172 --> 00:10:44.739 nestas dúas liñas de aquí, as liñas vermella e violeta, 00:10:44.739 --> 00:10:48.996 a cantidade de óxido nítrico que se libera é a área baixo a curva, 00:10:48.996 --> 00:10:51.027 a área neste espazo de aquí. 00:10:51.027 --> 00:10:53.724 Entón se estás no ecuador, en decembro ou en xuño, 00:10:53.724 --> 00:10:56.980 libéranse grandes cantidades de NO da pel. 00:10:56.980 --> 00:10:58.214 Na cidade de Ventura, 00:10:58.214 --> 00:11:01.790 no sur de California, o verán pode ser tal e como é no ecuador. 00:11:01.790 --> 00:11:03.916 É xenial. Libérase un montón de NO. 00:11:03.916 --> 00:11:07.889 Ventura, na metade do inverno, hai aínda unha boa cantidade. 00:11:08.029 --> 00:11:11.620 En Edimburgo, no verán, a área baixo a curva é bastante boa, 00:11:11.620 --> 00:11:15.835 mais Edimburgo no inverno, a cantidade de NO que pode ser liberada 00:11:15.835 --> 00:11:19.693 é case nula, pequenas cantidades. 00:11:20.413 --> 00:11:21.498 Entón que pensamos? 00:11:21.498 --> 00:11:23.090 Seguimos traballando no estudo, 00:11:23.090 --> 00:11:25.002 estamos desenvolvéndoo e expandíndoo. 00:11:25.002 --> 00:11:26.650 Pensamos que é moi importante. 00:11:26.650 --> 00:11:30.613 É probable que explique o gradiente de saúde entre o norte-sur do Reino Unido, 00:11:30.613 --> 00:11:32.124 É relevante para nós. 00:11:32.124 --> 00:11:33.562 Pensamos que a pel, 00:11:33.562 --> 00:11:38.690 sabemos que a pel ten grandes almacéns de óxido nítrico baixo formas diversas. 00:11:38.690 --> 00:11:40.547 Sospeitamos que isto procede da dieta, 00:11:40.547 --> 00:11:42.948 vexetais de folla verde, remolacha e leituga, 00:11:42.948 --> 00:11:46.138 teñen moitos destes óxidos de nitróxeno que pensamos que van á pel. 00:11:46.138 --> 00:11:48.282 Pensamos que están almacenados na pel, 00:11:48.282 --> 00:11:50.952 e pensamos que a luz solar os libera, 00:11:50.952 --> 00:11:53.315 onde teñen, polo xeral, efectos beneficiosos. 00:11:53.315 --> 00:11:55.794 Isto é un traballo en curso, pero os dermatólogos, 00:11:55.794 --> 00:11:57.394 é dicir, eu son un dermatólogo. 00:11:57.394 --> 00:11:59.342 O meu traballo diario é dicirlle á xente: 00:11:59.342 --> 00:12:02.352 "Tes cancro de pel por culpa da luz solar, non te poñas ao sol". 00:12:02.352 --> 00:12:04.858 Penso que unha mensaxe realmente máis importante 00:12:04.858 --> 00:12:08.082 é que a luz solar produce beneficios e riscos. 00:12:08.082 --> 00:12:13.945 Si, a luz solar é o principal factor de risco modificable de cancro de pel, 00:12:13.945 --> 00:12:17.096 pero hai centos de veces máis mortes por enfermidades do corazón 00:12:17.096 --> 00:12:18.826 ca por cancro de pel. 00:12:18.826 --> 00:12:21.307 Creo que necesitamos ser máis conscientes disto, 00:12:21.307 --> 00:12:23.716 e atopar a relación de risco-beneficio. 00:12:23.716 --> 00:12:25.458 Canta luz solar é segura, 00:12:25.458 --> 00:12:29.058 e como podemos axustar mellor isto para a nosa saúde xeral? 00:12:29.688 --> 00:12:31.368 Moitas grazas, de verdade. 00:12:31.368 --> 00:12:35.685 (Aplausos) 00:12:35.735 --> 00:12:37.485 [Recoñecementos]