1 00:00:00,753 --> 00:00:02,757 Antes de facerme dermatólogo, 2 00:00:02,757 --> 00:00:05,319 comecei na medicina xeral, 3 00:00:05,319 --> 00:00:07,555 como fan moitos dermatólogos en Gran Bretaña. 4 00:00:08,064 --> 00:00:09,603 Ao rematar, fun a Australia, 5 00:00:10,073 --> 00:00:11,639 hai case vinte anos. 6 00:00:12,089 --> 00:00:13,750 Cando marchas a Australia 7 00:00:13,750 --> 00:00:16,446 aprendes que os australianos son moi competitivos. 8 00:00:16,446 --> 00:00:18,403 E non son magnánimos nas vitorias. 9 00:00:18,403 --> 00:00:20,467 E iso pasaba moito: 10 00:00:20,467 --> 00:00:22,899 "Ingleses, non sabedes xogar ao cricket, rugby...". 11 00:00:23,559 --> 00:00:25,017 Podía aceptar iso. 12 00:00:25,907 --> 00:00:27,347 No relacionado ao traballo, 13 00:00:27,597 --> 00:00:29,885 temos semanalmente un club de lectura, 14 00:00:29,885 --> 00:00:32,343 onde sentas cos outros médicos 15 00:00:32,343 --> 00:00:34,463 e estudas unha publicación científica 16 00:00:34,463 --> 00:00:36,304 que teña relación coa medicina. 17 00:00:36,304 --> 00:00:39,053 O segundo encontro foi sobre a mortalidade cardiovascular, 18 00:00:39,053 --> 00:00:41,113 un tema complicado. 19 00:00:41,113 --> 00:00:43,033 As mortes por enfermidades cardíacas, 20 00:00:43,033 --> 00:00:44,317 cales son as taxas. 21 00:00:44,487 --> 00:00:46,093 E eran competitivos sobre isto: 22 00:00:46,093 --> 00:00:49,189 "Ingleses, as vosas taxas de cardiopatías son tremendas." 23 00:00:49,189 --> 00:00:51,495 E certamente tiñan razón. 24 00:00:51,495 --> 00:00:55,316 Os australianos teñen un terzo menos de cardiopatías ca nós 25 00:00:55,316 --> 00:00:59,217 --menos mortes por ataques ao corazón, por insuficiencias cardíacas ou infartos. 26 00:00:59,217 --> 00:01:00,917 Adoitan ser máis sans. 27 00:01:00,917 --> 00:01:04,718 E claro, dicían que isto era pola súa superior integridade moral 28 00:01:04,718 --> 00:01:08,740 porque eles son australianos e nós frouxos inglesiños. 29 00:01:08,740 --> 00:01:13,771 Pero non é só que teñan mellor saúde ca Gran Bretaña. 30 00:01:13,771 --> 00:01:17,299 En Gran Bretaña hai un gradiente de saúde, 31 00:01:17,299 --> 00:01:19,235 isto chámase mortalidade estandarizada, 32 00:01:19,235 --> 00:01:21,323 é dicir, as probabilidades de morrer. 33 00:01:21,323 --> 00:01:24,667 Estes son datos dos xornais de hai vinte anos, 34 00:01:24,667 --> 00:01:26,142 mais segue sendo certo hoxe. 35 00:01:26,142 --> 00:01:29,232 Se comparamosas taxas de mortalidade a 50 graos norte 36 00:01:29,232 --> 00:01:31,859 --esa frecha sinala o sur, Londres e contorna-- 37 00:01:31,859 --> 00:01:35,229 e a 55º norte, 38 00:01:35,229 --> 00:01:37,561 a mala noticia é que Glasgow é isto de aquí. 39 00:01:37,561 --> 00:01:40,083 Eu son de Edimburgo. Peores novas aínda en Edimburgo. 40 00:01:41,587 --> 00:01:44,037 (Risos) 41 00:01:44,207 --> 00:01:47,513 Entón, que é o que pasa neste terrible espazo, 42 00:01:47,513 --> 00:01:49,717 aquí entre nós, no sur de Escocia, 43 00:01:49,717 --> 00:01:50,727 e o sur? 44 00:01:50,727 --> 00:01:52,145 Xa sabemos o dos fumadores, 45 00:01:52,145 --> 00:01:54,957 as barriñas Mars fritidas, as patacas... a dieta de Glasgow. 46 00:01:54,977 --> 00:01:56,175 Todo iso. 47 00:01:56,175 --> 00:01:58,967 Mais esta gráfica xa ten en conta, 48 00:01:58,967 --> 00:02:01,241 todos estes factores de risco coñecidos. 49 00:02:01,241 --> 00:02:04,800 Isto xa ten en conta fumadores, clase social, dieta, 50 00:02:04,800 --> 00:02:06,893 todos eses factores de risco coñecidos. 51 00:02:06,893 --> 00:02:08,987 Quédanos este espazo perdido, 52 00:02:08,987 --> 00:02:13,007 de mortes crecentes canto máis vaias ao norte. 53 00:02:13,007 --> 00:02:15,594 A luz do sol, por suposto, inflúe. 54 00:02:15,594 --> 00:02:17,584 A vitamina D tivo moi mala prensa, 55 00:02:17,584 --> 00:02:19,586 e moita xente preocúpase por ela. 56 00:02:19,586 --> 00:02:20,926 E precisamos a vitamina D. 57 00:02:20,926 --> 00:02:23,978 Agora é unha obriga que os nenos teñan unha cantidade concreta. 58 00:02:23,978 --> 00:02:27,790 Miña avoa medrou en Glasgow, alá polo 1920 e os anos 30, 59 00:02:27,790 --> 00:02:29,676 cando o raquitismo era un gran problema 60 00:02:29,676 --> 00:02:31,794 e chegou o aceite de fígado de bacallau. 61 00:02:31,794 --> 00:02:35,538 Iso solucionou o raquitismo que era tan común nesta cidade. 62 00:02:35,538 --> 00:02:39,458 A min, de pequeno, miña avoa fíxome tomar este aceite. 63 00:02:39,458 --> 00:02:42,832 Obviamente... ninguén esquece nunca o aceite de fígado de bacallau. 64 00:02:42,832 --> 00:02:47,264 Unha cuestión: canto máis altos son os niveis de vitamina D na xente, 65 00:02:47,264 --> 00:02:50,591 menos cardiopatías e menos cancros teñen. 66 00:02:50,591 --> 00:02:54,433 Hai moitas estatísticas que indican que a vitamina D é boa para nós. 67 00:02:54,433 --> 00:02:56,727 E así é, para previr raquitismo e iso. 68 00:02:56,727 --> 00:02:59,587 Pero se lle dás á xente suplementos de vitamina D, 69 00:02:59,587 --> 00:03:03,279 non cambias esa alta taxa de cardiopatías. 70 00:03:03,279 --> 00:03:06,777 E as probas de que preveña o cancro aínda non son definitivas. 71 00:03:06,777 --> 00:03:11,464 Entón o que vou suxerir é que a vitamina D non é o único importante aquí. 72 00:03:11,464 --> 00:03:14,775 Non é a única razón que prevén unha cardiopatía. 73 00:03:14,775 --> 00:03:19,144 Niveis altos de vitamina D, penso eu, son indicadores da exposición á luz solar, 74 00:03:19,144 --> 00:03:21,099 e a exposición á luz solar, 75 00:03:21,099 --> 00:03:24,798 nos mecanismos que vou ensinar, é boa para as enfermidades do corazón. 76 00:03:24,798 --> 00:03:26,759 En calquera caso, volvín de Australia 77 00:03:26,759 --> 00:03:30,377 e, a pesar dos obvios riscos para a miña saúde, mudeime a Aberdeen, 78 00:03:30,577 --> 00:03:32,807 (Risos) 79 00:03:32,807 --> 00:03:35,958 Agora, en Aberdeen, comecei a miña formación como dermatólogo. 80 00:03:35,958 --> 00:03:37,903 Pero tamén me interesei na investigación, 81 00:03:37,903 --> 00:03:41,078 e sobre todo nesta substancia, o óxido nítrico (NO). 82 00:03:41,078 --> 00:03:44,034 Estes tres tipos de aquí, Furchfott, Ignarro e Murad, 83 00:03:44,034 --> 00:03:47,286 gañaron o Premio Nobel de Medicina en 1998. 84 00:03:47,286 --> 00:03:49,429 Foron as primeiras persoas en describir 85 00:03:49,429 --> 00:03:52,774 este novo transmisor químico, o óxido nítrico. 86 00:03:52,774 --> 00:03:55,799 O óxido nítrico (NO) dilata os vasos sanguíneos, 87 00:03:55,799 --> 00:03:57,670 así baixa a túa presión sanguínea. 88 00:03:57,670 --> 00:04:01,617 Tamén dilata as arterias coronarias, co que detén as anxinas. 89 00:04:01,617 --> 00:04:03,553 E o que é máis impresionante del 90 00:04:03,553 --> 00:04:07,544 é que no pasado, cando pensabamos en mensaxeiros químicos dentro do corpo, 91 00:04:07,544 --> 00:04:10,464 pensabamos en cousas complicadas como estróxeno e insulina, 92 00:04:10,464 --> 00:04:12,124 ou a transmisión nerviosa. 93 00:04:12,124 --> 00:04:15,229 Procesos moi complexos con substancias químicas moi complexas 94 00:04:15,229 --> 00:04:17,737 que encaixan en receptores moi complexos. 95 00:04:17,737 --> 00:04:20,158 E velaquí esta molécula incriblemente simple, 96 00:04:20,158 --> 00:04:23,746 un nitróxeno e un osíxeno pegados, 97 00:04:23,746 --> 00:04:27,846 que son tamén moi importantes para manter baixa a presión arterial, 98 00:04:27,846 --> 00:04:30,712 para a neurotransmisión e para outras moitas cousas, 99 00:04:30,712 --> 00:04:33,854 especialmente para a saúde cardiovascular. 100 00:04:33,854 --> 00:04:37,156 Comecei a investigar e descubrimos, de xeito moi emocionante, 101 00:04:37,156 --> 00:04:40,046 que a pel produce óxido nítrico. 102 00:04:40,046 --> 00:04:42,663 Así que non xorde só no sistema cardiovascular. 103 00:04:42,663 --> 00:04:44,530 Xorde na pel. 104 00:04:44,530 --> 00:04:46,636 Despois de descubrilo e publicalo 105 00:04:46,636 --> 00:04:48,452 pensei, que é o que fai? 106 00:04:48,452 --> 00:04:50,392 Como tes baixa presión arterial na pel? 107 00:04:50,392 --> 00:04:52,223 Non é o corazón. Que facemos logo? 108 00:04:52,223 --> 00:04:56,094 Marchei aos Estados Unidos, como fai moita xente que quere investigar, 109 00:04:56,094 --> 00:04:59,941 e pasei uns poucos anos en Pittsburgh. Velaí Pittsburgh. 110 00:04:59,941 --> 00:05:02,444 Interesábanme estes sistemas tan complexos. 111 00:05:02,444 --> 00:05:06,485 Pensabamos que o óxido nítrico podía afectar á morte das células, 112 00:05:06,485 --> 00:05:09,415 a como sobreviven e á súa resistencia a máis cousas. 113 00:05:09,415 --> 00:05:12,332 Entón comecei a traballar no cultivo de células, 114 00:05:12,332 --> 00:05:14,452 e usei modelos de rato "knockout" 115 00:05:14,452 --> 00:05:16,289 --ratos con xenes desactivados-- 116 00:05:16,579 --> 00:05:21,459 Traballamos nun mecanismo en que o NO lles axudaba ás células a sobrevivir. 117 00:05:22,189 --> 00:05:24,190 Daquela mudeime outra vez a Edimburgo. 118 00:05:24,190 --> 00:05:27,382 Alí o animal de laboratorio que usamos foi o estudante de medicina 119 00:05:27,382 --> 00:05:29,260 É unha especie próxima ao ser humano, 120 00:05:29,260 --> 00:05:31,162 con moitas vantaxes sobre os ratos: 121 00:05:31,162 --> 00:05:34,338 son libres, non os tes que afeitar nin alimentar, 122 00:05:34,338 --> 00:05:36,738 e ninguén se manifesta diante do despacho dicindo 123 00:05:36,738 --> 00:05:39,138 "Salva ao estudante de medicina de laboratorio". 124 00:05:39,138 --> 00:05:42,271 Polo que son un coello de indias ideal. 125 00:05:43,052 --> 00:05:48,769 Atopamos que non podiamos reproducir en persoas os datos recollidos dos ratos. 126 00:05:49,269 --> 00:05:55,279 Parecía que non podiamos frear a xeración do óxido nítrico na pel humana. 127 00:05:55,299 --> 00:05:59,731 Puxémoslles cremas para bloquear o encima que o xeraba, inxectámoslles cousas. 128 00:05:59,731 --> 00:06:02,575 Non podiamos parar o óxido nítrico. 129 00:06:02,575 --> 00:06:05,969 A razón era --descubrímolo despois de dous ou tres anos de traballo-- 130 00:06:05,969 --> 00:06:10,187 que na pel temos uns enormes almacéns, 131 00:06:10,187 --> 00:06:12,875 non de óxido nítrico, que é un gas, 132 00:06:12,875 --> 00:06:16,027 e logo de liberado... puf! Nuns segundos desaparece, 133 00:06:16,027 --> 00:06:19,251 mais pode encontrarse noutras formas: 134 00:06:19,251 --> 00:06:22,883 nitrato (NO3), nitrito (NO2), tionitritos. 135 00:06:22,883 --> 00:06:24,649 Estes son máis estables, 136 00:06:24,649 --> 00:06:28,459 e a túa pel ten enormes almacéns de NO. 137 00:06:28,729 --> 00:06:31,284 Despois pensamos, se estes almacéns, 138 00:06:31,284 --> 00:06:36,395 poderían ser activados pola luz solar para liberar o óxido desde a pel, 139 00:06:36,395 --> 00:06:39,731 onde os almacéns son dez veces máis grandes do que son na circulación. 140 00:06:39,731 --> 00:06:42,571 Podería o sol activar estes almacéns cara á circulación, 141 00:06:42,571 --> 00:06:47,731 e aí, na circulación, facer cousas boas para o sistema cardiovascular? 142 00:06:48,621 --> 00:06:50,474 Ben, eu son dermatólogo experimental, 143 00:06:50,474 --> 00:06:55,171 e o que fixemos foi pensar que debiamos expoñer os coellos de indias á luz solar. 144 00:06:55,171 --> 00:06:59,251 Así que collemos unha serie de voluntarios 145 00:06:59,251 --> 00:07:01,949 e expuxémolos á luz ultravioleta. 146 00:07:01,949 --> 00:07:03,678 Son unha especie de lámpadas solares. 147 00:07:03,678 --> 00:07:06,374 Agora ben, fomos coidadosos co seguinte, 148 00:07:06,374 --> 00:07:09,414 a vitamina D está feita de raios ultravioleta B 149 00:07:09,414 --> 00:07:13,310 e queriamos separar o noso estudo do estudo da vitamina D 150 00:07:13,310 --> 00:07:17,157 Así que usamos ultravioleta A, que non xera vitamina D. 151 00:07:17,707 --> 00:07:19,438 Cando puxemos xente baixo a lámpada 152 00:07:19,438 --> 00:07:24,514 durante o equivalente a 30 minutos de sol no verán en Edimburgo, 153 00:07:24,514 --> 00:07:29,164 o que producimos foi un crecemento na circulación de óxido nítrico. 154 00:07:29,164 --> 00:07:32,244 Entón, ao poñer estes suxeitos baixo a luz ultravioleta, 155 00:07:32,244 --> 00:07:34,320 os seus niveis de NO medraron, 156 00:07:34,320 --> 00:07:36,646 e a súa presión arterial diminuíu. 157 00:07:36,646 --> 00:07:38,823 Non moito, a nivel individual, 158 00:07:38,823 --> 00:07:41,450 pero abondo a nivel poboacional, 159 00:07:41,450 --> 00:07:45,250 como para cambiar as taxas de enfermidades cardíacas en toda a poboación. 160 00:07:45,600 --> 00:07:47,804 Cando lles diriximos raios ultravioleta, 161 00:07:47,804 --> 00:07:50,996 ou cando os quentabamos ao mesmo nivel que as propias lámpadas, 162 00:07:50,996 --> 00:07:54,258 impedindo que os raios acadaran a pel, iso non sucedía. 163 00:07:54,448 --> 00:07:58,212 Parece ser unha característica dos raios ultravioleta cando acadan a pel. 164 00:07:58,212 --> 00:08:00,216 Agora aínda estamos recollendo datos. 165 00:08:00,216 --> 00:08:01,584 Algunhas cousas boas: 166 00:08:01,584 --> 00:08:04,881 O efecto é máis pronunciado nas persoas maiores. 167 00:08:04,881 --> 00:08:06,154 Non sei canto exactamente. 168 00:08:06,154 --> 00:08:08,127 Aquí, un dos suxeitos foi miña sogra, 169 00:08:08,127 --> 00:08:10,879 de quen, obviamente, non sei a idade. 170 00:08:10,879 --> 00:08:14,311 Mais certamente en xente maior que a miña muller, 171 00:08:14,311 --> 00:08:17,394 este parece ser un efecto máis pronunciado. 172 00:08:17,394 --> 00:08:18,915 Outra cousa que debo mencionar 173 00:08:18,915 --> 00:08:20,831 é que non houbo cambios na vitamina D. 174 00:08:20,831 --> 00:08:24,131 Isto é independente da vitamina D. Así que a vitamina D é boa para ti: 175 00:08:24,131 --> 00:08:26,791 frea o raquitismo, prevén o metabolismo do calcio, etc. 176 00:08:26,791 --> 00:08:29,679 Mais isto é un mecanismo independente da vitamina D. 177 00:08:30,249 --> 00:08:33,684 Un problema coa presión arterial é que o corpo fai todo o que precisa, 178 00:08:33,684 --> 00:08:35,650 para manter estable a presión arterial. 179 00:08:35,650 --> 00:08:37,599 Se che cortan a perna e perdes sangue, 180 00:08:37,599 --> 00:08:40,104 o corpo toma medida:, incrementa o ritmo do corazón, 181 00:08:40,104 --> 00:08:42,448 fai todo o posible para manter a presión arterial. 182 00:08:42,448 --> 00:08:45,264 É un principio fisiolóxico fundamental. 183 00:08:45,714 --> 00:08:47,611 O que fixemos despois 184 00:08:47,611 --> 00:08:50,607 foi comezar a observar a dilatación dos vasos sanguíneos. 185 00:08:50,607 --> 00:08:51,464 Medimos 186 00:08:51,524 --> 00:08:56,012 --fíxense que sen cola e sen pelo, este é un estudante de medicina. 187 00:08:56,092 --> 00:08:57,142 (Risos) 188 00:08:57,352 --> 00:09:00,050 No brazo, pódese medir o fluxo sanguíneo, 189 00:09:00,050 --> 00:09:03,522 calculando o que este incha cando o sangue o atravesa. 190 00:09:03,522 --> 00:09:06,737 Demostramos que facendo unha irradiación simulada, 191 00:09:06,737 --> 00:09:08,226 nesta liña máis grosa, 192 00:09:08,226 --> 00:09:10,626 radiando raios ultravioleta no brazo para quentalo, 193 00:09:10,626 --> 00:09:13,450 manténdoo cuberto para que os raios non acaden a pel, 194 00:09:13,450 --> 00:09:17,362 non hai cambio no fluxo sanguíneo, na dilatación dos vasos sanguíneos. 195 00:09:17,362 --> 00:09:19,211 Pola contra, a irradiación activa, 196 00:09:19,211 --> 00:09:22,563 durante a radiación ultravioleta e ata unha hora despois , 197 00:09:22,563 --> 00:09:24,660 provoca dilatación dos vasos sanguíneos. 198 00:09:24,660 --> 00:09:27,510 Este é o mecanismo polo que a presión arterial baixa, 199 00:09:27,510 --> 00:09:29,566 polo que se dilatan as arterias coronarias, 200 00:09:29,566 --> 00:09:31,537 para que o corazón subministre sangue. 201 00:09:31,537 --> 00:09:35,740 Aquí hai máis datos sobre os raios ultravioleta (UV), a luz solar, 202 00:09:35,740 --> 00:09:39,769 que ten beneficios no fluxo sanguíneo e no sistema cardiovascular. 203 00:09:40,619 --> 00:09:43,122 Pensamos que conseguiramos un modelo, 204 00:09:43,122 --> 00:09:49,001 diferentes cantidades de UV acadan a Terra en diferentes momentos do ano, 205 00:09:49,001 --> 00:09:53,235 así pódense activar os almacéns de óxido nítrico, 206 00:09:53,235 --> 00:09:55,491 os nitratos, nitritos, tionitritos na pel... 207 00:09:55,491 --> 00:09:58,363 descompostos para liberar NO. 208 00:09:58,363 --> 00:10:02,188 Diferentes lonxitudes de onda da luz teñen diferentes mecanismos para facelo. 209 00:10:02,188 --> 00:10:04,427 Pódese ver a lonxitude de onda da luz que o fai. 210 00:10:04,427 --> 00:10:08,252 Pódese observar que se vives no ecuador, o sol chega xusto sobre a cabeza, 211 00:10:08,252 --> 00:10:10,068 atravesa unha capa fina de atmosfera. 212 00:10:10,068 --> 00:10:12,507 A cantidade de luz é a mesma no inverno e no verán. 213 00:10:12,507 --> 00:10:14,260 Se vives aquí no norte, 214 00:10:14,570 --> 00:10:17,676 no verán o sol chega directamente, 215 00:10:17,676 --> 00:10:20,983 pero no inverno atravesa unha gran cantidade de atmosfera, 216 00:10:20,983 --> 00:10:24,304 e moitos dos raios ultravioleta desfanse, 217 00:10:24,304 --> 00:10:26,926 e o rango das lonxitudes de onda que golpean a Terra 218 00:10:26,926 --> 00:10:28,884 é diferente no verán e no inverno. 219 00:10:28,884 --> 00:10:30,826 Entón podes multiplicar estes datos 220 00:10:30,826 --> 00:10:32,819 polo NO que se libera 221 00:10:32,819 --> 00:10:36,003 e podes calcular canto 222 00:10:36,003 --> 00:10:39,172 sería liberado pola pel na circulación. 223 00:10:39,642 --> 00:10:41,172 Agora ben, se vives no ecuador, 224 00:10:41,172 --> 00:10:44,739 nestas dúas liñas de aquí, as liñas vermella e violeta, 225 00:10:44,739 --> 00:10:48,996 a cantidade de óxido nítrico que se libera é a área baixo a curva, 226 00:10:48,996 --> 00:10:51,027 a área neste espazo de aquí. 227 00:10:51,027 --> 00:10:53,724 Entón se estás no ecuador, en decembro ou en xuño, 228 00:10:53,724 --> 00:10:56,980 libéranse grandes cantidades de NO da pel. 229 00:10:56,980 --> 00:10:58,214 Na cidade de Ventura, 230 00:10:58,214 --> 00:11:01,790 no sur de California, o verán pode ser tal e como é no ecuador. 231 00:11:01,790 --> 00:11:03,916 É xenial. Libérase un montón de NO. 232 00:11:03,916 --> 00:11:07,889 Ventura, na metade do inverno, hai aínda unha boa cantidade. 233 00:11:08,029 --> 00:11:11,620 En Edimburgo, no verán, a área baixo a curva é bastante boa, 234 00:11:11,620 --> 00:11:15,835 mais Edimburgo no inverno, a cantidade de NO que pode ser liberada 235 00:11:15,835 --> 00:11:19,693 é case nula, pequenas cantidades. 236 00:11:20,413 --> 00:11:21,498 Entón que pensamos? 237 00:11:21,498 --> 00:11:23,090 Seguimos traballando no estudo, 238 00:11:23,090 --> 00:11:25,002 estamos desenvolvéndoo e expandíndoo. 239 00:11:25,002 --> 00:11:26,650 Pensamos que é moi importante. 240 00:11:26,650 --> 00:11:30,613 É probable que explique o gradiente de saúde entre o norte-sur do Reino Unido, 241 00:11:30,613 --> 00:11:32,124 É relevante para nós. 242 00:11:32,124 --> 00:11:33,562 Pensamos que a pel, 243 00:11:33,562 --> 00:11:38,690 sabemos que a pel ten grandes almacéns de óxido nítrico baixo formas diversas. 244 00:11:38,690 --> 00:11:40,547 Sospeitamos que isto procede da dieta, 245 00:11:40,547 --> 00:11:42,948 vexetais de folla verde, remolacha e leituga, 246 00:11:42,948 --> 00:11:46,138 teñen moitos destes óxidos de nitróxeno que pensamos que van á pel. 247 00:11:46,138 --> 00:11:48,282 Pensamos que están almacenados na pel, 248 00:11:48,282 --> 00:11:50,952 e pensamos que a luz solar os libera, 249 00:11:50,952 --> 00:11:53,315 onde teñen, polo xeral, efectos beneficiosos. 250 00:11:53,315 --> 00:11:55,794 Isto é un traballo en curso, pero os dermatólogos, 251 00:11:55,794 --> 00:11:57,394 é dicir, eu son un dermatólogo. 252 00:11:57,394 --> 00:11:59,342 O meu traballo diario é dicirlle á xente: 253 00:11:59,342 --> 00:12:02,352 "Tes cancro de pel por culpa da luz solar, non te poñas ao sol". 254 00:12:02,352 --> 00:12:04,858 Penso que unha mensaxe realmente máis importante 255 00:12:04,858 --> 00:12:08,082 é que a luz solar produce beneficios e riscos. 256 00:12:08,082 --> 00:12:13,945 Si, a luz solar é o principal factor de risco modificable de cancro de pel, 257 00:12:13,945 --> 00:12:17,096 pero hai centos de veces máis mortes por enfermidades do corazón 258 00:12:17,096 --> 00:12:18,826 ca por cancro de pel. 259 00:12:18,826 --> 00:12:21,307 Creo que necesitamos ser máis conscientes disto, 260 00:12:21,307 --> 00:12:23,716 e atopar a relación de risco-beneficio. 261 00:12:23,716 --> 00:12:25,458 Canta luz solar é segura, 262 00:12:25,458 --> 00:12:29,058 e como podemos axustar mellor isto para a nosa saúde xeral? 263 00:12:29,688 --> 00:12:31,368 Moitas grazas, de verdade. 264 00:12:31,368 --> 00:12:35,685 (Aplausos) 265 00:12:35,735 --> 00:12:37,485 [Recoñecementos]