Antes de facerme dermatólogo,
comecei na medicina xeral,
como fan moitos dermatólogos
en Gran Bretaña.
Ao rematar, fun a Australia,
hai case vinte anos.
Cando marchas a Australia
aprendes que os australianos
son moi competitivos.
E non son magnánimos nas vitorias.
E iso pasaba moito:
"Ingleses, non sabedes xogar
ao cricket, rugby...".
Podía aceptar iso.
No relacionado ao traballo,
temos semanalmente
un club de lectura,
onde sentas cos outros médicos
e estudas unha publicación científica
que teña relación coa medicina.
O segundo encontro foi
sobre a mortalidade cardiovascular,
un tema complicado.
As mortes por enfermidades cardíacas,
cales son as taxas.
E eran competitivos sobre isto:
"Ingleses, as vosas taxas
de cardiopatías son tremendas."
E certamente tiñan razón.
Os australianos teñen un terzo menos
de cardiopatías ca nós
--menos mortes por ataques ao corazón,
por insuficiencias cardíacas ou infartos.
Adoitan ser máis sans.
E claro, dicían que isto era
pola súa superior integridade moral
porque eles son australianos
e nós frouxos inglesiños.
Pero non é só que teñan mellor saúde
ca Gran Bretaña.
En Gran Bretaña hai
un gradiente de saúde,
isto chámase mortalidade estandarizada,
é dicir, as probabilidades de morrer.
Estes son datos dos xornais
de hai vinte anos,
mais segue sendo certo hoxe.
Se comparamosas taxas de mortalidade
a 50 graos norte
--esa frecha sinala o sur,
Londres e contorna--
e a 55º norte,
a mala noticia é que Glasgow
é isto de aquí.
Eu son de Edimburgo.
Peores novas aínda en Edimburgo.
(Risos)
Entón, que é o que pasa
neste terrible espazo,
aquí entre nós, no sur de Escocia,
e o sur?
Xa sabemos o dos fumadores,
as barriñas Mars fritidas, as patacas...
a dieta de Glasgow.
Todo iso.
Mais esta gráfica xa ten en conta,
todos estes factores de risco coñecidos.
Isto xa ten en conta
fumadores, clase social, dieta,
todos eses factores de risco coñecidos.
Quédanos este espazo perdido,
de mortes crecentes
canto máis vaias ao norte.
A luz do sol, por suposto, inflúe.
A vitamina D tivo moi mala prensa,
e moita xente preocúpase por ela.
E precisamos a vitamina D.
Agora é unha obriga que os nenos
teñan unha cantidade concreta.
Miña avoa medrou en Glasgow,
alá polo 1920 e os anos 30,
cando o raquitismo era un gran problema
e chegou o aceite de fígado de bacallau.
Iso solucionou o raquitismo que
era tan común nesta cidade.
A min, de pequeno, miña avoa
fíxome tomar este aceite.
Obviamente... ninguén esquece
nunca o aceite de fígado de bacallau.
Unha cuestión: canto máis altos
son os niveis de vitamina D na xente,
menos cardiopatías e menos cancros teñen.
Hai moitas estatísticas que indican
que a vitamina D é boa para nós.
E así é, para previr raquitismo e iso.
Pero se lle dás á xente
suplementos de vitamina D,
non cambias esa alta taxa de cardiopatías.
E as probas de que preveña o cancro
aínda non son definitivas.
Entón o que vou suxerir é que a vitamina D
non é o único importante aquí.
Non é a única razón
que prevén unha cardiopatía.
Niveis altos de vitamina D, penso eu,
son indicadores da exposición á luz solar,
e a exposición á luz solar,
nos mecanismos que vou ensinar,
é boa para as enfermidades do corazón.
En calquera caso, volvín de Australia
e, a pesar dos obvios riscos
para a miña saúde, mudeime a Aberdeen,
(Risos)
Agora, en Aberdeen, comecei
a miña formación como dermatólogo.
Pero tamén me
interesei na investigación,
e sobre todo nesta substancia,
o óxido nítrico (NO).
Estes tres tipos de aquí,
Furchfott, Ignarro e Murad,
gañaron o Premio Nobel
de Medicina en 1998.
Foron as primeiras persoas en describir
este novo transmisor químico,
o óxido nítrico.
O óxido nítrico (NO)
dilata os vasos sanguíneos,
así baixa a túa presión sanguínea.
Tamén dilata as arterias coronarias,
co que detén as anxinas.
E o que é máis impresionante del
é que no pasado, cando pensabamos en
mensaxeiros químicos dentro do corpo,
pensabamos en cousas complicadas
como estróxeno e insulina,
ou a transmisión nerviosa.
Procesos moi complexos con
substancias químicas moi complexas
que encaixan en receptores moi complexos.
E velaquí esta molécula
incriblemente simple,
un nitróxeno e un osíxeno
pegados,
que son tamén moi importantes
para manter baixa a presión arterial,
para a neurotransmisión e
para outras moitas cousas,
especialmente para
a saúde cardiovascular.
Comecei a investigar e descubrimos,
de xeito moi emocionante,
que a pel produce óxido nítrico.
Así que non xorde só
no sistema cardiovascular.
Xorde na pel.
Despois de descubrilo e publicalo
pensei, que é o que fai?
Como tes baixa presión arterial na pel?
Non é o corazón. Que facemos logo?
Marchei aos Estados Unidos, como fai
moita xente que quere investigar,
e pasei uns poucos anos
en Pittsburgh. Velaí Pittsburgh.
Interesábanme estes
sistemas tan complexos.
Pensabamos que o óxido nítrico
podía afectar á morte das células,
a como sobreviven e
á súa resistencia a máis cousas.
Entón comecei a traballar
no cultivo de células,
e usei modelos de rato "knockout"
--ratos con xenes desactivados--
Traballamos nun mecanismo en que o NO
lles axudaba ás células a sobrevivir.
Daquela mudeime outra vez a Edimburgo.
Alí o animal de laboratorio que
usamos foi o estudante de medicina
É unha especie próxima ao ser humano,
con moitas vantaxes sobre os ratos:
son libres, non os tes que
afeitar nin alimentar,
e ninguén se manifesta
diante do despacho dicindo
"Salva ao estudante de
medicina de laboratorio".
Polo que son un
coello de indias ideal.
Atopamos que non podiamos reproducir
en persoas os datos recollidos dos ratos.
Parecía que non podiamos frear a xeración
do óxido nítrico na pel humana.
Puxémoslles cremas para bloquear o encima
que o xeraba, inxectámoslles cousas.
Non podiamos parar
o óxido nítrico.
A razón era --descubrímolo despois
de dous ou tres anos de traballo--
que na pel temos uns enormes almacéns,
non de óxido nítrico, que é un gas,
e logo de liberado... puf!
Nuns segundos desaparece,
mais pode encontrarse noutras formas:
nitrato (NO3), nitrito (NO2), tionitritos.
Estes son máis estables,
e a túa pel ten enormes almacéns de NO.
Despois pensamos, se estes almacéns,
poderían ser activados pola luz solar
para liberar o óxido desde a pel,
onde os almacéns son dez veces máis
grandes do que son na circulación.
Podería o sol activar estes almacéns
cara á circulación,
e aí, na circulación, facer cousas boas
para o sistema cardiovascular?
Ben, eu son dermatólogo experimental,
e o que fixemos foi pensar que debiamos
expoñer os coellos de indias á luz solar.
Así que collemos unha
serie de voluntarios
e expuxémolos á luz ultravioleta.
Son unha especie de
lámpadas solares.
Agora ben, fomos
coidadosos co seguinte,
a vitamina D está feita
de raios ultravioleta B
e queriamos separar o noso estudo
do estudo da vitamina D
Así que usamos ultravioleta A,
que non xera vitamina D.
Cando puxemos xente baixo a lámpada
durante o equivalente a 30 minutos
de sol no verán en Edimburgo,
o que producimos foi un crecemento
na circulación de óxido nítrico.
Entón, ao poñer estes suxeitos
baixo a luz ultravioleta,
os seus niveis de NO medraron,
e a súa presión arterial diminuíu.
Non moito, a nivel individual,
pero abondo a nivel poboacional,
como para cambiar as taxas de enfermidades
cardíacas en toda a poboación.
Cando lles diriximos raios ultravioleta,
ou cando os quentabamos ao mesmo
nivel que as propias lámpadas,
impedindo que os raios
acadaran a pel, iso non sucedía.
Parece ser unha característica dos raios
ultravioleta cando acadan a pel.
Agora aínda estamos recollendo datos.
Algunhas cousas boas:
O efecto é máis pronunciado
nas persoas maiores.
Non sei canto exactamente.
Aquí, un dos suxeitos foi miña sogra,
de quen, obviamente, non sei a idade.
Mais certamente en xente
maior que a miña muller,
este parece ser un efecto
máis pronunciado.
Outra cousa que debo mencionar
é que non houbo cambios na vitamina D.
Isto é independente da vitamina D.
Así que a vitamina D é boa para ti:
frea o raquitismo, prevén
o metabolismo do calcio, etc.
Mais isto é un mecanismo
independente da vitamina D.
Un problema coa presión arterial
é que o corpo fai todo o que precisa,
para manter estable a presión arterial.
Se che cortan a perna
e perdes sangue,
o corpo toma medida:,
incrementa o ritmo do corazón,
fai todo o posible para
manter a presión arterial.
É un principio fisiolóxico fundamental.
O que fixemos despois
foi comezar a observar
a dilatación dos vasos sanguíneos.
Medimos
--fíxense que sen cola e sen pelo,
este é un estudante de medicina.
(Risos)
No brazo, pódese medir o fluxo sanguíneo,
calculando o que este incha
cando o sangue o atravesa.
Demostramos que facendo
unha irradiación simulada,
nesta liña máis grosa,
radiando raios ultravioleta
no brazo para quentalo,
manténdoo cuberto para que
os raios non acaden a pel,
non hai cambio no fluxo sanguíneo,
na dilatación dos vasos sanguíneos.
Pola contra, a irradiación activa,
durante a radiación ultravioleta e
ata unha hora despois ,
provoca dilatación dos vasos sanguíneos.
Este é o mecanismo polo
que a presión arterial baixa,
polo que se dilatan
as arterias coronarias,
para que o corazón
subministre sangue.
Aquí hai máis datos sobre
os raios ultravioleta (UV), a luz solar,
que ten beneficios no fluxo sanguíneo
e no sistema cardiovascular.
Pensamos que conseguiramos un modelo,
diferentes cantidades de UV acadan a
Terra en diferentes momentos do ano,
así pódense activar os almacéns
de óxido nítrico,
os nitratos, nitritos,
tionitritos na pel...
descompostos para liberar NO.
Diferentes lonxitudes de onda da luz
teñen diferentes mecanismos para facelo.
Pódese ver a lonxitude
de onda da luz que o fai.
Pódese observar que se vives no ecuador,
o sol chega xusto sobre a cabeza,
atravesa unha capa fina de atmosfera.
A cantidade de luz é a mesma
no inverno e no verán.
Se vives aquí no norte,
no verán o sol chega directamente,
pero no inverno atravesa unha
gran cantidade de atmosfera,
e moitos dos raios ultravioleta desfanse,
e o rango das lonxitudes de onda
que golpean a Terra
é diferente no verán e no inverno.
Entón podes multiplicar estes datos
polo NO que se libera
e podes calcular canto
sería liberado pola pel na circulación.
Agora ben, se vives no ecuador,
nestas dúas liñas de aquí, as liñas
vermella e violeta,
a cantidade de óxido nítrico
que se libera é a área baixo a curva,
a área neste espazo de aquí.
Entón se estás no ecuador,
en decembro ou en xuño,
libéranse grandes cantidades de NO da pel.
Na cidade de Ventura,
no sur de California, o verán pode ser
tal e como é no ecuador.
É xenial. Libérase un montón de NO.
Ventura, na metade do inverno,
hai aínda unha boa cantidade.
En Edimburgo, no verán, a área
baixo a curva é bastante boa,
mais Edimburgo no inverno, a cantidade
de NO que pode ser liberada
é case nula, pequenas cantidades.
Entón que pensamos?
Seguimos traballando no estudo,
estamos desenvolvéndoo
e expandíndoo.
Pensamos que é moi importante.
É probable que explique o gradiente de
saúde entre o norte-sur do Reino Unido,
É relevante para nós.
Pensamos que a pel,
sabemos que a pel ten grandes almacéns
de óxido nítrico baixo formas diversas.
Sospeitamos que isto procede da dieta,
vexetais de folla verde,
remolacha e leituga,
teñen moitos destes óxidos de nitróxeno
que pensamos que van á pel.
Pensamos que están almacenados na pel,
e pensamos que a luz solar os libera,
onde teñen, polo xeral,
efectos beneficiosos.
Isto é un traballo en curso,
pero os dermatólogos,
é dicir, eu son un dermatólogo.
O meu traballo diario é dicirlle á xente:
"Tes cancro de pel por culpa
da luz solar, non te poñas ao sol".
Penso que unha mensaxe
realmente máis importante
é que a luz solar produce beneficios
e riscos.
Si, a luz solar é o principal factor
de risco modificable de cancro de pel,
pero hai centos de veces máis mortes
por enfermidades do corazón
ca por cancro de pel.
Creo que necesitamos ser
máis conscientes disto,
e atopar
a relación de risco-beneficio.
Canta luz solar é segura,
e como podemos axustar mellor isto
para a nosa saúde xeral?
Moitas grazas, de verdade.
(Aplausos)
[Recoñecementos]