Cando eu era un rapaz,
o desastre que máis temiamos era
unha guerra nuclear.
Por iso tiñamos no soto
un barril coma este,
cheo de conservas e de auga.
Cando o ataque nuclear viñese,
teriamos que baixar ao soto,
agocharnos nel e comer dese barril.
Na actualidade, o maior risco
de catástrofe global
non se parece a isto.
Máis ben, parécese a isto.
Se algo ha matar máis de 10 millóns
de persoas nas vindeiras décadas,
é moito máis probábel que sexa
un virus altamente contaxioso
ca unha guerra.
Non mísiles, senón microbios.
En parte, isto é así
porque fixemos grandes investimentos
en disuasión nuclear.
Pero investimos moi pouco nun sistema
que free unha epidemia.
Non estamos preparados para
a próxima epidemia.
Ollemos para o ébola.
Seguro que todos lestes no xornal
cousas sobre el,
sobre os seus grandes desafíos.
Eu seguino con detalle
coas ferramentas de análise
que usamos para seguir
a erradicación da poliomielite.
Se se observa o que ocorreu,
o problema non foi ter un sistema
que non funcionou abondo ben,
o problema foi
que non existía ningún sistema.
De feito, faltan pezas clave moi obvias.
Non había un grupo de epidemiólogos
listo para ir, que iría,
para ver que enfermidade era
e canto se espallara.
Os informes chegaron en papel.
Tardouse moito tempo
en publicalos en liña
e eran terriblemente imprecisos.
Non había un equipo médico listo para ir.
Non había xeito de preparar á xente.
Médicos Sen Fronteiras fixo un gran labor
organizando voluntarios.
Pero aínda así, fomos máis lentos
do que debiamos ser
para enviar os miles de traballadores
a eses países.
E para unha grande epidemia precisariamos
centos de miles de traballadores.
Non había ninguén alí para analizar
abordaxes de tratamento.
Ninguén para analizar os diagnósticos.
Ninguén para descubrir que ferramentas
deberían usarse.
Por exemplo, podiamos coller sangue
dos superviventes,
procesalo, e volver colocar ese plasma
nas persoas sas para as protexer.
Pero nunca tal se intentou.
Faltaron unha chea de cousas.
E esas cousas foron un fallo global.
A OMS fundouse para controlar epidemias,
non para facer isto que estamos falando.
Nos filmes é bastante diferente.
Hai un grupo de epidemiólogos guapos
listos para partir,
que entran en escena e amañan o problema,
pero iso só pasa en Hollywood.
A incapacidade para prepararnos
pode facer a próxima epidemia
moitísimo máis
devastadora que o ébola.
Ollemos para a progresión do ébola
durante este ano.
Morreron arredor de 10 000 persoas,
case todas elas
nos tres países da África Occidental.
Hai tres razóns para que a doenza
non se espallase máis.
A primeira: o traballo heroico que fixeron
moitos traballadores sanitarios.
Atoparon as persoas e impediron
máis infeccións.
A segunda: a natureza do virus.
O ébola non se espalla polo ar.
Cando unha persoa pode contaxiar
adoita estar tan enferma
que está encamada.
A terceira: non entrou
en moitas áreas urbanas.
Iso foi pura sorte.
Se chega a entrar nelas,
o número de casos sería moito maior.
Pero a próxima,
se cadra non temos tanta sorte.
Pode ser un virus que non faga
sentirse enfermo a quen o transmite,
polo que viaxan en avión
ou van ao mercado.
A fonte do virus pode ser natural,
coma no ébola,
ou pode vir do bioterrorismo.
Hai variables que poderían
empeoralo todo mil veces.
De feito, ollemos para o modelo
de expansión dun virus polo ar,
como a gripe española de 1918.
Isto é o que pasaría:
Espallaríase por todo o mundo
moi, moi rápido.
Fíxense en que 30 millóns de persoas
morreron naquela epidemia.
Por iso, este é un problema grave.
Deberiamos preocuparnos.
Pero podemos construír
un sistema de resposta moi bo.
Temos os beneficios de toda a ciencia
e a tecnoloxía das que tanto falamos aquí.
Temos móbiles
para recibir e difundirlle
información ao público.
Temos mapas de satélite en que podemos ver
onde están e a onde van as persoas.
Temos avances en bioloxía
que debían mudar radicalmente
o tempo preciso para estudar un patóxeno.
e ser capaces de producir medicamentos
e vacinas adecuados contra el.
Podemos ter ferramentas,
pero hai que poñelas
no marco dun sistema de saúde global.
E precisamos prepararnos.
As mellores leccións, ao meu ver,
sobre como facelo
son, unha vez máis,
o que facemos para a guerra.
Temos soldados a xornada completa,
listo para partir.
Temos reservistas que poden incrementar
o número de tropas.
A OTAN ten unha unidade móbil
que pode despregarse moi rapidamente.
A OTAN fai manobras para comprobar
se as tropas están ben adestradas,
se entenden de combustíbel
e loxística
e se usan as mesmas frecuencias de radio.
Por iso, están
totalmente preparadas para partir.
Este é o tipo de cousas que precisamos
para lidar cunha epidemia.
Cales son as claves?
Un: cómpren sistemas de saúde fortes
nos países pobres.
Que as nais poidan
dar a luz con seguranza,
que os nenos reciban
todas as súas vacinas.
Pero tamén, onde poidamos detectar
o brote moi axiña.
Precisamos corpos médicos de reserva:
xente que teña formación e experiencia,
que estea lista para ir,
que teña coñecementos.
Precisamos integrar
eses médicos cos militares,
aproveitando a capacidade destes últimos
para moverse rápido, organizar a loxística
e protexer zonas.
Precisamos de facer simulacros,
manobras microbianas en vez de militares,
para detectar os fallos.
A última vez que se fixeron
manobras microbianas nos EE. UU.
foi en 2001, e non saíron aí moi ben.
De momento, o marcador vai:
Xermes: 1 - Persoas: 0.
Por último, precisamos moito I+D
no terreo das vacinas e os diagnósticos.
Hai algúns grandes descubrimentos,
coma os virus adenoasociados,
que poderían funcionar moi, moi axiña.
Non teño unha factura exacta
do que isto podería custar,
pero estou seguro de que moi pouco
se o comparamos cos posibles danos.
O Banco Mundial estima que,
de termos unha epidemia global de gripe,
a riqueza global diminuirá
en máis de tres billóns de dólares
e teriamos millóns e millóns de mortes.
Estes investimentos ofrecen
importantes vantaxes
á parte de preparármonos
para a epidemia.
A atención primaria, o I+D
poderían reducir
a desigualdade global en saúde
e farían este mundo máis xusto e seguro.
Por iso, penso que esta debería ser
unha prioridade absoluta.
Non é preciso caer no pánico.
Non nos fai falta acumular
latas de conservas nin baixar aos sotos.
Pero temos que comezar,
porque o tempo corre en contra nosa.
De feito, se da epidemia do ébola
pode quitarse algo positivo
é que pode servir de aviso previo,
de alerta para acordar, para prepararnos.
Se comezamos agora, podemos estar listos
para a próxima epidemia.
Grazas.
(Aplausos)