WEBVTT 00:00:00.040 --> 00:00:00.805 (Aplausos) 00:00:00.805 --> 00:00:04.070 O primeiro paciente que foi tratado con antibióticos 00:00:04.070 --> 00:00:06.083 foi un policía de Oxford. 00:00:06.083 --> 00:00:07.800 No seu tempo de lecer, 00:00:07.800 --> 00:00:11.403 namentres traballaba no seu xardín rabuñouse coa espiña dunha rosa 00:00:11.403 --> 00:00:14.598 e esa pequena ferida infectouse. 00:00:14.598 --> 00:00:16.973 Nos seguintes días a súa cabeza foise inflamando, 00:00:16.973 --> 00:00:19.064 a causa da aparición de abscesos, 00:00:19.064 --> 00:00:23.017 e de feito, tiña un ollo tan infectado que llo tiveron que sacar. 00:00:23.017 --> 00:00:26.050 En febreiro de 1941, 00:00:26.050 --> 00:00:28.617 o pobre home estaba a piques de morrer. 00:00:28.617 --> 00:00:31.515 Estaba ingresado no Radcliffe Infirmary de Oxford 00:00:31.515 --> 00:00:33.395 e por sorte para el, 00:00:33.395 --> 00:00:35.261 había un pequeno equipo médico 00:00:35.261 --> 00:00:37.110 baixo a dirección do Dr. Howard Florey 00:00:37.110 --> 00:00:38.997 que conseguira sintetizar 00:00:38.997 --> 00:00:41.820 un chisco de penicilina, 00:00:41.820 --> 00:00:46.301 un fármaco que fora descuberto 12 anos antes por Alexander Fleming, 00:00:46.301 --> 00:00:49.930 pero que xamais se usara para tratar doenzas humanas 00:00:49.930 --> 00:00:52.470 e que ninguén sabía se ía funcionar 00:00:52.470 --> 00:00:55.610 ou se as impurezas que contiña matarían o paciente. 00:00:55.610 --> 00:00:57.970 Aínda así, Florey e o seu equipo decidiron usalo, 00:00:57.970 --> 00:01:01.756 xa que postos a facelo, mellor con alguén que fose morrer de tódalas maneiras. 00:01:01.761 --> 00:01:05.836 Polo tanto, déronlle a menciña a Albert Alexander, 00:01:05.836 --> 00:01:08.715 o policía de Oxford, 00:01:08.715 --> 00:01:11.132 e nas primeiras 24 horas, 00:01:11.132 --> 00:01:13.394 comezou a mellorar. 00:01:13.394 --> 00:01:17.370 Baixoulle a febre e recuperou o apetito. 00:01:17.370 --> 00:01:19.853 No segundo día, a súa mellora foi considerable, 00:01:19.853 --> 00:01:21.921 pero comezaban a quedar sen penicilina 00:01:21.921 --> 00:01:23.983 polo que utilizaron os ouriños deste 00:01:23.983 --> 00:01:26.833 co fin de resintetizar máis penicilina 00:01:26.833 --> 00:01:28.768 e administrarlla de novo, 00:01:28.768 --> 00:01:30.176 o cal funcionou. 00:01:30.176 --> 00:01:32.496 No cuarto día a recuperación ía por bo camiño. 00:01:32.496 --> 00:01:34.134 Semellaba un milagre, 00:01:34.134 --> 00:01:38.370 mais no quinto día, esgotouse a penicilina 00:01:38.370 --> 00:01:40.637 e o coitado morreu. 00:01:40.637 --> 00:01:43.350 Esta historia non rematou ben, 00:01:43.350 --> 00:01:47.700 pero, por sorte para millóns de persoas, 00:01:47.700 --> 00:01:50.706 coma esta nena que foi tratada a comezos de 1940, 00:01:50.706 --> 00:01:53.740 quen tamén estaba a morrer por unha septicemia, 00:01:53.740 --> 00:01:56.890 e tan só en seis días, como podedes ver, 00:01:56.890 --> 00:02:00.243 recuperouse grazas ao marabilloso fármaco da penicilina. 00:02:00.243 --> 00:02:02.201 Millóns de persoas sobreviviron 00:02:02.201 --> 00:02:05.785 e mudou a saúde global. 00:02:05.785 --> 00:02:08.578 Os antibióticos téñense empregado 00:02:08.578 --> 00:02:11.705 en pacientes coma este 00:02:11.705 --> 00:02:15.362 aínda que tamén se empregaron á lixeira nalgunhas circunstancias, 00:02:15.362 --> 00:02:17.859 para tratar un simple constipado ou gripe, 00:02:17.859 --> 00:02:18.777 enfermidades elas 00:02:18.777 --> 00:02:19.825 con moi baixa resposta 00:02:19.825 --> 00:02:20.733 aos antibióticos. 00:02:20.733 --> 00:02:21.931 Tamén se teñen empregado 00:02:21.931 --> 00:02:24.911 de forma masiva, subterapeuticamente, 00:02:24.911 --> 00:02:27.323 é dicir, en baixas concentracións, 00:02:27.323 --> 00:02:30.986 co obxectivo de que galiñas e porcos engorden moi rápido. 00:02:30.986 --> 00:02:34.552 Tan só para aforrar algún céntimo no prezo da carne, 00:02:34.552 --> 00:02:37.252 gastamos moitísimo en antibióticos para animais, 00:02:37.252 --> 00:02:39.614 non para tratar os que están enfermos, 00:02:39.614 --> 00:02:42.730 senón, principalmente, para potenciar o seu crecemento. 00:02:42.730 --> 00:02:45.587 Co cal, a que nos levou isto? 00:02:45.587 --> 00:02:48.298 Basicamente, o uso masivo de antibióticos 00:02:48.298 --> 00:02:49.783 por todo o mundo 00:02:49.783 --> 00:02:53.497 trouxo o problema da resistencia das bacterias 00:02:53.497 --> 00:02:56.240 debido ao feito da selección das máis fortes, 00:02:56.240 --> 00:02:59.820 grazas a que nós mesmos fixemos posible a selección. 00:02:59.820 --> 00:03:03.245 Teño a certeza de que todos leron nos xornais sobre o tema, 00:03:03.245 --> 00:03:06.539 que o viron nas revistas que tiñan á man, 00:03:06.539 --> 00:03:08.398 pero realmente quero que se dean conta 00:03:08.398 --> 00:03:10.499 da importancia deste problema. 00:03:10.499 --> 00:03:11.380 Isto é serio. 00:03:11.380 --> 00:03:13.381 A seguinte diapositiva que lles vou amosar 00:03:13.381 --> 00:03:16.622 é unha mostra da resistencia do Acinetobacter ao carbapenem. 00:03:16.622 --> 00:03:19.154 O Acinetobacter é un perigoso xerme hospitalario 00:03:19.154 --> 00:03:22.257 e o carbapenem é un dos tipos de antibióticos máis poderosos 00:03:22.265 --> 00:03:25.181 que se pode administrar contra ese xerme. 00:03:25.181 --> 00:03:27.990 Poden ver que en 1999 00:03:27.990 --> 00:03:30.185 a mostra de datos sobre a resistencia, 00:03:30.185 --> 00:03:33.498 situábase na súa meirande parte por debaixo do 10 % en todo EE. UU. 00:03:33.498 --> 00:03:35.985 Agora vexan o que acontece ao avanzar o vídeo. 00:03:46.461 --> 00:03:48.516 Non sei onde viven vostedes 00:03:48.516 --> 00:03:51.168 pero sexa onde sexa, seguramente a situación 00:03:51.168 --> 00:03:53.915 é peor agora que no 1999, 00:03:53.915 --> 00:03:57.886 ese é o problema da resistencia aos antibióticos. 00:03:57.886 --> 00:03:59.573 É un problema mundial 00:03:59.573 --> 00:04:02.111 que afecta aos países pobres e aos ricos por igual 00:04:02.111 --> 00:04:04.482 aínda que no fondo, poderiades pensar 00:04:04.482 --> 00:04:06.490 non pasa nada, só é un problema médico! 00:04:06.490 --> 00:04:09.451 Se lles ensinásemos aos médicos a non dar tantos antibióticos 00:04:09.451 --> 00:04:11.676 e aos pacientes a non pedilos, 00:04:11.676 --> 00:04:13.241 ao mellor non sería un problema 00:04:13.241 --> 00:04:15.273 e se cadra as compañías farmacéuticas 00:04:15.273 --> 00:04:17.094 farían o esforzo de desenvolver 00:04:17.094 --> 00:04:18.511 novos antibióticos. 00:04:18.511 --> 00:04:21.890 Resulta que hai algo fundamental sobre os antibióticos 00:04:21.890 --> 00:04:23.773 que os fai distintos doutros fármacos, 00:04:23.773 --> 00:04:25.964 e é que se uso antibióticos, 00:04:25.964 --> 00:04:27.431 correcta ou incorrectamente, 00:04:27.431 --> 00:04:31.231 non só é cousa miña senón que afecta aos demais tamén, 00:04:31.231 --> 00:04:33.899 da mesma maneira que se escollo ir traballar en coche 00:04:33.899 --> 00:04:36.268 ou coller un avión para ir a algures, 00:04:36.268 --> 00:04:39.282 o custo que impoño aos demais polo quecemento global, 00:04:39.282 --> 00:04:40.682 distribúese por todas partes, 00:04:40.682 --> 00:04:43.455 aínda que eu non teña este custo en conta necesariamente. 00:04:43.455 --> 00:04:46.584 Na economía chamaríanlle a isto a traxedia dos bens comúns 00:04:46.584 --> 00:04:50.739 e é o mesmo problema que temos cos antibióticos, 00:04:50.739 --> 00:04:52.889 que nós non temos en conta 00:04:52.889 --> 00:04:55.891 —nós inclúe a todo individuo, pacientes, 00:04:55.891 --> 00:04:58.370 hospitais, sistemas de saúde completos— 00:04:58.370 --> 00:05:01.518 non temos en conta os custos que lles impoñemos aos demais 00:05:01.518 --> 00:05:03.554 debido a como empregamos os antibióticos. 00:05:03.554 --> 00:05:05.729 É un problema semellante 00:05:05.729 --> 00:05:07.951 ao que acontece noutro eido que ben coñecemos, 00:05:07.951 --> 00:05:10.060 o consumo de combustible e o uso da enerxía, 00:05:10.060 --> 00:05:12.169 e, por suposto, o consumo de enerxía, 00:05:12.169 --> 00:05:14.451 ademais de esgotar os recursos, 00:05:14.451 --> 00:05:17.713 causa contaminación local e cambio climático. 00:05:17.713 --> 00:05:19.523 E, no caso da enerxía, 00:05:19.523 --> 00:05:21.831 hai dúas maneiras de atallar o problema. 00:05:21.831 --> 00:05:25.576 Unha é facer un mellor uso do petróleo que temos 00:05:25.576 --> 00:05:27.781 e, por analoxía, iso sería facer un mellor uso 00:05:27.781 --> 00:05:29.239 dos antibióticos existentes. 00:05:29.239 --> 00:05:31.400 Iso podémolo facer de distintas maneiras 00:05:31.400 --> 00:05:33.160 das que falarei máis adiante 00:05:33.160 --> 00:05:36.847 pero a outra opción é a opción de "perfora, perfora", 00:05:36.847 --> 00:05:41.038 que, no caso dos antibióticos, tradúcese en atopar novos antibióticos. 00:05:41.050 --> 00:05:43.100 Estas opcións non están separadas. 00:05:43.100 --> 00:05:46.522 Van da man xa que, se investimos moito 00:05:46.522 --> 00:05:48.746 en novos pozos petrolíferos, 00:05:48.746 --> 00:05:51.840 reducimos o incentivo para a conservación do petróleo existente, 00:05:51.840 --> 00:05:54.286 do mesmo xeito que ocorrerá cos antibióticos. 00:05:54.286 --> 00:05:55.894 No caso contrario sucederá que, 00:05:55.894 --> 00:05:58.792 se empregamos os antibióticos axeitadamente, 00:05:58.792 --> 00:06:01.573 non necesariamente teremos que investir 00:06:01.573 --> 00:06:03.750 no desenvolvemento de novos fármacos. 00:06:03.750 --> 00:06:06.466 Se pensabades que estabamos en completo 00:06:06.466 --> 00:06:08.288 equilibrio entre estas dúas opcións, 00:06:08.288 --> 00:06:12.741 en realidade estamos a xogar a un xogo. 00:06:12.741 --> 00:06:15.184 O xogo da coevolución. 00:06:15.184 --> 00:06:18.116 e a coevolución dáse, nesta imaxe en particular, 00:06:18.116 --> 00:06:20.302 entre guepardos e gacelas. 00:06:20.302 --> 00:06:22.740 Os guepardos evolucionaron para correr máis rápido 00:06:22.740 --> 00:06:24.207 xa que, se non o fixesen, 00:06:24.207 --> 00:06:25.605 non obterían comida ningunha. 00:06:25.605 --> 00:06:28.300 As gacelas evolucionaron para correr máis rápido 00:06:28.300 --> 00:06:31.509 pois se non corresen máis rápido, elas serían a comida. 00:06:31.509 --> 00:06:34.395 Xogamos ao mesmo contra as bacterias, 00:06:34.395 --> 00:06:36.452 salvo que nós non somos os guepardos, 00:06:36.452 --> 00:06:37.929 somos as gacelas, 00:06:37.929 --> 00:06:40.316 e, no que dura esta curta conferencia, 00:06:40.316 --> 00:06:42.769 as bacterias puideron 00:06:42.769 --> 00:06:46.375 ter fillos e netos, e achar como ser resistentes 00:06:46.375 --> 00:06:48.834 por selección e ensaio e erro, 00:06:48.834 --> 00:06:50.746 intentándoo unha e outra vez. 00:06:50.746 --> 00:06:54.178 Namentres, como lles ganamos a carreira as bacterias? 00:06:54.178 --> 00:06:56.572 Nós contamos con procesos para descubrir fármacos, 00:06:56.572 --> 00:06:58.202 analizamos moléculas, 00:06:58.202 --> 00:06:59.930 facemos probas clínicas, 00:06:59.930 --> 00:07:02.078 e, cando cremos ter un bo fármaco, 00:07:02.078 --> 00:07:05.823 temos aínda o proceso regulador do FDA. 00:07:05.823 --> 00:07:08.001 Despois de superar todo iso, 00:07:08.001 --> 00:07:10.266 procuramos ir un paso por diante 00:07:10.266 --> 00:07:12.492 das bacterias. 00:07:12.492 --> 00:07:15.396 Abofé que isto non é un xogo que poida prolongarse ou ganarse 00:07:15.396 --> 00:07:18.463 tan só innovando para ir por diante. 00:07:18.463 --> 00:07:21.778 Temos que retardar o proceso da coevolución 00:07:21.778 --> 00:07:25.300 e hai ideas que podemos coller emprestadas do campo da enerxía 00:07:25.300 --> 00:07:26.870 que nos poden axudar a pensar 00:07:26.870 --> 00:07:28.877 nas medidas que poderíamos tomar 00:07:28.877 --> 00:07:30.153 no caso dos antibióticos. 00:07:30.153 --> 00:07:32.213 Pensade, por exemplo, na xestión 00:07:32.213 --> 00:07:34.166 do prezo da enerxía. 00:07:34.166 --> 00:07:36.355 Temos uns impostos sobre as emisións de gases, 00:07:36.355 --> 00:07:37.780 onde se teñen en conta 00:07:37.780 --> 00:07:39.425 os custos da contaminación, 00:07:39.425 --> 00:07:40.970 que recaen nas persoas 00:07:40.970 --> 00:07:42.515 que consomen esa enerxía. 00:07:42.515 --> 00:07:43.933 Poderiamos contemplar 00:07:43.933 --> 00:07:45.452 facer o mesmo cos antibióticos, 00:07:45.452 --> 00:07:47.331 o que quizais aseguraría 00:07:47.331 --> 00:07:49.172 que se usan axeitadamente. 00:07:49.172 --> 00:07:51.182 Tamén hai subsidios á enerxía limpa, 00:07:51.182 --> 00:07:53.110 os cales permiten cambiar a combustibles 00:07:53.110 --> 00:07:54.255 que no contaminan tanto 00:07:54.255 --> 00:07:57.100 ou incluso para non utilizar combustibles fósiles. 00:07:57.100 --> 00:07:59.960 A analoxía neste caso é que quizais 00:07:59.960 --> 00:08:02.220 temos que absternos de usar antibióticos, 00:08:02.220 --> 00:08:05.866 e se vos poñedes a pensar, cales son bos substitutos dos antibióticos? 00:08:05.866 --> 00:08:06.936 Pois resulta que, 00:08:06.936 --> 00:08:08.185 calquera cousa que reduza 00:08:08.185 --> 00:08:10.223 a necesidade de antibióticos sería eficaz. 00:08:10.223 --> 00:08:13.995 Por exemplo, mellorar o control das infeccións hospitalarias 00:08:13.995 --> 00:08:16.380 ou vacinar a xente, 00:08:16.380 --> 00:08:18.677 sobre todo contra a gripe estacional. 00:08:18.677 --> 00:08:21.208 A gripe estacional é probablemente 00:08:21.208 --> 00:08:24.212 o impulsor principal detrás do consumo de antibióticos, 00:08:24.212 --> 00:08:27.131 tanto neste país coma en outros moitos, 00:08:27.131 --> 00:08:29.151 e iso realmente podería axudar. 00:08:29.151 --> 00:08:33.953 A terceira opción suporía algo parecido aos permisos comercializables. 00:08:33.953 --> 00:08:37.500 Pode que parezan posibilidades remotas, 00:08:37.500 --> 00:08:39.927 pero se se tivera en conta o feito de que quizais 00:08:39.927 --> 00:08:43.308 non hai antibióticos suficientes para todos os infectados, 00:08:43.308 --> 00:08:46.407 poderiamos contemplar asignar 00:08:46.407 --> 00:08:50.192 algúns destes antibióticos a uns pacientes e non a outros, 00:08:50.192 --> 00:08:53.218 en función das necesidades clínicas, 00:08:53.218 --> 00:08:55.623 pero tamén do prezo do tratamento. 00:08:55.623 --> 00:08:58.143 Educar aos consumidores sen dúbida funciona. 00:08:58.143 --> 00:09:01.124 Moitas veces, a xente abusa dos antibióticos 00:09:01.124 --> 00:09:04.251 ou estanse a receitar de máis, sen razón. 00:09:04.251 --> 00:09:06.678 Tamén sabemos que, ao igual que no caso da enerxía, 00:09:06.678 --> 00:09:09.290 os mecanismos de retroalimentación poden ser útiles. 00:09:09.290 --> 00:09:11.189 Se a un o avisan de que está a consumir 00:09:11.189 --> 00:09:12.876 moita enerxía durante a hora punta, 00:09:12.876 --> 00:09:14.906 un mesmo procura diminuír o seu consumo, 00:09:14.906 --> 00:09:18.003 e o mesmo feito dáse até no caso dos antibióticos. 00:09:18.003 --> 00:09:22.134 Un hospital de St. Louis acostumaba poñer nun taboleiro 00:09:22.134 --> 00:09:24.486 os nomes dos cirurxiáns ordenados 00:09:24.486 --> 00:09:28.455 por cantos antibióticos utilizaran no mes anterior 00:09:28.455 --> 00:09:30.971 e só o facían pola retroalimentación informativa, 00:09:30.971 --> 00:09:32.324 sen intención de humillalos, 00:09:32.324 --> 00:09:34.049 pero, en esencia, proporcionábanlles 00:09:34.049 --> 00:09:35.599 aos cirurxiáns unha información 00:09:35.599 --> 00:09:36.843 coa que podían reflexionar 00:09:36.843 --> 00:09:38.462 sobre como usaban os antibióticos. 00:09:38.462 --> 00:09:40.186 Aínda queda moito por facer 00:09:40.186 --> 00:09:42.335 en canto á subministración tamén. 00:09:42.335 --> 00:09:44.112 Se miran os prezos da penicilina, 00:09:44.112 --> 00:09:45.833 o custo por día é duns 10 céntimos. 00:09:45.833 --> 00:09:47.521 É un fármaco bastante barato. 00:09:47.521 --> 00:09:49.658 Os fármacos introducidos posteriormente 00:09:49.658 --> 00:09:52.302 —a linezolida e a daptomicina— 00:09:52.302 --> 00:09:54.180 son moito máis caros. 00:09:54.180 --> 00:09:59.631 Nun mundo que está afeito a pagar 10 céntimos ao día por un antibiótico, 00:09:59.633 --> 00:10:03.793 a idea de pagar 180 dólares ao día semella moito 00:10:03.793 --> 00:10:05.827 Que nos pode dicir isto? 00:10:05.827 --> 00:10:09.522 O prezo estanos a mostrar que no futuro 00:10:09.522 --> 00:10:15.100 no imos ter antibióticos baratos dos que botar man. 00:10:15.100 --> 00:10:17.994 Ese prezo é un sinal 00:10:17.994 --> 00:10:19.723 de que ao mellor temos que prestar 00:10:19.723 --> 00:10:22.156 moita máis atención ao aforro. 00:10:22.156 --> 00:10:24.580 Ese prezo tamén é un sinal 00:10:24.580 --> 00:10:26.230 de que ao mellor é hora de comezar 00:10:26.230 --> 00:10:27.370 a botarlles unha ollada 00:10:27.370 --> 00:10:28.425 a outras tecnoloxías, 00:10:28.425 --> 00:10:30.457 do mesmo xeito que o prezo da gasolina 00:10:30.457 --> 00:10:32.977 é un sinal e un estímulo 00:10:32.977 --> 00:10:34.915 para desenvolver coches eléctricos. 00:10:34.915 --> 00:10:36.522 Os prezos son sinais importantes 00:10:36.522 --> 00:10:38.208 e necesitamos prestarlles atención, 00:10:38.208 --> 00:10:40.522 pero tamén teñan en conta que, 00:10:40.522 --> 00:10:44.712 aínda que os prezos nos parezan insólitos para un antibiótico, 00:10:44.712 --> 00:10:46.911 non son nada comparados co prezo diario 00:10:46.911 --> 00:10:48.665 dalgúns fármacos contra o cancro 00:10:48.665 --> 00:10:51.915 que salvan a vida do paciente durante algúns meses ou quizais un ano, 00:10:51.915 --> 00:10:53.595 namentres que o antibiótico podería 00:10:53.595 --> 00:10:55.581 salvarlle a vida ao paciente para sempre. 00:10:55.581 --> 00:10:57.458 Polo tanto, todo isto esixe un cambio 00:10:57.458 --> 00:10:58.782 cara a un novo paradigma, 00:10:58.782 --> 00:11:00.638 un cambio que dá medo, 00:11:00.638 --> 00:11:02.967 xa que en moitos lugares deste país, 00:11:02.967 --> 00:11:04.711 e en moitos outros lugares do mundo, 00:11:04.711 --> 00:11:06.780 a idea de pagar 200 dólares 00:11:06.780 --> 00:11:09.671 por un día de tratamento con antibióticos 00:11:09.671 --> 00:11:12.213 é simplemente inimaxinable. 00:11:12.213 --> 00:11:13.947 Así que debemos pensar niso. 00:11:13.947 --> 00:11:15.760 Agora ben, hai outras opcións, 00:11:15.760 --> 00:11:18.246 outras tecnoloxías alternativas 00:11:18.246 --> 00:11:19.630 nas que se está a traballar. 00:11:19.630 --> 00:11:22.282 Entre outras, os bacteriófagos, os probióticos, 00:11:22.282 --> 00:11:26.330 a percepción de quórum e os simbióticos. 00:11:26.330 --> 00:11:29.369 Todos son bos camiños para explorar 00:11:29.369 --> 00:11:31.979 e volveranse aínda máis lucrativos 00:11:31.979 --> 00:11:35.060 cando o prezo dos novos antibióticos comece a subir. 00:11:35.060 --> 00:11:37.957 Xa vimos que o mercado responde 00:11:37.957 --> 00:11:39.527 e o goberno agora está a pensar 00:11:39.527 --> 00:11:41.095 en formas de subvencionar 00:11:41.095 --> 00:11:43.732 novos antibióticos e o seu desenvolvemento. 00:11:43.732 --> 00:11:45.455 Aínda así existen desafíos. 00:11:45.455 --> 00:11:48.080 Non podemos limitarnos a meterlle cartos ao problema. 00:11:48.080 --> 00:11:50.978 Queremos ser capaces de investir en novos antibióticos e tamén 00:11:50.978 --> 00:11:53.804 en maneiras que promovan 00:11:53.804 --> 00:11:56.824 o uso e venda adecuados deses antibióticos, 00:11:56.824 --> 00:11:59.287 e ese é o auténtico desafío. 00:11:59.287 --> 00:12:01.616 Volvendo á tecnoloxía, 00:12:01.616 --> 00:12:05.189 todos recordan esa frase dunha coñecida película sobre dinosauros: 00:12:05.189 --> 00:12:06.515 "A vida atopará un camiño". 00:12:06.515 --> 00:12:09.534 Isto non son solucións permanentes. 00:12:09.534 --> 00:12:13.190 Debemos recordar que, calquera que sexa a tecnoloxía, 00:12:13.190 --> 00:12:16.636 a natureza atopará o xeito de contrarrestala. 00:12:16.636 --> 00:12:18.666 Se cadra estades a pensar 00:12:18.666 --> 00:12:21.281 que só é un problema cos antibióticos e as bacterias, 00:12:21.281 --> 00:12:23.377 pero dáse o feito de que temos exactamente 00:12:23.377 --> 00:12:25.801 o mesmo problema en moitos outros eidos, 00:12:25.801 --> 00:12:28.933 coa tuberculose multirresistente (MDR TB), 00:12:28.933 --> 00:12:32.495 un grave problema na India e Suráfrica. 00:12:32.495 --> 00:12:34.282 Milleiros de pacientes morren porque 00:12:34.282 --> 00:12:36.496 os fármacos de segunda liña son moi caros 00:12:36.496 --> 00:12:38.653 e, ás veces, nin sequera funcionan 00:12:38.653 --> 00:12:40.413 e ademais temos a XDR TB. 00:12:40.413 --> 00:12:42.224 Os virus vólvense resistentes. 00:12:42.224 --> 00:12:43.784 Están as pragas na agricultura. 00:12:43.784 --> 00:12:45.330 Os parasitos da malaria. 00:12:45.330 --> 00:12:46.357 Hoxe en día 00:12:46.357 --> 00:12:47.735 a meirande parte do mundo 00:12:47.735 --> 00:12:48.983 depende dun medicamento, 00:12:48.983 --> 00:12:50.710 os derivados da artemisina, 00:12:50.710 --> 00:12:52.956 fundamentalmente para o tratamento da malaria. 00:12:52.956 --> 00:12:55.413 A resistencia á artemisina xa chegou 00:12:55.413 --> 00:12:58.917 e se comezara a espallarse, poría en risco 00:12:58.917 --> 00:13:02.006 o único fármaco co cal tratamos a malaria con eficacia 00:13:02.006 --> 00:13:05.220 e sen perigo, en todo o mundo. 00:13:05.220 --> 00:13:07.018 Os mosquitos vólvense resistentes. 00:13:07.018 --> 00:13:08.308 Se teñen fillos, seguro que 00:13:08.308 --> 00:13:09.435 lles soarán os piollos, 00:13:09.435 --> 00:13:10.998 e se son da cidade de Nova York, 00:13:10.998 --> 00:13:13.701 teño entendido que alí a especialidade son as chinches. 00:13:13.701 --> 00:13:15.956 Pois tamén son resistentes. 00:13:15.956 --> 00:13:18.835 Tamén temos un exemplo no outro lado do charco. 00:13:18.835 --> 00:13:21.590 Resulta que as ratas tamén son resistentes ao veleno. 00:13:21.590 --> 00:13:23.931 O que todos estes casos teñen en común 00:13:23.931 --> 00:13:26.597 é a idea de que temos estas tecnoloxías 00:13:26.597 --> 00:13:31.218 para controlar a natureza desde hai só 70, 80 ou 100 anos 00:13:31.218 --> 00:13:34.246 e, nun abrir e pechar de ollos, 00:13:34.246 --> 00:13:36.797 estragamos a nosa capacidade para controlala 00:13:36.797 --> 00:13:39.288 porque non nos demos conta 00:13:39.288 --> 00:13:42.100 de que a selección natural e a evolución ían achar 00:13:42.100 --> 00:13:43.274 como atopar un camiño 00:13:43.274 --> 00:13:45.323 e temos que repensar por completo 00:13:45.323 --> 00:13:47.666 como vamos empregar as medidas 00:13:47.666 --> 00:13:50.888 para controlar os organismos biolóxicos 00:13:50.888 --> 00:13:54.224 e reformular como incentivamos 00:13:54.224 --> 00:13:56.450 o desenvolvemento e a introdución, 00:13:56.450 --> 00:13:59.488 neste caso a prescrición dos antibióticos, 00:13:59.488 --> 00:14:02.970 e o uso deste valioso recurso. 00:14:02.970 --> 00:14:05.270 Realmente necesitamos comezar a consideralos 00:14:05.270 --> 00:14:07.228 como recursos naturais. 00:14:07.228 --> 00:14:09.466 Agora estamos nunha encrucillada. 00:14:09.466 --> 00:14:12.625 Unha opción lévanos á reformulación 00:14:12.625 --> 00:14:14.908 e a consideración precavida dos incentivos 00:14:14.908 --> 00:14:16.992 para mudar o modelo de negocio. 00:14:16.992 --> 00:14:19.253 A alternativa é 00:14:19.253 --> 00:14:22.336 un mundo no que ata unha folla de herba 00:14:22.336 --> 00:14:24.765 pode ser unha arma letal. 00:14:24.765 --> 00:14:25.855 Grazas. 00:14:25.855 --> 00:14:29.300 (Aplausos)