1 00:00:00,040 --> 00:00:00,805 (Aplausos) 2 00:00:00,805 --> 00:00:04,070 O primeiro paciente que foi tratado con antibióticos 3 00:00:04,070 --> 00:00:06,083 foi un policía de Oxford. 4 00:00:06,083 --> 00:00:07,800 No seu tempo de lecer, 5 00:00:07,800 --> 00:00:11,403 namentres traballaba no seu xardín rabuñouse coa espiña dunha rosa 6 00:00:11,403 --> 00:00:14,598 e esa pequena ferida infectouse. 7 00:00:14,598 --> 00:00:16,973 Nos seguintes días a súa cabeza foise inflamando, 8 00:00:16,973 --> 00:00:19,064 a causa da aparición de abscesos, 9 00:00:19,064 --> 00:00:23,017 e de feito, tiña un ollo tan infectado que llo tiveron que sacar. 10 00:00:23,017 --> 00:00:26,050 En febreiro de 1941, 11 00:00:26,050 --> 00:00:28,617 o pobre home estaba a piques de morrer. 12 00:00:28,617 --> 00:00:31,515 Estaba ingresado no Radcliffe Infirmary de Oxford 13 00:00:31,515 --> 00:00:33,395 e por sorte para el, 14 00:00:33,395 --> 00:00:35,261 había un pequeno equipo médico 15 00:00:35,261 --> 00:00:37,110 baixo a dirección do Dr. Howard Florey 16 00:00:37,110 --> 00:00:38,997 que conseguira sintetizar 17 00:00:38,997 --> 00:00:41,820 un chisco de penicilina, 18 00:00:41,820 --> 00:00:46,301 un fármaco que fora descuberto 12 anos antes por Alexander Fleming, 19 00:00:46,301 --> 00:00:49,930 pero que xamais se usara para tratar doenzas humanas 20 00:00:49,930 --> 00:00:52,470 e que ninguén sabía se ía funcionar 21 00:00:52,470 --> 00:00:55,610 ou se as impurezas que contiña matarían o paciente. 22 00:00:55,610 --> 00:00:57,970 Aínda así, Florey e o seu equipo decidiron usalo, 23 00:00:57,970 --> 00:01:01,756 xa que postos a facelo, mellor con alguén que fose morrer de tódalas maneiras. 24 00:01:01,761 --> 00:01:05,836 Polo tanto, déronlle a menciña a Albert Alexander, 25 00:01:05,836 --> 00:01:08,715 o policía de Oxford, 26 00:01:08,715 --> 00:01:11,132 e nas primeiras 24 horas, 27 00:01:11,132 --> 00:01:13,394 comezou a mellorar. 28 00:01:13,394 --> 00:01:17,370 Baixoulle a febre e recuperou o apetito. 29 00:01:17,370 --> 00:01:19,853 No segundo día, a súa mellora foi considerable, 30 00:01:19,853 --> 00:01:21,921 pero comezaban a quedar sen penicilina 31 00:01:21,921 --> 00:01:23,983 polo que utilizaron os ouriños deste 32 00:01:23,983 --> 00:01:26,833 co fin de resintetizar máis penicilina 33 00:01:26,833 --> 00:01:28,768 e administrarlla de novo, 34 00:01:28,768 --> 00:01:30,176 o cal funcionou. 35 00:01:30,176 --> 00:01:32,496 No cuarto día a recuperación ía por bo camiño. 36 00:01:32,496 --> 00:01:34,134 Semellaba un milagre, 37 00:01:34,134 --> 00:01:38,370 mais no quinto día, esgotouse a penicilina 38 00:01:38,370 --> 00:01:40,637 e o coitado morreu. 39 00:01:40,637 --> 00:01:43,350 Esta historia non rematou ben, 40 00:01:43,350 --> 00:01:47,700 pero, por sorte para millóns de persoas, 41 00:01:47,700 --> 00:01:50,706 coma esta nena que foi tratada a comezos de 1940, 42 00:01:50,706 --> 00:01:53,740 quen tamén estaba a morrer por unha septicemia, 43 00:01:53,740 --> 00:01:56,890 e tan só en seis días, como podedes ver, 44 00:01:56,890 --> 00:02:00,243 recuperouse grazas ao marabilloso fármaco da penicilina. 45 00:02:00,243 --> 00:02:02,201 Millóns de persoas sobreviviron 46 00:02:02,201 --> 00:02:05,785 e mudou a saúde global. 47 00:02:05,785 --> 00:02:08,578 Os antibióticos téñense empregado 48 00:02:08,578 --> 00:02:11,705 en pacientes coma este 49 00:02:11,705 --> 00:02:15,362 aínda que tamén se empregaron á lixeira nalgunhas circunstancias, 50 00:02:15,362 --> 00:02:17,859 para tratar un simple constipado ou gripe, 51 00:02:17,859 --> 00:02:18,777 enfermidades elas 52 00:02:18,777 --> 00:02:19,825 con moi baixa resposta 53 00:02:19,825 --> 00:02:20,733 aos antibióticos. 54 00:02:20,733 --> 00:02:21,931 Tamén se teñen empregado 55 00:02:21,931 --> 00:02:24,911 de forma masiva, subterapeuticamente, 56 00:02:24,911 --> 00:02:27,323 é dicir, en baixas concentracións, 57 00:02:27,323 --> 00:02:30,986 co obxectivo de que galiñas e porcos engorden moi rápido. 58 00:02:30,986 --> 00:02:34,552 Tan só para aforrar algún céntimo no prezo da carne, 59 00:02:34,552 --> 00:02:37,252 gastamos moitísimo en antibióticos para animais, 60 00:02:37,252 --> 00:02:39,614 non para tratar os que están enfermos, 61 00:02:39,614 --> 00:02:42,730 senón, principalmente, para potenciar o seu crecemento. 62 00:02:42,730 --> 00:02:45,587 Co cal, a que nos levou isto? 63 00:02:45,587 --> 00:02:48,298 Basicamente, o uso masivo de antibióticos 64 00:02:48,298 --> 00:02:49,783 por todo o mundo 65 00:02:49,783 --> 00:02:53,497 trouxo o problema da resistencia das bacterias 66 00:02:53,497 --> 00:02:56,240 debido ao feito da selección das máis fortes, 67 00:02:56,240 --> 00:02:59,820 grazas a que nós mesmos fixemos posible a selección. 68 00:02:59,820 --> 00:03:03,245 Teño a certeza de que todos leron nos xornais sobre o tema, 69 00:03:03,245 --> 00:03:06,539 que o viron nas revistas que tiñan á man, 70 00:03:06,539 --> 00:03:08,398 pero realmente quero que se dean conta 71 00:03:08,398 --> 00:03:10,499 da importancia deste problema. 72 00:03:10,499 --> 00:03:11,380 Isto é serio. 73 00:03:11,380 --> 00:03:13,381 A seguinte diapositiva que lles vou amosar 74 00:03:13,381 --> 00:03:16,622 é unha mostra da resistencia do Acinetobacter ao carbapenem. 75 00:03:16,622 --> 00:03:19,154 O Acinetobacter é un perigoso xerme hospitalario 76 00:03:19,154 --> 00:03:22,257 e o carbapenem é un dos tipos de antibióticos máis poderosos 77 00:03:22,265 --> 00:03:25,181 que se pode administrar contra ese xerme. 78 00:03:25,181 --> 00:03:27,990 Poden ver que en 1999 79 00:03:27,990 --> 00:03:30,185 a mostra de datos sobre a resistencia, 80 00:03:30,185 --> 00:03:33,498 situábase na súa meirande parte por debaixo do 10 % en todo EE. UU. 81 00:03:33,498 --> 00:03:35,985 Agora vexan o que acontece ao avanzar o vídeo. 82 00:03:46,461 --> 00:03:48,516 Non sei onde viven vostedes 83 00:03:48,516 --> 00:03:51,168 pero sexa onde sexa, seguramente a situación 84 00:03:51,168 --> 00:03:53,915 é peor agora que no 1999, 85 00:03:53,915 --> 00:03:57,886 ese é o problema da resistencia aos antibióticos. 86 00:03:57,886 --> 00:03:59,573 É un problema mundial 87 00:03:59,573 --> 00:04:02,111 que afecta aos países pobres e aos ricos por igual 88 00:04:02,111 --> 00:04:04,482 aínda que no fondo, poderiades pensar 89 00:04:04,482 --> 00:04:06,490 non pasa nada, só é un problema médico! 90 00:04:06,490 --> 00:04:09,451 Se lles ensinásemos aos médicos a non dar tantos antibióticos 91 00:04:09,451 --> 00:04:11,676 e aos pacientes a non pedilos, 92 00:04:11,676 --> 00:04:13,241 ao mellor non sería un problema 93 00:04:13,241 --> 00:04:15,273 e se cadra as compañías farmacéuticas 94 00:04:15,273 --> 00:04:17,094 farían o esforzo de desenvolver 95 00:04:17,094 --> 00:04:18,511 novos antibióticos. 96 00:04:18,511 --> 00:04:21,890 Resulta que hai algo fundamental sobre os antibióticos 97 00:04:21,890 --> 00:04:23,773 que os fai distintos doutros fármacos, 98 00:04:23,773 --> 00:04:25,964 e é que se uso antibióticos, 99 00:04:25,964 --> 00:04:27,431 correcta ou incorrectamente, 100 00:04:27,431 --> 00:04:31,231 non só é cousa miña senón que afecta aos demais tamén, 101 00:04:31,231 --> 00:04:33,899 da mesma maneira que se escollo ir traballar en coche 102 00:04:33,899 --> 00:04:36,268 ou coller un avión para ir a algures, 103 00:04:36,268 --> 00:04:39,282 o custo que impoño aos demais polo quecemento global, 104 00:04:39,282 --> 00:04:40,682 distribúese por todas partes, 105 00:04:40,682 --> 00:04:43,455 aínda que eu non teña este custo en conta necesariamente. 106 00:04:43,455 --> 00:04:46,584 Na economía chamaríanlle a isto a traxedia dos bens comúns 107 00:04:46,584 --> 00:04:50,739 e é o mesmo problema que temos cos antibióticos, 108 00:04:50,739 --> 00:04:52,889 que nós non temos en conta 109 00:04:52,889 --> 00:04:55,891 —nós inclúe a todo individuo, pacientes, 110 00:04:55,891 --> 00:04:58,370 hospitais, sistemas de saúde completos— 111 00:04:58,370 --> 00:05:01,518 non temos en conta os custos que lles impoñemos aos demais 112 00:05:01,518 --> 00:05:03,554 debido a como empregamos os antibióticos. 113 00:05:03,554 --> 00:05:05,729 É un problema semellante 114 00:05:05,729 --> 00:05:07,951 ao que acontece noutro eido que ben coñecemos, 115 00:05:07,951 --> 00:05:10,060 o consumo de combustible e o uso da enerxía, 116 00:05:10,060 --> 00:05:12,169 e, por suposto, o consumo de enerxía, 117 00:05:12,169 --> 00:05:14,451 ademais de esgotar os recursos, 118 00:05:14,451 --> 00:05:17,713 causa contaminación local e cambio climático. 119 00:05:17,713 --> 00:05:19,523 E, no caso da enerxía, 120 00:05:19,523 --> 00:05:21,831 hai dúas maneiras de atallar o problema. 121 00:05:21,831 --> 00:05:25,576 Unha é facer un mellor uso do petróleo que temos 122 00:05:25,576 --> 00:05:27,781 e, por analoxía, iso sería facer un mellor uso 123 00:05:27,781 --> 00:05:29,239 dos antibióticos existentes. 124 00:05:29,239 --> 00:05:31,400 Iso podémolo facer de distintas maneiras 125 00:05:31,400 --> 00:05:33,160 das que falarei máis adiante 126 00:05:33,160 --> 00:05:36,847 pero a outra opción é a opción de "perfora, perfora", 127 00:05:36,847 --> 00:05:41,038 que, no caso dos antibióticos, tradúcese en atopar novos antibióticos. 128 00:05:41,050 --> 00:05:43,100 Estas opcións non están separadas. 129 00:05:43,100 --> 00:05:46,522 Van da man xa que, se investimos moito 130 00:05:46,522 --> 00:05:48,746 en novos pozos petrolíferos, 131 00:05:48,746 --> 00:05:51,840 reducimos o incentivo para a conservación do petróleo existente, 132 00:05:51,840 --> 00:05:54,286 do mesmo xeito que ocorrerá cos antibióticos. 133 00:05:54,286 --> 00:05:55,894 No caso contrario sucederá que, 134 00:05:55,894 --> 00:05:58,792 se empregamos os antibióticos axeitadamente, 135 00:05:58,792 --> 00:06:01,573 non necesariamente teremos que investir 136 00:06:01,573 --> 00:06:03,750 no desenvolvemento de novos fármacos. 137 00:06:03,750 --> 00:06:06,466 Se pensabades que estabamos en completo 138 00:06:06,466 --> 00:06:08,288 equilibrio entre estas dúas opcións, 139 00:06:08,288 --> 00:06:12,741 en realidade estamos a xogar a un xogo. 140 00:06:12,741 --> 00:06:15,184 O xogo da coevolución. 141 00:06:15,184 --> 00:06:18,116 e a coevolución dáse, nesta imaxe en particular, 142 00:06:18,116 --> 00:06:20,302 entre guepardos e gacelas. 143 00:06:20,302 --> 00:06:22,740 Os guepardos evolucionaron para correr máis rápido 144 00:06:22,740 --> 00:06:24,207 xa que, se non o fixesen, 145 00:06:24,207 --> 00:06:25,605 non obterían comida ningunha. 146 00:06:25,605 --> 00:06:28,300 As gacelas evolucionaron para correr máis rápido 147 00:06:28,300 --> 00:06:31,509 pois se non corresen máis rápido, elas serían a comida. 148 00:06:31,509 --> 00:06:34,395 Xogamos ao mesmo contra as bacterias, 149 00:06:34,395 --> 00:06:36,452 salvo que nós non somos os guepardos, 150 00:06:36,452 --> 00:06:37,929 somos as gacelas, 151 00:06:37,929 --> 00:06:40,316 e, no que dura esta curta conferencia, 152 00:06:40,316 --> 00:06:42,769 as bacterias puideron 153 00:06:42,769 --> 00:06:46,375 ter fillos e netos, e achar como ser resistentes 154 00:06:46,375 --> 00:06:48,834 por selección e ensaio e erro, 155 00:06:48,834 --> 00:06:50,746 intentándoo unha e outra vez. 156 00:06:50,746 --> 00:06:54,178 Namentres, como lles ganamos a carreira as bacterias? 157 00:06:54,178 --> 00:06:56,572 Nós contamos con procesos para descubrir fármacos, 158 00:06:56,572 --> 00:06:58,202 analizamos moléculas, 159 00:06:58,202 --> 00:06:59,930 facemos probas clínicas, 160 00:06:59,930 --> 00:07:02,078 e, cando cremos ter un bo fármaco, 161 00:07:02,078 --> 00:07:05,823 temos aínda o proceso regulador do FDA. 162 00:07:05,823 --> 00:07:08,001 Despois de superar todo iso, 163 00:07:08,001 --> 00:07:10,266 procuramos ir un paso por diante 164 00:07:10,266 --> 00:07:12,492 das bacterias. 165 00:07:12,492 --> 00:07:15,396 Abofé que isto non é un xogo que poida prolongarse ou ganarse 166 00:07:15,396 --> 00:07:18,463 tan só innovando para ir por diante. 167 00:07:18,463 --> 00:07:21,778 Temos que retardar o proceso da coevolución 168 00:07:21,778 --> 00:07:25,300 e hai ideas que podemos coller emprestadas do campo da enerxía 169 00:07:25,300 --> 00:07:26,870 que nos poden axudar a pensar 170 00:07:26,870 --> 00:07:28,877 nas medidas que poderíamos tomar 171 00:07:28,877 --> 00:07:30,153 no caso dos antibióticos. 172 00:07:30,153 --> 00:07:32,213 Pensade, por exemplo, na xestión 173 00:07:32,213 --> 00:07:34,166 do prezo da enerxía. 174 00:07:34,166 --> 00:07:36,355 Temos uns impostos sobre as emisións de gases, 175 00:07:36,355 --> 00:07:37,780 onde se teñen en conta 176 00:07:37,780 --> 00:07:39,425 os custos da contaminación, 177 00:07:39,425 --> 00:07:40,970 que recaen nas persoas 178 00:07:40,970 --> 00:07:42,515 que consomen esa enerxía. 179 00:07:42,515 --> 00:07:43,933 Poderiamos contemplar 180 00:07:43,933 --> 00:07:45,452 facer o mesmo cos antibióticos, 181 00:07:45,452 --> 00:07:47,331 o que quizais aseguraría 182 00:07:47,331 --> 00:07:49,172 que se usan axeitadamente. 183 00:07:49,172 --> 00:07:51,182 Tamén hai subsidios á enerxía limpa, 184 00:07:51,182 --> 00:07:53,110 os cales permiten cambiar a combustibles 185 00:07:53,110 --> 00:07:54,255 que no contaminan tanto 186 00:07:54,255 --> 00:07:57,100 ou incluso para non utilizar combustibles fósiles. 187 00:07:57,100 --> 00:07:59,960 A analoxía neste caso é que quizais 188 00:07:59,960 --> 00:08:02,220 temos que absternos de usar antibióticos, 189 00:08:02,220 --> 00:08:05,866 e se vos poñedes a pensar, cales son bos substitutos dos antibióticos? 190 00:08:05,866 --> 00:08:06,936 Pois resulta que, 191 00:08:06,936 --> 00:08:08,185 calquera cousa que reduza 192 00:08:08,185 --> 00:08:10,223 a necesidade de antibióticos sería eficaz. 193 00:08:10,223 --> 00:08:13,995 Por exemplo, mellorar o control das infeccións hospitalarias 194 00:08:13,995 --> 00:08:16,380 ou vacinar a xente, 195 00:08:16,380 --> 00:08:18,677 sobre todo contra a gripe estacional. 196 00:08:18,677 --> 00:08:21,208 A gripe estacional é probablemente 197 00:08:21,208 --> 00:08:24,212 o impulsor principal detrás do consumo de antibióticos, 198 00:08:24,212 --> 00:08:27,131 tanto neste país coma en outros moitos, 199 00:08:27,131 --> 00:08:29,151 e iso realmente podería axudar. 200 00:08:29,151 --> 00:08:33,953 A terceira opción suporía algo parecido aos permisos comercializables. 201 00:08:33,953 --> 00:08:37,500 Pode que parezan posibilidades remotas, 202 00:08:37,500 --> 00:08:39,927 pero se se tivera en conta o feito de que quizais 203 00:08:39,927 --> 00:08:43,308 non hai antibióticos suficientes para todos os infectados, 204 00:08:43,308 --> 00:08:46,407 poderiamos contemplar asignar 205 00:08:46,407 --> 00:08:50,192 algúns destes antibióticos a uns pacientes e non a outros, 206 00:08:50,192 --> 00:08:53,218 en función das necesidades clínicas, 207 00:08:53,218 --> 00:08:55,623 pero tamén do prezo do tratamento. 208 00:08:55,623 --> 00:08:58,143 Educar aos consumidores sen dúbida funciona. 209 00:08:58,143 --> 00:09:01,124 Moitas veces, a xente abusa dos antibióticos 210 00:09:01,124 --> 00:09:04,251 ou estanse a receitar de máis, sen razón. 211 00:09:04,251 --> 00:09:06,678 Tamén sabemos que, ao igual que no caso da enerxía, 212 00:09:06,678 --> 00:09:09,290 os mecanismos de retroalimentación poden ser útiles. 213 00:09:09,290 --> 00:09:11,189 Se a un o avisan de que está a consumir 214 00:09:11,189 --> 00:09:12,876 moita enerxía durante a hora punta, 215 00:09:12,876 --> 00:09:14,906 un mesmo procura diminuír o seu consumo, 216 00:09:14,906 --> 00:09:18,003 e o mesmo feito dáse até no caso dos antibióticos. 217 00:09:18,003 --> 00:09:22,134 Un hospital de St. Louis acostumaba poñer nun taboleiro 218 00:09:22,134 --> 00:09:24,486 os nomes dos cirurxiáns ordenados 219 00:09:24,486 --> 00:09:28,455 por cantos antibióticos utilizaran no mes anterior 220 00:09:28,455 --> 00:09:30,971 e só o facían pola retroalimentación informativa, 221 00:09:30,971 --> 00:09:32,324 sen intención de humillalos, 222 00:09:32,324 --> 00:09:34,049 pero, en esencia, proporcionábanlles 223 00:09:34,049 --> 00:09:35,599 aos cirurxiáns unha información 224 00:09:35,599 --> 00:09:36,843 coa que podían reflexionar 225 00:09:36,843 --> 00:09:38,462 sobre como usaban os antibióticos. 226 00:09:38,462 --> 00:09:40,186 Aínda queda moito por facer 227 00:09:40,186 --> 00:09:42,335 en canto á subministración tamén. 228 00:09:42,335 --> 00:09:44,112 Se miran os prezos da penicilina, 229 00:09:44,112 --> 00:09:45,833 o custo por día é duns 10 céntimos. 230 00:09:45,833 --> 00:09:47,521 É un fármaco bastante barato. 231 00:09:47,521 --> 00:09:49,658 Os fármacos introducidos posteriormente 232 00:09:49,658 --> 00:09:52,302 —a linezolida e a daptomicina— 233 00:09:52,302 --> 00:09:54,180 son moito máis caros. 234 00:09:54,180 --> 00:09:59,631 Nun mundo que está afeito a pagar 10 céntimos ao día por un antibiótico, 235 00:09:59,633 --> 00:10:03,793 a idea de pagar 180 dólares ao día semella moito 236 00:10:03,793 --> 00:10:05,827 Que nos pode dicir isto? 237 00:10:05,827 --> 00:10:09,522 O prezo estanos a mostrar que no futuro 238 00:10:09,522 --> 00:10:15,100 no imos ter antibióticos baratos dos que botar man. 239 00:10:15,100 --> 00:10:17,994 Ese prezo é un sinal 240 00:10:17,994 --> 00:10:19,723 de que ao mellor temos que prestar 241 00:10:19,723 --> 00:10:22,156 moita máis atención ao aforro. 242 00:10:22,156 --> 00:10:24,580 Ese prezo tamén é un sinal 243 00:10:24,580 --> 00:10:26,230 de que ao mellor é hora de comezar 244 00:10:26,230 --> 00:10:27,370 a botarlles unha ollada 245 00:10:27,370 --> 00:10:28,425 a outras tecnoloxías, 246 00:10:28,425 --> 00:10:30,457 do mesmo xeito que o prezo da gasolina 247 00:10:30,457 --> 00:10:32,977 é un sinal e un estímulo 248 00:10:32,977 --> 00:10:34,915 para desenvolver coches eléctricos. 249 00:10:34,915 --> 00:10:36,522 Os prezos son sinais importantes 250 00:10:36,522 --> 00:10:38,208 e necesitamos prestarlles atención, 251 00:10:38,208 --> 00:10:40,522 pero tamén teñan en conta que, 252 00:10:40,522 --> 00:10:44,712 aínda que os prezos nos parezan insólitos para un antibiótico, 253 00:10:44,712 --> 00:10:46,911 non son nada comparados co prezo diario 254 00:10:46,911 --> 00:10:48,665 dalgúns fármacos contra o cancro 255 00:10:48,665 --> 00:10:51,915 que salvan a vida do paciente durante algúns meses ou quizais un ano, 256 00:10:51,915 --> 00:10:53,595 namentres que o antibiótico podería 257 00:10:53,595 --> 00:10:55,581 salvarlle a vida ao paciente para sempre. 258 00:10:55,581 --> 00:10:57,458 Polo tanto, todo isto esixe un cambio 259 00:10:57,458 --> 00:10:58,782 cara a un novo paradigma, 260 00:10:58,782 --> 00:11:00,638 un cambio que dá medo, 261 00:11:00,638 --> 00:11:02,967 xa que en moitos lugares deste país, 262 00:11:02,967 --> 00:11:04,711 e en moitos outros lugares do mundo, 263 00:11:04,711 --> 00:11:06,780 a idea de pagar 200 dólares 264 00:11:06,780 --> 00:11:09,671 por un día de tratamento con antibióticos 265 00:11:09,671 --> 00:11:12,213 é simplemente inimaxinable. 266 00:11:12,213 --> 00:11:13,947 Así que debemos pensar niso. 267 00:11:13,947 --> 00:11:15,760 Agora ben, hai outras opcións, 268 00:11:15,760 --> 00:11:18,246 outras tecnoloxías alternativas 269 00:11:18,246 --> 00:11:19,630 nas que se está a traballar. 270 00:11:19,630 --> 00:11:22,282 Entre outras, os bacteriófagos, os probióticos, 271 00:11:22,282 --> 00:11:26,330 a percepción de quórum e os simbióticos. 272 00:11:26,330 --> 00:11:29,369 Todos son bos camiños para explorar 273 00:11:29,369 --> 00:11:31,979 e volveranse aínda máis lucrativos 274 00:11:31,979 --> 00:11:35,060 cando o prezo dos novos antibióticos comece a subir. 275 00:11:35,060 --> 00:11:37,957 Xa vimos que o mercado responde 276 00:11:37,957 --> 00:11:39,527 e o goberno agora está a pensar 277 00:11:39,527 --> 00:11:41,095 en formas de subvencionar 278 00:11:41,095 --> 00:11:43,732 novos antibióticos e o seu desenvolvemento. 279 00:11:43,732 --> 00:11:45,455 Aínda así existen desafíos. 280 00:11:45,455 --> 00:11:48,080 Non podemos limitarnos a meterlle cartos ao problema. 281 00:11:48,080 --> 00:11:50,978 Queremos ser capaces de investir en novos antibióticos e tamén 282 00:11:50,978 --> 00:11:53,804 en maneiras que promovan 283 00:11:53,804 --> 00:11:56,824 o uso e venda adecuados deses antibióticos, 284 00:11:56,824 --> 00:11:59,287 e ese é o auténtico desafío. 285 00:11:59,287 --> 00:12:01,616 Volvendo á tecnoloxía, 286 00:12:01,616 --> 00:12:05,189 todos recordan esa frase dunha coñecida película sobre dinosauros: 287 00:12:05,189 --> 00:12:06,515 "A vida atopará un camiño". 288 00:12:06,515 --> 00:12:09,534 Isto non son solucións permanentes. 289 00:12:09,534 --> 00:12:13,190 Debemos recordar que, calquera que sexa a tecnoloxía, 290 00:12:13,190 --> 00:12:16,636 a natureza atopará o xeito de contrarrestala. 291 00:12:16,636 --> 00:12:18,666 Se cadra estades a pensar 292 00:12:18,666 --> 00:12:21,281 que só é un problema cos antibióticos e as bacterias, 293 00:12:21,281 --> 00:12:23,377 pero dáse o feito de que temos exactamente 294 00:12:23,377 --> 00:12:25,801 o mesmo problema en moitos outros eidos, 295 00:12:25,801 --> 00:12:28,933 coa tuberculose multirresistente (MDR TB), 296 00:12:28,933 --> 00:12:32,495 un grave problema na India e Suráfrica. 297 00:12:32,495 --> 00:12:34,282 Milleiros de pacientes morren porque 298 00:12:34,282 --> 00:12:36,496 os fármacos de segunda liña son moi caros 299 00:12:36,496 --> 00:12:38,653 e, ás veces, nin sequera funcionan 300 00:12:38,653 --> 00:12:40,413 e ademais temos a XDR TB. 301 00:12:40,413 --> 00:12:42,224 Os virus vólvense resistentes. 302 00:12:42,224 --> 00:12:43,784 Están as pragas na agricultura. 303 00:12:43,784 --> 00:12:45,330 Os parasitos da malaria. 304 00:12:45,330 --> 00:12:46,357 Hoxe en día 305 00:12:46,357 --> 00:12:47,735 a meirande parte do mundo 306 00:12:47,735 --> 00:12:48,983 depende dun medicamento, 307 00:12:48,983 --> 00:12:50,710 os derivados da artemisina, 308 00:12:50,710 --> 00:12:52,956 fundamentalmente para o tratamento da malaria. 309 00:12:52,956 --> 00:12:55,413 A resistencia á artemisina xa chegou 310 00:12:55,413 --> 00:12:58,917 e se comezara a espallarse, poría en risco 311 00:12:58,917 --> 00:13:02,006 o único fármaco co cal tratamos a malaria con eficacia 312 00:13:02,006 --> 00:13:05,220 e sen perigo, en todo o mundo. 313 00:13:05,220 --> 00:13:07,018 Os mosquitos vólvense resistentes. 314 00:13:07,018 --> 00:13:08,308 Se teñen fillos, seguro que 315 00:13:08,308 --> 00:13:09,435 lles soarán os piollos, 316 00:13:09,435 --> 00:13:10,998 e se son da cidade de Nova York, 317 00:13:10,998 --> 00:13:13,701 teño entendido que alí a especialidade son as chinches. 318 00:13:13,701 --> 00:13:15,956 Pois tamén son resistentes. 319 00:13:15,956 --> 00:13:18,835 Tamén temos un exemplo no outro lado do charco. 320 00:13:18,835 --> 00:13:21,590 Resulta que as ratas tamén son resistentes ao veleno. 321 00:13:21,590 --> 00:13:23,931 O que todos estes casos teñen en común 322 00:13:23,931 --> 00:13:26,597 é a idea de que temos estas tecnoloxías 323 00:13:26,597 --> 00:13:31,218 para controlar a natureza desde hai só 70, 80 ou 100 anos 324 00:13:31,218 --> 00:13:34,246 e, nun abrir e pechar de ollos, 325 00:13:34,246 --> 00:13:36,797 estragamos a nosa capacidade para controlala 326 00:13:36,797 --> 00:13:39,288 porque non nos demos conta 327 00:13:39,288 --> 00:13:42,100 de que a selección natural e a evolución ían achar 328 00:13:42,100 --> 00:13:43,274 como atopar un camiño 329 00:13:43,274 --> 00:13:45,323 e temos que repensar por completo 330 00:13:45,323 --> 00:13:47,666 como vamos empregar as medidas 331 00:13:47,666 --> 00:13:50,888 para controlar os organismos biolóxicos 332 00:13:50,888 --> 00:13:54,224 e reformular como incentivamos 333 00:13:54,224 --> 00:13:56,450 o desenvolvemento e a introdución, 334 00:13:56,450 --> 00:13:59,488 neste caso a prescrición dos antibióticos, 335 00:13:59,488 --> 00:14:02,970 e o uso deste valioso recurso. 336 00:14:02,970 --> 00:14:05,270 Realmente necesitamos comezar a consideralos 337 00:14:05,270 --> 00:14:07,228 como recursos naturais. 338 00:14:07,228 --> 00:14:09,466 Agora estamos nunha encrucillada. 339 00:14:09,466 --> 00:14:12,625 Unha opción lévanos á reformulación 340 00:14:12,625 --> 00:14:14,908 e a consideración precavida dos incentivos 341 00:14:14,908 --> 00:14:16,992 para mudar o modelo de negocio. 342 00:14:16,992 --> 00:14:19,253 A alternativa é 343 00:14:19,253 --> 00:14:22,336 un mundo no que ata unha folla de herba 344 00:14:22,336 --> 00:14:24,765 pode ser unha arma letal. 345 00:14:24,765 --> 00:14:25,855 Grazas. 346 00:14:25,855 --> 00:14:29,300 (Aplausos)