WEBVTT 00:00:05.201 --> 00:00:08.517 George e Charlotte Blonsky, que eran 00:00:08.517 --> 00:00:11.609 un matrimonio residente no Bronx en Nova York, 00:00:11.609 --> 00:00:12.854 inventaron algo. 00:00:12.854 --> 00:00:17.293 Conseguiron unha patente en 1965 para o que eles denominaron 00:00:17.293 --> 00:00:21.978 "un aparello para asistir a mulleres no parto." 00:00:22.508 --> 00:00:26.208 Este aparello consiste nunha gran mesa redonda 00:00:26.438 --> 00:00:27.891 e algún dispositivos mecánicos. 00:00:28.191 --> 00:00:31.400 Cando a muller está lista para dar a luz, 00:00:31.400 --> 00:00:32.801 deitase, 00:00:32.801 --> 00:00:35.232 é amarrada á mesa, 00:00:35.232 --> 00:00:38.311 que se pon a xirar a gran velocidade. 00:00:38.311 --> 00:00:40.901 O neno sae voando 00:00:40.901 --> 00:00:41.736 (Risos) 00:00:41.736 --> 00:00:44.477 grazas á forza centrífuga. 00:00:45.001 --> 00:00:48.011 (Risos) 00:00:49.927 --> 00:00:53.616 Se mirades detidamente a súa patente, 00:00:54.246 --> 00:00:57.645 especialmente se tedes formación ou coñecementos en enxeñaría, 00:00:58.115 --> 00:00:59.574 podedes concluír que vedes 00:00:59.574 --> 00:01:03.491 un ou dous puntos onde o deseño non é apropiado de todo. 00:01:03.771 --> 00:01:05.541 (Risos) NOTE Paragraph 00:01:06.271 --> 00:01:09.030 O Dr. Ivan Schwach en California 00:01:09.030 --> 00:01:10.924 é unha das persoas que foron esenciais 00:01:10.924 --> 00:01:12.570 para axudar a responder a pregunta 00:01:12.570 --> 00:01:16.921 "Por que aos picapaus non lles doe a cabeza?" 00:01:18.281 --> 00:01:19.498 E resulta que a resposta 00:01:19.498 --> 00:01:21.722 é que os seus cerebros 00:01:21.722 --> 00:01:23.493 están colocados nos seus cranios 00:01:23.493 --> 00:01:25.993 dun modo diferente 00:01:25.993 --> 00:01:28.497 a como os seres humanos 00:01:28.497 --> 00:01:31.696 temos empaquetados os nosos cerebros. 00:01:32.456 --> 00:01:34.839 Os picapaus, normalmente, 00:01:34.839 --> 00:01:37.027 petan, e baten coa cabeza 00:01:37.027 --> 00:01:42.318 contra un toro de madeira milleiros de veces ao día. Cada día! 00:01:42.318 --> 00:01:44.231 E polo que se sabe, 00:01:44.231 --> 00:01:45.977 iso non os molesta nin un chisco. NOTE Paragraph 00:01:45.977 --> 00:01:47.373 Como ocorre isto? 00:01:47.703 --> 00:01:50.629 O seu cerebro non anda abaneando coma o noso. 00:01:50.629 --> 00:01:53.341 O seu cerebro está empaquetado de forma moi axustada, 00:01:53.341 --> 00:01:55.747 polo menos para os golpes que veñen de fronte. 00:01:56.197 --> 00:01:58.140 Non moita xente se fixou 00:01:58.140 --> 00:02:01.224 nesta investigación ata estes últimos anos 00:02:01.224 --> 00:02:03.839 cando, neste país sobre todo, 00:02:03.839 --> 00:02:05.227 está espertando a curiosidade 00:02:05.227 --> 00:02:07.812 co que ocorre cos cerebros dos xogadores de fútbol americano 00:02:07.862 --> 00:02:10.150 que petan seguido coas súas cabezas. 00:02:10.150 --> 00:02:13.548 E o picapau quizais estea relacionado con isto. NOTE Paragraph 00:02:15.218 --> 00:02:17.311 Hai un artigo publicado 00:02:17.311 --> 00:02:18.776 na revista médica "The Lancet" 00:02:18.776 --> 00:02:20.486 en Inglaterra hai uns anos titulado 00:02:20.486 --> 00:02:27.263 "Un home que picou o dedo e cheiroulle podre durante 5 anos." 00:02:27.903 --> 00:02:29.861 A Dra. Caroline Mills e o seu equipo 00:02:29.861 --> 00:02:33.810 atenderon este paciente e non souberon que facerlle. 00:02:33.810 --> 00:02:35.670 O home cortara o dedo, 00:02:35.670 --> 00:02:39.143 traballaba procesando polos, 00:02:39.143 --> 00:02:41.579 e entón comezou a cheirar moi moi mal. 00:02:41.579 --> 00:02:43.128 Tan mal que cando entrou na sala 00:02:43.128 --> 00:02:44.455 cos médicos e enfermeiras, 00:02:44.455 --> 00:02:46.874 non podían aturar estar na sala con el. 00:02:46.874 --> 00:02:48.675 Era insoportable. 00:02:48.675 --> 00:02:50.174 Probaron todas as medicinas, 00:02:50.174 --> 00:02:52.182 todos os tratamentos que se lles ocorreron. 00:02:52.182 --> 00:02:54.223 Despois dun ano, aínda cheiraba a podre. 00:02:54.223 --> 00:02:56.392 Despois de dous anos, aínda cheiraba a podre. 00:02:56.392 --> 00:02:59.262 Tres anos, catro anos, aínda cheiraba a podre. 00:02:59.262 --> 00:03:01.839 Despois de cinco anos, o cheiro marchou el só. 00:03:02.299 --> 00:03:04.598 É un misterio. NOTE Paragraph 00:03:05.998 --> 00:03:08.347 En Nova Zelandia, a Dra. Lianne Parkin 00:03:08.347 --> 00:03:13.909 e o seu equipo analizaron unha vella tradición da súa cidade. 00:03:13.909 --> 00:03:16.636 Viven nunha cidade que ten outeiros enormes, 00:03:16.636 --> 00:03:18.255 grandes coma os de San Francisco. 00:03:18.255 --> 00:03:20.372 E alí no inverno vai moito frío, 00:03:20.372 --> 00:03:21.556 e hai moitas xeadas. 00:03:21.556 --> 00:03:23.150 Hai moitas lesións. 00:03:23.150 --> 00:03:25.415 A tradición que analizaron, 00:03:25.415 --> 00:03:27.047 analizárona pedíndolle á xente 00:03:27.047 --> 00:03:29.446 que ía para o traballo pola mañá, 00:03:29.446 --> 00:03:31.389 que pararan e probaran algo. 00:03:31.389 --> 00:03:33.392 Probar unha de dúas condicións. 00:03:33.392 --> 00:03:36.145 A tradición é que no inverno, 00:03:36.145 --> 00:03:40.861 nesa cidade, levas os calcetíns por fóra das botas. 00:03:40.861 --> 00:03:44.260 E o que descubriron co experimento, 00:03:44.260 --> 00:03:46.429 e foi bastante gráfico cando o viron, 00:03:46.429 --> 00:03:47.844 é que era certo. 00:03:47.844 --> 00:03:51.163 Que se levas os calcetíns por fóra no canto de por dentro, 00:03:51.163 --> 00:03:55.916 é máis probable que sobrevivas e non esvares nin caias. NOTE Paragraph 00:03:56.516 --> 00:04:01.894 Espero que esteades de acordo comigo que estas cousas 00:04:01.894 --> 00:04:04.109 que vos acabo de describir, 00:04:04.109 --> 00:04:07.289 calquera delas, merecen algún tipo de premio. 00:04:07.289 --> 00:04:10.819 (Risos) 00:04:10.819 --> 00:04:12.214 E conseguírono, 00:04:12.214 --> 00:04:15.199 cada un deles ten un Premio Ig Nobel. 00:04:15.199 --> 00:04:19.191 En 1991, eu, con outra morea de xente, 00:04:19.191 --> 00:04:22.094 comezamos a cerimonia dos Premios Ig Nobel. 00:04:22.094 --> 00:04:25.026 Cada ano damos 10 premios. 00:04:25.026 --> 00:04:32.009 Os premios están baseados nun só criterio. É moi sinxelo. 00:04:32.009 --> 00:04:37.993 É que fixeras algo que primeiro lle faga rir á xente, e despois pensar. 00:04:37.993 --> 00:04:41.837 Que o que fixeras lle faga rir á xente e despois pensar. 00:04:41.837 --> 00:04:43.845 Sexa o que sexa, ten un aquel 00:04:43.845 --> 00:04:46.582 que cando a xente se atopa con iso 00:04:46.582 --> 00:04:50.323 a súa única reacción posible é a risa. 00:04:50.973 --> 00:04:52.226 E unha semana máis tarde, 00:04:52.226 --> 00:04:53.507 aínda lle repica na cabeza 00:04:53.507 --> 00:04:56.267 e morre por ir contárllelo aos amigos. 00:04:56.267 --> 00:04:58.465 Velaí a calidade que buscamos. NOTE Paragraph 00:04:58.465 --> 00:05:01.250 Cada ano, andamos ao redor 00:05:01.250 --> 00:05:05.692 de 9000 novas candidaturas aos Premios Ig Nobel. 00:05:05.692 --> 00:05:08.521 Delas, entre o 10 por cento 00:05:08.521 --> 00:05:11.004 e o 20 por cento 00:05:11.004 --> 00:05:13.864 son persoas que se candidatan a si mesmas. 00:05:13.984 --> 00:05:14.854 (Risos) 00:05:14.914 --> 00:05:18.501 Estes case nunca gañan. 00:05:18.831 --> 00:05:23.200 É moi difícil, estatisticamente, gañar un premio se o queres. 00:05:23.200 --> 00:05:25.045 E incluso se non o queres, 00:05:25.045 --> 00:05:27.231 é moi difícil estatisticamente. 00:05:27.761 --> 00:05:31.411 Debedes saber que cando escollemos unha persoa 00:05:31.411 --> 00:05:32.683 para gañar un Ig Nobel, 00:05:32.683 --> 00:05:36.259 contactamos con ela discretamente, 00:05:36.259 --> 00:05:38.820 ofrecémoslle a opción de rexeitar 00:05:38.820 --> 00:05:42.202 este grande honor, se quere. 00:05:42.202 --> 00:05:45.526 Por sorte para nós, case todos aos que lles ofrecemos o Premio 00:05:45.526 --> 00:05:49.035 deciden aceptalo. NOTE Paragraph 00:05:49.035 --> 00:05:51.976 Que consegues se gañas un Premio Ig Nobel? 00:05:51.976 --> 00:05:53.553 Pois varias cousas. 00:05:53.553 --> 00:05:57.083 Consegues un Premio Ig Nobel. 00:05:57.083 --> 00:05:58.553 O deseño é diferente cada ano. 00:05:58.553 --> 00:05:59.414 (Risos) 00:05:59.414 --> 00:06:04.220 Están sempre feitos á man con materiais sumamente baratos. 00:06:04.220 --> 00:06:05.881 Estades vendo unha imaxe 00:06:05.881 --> 00:06:09.910 do premio que entregamos o ano pasado, 2013. 00:06:09.910 --> 00:06:11.946 A maioría dos premios do mundo tamén dan 00:06:11.946 --> 00:06:16.644 aos gañadores algún diñeiro en efectivo. 00:06:16.644 --> 00:06:17.707 Nós non temos cartos, 00:06:17.707 --> 00:06:19.218 así que non podemos dalos. 00:06:19.218 --> 00:06:22.094 De feito, os gañadores deben pagar do seu peto 00:06:22.094 --> 00:06:24.898 a viaxe á cerimonia dos Ig Nobel, 00:06:24.898 --> 00:06:26.761 e a maioría fano. 00:06:26.761 --> 00:06:29.754 O ano pasado, no entanto, si demos xuntado uns poucos cartos. 00:06:29.754 --> 00:06:34.265 Cada un dos 10 gañadores dos Ig Nobel 00:06:34.265 --> 00:06:40.043 recibiron de nós 10 trillóns de dólares. 00:06:40.043 --> 00:06:43.916 Un billete de 10 trillóns de dólares de Zimbabwe. 00:06:43.916 --> 00:06:45.476 (Risos) 00:06:45.476 --> 00:06:48.300 Pode que recordedes que Zimbabwe tivo unha pequena aventura 00:06:48.300 --> 00:06:50.895 de inflación durante uns cantos anos. 00:06:50.895 --> 00:06:52.515 Acabaron imprimindo billetes 00:06:52.515 --> 00:06:56.371 con valores nominais tan grandes como 100 trillóns de dólares. 00:06:56.371 --> 00:06:59.156 A persoa responsable, que dirixe o seu banco nacional, 00:06:59.156 --> 00:07:01.156 gañou o Premio Ig Nobel de matemáticas. 00:07:01.156 --> 00:07:01.929 (Risos) NOTE Paragraph 00:07:01.929 --> 00:07:04.094 A outra cousa que gañas é unha invitación 00:07:04.099 --> 00:07:05.054 para vir á cerimonia 00:07:05.054 --> 00:07:06.976 que ten lugar na Universidade de Harvard 00:07:06.976 --> 00:07:08.061 E cando estás alí, 00:07:08.061 --> 00:07:10.778 chegas á maior aula e lugar de reunión de Harvard. 00:07:10.778 --> 00:07:12.063 Caben 1100 persoas, 00:07:12.063 --> 00:07:13.189 está cheo a rebentar, 00:07:13.189 --> 00:07:14.020 e no escenario 00:07:14.020 --> 00:07:15.814 agardando para darche a man, 00:07:15.814 --> 00:07:18.086 agardando para entregarche o teu Ig Nobel, 00:07:18.086 --> 00:07:20.735 hai unha morea de gañadores do Premio Nobel. 00:07:20.735 --> 00:07:22.034 Iso é a cerna da cerimonia. 00:07:22.034 --> 00:07:24.184 Os gañadores non se coñecen ata ese momento, 00:07:24.184 --> 00:07:26.611 incluso os galardoados co Nobel que lles darán a man 00:07:26.611 --> 00:07:29.854 non saben quen son ata que os anuncian. NOTE Paragraph 00:07:29.854 --> 00:07:32.974 Vou contarvos algúns outros 00:07:32.974 --> 00:07:36.028 dos premios relacionados coa medicina que xa demos. 00:07:36.028 --> 00:07:38.284 Tede en conta que levamos dado 230 premios. 00:07:38.284 --> 00:07:40.578 Hai moita desta xente que anda entre vós. 00:07:40.578 --> 00:07:42.698 Quizais ti teñas un. 00:07:42.698 --> 00:07:44.842 Hai uns 30 anos publicouse un artigo 00:07:44.842 --> 00:07:47.352 titulado "Lesións causadas por caída de cocos." 00:07:47.352 --> 00:07:49.307 Escribiuno o Dr. Peter Barss, 00:07:49.307 --> 00:07:51.518 que é canadense. 00:07:51.518 --> 00:07:53.704 O Dr. Barss veu á cerimonia 00:07:53.704 --> 00:07:55.571 e explicou que como médico novo, 00:07:55.571 --> 00:07:57.052 quería ver mundo. 00:07:57.052 --> 00:07:59.051 Foi a Papúa-Nova Guinea. 00:07:59.051 --> 00:08:01.680 Unha vez alí, traballou nun hospital, e tiña curiosidade 00:08:01.680 --> 00:08:07.195 pola clase de cousas que lle pasaba á xente para acabar no hospital. 00:08:07.195 --> 00:08:08.733 Revisou os rexistros e descubriu 00:08:08.733 --> 00:08:11.283 que un número sorprendentemente amplo de persoas 00:08:11.283 --> 00:08:12.449 estaban no hospital 00:08:12.449 --> 00:08:15.996 por lesións causadas pola caída de cocos. 00:08:15.996 --> 00:08:17.782 Algo normal que ocorre é 00:08:17.782 --> 00:08:21.581 que a xente viña das montañas, onde non hai moitos coqueiros, 00:08:21.581 --> 00:08:23.829 a visitar aos parentes da costa, 00:08:23.829 --> 00:08:25.289 onde hai moitos. 00:08:25.289 --> 00:08:26.679 E pensan que un coqueiro 00:08:26.679 --> 00:08:29.348 é un bo lugar para estar ou se cadra deitarse. 00:08:29.348 --> 00:08:31.955 Un coqueiro duns 27 metros de alto, 00:08:31.955 --> 00:08:34.178 que ten cocos que pesan case un kilo 00:08:34.178 --> 00:08:38.230 e poden caer en calquera momento. NOTE Paragraph 00:08:38.230 --> 00:08:40.023 Un grupo de médicos en Europa 00:08:40.023 --> 00:08:43.532 publicou unha serie de artigos sobre colonoscopias. 00:08:43.532 --> 00:08:45.562 Todos estades familiarizados con elas, 00:08:45.562 --> 00:08:46.854 dun xeito ou outro. 00:08:46.854 --> 00:08:48.169 Ou nalgúns casos, 00:08:48.169 --> 00:08:49.169 dun xeito e doutro. 00:08:49.169 --> 00:08:51.084 (Risos) 00:08:51.534 --> 00:08:55.023 Nestes artigos, 00:08:55.023 --> 00:08:58.711 explicábanlles aos seus colegas que practicaban colonoscopias, 00:08:59.191 --> 00:09:01.162 como minimizar a posibilidade 00:09:01.162 --> 00:09:03.823 de que cando practicas a colonoscopia, 00:09:03.823 --> 00:09:05.563 o teu paciente estoupe. 00:09:05.973 --> 00:09:07.103 (Risos) 00:09:07.793 --> 00:09:09.373 O Dr. Emmanuel Ben-Soussan, 00:09:09.373 --> 00:09:10.547 un dos autores, 00:09:10.547 --> 00:09:13.706 voou dende París para a cerimonia, 00:09:13.706 --> 00:09:15.597 na que explicou a historia disto: 00:09:15.597 --> 00:09:16.773 nos anos 50, 00:09:16.773 --> 00:09:22.101 cando as colonoscopias comezaban a ser unha técnica común, 00:09:22.101 --> 00:09:24.740 estábase descubrindo como facelas ben. 00:09:24.740 --> 00:09:27.500 E ao primeiro había algunhas dificultades. 00:09:27.500 --> 00:09:31.471 O problema básico, seguro que vos soa, 00:09:31.471 --> 00:09:36.800 é que estás mirando dentro dun lugar longo, estreito e escuro. 00:09:36.800 --> 00:09:40.355 Polo tanto, queres ter un espazo máis grande. 00:09:40.355 --> 00:09:42.486 Engades un pouco gas para inchalo 00:09:42.486 --> 00:09:44.400 e así tes máis sitio para mirar. 00:09:44.400 --> 00:09:47.127 Pero ese gas engádese ao metano, 00:09:47.127 --> 00:09:48.635 que xa está dentro. 00:09:48.635 --> 00:09:51.635 O gas que usaban ao primeiro, en moitos casos, era osíxeno. 00:09:51.635 --> 00:09:54.084 Así que lle engadían osíxeno ao metano. 00:09:54.084 --> 00:09:56.119 E entón, se querían poder ver, 00:09:56.119 --> 00:09:57.047 precisaban luz, 00:09:57.047 --> 00:09:58.632 así que poñían unha fonte de luz, 00:09:58.632 --> 00:10:00.228 que nos anos 50 era moi quente. 00:10:00.228 --> 00:10:03.546 Polo que tiñan metano, que é inflamable, 00:10:03.546 --> 00:10:06.338 osíxeno e calor. 00:10:06.338 --> 00:10:09.476 Pararon de usar osíxeno bastante axiña. 00:10:09.476 --> 00:10:11.006 (Risos) 00:10:11.806 --> 00:10:13.997 Agora é estraño que os pacientes estoupen, 00:10:13.997 --> 00:10:16.726 pero aínda segue ocorrendo. NOTE Paragraph 00:10:19.506 --> 00:10:23.311 O último que vos quero contar é o premio 00:10:23.311 --> 00:10:25.742 que lle demos á Dra. Elena Bodnar. 00:10:25.742 --> 00:10:29.867 Ela inventou un suxeitador 00:10:29.867 --> 00:10:31.315 que nunha emerxencia 00:10:31.315 --> 00:10:32.618 se pode separar rapidamente 00:10:32.618 --> 00:10:36.137 nun par de máscaras de protección 00:10:36.137 --> 00:10:37.904 Unha para salvarche a vida, 00:10:37.904 --> 00:10:41.248 outra para salvarlla a algún sortudo que pase por alí. 00:10:41.248 --> 00:10:43.228 (Risos) 00:10:43.228 --> 00:10:46.255 Estarédesvos preguntando por que faría alguén algo así. 00:10:46.255 --> 00:10:48.387 A Dra. Bodnar veu á cerimonia 00:10:48.387 --> 00:10:51.348 e explicou que ela criouse en Ucraína. 00:10:51.348 --> 00:10:53.224 Foi un dos médicos que tratou a vítimas 00:10:53.224 --> 00:10:55.108 do accidente nuclear de Chernóbil. 00:10:55.108 --> 00:10:57.692 E máis tarde descubriron 00:10:57.692 --> 00:10:59.617 que moitos dos peores problemas médicos 00:10:59.617 --> 00:11:01.739 viñan de partículas que a xente respirou. 00:11:01.739 --> 00:11:03.667 Así que sempre quedou pensando 00:11:03.667 --> 00:11:05.754 se podería haber algunha máscara sinxela 00:11:05.754 --> 00:11:09.990 que estivese dispoñíble en todas partes cando ocorrera algo inesperado. 00:11:09.990 --> 00:11:11.603 Anos despois, mudouse a América. 00:11:11.603 --> 00:11:12.447 Tivo un meniño. 00:11:12.447 --> 00:11:14.203 Un día mirou no chan 00:11:14.203 --> 00:11:17.274 que o seu cativo collera o seu suxeitador 00:11:17.274 --> 00:11:19.133 e o puxera na cara. 00:11:19.133 --> 00:11:20.814 E de aí saíu a idea. 00:11:20.814 --> 00:11:22.817 Veu á cerimonia dos Ig Nobel 00:11:22.817 --> 00:11:25.157 co primeiro prototipo do suxeitador 00:11:25.157 --> 00:11:29.511 e fixo a demostración. 00:11:29.511 --> 00:11:53.275 (Risos) (Aplausos) 00:11:58.265 --> 00:12:06.694 [Paul Krugman, Premio Nobel de Economía do ano 2008] 00:12:28.574 --> 00:12:35.583 [Wolfgang Ketterle, Premio Nobel de Física do ano 2001] NOTE Paragraph 00:12:43.563 --> 00:12:46.223 Eu mesmo teño un suxeitador de emerxencias. 00:12:46.223 --> 00:12:47.283 (Risos) 00:12:47.283 --> 00:12:49.621 É o meu suxeitador favorito, 00:12:49.621 --> 00:12:52.273 pero encantaríame compartilo con calquera de vós 00:12:52.273 --> 00:12:54.122 se fora necesario. 00:12:54.122 --> 00:12:55.078 Grazas. 00:12:55.078 --> 00:13:00.075 (Aplausos)