0:00:05.201,0:00:08.517 George e Charlotte Blonsky, que eran 0:00:08.517,0:00:11.609 un matrimonio residente no Bronx [br]en Nova York, 0:00:11.609,0:00:12.854 inventaron algo. 0:00:12.854,0:00:17.293 Conseguiron unha patente en 1965 [br]para o que eles denominaron 0:00:17.293,0:00:21.978 "un aparello para asistir[br]a mulleres no parto." 0:00:22.508,0:00:26.208 Este aparello consiste nunha [br]gran mesa redonda 0:00:26.438,0:00:27.891 e algún dispositivos mecánicos. 0:00:28.191,0:00:31.400 Cando a muller está lista para dar a luz, 0:00:31.400,0:00:32.801 deitase, 0:00:32.801,0:00:35.232 é amarrada á mesa, 0:00:35.232,0:00:38.311 que se pon a xirar a gran velocidade. 0:00:38.311,0:00:40.901 O neno sae voando 0:00:40.901,0:00:41.736 (Risos) 0:00:41.736,0:00:44.477 grazas á forza centrífuga. 0:00:45.001,0:00:48.011 (Risos) 0:00:49.927,0:00:53.616 Se mirades detidamente a súa patente, 0:00:54.246,0:00:57.645 especialmente se tedes formación[br]ou coñecementos en enxeñaría, 0:00:58.115,0:00:59.574 podedes concluír que vedes 0:00:59.574,0:01:03.491 un ou dous puntos onde o deseño[br]non é apropiado de todo. 0:01:03.771,0:01:05.541 (Risos) 0:01:06.271,0:01:09.030 O Dr. Ivan Schwach en California 0:01:09.030,0:01:10.924 é unha das persoas que foron esenciais 0:01:10.924,0:01:12.570 para axudar a responder a pregunta 0:01:12.570,0:01:16.921 "Por que aos picapaus [br]non lles doe a cabeza?" 0:01:18.281,0:01:19.498 E resulta que a resposta 0:01:19.498,0:01:21.722 é que os seus cerebros 0:01:21.722,0:01:23.493 están colocados nos seus cranios 0:01:23.493,0:01:25.993 dun modo diferente 0:01:25.993,0:01:28.497 a como os seres humanos 0:01:28.497,0:01:31.696 temos empaquetados os nosos cerebros. 0:01:32.456,0:01:34.839 Os picapaus, normalmente, 0:01:34.839,0:01:37.027 petan, e baten coa cabeza 0:01:37.027,0:01:42.318 contra un toro de madeira[br]milleiros de veces ao día. Cada día! 0:01:42.318,0:01:44.231 E polo que se sabe, 0:01:44.231,0:01:45.977 iso non os molesta nin un chisco. 0:01:45.977,0:01:47.373 Como ocorre isto? 0:01:47.703,0:01:50.629 O seu cerebro non anda abaneando[br]coma o noso. 0:01:50.629,0:01:53.341 O seu cerebro está empaquetado[br]de forma moi axustada, 0:01:53.341,0:01:55.747 polo menos para os golpes [br]que veñen de fronte. 0:01:56.197,0:01:58.140 Non moita xente se fixou 0:01:58.140,0:02:01.224 nesta investigación ata estes últimos anos 0:02:01.224,0:02:03.839 cando, neste país sobre todo, 0:02:03.839,0:02:05.227 está espertando a curiosidade 0:02:05.227,0:02:07.812 co que ocorre cos cerebros dos[br]xogadores de fútbol americano 0:02:07.862,0:02:10.150 que petan seguido coas súas cabezas. 0:02:10.150,0:02:13.548 E o picapau quizais estea [br]relacionado con isto. 0:02:15.218,0:02:17.311 Hai un artigo publicado 0:02:17.311,0:02:18.776 na revista médica "The Lancet" 0:02:18.776,0:02:20.486 en Inglaterra hai uns anos titulado 0:02:20.486,0:02:27.263 "Un home que picou o dedo e cheiroulle[br]podre durante 5 anos." 0:02:27.903,0:02:29.861 A Dra. Caroline Mills e o seu equipo 0:02:29.861,0:02:33.810 atenderon este paciente e non[br]souberon que facerlle. 0:02:33.810,0:02:35.670 O home cortara o dedo, 0:02:35.670,0:02:39.143 traballaba procesando polos, 0:02:39.143,0:02:41.579 e entón comezou a cheirar moi moi mal. 0:02:41.579,0:02:43.128 Tan mal que cando entrou na sala 0:02:43.128,0:02:44.455 cos médicos e enfermeiras, 0:02:44.455,0:02:46.874 non podían aturar estar[br]na sala con el. 0:02:46.874,0:02:48.675 Era insoportable. 0:02:48.675,0:02:50.174 Probaron todas as medicinas, 0:02:50.174,0:02:52.182 todos os tratamentos[br]que se lles ocorreron. 0:02:52.182,0:02:54.223 Despois dun ano, aínda cheiraba a podre. 0:02:54.223,0:02:56.392 Despois de dous anos, [br]aínda cheiraba a podre. 0:02:56.392,0:02:59.262 Tres anos, catro anos,[br]aínda cheiraba a podre. 0:02:59.262,0:03:01.839 Despois de cinco anos, [br]o cheiro marchou el só. 0:03:02.299,0:03:04.598 É un misterio. 0:03:05.998,0:03:08.347 En Nova Zelandia, a Dra. Lianne Parkin 0:03:08.347,0:03:13.909 e o seu equipo analizaron[br]unha vella tradición da súa cidade. 0:03:13.909,0:03:16.636 Viven nunha cidade[br]que ten outeiros enormes, 0:03:16.636,0:03:18.255 grandes coma os de San Francisco. 0:03:18.255,0:03:20.372 E alí no inverno vai moito frío, 0:03:20.372,0:03:21.556 e hai moitas xeadas. 0:03:21.556,0:03:23.150 Hai moitas lesións. 0:03:23.150,0:03:25.415 A tradición que analizaron, 0:03:25.415,0:03:27.047 analizárona pedíndolle á xente 0:03:27.047,0:03:29.446 que ía para o traballo pola mañá, 0:03:29.446,0:03:31.389 que pararan e probaran algo. 0:03:31.389,0:03:33.392 Probar unha de dúas condicións. 0:03:33.392,0:03:36.145 A tradición é que no inverno, 0:03:36.145,0:03:40.861 nesa cidade, levas os calcetíns[br]por fóra das botas. 0:03:40.861,0:03:44.260 E o que descubriron co experimento, 0:03:44.260,0:03:46.429 e foi bastante gráfico cando o viron, 0:03:46.429,0:03:47.844 é que era certo. 0:03:47.844,0:03:51.163 Que se levas os calcetíns por fóra[br]no canto de por dentro, 0:03:51.163,0:03:55.916 é máis probable que sobrevivas[br]e non esvares nin caias. 0:03:56.516,0:04:01.894 Espero que esteades de acordo[br]comigo que estas cousas 0:04:01.894,0:04:04.109 que vos acabo de describir, 0:04:04.109,0:04:07.289 calquera delas, merecen algún[br]tipo de premio. 0:04:07.289,0:04:10.819 (Risos) 0:04:10.819,0:04:12.214 E conseguírono, 0:04:12.214,0:04:15.199 cada un deles ten un Premio Ig Nobel. 0:04:15.199,0:04:19.191 En 1991, eu, con outra morea de xente, 0:04:19.191,0:04:22.094 comezamos a cerimonia dos[br]Premios Ig Nobel. 0:04:22.094,0:04:25.026 Cada ano damos 10 premios. 0:04:25.026,0:04:32.009 Os premios están baseados nun só[br]criterio. É moi sinxelo. 0:04:32.009,0:04:37.993 É que fixeras algo que primeiro[br]lle faga rir á xente, e despois pensar. 0:04:37.993,0:04:41.837 Que o que fixeras lle faga rir á xente[br]e despois pensar. 0:04:41.837,0:04:43.845 Sexa o que sexa, ten un aquel 0:04:43.845,0:04:46.582 que cando a xente se atopa con iso 0:04:46.582,0:04:50.323 a súa única reacción posible é a risa. 0:04:50.973,0:04:52.226 E unha semana máis tarde, 0:04:52.226,0:04:53.507 aínda lle repica na cabeza 0:04:53.507,0:04:56.267 e morre por ir contárllelo[br]aos amigos. 0:04:56.267,0:04:58.465 Velaí a calidade que buscamos. 0:04:58.465,0:05:01.250 Cada ano, andamos ao redor 0:05:01.250,0:05:05.692 de 9000 novas candidaturas[br]aos Premios Ig Nobel. 0:05:05.692,0:05:08.521 Delas, entre o 10 por cento 0:05:08.521,0:05:11.004 e o 20 por cento 0:05:11.004,0:05:13.864 son persoas que se candidatan a si mesmas. 0:05:13.984,0:05:14.854 (Risos) 0:05:14.914,0:05:18.501 Estes case nunca gañan. 0:05:18.831,0:05:23.200 É moi difícil, estatisticamente,[br]gañar un premio se o queres. 0:05:23.200,0:05:25.045 E incluso se non o queres, 0:05:25.045,0:05:27.231 é moi difícil estatisticamente. 0:05:27.761,0:05:31.411 Debedes saber que cando [br]escollemos unha persoa 0:05:31.411,0:05:32.683 para gañar un Ig Nobel, 0:05:32.683,0:05:36.259 contactamos con ela discretamente, 0:05:36.259,0:05:38.820 ofrecémoslle a opción de rexeitar 0:05:38.820,0:05:42.202 este grande honor, se quere. 0:05:42.202,0:05:45.526 Por sorte para nós, case todos [br]aos que lles ofrecemos o Premio 0:05:45.526,0:05:49.035 deciden aceptalo. 0:05:49.035,0:05:51.976 Que consegues se gañas un [br]Premio Ig Nobel? 0:05:51.976,0:05:53.553 Pois varias cousas. 0:05:53.553,0:05:57.083 Consegues un Premio Ig Nobel. 0:05:57.083,0:05:58.553 O deseño é diferente cada ano. 0:05:58.553,0:05:59.414 (Risos) 0:05:59.414,0:06:04.220 Están sempre feitos á man [br]con materiais sumamente baratos. 0:06:04.220,0:06:05.881 Estades vendo unha imaxe 0:06:05.881,0:06:09.910 do premio que entregamos [br]o ano pasado, 2013. 0:06:09.910,0:06:11.946 A maioría dos premios do mundo tamén dan 0:06:11.946,0:06:16.644 aos gañadores algún diñeiro en efectivo. 0:06:16.644,0:06:17.707 Nós non temos cartos, 0:06:17.707,0:06:19.218 así que non podemos dalos. 0:06:19.218,0:06:22.094 De feito, os gañadores deben [br]pagar do seu peto 0:06:22.094,0:06:24.898 a viaxe á cerimonia dos Ig Nobel, 0:06:24.898,0:06:26.761 e a maioría fano. 0:06:26.761,0:06:29.754 O ano pasado, no entanto, [br]si demos xuntado uns poucos cartos. 0:06:29.754,0:06:34.265 Cada un dos 10 gañadores dos Ig Nobel 0:06:34.265,0:06:40.043 recibiron de nós 10 trillóns de dólares. 0:06:40.043,0:06:43.916 Un billete de 10 trillóns de dólares[br]de Zimbabwe. 0:06:43.916,0:06:45.476 (Risos) 0:06:45.476,0:06:48.300 Pode que recordedes que Zimbabwe[br]tivo unha pequena aventura 0:06:48.300,0:06:50.895 de inflación durante uns cantos anos. 0:06:50.895,0:06:52.515 Acabaron imprimindo billetes 0:06:52.515,0:06:56.371 con valores nominais tan grandes[br]como 100 trillóns de dólares. 0:06:56.371,0:06:59.156 A persoa responsable,[br]que dirixe o seu banco nacional, 0:06:59.156,0:07:01.156 gañou o Premio Ig Nobel de matemáticas. 0:07:01.156,0:07:01.929 (Risos) 0:07:01.929,0:07:04.094 A outra cousa que gañas é unha invitación 0:07:04.099,0:07:05.054 para vir á cerimonia 0:07:05.054,0:07:06.976 que ten lugar na Universidade de Harvard 0:07:06.976,0:07:08.061 E cando estás alí, 0:07:08.061,0:07:10.778 chegas á maior aula [br]e lugar de reunión de Harvard. 0:07:10.778,0:07:12.063 Caben 1100 persoas, 0:07:12.063,0:07:13.189 está cheo a rebentar, 0:07:13.189,0:07:14.020 e no escenario 0:07:14.020,0:07:15.814 agardando para darche a man, 0:07:15.814,0:07:18.086 agardando para entregarche[br]o teu Ig Nobel, 0:07:18.086,0:07:20.735 hai unha morea de gañadores do[br]Premio Nobel. 0:07:20.735,0:07:22.034 Iso é a cerna da cerimonia. 0:07:22.034,0:07:24.184 Os gañadores non se coñecen[br]ata ese momento, 0:07:24.184,0:07:26.611 incluso os galardoados co Nobel[br]que lles darán a man 0:07:26.611,0:07:29.854 non saben quen son ata que os anuncian. 0:07:29.854,0:07:32.974 Vou contarvos algúns outros 0:07:32.974,0:07:36.028 dos premios relacionados coa medicina[br]que xa demos. 0:07:36.028,0:07:38.284 Tede en conta que levamos dado[br]230 premios. 0:07:38.284,0:07:40.578 Hai moita desta xente que[br]anda entre vós. 0:07:40.578,0:07:42.698 Quizais ti teñas un. 0:07:42.698,0:07:44.842 Hai uns 30 anos publicouse un artigo 0:07:44.842,0:07:47.352 titulado "Lesións causadas por[br]caída de cocos." 0:07:47.352,0:07:49.307 Escribiuno o Dr. Peter Barss, 0:07:49.307,0:07:51.518 que é canadense. 0:07:51.518,0:07:53.704 O Dr. Barss veu á cerimonia 0:07:53.704,0:07:55.571 e explicou que como médico novo, 0:07:55.571,0:07:57.052 quería ver mundo. 0:07:57.052,0:07:59.051 Foi a Papúa-Nova Guinea. 0:07:59.051,0:08:01.680 Unha vez alí, traballou nun hospital,[br]e tiña curiosidade 0:08:01.680,0:08:07.195 pola clase de cousas que lle pasaba[br]á xente para acabar no hospital. 0:08:07.195,0:08:08.733 Revisou os rexistros e descubriu 0:08:08.733,0:08:11.283 que un número [br]sorprendentemente amplo de persoas 0:08:11.283,0:08:12.449 estaban no hospital 0:08:12.449,0:08:15.996 por lesións causadas pola caída[br]de cocos. 0:08:15.996,0:08:17.782 Algo normal que ocorre é 0:08:17.782,0:08:21.581 que a xente viña das montañas, [br]onde non hai moitos coqueiros, 0:08:21.581,0:08:23.829 a visitar aos parentes da costa, 0:08:23.829,0:08:25.289 onde hai moitos. 0:08:25.289,0:08:26.679 E pensan que un coqueiro 0:08:26.679,0:08:29.348 é un bo lugar para estar ou [br]se cadra deitarse. 0:08:29.348,0:08:31.955 Un coqueiro duns 27 metros de alto, 0:08:31.955,0:08:34.178 que ten cocos que pesan case un kilo 0:08:34.178,0:08:38.230 e poden caer en calquera momento. 0:08:38.230,0:08:40.023 Un grupo de médicos en Europa 0:08:40.023,0:08:43.532 publicou unha serie de artigos[br]sobre colonoscopias. 0:08:43.532,0:08:45.562 Todos estades familiarizados[br]con elas, 0:08:45.562,0:08:46.854 dun xeito ou outro. 0:08:46.854,0:08:48.169 Ou nalgúns casos, 0:08:48.169,0:08:49.169 dun xeito e doutro. 0:08:49.169,0:08:51.084 (Risos) 0:08:51.534,0:08:55.023 Nestes artigos, 0:08:55.023,0:08:58.711 explicábanlles aos seus colegas[br]que practicaban colonoscopias, 0:08:59.191,0:09:01.162 como minimizar a posibilidade 0:09:01.162,0:09:03.823 de que cando practicas a colonoscopia, 0:09:03.823,0:09:05.563 o teu paciente estoupe. 0:09:05.973,0:09:07.103 (Risos) 0:09:07.793,0:09:09.373 O Dr. Emmanuel Ben-Soussan, 0:09:09.373,0:09:10.547 un dos autores, 0:09:10.547,0:09:13.706 voou dende París para a cerimonia, 0:09:13.706,0:09:15.597 na que explicou a historia disto: 0:09:15.597,0:09:16.773 nos anos 50, 0:09:16.773,0:09:22.101 cando as colonoscopias [br]comezaban a ser unha técnica común, 0:09:22.101,0:09:24.740 estábase descubrindo como facelas ben. 0:09:24.740,0:09:27.500 E ao primeiro había algunhas dificultades. 0:09:27.500,0:09:31.471 O problema básico, seguro que vos soa, 0:09:31.471,0:09:36.800 é que estás mirando dentro dun lugar[br]longo, estreito e escuro. 0:09:36.800,0:09:40.355 Polo tanto, queres ter[br]un espazo máis grande. 0:09:40.355,0:09:42.486 Engades un pouco gas para inchalo 0:09:42.486,0:09:44.400 e así tes máis sitio para mirar. 0:09:44.400,0:09:47.127 Pero ese gas engádese ao metano, 0:09:47.127,0:09:48.635 que xa está dentro. 0:09:48.635,0:09:51.635 O gas que usaban ao primeiro, [br]en moitos casos, era osíxeno. 0:09:51.635,0:09:54.084 Así que lle engadían osíxeno ao metano. 0:09:54.084,0:09:56.119 E entón, se querían poder ver, 0:09:56.119,0:09:57.047 precisaban luz, 0:09:57.047,0:09:58.632 así que poñían unha fonte de luz, 0:09:58.632,0:10:00.228 que nos anos 50 era moi quente. 0:10:00.228,0:10:03.546 Polo que tiñan metano, que é inflamable, 0:10:03.546,0:10:06.338 osíxeno e calor. 0:10:06.338,0:10:09.476 Pararon de usar osíxeno bastante axiña. 0:10:09.476,0:10:11.006 (Risos) 0:10:11.806,0:10:13.997 Agora é estraño que os pacientes estoupen, 0:10:13.997,0:10:16.726 pero aínda segue ocorrendo. 0:10:19.506,0:10:23.311 O último que vos quero contar é o premio 0:10:23.311,0:10:25.742 que lle demos á Dra. Elena Bodnar. 0:10:25.742,0:10:29.867 Ela inventou un suxeitador 0:10:29.867,0:10:31.315 que nunha emerxencia 0:10:31.315,0:10:32.618 se pode separar rapidamente 0:10:32.618,0:10:36.137 nun par de máscaras de protección 0:10:36.137,0:10:37.904 Unha para salvarche a vida, 0:10:37.904,0:10:41.248 outra para salvarlla a algún sortudo[br]que pase por alí. 0:10:41.248,0:10:43.228 (Risos) 0:10:43.228,0:10:46.255 Estarédesvos preguntando [br]por que faría alguén algo así. 0:10:46.255,0:10:48.387 A Dra. Bodnar veu á cerimonia 0:10:48.387,0:10:51.348 e explicou que ela criouse en Ucraína. 0:10:51.348,0:10:53.224 Foi un dos médicos que tratou a vítimas 0:10:53.224,0:10:55.108 do accidente nuclear de Chernóbil. 0:10:55.108,0:10:57.692 E máis tarde descubriron 0:10:57.692,0:10:59.617 que moitos dos peores problemas médicos 0:10:59.617,0:11:01.739 viñan de partículas que a xente respirou. 0:11:01.739,0:11:03.667 Así que sempre quedou pensando 0:11:03.667,0:11:05.754 se podería haber algunha [br]máscara sinxela 0:11:05.754,0:11:09.990 que estivese dispoñíble en todas partes[br]cando ocorrera algo inesperado. 0:11:09.990,0:11:11.603 Anos despois, mudouse a América. 0:11:11.603,0:11:12.447 Tivo un meniño. 0:11:12.447,0:11:14.203 Un día mirou no chan 0:11:14.203,0:11:17.274 que o seu cativo collera o seu suxeitador 0:11:17.274,0:11:19.133 e o puxera na cara. 0:11:19.133,0:11:20.814 E de aí saíu a idea. 0:11:20.814,0:11:22.817 Veu á cerimonia dos Ig Nobel 0:11:22.817,0:11:25.157 co primeiro prototipo do suxeitador 0:11:25.157,0:11:29.511 e fixo a demostración. 0:11:29.511,0:11:53.275 (Risos) (Aplausos) 0:11:58.265,0:12:06.694 [Paul Krugman, Premio Nobel de Economía[br]do ano 2008] 0:12:28.574,0:12:35.583 [Wolfgang Ketterle, Premio Nobel de Física[br]do ano 2001] 0:12:43.563,0:12:46.223 Eu mesmo teño un suxeitador de [br]emerxencias. 0:12:46.223,0:12:47.283 (Risos) 0:12:47.283,0:12:49.621 É o meu suxeitador favorito, 0:12:49.621,0:12:52.273 pero encantaríame compartilo con[br]calquera de vós 0:12:52.273,0:12:54.122 se fora necesario. 0:12:54.122,0:12:55.078 Grazas. 0:12:55.078,0:13:00.075 (Aplausos)