Algunhas persoas pensan que hai
unha fórmula para as charlas TED:
"Dar unha charla nunha
alfombra vermella."
"Contar unha historia
da infancia."
"Divulgar un segredo persoal."
"Rematar cunha inspiradora
chamada á acción."
Non.
Non é así como hai que
pensar dunha TED.
De feito, se empregades demasiado
estes mecanismos,
pareceredes un clixé
ou un manipulador emocional.
Pero hai unha cousa que todas
as grandes charlas TED teñen en común,
e gustaríame compartila
con vós, porque
nos últimos 12 anos,
tiven un asento privilexiado,
escoitando varios centos de
fantásticos relatores TED, como estes.
Axudeinos coas súas charlas
de máxima audiencia,
e aprendín directamente deles
os segredos dunha gran charla.
E aínda que estes relatores
e os seus temas parecen
completamente diferentes,
todos teñen un ingrediente común.
E é este:
A principal tarefa como relator
é transferir á mente de quen vos
escoita un regalo extraordinario,
un estraño e fermoso obxecto
que chamamos idea.
Deixádeme explicárvolo.
Aquí está Haley.
Está a punto de dar unha charla TED
e, francamente, está aterrada.
(Vídeo) Presentador: Haley Van Dyck!
(Aplausos)
Durante 18 minutos,
1 200 persoas, moitas das cales
nunca se viran antes
senten que os seus cerebros
se sincronizan co cerebro de Haley
e entre si.
Están literalmente comezando
a exhibir os mesmos padróns cerebrais.
E non só quero dicir que
están sentindo as mesmas emocións.
Ocorre algo aínda
máis asombroso.
Imos botarlle un ollo ao
cerebro de Haley un momento.
Hai millóns de neuronas
interconectadas nunha enleada.
Pero mirade aquí, xusto aquí:
uns poucos millóns están
conectados entre si
dun xeito que representa
unha simple idea.
E, incriblemente, este padrón exacto
estase reconstruíndo en tempo real
dentro das mentes de toda a audiencia.
É así; só nun par de minutos,
un padrón que implica millóns de neuronas
teletranspórtase a 1 200 mentes,
só con que as persoas escoiten
unha voz e miren unha cara.
Pero agardade,
que é unha idea?
Ben, podedes imaxinala
como un padrón de información
que axuda a entender
e a navegar o mundo.
As ideas veñen de moitas
formas e tamaños,
desde as complexas e analíticas
ás simples e estéticas.
Aquí hai un par de exemplos
compartidos desde o escenario TED.
Sir Ken Robinson -A creatividade é
a chave do futuro dos nosos nenos.
(Vídeo) Sir Ken Robinson: O que
sosteño é que a creatividade agora
é tan importante en educación
como a alfabetización
e debemos tratala
co mesmo status.
Chris Anderson: Elora Hardy
-Construír con bambú é fermoso.
(Vídeo) Elora Hardy: Medra
ao redor de nós,
é forte, é elegante,
resiste os terremotos.
CA: Chimamanda Adichie -A xente
é máis que unha simple identidade.
Vídeo) Chimamanda Adichie:
A simple historia crea estereotipos,
e o problema cos estereotipos
non é que sexan falsos,
é que son incompletos.
CA: A vosa mente reborda ideas,
e non o fai aleatoriamente.
Están coidadosamente
conectadas.
Colectivamente, forman unha
incrible estrutura complexa
que é a vosa persoal
visión do mundo.
É o sistema operativo do voso cerebro.
É como navegades polo mundo.
E componse de
millóns de ideas individuais.
Se, por exemplo, un pequeno
compoñente da vosa visión do mundo
é a idea de que os gatiños son adorables,
entón, ao verdes isto,
reaccionaredes así.
Pero se outro compoñente
da vosa visión do mundo
é a idea de que os leopardos
son perigosos,
entón, ao verdes isto,
reaccionaredes de forma
un pouco distinta.
Así que é bastante obvio
que as ideas que forman
a vosa visión do mundo son cruciais.
Necesitades que sexan o máis
fiables que sexa posible, unha guía
para o temible pero marabilloso
mundo real de aí fóra.
Agora ben, as diferentes visións do mundo
da xente poden ser moi diferentes.
Por exemplo,
como reacciona a vosa visión do
mundo cando vedes esta imaxe:
(Vídeo) Dalia Mogahed: Que
pensades cando me vedes?
"Unha muller de fe", "unha experta",
mesmo ata "unha irmá"?
Ou "oprimida", "co cerebro lavado"
"unha terrorista"?
CA: Sexa cal for a resposta,
hai millóns de persoas aí fóra
que reaccionarían de forma moi distinta.
É por iso que as ideas importan.
Se se comunican de forma axeitada,
son capaces de cambiar, para sempre,
a forma en que alguén ve o mundo
e transformar as súas accións
tanto agora coma no futuro.
As ideas son a forza máis poderosa
que conforma a cultura humana.
Así que se aceptades
que a vosa tarefa principal
como relatores é construír unha idea
nas mentes da vosa audiencia,
aquí van catro pautas
para abordar esa tarefa:
Primeiro, limitade a vosa charla
a unha única idea.
As ideas son cousas complexas;
necesitades reducir o contido
para poder centrarvos
na idea simple
que máis vos apaixona,
e ter a oportunidade
de explicala ben.
Tedes que dar contexto,
compartir exemplos, facelo real.
Así que collede unha idea
e facede que sexa un fío
que percorra toda a vosa charla,
para que todo o que digades
conecte dalgunha maneira.
Segundo, dádelle a quen vos escoita
unha razón para que lle interese.
Antes de comezar a construír cousas
nas mentes da vosa audiencia,
tedes que ter o seu permiso
para entrar.
E cal é a ferramenta
para conseguilo?
A curiosidade.
Remexede a curiosidade
da vosa audiencia.
Usade preguntas
intrigantes, provocativas
para identificar por que algo
non ten sentido e precisa explicación.
Se podedes revelar unha desconexión
na visión do mundo de alguén,
sentirán a necesidade de
cubrir ese oco de coñecemento.
E cando estala ese desexo
é moito máis sinxelo
comezar a construír a idea.
Terceiro, constrúe a túa idea, peza a peza
desde conceptos que a vosa
audiencia coñece.
Usade o poder da linguaxe
para tecer xuntos
conceptos que xa existen
na mente de quen vos escoita
pero non na vosa linguaxe,
na súa linguaxe.
Comezade onde están eles.
Os relatores a miúdo esquecen que
moitos termos e conceptos cos que conviven
son completamente estraños
para a súa audiencia.
Ben, as metáforas xogan un rol crucial
para mostrar como encaixan as pezas,
porque revelan a forma
desexada do padrón,
baseándose nunha idea que
quen escoita entende.
Por exemplo, cando Jennifer Kahn
quixo explicar a incrible
nova biotecnoloxía chamada CRISPR,
dixo: "É coma se, por primeira vez,
tiverades un procesador
de texto para editar ADN.
O CRISPS permite cortar e pegar
información xenética moi facilmente."
Ben, unha explicación gráfica como esta
ofrece un gran momento de clarificación
mentres encaixa na nosa mente.
É importante, polo tanto, probar
a charla con amigos de confianza,
e ver que partes atopan máis confusas.
Cuarto. Aquí vai o consello final:
Fai que as túas ideas merezan
ser compartidas.
Con isto quero dicir que
te fagas esta pregunta:
"A quen beneficia esta idea?"
E preciso que sexades
honestos coa resposta.
Se a idea só vos beneficia a
vós e á vosa organización,
entón, sinto dicilo, probablemente
non mereza a pena ser compartida.
A audiencia verá a través de vós.
Pero se credes que a idea
ten o potencial
de iluminarlle o día a alguén
ou de cambiar a perspectiva
de alguén para mellor
ou de inspirar alguén para facer
as cousas doutro xeito,
entón tedes o ingrediente esencial
para unha charla boa de verdade,
unha que pode ser un regalo
para eles e para todos nós.