WEBVTT 00:00:01.200 --> 00:00:02.400 Democracia 00:00:02.960 --> 00:00:04.296 En Occidente, 00:00:04.320 --> 00:00:08.256 cometemos un grande erro ao dala por feito. 00:00:08.280 --> 00:00:09.706 Vemos a democracia 00:00:09.706 --> 00:00:14.096 non como a máis fráxil das flores, o que é en realidade, 00:00:14.120 --> 00:00:17.160 senón como parte do mobiliario da nosa sociedade. 00:00:17.960 --> 00:00:21.960 Tendemos a pensar nela como un feito definitivo. 00:00:22.680 --> 00:00:27.896 Pensamos, de forma errada, que o capitalismo xera sempre democracia. 00:00:27.920 --> 00:00:29.256 Mais non o fai. NOTE Paragraph 00:00:29.280 --> 00:00:33.656 Lee Kuan Yew, de Singapur, e os seus grandes imitadores en Beijing, 00:00:33.680 --> 00:00:36.616 demostraron, máis alá de calquera dúbida, 00:00:36.640 --> 00:00:40.536 que é perfectamente posible ter un capitalismo vizoso, 00:00:40.560 --> 00:00:42.160 de crecemento espectacular, 00:00:42.960 --> 00:00:46.016 mentres a política permanece exenta de democracia. 00:00:46.040 --> 00:00:50.456 De feito, a democracia está en regresión no noso terreo, 00:00:50.480 --> 00:00:52.056 aquí en Europa. NOTE Paragraph 00:00:52.080 --> 00:00:55.456 A comezos deste ano, cando estaba representando a Grecia 00:00:55.480 --> 00:00:58.216 -no goberno grego que acababa de ser elixido- 00:00:58.240 --> 00:01:00.936 no Eurogrupo, como ministro de Finanzas, 00:01:00.960 --> 00:01:05.896 dixéronme claramente que o proceso democrático no noso país 00:01:05.920 --> 00:01:07.336 -as nosas eleccións- 00:01:07.360 --> 00:01:09.866 non podían interferir coas políticas económicas 00:01:09.866 --> 00:01:12.400 que se estaban desenvolvendo en Grecia. 00:01:13.120 --> 00:01:14.336 Naquel momento, 00:01:14.360 --> 00:01:18.656 sentín que non podía haber maior reivindicación de Lee Kuan Yew, 00:01:18.680 --> 00:01:20.216 nin do Partido Comunista Chinés, 00:01:20.240 --> 00:01:23.976 nin dalgúns amigos meus, recalcitrantes, que estaban sempre a dicirme 00:01:24.000 --> 00:01:28.320 que se prohibiría a democracia se ameazásemos alterar algo. NOTE Paragraph 00:01:29.640 --> 00:01:32.896 Esta noite, quero presentarvos 00:01:32.920 --> 00:01:36.080 un escenario económico para unha auténtica democracia. 00:01:36.600 --> 00:01:41.456 Quero pedirvos que me acompañedes para volver a crer 00:01:41.480 --> 00:01:43.480 que Lee Kuan Yew, 00:01:44.480 --> 00:01:45.856 O Partido Comunista Chinés 00:01:45.880 --> 00:01:47.256 e o Eurogrupo tamén 00:01:47.280 --> 00:01:51.220 están errados, ao creren que podemos prescindir da democracia, 00:01:51.600 --> 00:01:55.336 que precisamos unha democracia auténtica e estrondosa. 00:01:55.360 --> 00:01:58.336 E sen democracia, 00:01:58.360 --> 00:02:01.216 as nosas sociedades serán máis ruíns, 00:02:01.240 --> 00:02:03.376 o noso futuro, escuro 00:02:03.400 --> 00:02:06.216 e as nosas grandes, novas tecnoloxías, botadas a perder. NOTE Paragraph 00:02:06.240 --> 00:02:07.496 Falando de botar a perder, 00:02:07.520 --> 00:02:10.295 permitídeme apuntar un interesante paradoxo 00:02:10.320 --> 00:02:13.096 que está ameazando as nosas economías. 00:02:13.120 --> 00:02:15.416 Eu chámolle o paradoxo dos picos xemelgos. 00:02:15.440 --> 00:02:16.736 Un dos picos, xa sabedes, 00:02:16.760 --> 00:02:18.376 ídelo recoñecer, 00:02:18.400 --> 00:02:23.456 é a montaña de débedas que proxecta unha longa sombra 00:02:23.480 --> 00:02:26.296 sobre os EE.UU., Europa, o mundo enteiro. 00:02:26.320 --> 00:02:28.510 Todos recoñecemos a montaña de débedas. 00:02:28.880 --> 00:02:33.310 Pero poucas persoas distinguen o seu xemelgo. 00:02:33.640 --> 00:02:35.840 A montaña de diñeiro improdutivo 00:02:36.840 --> 00:02:40.200 que pertence aos aforradores ricos e ás grandes empresas, 00:02:41.120 --> 00:02:43.696 demasiado aterrorizados para investilo 00:02:43.720 --> 00:02:47.016 en actividades produtivas que poidan xerar ingresos 00:02:47.040 --> 00:02:50.096 con que poidamos eliminar a montaña de débedas 00:02:50.120 --> 00:02:54.096 e que poidan producir o que a humanidade necesita desesperadamente, 00:02:54.120 --> 00:02:55.776 como a enerxía verde. NOTE Paragraph 00:02:55.800 --> 00:02:58.136 Agora vou darvos dous números. 00:02:58.160 --> 00:02:59.496 Nos últimos tres meses, 00:02:59.520 --> 00:03:02.296 nos EE.UU., en Gran Bretaña e na Eurozona, 00:03:02.320 --> 00:03:06.736 investimos colectivamente 3,4 billóns de dólares 00:03:06.760 --> 00:03:09.416 en todos os bens que producen riqueza 00:03:09.440 --> 00:03:12.456 -cousas como instalacións industriais, maquinaria, 00:03:12.480 --> 00:03:14.696 edificios de oficinas, escolas, 00:03:14.720 --> 00:03:17.856 estradas, ferrocarrís, maquinaria, etc., etc. 00:03:17.880 --> 00:03:20.616 3,4 billóns de dólares parecen moitos cartos 00:03:20.640 --> 00:03:24.496 ata que os comparamos cos 5,1 billóns 00:03:24.520 --> 00:03:27.216 que se esparexeron neses mesmos países, 00:03:27.240 --> 00:03:29.056 nas nosas institucións financeiras, 00:03:29.080 --> 00:03:32.280 sen facer absolutamente nada durante o mesmo período 00:03:33.440 --> 00:03:38.296 agás inflar os mercados bursátiles e encarecer os prezos da vivenda. NOTE Paragraph 00:03:38.320 --> 00:03:43.576 Así que temos unha montaña de débeda e unha montaña de diñeiro improdutivo 00:03:43.600 --> 00:03:47.296 que forman os picos xemelgos, sen poder anularse un ao outro 00:03:47.320 --> 00:03:50.136 a través da operación normal dos mercados. NOTE Paragraph 00:03:50.160 --> 00:03:52.890 O resultado é o estancamento dos salarios, 00:03:53.360 --> 00:03:59.016 o desemprego de máis dun cuarto de traballadores, dos 25 aos 54 anos, 00:03:59.040 --> 00:04:00.536 en América, Xapón e Europa. 00:04:00.560 --> 00:04:02.896 E, consecuentemente, baixa a demanda agregada 00:04:02.920 --> 00:04:05.136 nun ciclo sen fin, 00:04:05.160 --> 00:04:07.880 que reforza o pesimismo dos investidores, 00:04:08.880 --> 00:04:12.696 que, por medo á baixa demanda, responden non investindo, 00:04:12.720 --> 00:04:15.416 exactamente como o pai de Edipo 00:04:15.440 --> 00:04:17.935 que, estarrecido pola profecía do oráculo 00:04:17.959 --> 00:04:20.696 de que o seu fillo medraría para matalo, 00:04:20.720 --> 00:04:22.656 inconscientemente creou as condicións 00:04:22.680 --> 00:04:26.150 que aseguraron que Edipo, o seu fillo, o matase. NOTE Paragraph 00:04:26.560 --> 00:04:29.080 Esta é a miña batalla co capitalismo. 00:04:29.200 --> 00:04:31.216 A súa grave dilapidación de cartos, 00:04:31.240 --> 00:04:32.856 todo este diñeiro improdutivo, 00:04:32.880 --> 00:04:36.976 debería ser canalizado en mellorar vidas, 00:04:37.000 --> 00:04:38.336 en desenvolver o talento humano, 00:04:38.360 --> 00:04:41.216 e en financiar todas esas tecnoloxías, 00:04:41.240 --> 00:04:42.496 tecnoloxías verdes, 00:04:42.520 --> 00:04:45.280 que son absolutamente esenciais para salvar o planeta. NOTE Paragraph 00:04:46.280 --> 00:04:49.536 ¿Teño razón ao crer que a democracia podería ser a resposta? 00:04:49.560 --> 00:04:50.776 Eu penso que si, 00:04:50.800 --> 00:04:52.016 pero antes de seguir, 00:04:52.040 --> 00:04:53.580 ¿que entendemos por democracia? 00:04:54.520 --> 00:04:56.936 Aristóteles definiu a democracia 00:04:56.960 --> 00:05:01.896 como a constitución en que os libres e os pobres, 00:05:01.920 --> 00:05:04.630 ao seren a maioría, controlan o goberno. NOTE Paragraph 00:05:05.000 --> 00:05:08.296 Claro que a democracia ateniense excluía demasiada xente. 00:05:08.320 --> 00:05:11.360 Mulleres, migrantes e, por suposto, escravos. 00:05:12.040 --> 00:05:13.296 Pero sería un erro 00:05:13.320 --> 00:05:16.896 rexeitar o significado da antiga democracia ateniense 00:05:16.920 --> 00:05:19.350 baseándonos en quen excluía. NOTE Paragraph 00:05:19.680 --> 00:05:20.936 O que era máis pertinente, 00:05:20.960 --> 00:05:24.816 e continúa séndoo na antiga democracia ateniense, 00:05:24.840 --> 00:05:28.336 era a inclusión dos traballadores pobres, 00:05:28.360 --> 00:05:33.056 os que non só adquirían o dereito da liberdade de expresión, 00:05:33.080 --> 00:05:35.336 senón que, o máis importante, crucial, 00:05:35.360 --> 00:05:37.976 adquirían os dereitos aos xuízos políticos 00:05:38.000 --> 00:05:40.376 que lles concedían igual peso 00:05:40.400 --> 00:05:44.056 no proceso de toma de decisións sobre cuestións de estado. 00:05:44.080 --> 00:05:47.136 Claro, a democracia ateniense non durou moito. 00:05:47.160 --> 00:05:51.576 Como unha candea que arde vivamente, queimouse axiña. 00:05:51.600 --> 00:05:52.816 E de feito, 00:05:52.840 --> 00:05:57.096 a nosa actual democracia liberal non ten as súas raíces na antiga Atenas. 00:05:57.120 --> 00:05:59.456 Ten as súas raíces na Carta Magna, 00:05:59.480 --> 00:06:02.736 na Revolución Gloriosa de 1688, 00:06:02.760 --> 00:06:04.976 mesmo na constitución de EE.UU. 00:06:05.000 --> 00:06:10.016 Mentres que a democracia ateniense se centrou na cidadanía sen dono 00:06:10.040 --> 00:06:12.800 e no empoderamento dos traballadores pobres, 00:06:13.240 --> 00:06:17.416 as nosas democracias liberais baséanse na tradición da Carta Magna, 00:06:17.440 --> 00:06:20.536 que era, despois de todo, unha carta para amos. 00:06:20.560 --> 00:06:24.856 E, de feito, a democracia liberal só xurdiu cando foi posible 00:06:24.880 --> 00:06:28.736 separar totalmente a esfera política da esfera económica, 00:06:28.760 --> 00:06:33.816 para restrinxir o proceso democrático totalmente á esfera política, 00:06:33.840 --> 00:06:35.696 deixando a esfera económica 00:06:35.720 --> 00:06:37.656 -o mundo empresarial, se queredes- 00:06:37.680 --> 00:06:41.000 como unha zona libre de democracia. NOTE Paragraph 00:06:41.720 --> 00:06:44.696 Ben, na nosa democracia actual, 00:06:44.720 --> 00:06:48.216 esta separación da esfera económica e da politica, 00:06:48.240 --> 00:06:50.496 o momento en que comezou, 00:06:50.520 --> 00:06:54.816 deu lugar a unha inexorable loita épica entre as dúas, 00:06:54.840 --> 00:06:58.056 coa esfera económica colonizando a esfera política, 00:06:58.080 --> 00:07:00.220 devorando o seu poder. NOTE Paragraph 00:07:00.480 --> 00:07:03.880 Preguntástesvos por que os políticos non son o que adoitaban ser? 00:07:04.560 --> 00:07:06.976 Non é porque o seu ADN dexenerara. NOTE Paragraph 00:07:07.000 --> 00:07:08.616 (Risos) NOTE Paragraph 00:07:08.640 --> 00:07:13.256 Máis ben é porque hoxe un pode estar no goberno e non ter poder, 00:07:13.280 --> 00:07:16.576 porque o poder migrou desde a esfera política á económica, 00:07:16.600 --> 00:07:18.380 que está separada. NOTE Paragraph 00:07:19.160 --> 00:07:20.736 De feito, 00:07:20.760 --> 00:07:23.056 falei da miña batalla contra o capitalismo. 00:07:23.080 --> 00:07:24.816 Se pensades niso, 00:07:24.840 --> 00:07:28.560 é un pouco como unha poboación de predadores, 00:07:29.080 --> 00:07:33.800 que teñen tanto éxito en aniquilar a presa da que se alimentan, 00:07:34.560 --> 00:07:36.696 que, á fin, morren de fame. NOTE Paragraph 00:07:36.720 --> 00:07:37.936 De igual xeito, 00:07:37.960 --> 00:07:41.656 a esfera económica foi colonizando e canibalizando a esfera política 00:07:41.680 --> 00:07:45.056 ata tal punto que se debilitou a si mesma, 00:07:45.080 --> 00:07:46.816 provocando a crise económica. 00:07:46.840 --> 00:07:48.936 O poder corporativo está aumentando, 00:07:48.960 --> 00:07:51.176 os bens políticos están desvalorizándose, 00:07:51.200 --> 00:07:53.016 a desigualdade aumenta, 00:07:53.040 --> 00:07:54.616 a demanda agregada está caendo 00:07:54.640 --> 00:08:00.760 e os CEO das empresas teñen demasiado medo de investir o diñeiro das súas empresas. NOTE Paragraph 00:08:01.520 --> 00:08:08.176 Así que canto máis éxito ten o capitalismo en tirar o demos da democracia, 00:08:08.200 --> 00:08:09.536 máis altos son os picos xemelgos 00:08:09.560 --> 00:08:13.096 e maior é a perda de recursos humanos 00:08:13.120 --> 00:08:15.100 e de riqueza da humanidade. NOTE Paragraph 00:08:15.640 --> 00:08:18.496 Claramente, se isto é así, 00:08:18.520 --> 00:08:21.576 debemos reunir as esferas política e económica 00:08:21.600 --> 00:08:25.096 e mellor facelo cun demos ao mando, 00:08:25.120 --> 00:08:28.056 como na antiga Atenas pero sen os escravos 00:08:28.080 --> 00:08:31.670 e sen a exclusión de mulleres e migrantes. NOTE Paragraph 00:08:32.120 --> 00:08:33.856 Agora ben, isto non é unha idea orixinal. 00:08:33.880 --> 00:08:36.655 A esquerda marxista tivo esa idea hai cen anos 00:08:36.679 --> 00:08:38.650 e non foi moi ben, non? NOTE Paragraph 00:08:38.840 --> 00:08:42.256 A lección que aprendemos do fracaso soviético 00:08:42.280 --> 00:08:48.616 é que só por un milagre os traballadores pobres volverán ter poder, 00:08:48.640 --> 00:08:50.616 como o tiñan na antiga Atenas, 00:08:50.640 --> 00:08:54.620 sen crear novas formas de brutalidade nin desproveitos. NOTE Paragraph 00:08:54.960 --> 00:08:56.200 Pero hai unha solución: 00:08:56.880 --> 00:08:59.180 eliminar os traballadores pobres. 00:08:59.360 --> 00:09:00.616 O capitalismo estao facendo 00:09:00.640 --> 00:09:06.260 ao substituír os traballadores con baixos salarios por autómatas, androides, robots. 00:09:07.080 --> 00:09:08.296 O problema é que 00:09:08.320 --> 00:09:11.536 mentres as esferas económica e política estean separadas, 00:09:11.560 --> 00:09:16.340 a automatización fai os picos máis altos, 00:09:16.640 --> 00:09:18.376 e máis altos son os desproveitos 00:09:18.400 --> 00:09:20.456 e máis profundos os conflitos sociais, 00:09:20.480 --> 00:09:21.680 mesmo 00:09:22.320 --> 00:09:23.856 -pronto, creo- 00:09:23.880 --> 00:09:26.160 en lugares como China. NOTE Paragraph 00:09:26.720 --> 00:09:29.136 Así que necesitamos reconfigurar, 00:09:29.160 --> 00:09:32.816 necesitamos reunir as esferas económica e política, 00:09:32.840 --> 00:09:38.216 pero será mellor facelo democratizando as esferas reunificadas, 00:09:38.240 --> 00:09:43.936 para non rematar cunha hiperautocracia obsesionada coa vixilancia 00:09:43.960 --> 00:09:48.186 que fará que o filme Matrix pareza un documental. NOTE Paragraph 00:09:48.186 --> 00:09:49.576 (Risos) NOTE Paragraph 00:09:49.600 --> 00:09:53.016 Así que a pregunta non é se o capitalismo sobrevivirá 00:09:53.040 --> 00:09:55.360 as innovacións tecnolóxicas que está xerando. 00:09:55.960 --> 00:09:57.576 A pregunta máis interesante 00:09:57.600 --> 00:10:03.336 é se o capitalismo terá éxito como algo que se parece á distopía de Matrix 00:10:03.360 --> 00:10:07.776 ou algo máis achegado á sociedade de Star Trek, 00:10:07.800 --> 00:10:10.176 onde as máquinas serven os humanos 00:10:10.200 --> 00:10:14.616 e os humanos gastan as súas enerxías explorando o universo 00:10:14.640 --> 00:10:18.936 e entregándose a longos debates sobre o sentido da vida 00:10:18.960 --> 00:10:22.960 nunha antiga ágora, como a de Atenas, altamente tecnolóxica. NOTE Paragraph 00:10:24.360 --> 00:10:28.620 Penso que podemos permitirnos ser optimistas. 00:10:29.400 --> 00:10:30.696 Pero canto levaría, 00:10:30.720 --> 00:10:32.696 como sería 00:10:32.720 --> 00:10:37.600 ter esta utopía Star Trek, en lugar da distopía Matrix? NOTE Paragraph 00:10:38.240 --> 00:10:39.496 En termos prácticos, 00:10:39.520 --> 00:10:41.256 permitídeme compartir brevemente, 00:10:41.280 --> 00:10:42.960 un par de exemplos. NOTE Paragraph 00:10:43.080 --> 00:10:44.856 Ao nivel empresarial, 00:10:44.880 --> 00:10:47.216 imaxinade un mercado de capitais, 00:10:47.240 --> 00:10:50.560 onde se gaña capital segundo se traballa, 00:10:50.880 --> 00:10:56.216 e onde o noso capital nos segue dun traballo a outro, 00:10:56.240 --> 00:10:57.736 dunha empresa a outra, 00:10:57.760 --> 00:10:59.016 e a empresa, 00:10:59.040 --> 00:11:02.496 calquera que for onde esteamos traballando nese momento 00:11:02.520 --> 00:11:06.840 é propiedade exclusiva daqueles que traballan alí nese momento. 00:11:07.400 --> 00:11:12.096 Entón todos os ingresos veñen do capital, dos beneficios 00:11:12.120 --> 00:11:16.496 e o concepto de traballo asalariado convértese en obsoleto. 00:11:16.520 --> 00:11:23.136 Non hai separación entre aqueles que posúen pero non traballan na empresa 00:11:23.160 --> 00:11:26.416 e aqueles que traballan pero non posúen a empresa; 00:11:26.440 --> 00:11:29.640 xa non hai tira e afrouxa entre capital e traballo; 00:11:30.440 --> 00:11:34.576 ningunha fenda entre investimento e aforro; 00:11:34.600 --> 00:11:37.840 de feito, non hai altísimos picos xemelgos. NOTE Paragraph 00:11:38.600 --> 00:11:40.976 Ao nivel da economía política global, 00:11:41.000 --> 00:11:42.936 imaxinade por un momento 00:11:42.960 --> 00:11:47.936 que as nosas moedas nacionais teñen un tipo de cambio flexible, 00:11:47.960 --> 00:11:51.736 cunha moeda universal, global, dixital, 00:11:51.760 --> 00:11:55.776 unha emitida polo Fondo Monetario Internacional, 00:11:55.800 --> 00:11:57.016 o G-20, 00:11:57.040 --> 00:11:59.576 en beneficio de toda a humanidade. 00:11:59.600 --> 00:12:00.816 E imaxinade, ademais, 00:12:00.840 --> 00:12:05.176 que todo o comercio internacional se produza nesa moeda, 00:12:05.200 --> 00:12:07.016 imos chamarlle "o cosmos", 00:12:07.040 --> 00:12:09.210 en unidades de cosmos 00:12:09.720 --> 00:12:14.096 con cada goberno aceptando pagar para un fondo común 00:12:14.120 --> 00:12:19.656 unha suma de unidades de cosmos proporcional ao déficit comercial do país, 00:12:19.680 --> 00:12:23.080 ou mesmo ao superávit comercial dun país. 00:12:23.720 --> 00:12:28.936 E imaxinade que ese fondo se utiliza para investir en tecnoloxías verdes, 00:12:28.960 --> 00:12:34.280 especialmente en partes do mundo onde os investimentos son escasos. NOTE Paragraph 00:12:34.840 --> 00:12:36.416 Esta non é unha idea nova. 00:12:36.440 --> 00:12:39.776 É o que, eficazmente, John Maynard Keynes propuxo 00:12:39.800 --> 00:12:43.740 en 1944 na Conferencia de Bretton Woods. 00:12:44.080 --> 00:12:45.296 O problema é 00:12:45.320 --> 00:12:48.616 que daquela, non tiñan a tecnoloxía para desenvolvelo. 00:12:48.640 --> 00:12:49.856 Agora témola, 00:12:49.880 --> 00:12:55.800 especialmente no contexto dunha esfera reunificada político-económica. NOTE Paragraph 00:12:56.640 --> 00:12:59.056 O mundo que vos estou describindo 00:12:59.080 --> 00:13:01.536 é asemade libertario, 00:13:01.560 --> 00:13:06.136 en canto prioriza o empoderamento das persoas, 00:13:06.160 --> 00:13:07.376 marxista, 00:13:07.400 --> 00:13:10.616 xa que levará á papeleira da historia 00:13:10.640 --> 00:13:13.096 a división entre capital e traballo, 00:13:13.120 --> 00:13:15.150 e keynesiano, 00:13:15.320 --> 00:13:17.110 keynesiano global. 00:13:18.320 --> 00:13:19.896 Pero sobre todo, 00:13:19.920 --> 00:13:25.460 é un mundo no que seremos quen de imaxinar unha auténtica democracia. NOTE Paragraph 00:13:25.760 --> 00:13:28.090 ¿Alborexerá tal mundo? 00:13:28.400 --> 00:13:32.896 ¿Ou caeremos nunha distopía como a de Matrix? 00:13:32.920 --> 00:13:37.040 A resposta está na escolla política que fagamos colectivamente. 00:13:37.720 --> 00:13:39.336 É a nosa escolla, 00:13:39.360 --> 00:13:42.230 e será mellor que a fagamos democraticamente. NOTE Paragraph 00:13:42.280 --> 00:13:43.536 Grazas. NOTE Paragraph 00:13:43.560 --> 00:13:45.640 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:13:49.480 --> 00:13:51.060 Bruno Giussani: Yanis, 00:13:51.880 --> 00:13:56.820 foi vostede quen se describiu como un marxista libertario. 00:13:58.400 --> 00:14:00.920 Cal é a relevancia da análise de Marx hoxe? NOTE Paragraph 00:14:02.000 --> 00:14:05.336 Yanis Varoufakis: Ben, se hai algunha relevancia no que acabo de dicir, 00:14:05.360 --> 00:14:06.576 entón Marx é relevante. 00:14:06.600 --> 00:14:10.096 Porque o motivo de reunificar a política e a economía é que, 00:14:10.120 --> 00:14:11.336 se non o facemos, 00:14:11.360 --> 00:14:13.616 a innovación tecnolóxica vai xerar 00:14:13.640 --> 00:14:15.936 unha caída enorme na demanda agregada, NOTE Paragraph 00:14:15.960 --> 00:14:20.736 o que Larry Summers denomina como estancamento secular. 00:14:20.760 --> 00:14:23.616 Con esta crise migratoria dunha parte do mundo, 00:14:23.640 --> 00:14:25.176 como a actual, 00:14:25.200 --> 00:14:27.896 desestabilizará non só as nosas democracias, 00:14:27.920 --> 00:14:32.136 senón tamén o mundo emerxente que non é partidario da democracia liberal. 00:14:32.160 --> 00:14:35.976 Así que se esta análise é sólida entón Marx é totalmente relevante. 00:14:36.000 --> 00:14:37.736 Pero tamén o é Hayek, 00:14:37.760 --> 00:14:39.576 por iso son marxista libertario, 00:14:39.600 --> 00:14:40.816 e tamén o é Keynes, 00:14:40.840 --> 00:14:42.736 por iso estou tan confuso. NOTE Paragraph 00:14:42.760 --> 00:14:43.976 (Risos) NOTE Paragraph 00:14:44.000 --> 00:14:46.246 BG: Certo, e posiblemente agora nós tamén NOTE Paragraph 00:14:46.246 --> 00:14:47.376 (Risos) NOTE Paragraph 00:14:47.400 --> 00:14:49.376 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:14:49.400 --> 00:14:52.176 YV: Se non estás confuso, é que non estás pensando, non? NOTE Paragraph 00:14:52.200 --> 00:14:55.240 BG: Ese é un comentario moi de filósofo grego... NOTE Paragraph 00:14:55.240 --> 00:14:56.976 YV: En realidade, díxoo Einstein... NOTE Paragraph 00:14:57.000 --> 00:14:59.616 BG: Durante a súa charla mencionou Singapur e China, 00:14:59.640 --> 00:15:01.696 e a pasada noite na cea de relatores 00:15:01.720 --> 00:15:06.896 expresou unha firme opinión acerca de como Occidente mira a China. 00:15:06.920 --> 00:15:08.496 ¿Podería compartila? NOTE Paragraph 00:15:08.520 --> 00:15:11.140 YV: Ben, hai un enorme grao de hipocrisía. 00:15:11.400 --> 00:15:15.696 Nas nosas democracias liberais, temos unha aparencia de democracia. 00:15:15.720 --> 00:15:18.456 É porque restrinximos, como dixen na miña charla, 00:15:18.480 --> 00:15:20.536 a democracia á esfera política, 00:15:20.536 --> 00:15:23.616 mentres deixamos a esfera onde está toda a acción 00:15:23.640 --> 00:15:24.856 -a esfera económica- 00:15:24.880 --> 00:15:27.000 como unha zona totalmente libre de democracia. NOTE Paragraph 00:15:27.280 --> 00:15:28.536 Nun sentido, 00:15:28.560 --> 00:15:31.340 se se me permite ser provocador, 00:15:31.880 --> 00:15:36.296 hoxe China está máis perto de Gran Bretaña que no século XIX. 00:15:36.320 --> 00:15:37.576 Porque lembre, 00:15:37.600 --> 00:15:39.936 tendemos a asociar liberalismo con democracia, 00:15:39.960 --> 00:15:41.456 iso é un erro, historicamente. 00:15:41.480 --> 00:15:44.016 Liberalismo, liberal, é como John Stuart Mill. 00:15:44.040 --> 00:15:48.736 John Stuart Mill era particularmente escéptico sobre o proceso democrático. 00:15:48.760 --> 00:15:54.136 Así que o que vemos agora en China é un proceso moi similar 00:15:54.160 --> 00:15:57.336 ao que tivemos en Gran Bretaña durante a Revolución Industrial, 00:15:57.360 --> 00:16:00.336 especialmente durante a transición da primeira á segunda. 00:16:00.360 --> 00:16:03.656 E estar castigando a China 00:16:03.680 --> 00:16:06.816 por facer o que Occidente fixo no século XIX, 00:16:06.840 --> 00:16:08.600 soa a hipocrisía. NOTE Paragraph 00:16:09.520 --> 00:16:13.176 BG: Estou seguro de que moita xente aquí se preguntará pola súa experiencia 00:16:13.200 --> 00:16:15.936 como Ministro de Finanzas de Grecia a comezos deste ano. NOTE Paragraph 00:16:15.960 --> 00:16:17.341 YV: Xa o vía vir. NOTE Paragraph 00:16:17.365 --> 00:16:18.616 BG: Si. NOTE Paragraph 00:16:18.640 --> 00:16:19.976 BG: Seis meses despois, 00:16:20.000 --> 00:16:22.680 ¿como ve o que pasou na primeira metade do ano? NOTE Paragraph 00:16:23.790 --> 00:16:26.536 YV: Sumamente fascinante, desde un punto de vista persoal, 00:16:26.560 --> 00:16:27.816 e moi decepcionante, 00:16:27.840 --> 00:16:31.736 porque tiñamos unha oportunidade para reiniciar a Eurozona. 00:16:31.760 --> 00:16:33.856 Non só Grecia, a Eurozona. 00:16:33.880 --> 00:16:36.816 Para afastarse da complacencia 00:16:36.840 --> 00:16:39.296 e a constante negación de que habia unha enorme, 00:16:39.320 --> 00:16:42.176 e hai unha enorme fenda na arquitectura 00:16:42.200 --> 00:16:44.376 da Eurozona, 00:16:44.400 --> 00:16:48.816 que está ameazando a totalidade do proceso da Unión Europea. NOTE Paragraph 00:16:48.840 --> 00:16:52.016 Tivemos unha oportunidade baseada no programa grego 00:16:52.040 --> 00:16:53.376 que, por certo, 00:16:53.400 --> 00:16:57.776 foi o primeiro programa que manifestou esa negación 00:16:57.800 --> 00:16:59.016 para corrixila. 00:16:59.040 --> 00:17:00.256 E, desgrazadamente, 00:17:00.280 --> 00:17:02.096 os poderes da zona euro, 00:17:02.120 --> 00:17:03.750 no Eurogrupo, 00:17:04.079 --> 00:17:06.056 optaron por manter a negación. NOTE Paragraph 00:17:06.079 --> 00:17:07.336 Pero xa sabe o que pasa. 00:17:07.359 --> 00:17:09.415 É a experiencia da Unión Soviética. 00:17:09.440 --> 00:17:11.935 Cando intentas manter vivo 00:17:11.960 --> 00:17:16.249 un sistema económico que estructuralmente non pode sobrevivir, 00:17:16.520 --> 00:17:19.175 a través da vontade política e a través do autoritarismo, 00:17:19.200 --> 00:17:20.856 podes ter éxito en prolongalo, 00:17:20.880 --> 00:17:22.455 pero cando se produce o cambio 00:17:22.480 --> 00:17:24.976 ocorre de xeito abrupto e catastrófico. NOTE Paragraph 00:17:25.000 --> 00:17:27.007 BG: ¿Que tipo de cambio prevé? NOTE Paragraph 00:17:27.031 --> 00:17:28.285 YV: Ben, non hai dúbida 00:17:28.309 --> 00:17:30.976 de que se non cambiamos a arquitectura da Eurozona, 00:17:31.001 --> 00:17:32.895 a Eurozona non ten futuro. NOTE Paragraph 00:17:32.920 --> 00:17:35.816 BG: ¿Cometeu erros cando era ministro de Finanzas? NOTE Paragraph 00:17:35.840 --> 00:17:37.056 YV: Todos os días. NOTE Paragraph 00:17:37.080 --> 00:17:39.616 BG: ¿Por exemplo? YV: Calquera que mira cara atrás... NOTE Paragraph 00:17:39.640 --> 00:17:41.720 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:17:44.120 --> 00:17:45.496 Non, pero en serio. 00:17:45.520 --> 00:17:49.096 Se hai algún ministro de Facenda ou de calquera outra cousa, 00:17:49.120 --> 00:17:51.336 que di ao cabo de seis meses nun traballo, 00:17:51.360 --> 00:17:55.056 especialmente nunha situación con tanta tensión, 00:17:55.080 --> 00:17:57.776 que non cometeu ningún erro, é unha persoa perigosa. 00:17:57.800 --> 00:17:59.096 Claro que cometín erros. NOTE Paragraph 00:17:59.120 --> 00:18:01.936 O erro máis grande foi asinar a petición 00:18:01.960 --> 00:18:04.056 para ampliar o acordo do préstamo 00:18:04.080 --> 00:18:05.696 a finais de febreiro. 00:18:05.720 --> 00:18:06.936 Imaxinaba 00:18:06.960 --> 00:18:09.790 que había un interese xenuíno por parte dos acredores 00:18:09.790 --> 00:18:11.216 por atopar puntos de encontro. 00:18:11.240 --> 00:18:12.456 E non o había. 00:18:12.480 --> 00:18:15.096 So lles interesaba esmagar o noso goberno, 00:18:15.120 --> 00:18:16.576 só porque non querían 00:18:16.600 --> 00:18:19.736 ter que enfrontarse coas fendas 00:18:19.760 --> 00:18:21.776 que estaban percorrendo a Eurozona. 00:18:21.800 --> 00:18:23.616 E porque non quixeron admitir 00:18:23.640 --> 00:18:27.256 que estiveran cinco anos pondo en marcha un programa catastrófico en Grecia. 00:18:27.280 --> 00:18:30.176 Perdemos un terzo do noso PIB nominal. 00:18:30.200 --> 00:18:32.136 Isto é peor cá Gran Depresión. 00:18:32.160 --> 00:18:33.416 E ninguén saiu 00:18:33.440 --> 00:18:36.376 da troika de acredores que impuxeron esta política 00:18:36.400 --> 00:18:39.376 a dicir "Isto foi un erro colosal." NOTE Paragraph 00:18:39.400 --> 00:18:40.616 BG: A pesar de todo isto, 00:18:40.640 --> 00:18:42.976 e a pesar da agresividade da discusión, 00:18:43.000 --> 00:18:45.416 parece ser aínda bastante pro-Europa. NOTE Paragraph 00:18:45.440 --> 00:18:46.656 YV: Totalmente. 00:18:46.680 --> 00:18:50.816 Mire, as miñas críticas da Unión Europea e a Eurozona 00:18:50.840 --> 00:18:55.440 veñen dunha persoa que vive e respira Europa. 00:18:55.680 --> 00:18:59.256 O meu maior medo é que a Eurozona non sobreviva. 00:18:59.280 --> 00:19:00.736 Porque se non o fai, 00:19:00.760 --> 00:19:03.616 as forzas centrífugas que se desencadearán 00:19:03.640 --> 00:19:05.336 serán demoníacas, 00:19:05.360 --> 00:19:07.336 e destruirán a Unión Europea. 00:19:07.360 --> 00:19:09.776 E será catastrófico non só para Europa 00:19:09.800 --> 00:19:11.416 senón para toda a economía global. NOTE Paragraph 00:19:11.440 --> 00:19:15.536 Somos probablemente a maior economía do mundo. 00:19:15.560 --> 00:19:17.296 E se nos permitimos 00:19:17.320 --> 00:19:20.136 caer na vía duns posmodernos anos 30, 00:19:20.160 --> 00:19:22.816 que parece que é o que estamos facendo, 00:19:22.840 --> 00:19:24.656 entón será prexudicial 00:19:24.680 --> 00:19:28.090 para o futuro tanto de europeos como de non europeos. NOTE Paragraph 00:19:28.090 --> 00:19:30.616 BG: Dende logo agardamos que se equivoque nese punto. 00:19:30.616 --> 00:19:32.256 Yanis, grazas por vir ao TED. NOTE Paragraph 00:19:32.280 --> 00:19:33.496 YV: Grazas. NOTE Paragraph 00:19:33.520 --> 00:19:38.343 (Aplausos)