1 00:00:01,200 --> 00:00:02,400 Democracia 2 00:00:02,960 --> 00:00:04,296 En Occidente, 3 00:00:04,320 --> 00:00:08,256 cometemos un grande erro ao dala por feito. 4 00:00:08,280 --> 00:00:09,706 Vemos a democracia 5 00:00:09,706 --> 00:00:14,096 non como a máis fráxil das flores, o que é en realidade, 6 00:00:14,120 --> 00:00:17,160 senón como parte do mobiliario da nosa sociedade. 7 00:00:17,960 --> 00:00:21,960 Tendemos a pensar nela como un feito definitivo. 8 00:00:22,680 --> 00:00:27,896 Pensamos, de forma errada, que o capitalismo xera sempre democracia. 9 00:00:27,920 --> 00:00:29,256 Mais non o fai. 10 00:00:29,280 --> 00:00:33,656 Lee Kuan Yew, de Singapur, e os seus grandes imitadores en Beijing, 11 00:00:33,680 --> 00:00:36,616 demostraron, máis alá de calquera dúbida, 12 00:00:36,640 --> 00:00:40,536 que é perfectamente posible ter un capitalismo vizoso, 13 00:00:40,560 --> 00:00:42,160 de crecemento espectacular, 14 00:00:42,960 --> 00:00:46,016 mentres a política permanece exenta de democracia. 15 00:00:46,040 --> 00:00:50,456 De feito, a democracia está en regresión no noso terreo, 16 00:00:50,480 --> 00:00:52,056 aquí en Europa. 17 00:00:52,080 --> 00:00:55,456 A comezos deste ano, cando estaba representando a Grecia 18 00:00:55,480 --> 00:00:58,216 -no goberno grego que acababa de ser elixido- 19 00:00:58,240 --> 00:01:00,936 no Eurogrupo, como ministro de Finanzas, 20 00:01:00,960 --> 00:01:05,896 dixéronme claramente que o proceso democrático no noso país 21 00:01:05,920 --> 00:01:07,336 -as nosas eleccións- 22 00:01:07,360 --> 00:01:09,866 non podían interferir coas políticas económicas 23 00:01:09,866 --> 00:01:12,400 que se estaban desenvolvendo en Grecia. 24 00:01:13,120 --> 00:01:14,336 Naquel momento, 25 00:01:14,360 --> 00:01:18,656 sentín que non podía haber maior reivindicación de Lee Kuan Yew, 26 00:01:18,680 --> 00:01:20,216 nin do Partido Comunista Chinés, 27 00:01:20,240 --> 00:01:23,976 nin dalgúns amigos meus, recalcitrantes, que estaban sempre a dicirme 28 00:01:24,000 --> 00:01:28,320 que se prohibiría a democracia se ameazásemos alterar algo. 29 00:01:29,640 --> 00:01:32,896 Esta noite, quero presentarvos 30 00:01:32,920 --> 00:01:36,080 un escenario económico para unha auténtica democracia. 31 00:01:36,600 --> 00:01:41,456 Quero pedirvos que me acompañedes para volver a crer 32 00:01:41,480 --> 00:01:43,480 que Lee Kuan Yew, 33 00:01:44,480 --> 00:01:45,856 O Partido Comunista Chinés 34 00:01:45,880 --> 00:01:47,256 e o Eurogrupo tamén 35 00:01:47,280 --> 00:01:51,220 están errados, ao creren que podemos prescindir da democracia, 36 00:01:51,600 --> 00:01:55,336 que precisamos unha democracia auténtica e estrondosa. 37 00:01:55,360 --> 00:01:58,336 E sen democracia, 38 00:01:58,360 --> 00:02:01,216 as nosas sociedades serán máis ruíns, 39 00:02:01,240 --> 00:02:03,376 o noso futuro, escuro 40 00:02:03,400 --> 00:02:06,216 e as nosas grandes, novas tecnoloxías, botadas a perder. 41 00:02:06,240 --> 00:02:07,496 Falando de botar a perder, 42 00:02:07,520 --> 00:02:10,295 permitídeme apuntar un interesante paradoxo 43 00:02:10,320 --> 00:02:13,096 que está ameazando as nosas economías. 44 00:02:13,120 --> 00:02:15,416 Eu chámolle o paradoxo dos picos xemelgos. 45 00:02:15,440 --> 00:02:16,736 Un dos picos, xa sabedes, 46 00:02:16,760 --> 00:02:18,376 ídelo recoñecer, 47 00:02:18,400 --> 00:02:23,456 é a montaña de débedas que proxecta unha longa sombra 48 00:02:23,480 --> 00:02:26,296 sobre os EE.UU., Europa, o mundo enteiro. 49 00:02:26,320 --> 00:02:28,510 Todos recoñecemos a montaña de débedas. 50 00:02:28,880 --> 00:02:33,310 Pero poucas persoas distinguen o seu xemelgo. 51 00:02:33,640 --> 00:02:35,840 A montaña de diñeiro improdutivo 52 00:02:36,840 --> 00:02:40,200 que pertence aos aforradores ricos e ás grandes empresas, 53 00:02:41,120 --> 00:02:43,696 demasiado aterrorizados para investilo 54 00:02:43,720 --> 00:02:47,016 en actividades produtivas que poidan xerar ingresos 55 00:02:47,040 --> 00:02:50,096 con que poidamos eliminar a montaña de débedas 56 00:02:50,120 --> 00:02:54,096 e que poidan producir o que a humanidade necesita desesperadamente, 57 00:02:54,120 --> 00:02:55,776 como a enerxía verde. 58 00:02:55,800 --> 00:02:58,136 Agora vou darvos dous números. 59 00:02:58,160 --> 00:02:59,496 Nos últimos tres meses, 60 00:02:59,520 --> 00:03:02,296 nos EE.UU., en Gran Bretaña e na Eurozona, 61 00:03:02,320 --> 00:03:06,736 investimos colectivamente 3,4 billóns de dólares 62 00:03:06,760 --> 00:03:09,416 en todos os bens que producen riqueza 63 00:03:09,440 --> 00:03:12,456 -cousas como instalacións industriais, maquinaria, 64 00:03:12,480 --> 00:03:14,696 edificios de oficinas, escolas, 65 00:03:14,720 --> 00:03:17,856 estradas, ferrocarrís, maquinaria, etc., etc. 66 00:03:17,880 --> 00:03:20,616 3,4 billóns de dólares parecen moitos cartos 67 00:03:20,640 --> 00:03:24,496 ata que os comparamos cos 5,1 billóns 68 00:03:24,520 --> 00:03:27,216 que se esparexeron neses mesmos países, 69 00:03:27,240 --> 00:03:29,056 nas nosas institucións financeiras, 70 00:03:29,080 --> 00:03:32,280 sen facer absolutamente nada durante o mesmo período 71 00:03:33,440 --> 00:03:38,296 agás inflar os mercados bursátiles e encarecer os prezos da vivenda. 72 00:03:38,320 --> 00:03:43,576 Así que temos unha montaña de débeda e unha montaña de diñeiro improdutivo 73 00:03:43,600 --> 00:03:47,296 que forman os picos xemelgos, sen poder anularse un ao outro 74 00:03:47,320 --> 00:03:50,136 a través da operación normal dos mercados. 75 00:03:50,160 --> 00:03:52,890 O resultado é o estancamento dos salarios, 76 00:03:53,360 --> 00:03:59,016 o desemprego de máis dun cuarto de traballadores, dos 25 aos 54 anos, 77 00:03:59,040 --> 00:04:00,536 en América, Xapón e Europa. 78 00:04:00,560 --> 00:04:02,896 E, consecuentemente, baixa a demanda agregada 79 00:04:02,920 --> 00:04:05,136 nun ciclo sen fin, 80 00:04:05,160 --> 00:04:07,880 que reforza o pesimismo dos investidores, 81 00:04:08,880 --> 00:04:12,696 que, por medo á baixa demanda, responden non investindo, 82 00:04:12,720 --> 00:04:15,416 exactamente como o pai de Edipo 83 00:04:15,440 --> 00:04:17,935 que, estarrecido pola profecía do oráculo 84 00:04:17,959 --> 00:04:20,696 de que o seu fillo medraría para matalo, 85 00:04:20,720 --> 00:04:22,656 inconscientemente creou as condicións 86 00:04:22,680 --> 00:04:26,150 que aseguraron que Edipo, o seu fillo, o matase. 87 00:04:26,560 --> 00:04:29,080 Esta é a miña batalla co capitalismo. 88 00:04:29,200 --> 00:04:31,216 A súa grave dilapidación de cartos, 89 00:04:31,240 --> 00:04:32,856 todo este diñeiro improdutivo, 90 00:04:32,880 --> 00:04:36,976 debería ser canalizado en mellorar vidas, 91 00:04:37,000 --> 00:04:38,336 en desenvolver o talento humano, 92 00:04:38,360 --> 00:04:41,216 e en financiar todas esas tecnoloxías, 93 00:04:41,240 --> 00:04:42,496 tecnoloxías verdes, 94 00:04:42,520 --> 00:04:45,280 que son absolutamente esenciais para salvar o planeta. 95 00:04:46,280 --> 00:04:49,536 ¿Teño razón ao crer que a democracia podería ser a resposta? 96 00:04:49,560 --> 00:04:50,776 Eu penso que si, 97 00:04:50,800 --> 00:04:52,016 pero antes de seguir, 98 00:04:52,040 --> 00:04:53,580 ¿que entendemos por democracia? 99 00:04:54,520 --> 00:04:56,936 Aristóteles definiu a democracia 100 00:04:56,960 --> 00:05:01,896 como a constitución en que os libres e os pobres, 101 00:05:01,920 --> 00:05:04,630 ao seren a maioría, controlan o goberno. 102 00:05:05,000 --> 00:05:08,296 Claro que a democracia ateniense excluía demasiada xente. 103 00:05:08,320 --> 00:05:11,360 Mulleres, migrantes e, por suposto, escravos. 104 00:05:12,040 --> 00:05:13,296 Pero sería un erro 105 00:05:13,320 --> 00:05:16,896 rexeitar o significado da antiga democracia ateniense 106 00:05:16,920 --> 00:05:19,350 baseándonos en quen excluía. 107 00:05:19,680 --> 00:05:20,936 O que era máis pertinente, 108 00:05:20,960 --> 00:05:24,816 e continúa séndoo na antiga democracia ateniense, 109 00:05:24,840 --> 00:05:28,336 era a inclusión dos traballadores pobres, 110 00:05:28,360 --> 00:05:33,056 os que non só adquirían o dereito da liberdade de expresión, 111 00:05:33,080 --> 00:05:35,336 senón que, o máis importante, crucial, 112 00:05:35,360 --> 00:05:37,976 adquirían os dereitos aos xuízos políticos 113 00:05:38,000 --> 00:05:40,376 que lles concedían igual peso 114 00:05:40,400 --> 00:05:44,056 no proceso de toma de decisións sobre cuestións de estado. 115 00:05:44,080 --> 00:05:47,136 Claro, a democracia ateniense non durou moito. 116 00:05:47,160 --> 00:05:51,576 Como unha candea que arde vivamente, queimouse axiña. 117 00:05:51,600 --> 00:05:52,816 E de feito, 118 00:05:52,840 --> 00:05:57,096 a nosa actual democracia liberal non ten as súas raíces na antiga Atenas. 119 00:05:57,120 --> 00:05:59,456 Ten as súas raíces na Carta Magna, 120 00:05:59,480 --> 00:06:02,736 na Revolución Gloriosa de 1688, 121 00:06:02,760 --> 00:06:04,976 mesmo na constitución de EE.UU. 122 00:06:05,000 --> 00:06:10,016 Mentres que a democracia ateniense se centrou na cidadanía sen dono 123 00:06:10,040 --> 00:06:12,800 e no empoderamento dos traballadores pobres, 124 00:06:13,240 --> 00:06:17,416 as nosas democracias liberais baséanse na tradición da Carta Magna, 125 00:06:17,440 --> 00:06:20,536 que era, despois de todo, unha carta para amos. 126 00:06:20,560 --> 00:06:24,856 E, de feito, a democracia liberal só xurdiu cando foi posible 127 00:06:24,880 --> 00:06:28,736 separar totalmente a esfera política da esfera económica, 128 00:06:28,760 --> 00:06:33,816 para restrinxir o proceso democrático totalmente á esfera política, 129 00:06:33,840 --> 00:06:35,696 deixando a esfera económica 130 00:06:35,720 --> 00:06:37,656 -o mundo empresarial, se queredes- 131 00:06:37,680 --> 00:06:41,000 como unha zona libre de democracia. 132 00:06:41,720 --> 00:06:44,696 Ben, na nosa democracia actual, 133 00:06:44,720 --> 00:06:48,216 esta separación da esfera económica e da politica, 134 00:06:48,240 --> 00:06:50,496 o momento en que comezou, 135 00:06:50,520 --> 00:06:54,816 deu lugar a unha inexorable loita épica entre as dúas, 136 00:06:54,840 --> 00:06:58,056 coa esfera económica colonizando a esfera política, 137 00:06:58,080 --> 00:07:00,220 devorando o seu poder. 138 00:07:00,480 --> 00:07:03,880 Preguntástesvos por que os políticos non son o que adoitaban ser? 139 00:07:04,560 --> 00:07:06,976 Non é porque o seu ADN dexenerara. 140 00:07:07,000 --> 00:07:08,616 (Risos) 141 00:07:08,640 --> 00:07:13,256 Máis ben é porque hoxe un pode estar no goberno e non ter poder, 142 00:07:13,280 --> 00:07:16,576 porque o poder migrou desde a esfera política á económica, 143 00:07:16,600 --> 00:07:18,380 que está separada. 144 00:07:19,160 --> 00:07:20,736 De feito, 145 00:07:20,760 --> 00:07:23,056 falei da miña batalla contra o capitalismo. 146 00:07:23,080 --> 00:07:24,816 Se pensades niso, 147 00:07:24,840 --> 00:07:28,560 é un pouco como unha poboación de predadores, 148 00:07:29,080 --> 00:07:33,800 que teñen tanto éxito en aniquilar a presa da que se alimentan, 149 00:07:34,560 --> 00:07:36,696 que, á fin, morren de fame. 150 00:07:36,720 --> 00:07:37,936 De igual xeito, 151 00:07:37,960 --> 00:07:41,656 a esfera económica foi colonizando e canibalizando a esfera política 152 00:07:41,680 --> 00:07:45,056 ata tal punto que se debilitou a si mesma, 153 00:07:45,080 --> 00:07:46,816 provocando a crise económica. 154 00:07:46,840 --> 00:07:48,936 O poder corporativo está aumentando, 155 00:07:48,960 --> 00:07:51,176 os bens políticos están desvalorizándose, 156 00:07:51,200 --> 00:07:53,016 a desigualdade aumenta, 157 00:07:53,040 --> 00:07:54,616 a demanda agregada está caendo 158 00:07:54,640 --> 00:08:00,760 e os CEO das empresas teñen demasiado medo de investir o diñeiro das súas empresas. 159 00:08:01,520 --> 00:08:08,176 Así que canto máis éxito ten o capitalismo en tirar o demos da democracia, 160 00:08:08,200 --> 00:08:09,536 máis altos son os picos xemelgos 161 00:08:09,560 --> 00:08:13,096 e maior é a perda de recursos humanos 162 00:08:13,120 --> 00:08:15,100 e de riqueza da humanidade. 163 00:08:15,640 --> 00:08:18,496 Claramente, se isto é así, 164 00:08:18,520 --> 00:08:21,576 debemos reunir as esferas política e económica 165 00:08:21,600 --> 00:08:25,096 e mellor facelo cun demos ao mando, 166 00:08:25,120 --> 00:08:28,056 como na antiga Atenas pero sen os escravos 167 00:08:28,080 --> 00:08:31,670 e sen a exclusión de mulleres e migrantes. 168 00:08:32,120 --> 00:08:33,856 Agora ben, isto non é unha idea orixinal. 169 00:08:33,880 --> 00:08:36,655 A esquerda marxista tivo esa idea hai cen anos 170 00:08:36,679 --> 00:08:38,650 e non foi moi ben, non? 171 00:08:38,840 --> 00:08:42,256 A lección que aprendemos do fracaso soviético 172 00:08:42,280 --> 00:08:48,616 é que só por un milagre os traballadores pobres volverán ter poder, 173 00:08:48,640 --> 00:08:50,616 como o tiñan na antiga Atenas, 174 00:08:50,640 --> 00:08:54,620 sen crear novas formas de brutalidade nin desproveitos. 175 00:08:54,960 --> 00:08:56,200 Pero hai unha solución: 176 00:08:56,880 --> 00:08:59,180 eliminar os traballadores pobres. 177 00:08:59,360 --> 00:09:00,616 O capitalismo estao facendo 178 00:09:00,640 --> 00:09:06,260 ao substituír os traballadores con baixos salarios por autómatas, androides, robots. 179 00:09:07,080 --> 00:09:08,296 O problema é que 180 00:09:08,320 --> 00:09:11,536 mentres as esferas económica e política estean separadas, 181 00:09:11,560 --> 00:09:16,340 a automatización fai os picos máis altos, 182 00:09:16,640 --> 00:09:18,376 e máis altos son os desproveitos 183 00:09:18,400 --> 00:09:20,456 e máis profundos os conflitos sociais, 184 00:09:20,480 --> 00:09:21,680 mesmo 185 00:09:22,320 --> 00:09:23,856 -pronto, creo- 186 00:09:23,880 --> 00:09:26,160 en lugares como China. 187 00:09:26,720 --> 00:09:29,136 Así que necesitamos reconfigurar, 188 00:09:29,160 --> 00:09:32,816 necesitamos reunir as esferas económica e política, 189 00:09:32,840 --> 00:09:38,216 pero será mellor facelo democratizando as esferas reunificadas, 190 00:09:38,240 --> 00:09:43,936 para non rematar cunha hiperautocracia obsesionada coa vixilancia 191 00:09:43,960 --> 00:09:48,186 que fará que o filme Matrix pareza un documental. 192 00:09:48,186 --> 00:09:49,576 (Risos) 193 00:09:49,600 --> 00:09:53,016 Así que a pregunta non é se o capitalismo sobrevivirá 194 00:09:53,040 --> 00:09:55,360 as innovacións tecnolóxicas que está xerando. 195 00:09:55,960 --> 00:09:57,576 A pregunta máis interesante 196 00:09:57,600 --> 00:10:03,336 é se o capitalismo terá éxito como algo que se parece á distopía de Matrix 197 00:10:03,360 --> 00:10:07,776 ou algo máis achegado á sociedade de Star Trek, 198 00:10:07,800 --> 00:10:10,176 onde as máquinas serven os humanos 199 00:10:10,200 --> 00:10:14,616 e os humanos gastan as súas enerxías explorando o universo 200 00:10:14,640 --> 00:10:18,936 e entregándose a longos debates sobre o sentido da vida 201 00:10:18,960 --> 00:10:22,960 nunha antiga ágora, como a de Atenas, altamente tecnolóxica. 202 00:10:24,360 --> 00:10:28,620 Penso que podemos permitirnos ser optimistas. 203 00:10:29,400 --> 00:10:30,696 Pero canto levaría, 204 00:10:30,720 --> 00:10:32,696 como sería 205 00:10:32,720 --> 00:10:37,600 ter esta utopía Star Trek, en lugar da distopía Matrix? 206 00:10:38,240 --> 00:10:39,496 En termos prácticos, 207 00:10:39,520 --> 00:10:41,256 permitídeme compartir brevemente, 208 00:10:41,280 --> 00:10:42,960 un par de exemplos. 209 00:10:43,080 --> 00:10:44,856 Ao nivel empresarial, 210 00:10:44,880 --> 00:10:47,216 imaxinade un mercado de capitais, 211 00:10:47,240 --> 00:10:50,560 onde se gaña capital segundo se traballa, 212 00:10:50,880 --> 00:10:56,216 e onde o noso capital nos segue dun traballo a outro, 213 00:10:56,240 --> 00:10:57,736 dunha empresa a outra, 214 00:10:57,760 --> 00:10:59,016 e a empresa, 215 00:10:59,040 --> 00:11:02,496 calquera que for onde esteamos traballando nese momento 216 00:11:02,520 --> 00:11:06,840 é propiedade exclusiva daqueles que traballan alí nese momento. 217 00:11:07,400 --> 00:11:12,096 Entón todos os ingresos veñen do capital, dos beneficios 218 00:11:12,120 --> 00:11:16,496 e o concepto de traballo asalariado convértese en obsoleto. 219 00:11:16,520 --> 00:11:23,136 Non hai separación entre aqueles que posúen pero non traballan na empresa 220 00:11:23,160 --> 00:11:26,416 e aqueles que traballan pero non posúen a empresa; 221 00:11:26,440 --> 00:11:29,640 xa non hai tira e afrouxa entre capital e traballo; 222 00:11:30,440 --> 00:11:34,576 ningunha fenda entre investimento e aforro; 223 00:11:34,600 --> 00:11:37,840 de feito, non hai altísimos picos xemelgos. 224 00:11:38,600 --> 00:11:40,976 Ao nivel da economía política global, 225 00:11:41,000 --> 00:11:42,936 imaxinade por un momento 226 00:11:42,960 --> 00:11:47,936 que as nosas moedas nacionais teñen un tipo de cambio flexible, 227 00:11:47,960 --> 00:11:51,736 cunha moeda universal, global, dixital, 228 00:11:51,760 --> 00:11:55,776 unha emitida polo Fondo Monetario Internacional, 229 00:11:55,800 --> 00:11:57,016 o G-20, 230 00:11:57,040 --> 00:11:59,576 en beneficio de toda a humanidade. 231 00:11:59,600 --> 00:12:00,816 E imaxinade, ademais, 232 00:12:00,840 --> 00:12:05,176 que todo o comercio internacional se produza nesa moeda, 233 00:12:05,200 --> 00:12:07,016 imos chamarlle "o cosmos", 234 00:12:07,040 --> 00:12:09,210 en unidades de cosmos 235 00:12:09,720 --> 00:12:14,096 con cada goberno aceptando pagar para un fondo común 236 00:12:14,120 --> 00:12:19,656 unha suma de unidades de cosmos proporcional ao déficit comercial do país, 237 00:12:19,680 --> 00:12:23,080 ou mesmo ao superávit comercial dun país. 238 00:12:23,720 --> 00:12:28,936 E imaxinade que ese fondo se utiliza para investir en tecnoloxías verdes, 239 00:12:28,960 --> 00:12:34,280 especialmente en partes do mundo onde os investimentos son escasos. 240 00:12:34,840 --> 00:12:36,416 Esta non é unha idea nova. 241 00:12:36,440 --> 00:12:39,776 É o que, eficazmente, John Maynard Keynes propuxo 242 00:12:39,800 --> 00:12:43,740 en 1944 na Conferencia de Bretton Woods. 243 00:12:44,080 --> 00:12:45,296 O problema é 244 00:12:45,320 --> 00:12:48,616 que daquela, non tiñan a tecnoloxía para desenvolvelo. 245 00:12:48,640 --> 00:12:49,856 Agora témola, 246 00:12:49,880 --> 00:12:55,800 especialmente no contexto dunha esfera reunificada político-económica. 247 00:12:56,640 --> 00:12:59,056 O mundo que vos estou describindo 248 00:12:59,080 --> 00:13:01,536 é asemade libertario, 249 00:13:01,560 --> 00:13:06,136 en canto prioriza o empoderamento das persoas, 250 00:13:06,160 --> 00:13:07,376 marxista, 251 00:13:07,400 --> 00:13:10,616 xa que levará á papeleira da historia 252 00:13:10,640 --> 00:13:13,096 a división entre capital e traballo, 253 00:13:13,120 --> 00:13:15,150 e keynesiano, 254 00:13:15,320 --> 00:13:17,110 keynesiano global. 255 00:13:18,320 --> 00:13:19,896 Pero sobre todo, 256 00:13:19,920 --> 00:13:25,460 é un mundo no que seremos quen de imaxinar unha auténtica democracia. 257 00:13:25,760 --> 00:13:28,090 ¿Alborexerá tal mundo? 258 00:13:28,400 --> 00:13:32,896 ¿Ou caeremos nunha distopía como a de Matrix? 259 00:13:32,920 --> 00:13:37,040 A resposta está na escolla política que fagamos colectivamente. 260 00:13:37,720 --> 00:13:39,336 É a nosa escolla, 261 00:13:39,360 --> 00:13:42,230 e será mellor que a fagamos democraticamente. 262 00:13:42,280 --> 00:13:43,536 Grazas. 263 00:13:43,560 --> 00:13:45,640 (Aplausos) 264 00:13:49,480 --> 00:13:51,060 Bruno Giussani: Yanis, 265 00:13:51,880 --> 00:13:56,820 foi vostede quen se describiu como un marxista libertario. 266 00:13:58,400 --> 00:14:00,920 Cal é a relevancia da análise de Marx hoxe? 267 00:14:02,000 --> 00:14:05,336 Yanis Varoufakis: Ben, se hai algunha relevancia no que acabo de dicir, 268 00:14:05,360 --> 00:14:06,576 entón Marx é relevante. 269 00:14:06,600 --> 00:14:10,096 Porque o motivo de reunificar a política e a economía é que, 270 00:14:10,120 --> 00:14:11,336 se non o facemos, 271 00:14:11,360 --> 00:14:13,616 a innovación tecnolóxica vai xerar 272 00:14:13,640 --> 00:14:15,936 unha caída enorme na demanda agregada, 273 00:14:15,960 --> 00:14:20,736 o que Larry Summers denomina como estancamento secular. 274 00:14:20,760 --> 00:14:23,616 Con esta crise migratoria dunha parte do mundo, 275 00:14:23,640 --> 00:14:25,176 como a actual, 276 00:14:25,200 --> 00:14:27,896 desestabilizará non só as nosas democracias, 277 00:14:27,920 --> 00:14:32,136 senón tamén o mundo emerxente que non é partidario da democracia liberal. 278 00:14:32,160 --> 00:14:35,976 Así que se esta análise é sólida entón Marx é totalmente relevante. 279 00:14:36,000 --> 00:14:37,736 Pero tamén o é Hayek, 280 00:14:37,760 --> 00:14:39,576 por iso son marxista libertario, 281 00:14:39,600 --> 00:14:40,816 e tamén o é Keynes, 282 00:14:40,840 --> 00:14:42,736 por iso estou tan confuso. 283 00:14:42,760 --> 00:14:43,976 (Risos) 284 00:14:44,000 --> 00:14:46,246 BG: Certo, e posiblemente agora nós tamén 285 00:14:46,246 --> 00:14:47,376 (Risos) 286 00:14:47,400 --> 00:14:49,376 (Aplausos) 287 00:14:49,400 --> 00:14:52,176 YV: Se non estás confuso, é que non estás pensando, non? 288 00:14:52,200 --> 00:14:55,240 BG: Ese é un comentario moi de filósofo grego... 289 00:14:55,240 --> 00:14:56,976 YV: En realidade, díxoo Einstein... 290 00:14:57,000 --> 00:14:59,616 BG: Durante a súa charla mencionou Singapur e China, 291 00:14:59,640 --> 00:15:01,696 e a pasada noite na cea de relatores 292 00:15:01,720 --> 00:15:06,896 expresou unha firme opinión acerca de como Occidente mira a China. 293 00:15:06,920 --> 00:15:08,496 ¿Podería compartila? 294 00:15:08,520 --> 00:15:11,140 YV: Ben, hai un enorme grao de hipocrisía. 295 00:15:11,400 --> 00:15:15,696 Nas nosas democracias liberais, temos unha aparencia de democracia. 296 00:15:15,720 --> 00:15:18,456 É porque restrinximos, como dixen na miña charla, 297 00:15:18,480 --> 00:15:20,536 a democracia á esfera política, 298 00:15:20,536 --> 00:15:23,616 mentres deixamos a esfera onde está toda a acción 299 00:15:23,640 --> 00:15:24,856 -a esfera económica- 300 00:15:24,880 --> 00:15:27,000 como unha zona totalmente libre de democracia. 301 00:15:27,280 --> 00:15:28,536 Nun sentido, 302 00:15:28,560 --> 00:15:31,340 se se me permite ser provocador, 303 00:15:31,880 --> 00:15:36,296 hoxe China está máis perto de Gran Bretaña que no século XIX. 304 00:15:36,320 --> 00:15:37,576 Porque lembre, 305 00:15:37,600 --> 00:15:39,936 tendemos a asociar liberalismo con democracia, 306 00:15:39,960 --> 00:15:41,456 iso é un erro, historicamente. 307 00:15:41,480 --> 00:15:44,016 Liberalismo, liberal, é como John Stuart Mill. 308 00:15:44,040 --> 00:15:48,736 John Stuart Mill era particularmente escéptico sobre o proceso democrático. 309 00:15:48,760 --> 00:15:54,136 Así que o que vemos agora en China é un proceso moi similar 310 00:15:54,160 --> 00:15:57,336 ao que tivemos en Gran Bretaña durante a Revolución Industrial, 311 00:15:57,360 --> 00:16:00,336 especialmente durante a transición da primeira á segunda. 312 00:16:00,360 --> 00:16:03,656 E estar castigando a China 313 00:16:03,680 --> 00:16:06,816 por facer o que Occidente fixo no século XIX, 314 00:16:06,840 --> 00:16:08,600 soa a hipocrisía. 315 00:16:09,520 --> 00:16:13,176 BG: Estou seguro de que moita xente aquí se preguntará pola súa experiencia 316 00:16:13,200 --> 00:16:15,936 como Ministro de Finanzas de Grecia a comezos deste ano. 317 00:16:15,960 --> 00:16:17,341 YV: Xa o vía vir. 318 00:16:17,365 --> 00:16:18,616 BG: Si. 319 00:16:18,640 --> 00:16:19,976 BG: Seis meses despois, 320 00:16:20,000 --> 00:16:22,680 ¿como ve o que pasou na primeira metade do ano? 321 00:16:23,790 --> 00:16:26,536 YV: Sumamente fascinante, desde un punto de vista persoal, 322 00:16:26,560 --> 00:16:27,816 e moi decepcionante, 323 00:16:27,840 --> 00:16:31,736 porque tiñamos unha oportunidade para reiniciar a Eurozona. 324 00:16:31,760 --> 00:16:33,856 Non só Grecia, a Eurozona. 325 00:16:33,880 --> 00:16:36,816 Para afastarse da complacencia 326 00:16:36,840 --> 00:16:39,296 e a constante negación de que habia unha enorme, 327 00:16:39,320 --> 00:16:42,176 e hai unha enorme fenda na arquitectura 328 00:16:42,200 --> 00:16:44,376 da Eurozona, 329 00:16:44,400 --> 00:16:48,816 que está ameazando a totalidade do proceso da Unión Europea. 330 00:16:48,840 --> 00:16:52,016 Tivemos unha oportunidade baseada no programa grego 331 00:16:52,040 --> 00:16:53,376 que, por certo, 332 00:16:53,400 --> 00:16:57,776 foi o primeiro programa que manifestou esa negación 333 00:16:57,800 --> 00:16:59,016 para corrixila. 334 00:16:59,040 --> 00:17:00,256 E, desgrazadamente, 335 00:17:00,280 --> 00:17:02,096 os poderes da zona euro, 336 00:17:02,120 --> 00:17:03,750 no Eurogrupo, 337 00:17:04,079 --> 00:17:06,056 optaron por manter a negación. 338 00:17:06,079 --> 00:17:07,336 Pero xa sabe o que pasa. 339 00:17:07,359 --> 00:17:09,415 É a experiencia da Unión Soviética. 340 00:17:09,440 --> 00:17:11,935 Cando intentas manter vivo 341 00:17:11,960 --> 00:17:16,249 un sistema económico que estructuralmente non pode sobrevivir, 342 00:17:16,520 --> 00:17:19,175 a través da vontade política e a través do autoritarismo, 343 00:17:19,200 --> 00:17:20,856 podes ter éxito en prolongalo, 344 00:17:20,880 --> 00:17:22,455 pero cando se produce o cambio 345 00:17:22,480 --> 00:17:24,976 ocorre de xeito abrupto e catastrófico. 346 00:17:25,000 --> 00:17:27,007 BG: ¿Que tipo de cambio prevé? 347 00:17:27,031 --> 00:17:28,285 YV: Ben, non hai dúbida 348 00:17:28,309 --> 00:17:30,976 de que se non cambiamos a arquitectura da Eurozona, 349 00:17:31,001 --> 00:17:32,895 a Eurozona non ten futuro. 350 00:17:32,920 --> 00:17:35,816 BG: ¿Cometeu erros cando era ministro de Finanzas? 351 00:17:35,840 --> 00:17:37,056 YV: Todos os días. 352 00:17:37,080 --> 00:17:39,616 BG: ¿Por exemplo? YV: Calquera que mira cara atrás... 353 00:17:39,640 --> 00:17:41,720 (Aplausos) 354 00:17:44,120 --> 00:17:45,496 Non, pero en serio. 355 00:17:45,520 --> 00:17:49,096 Se hai algún ministro de Facenda ou de calquera outra cousa, 356 00:17:49,120 --> 00:17:51,336 que di ao cabo de seis meses nun traballo, 357 00:17:51,360 --> 00:17:55,056 especialmente nunha situación con tanta tensión, 358 00:17:55,080 --> 00:17:57,776 que non cometeu ningún erro, é unha persoa perigosa. 359 00:17:57,800 --> 00:17:59,096 Claro que cometín erros. 360 00:17:59,120 --> 00:18:01,936 O erro máis grande foi asinar a petición 361 00:18:01,960 --> 00:18:04,056 para ampliar o acordo do préstamo 362 00:18:04,080 --> 00:18:05,696 a finais de febreiro. 363 00:18:05,720 --> 00:18:06,936 Imaxinaba 364 00:18:06,960 --> 00:18:09,790 que había un interese xenuíno por parte dos acredores 365 00:18:09,790 --> 00:18:11,216 por atopar puntos de encontro. 366 00:18:11,240 --> 00:18:12,456 E non o había. 367 00:18:12,480 --> 00:18:15,096 So lles interesaba esmagar o noso goberno, 368 00:18:15,120 --> 00:18:16,576 só porque non querían 369 00:18:16,600 --> 00:18:19,736 ter que enfrontarse coas fendas 370 00:18:19,760 --> 00:18:21,776 que estaban percorrendo a Eurozona. 371 00:18:21,800 --> 00:18:23,616 E porque non quixeron admitir 372 00:18:23,640 --> 00:18:27,256 que estiveran cinco anos pondo en marcha un programa catastrófico en Grecia. 373 00:18:27,280 --> 00:18:30,176 Perdemos un terzo do noso PIB nominal. 374 00:18:30,200 --> 00:18:32,136 Isto é peor cá Gran Depresión. 375 00:18:32,160 --> 00:18:33,416 E ninguén saiu 376 00:18:33,440 --> 00:18:36,376 da troika de acredores que impuxeron esta política 377 00:18:36,400 --> 00:18:39,376 a dicir "Isto foi un erro colosal." 378 00:18:39,400 --> 00:18:40,616 BG: A pesar de todo isto, 379 00:18:40,640 --> 00:18:42,976 e a pesar da agresividade da discusión, 380 00:18:43,000 --> 00:18:45,416 parece ser aínda bastante pro-Europa. 381 00:18:45,440 --> 00:18:46,656 YV: Totalmente. 382 00:18:46,680 --> 00:18:50,816 Mire, as miñas críticas da Unión Europea e a Eurozona 383 00:18:50,840 --> 00:18:55,440 veñen dunha persoa que vive e respira Europa. 384 00:18:55,680 --> 00:18:59,256 O meu maior medo é que a Eurozona non sobreviva. 385 00:18:59,280 --> 00:19:00,736 Porque se non o fai, 386 00:19:00,760 --> 00:19:03,616 as forzas centrífugas que se desencadearán 387 00:19:03,640 --> 00:19:05,336 serán demoníacas, 388 00:19:05,360 --> 00:19:07,336 e destruirán a Unión Europea. 389 00:19:07,360 --> 00:19:09,776 E será catastrófico non só para Europa 390 00:19:09,800 --> 00:19:11,416 senón para toda a economía global. 391 00:19:11,440 --> 00:19:15,536 Somos probablemente a maior economía do mundo. 392 00:19:15,560 --> 00:19:17,296 E se nos permitimos 393 00:19:17,320 --> 00:19:20,136 caer na vía duns posmodernos anos 30, 394 00:19:20,160 --> 00:19:22,816 que parece que é o que estamos facendo, 395 00:19:22,840 --> 00:19:24,656 entón será prexudicial 396 00:19:24,680 --> 00:19:28,090 para o futuro tanto de europeos como de non europeos. 397 00:19:28,090 --> 00:19:30,616 BG: Dende logo agardamos que se equivoque nese punto. 398 00:19:30,616 --> 00:19:32,256 Yanis, grazas por vir ao TED. 399 00:19:32,280 --> 00:19:33,496 YV: Grazas. 400 00:19:33,520 --> 00:19:38,343 (Aplausos)