0:00:01.200,0:00:02.400 Democracia 0:00:02.960,0:00:04.296 En Occidente, 0:00:04.320,0:00:08.256 cometemos un grande erro[br]ao dala por feito. 0:00:08.280,0:00:09.706 Vemos a democracia 0:00:09.706,0:00:14.096 non como a máis fráxil das flores,[br]o que é en realidade, 0:00:14.120,0:00:17.160 senón como parte do mobiliario[br]da nosa sociedade. 0:00:17.960,0:00:21.960 Tendemos a pensar nela[br]como un feito definitivo. 0:00:22.680,0:00:27.896 Pensamos, de forma errada, [br]que o capitalismo xera sempre democracia. 0:00:27.920,0:00:29.256 Mais non o fai. 0:00:29.280,0:00:33.656 Lee Kuan Yew, de Singapur,[br]e os seus grandes imitadores en Beijing, 0:00:33.680,0:00:36.616 demostraron, máis alá [br]de calquera dúbida, 0:00:36.640,0:00:40.536 que é perfectamente posible[br]ter un capitalismo vizoso, 0:00:40.560,0:00:42.160 de crecemento espectacular, 0:00:42.960,0:00:46.016 mentres a política permanece[br]exenta de democracia. 0:00:46.040,0:00:50.456 De feito, a democracia está [br]en regresión no noso terreo, 0:00:50.480,0:00:52.056 aquí en Europa. 0:00:52.080,0:00:55.456 A comezos deste ano, cando[br]estaba representando a Grecia 0:00:55.480,0:00:58.216 -no goberno grego que acababa[br]de ser elixido- 0:00:58.240,0:01:00.936 no Eurogrupo, como[br]ministro de Finanzas, 0:01:00.960,0:01:05.896 dixéronme claramente que o [br]proceso democrático no noso país 0:01:05.920,0:01:07.336 -as nosas eleccións- 0:01:07.360,0:01:09.866 non podían interferir[br]coas políticas económicas 0:01:09.866,0:01:12.400 que se estaban desenvolvendo[br]en Grecia. 0:01:13.120,0:01:14.336 Naquel momento, 0:01:14.360,0:01:18.656 sentín que non podía haber[br]maior reivindicación de Lee Kuan Yew, 0:01:18.680,0:01:20.216 nin do Partido Comunista Chinés, 0:01:20.240,0:01:23.976 nin dalgúns amigos meus, recalcitrantes,[br]que estaban sempre a dicirme 0:01:24.000,0:01:28.320 que se prohibiría a democracia[br]se ameazásemos alterar algo. 0:01:29.640,0:01:32.896 Esta noite, quero presentarvos 0:01:32.920,0:01:36.080 un escenario económico[br]para unha auténtica democracia. 0:01:36.600,0:01:41.456 Quero pedirvos que me acompañedes[br]para volver a crer 0:01:41.480,0:01:43.480 que Lee Kuan Yew, 0:01:44.480,0:01:45.856 O Partido Comunista Chinés 0:01:45.880,0:01:47.256 e o Eurogrupo tamén 0:01:47.280,0:01:51.220 están errados, ao creren que[br]podemos prescindir da democracia, 0:01:51.600,0:01:55.336 que precisamos unha democracia[br]auténtica e estrondosa. 0:01:55.360,0:01:58.336 E sen democracia, 0:01:58.360,0:02:01.216 as nosas sociedades serán máis ruíns, 0:02:01.240,0:02:03.376 o noso futuro, escuro 0:02:03.400,0:02:06.216 e as nosas grandes, novas tecnoloxías,[br]botadas a perder. 0:02:06.240,0:02:07.496 Falando de botar a perder, 0:02:07.520,0:02:10.295 permitídeme apuntar[br]un interesante paradoxo 0:02:10.320,0:02:13.096 que está ameazando[br]as nosas economías. 0:02:13.120,0:02:15.416 Eu chámolle o paradoxo[br]dos picos xemelgos. 0:02:15.440,0:02:16.736 Un dos picos, xa sabedes, 0:02:16.760,0:02:18.376 ídelo recoñecer, 0:02:18.400,0:02:23.456 é a montaña de débedas[br]que proxecta unha longa sombra 0:02:23.480,0:02:26.296 sobre os EE.UU.,[br]Europa, o mundo enteiro. 0:02:26.320,0:02:28.510 Todos recoñecemos [br]a montaña de débedas. 0:02:28.880,0:02:33.310 Pero poucas persoas [br]distinguen o seu xemelgo. 0:02:33.640,0:02:35.840 A montaña de diñeiro improdutivo 0:02:36.840,0:02:40.200 que pertence aos aforradores ricos[br]e ás grandes empresas, 0:02:41.120,0:02:43.696 demasiado aterrorizados [br]para investilo 0:02:43.720,0:02:47.016 en actividades produtivas[br]que poidan xerar ingresos 0:02:47.040,0:02:50.096 con que poidamos eliminar[br]a montaña de débedas 0:02:50.120,0:02:54.096 e que poidan producir o que a[br]humanidade necesita desesperadamente, 0:02:54.120,0:02:55.776 como a enerxía verde. 0:02:55.800,0:02:58.136 Agora vou darvos dous números. 0:02:58.160,0:02:59.496 Nos últimos tres meses, 0:02:59.520,0:03:02.296 nos EE.UU., en Gran Bretaña e[br]na Eurozona, 0:03:02.320,0:03:06.736 investimos colectivamente[br]3,4 billóns de dólares 0:03:06.760,0:03:09.416 en todos os bens que producen riqueza 0:03:09.440,0:03:12.456 -cousas como instalacións[br]industriais, maquinaria, 0:03:12.480,0:03:14.696 edificios de oficinas, escolas,[br] 0:03:14.720,0:03:17.856 estradas, ferrocarrís, [br]maquinaria, etc., etc. 0:03:17.880,0:03:20.616 3,4 billóns de dólares[br]parecen moitos cartos 0:03:20.640,0:03:24.496 ata que os comparamos [br]cos 5,1 billóns 0:03:24.520,0:03:27.216 que se esparexeron neses[br]mesmos países, 0:03:27.240,0:03:29.056 nas nosas institucións financeiras, 0:03:29.080,0:03:32.280 sen facer absolutamente nada[br]durante o mesmo período 0:03:33.440,0:03:38.296 agás inflar os mercados bursátiles[br]e encarecer os prezos da vivenda. 0:03:38.320,0:03:43.576 Así que temos unha montaña de débeda[br]e unha montaña de diñeiro improdutivo 0:03:43.600,0:03:47.296 que forman os picos xemelgos,[br]sen poder anularse un ao outro[br] 0:03:47.320,0:03:50.136 a través da operación [br]normal dos mercados. 0:03:50.160,0:03:52.890 O resultado é o estancamento dos salarios, 0:03:53.360,0:03:59.016 o desemprego de máis dun cuarto de [br]traballadores, dos 25 aos 54 anos, 0:03:59.040,0:04:00.536 en América, Xapón e Europa. 0:04:00.560,0:04:02.896 E, consecuentemente, baixa [br]a demanda agregada 0:04:02.920,0:04:05.136 nun ciclo sen fin, 0:04:05.160,0:04:07.880 que reforza o pesimismo dos investidores, 0:04:08.880,0:04:12.696 que, por medo á baixa demanda,[br]responden non investindo, 0:04:12.720,0:04:15.416 exactamente como o pai de Edipo 0:04:15.440,0:04:17.935 que, estarrecido[br]pola profecía do oráculo 0:04:17.959,0:04:20.696 de que o seu fillo medraría para matalo, 0:04:20.720,0:04:22.656 inconscientemente creou as condicións 0:04:22.680,0:04:26.150 que aseguraron que Edipo,[br]o seu fillo, o matase. 0:04:26.560,0:04:29.080 Esta é a miña batalla co capitalismo. 0:04:29.200,0:04:31.216 A súa grave dilapidación de cartos, 0:04:31.240,0:04:32.856 todo este diñeiro improdutivo, 0:04:32.880,0:04:36.976 debería ser canalizado en mellorar vidas, 0:04:37.000,0:04:38.336 en desenvolver o talento humano, 0:04:38.360,0:04:41.216 e en financiar todas esas[br]tecnoloxías, 0:04:41.240,0:04:42.496 tecnoloxías verdes, 0:04:42.520,0:04:45.280 que son absolutamente esenciais[br]para salvar o planeta. 0:04:46.280,0:04:49.536 ¿Teño razón ao crer[br]que a democracia podería ser a resposta? 0:04:49.560,0:04:50.776 Eu penso que si, 0:04:50.800,0:04:52.016 pero antes de seguir, 0:04:52.040,0:04:53.580 ¿que entendemos por democracia? 0:04:54.520,0:04:56.936 Aristóteles definiu a democracia 0:04:56.960,0:05:01.896 como a constitución en que[br]os libres e os pobres, 0:05:01.920,0:05:04.630 ao seren a maioría, controlan o goberno. 0:05:05.000,0:05:08.296 Claro que a democracia ateniense[br]excluía demasiada xente. 0:05:08.320,0:05:11.360 Mulleres, migrantes e, [br]por suposto, escravos. 0:05:12.040,0:05:13.296 Pero sería un erro 0:05:13.320,0:05:16.896 rexeitar o significado da[br]antiga democracia ateniense 0:05:16.920,0:05:19.350 baseándonos en quen excluía. 0:05:19.680,0:05:20.936 O que era máis pertinente, 0:05:20.960,0:05:24.816 e continúa séndoo[br]na antiga democracia ateniense, 0:05:24.840,0:05:28.336 era a inclusión dos traballadores pobres, 0:05:28.360,0:05:33.056 os que non só adquirían o[br]dereito da liberdade de expresión, 0:05:33.080,0:05:35.336 senón que, o máis importante, crucial, 0:05:35.360,0:05:37.976 adquirían os dereitos[br]aos xuízos políticos 0:05:38.000,0:05:40.376 que lles concedían igual peso 0:05:40.400,0:05:44.056 no proceso de toma de decisións[br]sobre cuestións de estado. 0:05:44.080,0:05:47.136 Claro, a democracia ateniense[br]non durou moito. 0:05:47.160,0:05:51.576 Como unha candea que arde vivamente,[br]queimouse axiña. 0:05:51.600,0:05:52.816 E de feito, 0:05:52.840,0:05:57.096 a nosa actual democracia liberal[br]non ten as súas raíces na antiga Atenas. 0:05:57.120,0:05:59.456 Ten as súas raíces na Carta Magna, 0:05:59.480,0:06:02.736 na Revolución Gloriosa de 1688, 0:06:02.760,0:06:04.976 mesmo na constitución de EE.UU. 0:06:05.000,0:06:10.016 Mentres que a democracia ateniense[br]se centrou na cidadanía sen dono 0:06:10.040,0:06:12.800 e no empoderamento dos [br]traballadores pobres, 0:06:13.240,0:06:17.416 as nosas democracias liberais baséanse[br]na tradición da Carta Magna, 0:06:17.440,0:06:20.536 que era, despois de todo,[br]unha carta para amos. 0:06:20.560,0:06:24.856 E, de feito, a democracia liberal[br]só xurdiu cando foi posible 0:06:24.880,0:06:28.736 separar totalmente a esfera[br]política da esfera económica, 0:06:28.760,0:06:33.816 para restrinxir o proceso democrático[br]totalmente á esfera política, 0:06:33.840,0:06:35.696 deixando a esfera económica 0:06:35.720,0:06:37.656 -o mundo empresarial, se queredes- 0:06:37.680,0:06:41.000 como unha zona libre de democracia. 0:06:41.720,0:06:44.696 Ben, na nosa democracia actual, 0:06:44.720,0:06:48.216 esta separación da esfera [br]económica e da politica, 0:06:48.240,0:06:50.496 o momento en que comezou, 0:06:50.520,0:06:54.816 deu lugar a unha inexorable[br]loita épica entre as dúas, 0:06:54.840,0:06:58.056 coa esfera económica [br]colonizando a esfera política, 0:06:58.080,0:07:00.220 devorando o seu poder. 0:07:00.480,0:07:03.880 Preguntástesvos por que os políticos[br]non son o que adoitaban ser? 0:07:04.560,0:07:06.976 Non é porque o seu ADN[br]dexenerara. 0:07:07.000,0:07:08.616 (Risos) 0:07:08.640,0:07:13.256 Máis ben é porque hoxe un pode estar[br]no goberno e non ter poder, 0:07:13.280,0:07:16.576 porque o poder migrou[br]desde a esfera política á económica, 0:07:16.600,0:07:18.380 que está separada. 0:07:19.160,0:07:20.736 De feito, 0:07:20.760,0:07:23.056 falei da miña batalla [br]contra o capitalismo. 0:07:23.080,0:07:24.816 Se pensades niso, 0:07:24.840,0:07:28.560 é un pouco como unha [br]poboación de predadores, 0:07:29.080,0:07:33.800 que teñen tanto éxito en aniquilar[br]a presa da que se alimentan, 0:07:34.560,0:07:36.696 que, á fin, morren de fame. 0:07:36.720,0:07:37.936 De igual xeito, 0:07:37.960,0:07:41.656 a esfera económica foi colonizando[br]e canibalizando a esfera política 0:07:41.680,0:07:45.056 ata tal punto que se [br]debilitou a si mesma, 0:07:45.080,0:07:46.816 provocando a crise económica. 0:07:46.840,0:07:48.936 O poder corporativo está[br]aumentando, 0:07:48.960,0:07:51.176 os bens políticos están [br]desvalorizándose, 0:07:51.200,0:07:53.016 a desigualdade aumenta, 0:07:53.040,0:07:54.616 a demanda agregada está caendo 0:07:54.640,0:08:00.760 e os CEO das empresas teñen demasiado medo[br]de investir o diñeiro das súas empresas. 0:08:01.520,0:08:08.176 Así que canto máis éxito ten o capitalismo[br]en tirar o demos da democracia, 0:08:08.200,0:08:09.536 máis altos son os picos xemelgos 0:08:09.560,0:08:13.096 e maior é a perda[br]de recursos humanos 0:08:13.120,0:08:15.100 e de riqueza da humanidade. 0:08:15.640,0:08:18.496 Claramente, se isto é así, 0:08:18.520,0:08:21.576 debemos reunir as esferas[br]política e económica 0:08:21.600,0:08:25.096 e mellor facelo cun[br]demos ao mando, 0:08:25.120,0:08:28.056 como na antiga Atenas[br]pero sen os escravos 0:08:28.080,0:08:31.670 e sen a exclusión de mulleres e migrantes. 0:08:32.120,0:08:33.856 Agora ben, isto non é unha idea orixinal. 0:08:33.880,0:08:36.655 A esquerda marxista[br]tivo esa idea hai cen anos 0:08:36.679,0:08:38.650 e non foi moi ben, non? 0:08:38.840,0:08:42.256 A lección que aprendemos [br]do fracaso soviético 0:08:42.280,0:08:48.616 é que só por un milagre os traballadores [br]pobres volverán ter poder, 0:08:48.640,0:08:50.616 como o tiñan na antiga Atenas, 0:08:50.640,0:08:54.620 sen crear novas formas[br]de brutalidade nin desproveitos. 0:08:54.960,0:08:56.200 Pero hai unha solución: 0:08:56.880,0:08:59.180 eliminar os traballadores pobres. 0:08:59.360,0:09:00.616 O capitalismo estao facendo 0:09:00.640,0:09:06.260 ao substituír os traballadores con baixos [br]salarios por autómatas, androides, robots. 0:09:07.080,0:09:08.296 O problema é que 0:09:08.320,0:09:11.536 mentres as esferas económica[br]e política estean separadas, 0:09:11.560,0:09:16.340 a automatización fai os picos máis altos, 0:09:16.640,0:09:18.376 e máis altos son os desproveitos 0:09:18.400,0:09:20.456 e máis profundos os conflitos sociais, 0:09:20.480,0:09:21.680 mesmo 0:09:22.320,0:09:23.856 -pronto, creo- 0:09:23.880,0:09:26.160 en lugares como China. 0:09:26.720,0:09:29.136 Así que necesitamos reconfigurar, 0:09:29.160,0:09:32.816 necesitamos reunir as esferas [br]económica e política, 0:09:32.840,0:09:38.216 pero será mellor facelo[br]democratizando as esferas reunificadas, 0:09:38.240,0:09:43.936 para non rematar cunha hiperautocracia[br]obsesionada coa vixilancia 0:09:43.960,0:09:48.186 que fará que o filme Matrix[br]pareza un documental. 0:09:48.186,0:09:49.576 (Risos) 0:09:49.600,0:09:53.016 Así que a pregunta non é[br]se o capitalismo sobrevivirá 0:09:53.040,0:09:55.360 as innovacións tecnolóxicas[br]que está xerando. 0:09:55.960,0:09:57.576 A pregunta máis interesante 0:09:57.600,0:10:03.336 é se o capitalismo terá éxito como [br]algo que se parece á distopía de Matrix 0:10:03.360,0:10:07.776 ou algo máis achegado á[br]sociedade de Star Trek, 0:10:07.800,0:10:10.176 onde as máquinas serven os humanos 0:10:10.200,0:10:14.616 e os humanos gastan as súas enerxías[br]explorando o universo 0:10:14.640,0:10:18.936 e entregándose a longos debates[br]sobre o sentido da vida 0:10:18.960,0:10:22.960 nunha antiga ágora, como a de Atenas,[br]altamente tecnolóxica. 0:10:24.360,0:10:28.620 Penso que podemos [br]permitirnos ser optimistas. 0:10:29.400,0:10:30.696 Pero canto levaría, 0:10:30.720,0:10:32.696 como sería 0:10:32.720,0:10:37.600 ter esta utopía Star Trek,[br]en lugar da distopía Matrix? 0:10:38.240,0:10:39.496 En termos prácticos, 0:10:39.520,0:10:41.256 permitídeme compartir brevemente, 0:10:41.280,0:10:42.960 un par de exemplos. 0:10:43.080,0:10:44.856 Ao nivel empresarial, 0:10:44.880,0:10:47.216 imaxinade un mercado de capitais, 0:10:47.240,0:10:50.560 onde se gaña capital segundo se traballa, 0:10:50.880,0:10:56.216 e onde o noso capital nos segue[br]dun traballo a outro, 0:10:56.240,0:10:57.736 dunha empresa a outra, 0:10:57.760,0:10:59.016 e a empresa, 0:10:59.040,0:11:02.496 calquera que for onde esteamos[br]traballando nese momento 0:11:02.520,0:11:06.840 é propiedade exclusiva daqueles[br]que traballan alí nese momento. 0:11:07.400,0:11:12.096 Entón todos os ingresos veñen[br]do capital, dos beneficios 0:11:12.120,0:11:16.496 e o concepto de traballo asalariado[br]convértese en obsoleto. 0:11:16.520,0:11:23.136 Non hai separación entre aqueles[br]que posúen pero non traballan na empresa 0:11:23.160,0:11:26.416 e aqueles que traballan[br]pero non posúen a empresa; 0:11:26.440,0:11:29.640 xa non hai tira e afrouxa[br]entre capital e traballo; 0:11:30.440,0:11:34.576 ningunha fenda[br]entre investimento e aforro; 0:11:34.600,0:11:37.840 de feito, non hai altísimos[br]picos xemelgos. 0:11:38.600,0:11:40.976 Ao nivel da economía[br]política global, 0:11:41.000,0:11:42.936 imaxinade por un momento 0:11:42.960,0:11:47.936 que as nosas moedas nacionais[br]teñen un tipo de cambio flexible, 0:11:47.960,0:11:51.736 cunha moeda universal,[br]global, dixital, 0:11:51.760,0:11:55.776 unha emitida polo [br]Fondo Monetario Internacional, 0:11:55.800,0:11:57.016 o G-20, 0:11:57.040,0:11:59.576 en beneficio de toda a humanidade. 0:11:59.600,0:12:00.816 E imaxinade, ademais, 0:12:00.840,0:12:05.176 que todo o comercio internacional[br]se produza nesa moeda, 0:12:05.200,0:12:07.016 imos chamarlle "o cosmos", 0:12:07.040,0:12:09.210 en unidades de cosmos 0:12:09.720,0:12:14.096 con cada goberno aceptando[br]pagar para un fondo común 0:12:14.120,0:12:19.656 unha suma de unidades de cosmos[br]proporcional ao déficit comercial do país, 0:12:19.680,0:12:23.080 ou mesmo ao superávit comercial[br]dun país. 0:12:23.720,0:12:28.936 E imaxinade que ese fondo se utiliza para[br]investir en tecnoloxías verdes, 0:12:28.960,0:12:34.280 especialmente en partes do mundo[br]onde os investimentos son escasos. 0:12:34.840,0:12:36.416 Esta non é unha idea nova. 0:12:36.440,0:12:39.776 É o que, eficazmente,[br]John Maynard Keynes propuxo 0:12:39.800,0:12:43.740 en 1944 na Conferencia de Bretton Woods. 0:12:44.080,0:12:45.296 O problema é 0:12:45.320,0:12:48.616 que daquela, non tiñan a [br]tecnoloxía para desenvolvelo. 0:12:48.640,0:12:49.856 Agora témola, 0:12:49.880,0:12:55.800 especialmente no contexto dunha esfera [br]reunificada político-económica. 0:12:56.640,0:12:59.056 O mundo que vos estou describindo 0:12:59.080,0:13:01.536 é asemade libertario, 0:13:01.560,0:13:06.136 en canto prioriza o empoderamento [br]das persoas, 0:13:06.160,0:13:07.376 marxista, 0:13:07.400,0:13:10.616 xa que levará á papeleira [br]da historia 0:13:10.640,0:13:13.096 a división entre capital e traballo, 0:13:13.120,0:13:15.150 e keynesiano, 0:13:15.320,0:13:17.110 keynesiano global. 0:13:18.320,0:13:19.896 Pero sobre todo, 0:13:19.920,0:13:25.460 é un mundo no que seremos quen [br]de imaxinar unha auténtica democracia. 0:13:25.760,0:13:28.090 ¿Alborexerá tal mundo? 0:13:28.400,0:13:32.896 ¿Ou caeremos nunha distopía[br]como a de Matrix? 0:13:32.920,0:13:37.040 A resposta está na escolla política[br]que fagamos colectivamente. 0:13:37.720,0:13:39.336 É a nosa escolla, 0:13:39.360,0:13:42.230 e será mellor que a fagamos[br]democraticamente. 0:13:42.280,0:13:43.536 Grazas. 0:13:43.560,0:13:45.640 (Aplausos) 0:13:49.480,0:13:51.060 Bruno Giussani: Yanis, 0:13:51.880,0:13:56.820 foi vostede quen se describiu[br]como un marxista libertario. 0:13:58.400,0:14:00.920 Cal é a relevancia [br]da análise de Marx hoxe? 0:14:02.000,0:14:05.336 Yanis Varoufakis: Ben, se hai[br]algunha relevancia no que acabo de dicir, 0:14:05.360,0:14:06.576 entón Marx é relevante. 0:14:06.600,0:14:10.096 Porque o motivo de reunificar[br]a política e a economía é que, 0:14:10.120,0:14:11.336 se non o facemos, 0:14:11.360,0:14:13.616 a innovación tecnolóxica[br]vai xerar 0:14:13.640,0:14:15.936 unha caída enorme na demanda agregada, 0:14:15.960,0:14:20.736 o que Larry Summers[br]denomina como estancamento secular. 0:14:20.760,0:14:23.616 Con esta crise migratoria[br]dunha parte do mundo, 0:14:23.640,0:14:25.176 como a actual, 0:14:25.200,0:14:27.896 desestabilizará[br]non só as nosas democracias, 0:14:27.920,0:14:32.136 senón tamén o mundo emerxente que non[br]é partidario da democracia liberal. 0:14:32.160,0:14:35.976 Así que se esta análise é sólida[br]entón Marx é totalmente relevante. 0:14:36.000,0:14:37.736 Pero tamén o é Hayek, 0:14:37.760,0:14:39.576 por iso son marxista libertario, 0:14:39.600,0:14:40.816 e tamén o é Keynes, 0:14:40.840,0:14:42.736 por iso estou tan confuso. 0:14:42.760,0:14:43.976 (Risos) 0:14:44.000,0:14:46.246 BG: Certo, e posiblemente[br]agora nós tamén 0:14:46.246,0:14:47.376 (Risos) 0:14:47.400,0:14:49.376 (Aplausos) 0:14:49.400,0:14:52.176 YV: Se non estás confuso, [br]é que non estás pensando, non? 0:14:52.200,0:14:55.240 BG: Ese é un comentario [br]moi de filósofo grego... 0:14:55.240,0:14:56.976 YV: En realidade, díxoo Einstein... 0:14:57.000,0:14:59.616 BG: Durante a súa charla mencionou[br]Singapur e China, 0:14:59.640,0:15:01.696 e a pasada noite na [br]cea de relatores 0:15:01.720,0:15:06.896 expresou unha firme opinión[br]acerca de como Occidente mira a China. 0:15:06.920,0:15:08.496 ¿Podería compartila? 0:15:08.520,0:15:11.140 YV: Ben, hai un enorme grao de[br]hipocrisía. 0:15:11.400,0:15:15.696 Nas nosas democracias liberais,[br]temos unha aparencia de democracia. 0:15:15.720,0:15:18.456 É porque restrinximos, como[br]dixen na miña charla, 0:15:18.480,0:15:20.536 a democracia á esfera política, 0:15:20.536,0:15:23.616 mentres deixamos a esfera[br]onde está toda a acción 0:15:23.640,0:15:24.856 -a esfera económica- 0:15:24.880,0:15:27.000 como unha zona totalmente [br]libre de democracia. 0:15:27.280,0:15:28.536 Nun sentido, 0:15:28.560,0:15:31.340 se se me permite ser provocador, 0:15:31.880,0:15:36.296 hoxe China está máis perto de [br]Gran Bretaña que no século XIX. 0:15:36.320,0:15:37.576 Porque lembre, 0:15:37.600,0:15:39.936 tendemos a asociar[br]liberalismo con democracia, 0:15:39.960,0:15:41.456 iso é un erro, historicamente. 0:15:41.480,0:15:44.016 Liberalismo, liberal,[br]é como John Stuart Mill. 0:15:44.040,0:15:48.736 John Stuart Mill era particularmente[br]escéptico sobre o proceso democrático. 0:15:48.760,0:15:54.136 Así que o que vemos agora en China[br]é un proceso moi similar 0:15:54.160,0:15:57.336 ao que tivemos en Gran Bretaña[br]durante a Revolución Industrial, 0:15:57.360,0:16:00.336 especialmente durante a transición[br]da primeira á segunda. 0:16:00.360,0:16:03.656 E estar castigando a China 0:16:03.680,0:16:06.816 por facer o que Occidente fixo[br]no século XIX, 0:16:06.840,0:16:08.600 soa a hipocrisía. 0:16:09.520,0:16:13.176 BG: Estou seguro de que moita xente aquí [br]se preguntará pola súa experiencia 0:16:13.200,0:16:15.936 como Ministro de Finanzas de Grecia[br]a comezos deste ano. 0:16:15.960,0:16:17.341 YV: Xa o vía vir. 0:16:17.365,0:16:18.616 BG: Si. 0:16:18.640,0:16:19.976 BG: Seis meses despois, 0:16:20.000,0:16:22.680 ¿como ve o que pasou[br]na primeira metade do ano? 0:16:23.790,0:16:26.536 YV: Sumamente fascinante,[br]desde un punto de vista persoal, 0:16:26.560,0:16:27.816 e moi decepcionante, 0:16:27.840,0:16:31.736 porque tiñamos unha oportunidade[br]para reiniciar a Eurozona. 0:16:31.760,0:16:33.856 Non só Grecia, a Eurozona. 0:16:33.880,0:16:36.816 Para afastarse da complacencia 0:16:36.840,0:16:39.296 e a constante negación[br]de que habia unha enorme, 0:16:39.320,0:16:42.176 e hai unha enorme[br]fenda na arquitectura 0:16:42.200,0:16:44.376 da Eurozona, 0:16:44.400,0:16:48.816 que está ameazando a totalidade [br]do proceso da Unión Europea. 0:16:48.840,0:16:52.016 Tivemos unha oportunidade[br]baseada no programa grego 0:16:52.040,0:16:53.376 que, por certo, 0:16:53.400,0:16:57.776 foi o primeiro programa[br]que manifestou esa negación 0:16:57.800,0:16:59.016 para corrixila. 0:16:59.040,0:17:00.256 E, desgrazadamente, 0:17:00.280,0:17:02.096 os poderes da zona euro, 0:17:02.120,0:17:03.750 no Eurogrupo, 0:17:04.079,0:17:06.056 optaron por manter a negación. 0:17:06.079,0:17:07.336 Pero xa sabe o que pasa. 0:17:07.359,0:17:09.415 É a experiencia da Unión Soviética. 0:17:09.440,0:17:11.935 Cando intentas manter vivo 0:17:11.960,0:17:16.249 un sistema económico que [br]estructuralmente non pode sobrevivir, 0:17:16.520,0:17:19.175 a través da vontade política[br]e a través do autoritarismo, 0:17:19.200,0:17:20.856 podes ter éxito en prolongalo, 0:17:20.880,0:17:22.455 pero cando se produce o cambio 0:17:22.480,0:17:24.976 ocorre de xeito abrupto e catastrófico. 0:17:25.000,0:17:27.007 BG: ¿Que tipo de cambio prevé? 0:17:27.031,0:17:28.285 YV: Ben, non hai dúbida 0:17:28.309,0:17:30.976 de que se non cambiamos a [br]arquitectura da Eurozona, 0:17:31.001,0:17:32.895 a Eurozona non ten futuro. 0:17:32.920,0:17:35.816 BG: ¿Cometeu erros cando[br]era ministro de Finanzas? 0:17:35.840,0:17:37.056 YV: Todos os días. 0:17:37.080,0:17:39.616 BG: ¿Por exemplo?[br]YV: Calquera que mira cara atrás... 0:17:39.640,0:17:41.720 (Aplausos) 0:17:44.120,0:17:45.496 Non, pero en serio. 0:17:45.520,0:17:49.096 Se hai algún ministro de Facenda[br]ou de calquera outra cousa, 0:17:49.120,0:17:51.336 que di ao cabo de seis meses[br]nun traballo, 0:17:51.360,0:17:55.056 especialmente nunha situación[br]con tanta tensión, 0:17:55.080,0:17:57.776 que non cometeu ningún erro,[br]é unha persoa perigosa. 0:17:57.800,0:17:59.096 Claro que cometín erros. 0:17:59.120,0:18:01.936 O erro máis grande [br]foi asinar a petición 0:18:01.960,0:18:04.056 para ampliar o acordo do préstamo 0:18:04.080,0:18:05.696 a finais de febreiro. 0:18:05.720,0:18:06.936 Imaxinaba 0:18:06.960,0:18:09.790 que había un interese xenuíno[br]por parte dos acredores 0:18:09.790,0:18:11.216 por atopar puntos de encontro. 0:18:11.240,0:18:12.456 E non o había. 0:18:12.480,0:18:15.096 So lles interesaba[br]esmagar o noso goberno, 0:18:15.120,0:18:16.576 só porque non querían 0:18:16.600,0:18:19.736 ter que enfrontarse coas fendas 0:18:19.760,0:18:21.776 que estaban percorrendo a Eurozona. 0:18:21.800,0:18:23.616 E porque non quixeron admitir 0:18:23.640,0:18:27.256 que estiveran cinco anos pondo en[br]marcha un programa catastrófico en Grecia. 0:18:27.280,0:18:30.176 Perdemos un terzo do noso[br]PIB nominal. 0:18:30.200,0:18:32.136 Isto é peor cá Gran Depresión. 0:18:32.160,0:18:33.416 E ninguén saiu 0:18:33.440,0:18:36.376 da troika de acredores[br]que impuxeron esta política 0:18:36.400,0:18:39.376 a dicir "Isto foi un erro colosal." 0:18:39.400,0:18:40.616 BG: A pesar de todo isto, 0:18:40.640,0:18:42.976 e a pesar da agresividade[br]da discusión, 0:18:43.000,0:18:45.416 parece ser aínda[br]bastante pro-Europa. 0:18:45.440,0:18:46.656 YV: Totalmente. 0:18:46.680,0:18:50.816 Mire, as miñas críticas da[br]Unión Europea e a Eurozona 0:18:50.840,0:18:55.440 veñen dunha persoa[br]que vive e respira Europa. 0:18:55.680,0:18:59.256 O meu maior medo é que[br]a Eurozona non sobreviva. 0:18:59.280,0:19:00.736 Porque se non o fai, 0:19:00.760,0:19:03.616 as forzas centrífugas[br]que se desencadearán 0:19:03.640,0:19:05.336 serán demoníacas, 0:19:05.360,0:19:07.336 e destruirán a Unión Europea. 0:19:07.360,0:19:09.776 E será catastrófico[br]non só para Europa 0:19:09.800,0:19:11.416 senón para toda a economía global. 0:19:11.440,0:19:15.536 Somos probablemente a maior[br]economía do mundo. 0:19:15.560,0:19:17.296 E se nos permitimos 0:19:17.320,0:19:20.136 caer na vía duns[br]posmodernos anos 30, 0:19:20.160,0:19:22.816 que parece que é o que estamos facendo, 0:19:22.840,0:19:24.656 entón será prexudicial 0:19:24.680,0:19:28.090 para o futuro tanto de europeos [br]como de non europeos. 0:19:28.090,0:19:30.616 BG: Dende logo agardamos[br]que se equivoque nese punto. 0:19:30.616,0:19:32.256 Yanis, grazas por vir ao TED. 0:19:32.280,0:19:33.496 YV: Grazas. 0:19:33.520,0:19:38.343 (Aplausos)