1 00:00:01,577 --> 00:00:03,573 Gustaríame compartir convosco 2 00:00:03,573 --> 00:00:07,410 a historia dun dos meus pacientes, Celine. 3 00:00:07,410 --> 00:00:10,563 Celine é ama de casa e vive nunha área rural 4 00:00:10,563 --> 00:00:13,635 do Camerún, en África Central. 5 00:00:13,635 --> 00:00:17,322 Hai seis anos, cando lle diagnosticaron VIH, 6 00:00:17,322 --> 00:00:20,323 escollérona para participar nun ensaio clínico 7 00:00:20,323 --> 00:00:23,394 que nese momento se levaba a cabo no seu distrito de saúde. 8 00:00:23,394 --> 00:00:27,098 Cando coñecín a Celine, hai pouco máis dun ano, 9 00:00:27,098 --> 00:00:28,782 levaba 18 meses 10 00:00:28,782 --> 00:00:31,069 sen terapia antirretroviral 11 00:00:31,069 --> 00:00:33,806 e estaba moi enferma. 12 00:00:33,806 --> 00:00:36,204 Contoume que parou de ir á clínica 13 00:00:36,204 --> 00:00:37,755 ó finalizar o ensaio 14 00:00:37,755 --> 00:00:40,466 porque non tiña cartos para o autobús 15 00:00:40,466 --> 00:00:44,194 e estaba demasiado enferma para camiñar 35 quilómetros. 16 00:00:44,194 --> 00:00:45,938 Durante o ensaio clínico 17 00:00:45,938 --> 00:00:50,323 déranlle de balde os fármacos antirretrovirais, 18 00:00:50,323 --> 00:00:52,354 e os custos de transporte 19 00:00:52,354 --> 00:00:54,961 cubríanllos os fondos da investigación. 20 00:00:54,961 --> 00:00:58,315 Ó final, o ensaio rematou 21 00:00:58,315 --> 00:01:01,307 e Celine quedou sen alternativas. 22 00:01:01,307 --> 00:01:03,983 Non era quen de me dicir o nome dos fármacos 23 00:01:03,983 --> 00:01:06,010 que lle deran durante o ensaio, 24 00:01:06,010 --> 00:01:08,767 nin o que se investigaba nel. 25 00:01:08,767 --> 00:01:12,316 Tampouco lle preguntei polos resultados 26 00:01:12,316 --> 00:01:16,723 porque me parecía obvio que non ía saber nada. 27 00:01:16,723 --> 00:01:18,992 Porén, o que máis me desconcertou 28 00:01:18,992 --> 00:01:22,099 é que Celine dera o seu consentimento informado 29 00:01:22,099 --> 00:01:25,931 para formar parte deste ensaio aínda que evidentemente non entendía 30 00:01:25,931 --> 00:01:28,401 o que implicaba participar 31 00:01:28,401 --> 00:01:32,810 ou que lle sucedería ó acabalo. 32 00:01:32,810 --> 00:01:36,205 Compartín convosco esta historia como exemplo 33 00:01:36,205 --> 00:01:39,134 do que lles pode pasar ós participantes nun ensaio clínico 34 00:01:39,134 --> 00:01:41,593 cando se organiza mal. 35 00:01:41,593 --> 00:01:45,458 Se cadra tiráronse resultados importantes desta investigación. 36 00:01:45,458 --> 00:01:49,147 Se cadra incluso se publicou nunha revista científica importante. 37 00:01:49,147 --> 00:01:51,954 Se cadra axudoulles a médicos clínicos de todo o mundo 38 00:01:51,954 --> 00:01:57,489 a mellorar o trato ós pacientes con VIH. 39 00:01:57,489 --> 00:02:00,275 Mais teríao feito cun custo 40 00:02:00,275 --> 00:02:03,222 para centos de pacientes que, ó igual ca Celine, 41 00:02:03,222 --> 00:02:05,466 foron abandonados á súa sorte 42 00:02:05,466 --> 00:02:08,537 ó rematar a investigación. 43 00:02:08,537 --> 00:02:11,875 Non vin aquí para suxerir 44 00:02:11,875 --> 00:02:13,888 que os ensaios clínicos sobre o VIH 45 00:02:13,888 --> 00:02:16,103 en países en desenvolvemento están mal. 46 00:02:16,103 --> 00:02:20,470 Ó contrario, son ferramentas moi útiles 47 00:02:20,470 --> 00:02:22,768 e precísanse para enfrontar o problema 48 00:02:22,768 --> 00:02:25,239 das enfermidades nos países emerxentes. 49 00:02:25,239 --> 00:02:28,098 Porén, as desigualdades que hai entre 50 00:02:28,098 --> 00:02:31,800 os países ricos e os pobres no relativo ao financiamento 51 00:02:31,800 --> 00:02:34,957 implica un risco real de explotación, 52 00:02:34,957 --> 00:02:38,842 especialmente en investigacións financiadas de forma privada. 53 00:02:38,842 --> 00:02:41,448 É sorprendente, mais é un feito 54 00:02:41,448 --> 00:02:45,432 que moitos dos estudos que se levan a cabo en países en desenvolvemento 55 00:02:45,432 --> 00:02:48,008 nunca se autorizarían nos países ricos 56 00:02:48,008 --> 00:02:50,256 que financian a investigación. 57 00:02:50,256 --> 00:02:52,503 Seguro que vos estades a preguntar 58 00:02:52,503 --> 00:02:54,419 que fai que os países emerxentes, 59 00:02:54,419 --> 00:02:56,963 especialmente os da África subsahariana, 60 00:02:56,963 --> 00:03:00,530 sexan tan atractivos para estes ensaios clínicos sobre VIH. 61 00:03:00,530 --> 00:03:02,762 Ben, por unha parte, 62 00:03:02,762 --> 00:03:06,918 para que un ensaio clínico produza resultados válidos e aplicables 63 00:03:06,918 --> 00:03:10,918 precísase unha gran cantidade de participantes 64 00:03:10,918 --> 00:03:13,561 e preferentemente nunha poboación 65 00:03:13,561 --> 00:03:17,342 con grande incidencia de novas infeccións de VIH. 66 00:03:17,342 --> 00:03:20,813 A África subsahariana encaixa nesta descrición 67 00:03:20,813 --> 00:03:24,015 con 22 millóns de persoas infectadas con VIH, 68 00:03:24,015 --> 00:03:27,655 arredor do 70% dos 30 millóns 69 00:03:27,655 --> 00:03:30,136 de infectados que hai en total no mundo. 70 00:03:30,136 --> 00:03:32,566 Ademais, a investigación neste continente 71 00:03:32,566 --> 00:03:36,678 é máis doada de levar a cabo, debido á extensión da pobreza, 72 00:03:36,678 --> 00:03:40,529 enfermidades endémicas e sistemas sanitarios deficientes. 73 00:03:40,529 --> 00:03:43,318 É máis posible que se autorice 74 00:03:43,318 --> 00:03:45,498 un ensaio clínico 75 00:03:45,498 --> 00:03:48,375 que sexa potencialmente beneficioso para a poboación. 76 00:03:48,375 --> 00:03:51,175 En ausencia de bos sistemas sanitarios, 77 00:03:51,175 --> 00:03:54,129 case calquera oferta de asistencia médica 78 00:03:54,129 --> 00:03:57,047 acéptase por ser mellor ca nada. 79 00:03:57,047 --> 00:03:59,633 Incluso hai motivos máis problemáticos, 80 00:03:59,633 --> 00:04:01,920 como menor risco de demandas, 81 00:04:01,920 --> 00:04:04,387 estándares éticos menos rigorosos, 82 00:04:04,387 --> 00:04:06,943 ademais do desexo de participar por parte da poboación 83 00:04:06,943 --> 00:04:11,607 en calquera estudo que ofreza unha cura. 84 00:04:11,607 --> 00:04:15,232 Debido a que aumentan os fondos para investigación sobre o VIH 85 00:04:15,232 --> 00:04:17,488 en países en desenvolvemento 86 00:04:17,488 --> 00:04:21,495 e os estándares éticos nos países ricos se endurecen, 87 00:04:21,495 --> 00:04:23,580 podedes ver por que este contexto se volve 88 00:04:23,580 --> 00:04:26,141 moi atractivo. 89 00:04:26,141 --> 00:04:29,821 A alta incidencia do VIH leva os investigadores 90 00:04:29,821 --> 00:04:33,805 a desenvolver investigacións que ás veces son aceptables 91 00:04:33,805 --> 00:04:37,584 desde un punto de vista científico, mais non desde unha perspectiva ética. 92 00:04:37,584 --> 00:04:41,023 Como nos podemos asegurar de que, na nosa busca para a cura, 93 00:04:41,023 --> 00:04:43,343 non nos aproveitamos 94 00:04:43,343 --> 00:04:46,847 de quen xa está afectado pola pandemia? 95 00:04:46,847 --> 00:04:50,703 Convídovos a considerarmos catro áreas en que creo que nos deberiamos centrar 96 00:04:50,703 --> 00:04:54,278 para mellorar a forma en que se fan as cousas. 97 00:04:54,278 --> 00:04:57,105 A primeira é o consentimento informado. 98 00:04:57,105 --> 00:04:59,473 Para que un ensaio clínico 99 00:04:59,473 --> 00:05:03,154 se considere aceptable eticamente 100 00:05:03,154 --> 00:05:05,978 hai que darlles ós participantes a información relevante 101 00:05:05,978 --> 00:05:08,413 de tal xeito que a poidan entender, 102 00:05:08,413 --> 00:05:12,630 ademais de aceptar participar sen estaren condicionados. 103 00:05:12,630 --> 00:05:15,308 Isto é moi relevante nos países en desenvolvemento, 104 00:05:15,308 --> 00:05:18,210 onde moita xente acepta a participación 105 00:05:18,210 --> 00:05:20,898 porque cre que é a única forma 106 00:05:20,898 --> 00:05:24,468 de recibir atención médica ou outros beneficios. 107 00:05:24,468 --> 00:05:27,435 Os procedementos de consentimento que se usan nos países ricos 108 00:05:27,435 --> 00:05:30,237 moitas veces non son apropiados nin efectivos 109 00:05:30,237 --> 00:05:32,590 en moitos países en desenvolvemento. 110 00:05:32,590 --> 00:05:35,563 Por exemplo, é contraditorio facer 111 00:05:35,563 --> 00:05:38,562 que un participante analfabeto coma Celine 112 00:05:38,562 --> 00:05:41,889 firme un consentimento que non pode ler, 113 00:05:41,889 --> 00:05:43,996 e, moito menos, entender. 114 00:05:43,996 --> 00:05:46,976 Precisaríase que as comunidades locais se involucrasen máis 115 00:05:46,976 --> 00:05:50,349 á hora de establecer os criterios para a selección dos participantes 116 00:05:50,349 --> 00:05:55,050 de ensaios clínicos, e tamén os incentivos pola participación. 117 00:05:55,050 --> 00:05:56,866 Nestes ensaios, a información 118 00:05:56,866 --> 00:05:59,817 ós participantes potenciais ténselles que dar 119 00:05:59,817 --> 00:06:04,245 nun formato aceptable desde a perspectiva cultural e lingüística. 120 00:06:04,245 --> 00:06:07,066 O segundo tema que me gustaría que tivésedes en conta 121 00:06:07,066 --> 00:06:09,504 son os estándares de coidados 122 00:06:09,504 --> 00:06:12,450 cara ós participantes nos ensaios clínicos. 123 00:06:12,450 --> 00:06:16,147 Sobre este punto discutiuse moito. 124 00:06:16,147 --> 00:06:19,128 Habería que darlle ó grupo de control do ensaio 125 00:06:19,128 --> 00:06:22,041 o mellor tratamento 126 00:06:22,041 --> 00:06:24,481 que haxa en calquera parte do mundo? 127 00:06:24,481 --> 00:06:27,449 Ou habería que lles dar un estándar de coidados alternativo, 128 00:06:27,449 --> 00:06:30,337 como pode ser o mellor tratamento dispoñible 129 00:06:30,337 --> 00:06:33,649 no país en que se fai o ensaio? 130 00:06:33,649 --> 00:06:36,989 É xusto analizar un tipo de tratamento 131 00:06:36,989 --> 00:06:40,065 ó que os participantes do estudo 132 00:06:40,065 --> 00:06:44,035 non terán acceso cando o ensaio acabe? 133 00:06:44,035 --> 00:06:47,776 Nun contexto en que o mellor tratamento 134 00:06:47,776 --> 00:06:50,415 non é caro e se pode enviar dunha forma doada 135 00:06:50,415 --> 00:06:52,443 a resposta é clara. 136 00:06:52,443 --> 00:06:55,593 Porén, ás veces é complicado proporcionar 137 00:06:55,593 --> 00:06:58,480 o mellor tratamento dispoñible no mundo 138 00:06:58,480 --> 00:07:01,167 ós países en desenvolvemento. 139 00:07:01,167 --> 00:07:04,719 Hai que valorar os riscos e beneficios 140 00:07:04,719 --> 00:07:07,496 do estándar de coidados que se lles vai dar 141 00:07:07,496 --> 00:07:09,977 ós participantes no ensaio clínico, 142 00:07:09,977 --> 00:07:15,425 e establecer un que sexa adecuado no contexto do estudo, 143 00:07:15,425 --> 00:07:18,922 ademais do mellor para os participantes. 144 00:07:18,922 --> 00:07:22,173 Isto lévanos ó terceiro punto sobre o que quero reflexionar: 145 00:07:22,173 --> 00:07:25,024 os estándares éticos das investigacións. 146 00:07:25,024 --> 00:07:28,823 Un método efectivo para revisar a adecuación ética 147 00:07:28,823 --> 00:07:32,951 dos ensaios clínicos é fundamental para protexer os participantes 148 00:07:32,951 --> 00:07:35,064 de calquera ensaio clínico. 149 00:07:35,064 --> 00:07:37,976 Por desgraza, a miúdo isto falta 150 00:07:37,976 --> 00:07:41,504 ou non é eficiente en moitos países emerxentes. 151 00:07:41,504 --> 00:07:45,867 Os gobernos locais precisan establecer sistemas efectivos para supervisar 152 00:07:45,867 --> 00:07:48,744 as cuestións éticas arredor dos ensaios clínicos 153 00:07:48,744 --> 00:07:52,661 que se autorizan en varios países en desenvolvemento. 154 00:07:52,661 --> 00:07:54,935 E isto téñeno que facer 155 00:07:54,935 --> 00:07:57,445 creando comités de estándares éticos 156 00:07:57,445 --> 00:08:00,830 independentes do goberno e dos patrocinadores. 157 00:08:00,830 --> 00:08:03,240 Hai que promover a responsabilidade pública 158 00:08:03,240 --> 00:08:06,473 a través da transparencia e a valoración externa independente 159 00:08:06,473 --> 00:08:09,512 por parte de organizacións non gobernamentais e internacionais, 160 00:08:09,512 --> 00:08:11,083 segundo sexa o caso. 161 00:08:11,083 --> 00:08:14,593 O último tema que quero que consideredes esta noite 162 00:08:14,593 --> 00:08:17,816 é o que pasa cos participantes dos ensaios clínicos 163 00:08:17,816 --> 00:08:20,591 cando a investigación rematou. 164 00:08:20,591 --> 00:08:24,065 Penso que non está ben que a investigación empece 165 00:08:24,065 --> 00:08:26,577 sen un programa claro 166 00:08:26,577 --> 00:08:28,656 que indique o que pasará cos participantes 167 00:08:28,656 --> 00:08:31,096 cando o ensaio remate. 168 00:08:31,096 --> 00:08:36,224 Os investigadores teñen que se esforzar moito para conseguir 169 00:08:36,224 --> 00:08:39,208 que unha práctica que demostrou ser beneficiosa 170 00:08:39,208 --> 00:08:40,940 durante un ensaio clínico 171 00:08:40,940 --> 00:08:44,552 se faga accesible para os participantes do ensaio 172 00:08:44,552 --> 00:08:47,100 cando este remate. 173 00:08:47,100 --> 00:08:50,624 Ademais, deberían considerar a posibilidade 174 00:08:50,624 --> 00:08:54,225 de introducir e manter tratamentos efectivos 175 00:08:54,225 --> 00:08:58,066 en toda a comunidade cando o ensaio finalice. 176 00:08:58,066 --> 00:09:01,489 E se, por algún motivo, ven que non é posible, 177 00:09:01,489 --> 00:09:04,456 entón creo que deberían xustificar de forma ética 178 00:09:04,456 --> 00:09:08,483 por que se comezou o ensaio clínico. 179 00:09:08,483 --> 00:09:10,799 Por sorte para Celine, 180 00:09:10,799 --> 00:09:13,474 a nosa reunión non acabou no meu despacho. 181 00:09:13,474 --> 00:09:17,848 Conseguina introducir nun programa gratuíto para tratar o VIH 182 00:09:17,848 --> 00:09:19,236 máis preto da súa casa 183 00:09:19,236 --> 00:09:23,010 e con apoio grupal para a axudar durante o proceso. 184 00:09:23,010 --> 00:09:25,344 A súa historia ten un final feliz. 185 00:09:25,344 --> 00:09:29,047 Porén, hai moitas situacións parecidas 186 00:09:29,047 --> 00:09:31,344 que non acabaron tan ben. 187 00:09:31,344 --> 00:09:33,768 A pesar de que ela non o saiba, 188 00:09:33,768 --> 00:09:37,633 o meu encontro con Celine cambiou a miña perspectiva 189 00:09:37,633 --> 00:09:41,904 dos ensaios clínicos sobre o VIH nos países en desenvolvemento 190 00:09:41,904 --> 00:09:45,624 e animoume a participar no movemento 191 00:09:45,624 --> 00:09:48,481 para cambiar a forma en que se fan as cousas. 192 00:09:48,481 --> 00:09:50,849 Creo que cada persoa 193 00:09:50,849 --> 00:09:55,224 que me está a escoitar esta noite pode formar parte dese cambio. 194 00:09:55,224 --> 00:09:57,821 Se sodes investigadores, gustaríame 195 00:09:57,821 --> 00:10:00,391 convidarvos a subirdes o estándar da consciencia moral, 196 00:10:00,391 --> 00:10:02,818 a serdes éticos nas vosas investigacións, 197 00:10:02,818 --> 00:10:06,076 e non arriscar o benestar humano na vosa busca de respostas. 198 00:10:06,076 --> 00:10:09,984 Se traballades nunha entidade financeira ou nunha compañía farmacéutica, 199 00:10:09,984 --> 00:10:13,014 ínstovos a que pidades ás vosas empresas 200 00:10:13,014 --> 00:10:16,189 crearen investigacións éticas. 201 00:10:16,189 --> 00:10:19,375 Se, coma min, sodes dun país en desenvolvemento, 202 00:10:19,375 --> 00:10:22,447 pídovos que lle esixades ó voso goberno 203 00:10:22,447 --> 00:10:25,063 unha supervisión máis estrita dos ensaios clínicos 204 00:10:25,063 --> 00:10:27,976 que se autorizan nos vosos países. 205 00:10:27,976 --> 00:10:31,644 Si, precisamos unha cura para o VIH, 206 00:10:31,644 --> 00:10:34,296 atopar unha vacina para a malaria, 207 00:10:34,296 --> 00:10:38,138 crear unha forma de diagnóstico que funcione para a tuberculose. 208 00:10:38,138 --> 00:10:40,973 Porén, creo que lle debemos a esa xente 209 00:10:40,973 --> 00:10:45,768 que participa en ensaios clínicos de forma voluntaria e desinteresada 210 00:10:45,768 --> 00:10:47,994 facelo dunha forma humana. 211 00:10:47,994 --> 00:10:50,321 Grazas.