0:00:01.577,0:00:03.573 Gustaríame compartir convosco 0:00:03.573,0:00:07.410 a historia dun dos meus pacientes, Celine. 0:00:07.410,0:00:10.563 Celine é ama de casa[br]e vive nunha área rural 0:00:10.563,0:00:13.635 do Camerún, en África Central. 0:00:13.635,0:00:17.322 Hai seis anos,[br]cando lle diagnosticaron VIH, 0:00:17.322,0:00:20.323 escollérona para participar [br]nun ensaio clínico 0:00:20.323,0:00:23.394 que nese momento se levaba a cabo [br]no seu distrito de saúde. 0:00:23.394,0:00:27.098 Cando coñecín a Celine, [br]hai pouco máis dun ano, 0:00:27.098,0:00:28.782 levaba 18 meses 0:00:28.782,0:00:31.069 sen terapia antirretroviral 0:00:31.069,0:00:33.806 e estaba moi enferma. 0:00:33.806,0:00:36.204 Contoume que parou de ir á clínica 0:00:36.204,0:00:37.755 ó finalizar o ensaio 0:00:37.755,0:00:40.466 porque non tiña cartos para o autobús 0:00:40.466,0:00:44.194 e estaba demasiado enferma [br]para camiñar 35 quilómetros. 0:00:44.194,0:00:45.938 Durante o ensaio clínico 0:00:45.938,0:00:50.323 déranlle de balde [br]os fármacos antirretrovirais, 0:00:50.323,0:00:52.354 e os custos de transporte 0:00:52.354,0:00:54.961 cubríanllos os fondos da investigación. 0:00:54.961,0:00:58.315 Ó final, o ensaio rematou 0:00:58.315,0:01:01.307 e Celine quedou sen alternativas. 0:01:01.307,0:01:03.983 Non era quen de me dicir [br]o nome dos fármacos 0:01:03.983,0:01:06.010 que lle deran durante o ensaio, 0:01:06.010,0:01:08.767 nin o que se investigaba nel. 0:01:08.767,0:01:12.316 Tampouco lle preguntei polos resultados 0:01:12.316,0:01:16.723 porque me parecía obvio[br]que non ía saber nada. 0:01:16.723,0:01:18.992 Porén, o que máis me desconcertou 0:01:18.992,0:01:22.099 é que Celine dera[br]o seu consentimento informado 0:01:22.099,0:01:25.931 para formar parte deste ensaio[br]aínda que evidentemente non entendía 0:01:25.931,0:01:28.401 o que implicaba participar 0:01:28.401,0:01:32.810 ou que lle sucedería ó acabalo. 0:01:32.810,0:01:36.205 Compartín convosco esta historia[br]como exemplo 0:01:36.205,0:01:39.134 do que lles pode pasar [br]ós participantes nun ensaio clínico 0:01:39.134,0:01:41.593 cando se organiza mal. 0:01:41.593,0:01:45.458 Se cadra tiráronse resultados[br]importantes desta investigación. 0:01:45.458,0:01:49.147 Se cadra incluso se publicou [br]nunha revista científica importante. 0:01:49.147,0:01:51.954 Se cadra axudoulles[br]a médicos clínicos de todo o mundo 0:01:51.954,0:01:57.489 a mellorar o trato ós pacientes con VIH. 0:01:57.489,0:02:00.275 Mais teríao feito cun custo 0:02:00.275,0:02:03.222 para centos de pacientes que,[br]ó igual ca Celine, 0:02:03.222,0:02:05.466 foron abandonados á súa sorte 0:02:05.466,0:02:08.537 ó rematar a investigación. 0:02:08.537,0:02:11.875 Non vin aquí para suxerir 0:02:11.875,0:02:13.888 que os ensaios clínicos sobre o VIH 0:02:13.888,0:02:16.103 en países en desenvolvemento están mal. 0:02:16.103,0:02:20.470 Ó contrario, son ferramentas moi útiles 0:02:20.470,0:02:22.768 e precísanse para enfrontar o problema 0:02:22.768,0:02:25.239 das enfermidades nos países emerxentes. 0:02:25.239,0:02:28.098 Porén, as desigualdades que hai entre 0:02:28.098,0:02:31.800 os países ricos e os pobres [br]no relativo ao financiamento 0:02:31.800,0:02:34.957 implica un risco real de explotación, 0:02:34.957,0:02:38.842 especialmente en investigacións[br]financiadas de forma privada. 0:02:38.842,0:02:41.448 É sorprendente, mais é un feito 0:02:41.448,0:02:45.432 que moitos dos estudos que se levan a cabo[br]en países en desenvolvemento 0:02:45.432,0:02:48.008 nunca se autorizarían nos países ricos 0:02:48.008,0:02:50.256 que financian a investigación. 0:02:50.256,0:02:52.503 Seguro que vos estades a preguntar 0:02:52.503,0:02:54.419 que fai que os países emerxentes, 0:02:54.419,0:02:56.963 especialmente os da África subsahariana, 0:02:56.963,0:03:00.530 sexan tan atractivos [br]para estes ensaios clínicos sobre VIH. 0:03:00.530,0:03:02.762 Ben, por unha parte, 0:03:02.762,0:03:06.918 para que un ensaio clínico produza[br]resultados válidos e aplicables 0:03:06.918,0:03:10.918 precísase unha gran cantidade[br]de participantes 0:03:10.918,0:03:13.561 e preferentemente nunha poboación 0:03:13.561,0:03:17.342 con grande incidencia [br]de novas infeccións de VIH. 0:03:17.342,0:03:20.813 A África subsahariana[br]encaixa nesta descrición 0:03:20.813,0:03:24.015 con 22 millóns de persoas[br]infectadas con VIH, 0:03:24.015,0:03:27.655 arredor do 70% dos 30 millóns 0:03:27.655,0:03:30.136 de infectados que hai en total no mundo. 0:03:30.136,0:03:32.566 Ademais, a investigación neste continente 0:03:32.566,0:03:36.678 é máis doada de levar a cabo,[br]debido á extensión da pobreza, 0:03:36.678,0:03:40.529 enfermidades endémicas[br]e sistemas sanitarios deficientes. 0:03:40.529,0:03:43.318 É máis posible que se autorice 0:03:43.318,0:03:45.498 un ensaio clínico 0:03:45.498,0:03:48.375 que sexa potencialmente beneficioso[br]para a poboación. 0:03:48.375,0:03:51.175 En ausencia de bos sistemas sanitarios, 0:03:51.175,0:03:54.129 case calquera oferta de asistencia médica 0:03:54.129,0:03:57.047 acéptase por ser mellor ca nada. 0:03:57.047,0:03:59.633 Incluso hai motivos máis problemáticos, 0:03:59.633,0:04:01.920 como menor risco de demandas, 0:04:01.920,0:04:04.387 estándares éticos menos rigorosos, 0:04:04.387,0:04:06.943 ademais do desexo de participar[br]por parte da poboación 0:04:06.943,0:04:11.607 en calquera estudo que ofreza unha cura. 0:04:11.607,0:04:15.232 Debido a que aumentan os fondos[br]para investigación sobre o VIH 0:04:15.232,0:04:17.488 en países en desenvolvemento 0:04:17.488,0:04:21.495 e os estándares éticos nos países ricos [br]se endurecen, 0:04:21.495,0:04:23.580 podedes ver por que este contexto se volve 0:04:23.580,0:04:26.141 moi atractivo. 0:04:26.141,0:04:29.821 A alta incidencia do VIH[br]leva os investigadores 0:04:29.821,0:04:33.805 a desenvolver investigacións[br]que ás veces son aceptables 0:04:33.805,0:04:37.584 desde un punto de vista científico,[br]mais non desde unha perspectiva ética. 0:04:37.584,0:04:41.023 Como nos podemos asegurar de que, [br]na nosa busca para a cura, 0:04:41.023,0:04:43.343 non nos aproveitamos 0:04:43.343,0:04:46.847 de quen xa está afectado pola pandemia? 0:04:46.847,0:04:50.703 Convídovos a considerarmos catro áreas [br]en que creo que nos deberiamos centrar 0:04:50.703,0:04:54.278 para mellorar a forma[br]en que se fan as cousas. 0:04:54.278,0:04:57.105 A primeira é o consentimento informado. 0:04:57.105,0:04:59.473 Para que un ensaio clínico 0:04:59.473,0:05:03.154 se considere aceptable eticamente 0:05:03.154,0:05:05.978 hai que darlles ós participantes [br]a información relevante 0:05:05.978,0:05:08.413 de tal xeito que a poidan entender, 0:05:08.413,0:05:12.630 ademais de aceptar participar [br]sen estaren condicionados. 0:05:12.630,0:05:15.308 Isto é moi relevante [br]nos países en desenvolvemento, 0:05:15.308,0:05:18.210 onde moita xente acepta a participación 0:05:18.210,0:05:20.898 porque cre que é a única forma 0:05:20.898,0:05:24.468 de recibir atención médica[br]ou outros beneficios. 0:05:24.468,0:05:27.435 Os procedementos de consentimento[br]que se usan nos países ricos 0:05:27.435,0:05:30.237 moitas veces non son apropiados[br]nin efectivos 0:05:30.237,0:05:32.590 en moitos países en desenvolvemento. 0:05:32.590,0:05:35.563 Por exemplo, é contraditorio facer 0:05:35.563,0:05:38.562 que un participante analfabeto coma Celine 0:05:38.562,0:05:41.889 firme un consentimento que non pode ler, 0:05:41.889,0:05:43.996 e, moito menos, entender. 0:05:43.996,0:05:46.976 Precisaríase que as comunidades locais[br]se involucrasen máis 0:05:46.976,0:05:50.349 á hora de establecer os criterios[br]para a selección dos participantes 0:05:50.349,0:05:55.050 de ensaios clínicos, [br]e tamén os incentivos pola participación. 0:05:55.050,0:05:56.866 Nestes ensaios, a información 0:05:56.866,0:05:59.817 ós participantes potenciais[br]ténselles que dar 0:05:59.817,0:06:04.245 nun formato aceptable desde[br]a perspectiva cultural e lingüística. 0:06:04.245,0:06:07.066 O segundo tema que me gustaría[br]que tivésedes en conta 0:06:07.066,0:06:09.504 son os estándares de coidados 0:06:09.504,0:06:12.450 cara ós participantes[br]nos ensaios clínicos. 0:06:12.450,0:06:16.147 Sobre este punto discutiuse moito. 0:06:16.147,0:06:19.128 Habería que darlle[br]ó grupo de control do ensaio 0:06:19.128,0:06:22.041 o mellor tratamento 0:06:22.041,0:06:24.481 que haxa en calquera parte do mundo? 0:06:24.481,0:06:27.449 Ou habería que lles dar [br]un estándar de coidados alternativo, 0:06:27.449,0:06:30.337 como pode ser[br]o mellor tratamento dispoñible 0:06:30.337,0:06:33.649 no país en que se fai o ensaio? 0:06:33.649,0:06:36.989 É xusto analizar un tipo de tratamento 0:06:36.989,0:06:40.065 ó que os participantes do estudo 0:06:40.065,0:06:44.035 non terán acceso cando o ensaio acabe? 0:06:44.035,0:06:47.776 Nun contexto en que o mellor tratamento 0:06:47.776,0:06:50.415 non é caro e se pode enviar[br]dunha forma doada 0:06:50.415,0:06:52.443 a resposta é clara. 0:06:52.443,0:06:55.593 Porén, ás veces é complicado proporcionar 0:06:55.593,0:06:58.480 o mellor tratamento dispoñible no mundo 0:06:58.480,0:07:01.167 ós países en desenvolvemento. 0:07:01.167,0:07:04.719 Hai que valorar os riscos e beneficios 0:07:04.719,0:07:07.496 do estándar de coidados [br]que se lles vai dar 0:07:07.496,0:07:09.977 ós participantes no ensaio clínico, 0:07:09.977,0:07:15.425 e establecer un que sexa adecuado [br]no contexto do estudo, 0:07:15.425,0:07:18.922 ademais do mellor para os participantes. 0:07:18.922,0:07:22.173 Isto lévanos ó terceiro punto [br]sobre o que quero reflexionar: 0:07:22.173,0:07:25.024 os estándares éticos das investigacións. 0:07:25.024,0:07:28.823 Un método efectivo para revisar [br]a adecuación ética 0:07:28.823,0:07:32.951 dos ensaios clínicos é fundamental[br]para protexer os participantes 0:07:32.951,0:07:35.064 de calquera ensaio clínico. 0:07:35.064,0:07:37.976 Por desgraza, a miúdo isto falta 0:07:37.976,0:07:41.504 ou non é eficiente[br]en moitos países emerxentes. 0:07:41.504,0:07:45.867 Os gobernos locais precisan establecer[br]sistemas efectivos para supervisar 0:07:45.867,0:07:48.744 as cuestións éticas[br]arredor dos ensaios clínicos 0:07:48.744,0:07:52.661 que se autorizan en varios[br]países en desenvolvemento. 0:07:52.661,0:07:54.935 E isto téñeno que facer 0:07:54.935,0:07:57.445 creando comités de estándares éticos 0:07:57.445,0:08:00.830 independentes do goberno [br]e dos patrocinadores. 0:08:00.830,0:08:03.240 Hai que promover [br]a responsabilidade pública 0:08:03.240,0:08:06.473 a través da transparencia[br]e a valoración externa independente 0:08:06.473,0:08:09.512 por parte de organizacións [br]non gobernamentais e internacionais, 0:08:09.512,0:08:11.083 segundo sexa o caso. 0:08:11.083,0:08:14.593 O último tema que quero [br]que consideredes esta noite 0:08:14.593,0:08:17.816 é o que pasa cos participantes [br]dos ensaios clínicos 0:08:17.816,0:08:20.591 cando a investigación rematou. 0:08:20.591,0:08:24.065 Penso que non está ben [br]que a investigación empece 0:08:24.065,0:08:26.577 sen un programa claro 0:08:26.577,0:08:28.656 que indique o que pasará cos participantes 0:08:28.656,0:08:31.096 cando o ensaio remate. 0:08:31.096,0:08:36.224 Os investigadores teñen que se esforzar[br]moito para conseguir 0:08:36.224,0:08:39.208 que unha práctica[br]que demostrou ser beneficiosa 0:08:39.208,0:08:40.940 durante un ensaio clínico 0:08:40.940,0:08:44.552 se faga accesible[br]para os participantes do ensaio 0:08:44.552,0:08:47.100 cando este remate. 0:08:47.100,0:08:50.624 Ademais, deberían[br]considerar a posibilidade 0:08:50.624,0:08:54.225 de introducir e manter[br]tratamentos efectivos 0:08:54.225,0:08:58.066 en toda a comunidade[br]cando o ensaio finalice. 0:08:58.066,0:09:01.489 E se, por algún motivo, [br]ven que non é posible, 0:09:01.489,0:09:04.456 entón creo que deberían [br]xustificar de forma ética 0:09:04.456,0:09:08.483 por que se comezou o ensaio clínico. 0:09:08.483,0:09:10.799 Por sorte para Celine, 0:09:10.799,0:09:13.474 a nosa reunión non acabou no meu despacho. 0:09:13.474,0:09:17.848 Conseguina introducir nun programa[br]gratuíto para tratar o VIH 0:09:17.848,0:09:19.236 máis preto da súa casa 0:09:19.236,0:09:23.010 e con apoio grupal [br]para a axudar durante o proceso. 0:09:23.010,0:09:25.344 A súa historia ten un final feliz. 0:09:25.344,0:09:29.047 Porén, hai moitas situacións parecidas 0:09:29.047,0:09:31.344 que non acabaron tan ben. 0:09:31.344,0:09:33.768 A pesar de que ela non o saiba, 0:09:33.768,0:09:37.633 o meu encontro con Celine[br]cambiou a miña perspectiva 0:09:37.633,0:09:41.904 dos ensaios clínicos sobre o VIH [br]nos países en desenvolvemento 0:09:41.904,0:09:45.624 e animoume a participar no movemento 0:09:45.624,0:09:48.481 para cambiar a forma[br]en que se fan as cousas. 0:09:48.481,0:09:50.849 Creo que cada persoa 0:09:50.849,0:09:55.224 que me está a escoitar esta noite[br]pode formar parte dese cambio. 0:09:55.224,0:09:57.821 Se sodes investigadores, gustaríame 0:09:57.821,0:10:00.391 convidarvos a subirdes[br]o estándar da consciencia moral, 0:10:00.391,0:10:02.818 a serdes éticos nas vosas investigacións, 0:10:02.818,0:10:06.076 e non arriscar o benestar humano[br]na vosa busca de respostas. 0:10:06.076,0:10:09.984 Se traballades nunha entidade financeira[br]ou nunha compañía farmacéutica, 0:10:09.984,0:10:13.014 ínstovos a que pidades ás vosas empresas 0:10:13.014,0:10:16.189 crearen investigacións éticas. 0:10:16.189,0:10:19.375 Se, coma min, sodes dun país[br]en desenvolvemento, 0:10:19.375,0:10:22.447 pídovos que lle esixades ó voso goberno 0:10:22.447,0:10:25.063 unha supervisión máis estrita [br]dos ensaios clínicos 0:10:25.063,0:10:27.976 que se autorizan nos vosos países. 0:10:27.976,0:10:31.644 Si, precisamos unha cura para o VIH, 0:10:31.644,0:10:34.296 atopar unha vacina para a malaria, 0:10:34.296,0:10:38.138 crear unha forma de diagnóstico[br]que funcione para a tuberculose. 0:10:38.138,0:10:40.973 Porén, creo que lle debemos a esa xente 0:10:40.973,0:10:45.768 que participa en ensaios clínicos[br]de forma voluntaria e desinteresada 0:10:45.768,0:10:47.994 facelo dunha forma humana. 0:10:47.994,0:10:50.321 Grazas.