[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:00.46,0:00:03.06,Default,,0000,0000,0000,,Vouvos falar da consciencia Dialogue: 0,0:00:03.08,0:00:04.54,Default,,0000,0000,0000,,Por que da consciencia? Dialogue: 0,0:00:04.56,0:00:07.36,Default,,0000,0000,0000,,Porque é un asunto curiosamente descoidado Dialogue: 0,0:00:07.39,0:00:10.93,Default,,0000,0000,0000,,tanto na nosa cultura científica\Ncoma na filosófica. Dialogue: 0,0:00:10.95,0:00:12.20,Default,,0000,0000,0000,,E por que é curioso? Dialogue: 0,0:00:12.22,0:00:15.71,Default,,0000,0000,0000,,Ben, é o aspecto máis\Nimportante das nosas vidas Dialogue: 0,0:00:15.73,0:00:17.56,Default,,0000,0000,0000,,por unha razón moi sinxela e lóxica, Dialogue: 0,0:00:17.56,0:00:20.38,Default,,0000,0000,0000,,nomeadamente, para que algo sexa\Nimportante nas nosas vidas Dialogue: 0,0:00:20.38,0:00:22.64,Default,,0000,0000,0000,,é necesario que esteamos conscientes. Dialogue: 0,0:00:22.64,0:00:25.74,Default,,0000,0000,0000,,Se che gusta a ciencia, a filosofía,\Na música, a arte, o que sexa, Dialogue: 0,0:00:25.74,0:00:29.18,Default,,0000,0000,0000,,non serve de nada se es un zombi\Nou estás en coma, verdade? Dialogue: 0,0:00:29.20,0:00:31.52,Default,,0000,0000,0000,,Entón a consciencia é primordial. Dialogue: 0,0:00:31.55,0:00:34.20,Default,,0000,0000,0000,,A segunda razón é que cando\Nesperta o interese da xente, Dialogue: 0,0:00:34.20,0:00:36.31,Default,,0000,0000,0000,,como penso que debería ser sempre, Dialogue: 0,0:00:36.33,0:00:39.16,Default,,0000,0000,0000,,a miúdo din unhas cousas espantosas. Dialogue: 0,0:00:39.18,0:00:41.80,Default,,0000,0000,0000,,E incluso cando non din cousas espantosas Dialogue: 0,0:00:41.82,0:00:44.29,Default,,0000,0000,0000,,e realmente tratan de facer \Ninvestigación seria, Dialogue: 0,0:00:44.29,0:00:47.30,Default,,0000,0000,0000,,mesmo entón o progreso é lento. Dialogue: 0,0:00:47.32,0:00:50.44,Default,,0000,0000,0000,,Cando me interesei por isto\Npor primeira vez, pensei, Dialogue: 0,0:00:50.46,0:00:52.38,Default,,0000,0000,0000,,é un problema de bioloxía moi claro. Dialogue: 0,0:00:52.38,0:00:54.31,Default,,0000,0000,0000,,Deixemos traballar a estes picacerebros Dialogue: 0,0:00:54.31,0:00:56.34,Default,,0000,0000,0000,,e que descubran como funciona o cerebro. Dialogue: 0,0:00:56.34,0:00:58.34,Default,,0000,0000,0000,,Así que fun á Universidade de California Dialogue: 0,0:00:58.34,0:01:00.89,Default,,0000,0000,0000,,a falar con todos os neurobiólogos\Nimportantes de alí, Dialogue: 0,0:01:00.89,0:01:02.31,Default,,0000,0000,0000,,e impacientáronse un pouco, Dialogue: 0,0:01:02.31,0:01:05.82,Default,,0000,0000,0000,,como lles adoita pasar aos científicos\Ncando lles fan preguntas incómodas. Dialogue: 0,0:01:05.82,0:01:08.56,Default,,0000,0000,0000,,Pero o que me chamou a atención\Nfoi o que dixo exasperado Dialogue: 0,0:01:08.58,0:01:10.73,Default,,0000,0000,0000,,un neurobiólogo moi famoso. Dixo: Dialogue: 0,0:01:10.75,0:01:14.15,Default,,0000,0000,0000,,"Na miña disciplina está ben\Ninteresarse pola consciencia, Dialogue: 0,0:01:14.18,0:01:17.72,Default,,0000,0000,0000,,mais primeiro obtén o posto.\NPrimeiro obtén unha praza." Dialogue: 0,0:01:17.74,0:01:20.20,Default,,0000,0000,0000,,Levo traballado nisto moito tempo. Dialogue: 0,0:01:20.21,0:01:22.37,Default,,0000,0000,0000,,Hoxe é posible obter praza fixa Dialogue: 0,0:01:22.37,0:01:23.90,Default,,0000,0000,0000,,traballando sobre a consciencia. Dialogue: 0,0:01:23.94,0:01:26.32,Default,,0000,0000,0000,,De ser así, é un grande avance Dialogue: 0,0:01:26.34,0:01:29.22,Default,,0000,0000,0000,,Entón por que hai esta curiosa reticencia Dialogue: 0,0:01:29.25,0:01:31.12,Default,,0000,0000,0000,,e hostilidade cara á consciencia? Dialogue: 0,0:01:31.14,0:01:33.85,Default,,0000,0000,0000,,Penso que é a combinación de dous aspectos Dialogue: 0,0:01:33.88,0:01:35.76,Default,,0000,0000,0000,,da nosa cultura intelectual Dialogue: 0,0:01:35.78,0:01:38.28,Default,,0000,0000,0000,,que parece que son opostos, Dialogue: 0,0:01:38.31,0:01:41.90,Default,,0000,0000,0000,,mais que en realidade comparten\Nunha serie de supostos. Dialogue: 0,0:01:41.93,0:01:45.87,Default,,0000,0000,0000,,Un aspecto é a tradición \Ndo dualismo relixioso. Dialogue: 0,0:01:45.89,0:01:49.19,Default,,0000,0000,0000,,A consciencia non é parte do mundo físico, Dialogue: 0,0:01:49.22,0:01:51.12,Default,,0000,0000,0000,,é parte do mundo espiritual, Dialogue: 0,0:01:51.14,0:01:52.66,Default,,0000,0000,0000,,perténcelle á alma, Dialogue: 0,0:01:52.68,0:01:55.95,Default,,0000,0000,0000,,e a alma non é parte do mundo físico. Dialogue: 0,0:01:55.98,0:01:58.90,Default,,0000,0000,0000,,Esta é a tradición de Deus, \Nda alma e da inmortalidade. Dialogue: 0,0:01:58.90,0:02:01.09,Default,,0000,0000,0000,,A outra tradición, que pensa \Nque é a oposta, Dialogue: 0,0:02:01.11,0:02:03.19,Default,,0000,0000,0000,,acepta o peor dos supostos. Dialogue: 0,0:02:03.22,0:02:07.27,Default,,0000,0000,0000,,Nesta tradición somos \Nmaterialistas científicos firmes: Dialogue: 0,0:02:07.29,0:02:10.73,Default,,0000,0000,0000,,A consciencia non é parte do mundo físico. Dialogue: 0,0:02:10.76,0:02:13.38,Default,,0000,0000,0000,,Ou ben non existe en absoluto,\Nou ben é outra cousa, Dialogue: 0,0:02:13.40,0:02:16.03,Default,,0000,0000,0000,,un programa de computador\Nou algunha outra parvada, Dialogue: 0,0:02:16.05,0:02:19.22,Default,,0000,0000,0000,,mais en ningún caso é parte da ciencia. Dialogue: 0,0:02:19.25,0:02:22.21,Default,,0000,0000,0000,,Eu adoitaba entrar en discusións\Nque me daban dor de cabeza. Dialogue: 0,0:02:22.23,0:02:23.08,Default,,0000,0000,0000,,Eran algo así: Dialogue: 0,0:02:23.08,0:02:27.08,Default,,0000,0000,0000,,A ciencia é obxectiva, \Na consciencia subxectiva, Dialogue: 0,0:02:27.11,0:02:30.41,Default,,0000,0000,0000,,por tanto non pode haber \Nunha ciencia da consciencia. Dialogue: 0,0:02:30.44,0:02:36.92,Default,,0000,0000,0000,,Ou sexa que estas tradicións xemelgas\Nnos están a paralizar. Dialogue: 0,0:02:36.94,0:02:39.78,Default,,0000,0000,0000,,É moi difícil escapar delas. Dialogue: 0,0:02:39.81,0:02:42.80,Default,,0000,0000,0000,,E teño unha soa mensaxe neste relatorio: Dialogue: 0,0:02:42.82,0:02:46.18,Default,,0000,0000,0000,,a consciencia é un fenómeno biolóxico Dialogue: 0,0:02:46.21,0:02:49.07,Default,,0000,0000,0000,,como a fotosíntese, a dixestión, a mitose Dialogue: 0,0:02:49.10,0:02:51.65,Default,,0000,0000,0000,,—xa coñecedes todos\Nos fenómenos biolóxicos— Dialogue: 0,0:02:51.65,0:02:53.43,Default,,0000,0000,0000,,e unha vez que aceptamos isto, Dialogue: 0,0:02:53.43,0:02:58.61,Default,,0000,0000,0000,,case todos os problemas serios \Nsobre a consciencia desaparecen. Dialogue: 0,0:02:58.61,0:03:00.70,Default,,0000,0000,0000,,Vou examinar algúns deles. Dialogue: 0,0:03:00.70,0:03:02.18,Default,,0000,0000,0000,,Vale, prometinvos contar Dialogue: 0,0:03:02.18,0:03:05.62,Default,,0000,0000,0000,,algunhas das cousas espantosas\Nque se dixeron sobre a consciencia. Dialogue: 0,0:03:05.62,0:03:08.84,Default,,0000,0000,0000,,Unha: a consciencia non existe, Dialogue: 0,0:03:08.84,0:03:11.23,Default,,0000,0000,0000,,é unha ilusión, coma os solpores. Dialogue: 0,0:03:11.51,0:03:16.08,Default,,0000,0000,0000,,A ciencia demostrou que os solpores\Ne os arcos da vella son ilusións, Dialogue: 0,0:03:16.08,0:03:17.99,Default,,0000,0000,0000,,así que a consciencia é unha ilusión. Dialogue: 0,0:03:17.99,0:03:21.66,Default,,0000,0000,0000,,Dúas: quizais exista, pero é outra cousa, Dialogue: 0,0:03:21.66,0:03:25.36,Default,,0000,0000,0000,,un programa de computador\Nque funciona no cerebro. Dialogue: 0,0:03:25.36,0:03:29.12,Default,,0000,0000,0000,,Tres: non, o único que existe \Né o comportamento. Dialogue: 0,0:03:29.14,0:03:32.72,Default,,0000,0000,0000,,Resulta moi vergonzoso \No influente que foi o condutismo, Dialogue: 0,0:03:32.75,0:03:34.08,Default,,0000,0000,0000,,mais xa retomarei isto. Dialogue: 0,0:03:34.10,0:03:36.81,Default,,0000,0000,0000,,E catro: quizais a consciencia exista, Dialogue: 0,0:03:36.84,0:03:39.03,Default,,0000,0000,0000,,mais non pode cambiar o mundo. Dialogue: 0,0:03:39.05,0:03:41.75,Default,,0000,0000,0000,,Como ía poder mover nada\Na espiritualidade? Dialogue: 0,0:03:41.77,0:03:43.96,Default,,0000,0000,0000,,Cando alguén me di iso, penso: Dialogue: 0,0:03:43.99,0:03:46.25,Default,,0000,0000,0000,,"Queres ver como a \Nespiritualidade move algo?" Dialogue: 0,0:03:46.28,0:03:49.10,Default,,0000,0000,0000,,Mirade, decido de xeito consciente\Nlevantar o brazo Dialogue: 0,0:03:49.13,0:03:51.71,Default,,0000,0000,0000,,e o condenado levántase (Risas) Dialogue: 0,0:03:51.74,0:03:55.48,Default,,0000,0000,0000,,Ademais, fixádevos nisto: Dialogue: 0,0:03:55.51,0:03:59.48,Default,,0000,0000,0000,,Non dicimos: "É un pouco \Ncomo o tempo en Xenebra. Dialogue: 0,0:03:59.50,0:04:02.13,Default,,0000,0000,0000,,Algúns días sobe e outros non." Dialogue: 0,0:04:02.15,0:04:04.78,Default,,0000,0000,0000,,Non, sobe cada vez que a min me dá a gana. Dialogue: 0,0:04:04.81,0:04:07.09,Default,,0000,0000,0000,,Vouvos dicir como é posíbel. Dialogue: 0,0:04:07.12,0:04:10.59,Default,,0000,0000,0000,,Aínda non vos dei unha definición, Dialogue: 0,0:04:10.62,0:04:12.95,Default,,0000,0000,0000,,e isto non se pode facer \Nsen unha definición. Dialogue: 0,0:04:12.97,0:04:15.75,Default,,0000,0000,0000,,Sempre dicimos que a consciencia \Né moi difícil de definir. Dialogue: 0,0:04:15.75,0:04:17.67,Default,,0000,0000,0000,,Eu penso que é bastante sinxelo, Dialogue: 0,0:04:17.67,0:04:20.07,Default,,0000,0000,0000,,se non tratamos de dar \Nunha definición científica, Dialogue: 0,0:04:20.07,0:04:22.33,Default,,0000,0000,0000,,para a cal non estamos preparados. Dialogue: 0,0:04:22.33,0:04:24.09,Default,,0000,0000,0000,,Mais aquí tedes unha\Nde sentido común: Dialogue: 0,0:04:24.12,0:04:26.90,Default,,0000,0000,0000,,A consciencia consiste \Nen todos os estados de sentimento, Dialogue: 0,0:04:26.92,0:04:28.96,Default,,0000,0000,0000,,de sensación ou de alerta. Dialogue: 0,0:04:28.99,0:04:32.52,Default,,0000,0000,0000,,Comeza pola mañá cando acordamos\Ndun sono sen soños Dialogue: 0,0:04:32.55,0:04:34.99,Default,,0000,0000,0000,,e continúa ata que adormecemos, Dialogue: 0,0:04:35.02,0:04:38.19,Default,,0000,0000,0000,,morremos ou quedamos inconscientes. Dialogue: 0,0:04:38.21,0:04:41.31,Default,,0000,0000,0000,,Os soños son unha forma de consciencia,\Nsegundo esta definición. Dialogue: 0,0:04:41.33,0:04:44.21,Default,,0000,0000,0000,,Ben, esta é a definición\Nde sentido común, o noso obxectivo. Dialogue: 0,0:04:44.24,0:04:47.71,Default,,0000,0000,0000,,Se non estamos falando disto,\Nnon estamos falando da consciencia. Dialogue: 0,0:04:47.74,0:04:51.20,Default,,0000,0000,0000,,A xente pensa: "se a definición é así,\Ntemos un problema horroroso. Dialogue: 0,0:04:51.22,0:04:55.15,Default,,0000,0000,0000,,Como pode existir tal cousa\Nno mundo real?" Dialogue: 0,0:04:55.18,0:04:57.51,Default,,0000,0000,0000,,Se algunha vez fostes\Na unha clase de filosofía Dialogue: 0,0:04:57.54,0:05:00.26,Default,,0000,0000,0000,,este é o famoso problema mente-corpo. Dialogue: 0,0:05:00.29,0:05:03.53,Default,,0000,0000,0000,,Penso que ten tamén unha solución sinxela.\NVóuvola dar: Dialogue: 0,0:05:03.55,0:05:07.53,Default,,0000,0000,0000,,todos os estados de consciencia,\Nsen excepción, Dialogue: 0,0:05:07.55,0:05:13.05,Default,,0000,0000,0000,,están causados por procesos\Nneurobiolóxicos de baixo nivel, Dialogue: 0,0:05:13.08,0:05:14.96,Default,,0000,0000,0000,,e realízanse no cerebro Dialogue: 0,0:05:14.96,0:05:17.57,Default,,0000,0000,0000,,como de alto nivel \Nou como características de sistema. Dialogue: 0,0:05:17.59,0:05:20.72,Default,,0000,0000,0000,,É tan misterioso como \No estado líquido da auga. Dialogue: 0,0:05:20.75,0:05:25.91,Default,,0000,0000,0000,,O estado líquido non é un zume\Nque expulsan as moléculas de H2O, Dialogue: 0,0:05:25.91,0:05:28.77,Default,,0000,0000,0000,,é unha condición en que está o sistema, Dialogue: 0,0:05:28.79,0:05:31.70,Default,,0000,0000,0000,,e do mesmo xeito que \Nunha xerra chea de auga Dialogue: 0,0:05:31.70,0:05:33.95,Default,,0000,0000,0000,,pode pasar de líquido a sólido Dialogue: 0,0:05:33.95,0:05:36.00,Default,,0000,0000,0000,,dependendo do comportamento das moléculas, Dialogue: 0,0:05:36.02,0:05:38.88,Default,,0000,0000,0000,,o cerebro pode pasar \Ndun estado de consciencia Dialogue: 0,0:05:38.90,0:05:40.52,Default,,0000,0000,0000,,a un estado de inconsciencia Dialogue: 0,0:05:40.54,0:05:43.50,Default,,0000,0000,0000,,dependendo do comportamento das moléculas. Dialogue: 0,0:05:43.53,0:05:47.89,Default,,0000,0000,0000,,O famoso problema mente-corpo\Né así de sinxelo. Dialogue: 0,0:05:47.91,0:05:51.07,Default,,0000,0000,0000,,Mais agora vaiamos a \Npreguntas máis complicadas: Dialogue: 0,0:05:51.09,0:05:54.51,Default,,0000,0000,0000,,imos especificar as características\Nexactas da consciencia Dialogue: 0,0:05:54.53,0:05:57.11,Default,,0000,0000,0000,,para despois podermos responder \Nesas catro obxeccións Dialogue: 0,0:05:57.15,0:05:58.30,Default,,0000,0000,0000,,que propuxen antes. Dialogue: 0,0:05:58.30,0:06:02.54,Default,,0000,0000,0000,,A primeira, que a consciencia \Né real e irredutíbel; Dialogue: 0,0:06:02.56,0:06:04.59,Default,,0000,0000,0000,,non podemos desfacernos dela. Dialogue: 0,0:06:04.61,0:06:08.44,Default,,0000,0000,0000,,Veredes, a distinción \Nentre realidade e ilusión Dialogue: 0,0:06:08.44,0:06:13.87,Default,,0000,0000,0000,,é a diferenza entre como \Nnos parecen as cousas de xeito consciente Dialogue: 0,0:06:13.87,0:06:15.04,Default,,0000,0000,0000,,e como son en realidade. Dialogue: 0,0:06:15.04,0:06:17.20,Default,,0000,0000,0000,,Conscientemente, parécenos que hai Dialogue: 0,0:06:17.20,0:06:19.40,Default,,0000,0000,0000,,—gústame a expresión francesa \N"arc-en-ciel"— Dialogue: 0,0:06:19.44,0:06:21.05,Default,,0000,0000,0000,,parece que hai un arco no ceo Dialogue: 0,0:06:21.07,0:06:24.83,Default,,0000,0000,0000,,ou parece que o sol está poñéndose\Ntras das montañas. Dialogue: 0,0:06:24.85,0:06:27.92,Default,,0000,0000,0000,,Parécenolo conscientemente,\Nmais non está pasando en realidade. Dialogue: 0,0:06:27.95,0:06:29.85,Default,,0000,0000,0000,,Mais nesa distinción entre Dialogue: 0,0:06:29.87,0:06:32.35,Default,,0000,0000,0000,,como parecen as cousas\Ne como son en realidade, Dialogue: 0,0:06:32.38,0:06:36.41,Default,,0000,0000,0000,,non podemos incluír a distinción \Npara a propia existencia da consciencia Dialogue: 0,0:06:36.43,0:06:40.26,Default,,0000,0000,0000,,porque ata onde concirne á consciencia, Dialogue: 0,0:06:40.28,0:06:43.24,Default,,0000,0000,0000,,se de xeito consciente \Npensas que es consciente, Dialogue: 0,0:06:43.26,0:06:45.12,Default,,0000,0000,0000,,entón es consciente. Dialogue: 0,0:06:45.15,0:06:48.12,Default,,0000,0000,0000,,Se un grupo de expertos vén e me di: Dialogue: 0,0:06:48.12,0:06:51.90,Default,,0000,0000,0000,,"Somos uns neurobiólogos moi importantes\Ne fixemos un estudio sobre ti, Searle, Dialogue: 0,0:06:51.90,0:06:54.42,Default,,0000,0000,0000,,e estamos convencidos \Nde que non es consciente, Dialogue: 0,0:06:54.47,0:06:55.99,Default,,0000,0000,0000,,es un robot moi ben construído", Dialogue: 0,0:06:56.01,0:06:59.26,Default,,0000,0000,0000,,eu non vou pensar:\N"Pode que estes tipos teñan razón". Dialogue: 0,0:06:59.28,0:07:01.68,Default,,0000,0000,0000,,Nin se me pasa pola cabeza,\Nporque, quero dicir, Dialogue: 0,0:07:01.68,0:07:04.73,Default,,0000,0000,0000,,pode que Descartes cometera moitos erros,\Nmais tiña razón en que Dialogue: 0,0:07:04.76,0:07:07.69,Default,,0000,0000,0000,,non podemos dubidar da existencia\Nda nosa propia consciencia. Dialogue: 0,0:07:07.71,0:07:09.99,Default,,0000,0000,0000,,Esta é a primeira característica\Nda consciencia: Dialogue: 0,0:07:10.02,0:07:11.80,Default,,0000,0000,0000,,é real e irredutíbel, Dialogue: 0,0:07:11.82,0:07:15.03,Default,,0000,0000,0000,,non podes desfacerte dela\Ndemostrando que é unha ilusión Dialogue: 0,0:07:15.06,0:07:18.26,Default,,0000,0000,0000,,do mesmo modo que si podes\Ncoas outras ilusións normais. Dialogue: 0,0:07:18.28,0:07:20.18,Default,,0000,0000,0000,,A segunda característica Dialogue: 0,0:07:20.18,0:07:22.89,Default,,0000,0000,0000,,é a que nos ten dado tantos problemas, Dialogue: 0,0:07:22.89,0:07:25.44,Default,,0000,0000,0000,,e consiste en que \Ntodos os estados de consciencia Dialogue: 0,0:07:25.46,0:07:28.40,Default,,0000,0000,0000,,teñen un carácter cualitativo. Dialogue: 0,0:07:28.43,0:07:30.81,Default,,0000,0000,0000,,O que sentimos ao beber cervexa Dialogue: 0,0:07:30.83,0:07:33.75,Default,,0000,0000,0000,,non é o que sentimos ao facer\Na declaración da renda Dialogue: 0,0:07:33.78,0:07:36.82,Default,,0000,0000,0000,,ou ao escoitar música, e esta\Nsensación cualitativa Dialogue: 0,0:07:36.84,0:07:39.38,Default,,0000,0000,0000,,automaticamente xera\Nunha terceira característica, Dialogue: 0,0:07:39.41,0:07:43.18,Default,,0000,0000,0000,,nomeadamente, os estados de consciencia\Nson por definición subxectivos Dialogue: 0,0:07:43.20,0:07:46.13,Default,,0000,0000,0000,,no sentido que só existen\Nen tanto son experimentados Dialogue: 0,0:07:46.16,0:07:48.33,Default,,0000,0000,0000,,por un suxeito humano ou animal, Dialogue: 0,0:07:48.35,0:07:50.04,Default,,0000,0000,0000,,por un ser que os experimenta. Dialogue: 0,0:07:50.04,0:07:52.86,Default,,0000,0000,0000,,Quizais sexamos quen\Nde construír unha máquina consciente, Dialogue: 0,0:07:52.86,0:07:55.36,Default,,0000,0000,0000,,mais como non sabemos \Ncomo o fan os nosos cerebros, Dialogue: 0,0:07:55.36,0:07:58.62,Default,,0000,0000,0000,,de momento, non podemos construíla. Dialogue: 0,0:07:59.05,0:08:01.64,Default,,0000,0000,0000,,Outra característica da consciencia Dialogue: 0,0:08:01.67,0:08:05.69,Default,,0000,0000,0000,,é que se dá en campos \Nde consciencia unificados. Dialogue: 0,0:08:05.69,0:08:08.15,Default,,0000,0000,0000,,Así, non teño a visión\Nde xente diante de min, Dialogue: 0,0:08:08.18,0:08:11.03,Default,,0000,0000,0000,,e o son da miña voz \Ne o peso dos meus zapatos Dialogue: 0,0:08:11.03,0:08:13.04,Default,,0000,0000,0000,,contra o chan, senón que me ocorren Dialogue: 0,0:08:13.06,0:08:16.38,Default,,0000,0000,0000,,como parte dun único campo de consciencia Dialogue: 0,0:08:16.38,0:08:18.54,Default,,0000,0000,0000,,que se estende cara a adiante\Ne cara a atrás. Dialogue: 0,0:08:18.56,0:08:20.31,Default,,0000,0000,0000,,Esta é a chave para comprendermos Dialogue: 0,0:08:20.33,0:08:22.75,Default,,0000,0000,0000,,o enorme poder da consciencia. Dialogue: 0,0:08:22.77,0:08:25.69,Default,,0000,0000,0000,,E non fomos quen de facelo nun robot. Dialogue: 0,0:08:25.72,0:08:28.19,Default,,0000,0000,0000,,A decepción da robótica deriva Dialogue: 0,0:08:28.22,0:08:30.55,Default,,0000,0000,0000,,de non sabermos como facer\Nun robot consciente Dialogue: 0,0:08:30.57,0:08:33.60,Default,,0000,0000,0000,,polo que non temos unha máquina\Nque poida facer estas cousas. Dialogue: 0,0:08:33.62,0:08:36.11,Default,,0000,0000,0000,,A seguinte característica da consciencia, Dialogue: 0,0:08:36.13,0:08:39.22,Default,,0000,0000,0000,,despois deste marabilloso\Ncampo de consciencia unificado, Dialogue: 0,0:08:39.25,0:08:42.02,Default,,0000,0000,0000,,é que funciona de forma causal\Nno noso comportamento. Dialogue: 0,0:08:42.04,0:08:45.22,Default,,0000,0000,0000,,Fixen unha demostración científica\Nlevantando a miña man, Dialogue: 0,0:08:45.24,0:08:46.97,Default,,0000,0000,0000,,mais como é posíbel? Dialogue: 0,0:08:46.99,0:08:50.73,Default,,0000,0000,0000,,Como pode ser que\Nun pensamento no meu cerebro Dialogue: 0,0:08:50.76,0:08:52.93,Default,,0000,0000,0000,,poida mover obxectos materiais? Dialogue: 0,0:08:52.96,0:08:54.29,Default,,0000,0000,0000,,Vouvos dar a resposta. Dialogue: 0,0:08:54.29,0:08:56.60,Default,,0000,0000,0000,,En realidade non sabemos\Na resposta en detalle, Dialogue: 0,0:08:56.60,0:08:59.16,Default,,0000,0000,0000,,mais sabemos a parte básica: Dialogue: 0,0:08:59.18,0:09:01.45,Default,,0000,0000,0000,,hai unha secuencia\Nde actividades neuronais Dialogue: 0,0:09:01.48,0:09:04.54,Default,,0000,0000,0000,,que remata onde se segrega a acetilcolina Dialogue: 0,0:09:04.56,0:09:07.36,Default,,0000,0000,0000,,nas terminacións axonais\Ndas neuronas motoras. Dialogue: 0,0:09:07.38,0:09:09.48,Default,,0000,0000,0000,,Desculpádeme por usar\Nxerga filosófica, Dialogue: 0,0:09:09.50,0:09:13.40,Default,,0000,0000,0000,,mais cando se segrega nas terminacións\Naxonais das neuronas motoras, Dialogue: 0,0:09:13.48,0:09:16.24,Default,,0000,0000,0000,,pasan un montón de cousas\Nmarabillosas nos canais iónicos Dialogue: 0,0:09:16.26,0:09:18.14,Default,,0000,0000,0000,,e o condenado brazo elévase. Dialogue: 0,0:09:18.17,0:09:20.27,Default,,0000,0000,0000,,Agora pensade no que vos dixen. Dialogue: 0,0:09:20.29,0:09:22.01,Default,,0000,0000,0000,,Un mesmo evento, Dialogue: 0,0:09:22.03,0:09:25.04,Default,,0000,0000,0000,,a miña decisión consciente\Nde levantar o brazo Dialogue: 0,0:09:25.07,0:09:27.84,Default,,0000,0000,0000,,ten un nivel de descrición\Nonde aparecen todas estas Dialogue: 0,0:09:27.86,0:09:29.98,Default,,0000,0000,0000,,calidades sentimentais e espirituais. Dialogue: 0,0:09:30.01,0:09:32.39,Default,,0000,0000,0000,,É un pensamento no meu cerebro\Nmais ao mesmo tempo, Dialogue: 0,0:09:32.41,0:09:34.37,Default,,0000,0000,0000,,está ocupado segregando acetilcolina Dialogue: 0,0:09:34.40,0:09:36.06,Default,,0000,0000,0000,,e facendo moitas outras cousas Dialogue: 0,0:09:36.09,0:09:38.70,Default,,0000,0000,0000,,a medida que se abre camiño\Ndende o córtex motor Dialogue: 0,0:09:38.72,0:09:41.39,Default,,0000,0000,0000,,ata as fibras nerviosas do meu brazo. Dialogue: 0,0:09:41.42,0:09:45.21,Default,,0000,0000,0000,,Isto o que nos di é que\No noso vocabulario tradicional Dialogue: 0,0:09:45.23,0:09:48.59,Default,,0000,0000,0000,,para falar destes asuntos\Nestá totalmente obsoleto. Dialogue: 0,0:09:48.62,0:09:51.85,Default,,0000,0000,0000,,O mesmo suceso ten \Nun nivel de descrición Dialogue: 0,0:09:51.87,0:09:54.82,Default,,0000,0000,0000,,no cal é neurobiolóxico\Ne outro nivel de descrición Dialogue: 0,0:09:54.84,0:09:57.01,Default,,0000,0000,0000,,no que é mental, \Ne é un mesmo suceso, Dialogue: 0,0:09:57.03,0:09:59.55,Default,,0000,0000,0000,,e é como traballa a natureza.\NAsí é como é posíbel Dialogue: 0,0:09:59.58,0:10:02.15,Default,,0000,0000,0000,,que a consciencia funcione causalmente. Dialogue: 0,0:10:02.17,0:10:05.01,Default,,0000,0000,0000,,Vale, agora con isto en mente, Dialogue: 0,0:10:05.03,0:10:08.07,Default,,0000,0000,0000,,logo de repasar as distintas\Ncaracterísticas da consciencia, Dialogue: 0,0:10:08.10,0:10:11.24,Default,,0000,0000,0000,,volvamos atrás para responder\Nalgunhas desas primeiras obxeccións. Dialogue: 0,0:10:11.27,0:10:14.75,Default,,0000,0000,0000,,A primeira que mencionei foi\Nque a consciencia non existe, Dialogue: 0,0:10:14.78,0:10:16.69,Default,,0000,0000,0000,,que é unha ilusión. Esa xa a respondín. Dialogue: 0,0:10:16.71,0:10:18.75,Default,,0000,0000,0000,,Penso que non debemos\Npreocuparnos por iso. Dialogue: 0,0:10:18.75,0:10:22.17,Default,,0000,0000,0000,,Mais a segunda tivo\Nunha influencia incríbel, Dialogue: 0,0:10:22.17,0:10:23.91,Default,,0000,0000,0000,,e se cadra sigue escoitándose: Dialogue: 0,0:10:23.94,0:10:27.10,Default,,0000,0000,0000,,"Se a consciencia existe, é outra cousa. Dialogue: 0,0:10:27.13,0:10:30.87,Default,,0000,0000,0000,,En realidade é un programa dixital\Nde ordenador instalado no cerebro, Dialogue: 0,0:10:30.89,0:10:33.41,Default,,0000,0000,0000,,e o que temos que facer\Npara crear consciencia Dialogue: 0,0:10:33.44,0:10:34.87,Default,,0000,0000,0000,,é dar co programa adecuado.” Dialogue: 0,0:10:34.89,0:10:37.40,Default,,0000,0000,0000,,Si, esquecede o hardware,\Ncalquera hardware valerá Dialogue: 0,0:10:37.40,0:10:40.86,Default,,0000,0000,0000,,sempre que sexa suficientemente rico\Ne estábel para soportar o programa." Dialogue: 0,0:10:40.86,0:10:43.14,Default,,0000,0000,0000,,Agora sabemos que isto é incorrecto. Dialogue: 0,0:10:43.16,0:10:46.15,Default,,0000,0000,0000,,Calquera que pensara en computadores Dialogue: 0,0:10:46.17,0:10:48.61,Default,,0000,0000,0000,,pode ver que é erróneo, \Nporque a computación Dialogue: 0,0:10:48.64,0:10:51.03,Default,,0000,0000,0000,,defínese como a manipulación de símbolos, Dialogue: 0,0:10:51.05,0:10:53.96,Default,,0000,0000,0000,,normalmente de ceros e uns,\Nmais calquera símbolo vale. Dialogue: 0,0:10:53.98,0:10:57.08,Default,,0000,0000,0000,,Temos un algoritmo que podemos programar Dialogue: 0,0:10:57.10,0:11:00.19,Default,,0000,0000,0000,,en código binario, e ese\Né o trazo definitorio Dialogue: 0,0:11:00.21,0:11:02.24,Default,,0000,0000,0000,,do programa de computador. Dialogue: 0,0:11:02.26,0:11:06.12,Default,,0000,0000,0000,,Mais sabemos que isto é puramente\Nsintáctico, é simbólico; Dialogue: 0,0:11:06.14,0:11:10.14,Default,,0000,0000,0000,,sabemos que a consciencia humana \Nten algo máis que iso, Dialogue: 0,0:11:10.16,0:11:13.33,Default,,0000,0000,0000,,ten un contido, ademais da sintaxe; Dialogue: 0,0:11:13.35,0:11:14.82,Default,,0000,0000,0000,,ten semántica. Dialogue: 0,0:11:14.85,0:11:16.99,Default,,0000,0000,0000,,Este argumento propúxeno hai trinta Dialogue: 0,0:11:17.03,0:11:18.82,Default,,0000,0000,0000,,—mi madriña, non quero nin pensalo— Dialogue: 0,0:11:18.82,0:11:19.98,Default,,0000,0000,0000,,hai máis de trinta anos, Dialogue: 0,0:11:19.98,0:11:22.88,Default,,0000,0000,0000,,mais hai un argumento implícito\Nno que vos acabo de dicir, Dialogue: 0,0:11:22.90,0:11:25.92,Default,,0000,0000,0000,,e quérovolo contar brevemente; é que Dialogue: 0,0:11:25.94,0:11:30.07,Default,,0000,0000,0000,,a consciencia crea unha realidade\Nindependente do observador. Dialogue: 0,0:11:30.09,0:11:33.56,Default,,0000,0000,0000,,Crea unha realidade do diñeiro,\Nda propiedade, do goberno, Dialogue: 0,0:11:33.58,0:11:37.53,Default,,0000,0000,0000,,do matrimonio, das conferencias do CERN, Dialogue: 0,0:11:37.55,0:11:40.15,Default,,0000,0000,0000,,dos cócteles e\Ndas vacacións de verán, Dialogue: 0,0:11:40.17,0:11:42.90,Default,,0000,0000,0000,,e todas son creacións da consciencia. Dialogue: 0,0:11:42.92,0:11:45.73,Default,,0000,0000,0000,,A súa existencia \Nestá en relación co observador. Dialogue: 0,0:11:45.76,0:11:49.18,Default,,0000,0000,0000,,Só en relación con axentes conscientes\Nun anaco de papel é diñeiro, Dialogue: 0,0:11:49.18,0:11:52.18,Default,,0000,0000,0000,,ou un conxunto de edificios\Né unha universidade. Dialogue: 0,0:11:52.20,0:11:55.96,Default,,0000,0000,0000,,Agora, preguntádevos algo\Nsobre a computación. Dialogue: 0,0:11:55.98,0:11:59.62,Default,,0000,0000,0000,,É absoluta, como a forza, a masa\Ne a atracción gravitacional? Dialogue: 0,0:11:59.65,0:12:01.76,Default,,0000,0000,0000,,Ou está en relación co observador? Dialogue: 0,0:12:01.78,0:12:05.28,Default,,0000,0000,0000,,Ben, algunhas computacións\Nson intrínsecas. Dialogue: 0,0:12:05.31,0:12:07.20,Default,,0000,0000,0000,,Dous máis dous son catro. Dialogue: 0,0:12:07.22,0:12:09.77,Default,,0000,0000,0000,,Funciona sen que importe\No que pense ninguén, Dialogue: 0,0:12:09.79,0:12:12.26,Default,,0000,0000,0000,,mais cando tiro do peto a calculadora Dialogue: 0,0:12:12.28,0:12:16.04,Default,,0000,0000,0000,,e fago os cálculos, o único\Nfenómeno intrínseco Dialogue: 0,0:12:16.06,0:12:19.21,Default,,0000,0000,0000,,é o circuíto electrónico e\No seu comportamento. Dialogue: 0,0:12:19.24,0:12:20.98,Default,,0000,0000,0000,,É o único fenómeno absoluto, Dialogue: 0,0:12:21.00,0:12:23.40,Default,,0000,0000,0000,,todo o demais é interpretado por nós. Dialogue: 0,0:12:23.43,0:12:27.24,Default,,0000,0000,0000,,A computación só existe\Nen relación á consciencia; Dialogue: 0,0:12:27.27,0:12:30.02,Default,,0000,0000,0000,,ou ben un axente consciente\Nleva a cabo a computación, Dialogue: 0,0:12:30.04,0:12:33.81,Default,,0000,0000,0000,,ou ten unha máquina que admite\Nunha interpretación computacional. Dialogue: 0,0:12:33.83,0:12:36.73,Default,,0000,0000,0000,,Isto non quere dicir que\Na computación sexa arbitraria. Dialogue: 0,0:12:36.76,0:12:39.18,Default,,0000,0000,0000,,Gastei un montón de cartos neste hardware. Dialogue: 0,0:12:39.20,0:12:41.32,Default,,0000,0000,0000,,Mais temos unha confusión persistente Dialogue: 0,0:12:41.35,0:12:46.05,Default,,0000,0000,0000,,entre obxectividade e subxectividade\Nen tanto características da realidade, Dialogue: 0,0:12:46.07,0:12:49.97,Default,,0000,0000,0000,,e obxectividade e subxectividade\Nen tanto características de afirmacións. Dialogue: 0,0:12:49.100,0:12:53.14,Default,,0000,0000,0000,,A esencia desta parte do\Nmeu relatorio é a seguinte: Dialogue: 0,0:12:53.16,0:12:56.79,Default,,0000,0000,0000,,podemos ter unha ciencia\Ncompletamente obxectiva, Dialogue: 0,0:12:56.82,0:12:59.70,Default,,0000,0000,0000,,unha ciencia onde facemos afirmacións\Nobxectivamente certas Dialogue: 0,0:12:59.73,0:13:03.13,Default,,0000,0000,0000,,sobre un campo cuxa\Nexistencia é subxectiva, Dialogue: 0,0:13:03.16,0:13:06.35,Default,,0000,0000,0000,,cuxa existencia reside no cerebro humano Dialogue: 0,0:13:06.35,0:13:08.63,Default,,0000,0000,0000,,e consiste en estados\Nsubxectivos de sentimento, Dialogue: 0,0:13:08.63,0:13:10.19,Default,,0000,0000,0000,,de sensación ou de alerta. Dialogue: 0,0:13:10.22,0:13:14.53,Default,,0000,0000,0000,,Entón a obxección de que non se pode\Nter unha ciencia obxectiva da consciencia Dialogue: 0,0:13:14.55,0:13:18.53,Default,,0000,0000,0000,,porque é subxectiva e a ciencia\Né obxectiva, é un xogo de palabras. Dialogue: 0,0:13:18.53,0:13:21.53,Default,,0000,0000,0000,,É só un xogo de palabras \Nsobre obxectividade e subxectividade. Dialogue: 0,0:13:21.53,0:13:23.77,Default,,0000,0000,0000,,Pódense facer afirmacións obxectivas Dialogue: 0,0:13:23.79,0:13:27.65,Default,,0000,0000,0000,,sobre un campo que é subxectivo\Nno seu modo de existir, Dialogue: 0,0:13:27.65,0:13:29.42,Default,,0000,0000,0000,,e de feito é o que fan os neurólogos. Dialogue: 0,0:13:29.42,0:13:31.93,Default,,0000,0000,0000,,Hai pacientes que sofren dores reais, Dialogue: 0,0:13:31.96,0:13:34.41,Default,,0000,0000,0000,,e trátase de facer\Nunha ciencia obxectiva diso. Dialogue: 0,0:13:34.44,0:13:36.64,Default,,0000,0000,0000,,Vale, prometín refutar \Ntodos estes individuos, Dialogue: 0,0:13:36.66,0:13:38.21,Default,,0000,0000,0000,,e non me queda moito tempo, Dialogue: 0,0:13:38.24,0:13:40.24,Default,,0000,0000,0000,,mais deixádeme refutar un par deles máis. Dialogue: 0,0:13:40.24,0:13:42.35,Default,,0000,0000,0000,,Dixen que o condutismo debía ser Dialogue: 0,0:13:42.38,0:13:45.64,Default,,0000,0000,0000,,unha das vergoñas máis grandes \Nda nosa cultura intelectual, Dialogue: 0,0:13:45.67,0:13:48.54,Default,,0000,0000,0000,,porque é refutado no momento \Nen que pensas nel. Dialogue: 0,0:13:48.56,0:13:51.39,Default,,0000,0000,0000,,Os teus estados mentais son idénticos\Nao teu comportamento? Dialogue: 0,0:13:51.42,0:13:54.54,Default,,0000,0000,0000,,Pensade na distinción\Nentre sentir unha dor Dialogue: 0,0:13:54.57,0:13:56.20,Default,,0000,0000,0000,,e unha conduta de dor. Dialogue: 0,0:13:56.20,0:13:58.76,Default,,0000,0000,0000,,Non vou demostrar a conduta\Nde dor, pero pódovos dicir Dialogue: 0,0:13:58.76,0:14:00.61,Default,,0000,0000,0000,,que agora non estou a ter ningunha dor. Dialogue: 0,0:14:00.61,0:14:04.19,Default,,0000,0000,0000,,Así que é un erro obvio.\NPor que o cometeron? Dialogue: 0,0:14:04.22,0:14:06.41,Default,,0000,0000,0000,,O erro foi —e podedes ir e ler Dialogue: 0,0:14:06.43,0:14:09.25,Default,,0000,0000,0000,,o que hai escrito sobre isto,\Npodédelo ver unha e outra vez— Dialogue: 0,0:14:09.25,0:14:12.68,Default,,0000,0000,0000,,pensar que se aceptamos\Na existencia irredutíbel Dialogue: 0,0:14:12.71,0:14:15.48,Default,,0000,0000,0000,,da consciencia, estamos\Nrenunciando á ciencia, Dialogue: 0,0:14:15.50,0:14:18.55,Default,,0000,0000,0000,,estamos renunciando a 300 anos de progreso Dialogue: 0,0:14:18.57,0:14:20.38,Default,,0000,0000,0000,,e esperanza humanos e todo o demais. Dialogue: 0,0:14:20.41,0:14:23.20,Default,,0000,0000,0000,,E a mensaxe que quero deixarvos Dialogue: 0,0:14:23.22,0:14:25.64,Default,,0000,0000,0000,,é que a consciencia ten que ser aceptada Dialogue: 0,0:14:25.66,0:14:28.13,Default,,0000,0000,0000,,como un fenómeno biolóxico xenuíno, Dialogue: 0,0:14:28.15,0:14:30.60,Default,,0000,0000,0000,,tan suxeito á análise científica Dialogue: 0,0:14:30.62,0:14:32.56,Default,,0000,0000,0000,,como calquera outro fenómeno biolóxico, Dialogue: 0,0:14:32.58,0:14:34.71,Default,,0000,0000,0000,,ou, por tanto, coma o resto da ciencia. Dialogue: 0,0:14:34.73,0:14:36.09,Default,,0000,0000,0000,,Moitas grazas. Dialogue: 0,0:14:36.12,0:14:41.61,Default,,0000,0000,0000,,(Aplausos)