1 00:00:00,571 --> 00:00:03,358 Levantade a man se algunha vez vos preguntaron: 2 00:00:03,552 --> 00:00:05,942 que queres ser de maior? 3 00:00:06,737 --> 00:00:08,322 Agora, tratade de calcular 4 00:00:08,496 --> 00:00:11,014 a vosa idade a primeira vez que oístes esta pregunta. 5 00:00:11,255 --> 00:00:12,964 Podedes levantar os dedos. 6 00:00:14,004 --> 00:00:18,213 Tres. Cinco. Tres. Cinco. Cinco... OK 7 00:00:18,663 --> 00:00:22,666 Agora, levantade a man se a pregunta 8 00:00:23,026 --> 00:00:25,286 "Que queres ser de maior?" 9 00:00:25,400 --> 00:00:27,542 vos causou ansiedade dalgún xeito. 10 00:00:28,172 --> 00:00:29,192 (Risos) 11 00:00:29,606 --> 00:00:31,576 Nada de ansiedade. 12 00:00:32,720 --> 00:00:35,742 Nunca fun quen de contestar esa pregunta: 13 00:00:36,326 --> 00:00:37,989 "Que queres ser de maior?" 14 00:00:38,279 --> 00:00:41,089 O problema non era a falta de intereses, 15 00:00:41,675 --> 00:00:43,531 o problema era que tiña demasiados. 16 00:00:44,001 --> 00:00:48,283 Gustábame o inglés, as mates, a arte e facer páxinas web. 17 00:00:48,473 --> 00:00:52,504 Tocaba a guitarra nunha banda punk chamada "Frustrated Telephone Operator". 18 00:00:53,254 --> 00:00:54,900 Quizáis oíron falar de nós. 19 00:00:55,424 --> 00:00:56,195 (Risos) 20 00:00:56,743 --> 00:00:59,043 Tralo instituto seguín así 21 00:00:59,433 --> 00:01:02,968 e nalgún momento, comecei a decatarme dese patrón. 22 00:01:03,836 --> 00:01:05,646 Ficaba interesada nun tema, 23 00:01:06,120 --> 00:01:08,940 submerxíame nel, autoconsumíame. 24 00:01:09,444 --> 00:01:12,555 E cando xa era boa dabondo, no que fose, 25 00:01:12,999 --> 00:01:17,541 chegaba a ese punto en que comezaba a enfastiarme. 26 00:01:17,986 --> 00:01:20,742 Normalmente, tentaba persistir 27 00:01:20,846 --> 00:01:23,703 xa que adicara tantas horas e esforzo 28 00:01:23,767 --> 00:01:25,973 e mesmo cartos nese eido. 29 00:01:26,287 --> 00:01:28,590 Pero o fastío impúñase, 30 00:01:28,614 --> 00:01:33,124 ese sentimento de: "xa está, conseguino, xa non é un desafío". 31 00:01:33,418 --> 00:01:35,053 Comezaba a ser moi duro. 32 00:01:35,751 --> 00:01:37,340 E tiña que deixalo ir. 33 00:01:38,252 --> 00:01:40,653 Entón, volcávame noutra cousa, 34 00:01:40,787 --> 00:01:43,975 algo completamente diferente no que tamén me submerxía. 35 00:01:44,119 --> 00:01:47,861 Autoconsumíame e pensaba: "si, isto é o meu". 36 00:01:48,285 --> 00:01:52,582 E volta outra vez ao mesmo punto en que comezaba a aborrecer. 37 00:01:53,352 --> 00:01:56,147 E ao final, tiña que deixalo pasar. 38 00:01:57,106 --> 00:01:59,804 Aparecía entón algo novo e diferente 39 00:02:00,388 --> 00:02:01,959 e metíame de cabeza. 40 00:02:03,103 --> 00:02:06,842 Este patrón causábame moita ansiedade 41 00:02:06,866 --> 00:02:08,048 por dúas razóns: 42 00:02:08,460 --> 00:02:11,272 a primeira, que non estaba segura 43 00:02:11,396 --> 00:02:14,219 de como convertir todo iso nunha carreira. 44 00:02:14,353 --> 00:02:17,151 Cría que ao cabo tería que escoller unha soa cousa, 45 00:02:17,175 --> 00:02:19,389 renegar do resto das miñas paixóns, 46 00:02:19,413 --> 00:02:22,719 e resignarme a aburrirme. 47 00:02:23,595 --> 00:02:25,824 A outra razón de que me angustiase 48 00:02:25,978 --> 00:02:27,682 era de índole máis persoal. 49 00:02:28,230 --> 00:02:30,838 Preocupábame que houbese algo malo niso, 50 00:02:31,092 --> 00:02:34,900 algo malo no feito de ser incapaz de aferrarme a unha soa cousa. 51 00:02:35,677 --> 00:02:38,064 Preocupábame ter medo ao compromiso; 52 00:02:38,088 --> 00:02:41,549 estar dispersa ou ser unha autosabotadora, 53 00:02:41,573 --> 00:02:43,239 con medo ao meu propio éxito. 54 00:02:45,261 --> 00:02:48,975 Se a miña historia, eses sentimentos vos soan familiares 55 00:02:48,999 --> 00:02:51,273 quero que vos fagades a pregunta 56 00:02:51,297 --> 00:02:53,883 que me gustaría ter proposto daquela. 57 00:02:54,796 --> 00:03:00,222 Preguntádevos onde aprendestes a asignar o concepto de errado ou anormal 58 00:03:00,246 --> 00:03:02,067 a facer moitas cousas. 59 00:03:03,741 --> 00:03:05,480 Direivos de onde o aprendestes: 60 00:03:05,504 --> 00:03:07,590 foi da cultura. 61 00:03:10,074 --> 00:03:13,865 Pregúntannos por vez primeira: "que queres ser de maior?" 62 00:03:13,889 --> 00:03:15,487 cando temos uns cinco anos. 63 00:03:15,487 --> 00:03:19,174 O certo é que a ninguén lle importa o que contestades a esa idade. 64 00:03:19,198 --> 00:03:20,199 (Risos) 65 00:03:20,223 --> 00:03:22,598 Considérase unha pregunta inocua 66 00:03:22,622 --> 00:03:24,982 para lles sacar aos meniños respostas graciosas 67 00:03:25,006 --> 00:03:28,679 coma "quero ser astronauta" ou "quero ser bailarina" 68 00:03:28,703 --> 00:03:30,586 ou "quero ser pirata". 69 00:03:30,610 --> 00:03:32,560 Engadíde un disfraz de Samaín a iso. 70 00:03:32,584 --> 00:03:34,095 (Risos) 71 00:03:34,119 --> 00:03:39,491 Seguen a preguntarcho de diversas formas mentres medras. 72 00:03:39,505 --> 00:03:42,146 Por exemplo, aos estudiantes de instituto 73 00:03:42,186 --> 00:03:44,683 pregúntanlles que especialidade escollerán na universidade. 74 00:03:45,088 --> 00:03:46,970 Nalgún momento, 75 00:03:46,994 --> 00:03:49,022 "Que queres ser de maior?" 76 00:03:49,046 --> 00:03:52,328 pasa de ser un exercicio gracioso 77 00:03:52,348 --> 00:03:54,700 a manterte en vela toda a noite. 78 00:03:55,137 --> 00:03:56,287 Por que? 79 00:03:56,879 --> 00:04:02,021 A pregunta inspira aos nenos a soñar co que poderían ser, 80 00:04:02,518 --> 00:04:05,740 mais non os inspira a soñar con todo o que poderían ser. 81 00:04:05,954 --> 00:04:08,352 De feito, fai xusto todo o contrario. 82 00:04:08,376 --> 00:04:11,392 Porque se alguén pregunta que queres ser 83 00:04:11,416 --> 00:04:14,212 non podes dar vinte respostas distintas. 84 00:04:14,236 --> 00:04:17,131 Os adultos ben pensantes esbozarían un sorriso: 85 00:04:17,155 --> 00:04:21,207 "Que curriño, pero non podes ser á vez fabricante de violíns e psicólogo. 86 00:04:21,231 --> 00:04:23,034 Tes que escoller." 87 00:04:24,105 --> 00:04:25,874 Este é o Dr. Bob Childs. 88 00:04:25,898 --> 00:04:27,915 (Risos) 89 00:04:28,999 --> 00:04:31,899 E é luthier e psicoterapeuta. 90 00:04:32,835 --> 00:04:37,124 Esta é Amy Ng, unha editora de revista convertida en ilustradora, empresaria, 91 00:04:37,148 --> 00:04:38,965 profesora e directora creativa. 92 00:04:39,125 --> 00:04:41,395 Pero a maioría dos rapaces non oen falar de xente así. 93 00:04:41,849 --> 00:04:43,625 Todo o que oen 94 00:04:43,999 --> 00:04:46,039 é que van ter que escoller. 95 00:04:47,418 --> 00:04:49,119 Pero é máis ca iso. 96 00:04:49,403 --> 00:04:52,075 A noción dunha vida claramente definida 97 00:04:52,419 --> 00:04:54,791 está moi idealizada na nosa cultura. 98 00:04:55,218 --> 00:04:58,918 Esa idea do destino ou da vocación. 99 00:04:59,422 --> 00:05:02,179 A idea de que todos estamos destinados 100 00:05:02,203 --> 00:05:04,536 a algo grande durante o noso paso por esta terra, 101 00:05:04,560 --> 00:05:07,443 e tes que descubrir que cousa é 102 00:05:07,467 --> 00:05:09,792 e adicarlle a túa vida. 103 00:05:11,135 --> 00:05:14,246 E se ti non estás feito desa pasta? 104 00:05:14,999 --> 00:05:18,404 Cal é o problema se tes curiosidade por multitude de materias, 105 00:05:18,428 --> 00:05:20,453 se queres facer diferentes cousas? 106 00:05:21,246 --> 00:05:24,723 Non hai lugar para alguén así nese patrón. 107 00:05:25,811 --> 00:05:28,032 Podes chegar a sentirte só. 108 00:05:28,412 --> 00:05:30,625 Podes pensar que non tes un propósito. 109 00:05:31,017 --> 00:05:33,442 Podes sentir que tes algún problema. 110 00:05:34,758 --> 00:05:36,480 Pero non tes ningún problema. 111 00:05:36,908 --> 00:05:38,405 Ti es unha multipotencialidade. 112 00:05:40,915 --> 00:05:42,975 (Risos) 113 00:05:42,999 --> 00:05:49,194 (Aplausos) 114 00:05:50,312 --> 00:05:55,265 Unha multipotencialidade ten moitos intereses e ocupacións creativas. 115 00:05:55,852 --> 00:05:57,798 É moito dicir. 116 00:05:57,822 --> 00:06:00,672 Pode axudar se o divides en tres partes: 117 00:06:00,696 --> 00:06:04,688 multi-, potencial, e -idade. 118 00:06:04,712 --> 00:06:07,932 Podes usar tamén calquera outro termo que implique a mesma idea, 119 00:06:07,956 --> 00:06:10,922 como polimatemático, a xente do Renacemento. 120 00:06:10,946 --> 00:06:12,890 En realidade, durante o Renacemento, 121 00:06:12,914 --> 00:06:16,573 considerábase un ideal estar versado en varias disciplinas. 122 00:06:17,026 --> 00:06:19,633 Barbara Sher fala de nós coma "escáneres". 123 00:06:20,214 --> 00:06:23,437 Usa o termo que che pareza ou inventa un. 124 00:06:23,461 --> 00:06:26,516 Teño que dicir que para min ten un senso de comunidade, 125 00:06:26,540 --> 00:06:29,002 non se axusta a unha soa identidade. 126 00:06:29,026 --> 00:06:31,026 (Risos) 127 00:06:33,017 --> 00:06:35,414 É fácil ver a túa multipotencialidade 128 00:06:35,438 --> 00:06:39,351 coma unha limitación ou unha aflición que tes que superar. 129 00:06:39,375 --> 00:06:41,768 Pero o que aprendín falando coa xente 130 00:06:41,792 --> 00:06:44,260 e escribindo sobre isto na miña páxina web 131 00:06:44,284 --> 00:06:48,735 é que ten uns puntos fortes incribles. 132 00:06:49,656 --> 00:06:52,267 Velaquí tres superpoderes 133 00:06:52,671 --> 00:06:54,526 da multipotencialidade. 134 00:06:55,384 --> 00:06:58,560 Primeiro: síntese de ideas. 135 00:06:58,584 --> 00:07:01,277 É dicir, combinar dous ou máis campos 136 00:07:01,301 --> 00:07:03,967 e crear algo novo da súa intersección. 137 00:07:05,633 --> 00:07:08,899 Sha Hwang e Rachel Binx tiraron dos seus intereses compartidos 138 00:07:08,923 --> 00:07:14,419 en cartografía, visualización de datos, viaxes, matemáticas e deseño 139 00:07:14,443 --> 00:07:16,063 cando fundaron Meshu. 140 00:07:16,999 --> 00:07:22,671 Meshu é unha compañía que se inspira na xeografía para crear xoias á carta. 141 00:07:23,409 --> 00:07:25,835 Sha e Rachel atoparon esta idea orixinal 142 00:07:25,859 --> 00:07:31,609 non a pesar mais grazas ao eclectismo das súas habelencias e experiencias. 143 00:07:33,077 --> 00:07:36,336 A innovación aparece nas interseccións. 144 00:07:36,797 --> 00:07:38,908 De aí veñen as novas ideas. 145 00:07:39,519 --> 00:07:42,678 E as multipotencialidades, coa súa bagaxe, 146 00:07:42,702 --> 00:07:46,237 acceden a moitos puntos de intersección. 147 00:07:47,999 --> 00:07:51,071 O segundo superpoder multipotencial 148 00:07:51,095 --> 00:07:52,586 é a rapidez de aprendizaxe. 149 00:07:53,404 --> 00:07:56,266 Cando os "multipotenciais" se interesan por algo, 150 00:07:56,290 --> 00:07:58,345 vamos a por todas. 151 00:07:58,369 --> 00:08:01,140 Observamos todo o que cae nas nosas mans. 152 00:08:01,164 --> 00:08:02,907 Tamén estamos afeitos a ser novatos, 153 00:08:02,931 --> 00:08:06,053 porque o fomos moitas veces no pasado. 154 00:08:06,077 --> 00:08:09,356 É dicir, non tememos probar cousas novas 155 00:08:09,380 --> 00:08:11,762 e saír da nosa zona de confort. 156 00:08:11,786 --> 00:08:15,815 Aínda máis, moitas habilidades son transversais entre disciplinas 157 00:08:15,839 --> 00:08:19,694 e aportamos todo o aprendido a cada nova área que exploramos, 158 00:08:19,718 --> 00:08:22,011 polo que rara vez comezamos de cero. 159 00:08:22,971 --> 00:08:26,597 Nora Dunn é unha viaxeira empedernida e escritora free-lance. 160 00:08:27,121 --> 00:08:30,928 Como concertista de piano dende nena, perfeccionou unha incrible habilidade 161 00:08:30,952 --> 00:08:32,657 de desenvolver a memoria muscular. 162 00:08:33,070 --> 00:08:35,810 É a mecanógrafa máis rápida que coñece. 163 00:08:35,834 --> 00:08:37,298 (Risos) 164 00:08:37,322 --> 00:08:40,559 Antes de convertirse en escritora, Nora foi planificadora financeira. 165 00:08:40,583 --> 00:08:42,789 Aprendeu os finos mecanismos das vendas 166 00:08:42,813 --> 00:08:44,559 cando comezou a súa práctica 167 00:08:44,583 --> 00:08:48,552 e esa pericia axúdaa a escribir convincentes discursos aos editores. 168 00:08:49,727 --> 00:08:53,597 Practicar algo que te atrae nunca é unha perda de tempo 169 00:08:53,621 --> 00:08:55,311 aínda que acabes abandonando. 170 00:08:55,335 --> 00:08:58,639 Podes aplicar ese coñecemento nun campo completamente diferente 171 00:08:58,663 --> 00:09:01,270 dun xeito que nunca puideches anticipar. 172 00:09:02,643 --> 00:09:05,414 O terceiro superpoder multipotencial 173 00:09:05,438 --> 00:09:07,285 é a adaptabilidade: 174 00:09:07,309 --> 00:09:10,852 a maña para metamorfosearse no que precises 175 00:09:10,876 --> 00:09:12,762 segundo a situación. 176 00:09:14,295 --> 00:09:19,056 Abe Cajudo ás veces é director de vídeos, outras deseñador de páxinas web. 177 00:09:19,100 --> 00:09:22,530 Ás veces é consultor de novas empresas, outras veces é un profesor 178 00:09:22,694 --> 00:09:25,334 e outras, aparentemente, James Bond. 179 00:09:25,362 --> 00:09:27,052 (Risos) 180 00:09:27,076 --> 00:09:29,544 A súa valía vén do seu bo facer. 181 00:09:29,568 --> 00:09:32,829 É incluso máis valioso porque pode ter varias funcións 182 00:09:32,853 --> 00:09:35,015 dependendo das necesidades do seu cliente. 183 00:09:35,737 --> 00:09:38,975 A revista Fast Company identificou a adaptabilidade 184 00:09:38,999 --> 00:09:42,354 coma a habilidade máis importante que debemos desenvolver 185 00:09:42,378 --> 00:09:44,030 para prosperar no século vinteún. 186 00:09:44,808 --> 00:09:48,023 O mundo económico está cambiando tan rápido e tan impredecible 187 00:09:48,047 --> 00:09:51,818 que os individuos e organizacións que poden pivotar 188 00:09:51,842 --> 00:09:55,774 axustándose ás necesidades do mercado son as que realmente van medrar. 189 00:09:57,615 --> 00:10:01,666 Capacidade de síntese, aprendizaxe rápida e adaptabilidade. 190 00:10:01,930 --> 00:10:05,623 Tres habilidades ás que somos adeptas as multipotenciais. 191 00:10:05,877 --> 00:10:10,273 Tres habilidades que podemos perder se somos forzados a estreitar a atención. 192 00:10:13,181 --> 00:10:17,637 Como sociedade, temos un interese persoal en alentar os multipotenciais 193 00:10:17,661 --> 00:10:19,315 a ser eles mesmos. 194 00:10:20,073 --> 00:10:24,000 No mundo hai moitos problemas complexos e multidimensionais actualmente 195 00:10:24,024 --> 00:10:27,801 e precisamos pensadores creativos, fóra do común, para solucionalos. 196 00:10:29,810 --> 00:10:34,474 Agora, digamos que vós sodes, no fondo, un especialista. 197 00:10:34,498 --> 00:10:38,919 Saístes do ventre sabendo que queriades ser neurocirurxáns pediátricos. 198 00:10:39,879 --> 00:10:42,694 Tranquilos, non tedes ningún problema grave. 199 00:10:42,718 --> 00:10:43,758 (Risos) 200 00:10:43,782 --> 00:10:46,825 De feito, os mellores equipos están compostos dun especialista 201 00:10:46,849 --> 00:10:49,456 facendo parella con alguén multipotencial. 202 00:10:49,480 --> 00:10:52,514 O especialista pode afondar e implementar ideas 203 00:10:52,538 --> 00:10:56,140 mentres que o multipotencial aporta un abano de coñecementos ao proxecto. 204 00:10:56,164 --> 00:10:58,066 É unha colaboración preciosa. 205 00:10:59,066 --> 00:11:01,535 Todos deberiamos deseñar as nosas vidas e carreiras 206 00:11:01,559 --> 00:11:04,068 aliñadas co modo en que estamos feitos. 207 00:11:04,092 --> 00:11:08,510 Tristemente, os multipotenciais son animados con frecuencia 208 00:11:08,534 --> 00:11:11,542 a parecerse sen máis aos seus homólogos especialistas. 209 00:11:12,621 --> 00:11:14,910 Dito isto, 210 00:11:15,124 --> 00:11:18,195 se sacades algunha cousa desta charla 211 00:11:18,219 --> 00:11:20,367 espero que sexa esta: 212 00:11:21,321 --> 00:11:24,703 abraza a túa conexión interior, sexa cal for. 213 00:11:25,687 --> 00:11:27,855 Se no teu corazón es un especialista, 214 00:11:27,879 --> 00:11:29,878 entón, por todos os medios, especialízate. 215 00:11:29,902 --> 00:11:32,099 Aí alcanzarás os teus mellores logros. 216 00:11:32,624 --> 00:11:35,604 Pero ás persoas "multipotenciais" desta sala, 217 00:11:35,628 --> 00:11:37,945 incluídas aqueles que acaban de decatarse 218 00:11:37,969 --> 00:11:39,985 nos últimos doce minutos, 219 00:11:40,009 --> 00:11:41,614 (Risos) 220 00:11:41,638 --> 00:11:43,790 diríavos: 221 00:11:43,814 --> 00:11:45,916 abraza todas as túas paixóns. 222 00:11:46,614 --> 00:11:49,897 Segue a túa curiosidade até o fin. 223 00:11:50,643 --> 00:11:52,667 Explora as túas interseccións. 224 00:11:54,264 --> 00:11:59,596 Abrazar a nosa conexión interior lévanos a unha vida máis feliz e plena. 225 00:12:00,028 --> 00:12:04,165 E quizáis o máis importante: "multipotenciais", 226 00:12:05,039 --> 00:12:07,378 o mundo necesítanos. 227 00:12:07,852 --> 00:12:09,013 Moitas grazas. 228 00:12:09,037 --> 00:12:11,730 (Aplausos)