WEBVTT 00:00:01.000 --> 00:00:03.000 Xa sei o que estades a pensar. 00:00:03.000 --> 00:00:05.000 Pensades que me perdín 00:00:05.000 --> 00:00:07.000 e que alguén vai subir a este escenario agora mesmo 00:00:07.000 --> 00:00:09.000 e levarme ata o meu sitio amablemente. 00:00:09.000 --> 00:00:15.000 (Aplausos) 00:00:15.000 --> 00:00:18.000 En Dubai, sempre me pasa o mesmo. 00:00:18.000 --> 00:00:20.000 "Está aquí de vacacións, non?" 00:00:20.000 --> 00:00:22.000 (Risos) 00:00:22.000 --> 00:00:25.000 "Veu visita-los seus fillos? 00:00:25.000 --> 00:00:27.000 Canto tempo vai quedar aquí?" NOTE Paragraph 00:00:27.000 --> 00:00:30.000 Pois o certo é que espero quedar bastante tempo, 00:00:30.000 --> 00:00:33.000 porque vivo e imparto clases no Golfo 00:00:33.000 --> 00:00:35.000 dende hai máis de 30 anos. 00:00:35.000 --> 00:00:39.000 (Aplausos) 00:00:39.000 --> 00:00:43.000 E, en todo este tempo, vin moitos cambios. 00:00:43.000 --> 00:00:45.000 Agora as estatísticas 00:00:45.000 --> 00:00:47.000 son bastante sorprendentes. 00:00:47.000 --> 00:00:49.000 Hoxe quero falarvos 00:00:49.000 --> 00:00:51.000 sobre a desaparición das linguas 00:00:51.000 --> 00:00:54.000 e a globalización do inglés. 00:00:54.000 --> 00:00:56.000 Quero falarvos dunha amiga miña 00:00:56.000 --> 00:00:59.000 que ensinaba inglés para adultos en Abu Dhabi. 00:00:59.000 --> 00:01:01.000 Un bo día, 00:01:01.000 --> 00:01:03.000 decidiu levalos ao xardín 00:01:03.000 --> 00:01:05.000 para ensinarlles vocabulario sobre a natureza. 00:01:05.000 --> 00:01:07.000 Pero foi ela quen terminou aprendendo 00:01:07.000 --> 00:01:09.000 tódolos nombes árabes das plantas locais, 00:01:09.000 --> 00:01:11.000 e tamén os seus usos: 00:01:11.000 --> 00:01:14.000 medicina, cosmética, 00:01:14.000 --> 00:01:17.000 cociña, herboristería. 00:01:17.000 --> 00:01:19.000 Como tiñan eses estudantes tantos coñecementos? 00:01:19.000 --> 00:01:21.000 Por suposto, grazas aos seus pais 00:01:21.000 --> 00:01:24.000 e incluso aos seus avós. 00:01:24.000 --> 00:01:27.000 Non fai falla que vos diga o importante que é 00:01:27.000 --> 00:01:29.000 a comunicación 00:01:29.000 --> 00:01:31.000 entre distintas xeracións. NOTE Paragraph 00:01:31.000 --> 00:01:33.000 Pero, por desgraza, actualmente 00:01:33.000 --> 00:01:35.000 as linguas morren 00:01:35.000 --> 00:01:37.000 a un ritmo sen precedentes. 00:01:37.000 --> 00:01:40.000 Unha lingua morre cada 14 días. 00:01:41.000 --> 00:01:43.000 E, ao mesmo tempo, 00:01:43.000 --> 00:01:45.000 o inglés é indiscutiblemente a lingua global. 00:01:45.000 --> 00:01:47.000 Podería haber algunha relación? 00:01:47.000 --> 00:01:49.000 Non o sei. 00:01:49.000 --> 00:01:52.000 Pero o que si sei é que vin moitos cambios. 00:01:52.000 --> 00:01:55.000 Cando viñen ao Golfo por primeira vez, viñen a Kuwait, 00:01:55.000 --> 00:01:58.000 que daquela aínda se consideraba como un lugar complicado. 00:01:58.000 --> 00:02:00.000 En realidade, 00:02:00.000 --> 00:02:03.000 non foi hai tanto tempo. 00:02:03.000 --> 00:02:05.000 O caso é que 00:02:05.000 --> 00:02:07.000 o British Council contratoume 00:02:07.000 --> 00:02:09.000 xunto con outros 25 profesores, 00:02:09.000 --> 00:02:11.000 e fomos os primeiros non musulmáns 00:02:11.000 --> 00:02:14.000 que deron clase nas escolas públicas de Kuwait. 00:02:14.000 --> 00:02:16.000 Trouxéronnos aquí para ensinar inglés 00:02:16.000 --> 00:02:20.000 porque o goberno quería modernizar o país 00:02:20.000 --> 00:02:23.000 e darlles máis independencia aos cidadáns mediante a educación. 00:02:23.000 --> 00:02:25.000 E, por suposto, o Reino Unido beneficiábase 00:02:25.000 --> 00:02:28.000 desa marabillosa riqueza petrolífera. NOTE Paragraph 00:02:28.000 --> 00:02:30.000 Vale. 00:02:30.000 --> 00:02:33.000 Pois ese é o maior cambio que vin. 00:02:33.000 --> 00:02:35.000 Como o ensino do inglés 00:02:35.000 --> 00:02:37.000 se transformou 00:02:37.000 --> 00:02:41.000 e pasou de ser unha práctica beneficiosa para ambas as partes 00:02:41.000 --> 00:02:44.000 a ser o gran negocio internacional que é hoxe. 00:02:44.000 --> 00:02:48.000 Xa non é simplemente unha lingua estranxeira que poñer no currículum, 00:02:48.000 --> 00:02:50.000 nin é soamente dominio 00:02:50.000 --> 00:02:52.000 da Nai Inglaterra. 00:02:52.000 --> 00:02:54.000 Converteuse nunha moda 00:02:54.000 --> 00:02:57.000 para tódolos países de fala inglesa do mundo. 00:02:57.000 --> 00:02:59.000 E por que non? 00:02:59.000 --> 00:03:02.000 Despois de todo, a mellor educación, 00:03:02.000 --> 00:03:05.000 segundo os últimos ránkings mundias de universidades, 00:03:05.000 --> 00:03:07.000 é a que ofrecen as universidades 00:03:07.000 --> 00:03:11.000 do Reino Unido e os Estados Unidos. 00:03:11.000 --> 00:03:15.000 Así que todo o mundo quere ter unha educación inglesa, naturalmente. 00:03:15.000 --> 00:03:17.000 Pero, se non es un falante nativo, 00:03:17.000 --> 00:03:19.000 tes que facer un exame. NOTE Paragraph 00:03:19.000 --> 00:03:21.000 Pero está ben 00:03:21.000 --> 00:03:23.000 rexeitar a un estudante 00:03:23.000 --> 00:03:25.000 xulgándoo só polo seu dominio lingüístico? 00:03:25.000 --> 00:03:27.000 Ao mellor hai un informático 00:03:27.000 --> 00:03:29.000 que é un xenio. 00:03:29.000 --> 00:03:32.000 Por exemplo, necesita o mesmo nivel de lingua que un avogado? 00:03:32.000 --> 00:03:35.000 Ben, eu creo que non. 00:03:36.000 --> 00:03:39.000 Nós, os profesores de inglés, rexeitámolos todo o tempo. 00:03:39.000 --> 00:03:41.000 Poñemos un sinal de stop 00:03:41.000 --> 00:03:43.000 para que se deteñan no camiño. 00:03:43.000 --> 00:03:45.000 Non poden seguir perseguindo os seus soños 00:03:45.000 --> 00:03:48.000 ata que saiban inglés. 00:03:49.000 --> 00:03:52.000 Permítanme dicilo desta forma: 00:03:52.000 --> 00:03:56.000 se coñecese a un falante monolingüe de neerlandés 00:03:56.000 --> 00:03:58.000 que tivese a cura para o cancro, 00:03:58.000 --> 00:04:01.000 impediríalle entrar na miña universidade británica? 00:04:01.000 --> 00:04:03.000 Non creo. 00:04:03.000 --> 00:04:06.000 Pero o certo é que iso é precisamente o que estamos a facer. 00:04:06.000 --> 00:04:09.000 Os profesores de inglés somos os porteiros, 00:04:09.000 --> 00:04:12.000 e primeiro tedes que convencernos 00:04:12.000 --> 00:04:15.000 de que o voso inglés é suficientemente bo. 00:04:16.000 --> 00:04:18.000 E pode ser perigoso 00:04:18.000 --> 00:04:21.000 outorgarlle tanto poder 00:04:21.000 --> 00:04:23.000 a un sector da sociedade tan reducido. 00:04:23.000 --> 00:04:26.000 Quizais a barreira sexa moi universal. NOTE Paragraph 00:04:26.000 --> 00:04:28.000 De acordo. 00:04:28.000 --> 00:04:31.000 Pero óiovos dicir: 00:04:31.000 --> 00:04:33.000 "E que pasa coa investigación?" 00:04:33.000 --> 00:04:35.000 "Está todo en inglés". 00:04:35.000 --> 00:04:37.000 Os libros están en inglés, 00:04:37.000 --> 00:04:39.000 as publicacións edítanse en inglés, 00:04:39.000 --> 00:04:42.000 pero isto é unha profecía en si mesma. 00:04:42.000 --> 00:04:44.000 que alimenta os requerimentos de inglés. 00:04:44.000 --> 00:04:46.000 E así seguen as cousas. 00:04:46.000 --> 00:04:49.000 E eu pregúntovos, que pasou coa tradución? 00:04:49.000 --> 00:04:53.000 Creo que sabedes que na Idade de Ouro do Islam 00:04:53.000 --> 00:04:56.000 facíanse moitas traducións. 00:04:56.000 --> 00:04:59.000 Traducíase do latín e o grego 00:04:59.000 --> 00:05:01.000 para o árabe e o persa, 00:05:01.000 --> 00:05:03.000 e despois traduciuse 00:05:03.000 --> 00:05:05.000 para as linguas xermánicas europeas 00:05:05.000 --> 00:05:07.000 e para as linguas romances. 00:05:07.000 --> 00:05:11.000 E así puido haber luz nunha época escura para Europa. 00:05:12.000 --> 00:05:14.000 Pero espero que os profesores de inglés 00:05:14.000 --> 00:05:16.000 non me malinterpreten. 00:05:16.000 --> 00:05:18.000 Non estou en contra do ensino do inglés. 00:05:18.000 --> 00:05:20.000 Paréceme moi ben que haxa unha lingua global, 00:05:20.000 --> 00:05:23.000 e hoxe necesitámola máis que nunca. 00:05:23.000 --> 00:05:25.000 Estou en contra de usala 00:05:25.000 --> 00:05:27.000 como barreira. 00:05:27.000 --> 00:05:30.000 De verdade queremos acabar tendo 600 linguas 00:05:30.000 --> 00:05:33.000 e que a máis importante delas sexa o inglés ou o chinés? 00:05:33.000 --> 00:05:36.000 Necesitamos máis que iso. Onde poñemos o límite? 00:05:36.000 --> 00:05:38.000 Este sistema 00:05:38.000 --> 00:05:41.000 equipara a intelixencia 00:05:41.000 --> 00:05:44.000 co dominio do inglés, 00:05:44.000 --> 00:05:46.000 o que é bastante arbitrario. NOTE Paragraph 00:05:46.000 --> 00:05:52.000 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:05:52.000 --> 00:05:54.000 E quero recordarvos 00:05:54.000 --> 00:05:57.000 que os xigantes que sosteñen cos seus ombros 00:05:57.000 --> 00:05:59.000 a intelectualidade de hoxe 00:05:59.000 --> 00:06:01.000 non tiveron que estudar inglés 00:06:01.000 --> 00:06:03.000 nin facer exames de inglés. 00:06:03.000 --> 00:06:06.000 Poñamos por caso a Einstein, 00:06:07.000 --> 00:06:10.000 a quen, por certo, consideraban mediocre na escola 00:06:10.000 --> 00:06:12.000 porque era disléxico. 00:06:12.000 --> 00:06:14.000 Por sorte para o mundo, 00:06:14.000 --> 00:06:17.000 non tivo que facerr exames de inglés, 00:06:17.000 --> 00:06:20.000 porque isto non se impuxo ata 1964 00:06:20.000 --> 00:06:22.000 co TOEFL, 00:06:22.000 --> 00:06:24.000 o exame de inglés americano. 00:06:24.000 --> 00:06:26.000 Agora estourou a bomba 00:06:26.000 --> 00:06:29.000 e hai moreas e moreas de exames de inglés 00:06:29.000 --> 00:06:31.000 e millóns e millóns de estudantes 00:06:31.000 --> 00:06:33.000 que teñen que facelos cada ano. 00:06:33.000 --> 00:06:35.000 Pode que vós, e mais eu, 00:06:35.000 --> 00:06:37.000 pensemos que as taxas non están tan mal, 00:06:37.000 --> 00:06:39.000 pero o certo é que son prohibitivas 00:06:39.000 --> 00:06:41.000 para moitos millóns de persoas pobres. 00:06:41.000 --> 00:06:43.000 Así que estamos a rexeitar a estas persoas automaticamente. NOTE Paragraph 00:06:43.000 --> 00:06:46.000 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:06:46.000 --> 00:06:49.000 Isto lémbrame a un titular que vin hai pouco. 00:06:49.000 --> 00:06:51.000 "Educación: o gran divisor" 00:06:51.000 --> 00:06:53.000 Agora o entendo. 00:06:53.000 --> 00:06:56.000 Entendo por que a xente se centra no inglés. 00:06:56.000 --> 00:06:59.000 Queren darlles aos seus fillos as mellores oportunidades 00:07:00.000 --> 00:07:03.000 e, para iso, necesitan unha educación occidental. 00:07:03.000 --> 00:07:05.000 Porque, por suposto, os mellores postos de traballo 00:07:05.000 --> 00:07:08.000 dánselles ás persoas das universidades occidentais 00:07:08.000 --> 00:07:10.000 que mencionaba antes. 00:07:10.000 --> 00:07:12.000 É un círculo vicioso. NOTE Paragraph 00:07:12.000 --> 00:07:14.000 Vale. 00:07:14.000 --> 00:07:16.000 E agora vouvos contar a historia de dous científicos. 00:07:16.000 --> 00:07:18.000 Dous científicos ingleses. 00:07:18.000 --> 00:07:20.000 Estaban facendo un experimento 00:07:20.000 --> 00:07:22.000 sobre xenética 00:07:22.000 --> 00:07:25.000 e as extemidades anteriores e posteriores dos animais, 00:07:25.000 --> 00:07:27.000 pero non conseguían os resultados que esperaban. 00:07:27.000 --> 00:07:29.000 Non sabían que facer 00:07:29.000 --> 00:07:32.000 ata que chegou un científico alemán 00:07:32.000 --> 00:07:35.000 que se decatou de que estaban a usar dúas palabras 00:07:35.000 --> 00:07:37.000 para "extremidade anterior" e "extremidade posterior", 00:07:37.000 --> 00:07:41.000 mentres que a xenética non as diferencia, 00:07:41.000 --> 00:07:43.000 nin tampouco o alemán. 00:07:43.000 --> 00:07:45.000 ¡Eureka! 00:07:45.000 --> 00:07:47.000 Problema resolto. 00:07:47.000 --> 00:07:49.000 Se non podes chegar a un pensamento, 00:07:49.000 --> 00:07:52.000 estás atascado. 00:07:52.000 --> 00:07:54.000 Pero se outra lingua pode chegar a ese pensamento, 00:07:54.000 --> 00:07:56.000 cooperando 00:07:56.000 --> 00:07:59.000 poderíamos ter éxito e aprender moito máis. NOTE Paragraph 00:08:01.000 --> 00:08:03.000 A miña filla 00:08:03.000 --> 00:08:06.000 foi de Kuwait a Inglaterra. 00:08:06.000 --> 00:08:09.000 Estudiara ciencias e matemáticas en árabe. 00:08:09.000 --> 00:08:12.000 Nun instituto árabe. 00:08:12.000 --> 00:08:15.000 Tiña que traducir todo para o inglés nas súas clases de gramática 00:08:15.000 --> 00:08:17.000 e foi a mellor da súa clase 00:08:17.000 --> 00:08:19.000 nesas materias. 00:08:19.000 --> 00:08:21.000 Isto demostra 00:08:21.000 --> 00:08:23.000 que cando veñen estudantes de fóra 00:08:23.000 --> 00:08:25.000 quizais non lle demos suficiente valor 00:08:25.000 --> 00:08:27.000 ao que saben, 00:08:27.000 --> 00:08:30.000 cando o saben na súa propia lingua. 00:08:30.000 --> 00:08:32.000 Cando unha lingua morre 00:08:32.000 --> 00:08:35.000 non sabemos o que perdemos con ela. NOTE Paragraph 00:08:35.000 --> 00:08:39.000 Non sei se viron a cadena CNN ultimamente: 00:08:39.000 --> 00:08:41.000 Déronlle un premio 00:08:41.000 --> 00:08:44.000 a un rapaz pastor de Kenia 00:08:44.000 --> 00:08:47.000 que non podía estudar á noite na súa aldea 00:08:47.000 --> 00:08:49.000 como o resto de nenos da aldea, 00:08:49.000 --> 00:08:51.000 porque a lámpada de queroseno 00:08:51.000 --> 00:08:53.000 botaba fume e lastimáballe os ollos. 00:08:53.000 --> 00:08:56.000 E, de tódolos xeitos, nunca tiña suficiente queroseno, 00:08:56.000 --> 00:08:59.000 porque que se pode comprar cun dólar ao día? 00:08:59.000 --> 00:09:01.000 Así que este rapaz 00:09:01.000 --> 00:09:04.000 inventou unha lámpara solar, 00:09:04.000 --> 00:09:06.000 e agora os rapaces da súa aldea 00:09:06.000 --> 00:09:08.000 teñen as mesmas notas 00:09:08.000 --> 00:09:12.000 que os nenos que teñen electricidade na casa. 00:09:12.000 --> 00:09:18.000 (Aplausos) 00:09:18.000 --> 00:09:20.000 Cando lle deron o premio 00:09:20.000 --> 00:09:22.000 pronunciou estas fermosas palabras: 00:09:22.000 --> 00:09:25.000 "Os nenos poden convertir a África de hoxendía, 00:09:25.000 --> 00:09:27.000 un continente escuro, 00:09:27.000 --> 00:09:29.000 nun continente de luz". 00:09:29.000 --> 00:09:31.000 Unha idea simple, 00:09:31.000 --> 00:09:34.000 pero que pode ter consecuencias moi importantes. NOTE Paragraph 00:09:35.000 --> 00:09:37.000 A xente que non ten luz, 00:09:37.000 --> 00:09:40.000 ben sexa real ou metafórica, 00:09:40.000 --> 00:09:43.000 non pode facer exames, 00:09:43.000 --> 00:09:46.000 e nunca poderemos saber o que esa xente sabe. 00:09:46.000 --> 00:09:49.000 Non deberiamos deixalos a eles nin a nós mesmos, 00:09:49.000 --> 00:09:51.000 nesa escuridade. 00:09:51.000 --> 00:09:54.000 Deberíamos aledarnos da diversidade. 00:09:54.000 --> 00:09:57.000 Sede conscientes da vosa propia lingua 00:09:57.000 --> 00:10:01.000 e usádea para estender grandes ideas. NOTE Paragraph 00:10:01.000 --> 00:10:08.000 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:08.000 --> 00:10:10.000 Moitas grazas. NOTE Paragraph 00:10:10.000 --> 00:10:13.000 (Aplausos)