Estes son obxectos simples: reloxos, chaves, peites, lentes Son as cousas que as vítimas do xenocidio en Bosnia levaron na súa viaxe final. Todos estamos afeitos a estes obxectos mundanos e cotiáns O feito de que algunhas vítimas levaran obxectos persoais como a pasta ou o cepillo de dentes é un sinal de que non tiñan idea do que ía ocurrirlles. Adoitaban dicirlles que serían intercambiados por prisioneiros de guerra Estes obxectos recuperáronse de numerosas foxas comúns da miña terra E, mentras falamos, os forenses exhuman corpos das novas foxas comúns que se atopan 20 anos despois da guerra. E son quizais os maiores descubertos Durante os catro anos do conflito que desolou Bosnia a principios dos 90, uns 30000 cidadáns, civís a maioría, desapareceron, seguramente asasinados e outros 100000 foron aniquilados durante as operacións de combate. Os máis foron asasinados, ben nos primeiros días da guerra, ou ben cara a fin do conflito, cando as áreas seguras da ONU como Srebrenica caeron en mans do exército serbio. O tribunal penal internacional ditou sentencias por crimes contra a humanidade e xenocidio Xenocidio é a destrución sistemática e deliberada dun grupo étnico, político, relixioso e racial O xenocicio é tanto a matanza como a destrución da propiedade, da herdanza cultural, e básicamente de calquera sinal da súa existencia O xenocidio non é só a matanza; é a negación da identidade Sempre hai pistas, non hai crime perfecto Sempre quedan remanentes dos aniquilados que duran máis que os seus corpos fráxiles ou que a nosa selectiva e débil memoria. Estes obxectos recupéranse de moitas foxas comúns e o obxectivo da recolecta de obxectos é un proceso único de identificación dos que desapareceron no primeiro acto de xenocidio en Europa dende o Holocausto Ningún corpo debería quedar sen descubrir ou sen identidicar Unha vez se recuperan estes obxectos que as vítimas levaban camiño á súa execución límpanse, analízanse catalóganse e almacénanse Miles deles métense en bolsas de plástico como as que vedes en CSI Úsanse como ferramentas forenses na identificación visual de vítimas pero tamén como probas valiosoas nos xuizos de guerra Ás veces chámase a supervivintes para identificalos físicamente pero o recoñecemento visual é un proceso difícil, inefectivo e doloroso Unha vez que forenses, médicos e avogados acaban con eles pasan a ser orfos da narrativa Moitos destrúense, aínda que non o crean ou simplemente aplílanse fóra da vista e da mente Hai uns anos decidín fotografiar cada obxecto exhumado para crear un sinxelo arquivo visual que os supervivintes manexasen Como narrador, gústame dar aos demais, gústame promover a sensibilización e neste caso, alguñen pode recoñecer os obxectos ou polo menos que as fotos quedan como recordo permanente, fiel e imparcial do que ocorreu. A fotografía é empatía e a familiaridade destes obxectos garantízaa. Neste caso, eu son só unha ferramenta, un forense, se queredes, e o resultado é o máis parecido posíbel a un documento Cando se identifique aos desaparecidos so quedarán os corpos descompoñéndose e estes obxectos cotiáns En toda a súa simplicidade Estes obxectos son o testamento para a identidade das vítimas o último recordatorio de que esas persoas existiron Moitas grazas (Aplausos)