Estes son obxectos simples:
reloxos, chaves, peites, lentes
Son as cousas que as vítimas
do xenocidio en Bosnia
levaron na súa viaxe final.
Todos estamos afeitos a estes obxectos
mundanos e cotiáns
O feito de que algunhas vítimas
levaran obxectos persoais como
a pasta ou o cepillo de dentes
é un sinal de que non tiñan idea
do que ía ocurrirlles.
Adoitaban dicirlles
que serían intercambiados
por prisioneiros de guerra
Estes obxectos recuperáronse
de numerosas foxas comúns da miña terra
E, mentras falamos,
os forenses exhuman corpos
das novas foxas comúns que se atopan
20 anos despois da guerra.
E son quizais os maiores descubertos
Durante os catro anos do conflito
que desolou Bosnia a principios dos 90,
uns 30000 cidadáns, civís a maioría,
desapareceron,
seguramente asasinados
e outros 100000 foron aniquilados
durante as operacións de combate.
Os máis foron asasinados,
ben nos primeiros días da guerra,
ou ben cara a fin do conflito,
cando as áreas seguras da
ONU como Srebrenica
caeron en mans do exército serbio.
O tribunal penal internacional
ditou sentencias
por crimes contra a humanidade e xenocidio
Xenocidio é a destrución sistemática
e deliberada dun grupo étnico,
político, relixioso e racial
O xenocicio é tanto a matanza
como a destrución da propiedade,
da herdanza cultural,
e básicamente de calquera sinal
da súa existencia
O xenocidio non é só a matanza;
é a negación da identidade
Sempre hai pistas,
non hai crime perfecto
Sempre quedan remanentes dos aniquilados
que duran máis que os seus corpos fráxiles
ou que a nosa selectiva e débil memoria.
Estes obxectos recupéranse
de moitas foxas comúns
e o obxectivo da recolecta de obxectos
é un proceso único
de identificación dos que desapareceron
no primeiro acto de xenocidio en Europa
dende o Holocausto
Ningún corpo debería quedar sen descubrir
ou sen identidicar
Unha vez se recuperan
estes obxectos que as vítimas levaban
camiño á súa execución
límpanse, analízanse
catalóganse e almacénanse
Miles deles métense
en bolsas de plástico
como as que vedes en CSI
Úsanse como ferramentas forenses
na identificación visual de vítimas
pero tamén como probas valiosoas
nos xuizos de guerra
Ás veces chámase a supervivintes
para identificalos físicamente
pero o recoñecemento visual
é un proceso difícil,
inefectivo e doloroso
Unha vez que forenses, médicos e avogados
acaban con eles
pasan a ser orfos da narrativa
Moitos destrúense,
aínda que non o crean
ou simplemente aplílanse
fóra da vista e da mente
Hai uns anos decidín
fotografiar cada obxecto exhumado
para crear un sinxelo arquivo visual
que os supervivintes manexasen
Como narrador, gústame dar aos demais,
gústame promover a sensibilización
e neste caso, alguñen pode
recoñecer os obxectos
ou polo menos que as fotos quedan
como recordo permanente,
fiel e imparcial
do que ocorreu.
A fotografía é empatía
e a familiaridade destes
obxectos garantízaa.
Neste caso, eu son só unha ferramenta,
un forense, se queredes,
e o resultado é o máis parecido
posíbel a un documento
Cando se identifique aos desaparecidos
so quedarán os corpos descompoñéndose
e estes obxectos cotiáns
En toda a súa simplicidade
Estes obxectos son o testamento
para a identidade das vítimas
o último recordatorio
de que esas persoas existiron
Moitas grazas
(Aplausos)