A Visualización é a base do meu traballo. Eu ensino sobre saúde global. E sei, que ter todos os datos non é suficiente. Teño que ensinalo de maneira que a xente o disfrute e o entenda. Agora, vou tentar algo que nunca fixera antes: mostrar os datos no espazo real, cun pouco de asistencia técnica por parte do meu equipo. Polo tanto, imos aló: primeiro un eixe para a saúde. Esperanza de vida dende os 25 anos ós 75 anos. E aquí abaixo, un eixe para a riqueza: Ingresos por persoa: 400, 4.000 e 40.000 dolares. Aquí abaixo, significa pobre e doente, e aquí enriba sería rico e saudábel. Agora vouvos mostrar o mundo fai 200 anos atrás, no 1810. Aquí representamos todos os países: Europa marrón, Asia vermello, Oriente medio verde, Africa Subsahariana azul, e America sería amarelo. Ademais o tamaño do círculo representa o tamaño da poboación dese país. En 1810, estaba bastante saturada a rexión de aquí embaixo, non si? Todos os países eran enfermos e pobres, esperanza de vida estaba embaixo dos 40 pra todos os países e só o Reino Unido e os Países Baixos estaban lixeiramente mellor, mais non moito. E agora, comeza o mundo a evolucionar. A revolución industrial fixo ós países europeos e algún máis separarse do resto, pero os países colonizados en Asia e Africa, quedaron parados na parte baixa da gráfica. E finalmente, os países occidentais foron máis e maís sans. E agora, reduzamos a velocidade para mostrar o impacto da primeira guerra mundial e a epidemia española de gripe. Qué desfeita! E agora bulimos a través dos anos 20 e 30 do século XX. E, a pesares da Gran Depresion, os países occidentais consolidáronse cara maiores niveis de riqueza e benestar. Xapón e outros países intentaron seguilos mais a maioría seguían estancados na parte máis baixa. Agora, tralas traxedias da Segunda Guerra Mundial, paramos un pouco a mirar o mundo no 1948. 1948 foi un gran ano: a guerra rematara, Suecia gañou máis medallas que ningún outro país nas Olimpiadas de Inverno, e nacín eu. Mais as diferencias entre os países do mundo eran as maiores. Os Estados Unidos eran os líderes, Xapón seguíaos de preto, Brasil avanzaba paseniñamente por detrás, Iran era algo máis rico grazas o petróleo mais a esperanza de vida era curta. E os xigantes asiáticos: China, India, Pakistan, Bangladesh e Indonesia, Eles aínda seguían sendo pobres, mais atención ó que está a piques de suceder! Imos aló! Durante a miña vida, as colonias orixinais independizáronse, e finalmente acadaron mellores niveis de saúde, e cada vez mellores, e mellores, E nos anos 70 do século XX, países de Asia e Latinoamérica comezaron a alcanzaren ós países occidentais: Eles chegaron a ser os "países emerxentes". Algún país de Africa seguíu o exemplo, outros porém, quedaron freados polas guerras civís, outro polo virus da SIDA. E agora podemos o mundo de hoxe en día, coas estadísticas máis actuais. A maior parte da xente viven na parte media. Mais ó mesmo tempo temos grandes diferencias entre os países máis desenrolados e os máis atrasados e ademais temos grandes desigualdades dentro dos propios países. Estas burbullas mostras as medias do país, mais podemos dividilas. Collamos China, partímola en provincias. Aquí estaría Shanghai. Ten o mesmo nivel de riqueza e benestar que Italia. E aquí esta a provincia interior e pobre de Guizhou, que estaría ó mesmo nivel que Pakistan e se aínda continuo a división as partes rurais son coma Ghana en Africa. Non obstante, a pesares das disparidades de hoxe en día, temos visto nestes 200 anos un progreso destacábel. A gran distancia histórica entre o Occidente e o resto, agora estase a pechar. Somos un mundo enteiro a converxer, e vexo unha tendencia común no noso futuro, coa axuda da cooperación, comercio, tecnoloxía verde e a paz. É totalmente posible que calquera poida chegar a esquina do benestar-riqueza. Ben, O que acabamos de ver nun poucos minutos é a historia de 200 países mostrados dende fai 200 anos atrás. Isto involucrou o tratamento de 120.000 números. Bastante sinxelo, non si?