WEBVTT 00:00:00.886 --> 00:00:01.771 Cando era cativo, 00:00:01.771 --> 00:00:04.967 miña nai e máis miña tía, sempre contaban historias sobre Kalaupapa 00:00:05.227 --> 00:00:06.802 --a colonia de leprosos hawaiana 00:00:06.802 --> 00:00:09.007 rodeada polos acantilados máis altos do mundo-- 00:00:09.357 --> 00:00:10.889 e o Padre Damián, 00:00:10.893 --> 00:00:14.731 o misioneiro belga que dedicou a súa vida á comunidade hawaiana. 00:00:14.862 --> 00:00:16.685 Cando era unha enfermeira noviña, 00:00:16.685 --> 00:00:19.780 a miña tía ensinoulles ás monxas a coidar os leprosos que quedaban 00:00:19.780 --> 00:00:23.291 cen anos despois de que o Padre Damián falecese por mor da lepra. 00:00:24.181 --> 00:00:25.842 Lembro as historias que me contaba 00:00:25.842 --> 00:00:27.302 de cando baixaba nunha mula 00:00:27.302 --> 00:00:31.013 polos revirados carreiros dos acantilados, mentres meu tío tocaba co ukeleke 00:00:31.013 --> 00:00:34.004 as súas cancións hula favoritas de volta a Kalaupapa. 00:00:34.730 --> 00:00:36.085 Cando era novo, 00:00:36.085 --> 00:00:38.451 sentía una enorme curiosidade sobre varias cousas. 00:00:38.681 --> 00:00:43.731 A primeira, por que un misioneiro belga escollera vivir completamente illado 00:00:43.755 --> 00:00:45.035 en Kalaupapa sabendo que, 00:00:45.035 --> 00:00:47.199 sen dúbida ningunha, ía contaxiarse de lepra 00:00:47.223 --> 00:00:49.603 da comunidade á que pretendía axudar. 00:00:50.256 --> 00:00:51.723 E a segunda: 00:00:52.617 --> 00:00:54.978 De onde proviría a bacteria da lepra? 00:00:55.002 --> 00:00:56.757 E por que os Kānaka Maoli, 00:00:56.781 --> 00:00:58.870 o pobo indíxena de Hawaii, 00:00:59.054 --> 00:01:03.416 eran tan propensos a contraer a lepra, tamén chamada "Mai Pake"? 00:01:03.853 --> 00:01:07.567 Todo isto provocou en min curiosidade sobre o que nos fai únicos aos hawaianos 00:01:07.567 --> 00:01:09.788 ou sexa, o noso perfil xenético. 00:01:10.624 --> 00:01:12.908 Pero non foi ata o instituto cando me decatei, 00:01:12.932 --> 00:01:14.664 a través do Proxecto Xenoma Humano, 00:01:14.664 --> 00:01:16.767 que non era o único que tentaba 00:01:16.791 --> 00:01:19.619 conectar a nosa orixe xenética 00:01:19.643 --> 00:01:23.325 cos nosos potenciais de enfermidade, saúde e benestar. 00:01:23.911 --> 00:01:24.791 Cabía esperar que, 00:01:24.791 --> 00:01:28.731 tras os 2700 millóns de dólares investidos no proxecto, comezase unha era 00:01:28.741 --> 00:01:31.012 de medicina preditiva e preventiva 00:01:31.022 --> 00:01:33.485 baseada no noso perfil xenético único. 00:01:33.849 --> 00:01:35.555 Para min, sempre fora obvio 00:01:35.555 --> 00:01:38.277 que para alcanzar este soño, 00:01:38.335 --> 00:01:41.774 necesitariamos secuenciar unha cohorte de individuos ampla 00:01:42.298 --> 00:01:46.012 para obter un espectro completo da variación xenética humana no planeta. 00:01:46.327 --> 00:01:48.899 Por iso, dez anos máis tarde 00:01:48.899 --> 00:01:50.573 segue a impresionarme 00:01:50.597 --> 00:01:53.805 saber que o 96% dos estudos sobre o xenoma 00:01:53.805 --> 00:01:57.415 que relacionan as variacións xenéticas comúns con enfermidades concretas 00:01:57.439 --> 00:02:01.240 centráronse soamente en individuos de ascendencia europea. 00:02:02.059 --> 00:02:04.058 Non se necesita un doutoramento 00:02:04.058 --> 00:02:06.675 para ver que queda só o 4% para o resto da diversidade. 00:02:07.164 --> 00:02:09.292 E na miña propia investigación, 00:02:09.316 --> 00:02:11.825 descubrín que moito menos do un por cento 00:02:11.849 --> 00:02:14.953 se centrou en comunidades indíxenas como a miña. 00:02:15.481 --> 00:02:17.528 Polo tanto propóñovos esta pregunta: 00:02:17.552 --> 00:02:20.099 Para quen se deseñou o Proxecto Xenoma Humano? 00:02:20.803 --> 00:02:22.815 Igual que temos ollos e cabelo diferentes, 00:02:22.815 --> 00:02:24.873 metabolizamos os fármacos de forma diferente 00:02:24.873 --> 00:02:26.734 en función da variación do noso xenoma. 00:02:27.038 --> 00:02:29.669 Entón, como reaccionariades ao saber 00:02:29.669 --> 00:02:33.221 que o 95% dos ensaios clínicos 00:02:33.245 --> 00:02:37.661 inclúen só individuos de orixe europea? 00:02:38.387 --> 00:02:39.722 Este nesgo, 00:02:39.746 --> 00:02:43.587 e a falta continuada de compromiso coa poboación indíxena 00:02:43.611 --> 00:02:46.595 tanto nos ensaios clínicos como nos estudos do xenoma, 00:02:46.619 --> 00:02:49.559 é en parte o resultado da desconfianza. 00:02:50.893 --> 00:02:51.917 Por poñer un exemplo, 00:02:51.917 --> 00:02:55.996 en 1989 investigadores da Universidade Estatal de Arizona (UEA) 00:02:56.020 --> 00:02:59.586 recolleron mostras de sangue da tribo havasupai en Arizona, 00:02:59.610 --> 00:03:02.544 prometéndolles aliviar a carga que a diabetes tipo 2 00:03:02.568 --> 00:03:04.428 estaba a provocar na súa comunidade, 00:03:04.452 --> 00:03:08.337 pero logo deron media volta e usaron esas mostras 00:03:08.341 --> 00:03:10.144 --sen o consentimento dos havasupai-- 00:03:10.168 --> 00:03:13.593 para investigar a incidencia da esquizofrenia e a endogamia 00:03:13.617 --> 00:03:16.592 e así cuestionar as orixes históricas dos havasupai. 00:03:17.343 --> 00:03:19.845 Cando os havasupai descubriron isto, 00:03:19.845 --> 00:03:23.078 interpuxeron unha demanda e obtiveron 700.000 dólares, 00:03:23.102 --> 00:03:28.445 ademais de prohibir á UEA realizar investigacións na súa reserva. 00:03:29.005 --> 00:03:31.853 Isto provocou un efecto dominó 00:03:31.853 --> 00:03:33.855 que levaría ás tribos locais do suroeste 00:03:33.855 --> 00:03:35.409 --entre outras o pobo navajo, 00:03:35.409 --> 00:03:38.856 unha das maiores tribos do país-- a suspender a investigación xenética. 00:03:39.750 --> 00:03:42.370 A día de hoxe, e a pesar desta historia de desconfianza, 00:03:42.380 --> 00:03:45.005 sigo a crer que a poboación indíxena 00:03:45.005 --> 00:03:47.234 pode beneficiarse da investigación xenética 00:03:47.234 --> 00:03:49.609 E se non facemos algo axiña, 00:03:49.609 --> 00:03:52.446 as desigualdades no ámbito sanitario seguirán aumentando. 00:03:53.113 --> 00:03:54.308 Hawai, por exemplo, 00:03:54.342 --> 00:03:58.199 ten maior esperanza de vida que ningún outro estado dos EE. UU., 00:03:58.203 --> 00:04:00.980 pero aínda así os hawaianos nativos coma min, 00:04:01.154 --> 00:04:04.320 morremos unha década antes cós nosos veciños non nativos, 00:04:04.344 --> 00:04:07.585 porque temos un dos índices máis altos de diabetes tipo 2, 00:04:08.205 --> 00:04:08.976 de obesidade 00:04:09.176 --> 00:04:11.761 e pola primeira e segunda causas de morte nos EE. UU.: 00:04:11.821 --> 00:04:13.640 problemas cardiovasculares e cancro. 00:04:13.766 --> 00:04:15.335 Así que, como garantir 00:04:15.335 --> 00:04:18.654 que as poboacións con maior necesidade de secuenciación do seu xenoma 00:04:18.654 --> 00:04:20.324 non son as últimas en beneficiarse? 00:04:20.671 --> 00:04:24.984 O meu enfoque é facer a investigación xenética máis nativa, 00:04:25.158 --> 00:04:28.009 adaptando a tecnoloxía de secuenciación á poboación indíxena. 00:04:28.902 --> 00:04:32.183 Hai anos, era costume que os xenomas se secuenciaran nos laboratorios. 00:04:32.555 --> 00:04:35.143 Aquí hai unha imaxe dun secuenciador do xenoma clásico. 00:04:35.167 --> 00:04:36.318 É enorme, 00:04:36.342 --> 00:04:38.094 do tamaño dun refrixerador. 00:04:38.750 --> 00:04:40.857 Está claro que isto é unha limitación física. 00:04:41.321 --> 00:04:44.440 Pero, que pasaría se puidésemos secuenciar xenomas sobre a marcha? 00:04:45.210 --> 00:04:48.511 Poderiamos adaptar un secuenciador para que colla nun peto? 00:04:51.848 --> 00:04:54.246 Este secuenciador de nanoporos 00:04:54.270 --> 00:04:58.755 é 10000 veces máis pequeno que o tradicional. 00:04:58.779 --> 00:05:01.000 Este non ten limitacións físicas, 00:05:01.024 --> 00:05:05.150 non está conectado por cables a unha mesa de laboratorio, 00:05:05.154 --> 00:05:08.279 a grandes recipientes de substancias ou a pantallas de ordenador. 00:05:08.456 --> 00:05:13.607 Isto permite desenvolver a tecnoloxía secuenciadora 00:05:13.631 --> 00:05:16.243 dunha maneira envolvente e cooperativa, 00:05:16.267 --> 00:05:19.005 habilitando e estimulando ás poboacións indíxenas 00:05:20.476 --> 00:05:22.247 como científicos de a pé. 00:05:23.092 --> 00:05:25.648 Agora mesmo, 100 anos máis tarde en Kalaupapa, 00:05:25.672 --> 00:05:29.911 temos a tecnoloxía para secuenciar a bacteria da lepra en tempo real, 00:05:29.935 --> 00:05:32.823 usando secuenciadores portátiles, 00:05:32.847 --> 00:05:35.856 conectados remotamente á Internet 00:05:35.880 --> 00:05:37.182 e mais á nube. 00:05:38.480 --> 00:05:41.148 Pero sempre e cando isto sexa o que os hawaianos queren. 00:05:42.074 --> 00:05:43.370 No noso espazo, 00:05:43.394 --> 00:05:44.844 coas nosas condicións. 00:05:46.367 --> 00:05:52.172 IndiGenomics baséase na ciencia da xente para a xente. 00:05:52.196 --> 00:05:56.141 Comezaremos primeiro polo asesoramento das tribos, 00:05:56.165 --> 00:05:59.376 baseándonos na formación das comunidades indíxenas 00:05:59.400 --> 00:06:02.139 sobre o uso potencial e indebido da información xenética. 00:06:02.445 --> 00:06:05.875 Co tempo gustaríanos ter o noso instituto de investigación Indigenomics, 00:06:05.875 --> 00:06:08.074 para desenvolver os nosos propios experimentos 00:06:08.074 --> 00:06:10.754 e formar á seguinte xeración de investigadores indíxenas. 00:06:11.523 --> 00:06:12.572 Ao final, 00:06:12.662 --> 00:06:14.471 é necesario que os indíxenas 00:06:14.471 --> 00:06:17.700 non sexan simples suxeitos e tomen parte na investigación xenética. 00:06:18.179 --> 00:06:20.132 E para aqueles que o ven desde fóra, 00:06:20.156 --> 00:06:21.690 como era o caso do padre Damián, 00:06:22.625 --> 00:06:26.983 a comunidade científica necesita somerxerse na cultura indíxena 00:06:27.007 --> 00:06:28.960 ou morrer no intento. 00:06:28.984 --> 00:06:30.189 Mahalo. 00:06:30.213 --> 00:06:35.213 (Aplausos)