1 00:00:00,886 --> 00:00:01,771 Cando era cativo, 2 00:00:01,771 --> 00:00:04,967 miña nai e máis miña tía, sempre contaban historias sobre Kalaupapa 3 00:00:05,227 --> 00:00:06,802 --a colonia de leprosos hawaiana 4 00:00:06,802 --> 00:00:09,007 rodeada polos acantilados máis altos do mundo-- 5 00:00:09,357 --> 00:00:10,889 e o Padre Damián, 6 00:00:10,893 --> 00:00:14,731 o misioneiro belga que dedicou a súa vida á comunidade hawaiana. 7 00:00:14,862 --> 00:00:16,685 Cando era unha enfermeira noviña, 8 00:00:16,685 --> 00:00:19,780 a miña tía ensinoulles ás monxas a coidar os leprosos que quedaban 9 00:00:19,780 --> 00:00:23,291 cen anos despois de que o Padre Damián falecese por mor da lepra. 10 00:00:24,181 --> 00:00:25,842 Lembro as historias que me contaba 11 00:00:25,842 --> 00:00:27,302 de cando baixaba nunha mula 12 00:00:27,302 --> 00:00:31,013 polos revirados carreiros dos acantilados, mentres meu tío tocaba co ukeleke 13 00:00:31,013 --> 00:00:34,004 as súas cancións hula favoritas de volta a Kalaupapa. 14 00:00:34,730 --> 00:00:36,085 Cando era novo, 15 00:00:36,085 --> 00:00:38,451 sentía una enorme curiosidade sobre varias cousas. 16 00:00:38,681 --> 00:00:43,731 A primeira, por que un misioneiro belga escollera vivir completamente illado 17 00:00:43,755 --> 00:00:45,035 en Kalaupapa sabendo que, 18 00:00:45,035 --> 00:00:47,199 sen dúbida ningunha, ía contaxiarse de lepra 19 00:00:47,223 --> 00:00:49,603 da comunidade á que pretendía axudar. 20 00:00:50,256 --> 00:00:51,723 E a segunda: 21 00:00:52,617 --> 00:00:54,978 De onde proviría a bacteria da lepra? 22 00:00:55,002 --> 00:00:56,757 E por que os Kānaka Maoli, 23 00:00:56,781 --> 00:00:58,870 o pobo indíxena de Hawaii, 24 00:00:59,054 --> 00:01:03,416 eran tan propensos a contraer a lepra, tamén chamada "Mai Pake"? 25 00:01:03,853 --> 00:01:07,567 Todo isto provocou en min curiosidade sobre o que nos fai únicos aos hawaianos 26 00:01:07,567 --> 00:01:09,788 ou sexa, o noso perfil xenético. 27 00:01:10,624 --> 00:01:12,908 Pero non foi ata o instituto cando me decatei, 28 00:01:12,932 --> 00:01:14,664 a través do Proxecto Xenoma Humano, 29 00:01:14,664 --> 00:01:16,767 que non era o único que tentaba 30 00:01:16,791 --> 00:01:19,619 conectar a nosa orixe xenética 31 00:01:19,643 --> 00:01:23,325 cos nosos potenciais de enfermidade, saúde e benestar. 32 00:01:23,911 --> 00:01:24,791 Cabía esperar que, 33 00:01:24,791 --> 00:01:28,731 tras os 2700 millóns de dólares investidos no proxecto, comezase unha era 34 00:01:28,741 --> 00:01:31,012 de medicina preditiva e preventiva 35 00:01:31,022 --> 00:01:33,485 baseada no noso perfil xenético único. 36 00:01:33,849 --> 00:01:35,555 Para min, sempre fora obvio 37 00:01:35,555 --> 00:01:38,277 que para alcanzar este soño, 38 00:01:38,335 --> 00:01:41,774 necesitariamos secuenciar unha cohorte de individuos ampla 39 00:01:42,298 --> 00:01:46,012 para obter un espectro completo da variación xenética humana no planeta. 40 00:01:46,327 --> 00:01:48,899 Por iso, dez anos máis tarde 41 00:01:48,899 --> 00:01:50,573 segue a impresionarme 42 00:01:50,597 --> 00:01:53,805 saber que o 96% dos estudos sobre o xenoma 43 00:01:53,805 --> 00:01:57,415 que relacionan as variacións xenéticas comúns con enfermidades concretas 44 00:01:57,439 --> 00:02:01,240 centráronse soamente en individuos de ascendencia europea. 45 00:02:02,059 --> 00:02:04,058 Non se necesita un doutoramento 46 00:02:04,058 --> 00:02:06,675 para ver que queda só o 4% para o resto da diversidade. 47 00:02:07,164 --> 00:02:09,292 E na miña propia investigación, 48 00:02:09,316 --> 00:02:11,825 descubrín que moito menos do un por cento 49 00:02:11,849 --> 00:02:14,953 se centrou en comunidades indíxenas como a miña. 50 00:02:15,481 --> 00:02:17,528 Polo tanto propóñovos esta pregunta: 51 00:02:17,552 --> 00:02:20,099 Para quen se deseñou o Proxecto Xenoma Humano? 52 00:02:20,803 --> 00:02:22,815 Igual que temos ollos e cabelo diferentes, 53 00:02:22,815 --> 00:02:24,873 metabolizamos os fármacos de forma diferente 54 00:02:24,873 --> 00:02:26,734 en función da variación do noso xenoma. 55 00:02:27,038 --> 00:02:29,669 Entón, como reaccionariades ao saber 56 00:02:29,669 --> 00:02:33,221 que o 95% dos ensaios clínicos 57 00:02:33,245 --> 00:02:37,661 inclúen só individuos de orixe europea? 58 00:02:38,387 --> 00:02:39,722 Este nesgo, 59 00:02:39,746 --> 00:02:43,587 e a falta continuada de compromiso coa poboación indíxena 60 00:02:43,611 --> 00:02:46,595 tanto nos ensaios clínicos como nos estudos do xenoma, 61 00:02:46,619 --> 00:02:49,559 é en parte o resultado da desconfianza. 62 00:02:50,893 --> 00:02:51,917 Por poñer un exemplo, 63 00:02:51,917 --> 00:02:55,996 en 1989 investigadores da Universidade Estatal de Arizona (UEA) 64 00:02:56,020 --> 00:02:59,586 recolleron mostras de sangue da tribo havasupai en Arizona, 65 00:02:59,610 --> 00:03:02,544 prometéndolles aliviar a carga que a diabetes tipo 2 66 00:03:02,568 --> 00:03:04,428 estaba a provocar na súa comunidade, 67 00:03:04,452 --> 00:03:08,337 pero logo deron media volta e usaron esas mostras 68 00:03:08,341 --> 00:03:10,144 --sen o consentimento dos havasupai-- 69 00:03:10,168 --> 00:03:13,593 para investigar a incidencia da esquizofrenia e a endogamia 70 00:03:13,617 --> 00:03:16,592 e así cuestionar as orixes históricas dos havasupai. 71 00:03:17,343 --> 00:03:19,845 Cando os havasupai descubriron isto, 72 00:03:19,845 --> 00:03:23,078 interpuxeron unha demanda e obtiveron 700.000 dólares, 73 00:03:23,102 --> 00:03:28,445 ademais de prohibir á UEA realizar investigacións na súa reserva. 74 00:03:29,005 --> 00:03:31,853 Isto provocou un efecto dominó 75 00:03:31,853 --> 00:03:33,855 que levaría ás tribos locais do suroeste 76 00:03:33,855 --> 00:03:35,409 --entre outras o pobo navajo, 77 00:03:35,409 --> 00:03:38,856 unha das maiores tribos do país-- a suspender a investigación xenética. 78 00:03:39,750 --> 00:03:42,370 A día de hoxe, e a pesar desta historia de desconfianza, 79 00:03:42,380 --> 00:03:45,005 sigo a crer que a poboación indíxena 80 00:03:45,005 --> 00:03:47,234 pode beneficiarse da investigación xenética 81 00:03:47,234 --> 00:03:49,609 E se non facemos algo axiña, 82 00:03:49,609 --> 00:03:52,446 as desigualdades no ámbito sanitario seguirán aumentando. 83 00:03:53,113 --> 00:03:54,308 Hawai, por exemplo, 84 00:03:54,342 --> 00:03:58,199 ten maior esperanza de vida que ningún outro estado dos EE. UU., 85 00:03:58,203 --> 00:04:00,980 pero aínda así os hawaianos nativos coma min, 86 00:04:01,154 --> 00:04:04,320 morremos unha década antes cós nosos veciños non nativos, 87 00:04:04,344 --> 00:04:07,585 porque temos un dos índices máis altos de diabetes tipo 2, 88 00:04:08,205 --> 00:04:08,976 de obesidade 89 00:04:09,176 --> 00:04:11,761 e pola primeira e segunda causas de morte nos EE. UU.: 90 00:04:11,821 --> 00:04:13,640 problemas cardiovasculares e cancro. 91 00:04:13,766 --> 00:04:15,335 Así que, como garantir 92 00:04:15,335 --> 00:04:18,654 que as poboacións con maior necesidade de secuenciación do seu xenoma 93 00:04:18,654 --> 00:04:20,324 non son as últimas en beneficiarse? 94 00:04:20,671 --> 00:04:24,984 O meu enfoque é facer a investigación xenética máis nativa, 95 00:04:25,158 --> 00:04:28,009 adaptando a tecnoloxía de secuenciación á poboación indíxena. 96 00:04:28,902 --> 00:04:32,183 Hai anos, era costume que os xenomas se secuenciaran nos laboratorios. 97 00:04:32,555 --> 00:04:35,143 Aquí hai unha imaxe dun secuenciador do xenoma clásico. 98 00:04:35,167 --> 00:04:36,318 É enorme, 99 00:04:36,342 --> 00:04:38,094 do tamaño dun refrixerador. 100 00:04:38,750 --> 00:04:40,857 Está claro que isto é unha limitación física. 101 00:04:41,321 --> 00:04:44,440 Pero, que pasaría se puidésemos secuenciar xenomas sobre a marcha? 102 00:04:45,210 --> 00:04:48,511 Poderiamos adaptar un secuenciador para que colla nun peto? 103 00:04:51,848 --> 00:04:54,246 Este secuenciador de nanoporos 104 00:04:54,270 --> 00:04:58,755 é 10000 veces máis pequeno que o tradicional. 105 00:04:58,779 --> 00:05:01,000 Este non ten limitacións físicas, 106 00:05:01,024 --> 00:05:05,150 non está conectado por cables a unha mesa de laboratorio, 107 00:05:05,154 --> 00:05:08,279 a grandes recipientes de substancias ou a pantallas de ordenador. 108 00:05:08,456 --> 00:05:13,607 Isto permite desenvolver a tecnoloxía secuenciadora 109 00:05:13,631 --> 00:05:16,243 dunha maneira envolvente e cooperativa, 110 00:05:16,267 --> 00:05:19,005 habilitando e estimulando ás poboacións indíxenas 111 00:05:20,476 --> 00:05:22,247 como científicos de a pé. 112 00:05:23,092 --> 00:05:25,648 Agora mesmo, 100 anos máis tarde en Kalaupapa, 113 00:05:25,672 --> 00:05:29,911 temos a tecnoloxía para secuenciar a bacteria da lepra en tempo real, 114 00:05:29,935 --> 00:05:32,823 usando secuenciadores portátiles, 115 00:05:32,847 --> 00:05:35,856 conectados remotamente á Internet 116 00:05:35,880 --> 00:05:37,182 e mais á nube. 117 00:05:38,480 --> 00:05:41,148 Pero sempre e cando isto sexa o que os hawaianos queren. 118 00:05:42,074 --> 00:05:43,370 No noso espazo, 119 00:05:43,394 --> 00:05:44,844 coas nosas condicións. 120 00:05:46,367 --> 00:05:52,172 IndiGenomics baséase na ciencia da xente para a xente. 121 00:05:52,196 --> 00:05:56,141 Comezaremos primeiro polo asesoramento das tribos, 122 00:05:56,165 --> 00:05:59,376 baseándonos na formación das comunidades indíxenas 123 00:05:59,400 --> 00:06:02,139 sobre o uso potencial e indebido da información xenética. 124 00:06:02,445 --> 00:06:05,875 Co tempo gustaríanos ter o noso instituto de investigación Indigenomics, 125 00:06:05,875 --> 00:06:08,074 para desenvolver os nosos propios experimentos 126 00:06:08,074 --> 00:06:10,754 e formar á seguinte xeración de investigadores indíxenas. 127 00:06:11,523 --> 00:06:12,572 Ao final, 128 00:06:12,662 --> 00:06:14,471 é necesario que os indíxenas 129 00:06:14,471 --> 00:06:17,700 non sexan simples suxeitos e tomen parte na investigación xenética. 130 00:06:18,179 --> 00:06:20,132 E para aqueles que o ven desde fóra, 131 00:06:20,156 --> 00:06:21,690 como era o caso do padre Damián, 132 00:06:22,625 --> 00:06:26,983 a comunidade científica necesita somerxerse na cultura indíxena 133 00:06:27,007 --> 00:06:28,960 ou morrer no intento. 134 00:06:28,984 --> 00:06:30,189 Mahalo. 135 00:06:30,213 --> 00:06:35,213 (Aplausos)