WEBVTT 00:00:13.030 --> 00:00:15.000 POTENCIAS DE 10 00:00:15.300 --> 00:00:17.200 UN FILME QUE TRATA SOBRE O TAMAŃO RELATIVO 00:00:17.200 --> 00:00:19.000 DAS COUSAS NO UNIVERSO 00:00:19.000 --> 00:00:21.000 E O EFECTO DE ENGADIR UN CERO MÁIS. 00:00:21.400 --> 00:00:24.500 FEITO POLA OFICINA DE CHARLES E RAY EAMES PARA IBM 00:00:33.410 --> 00:00:37.490 Un picnic a carón do lago, en Chicago, é o comezo dunha tarde de lecer 00:00:37.890 --> 00:00:39.570 a primeiros de outubro. 00:00:40.600 --> 00:00:43.100 Empezamos cunha imaxe de 1 metro de largura, 00:00:43.100 --> 00:00:45.010 que vemos a 1 metro de distancia. 00:00:45.550 --> 00:00:48.910 Agora cada 10 segundos afastarémonos 10 veces máis 00:00:49.610 --> 00:00:51.360 e o noso campo de visión será 10 veces maior. 00:00:52.760 --> 00:00:54.380 Este cadrado ten 10 m de largura. 00:00:54.380 --> 00:00:56.680 e logo de 10 segundos o seguinte cadrado 00:00:56.680 --> 00:00:58.320 será 10 veces máis largo. 00:00:58.570 --> 00:01:00.405 A imaxe está centrada nesta parella, 00:01:00.405 --> 00:01:02.240 incluso despois de que os perdamos de vista. 00:01:02.820 --> 00:01:06.170 100 m de largo, a distancia que un home pode correr en 10 s. 00:01:06.830 --> 00:01:09.530 Os coches enchen a autoestrada, os barcos repousan no peirao. 00:01:10.370 --> 00:01:12.230 A bancada de cores é a do estadio Soldier 's Field. 00:01:12.970 --> 00:01:15.790 Este cadrado ten 1 km de largura, 1000 m, 00:01:16.570 --> 00:01:18.810 a distancia que un coche de carreiras percorre en 10 s. 00:01:19.230 --> 00:01:21.190 Vemos a gran cidade á beira do lago. 00:01:22.340 --> 00:01:24.440 10 elevado a 4 m = 10 km, 00:01:25.270 --> 00:01:27.900 a distancia que un avión supersónico voa en 10 s. 00:01:28.500 --> 00:01:30.185 Vemos o bordo redondo do lago Michigan, 00:01:30.185 --> 00:01:31.870 despois o gran lago enteiro. 00:01:32.430 --> 00:01:34.305 10 elevado a 5 m, a distancia que un satélite en órbita 00:01:34.305 --> 00:01:36.180 cobre en 10 segundos. 00:01:37.380 --> 00:01:40.330 Grandes formacións de nubes, o tempo do día no Medio Oeste. 00:01:42.070 --> 00:01:45.560 10 elevado a 6 = 1.000.000, un millón de metros. 00:01:46.480 --> 00:01:48.220 Axińa a Terra amosará a súa sólida esfera. 00:01:51.820 --> 00:01:53.475 Xa podemos ver a Terra enteira, 00:01:53.475 --> 00:01:55.130 xusto cuando levamos un minuto de viaxe. 00:01:57.400 --> 00:01:59.150 A Terra faise pequena na distancia, 00:01:59.150 --> 00:02:00.900 mais as estrelas do fondo están tan lonxe 00:02:01.800 --> 00:02:03.150 que aínda non parecen moverse. 00:02:07.570 --> 00:02:09.680 Unha lińa esténdese á velocidade real da luz. 00:02:10.300 --> 00:02:12.690 En 1 segundo cruza a metade da órbita inclinada da Lúa. 00:02:22.700 --> 00:02:24.605 Agora marcamos unha pequena parte 00:02:24.605 --> 00:02:26.310 da traxectoria da Terra no seu xiro arredor do Sol. 00:02:27.590 --> 00:02:29.480 Agora vemos as órbitas dos planetas vecińos, 00:02:30.430 --> 00:02:34.160 Venus, Marte e Mercurio 00:02:35.100 --> 00:02:37.100 No noso campo de visión entra o brillante 00:02:37.100 --> 00:02:39.100 centro do sistema solar, o Sol, 00:02:41.280 --> 00:02:43.180 seguido polos grandes planetas exteriores, 00:02:43.180 --> 00:02:45.080 que se desprazan nas súas grandes órbitas. 00:02:50.050 --> 00:02:52.470 A de fóra é a de Plutón. 00:02:53.450 --> 00:02:57.110 Unha restra de cometas que apenas se ven completa o sistema solar. 00:03:02.350 --> 00:03:03.400 10 elevado a 14. 00:03:04.430 --> 00:03:07.080 O noso sistema solar redúcese a un punto brillante na distancia, 00:03:07.920 --> 00:03:11.290 o noso Sol convértese nunha estrela máis entre moitas. 00:03:12.270 --> 00:03:14.880 Dende aquí vemos catro constelacións austrais 00:03:15.350 --> 00:03:18.260 parecidas a como se ven dende o hemisferio sur da Terra. 00:03:22.870 --> 00:03:25.780 Este cadrado ten de largo 10 elevado a 16 m, un ano luz, 00:03:26.300 --> 00:03:27.970 e aínda non chegamos á estrela máis próxima. 00:03:29.300 --> 00:03:31.920 O noso último paso de 10 segundos levounos 00:03:32.120 --> 00:03:34.040 10 anos luz máis lonxe. O próximo serán 100. 00:03:34.400 --> 00:03:36.080 A nosa perspectiva cambia tanto agora en cada paso 00:03:36.830 --> 00:03:38.860 que incluso as estrelas do fondo parecen converxer 00:03:40.050 --> 00:03:43.540 Por fin pasamos a brillante estrela Arcturus e algunhas do Carro. 00:03:45.790 --> 00:03:49.770 Rodéannos nubes de gas e estrelas normais mais pouco familiares 00:03:50.120 --> 00:03:52.380 mentres viaxamos a través da nosa galaxia: a Vía Láctea. 00:03:58.880 --> 00:04:01.480 Uns pasos de xigante lévannos ao extrarradio da galaxia. 00:04:02.180 --> 00:04:03.760 Ao írmonos afastando empezamos a ver 00:04:04.340 --> 00:04:06.110 a gran espiral plana cara a nós. 00:04:07.310 --> 00:04:09.440 O tempo e o camińo que escollemos para saír de Chicago 00:04:10.020 --> 00:04:11.430 levounos ao exterior da galaxia 00:04:12.060 --> 00:04:13.960 seguindo un rumbo case perpendicular ao seu disco. 00:04:17.720 --> 00:04:20.329 Estas dúas pequenas galaxias satélite 00:04:20.910 --> 00:04:22.130 son as nubes de Magallanes. 00:04:23.120 --> 00:04:25.500 10 elevado a 22, un millón de anos luz. 00:04:28.290 --> 00:04:31.100 Os grupos de galaxias conforman un novo nivel de estrutura na escena. 00:04:32.160 --> 00:04:34.120 Os puntos brillantes xa non son simples estrelas, 00:04:34.810 --> 00:04:37.450 senón galaxias cheas de estrelas, vistas como unha soa 00:04:39.170 --> 00:04:42.430 Pasamos o gran cúmulo de galaxias de Virgo, entre outros moitos. 00:04:43.120 --> 00:04:44.330 100 millóns de anos luz. 00:04:45.220 --> 00:04:46.620 Mentres nos achegamos aos límites da nosa visión, 00:04:47.370 --> 00:04:49.510 paramos para empezar a viaxe de volta. 00:04:50.470 --> 00:04:53.060 Esta escena solitaria, coas galaxias que parecen pó, 00:04:53.690 --> 00:04:55.500 é o aspecto que ten a inmensa maioría do espazo. 00:04:56.120 --> 00:04:57.560 Este baleiro é normal. 00:04:58.250 --> 00:05:01.030 A riqueza da zona máis próxima a nós é a excepción. 00:05:03.400 --> 00:05:04.710 A viaxe de volta ao picnic á beira do lago 00:05:05.120 --> 00:05:06.110 farémola de xeito acelerado. 00:05:06.750 --> 00:05:08.810 Reduciremos a distancia á superficie da Terra 00:05:09.290 --> 00:05:11.020 unha potencia de 10 cada 2 segundos. 00:05:11.750 --> 00:05:12.540 Cada 2 segundos 00:05:12.740 --> 00:05:14.900 cubriremos o 90% da distancia que resta 00:05:15.250 --> 00:05:16.370 para chegar á Terra. 00:05:17.210 --> 00:05:18.780 Noten a alternancia entre gran actividade 00:05:18.780 --> 00:05:20.350 e relativa inactividade, 00:05:20.850 --> 00:05:21.890 Un ritmo que continuará todo o tempo 00:05:21.890 --> 00:05:22.930 até chegarmos ao noso próximo obxectivo: 00:05:23.400 --> 00:05:25.480 un protón e o núcleo dun átomo de carbono baixo a pel da man 00:05:25.910 --> 00:05:28.090 do home adurmińado do picnic. 00:05:36.940 --> 00:05:38.740 10 elevado a 9 metros 00:05:38.740 --> 00:05:40.540 10 elevado a 8 m 00:05:40.540 --> 00:05:41.810 Sete 00:05:43.140 --> 00:05:44.370 Seis 00:05:45.220 --> 00:05:45.830 Cinco 00:05:47.270 --> 00:05:48.230 Catro 00:05:49.460 --> 00:05:50.190 Tres 00:05:51.280 --> 00:05:52.280 Dous 00:05:52.830 --> 00:05:53.580 Un 00:05:54.220 --> 00:05:55.700 Estamos de novo no punto de inicio 00:05:56.120 --> 00:05:58.840 Baixamos até un metro de distancia, 10 elevado a 0. 00:06:02.480 --> 00:06:04.620 Ahora reduciremos a distancia até o noso destino final un 90% 00:06:05.040 --> 00:06:06.520 cada 10 segundos. 00:06:07.080 --> 00:06:09.640 Cada paso é moito máis pequeno có anterior. 00:06:15.340 --> 00:06:18.910 A 10 elevado a -2, unha centésima de metro, 1 cm, 00:06:19.590 --> 00:06:21.470 achegámonos á superficie da man. 00:06:25.170 --> 00:06:27.080 En poucos segundos entraremos na pel 00:06:28.040 --> 00:06:30.720 e atravesaremos capa tras capa, dende as células mortas externas 00:06:30.720 --> 00:06:33.100 até o interior dun pequeno glóbulo no sangue. 00:06:34.920 --> 00:06:36.530 As capas de pel aparecen e desaparecen. 00:06:36.990 --> 00:06:40.010 Unha capa exterior de células, fibras de coláxeno. 00:06:41.950 --> 00:06:43.630 Os capilares que conteńen os glóbulos vermellos no sangue 00:06:44.030 --> 00:06:46.170 e un arrugado linfocito. 00:06:47.490 --> 00:06:48.930 Entramos no glóbulo branco. 00:06:49.300 --> 00:06:53.470 Entre os seus orgánulos vitais, a parede porosa do núcleo celular. 00:06:56.730 --> 00:06:58.880 O núcleo contén o material xenético do home 00:06:59.420 --> 00:07:01.900 dentro dos fíos enfiados de ADN. 00:07:03.520 --> 00:07:06.290 Achegámonos á propia dobre hélice. 00:07:06.660 --> 00:07:08.690 A molécula, como unha longa escaleira enrolada 00:07:09.000 --> 00:07:12.320 cuxos chanzos son parellas de bases que deletrean dúas veces, 00:07:12.320 --> 00:07:15.740 cun alfabeto de catro letras, unha potente mensaxe xenética. 00:07:16.520 --> 00:07:19.630 Na escala atómica, a interacción entre a forma e o movemento 00:07:20.040 --> 00:07:21.150 faise máis visíbel. 00:07:22.380 --> 00:07:25.200 Centrámonos nun grupo de tres átomos de hidróxeno 00:07:25.490 --> 00:07:27.560 ligados por forzas eléctricas a un átomo de carbono. 00:07:28.580 --> 00:07:31.410 Catro electróns forman a capa exterior do átomo de carbono. 00:07:32.010 --> 00:07:33.490 Aparecen en movemento cuántico 00:07:33.550 --> 00:07:35.440 coma un enxame de faíscas. 00:07:35.630 --> 00:07:38.030 A 10 elevado a -10 m, 1 angstrom, 00:07:38.440 --> 00:07:40.960 atopámonos sobre estes electróns externos. 00:07:41.910 --> 00:07:43.590 Ahora achegámonos aos dous electróns interiores 00:07:43.850 --> 00:07:45.110 nun enxame aínda máis comprimido. 00:07:47.150 --> 00:07:49.010 Mentres nos diriximos ao centro de atracción do átomo 00:07:49.400 --> 00:07:51.310 entramos nun vasto espazo interior. 00:07:54.420 --> 00:07:58.240 Por fin, o núcleo de carbono, tan masivo e tan pequeno. 00:07:59.210 --> 00:08:01.820 O núcleo de carbono contén seis protóns e seis neutróns. 00:08:04.950 --> 00:08:07.280 Estamos no dominio dos módulos universais. 00:08:08.010 --> 00:08:11.450 Hai protóns e neutróns en cada núcleo, electróns en cada átomo 00:08:12.230 --> 00:08:13.860 e todo está formado por átomos, 00:08:13.860 --> 00:08:15.490 dende as moléculas até a galaxia máis lonxana. 00:08:18.510 --> 00:08:20.400 Cando un só protón enche a escena, 00:08:20.780 --> 00:08:22.500 chegamos á fronteira do que hoxe cońecemos. 00:08:23.000 --> 00:08:25.560 Serán estes uns quarks en intensa interacción? 00:08:26.440 --> 00:08:28.540 A nosa viaxe levounos a través de 40 potencias de 10. 00:08:29.180 --> 00:08:30.900 Se isto que vemos agora o tomamos coma 1 unidade 00:08:31.240 --> 00:08:33.570 entón a imaxe dos cúmulos de galaxias que vimos antes 00:08:34.110 --> 00:08:36.095 é 10 elevado a 40, ou sexa, 00:08:36.095 --> 00:08:38.080 un 1 seguido de 40 ceros. 00:08:40.799 --> 00:08:42.400 MÚSICA COMPOSTA E INTERPRETADA POR ELMER BERNSTEIN 00:08:42.400 --> 00:08:43.400 NARRADO POR PHILIP MORRISON 00:08:57.400 --> 00:08:59.400 Versión galega dos subtítulos: Martin Pawley