1 00:00:00,587 --> 00:00:02,864 O máis grande e devastador 2 00:00:02,864 --> 00:00:05,661 proxecto ambiental e industrial do mundo 3 00:00:05,661 --> 00:00:07,120 está situado no corazón 4 00:00:07,120 --> 00:00:09,537 do bosque máis grande e mellor conservado do mundo: 5 00:00:09,537 --> 00:00:11,301 O bosque boreal de Canadá. 6 00:00:11,301 --> 00:00:15,593 Esténdese polo norte de Canadá, en Labrador, 7 00:00:15,593 --> 00:00:18,072 e é o fogar do último gran rabaño de caribús salvaxes 8 00:00:18,072 --> 00:00:20,200 do mundo, o rabaño do río George, 9 00:00:20,200 --> 00:00:22,696 aproximadamente 400 000 animais. 10 00:00:22,696 --> 00:00:25,217 Por desgraza, cando estiven alí non dei atopado ningún 11 00:00:25,217 --> 00:00:26,827 mais velaí as cornas como proba. 12 00:00:27,647 --> 00:00:30,376 Ao longo de todo o bosque boreal, temos a sorte de contar 13 00:00:30,376 --> 00:00:32,769 cunha incrible abundancia de zonas húmidas. 14 00:00:32,769 --> 00:00:36,883 As zonas húmidas son un dos ecosistemas máis ameazados no mundo. 15 00:00:36,883 --> 00:00:39,983 Son ecosistemas esenciais, 16 00:00:39,983 --> 00:00:42,202 filtran o aire e a auga, 17 00:00:42,202 --> 00:00:45,473 absorben grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, 18 00:00:45,473 --> 00:00:49,074 e son o fogar dunha enorme variedade de especies. 19 00:00:49,074 --> 00:00:51,292 Os bosques boreais son tamén o fogar onde 20 00:00:51,292 --> 00:00:55,627 case a metade das 800 especies de paxaros de América do Norte 21 00:00:55,627 --> 00:00:58,422 migran ao norte para reproducirse e criar. 22 00:01:00,142 --> 00:01:03,930 En Ontario, o bosque boreal esténdese ao sur 23 00:01:03,930 --> 00:01:05,887 ata a beira norte do lago Superior. 24 00:01:05,887 --> 00:01:09,752 Estes bosques boreais de incrible beleza 25 00:01:09,752 --> 00:01:12,534 inspiraron algunhas das máis famosas obras de arte 26 00:01:12,534 --> 00:01:16,172 da historia canadense: o Grupo dos Sete inspirouse moito 27 00:01:16,172 --> 00:01:17,700 nesta paisaxe, 28 00:01:17,700 --> 00:01:21,574 por iso, o boreal non é só un elemento clave 29 00:01:21,574 --> 00:01:23,161 do noso patrimonio natural, 30 00:01:23,161 --> 00:01:26,203 senón tamén unha parte importante do noso patrimonio cultural. 31 00:01:26,473 --> 00:01:30,132 En Manitoba, velaquí unha foto da ribeira oriental do lago Winnipeg, 32 00:01:30,312 --> 00:01:32,926 este lugar acaba de ser designado 33 00:01:32,926 --> 00:01:35,684 Patrimonio Cultural da UNESCO. 34 00:01:36,294 --> 00:01:39,439 En Saskatchewan, como por todo o bosque boreal, 35 00:01:39,439 --> 00:01:41,948 onde están algúns dos nosos ríos máis famosos, 36 00:01:41,948 --> 00:01:44,508 unha rede incrible de ríos e lagos 37 00:01:44,508 --> 00:01:47,044 que todos os nenos aprenden na escola, 38 00:01:47,044 --> 00:01:50,490 o río da Paz, o Athabasca, o Churchill aquí, o Mackenzie, 39 00:01:50,980 --> 00:01:54,746 e estas redes eran as rutas históricas 40 00:01:54,746 --> 00:01:56,995 para os viaxantes e comerciantes de peles, 41 00:01:56,995 --> 00:02:00,349 os primeiros exploradores non aborixes do Norte canadense 42 00:02:00,349 --> 00:02:03,179 que, inspirándose na xente das Primeiras Nacións, 43 00:02:03,179 --> 00:02:05,335 usaban canoas e remaban para explorar 44 00:02:05,335 --> 00:02:09,822 unha ruta comercial, unha Pasaxe do Noroeste para o comercio de pel. 45 00:02:09,822 --> 00:02:13,330 No Norte, o boreal está bordeado pola tundra, 46 00:02:13,330 --> 00:02:16,560 e xusto por baixo, no Yukón, 47 00:02:16,560 --> 00:02:19,933 temos este val incrible, o Tombstone. 48 00:02:19,933 --> 00:02:24,895 O val Tombstone acolle a manda de caribús de Grant. 49 00:02:24,895 --> 00:02:27,122 Seguro que escoitaron falar deles, 50 00:02:27,122 --> 00:02:28,985 porque crían a súa prole 51 00:02:28,985 --> 00:02:31,027 no Refuxio Nacional Ártico da Vida Salvaxe. 52 00:02:31,027 --> 00:02:32,413 Ben, o seu lugar de invernada 53 00:02:32,413 --> 00:02:35,461 tamén é esencial, e non ten protección 54 00:02:35,621 --> 00:02:38,330 e, en teoría, podería ser explotado 55 00:02:38,330 --> 00:02:41,398 para extraer os seus recursos de gas e minerais. 56 00:02:42,838 --> 00:02:45,047 O bordo oeste do boreal na Columbia Británica 57 00:02:45,047 --> 00:02:46,857 está marcado polas montañas Costeiras; 58 00:02:46,857 --> 00:02:48,405 e ao outro lado delas 59 00:02:48,405 --> 00:02:51,096 está o maior bosque temperado húmido que queda no mundo, 60 00:02:51,096 --> 00:02:52,728 o bosque pluvial do Grande Oso, 61 00:02:52,728 --> 00:02:55,605 do que falaremos con máis detalle nuns minutos. 62 00:02:55,835 --> 00:03:00,810 Todo o bosque boreal acolle unha enorme variedade 63 00:03:00,810 --> 00:03:02,628 de poboacións indíxenas 64 00:03:02,628 --> 00:03:05,630 e unha cultura rica e variada. 65 00:03:05,630 --> 00:03:07,682 Penso que unha das razóns por que 66 00:03:07,682 --> 00:03:11,564 tantos destes grupos conservaron unha ligazón co pasado, 67 00:03:11,564 --> 00:03:13,303 coñecen as súas linguas nativas, 68 00:03:13,303 --> 00:03:15,972 as cancións, as danzas, as tradicións, 69 00:03:15,972 --> 00:03:19,088 creo que en parte débese ao illamento, 70 00:03:19,088 --> 00:03:20,905 á extensión e ao carácter agreste 71 00:03:20,905 --> 00:03:24,795 deste ecosistema intacto case ao 95 por cento. 72 00:03:24,955 --> 00:03:26,644 E penso que especialmente agora 73 00:03:26,644 --> 00:03:29,695 que atravesamos unha crise ambiental, 74 00:03:29,695 --> 00:03:31,741 temos moito que aprender desta xente 75 00:03:31,741 --> 00:03:34,127 que viviu de forma tan sustentable neste ecosistema 76 00:03:34,127 --> 00:03:36,398 desde hai máis de 10 000 anos. 77 00:03:37,298 --> 00:03:40,188 No corazón deste ecosistema atopamos a antítese 78 00:03:40,188 --> 00:03:42,699 de todos estes valores dos que estivemos a falar 79 00:03:42,699 --> 00:03:44,496 e creo que son algúns dos valores que 80 00:03:44,496 --> 00:03:46,548 nos fan sentir orgullo de ser canadenses. 81 00:03:46,548 --> 00:03:48,865 Isto son as areas bituminosas de Alberta, 82 00:03:48,865 --> 00:03:51,520 as maiores reservas de petróleo do planeta 83 00:03:51,520 --> 00:03:53,290 fóra de Arabia Saudita. 84 00:03:53,290 --> 00:03:55,195 Atrapadas debaixo do bosque boreal 85 00:03:55,195 --> 00:03:57,409 e das zonas húmidas de Alberta setentrional 86 00:03:57,409 --> 00:04:01,362 están estas amplas reservas de betume pegañento alcatranado. 87 00:04:01,362 --> 00:04:04,020 E a súa minaría e explotación 88 00:04:04,020 --> 00:04:09,108 están creando devastación nunha escala que o planeta nunca viu. 89 00:04:10,458 --> 00:04:14,289 Quero tratar de transmitir unha idea da súa dimensión. 90 00:04:14,889 --> 00:04:16,433 Se miran ese camión alí, 91 00:04:16,433 --> 00:04:19,066 é o camión máis grande do seu tipo do planeta. 92 00:04:19,066 --> 00:04:21,724 É un camión basculante de 400 toneladas de capacidade 93 00:04:21,724 --> 00:04:25,554 e as súas dimensións son 13,7 metros 94 00:04:25,554 --> 00:04:29,057 por 10,7 metros de ancho e 7,7 metros de alto. 95 00:04:29,057 --> 00:04:30,596 Se me poño ao lado do camión, 96 00:04:30,596 --> 00:04:32,145 a miña cabeza andaría pola base 97 00:04:32,145 --> 00:04:33,940 da parte amarela dese tapacubos. 98 00:04:34,150 --> 00:04:36,349 Nas dimensións dese camión, 99 00:04:36,349 --> 00:04:40,256 poderían construír unha casa de dous pisos de 280 m² 100 00:04:40,256 --> 00:04:42,177 bastante facilmente. Fixen as contas. 101 00:04:42,287 --> 00:04:44,679 Así que en lugar de pensar niso como nun camión, 102 00:04:44,679 --> 00:04:47,737 pensen niso como en casas de 280 m². 103 00:04:47,737 --> 00:04:49,532 Non está mal para unha casa. 104 00:04:49,532 --> 00:04:52,543 E aliñen eses camións/casas un tras doutro 105 00:04:52,543 --> 00:04:55,093 desde aquí abaixo 106 00:04:55,093 --> 00:04:57,613 todo ata a cima. 107 00:04:57,993 --> 00:05:02,859 E logo pensen no grande que é esa sección tan pequena da mina. 108 00:05:03,779 --> 00:05:06,015 Agora, poden imaxinar iso mesmo 109 00:05:06,015 --> 00:05:07,519 aquí tamén. 110 00:05:07,519 --> 00:05:09,875 Aquí ven, por suposto, mentres se van afastando, 111 00:05:09,875 --> 00:05:11,849 estes camións convértense nun píxel. 112 00:05:12,339 --> 00:05:15,621 De novo, imaxinen ese cálculo dun lado ao outro. 113 00:05:15,791 --> 00:05:18,673 Como é de grande esa sección dunha mina? 114 00:05:19,793 --> 00:05:23,256 Esta sería unha área metropolitana enorme, ampla, 115 00:05:23,846 --> 00:05:26,257 probablemente moito maior que a cidade de Victoria. 116 00:05:26,397 --> 00:05:30,136 E esta é só unha de varias minas, 117 00:05:30,376 --> 00:05:32,584 10 minas ata agora. 118 00:05:32,584 --> 00:05:34,884 Esta é unha sección dun complexo de minaría, 119 00:05:35,014 --> 00:05:39,122 e hai sobre 40 ou 50 en proceso de aprobación. 120 00:05:39,122 --> 00:05:42,078 A ningunha mina de areas se lle negou a aprobación, 121 00:05:42,078 --> 00:05:44,452 por iso, esencialmente, é só cuestión dun cuño. 122 00:05:45,272 --> 00:05:48,110 O outro método de extracción é o chamado in situ. 123 00:05:48,247 --> 00:05:50,798 E aquí, cantidades inxentes de auga 124 00:05:50,798 --> 00:05:53,335 sobrequéntanse e bombéanse a través do chan, 125 00:05:53,335 --> 00:05:55,602 por estas redes de canalizacións, 126 00:05:55,602 --> 00:05:59,129 liñas sísmicas, camiños de perforación, estacións de compresores. 127 00:05:59,179 --> 00:06:01,771 E aínda que quizais isto non pareza tan repugnante 128 00:06:01,771 --> 00:06:05,388 como as minas, é mesmo máis daniño en certo sentido. 129 00:06:05,388 --> 00:06:10,383 Impacta e fragmenta unha parte máis grande da natureza virxe, 130 00:06:10,613 --> 00:06:13,582 onde hai unha redución do 90 por cento de especies clave, 131 00:06:13,582 --> 00:06:15,626 como o caribú do bosque e os osos grizzly, 132 00:06:15,626 --> 00:06:19,297 e consome aínda máis enerxía, máis auga, 133 00:06:19,297 --> 00:06:21,944 e produce polo menos tanto gas de efecto invernadoiro. 134 00:06:21,944 --> 00:06:24,929 Estes desenvolvementos in situ son polo menos 135 00:06:24,929 --> 00:06:28,069 tan daniños ecoloxicamente como as minas. 136 00:06:29,659 --> 00:06:32,195 O petróleo producido por calquera dos dous métodos 137 00:06:32,195 --> 00:06:36,676 produce máis emisións de gases de efecto invernadoiro ca calquera outro. 138 00:06:36,676 --> 00:06:38,559 Esa é unha das razóns de que lle chamen 139 00:06:38,559 --> 00:06:40,247 o petróleo máis sucio do mundo. 140 00:06:40,247 --> 00:06:42,365 É tamén unha das razóns de que sexa 141 00:06:42,365 --> 00:06:45,134 a fonte de carbono máis grande 142 00:06:45,134 --> 00:06:46,973 e de maior crecemento en Canadá, 143 00:06:46,973 --> 00:06:51,705 e é tamén a razón de que Canadá sexa agora o número tres 144 00:06:51,705 --> 00:06:55,561 en canto á xeración de carbono por persoa. 145 00:06:56,761 --> 00:07:01,109 Os estanques de residuos son os maiores encoros tóxicos do planeta. 146 00:07:02,169 --> 00:07:04,729 As areas petrolíferas, ou mellor, areas de alcatrán, 147 00:07:04,729 --> 00:07:07,131 areas petrolíferas é un nome de relacións públicas, 148 00:07:07,131 --> 00:07:09,807 porque as compañías petrolíferas nunca promoverían nada 149 00:07:09,807 --> 00:07:12,287 que lembre unha substancia pegañenta como o alcatrán, 150 00:07:12,287 --> 00:07:14,275 que é o petróleo máis sucio do mundo. 151 00:07:14,485 --> 00:07:16,819 Así que decidiron chamarlle areas petrolíferas. 152 00:07:16,909 --> 00:07:20,789 As areas de alcatrán consomen máis auga que ningún outro proceso petrolífero, 153 00:07:20,839 --> 00:07:23,973 de 3 a 5 barrís de auga son recollidos, contaminados 154 00:07:23,973 --> 00:07:26,485 e devoltos aos estanques de residuos, 155 00:07:26,485 --> 00:07:28,789 os encoros tóxicos máis grandes no planeta. 156 00:07:28,979 --> 00:07:31,049 SemCrude, só un dos concesionarios, 157 00:07:31,059 --> 00:07:33,141 en só un dos seus estanques de residuos, 158 00:07:33,141 --> 00:07:38,236 verte 250 000 toneladas de lixo tóxico cada día. 159 00:07:38,556 --> 00:07:40,709 Iso crea os encoros tóxicos máis grandes 160 00:07:40,709 --> 00:07:42,349 na historia do planeta. 161 00:07:42,629 --> 00:07:45,126 Por agora, isto é toxina abondo 162 00:07:45,126 --> 00:07:48,588 para cubrir o lago Erie con 30 cm de profundidade. 163 00:07:49,478 --> 00:07:54,525 E estas balsas de residuos poden ocupar máis de 3600 hectáreas. 164 00:07:54,525 --> 00:07:58,565 Iso é dous terzos do tamaño da illa enteira de Manhattan. 165 00:07:58,565 --> 00:08:01,558 É como a distancia desde Wall Street ao bordo sur de Manhattan 166 00:08:01,558 --> 00:08:03,635 ata quizais a rúa 120. 167 00:08:04,035 --> 00:08:05,429 Este é totalmente... 168 00:08:05,429 --> 00:08:08,108 Este é unha das maiores balsas de residuos. 169 00:08:08,198 --> 00:08:10,845 Isto podería ser, que? Non sei, a metade de Manhattan. 170 00:08:10,945 --> 00:08:12,305 E poden ver no contexto, 171 00:08:12,305 --> 00:08:14,329 que é só unha sección relativamente pequena 172 00:08:14,329 --> 00:08:18,752 dun de 10 complexos de minaría, mentres outros 40 ou 50 173 00:08:18,752 --> 00:08:20,901 están á espera de seren aprobados axiña. 174 00:08:22,151 --> 00:08:24,845 E, por suposto, estas balsas de residuos, 175 00:08:24,845 --> 00:08:27,677 non se poden ver moitas balsas desde o espazo exterior 176 00:08:27,677 --> 00:08:31,245 e poden ver estas, así que quizais deberiamos parar de chamarlles balsas, 177 00:08:31,245 --> 00:08:35,251 estes enormes ermos tóxicos son construídos 178 00:08:35,251 --> 00:08:38,117 sen regras nas beiras do río Athabasca. 179 00:08:38,407 --> 00:08:40,401 E o río Athabasca rega augas abaixo 180 00:08:40,401 --> 00:08:42,545 as terras de varias comunidades aborixes. 181 00:08:42,675 --> 00:08:45,186 En Fort Chipewyan, as 800 persoas de alí 182 00:08:45,186 --> 00:08:47,459 atopan toxinas na cadea alimentaria, 183 00:08:47,459 --> 00:08:49,221 está cientificamente demostrado. 184 00:08:49,221 --> 00:08:52,028 As toxinas das areas de alcatrán están na cadea alimentaria, 185 00:08:52,028 --> 00:08:53,503 e isto causa taxas de cancro 186 00:08:53,503 --> 00:08:56,903 ata 10 veces superiores á media do Canadá. 187 00:08:57,493 --> 00:08:59,788 A pesar diso, a xente ten que vivir, 188 00:08:59,888 --> 00:09:02,952 ten que comer esta comida para sobrevivir. 189 00:09:02,952 --> 00:09:04,861 O prezo incriblemente alto 190 00:09:04,861 --> 00:09:08,785 do transporte aéreo de comida para as remotas comunidades aborixes do Norte 191 00:09:08,785 --> 00:09:10,616 e a altas taxas de desemprego 192 00:09:10,616 --> 00:09:13,391 fan disto unha necesidade absoluta para a supervivencia. 193 00:09:13,521 --> 00:09:17,448 Hai poucos anos, un home das Primeiras Nacións prestoume un barco. 194 00:09:17,568 --> 00:09:19,891 E díxome: "Cando vaias ao río, 195 00:09:19,891 --> 00:09:23,119 baixo ningún motivo comas peixe. 196 00:09:23,619 --> 00:09:24,706 É canceríxeno." 197 00:09:25,316 --> 00:09:29,573 E aínda así, no soportal da casa dese home, 198 00:09:29,783 --> 00:09:33,487 vin catro peixes. El tiña que alimentar a súa familia para sobrevivir. 199 00:09:34,027 --> 00:09:39,878 E como pai, non podo imaxinar como iso che afecta a alma. 200 00:09:40,398 --> 00:09:42,185 E iso é o que estamos a facer. 201 00:09:43,855 --> 00:09:46,053 O bosque boreal é tamén 202 00:09:46,983 --> 00:09:50,816 quizais a nosa mellor defensa contra o quecemento global e o cambio climático. 203 00:09:51,546 --> 00:09:53,784 O bosque boreal absorbe máis carbono 204 00:09:53,784 --> 00:09:56,286 que ningún outro ecosistema terrestre. 205 00:09:57,166 --> 00:09:59,464 E isto é absolutamente crucial. 206 00:09:59,934 --> 00:10:01,656 Así que o que estamos a facer é, 207 00:10:01,656 --> 00:10:06,401 collemos o sumidoiro máis eficaz para absorber gases invernadoiro, 208 00:10:07,371 --> 00:10:10,074 absórbense dúas veces máis gases de efecto invernadoiro 209 00:10:10,074 --> 00:10:13,673 por hectárea no bosque boreal que nas selvas húmidas. 210 00:10:13,923 --> 00:10:16,156 E o que estamos a facer é destruír 211 00:10:16,156 --> 00:10:19,311 este sumidoiro de carbono, converténdoo nunha bomba de carbono. 212 00:10:19,311 --> 00:10:21,744 Estamos a substituír iso polo máis grande 213 00:10:21,744 --> 00:10:23,896 proxecto industrial na historia do mundo, 214 00:10:23,896 --> 00:10:26,718 que está a extraer o petróleo en cuxa produción se emiten 215 00:10:26,718 --> 00:10:29,977 os gases de efecto invernadoiro con máis contido en carbono do mundo. 216 00:10:31,027 --> 00:10:33,626 E estamos a facer iso na segunda maior 217 00:10:33,626 --> 00:10:35,693 reserva de petróleo no planeta. 218 00:10:36,183 --> 00:10:38,255 Esta é unha das razóns por que Canadá, 219 00:10:38,255 --> 00:10:39,950 antes un heroe do cambio climático, 220 00:10:39,950 --> 00:10:42,820 fomos un dos primeiros signatarios do Protocolo de Quioto. 221 00:10:43,240 --> 00:10:45,414 Agora somos o país con máis grupos de presión 222 00:10:45,414 --> 00:10:48,256 na Unión Europea e en Washington, D.C., 223 00:10:48,746 --> 00:10:52,429 a ameazar con guerras comerciais cando estes países 224 00:10:52,429 --> 00:10:55,548 falan de introducir lexislación positiva 225 00:10:55,548 --> 00:10:59,001 para limitar a importación de combustibles de alto contido en carbono, 226 00:10:59,001 --> 00:11:02,003 de emisións de gases de efecto invernadoiro, ou semellante, 227 00:11:02,003 --> 00:11:03,583 en conferencias internacionais, 228 00:11:03,583 --> 00:11:06,370 sexa en Copenhague ou en Cancún, 229 00:11:06,370 --> 00:11:08,817 conferencias internacionais sobre cambio climático, 230 00:11:08,817 --> 00:11:11,047 somos o país que recibe o "Premio Dinosauro" 231 00:11:11,047 --> 00:11:13,731 todos os días por ser o maior obstáculo 232 00:11:13,731 --> 00:11:15,766 na solución deste problema. 233 00:11:17,246 --> 00:11:19,328 Só 113 km río abaixo 234 00:11:19,328 --> 00:11:21,575 está o delta de auga doce máis grande do mundo, 235 00:11:21,575 --> 00:11:23,390 o Delta Paz-Athabasca, 236 00:11:23,390 --> 00:11:27,174 o único no punto de unión das catro rutas migratorias. 237 00:11:27,174 --> 00:11:29,262 É unha zona húmida de importancia mundial, 238 00:11:29,262 --> 00:11:31,109 quizais a máis grande do planeta. 239 00:11:31,109 --> 00:11:34,942 Un hábitat incrible para a metade das especies de paxaros 240 00:11:34,942 --> 00:11:37,600 que se atopan en América do Norte, que emigran aquí. 241 00:11:38,460 --> 00:11:42,712 E tamén o último refuxio para a manda máis grande de bisonte salvaxe, 242 00:11:42,712 --> 00:11:46,776 e tamén, por suposto, hábitat esencial para moitas outras especies. 243 00:11:47,466 --> 00:11:51,711 Pero tamén está a ser ameazado pola cantidade masiva 244 00:11:51,711 --> 00:11:53,637 de auga que se retira do Athabasca, 245 00:11:53,637 --> 00:11:55,683 que alimenta estas zonas húmidas, 246 00:11:55,683 --> 00:11:57,726 e tamén pola incrible carga tóxica 247 00:11:57,726 --> 00:12:00,534 dos encoros tóxicos máis grandes no planeta, 248 00:12:00,534 --> 00:12:02,541 que está a entrar na cadea alimentaria 249 00:12:02,541 --> 00:12:04,457 de todas as especies augas abaixo. 250 00:12:05,607 --> 00:12:07,651 Por moi malo que pareza, as cousas van ir 251 00:12:07,651 --> 00:12:09,652 a peor, moito moito peor. 252 00:12:09,652 --> 00:12:12,387 Esta é a infraestrutura como a vemos agora. 253 00:12:12,387 --> 00:12:15,736 Isto é o que está planeado para 2015. 254 00:12:16,196 --> 00:12:19,519 E poden ver aquí o Oleoduto Keystone, 255 00:12:20,069 --> 00:12:23,598 que levaría areas de alcatrán en bruto ata a Costa do Golfo, 256 00:12:24,218 --> 00:12:26,718 perforando unha canalización 257 00:12:26,718 --> 00:12:30,713 polo corazón agrícola de América do Norte, dos Estados Unidos, 258 00:12:30,823 --> 00:12:36,277 e asegurando o contrato co combustible máis sucio do mundo 259 00:12:36,277 --> 00:12:39,260 para consumo dos Estados Unidos, 260 00:12:39,260 --> 00:12:42,055 e poñendo un freo enorme 261 00:12:42,055 --> 00:12:45,460 para o futuro da enerxías limpas e sustentables en América. 262 00:12:45,870 --> 00:12:50,432 Aquí ven a ruta cara a abaixo do val Mackenzie. 263 00:12:51,512 --> 00:12:53,815 Isto poñería un gasoduto para levar gas natural 264 00:12:53,815 --> 00:12:56,066 do Mar de Beaufort polo corazón 265 00:12:56,066 --> 00:12:59,934 da terceira maior conca hidrográfica do mundo, 266 00:12:59,934 --> 00:13:02,636 e a única aínda intacta nun 95 por cento. 267 00:13:03,046 --> 00:13:06,628 E construír un gasoduto cunha autoestrada industrial 268 00:13:06,628 --> 00:13:09,726 cambiaría para sempre esta natureza incrible, 269 00:13:09,726 --> 00:13:13,034 que hoxe é unha verdadeira rareza no planeta. 270 00:13:15,094 --> 00:13:17,846 O bosque do Grande Oso está xusto por riba 271 00:13:17,846 --> 00:13:20,939 do outeiro, nuns cantos km, pasamos 272 00:13:20,939 --> 00:13:24,070 destes bosques boreais de árbores centenarias, 273 00:13:24,070 --> 00:13:25,819 de quizais 25 cm de diámetro, 274 00:13:25,819 --> 00:13:28,276 ao bosque pluvial temperado costeiro, 275 00:13:28,276 --> 00:13:31,676 empapado de chuvia, árbores milenarias, 276 00:13:31,926 --> 00:13:35,278 con 6 m de diámetro, un ecosistema completamente diferente. 277 00:13:35,278 --> 00:13:37,285 O bosque do Grande Oso é considerado 278 00:13:37,285 --> 00:13:39,848 o maior ecosistema de bosque pluvial 279 00:13:39,848 --> 00:13:41,724 temperado costeiro do mundo. 280 00:13:41,724 --> 00:13:43,398 Un dos de maiores densidades, 281 00:13:43,398 --> 00:13:46,728 algunhas das especies máis icónicas e ameazadas do planeta, 282 00:13:47,798 --> 00:13:51,694 e aínda hai unha proposta, por suposto, para construír un oleoduto 283 00:13:52,484 --> 00:13:56,165 para poñer enormes petroleiros, 10 veces o tamaño do Exxon Valdez, 284 00:13:56,165 --> 00:13:59,630 a atravesar algunhas das augas máis difíciles de navegar do mundo, 285 00:13:59,630 --> 00:14:01,389 onde hai só uns poucos anos, 286 00:14:01,389 --> 00:14:03,554 encallou un transbordador da BC. 287 00:14:03,934 --> 00:14:06,224 Cando un destes petroleiros de area de alcatrán 288 00:14:06,224 --> 00:14:09,965 levando o petróleo máis sucio, 10 veces maior que o Exxon Valdez, 289 00:14:09,965 --> 00:14:12,030 bata nunha rocha e afunda, 290 00:14:12,030 --> 00:14:14,327 imos ter un dos peores desastres ecolóxicos 291 00:14:14,327 --> 00:14:16,258 que este planeta nunca viu. 292 00:14:17,718 --> 00:14:20,757 Aquí temos o plan para o 2030. 293 00:14:20,757 --> 00:14:25,134 O que están a propoñer é case cuadriplicar a produción, 294 00:14:25,324 --> 00:14:28,664 e iso industrializaría unha área do tamaño de Florida. 295 00:14:30,024 --> 00:14:32,301 Se se fai así, estaremos a eliminar 296 00:14:32,301 --> 00:14:35,042 unha parte grande do noso maior sumidoiro de carbono, 297 00:14:35,042 --> 00:14:38,658 substituíndoo polo petróleo que xera a maior emisión de gases 298 00:14:38,658 --> 00:14:41,100 de efecto invernadoiro no futuro. 299 00:14:41,480 --> 00:14:45,136 O mundo non necesita máis minas de alcatrán. 300 00:14:45,136 --> 00:14:48,162 O mundo non necesita máis oleodutos 301 00:14:48,162 --> 00:14:51,841 para alimentar a nosa adicción aos combustibles fósiles. 302 00:14:51,841 --> 00:14:53,712 E o mundo de seguro que non necesita 303 00:14:53,712 --> 00:14:56,586 que os maiores endoros tóxicos crezan e se multipliquen 304 00:14:56,586 --> 00:14:59,056 e menos para ameazar as comunidades río abaixo. 305 00:14:59,056 --> 00:15:01,006 E afrontémolo, todos vivimos río abaixo 306 00:15:01,006 --> 00:15:04,081 nunha era de quecemento global e cambio climatico. 307 00:15:04,721 --> 00:15:07,825 O que precisamos é actuar todos 308 00:15:07,825 --> 00:15:09,745 para facer que Canadá respecte 309 00:15:09,745 --> 00:15:12,465 as cantidades enormes de auga doce 310 00:15:12,465 --> 00:15:14,849 que posuímos neste país. 311 00:15:14,849 --> 00:15:17,305 Precisamos facer que estas zonas húmidas e bosques 312 00:15:17,305 --> 00:15:19,921 que son a nosa mellor e máis grande e crucial defensa 313 00:15:19,921 --> 00:15:22,944 contra o quecemento global sexan protexidos, 314 00:15:22,944 --> 00:15:26,804 e que non se solte esta bomba de carbono na atmosfera. 315 00:15:27,314 --> 00:15:29,617 E precisamos xuntarnos todos 316 00:15:29,617 --> 00:15:32,712 e dicirlles non ás areas de alcatrán. 317 00:15:32,712 --> 00:15:35,072 E podemos facelo. Hai unha rede enorme 318 00:15:35,072 --> 00:15:38,849 por todo o mundo que pelexa para deter este proxecto. 319 00:15:38,849 --> 00:15:41,849 E creo sinxelamente que isto non é 320 00:15:41,849 --> 00:15:44,473 unha decisión que se deba tomar só no Canadá. 321 00:15:44,473 --> 00:15:46,949 Todo o mundo neste salón, todo o mundo no Canadá, 322 00:15:46,949 --> 00:15:49,928 todos os que oíron esta presentación teñen un papel que xogar 323 00:15:49,928 --> 00:15:51,777 e, penso, unha responsabilidade. 324 00:15:51,777 --> 00:15:53,723 Porque o que facemos aquí 325 00:15:54,203 --> 00:15:57,450 vai cambiar a nosa historia, 326 00:15:57,450 --> 00:16:00,016 vai colorear a nosa posibilidade de sobrevivir, 327 00:16:00,016 --> 00:16:01,704 e de que os nosos nenos sobrevivan 328 00:16:01,704 --> 00:16:03,828 e teñan un futuro rico. 329 00:16:05,628 --> 00:16:07,456 Temos un regalo incrible no boreal, 330 00:16:07,456 --> 00:16:09,397 unha oportunidade incrible de preservar 331 00:16:09,397 --> 00:16:12,536 a nosa mellor defensa contra o quecemento global, 332 00:16:12,736 --> 00:16:14,955 pero poderiamos deixala escapar. 333 00:16:15,455 --> 00:16:17,294 As areas de alcatrán poderían ameazar 334 00:16:17,294 --> 00:16:19,478 non só unha sección grande do boreal. 335 00:16:19,478 --> 00:16:22,649 Poden comprometer a vida e a saúde 336 00:16:22,649 --> 00:16:26,982 dalgunha da nosa xente máis desfavorecida e vulnerable, 337 00:16:27,192 --> 00:16:30,610 as comunidades aborixes que tanto nos teñen que ensinar. 338 00:16:30,880 --> 00:16:33,359 Poderían destruír o delta Athabasca, 339 00:16:33,669 --> 00:16:37,898 o maior e posiblemente máis grandioso delta de auga doce do planeta. 340 00:16:38,288 --> 00:16:41,854 Poderían destruír o bosque do Grande Oso, 341 00:16:41,854 --> 00:16:44,623 o maior bosque pluvial temperado do mundo. 342 00:16:44,623 --> 00:16:46,726 E poderían ter un impacto enorme 343 00:16:46,726 --> 00:16:51,167 no futuro do corazón agrícola de América do Norte 344 00:16:51,167 --> 00:16:53,953 Espero que todos, se os conmoveu esta presentación, 345 00:16:53,953 --> 00:16:56,784 se xunten á comunidade internacional que medra 346 00:16:56,784 --> 00:17:00,558 para conseguir que o Canadá cumpra coas súas responsabilidades, 347 00:17:00,558 --> 00:17:05,026 para convencer ao Canadá de volver a ser un campión do cambio climático 348 00:17:05,026 --> 00:17:06,775 en vez do malo do cambio climático, 349 00:17:06,775 --> 00:17:08,822 e para dicirlle non ás areas de alcatrán, 350 00:17:08,822 --> 00:17:11,335 e si a un futuro de enerxía limpa para todos. 351 00:17:11,335 --> 00:17:12,342 Moitas grazas. 352 00:17:12,342 --> 00:17:17,638 (Aplauso)