No meu primeiro ano de universidade
inscribinme nunha pasantía
na unidade de vivenda
do estudo “Greater Boston Legal Services”.
Presenteime o primeiro día
lista para facer café e fotocopias,
pero tocoume traballar cun avogado xusto
chamado Jeff Purcell
quen me puxo na primeira fila
desde o primeiro día.
E durante nove meses
tiven a oportunidade
de ter unha chea de conversas
con familias de baixos ingresos de Boston
que tiñan problemas coas súas vivendas,
e sempre tiñan algún problema de saúde.
Tiven un cliente que se presentou
cando o ían desafiuzar
por non pagar a renda.
E non a pagara,
porque estaba pagando a medicación do VIH
e non podía custear as dúas.
Vin nais que viñan
porque a filla tiña asma,
e espertaba a diario cuberta de cascudas.
E unha das nosas estratexias de litigación
era enviarme a esas casas
con grandes botellas de vidrio
para atrapar as cascudas,
pegalas con silicona quente
nunha cartolina
e levalas ao xulgado para os nosos casos.
E sempre gañabamos,
porque os xuices morrían co noxo.
Algo moito máis efectivo, abofé,
ca calquera cousa que aprendera
na facultade de dereito.
Pero ao longo deses nove meses,
frustrábame cada vez máis porque sentía
que estabamos intervindo moi tarde
nas vidas dos nosos clientes;
no momento en que nos visitaban,
xa estaban en crise.
E ao final do meu primeiro ano
na universidade,
lin un artigo sobre o traballo
do Dr. Barry Zuckerman
como xefe de pediatría
do Boston Medical Center.
A súa primeira contratación
foi un avogado de servizos legais
para representar os pacientes.
Así que chamei a Barry
e coa súa aprobación, en outubro de 1995,
entrei na sala de espera
da clínica de pediatría
do Boston Medical Center.
Non esquecerei nunca
eses debuxos animados sen fin
na televisión.
E o esgotamento das nais
que colleran dous, tres ou catro autobuses
para traer ao seu fillo ao médico
podíase tocar
Parecía que os médicos
nunca tiñan tempo para todos os pacientes,
por máis que se esforzaban.
E durante seis meses,
parábaos nos corredores
e preguntáballes simplemente:
“Se tiveras medios ilimitados,
que lles darías aos teus pacientes?”
E sempre escoitaba o mesmo
unha e outra vez,
algo que oín centos de veces desde aquela.
Dicían: “Tódolos días temos pacientes
que chegan á clínica;
se un neno ten infección de oído,
prescribo antibióticos.
Pero o verdadeiro problema é
que na casa non hai que comer.
O verdadeiro problema
é que ese neno vive con outras 12 persoas
nun apartamento de 2 cuartos.
E nin sequera pregunto sobre iso
porque non podo facer nada.
Teño 13 minutos por paciente.
Os pacientes amoréanse na sala de espera.
Non sei onde está o comedor social
máis próximo.
E non teño axuda”.
Nesa clínica, mesmo hoxe,
hai dous asistentes sociais
para 24.000 pacientes pediátricos
e están mellor ca noutros centros.
“Health Leads” naceu destas conversas,
un simple modelo
onde médicos e enfermeiras
poidan receitar comida nutritiva,
calefacción no inverno
e outra asistencia básica para o paciente
igual que receitan medicamentos.
Os pacientes levan as súas receitas
ao noso despacho na clínica
onde temos de estudantes de dereito
ben formados
que traballan con esas familias
para conectalas
co abano de recursos comunitarios
existente.
Así, empezamos cunha mesa pregable
na sala de espera da clínica,
estilo “posto de limonada”.
Pero hoxe temos mil estudantes de dereito
que están traballando para informar a
preto de 9.000 pacientes
do recursos que necesitan.
Hai 18 meses,
recibín este correo electrónico
que me cambiou a vida.
Era do Dr. Jack Geiger,
que me escribiu para felicitarme
por Health Leads
e para compartir, como el dixo,
un pouco de contexto histórico.
En 1965, o Dr. Geiger fundou
un dos dous primeiros centrosde saúde
comunitarios deste país,
nunha zona terriblemente deprimida
do delta do Mississippi.
E eran tantos os pacientes que chegaban
con malnutrición
que empezou a receitarlles comida.
E eles levaban as receitas ao supermercado
que llas despachaba
e logo cargábaas ao presuposto
de farmacia da clínica.
E cando na Oficina de Oportunidades
Económicas en Washington D.C.
–que financiaba a clínica de Geiger–
o souberon,
puxéronse furiosos.
E enviaron un burócrata
dicirlle a Geiger que se esperaba
que usara os seus dólares
para atención médica,
ao que Geiger respondeu
dun xeito distinguido e lóxico:
“A última vez que revisei os meus libros,
a terapia específica para a malnutrición
era a comida”.
(Risas)
Así que ao recibir o correo do Dr. Geiger,
souben que debía estar orgullosa
de formar parte desta historia.
Pero a verdade é
que estaba desconsolada.
E aquí estamos,
45 anos despois de que Geiger
lles receitara comida aos pacientes,
e hai médicos que me din:
“Neses asuntos temos unha política de
‘non pregunte, non conte’”.
45 anos despois de Geiger,
Health Leads ten que reinventar
a prescrición de recursos básicos.
Así que pasei horas e horas
tratando de encontrar o sentido
deste extraño “Día da Marmota”.
Se durante décadas
tivemos unha ferramenta sinxela
para mantener a saúde
especialmente nos pacientes pobres,
por que non a usamos?
Se sabemos o que fai falta para ter
un sistema de saúde,
no canto dun sistema que coida enfermos,
por que simplemente non o facemos?
Para min, estas preguntas
son difíciles, non porque as respostas
sexan complicadas,
senón porque requiren que sexamos sinceros
con nós mesmos.
Creo que é demasiado difícil
expresar as nosas aspiracións
para o noso sistema de saúde,
ou tan sequera admitir que temos algunha.
Porque se o fixeramos,
estas estarían moi afastadas
da realidade actual.
Pero iso non cambia a miña convición
de que todos nós, no fondo,
aquí nesta sala e en todo o país,
compartimos un conxunto similar
de desexos.
Que se somos sinceros con nós mesmos
e escoitamos en silencio,
todos albergamos
una aspiración ben arraigada sobre o noso
sistema de saúde:
que poida manternos sans.
Esta aspiración
é enormemente poderosa.
E tal como eu o vexo,
o sistema da saude é como
calquera outro.
Unicamente un conxunto de decisións.
Que pasaría se decidísemos
tomar outras decisións?
Que pasaría se decidísemos ver
todas as partes do sistema de saúde,
tamén as que se nos foron á deriva?,
e nos plantamos e dicimos: “Non.
Estas cousas son nosas.
Usarémolas para os nosos propósitos.
Usarémolas para acadar
as nosas aspiracións”?
Que pasaría se todo o que necesitamos
para decatarnos das nosas aspiracións
sobre o sistema de saúde
estivera aí fronte a nós
esperando que o reivindiquemos?
Así que aí foi onde empezou Health Leads.
Empezamos co talonario de receitas,
--simplemente unha folla de papel--
y non nos preguntamos que necesitan
os pacientes para curarse
–antibióticos, un inhalador, medicación–
senón, que necesitan para estar sans,
para non enfermar?
E optamos por usar as receitas
para iso.
Así que só a uns kilómetros de aquí
no Centro Médico Nacional Infantil,
cando os pacientes chegan á consulta,
fánselles unhas preguntas:
“Chégalle a comida ata fin de mes?
Ten unha vivenda segura?”
E cando o doutor comeza a consulta,
sabe a altura e o peso,
se hai comida na casa,
se a familia vive nun albergue.
E iso non só leva a un mellor conxunto
de decisións clínicas,
senón que o doutor pode prescribir
eses recursos para o paciente,
usando Health Leads como cualquera outra
subespecialidade de interconsulta.
O problema é
que así que lle colles o gusto
a realizar as túas aspiracións
no coidado da saúde,
queres máis.
Así que pensamos,
se podemos conseguir que os doutores
prescriban estes recursos básicos
poderíamos lograr
que todo un sistema de saúde
cambie as súas premisas?
E tentámolo.
E agora no Harlem Hospital Center
cando un paciente ingresa cun IMC elevado,
a historia clínica electrónica
xera automaticamente unha prescrición
para Health Leads.
E os nosos voluntarios poden
traballar con eles
para conectalos cos programas
de comida saudable e exercicio físico
dos seus barrios.
Creamos a premisa
de que se es un paciente nese hospital
con IMC elevado,
as catro paredes da consulta
probablemente non che darán
todo o que necesitas.
Necesitas máis.
Así que por un lado,
isto é só un redeseño básico
da historia clínica electrónica.
E por outro,
é unha transformación radical
da historia clínica electrónica
dun repositorio estático
de información de diagnóstico
a unha ferramenta de promoción da saúde.
No sector privado,
se se extrae esa clase de valor adicional
dun investimento de custo fixo,
chámaselle "compañía
de miles de millóns de dólares".
Pero no meu mundo,
chámase redución da obesidade e diabetes.
Chámase coidado da saúde:
un sistema no que os médicos
poidan prescribir solucións
para mejorar a saúde,
non só controlar enfermidades.
E o mesmo na sala de espera da clínica.
Así, cada día neste país
tres millóns de pacientes
pasan por cerca de 150.000
salas de espera de clínicas .
E que fan cando chegan alí?
Sentan, observan os peixes de cores
do acuario,
len número atrasados
de revistas femininas.
Pero principalmente todos sentamos alí
sempre, a esperar.
Como chegamos a isto,
a dedicar horas e horas
a esperar?
Que tal se houbera unha sala de espera
onde non só nos sentamos se enfermamos,
senón á que imos tamén para curarnos?
Se os aeroportos poden converterse
en centros comerciais
e os McDonald’s en parques de xogo,
seguro que podemos reinventar
a sala de espera.
E iso é o que Health Leads trata de facer
para recuperar ese espazo e ese tempo
e usalo como un acceso
para conectar os pacientes
cos recursos que precisan para estar sans.
No nordeste, o inverno é terrible,
o teu fillo ten asma, acaban de cortarche
a calefacción,
e por suposto estás na sala de espera
de urxencias,
porque o aire frío provocoulle a asma.
Pero, que se en vez de esperar horas,
con ansiedade
a sala de espera se convirtese no lugar
onde Health Leads reconectara
a túa calefacción?
Por suposto, todo isto require
máis persoal.
Pero se somos creativos, tamén temos iso.
Sabemos que os nosos persoal médico
e de enfermería
e mesmo os traballadores sociais
non abondan,
que os poucos minutos da consulta
son demasiado imperiosos.
A saúde simplemente necesita máis tempo.
Require un exército non clínico,
unha comunidade de traballadores da saúde,
xestores
e moitos outros.
Que pasaría se unha pequena parte dese
próximo exército da atención sanitaria
foran os 11 millóns de
estudantes universitarios deste país?
Libres de responsabilidades clínicas,
non dispostos a aceptar un “non”
como resposta desas burocracias
que tenden a abrumar os pacientes,
e cunha capacidade sen igual
para atopar información
perfeccionada por anos de uso de Google.
Pero se sodes dos que non credes
que un voluntario universitario
poida asumir esta clase de compromiso,
teño dúas palabras para vós:
Loucura de Marzo [campionato
da División I de baloncesto da NCAA].
O xogador tipo da División I da NCAA
dedica 39 horas á semana ao deporte.
Podemos pensar que iso é bo ou malo,
pero é a realidade.
E Health Leads baséase na suposición
de que durante moito tempo
lles pedimos moi pouco
aos nosos estudantes
cando se trata dun verdadeiro impacto
en comunidades vulnerables.
Os equipos deportivos universitarios din:
“Terás que dedicar horas e horas
en pistas de fóra do campus e
a horas intempestivas,
e mediremos o teu funcionamento
e o do teu equipo,
e se non estás á altura
teremos que botarte del.
Pero faremos grandes investimentos
no teu adestramento,
e ofrecerémosche unha extraordinaria
comunidade de amigos”.
E os estudantes fan fila na porta
só para intentar participar diso.
Así que cremos
que se es abondo bo
para o equipo de rugby,
tamén podes selo para a saúde e a pobreza.
Health Leads tamén selecciona
competitivamente,
adestra intensamente,
dirixe profesionalmente,
demanda un tempo considerable,
constrúe un equipo cohesionado
e mide resultados,
unha especie de “Teach for America”
da saúde.
Agora mesmo, nas 10 principais cidades
dos Estados Unidos
con maior número de pacientes
de “Medicaid”
cada unha ten polo menos
20.000 estudantes universitarios.
Só Nova York ten medio millón.
E esta non é só unha especie de
forza de traballo a curto prazo
para conectar pacientes
e recursos básicos,
é un reservorio de liderado en saúde
da próxima xeración,
xente que pasou dous, tres, catro anos
nas salas de espera das clínicas
falando con pacientes das
súas necesidades de saúde máis básicas.
E vanse coa convición,
a capacidade e a eficacia
para facer realidade as nosas aspiracións.
E a cuestión é que xa hai miles, aí fóra.
Mia Lozada é xefa de residentes
de Medicina Interna
no hospital UCSF [San Francisco].
Durante tres anos antes de graduarse
foi voluntaria de Health Leads
na sala de espera da clínica do
Boston Medical Center.
Mia di: “Cando os meus compañeiros
de clase prescriben unha receita
pensan que acabaron o seu traballo.
Cando eu prescribo unha receita
penso: poderá entendela a familia?
Terán forma de ir á farmacia?
Terán comida para tomar co medicamento?
Terán seguro para pagar a receita?
Estas preguntas aprendinas
en Health Leads,
non na universidade”.
Agora ben, ningunha destas solucións
--o talonario de receitas,
a historia clínica electrónica,
a sala de espera,
o exército de estudantes universitarios--
é perfecta.
Pero están alí para que as tomemos
e son simples exemplos
dos moitos recursos infrautilizados
no coidado da saúde
que, recuperados e redistribuídos,
poderían levar a cabo as nosas aspiracións
máis básicas
en materia de saúde.
Ben, levaba 9 meses en Legal Services
cando esta idea de Health Leads empezou
a andarme na cabeza.
E vin que tiña que dicirlle
a Jeff Purcell, o meu avogado,
que necesitaba irme.
E estaba nerviosísima,
porque pensaba que o ía decepcionar
por abandonar os nosos clientes
por unha idea tola.
E sentei con el e díxenlle:
“Jeff, ocorréuseme a idea
de que poderíamos mobilizar
estudantes universitarios
para atender as necesidades de saúde
máis básicas dos pacientes”.
E serei sincera,
só quería que non se enfadara comigo.
Pero respondeu:
“Rebecca, se tes unha visión de futuro,
tes a obriga de levala a cabo.
Debes ir tras dela”.
E debo dicir que "Uauu.
Que presión!”
Eu só buscaba a súa aprobación,
non unha especie de mandato!
Pero a verdade é
que cada minuto dende entón
estiven perseguindo esa visión de futuro.
Creo que todos temos unha visión
para o sistema sanitario deste país.
Creo que, ao final,
cuando avaliemos o noso sistema
non será polas enfermidades curadas,
senón polas enfermidades evitadas.
Non será pola excelencia
das nosas tecnoloxías
ou a sofisticación
dos nosos especialistas,
senón polo pouco que os precisemos.
E sobre todo,
creo que cando avaliemos o sistema
será, non polo que o sistema era,
senón polo que nós queiramos que sexa.
Grazas.
(Aplausos)
Grazas.
(Aplausos)