Que é o Higgs? Desde 1964 vimos tendo a idea, proposta por Englert, Brout e Higgs, de que o espazo baleiro é coma un medio e que as partículas viaxan a través deste medio algunhas interaxen con el, e outras non interaxen con el. As que interaxen con este medio, van gañando masa, e as que pasan sen interaxir, son partículas sen masa. Deixe que lle propoña unha analoxía: imaxine un campo infinito de neve estendéndose ao longo de todo o espazo, plano, monótono, indo en todas direccións, quizais no medio da Siberia. Agora imaxine que está a tentar cruzar este campo de neve. Poida que sexa un esquiador, e cruza rozando a superficie, así é como unha partícula que non interaxe co campo de Higgs non afunde dentro da neve, vai moi rápido. É coma unha partícula sen masa viaxando à velocidade da luz. Pero quizais vostede só teña botas de neve, neste caso, afundaría na neve do campo de Higgs, ten menos velocidade có esquiador, menos cá velocidade da luz. Así é coma unha partícula con masa, porque vostede está en conexión, interaxindo, con ese campo de neve de Higgs. Finalmente, se vostede só ten postas unhas botas, afúndese moito na neve, vai moi, moi lentamente, do xeito que iría unha partícula cunha grande masa. Así pois, pense neste campo de Higgs coma un campo de neve universal. Agora, onde é que entra o bosón de Higgs en todo isto? Todos sabemos como está formada a neve, verdade? Está formada por copos de neve. O bosón de Higgs ten esta tarefa, dar masa a todas as outras partículas elementais. Sen mirar as ecuacións básicas do Modelo Estándar, como as escritas na miña camisola, son moi simétricas, a forma na que aparecen todas as diferentes partículas é a mesma. Cando menos as dúas primeiras liñas non hai nada que diferencie as partículas que teñen diferente masa, por exemplo. Mais esta simetría debe romperse, os electróns son máis livianos que os muóns, o cuarq cima é moito máis pesado que os quarks que forman os núcleos ordinarios. Entón, as dúas primeiras liñas, as simétricas, non poden ser coma todas, ten que haber algo que discrimine, que distinga entre os diferentes tipos de partículas. E esa é a tarefa do Bosón de Higgs, esta é a tarefa das dúas liñas de abaixo. Dependendo de cán diferentes sexan os tipos de quark ou o electrón e o muón, dependendo de como se conectan a ese Campo de Higgs, a ese Bosón de Higgs, é que cremos que adquiren diferentes masas. A simetría entre estas partículas rompeu.