[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:01.00,0:00:04.12,Default,,0000,0000,0000,,Un artigo da revista de exalumnos de Yale Dialogue: 0,0:00:05.24,0:00:07.62,Default,,0000,0000,0000,,contaba a historia de Clyde Murphy. Dialogue: 0,0:00:07.84,0:00:11.72,Default,,0000,0000,0000,,Un home negro,\Nmembro da promoción de 1970. Dialogue: 0,0:00:12.96,0:00:15.00,Default,,0000,0000,0000,,A de Clyde é unha historia de éxito. Dialogue: 0,0:00:16.20,0:00:19.59,Default,,0000,0000,0000,,Tras saír de Yale e graduarse en Dereito\Npola Universidade de Columbia, Dialogue: 0,0:00:20.13,0:00:22.38,Default,,0000,0000,0000,,Clyde foi durante os seguintes trinta anos Dialogue: 0,0:00:22.40,0:00:25.73,Default,,0000,0000,0000,,un dos mellores avogados de dereitos civís\Ndos Estados Unidos (EE.UU). Dialogue: 0,0:00:26.28,0:00:28.96,Default,,0000,0000,0000,,Tamén foi un gran marido e un gran pai. Dialogue: 0,0:00:30.08,0:00:35.12,Default,,0000,0000,0000,,Porén, malia o seu éxito, \Npersoal e profesional, Dialogue: 0,0:00:36.08,0:00:38.36,Default,,0000,0000,0000,,a historia de Clyde tivo un triste final. Dialogue: 0,0:00:39.44,0:00:40.64,Default,,0000,0000,0000,,En 2010, Dialogue: 0,0:00:41.72,0:00:43.48,Default,,0000,0000,0000,,aos 62 anos de idade, Dialogue: 0,0:00:44.64,0:00:47.64,Default,,0000,0000,0000,,Clyde finou a causa\Ndun coágulo de sangue nun pulmón. Dialogue: 0,0:00:50.12,0:00:53.92,Default,,0000,0000,0000,,Clyde non foi o único\Nao que lle aconteceu algo así. Dialogue: 0,0:00:54.72,0:00:59.26,Default,,0000,0000,0000,,Moitos dos seus compañeiros negros\Nde Yale tamén morreron novos. Dialogue: 0,0:01:00.08,0:01:03.44,Default,,0000,0000,0000,,De feito, o artigo da revista indicaba Dialogue: 0,0:01:04.32,0:01:07.83,Default,,0000,0000,0000,,que 41 anos despois da súa graduación\Nna Universidade de Yale, Dialogue: 0,0:01:08.04,0:01:11.02,Default,,0000,0000,0000,,os alumnos negros da promoción de 1970 Dialogue: 0,0:01:11.24,0:01:17.15,Default,,0000,0000,0000,,presentaban unha taxa de mortalidade\Ntres veces superior á da media da clase. Dialogue: 0,0:01:18.68,0:01:19.88,Default,,0000,0000,0000,,É abraiante. Dialogue: 0,0:01:21.24,0:01:23.76,Default,,0000,0000,0000,,EE.UU acordou recentemente Dialogue: 0,0:01:24.68,0:01:30.70,Default,,0000,0000,0000,,ante o balbordo constante dos disparos\Nda policía a homes negros desarmados. Dialogue: 0,0:01:31.96,0:01:35.16,Default,,0000,0000,0000,,O que é mesmo máis grave Dialogue: 0,0:01:36.56,0:01:39.28,Default,,0000,0000,0000,,é que cada sete minutos Dialogue: 0,0:01:40.29,0:01:43.92,Default,,0000,0000,0000,,unha persoa negra\Nmorre de xeito prematuro nos EE.UU. Dialogue: 0,0:01:44.44,0:01:50.22,Default,,0000,0000,0000,,Isto quere dicir que máis \Nde 200 persoas negras morren cada día Dialogue: 0,0:01:50.44,0:01:55.24,Default,,0000,0000,0000,,e que non morrerían se negros e brancos \Ntivesen a mesma saúde. Dialogue: 0,0:01:58.24,0:02:02.79,Default,,0000,0000,0000,,Durante os últimos 25 anos, \Nentregueime á misión Dialogue: 0,0:02:02.88,0:02:08.26,Default,,0000,0000,0000,,de entender por que a raza \Nten tanta transcendencia para a saúde. Dialogue: 0,0:02:09.76,0:02:11.54,Default,,0000,0000,0000,,Cando comecei a miña carreira, Dialogue: 0,0:02:11.56,0:02:17.84,Default,,0000,0000,0000,,moitos crían que se trataba simplemente \Nde diferenzas raciais en renda e educación Dialogue: 0,0:02:18.48,0:02:23.32,Default,,0000,0000,0000,,Descubrín que, se ben o estatus económico\Né importante para a saúde, Dialogue: 0,0:02:24.20,0:02:26.10,Default,,0000,0000,0000,,a historia non remata aí. Dialogue: 0,0:02:26.12,0:02:31.04,Default,,0000,0000,0000,,Se, por exemplo, observamos\Na esperanza de vida aos 25 anos, Dialogue: 0,0:02:31.96,0:02:36.81,Default,,0000,0000,0000,,aos 25 anos de idade, hai unha fenda\Nde cinco anos entre negros e brancos, Dialogue: 0,0:02:37.08,0:02:41.02,Default,,0000,0000,0000,,mais a fenda por nivel de educación \Ntanto en brancos como negros Dialogue: 0,0:02:41.04,0:02:44.16,Default,,0000,0000,0000,,é mesmo maior que a racial. Dialogue: 0,0:02:44.96,0:02:49.58,Default,,0000,0000,0000,,Porén, ao mesmo tempo, \Nen tódolos niveis educativos, Dialogue: 0,0:02:49.60,0:02:51.84,Default,,0000,0000,0000,,os brancos viven máis tempo que os negros. Dialogue: 0,0:02:52.56,0:02:54.86,Default,,0000,0000,0000,,Entón, os brancos \Nque abandonan o instituto Dialogue: 0,0:02:54.88,0:02:58.21,Default,,0000,0000,0000,,viven 3,4 anos máis de media\Nque os seus homólogos negros. Dialogue: 0,0:02:58.60,0:03:03.41,Default,,0000,0000,0000,,A fenda é aínda maior\Nentre os graduados universitarios. Dialogue: 0,0:03:04.20,0:03:10.63,Default,,0000,0000,0000,,Pero o máis sorprendente é que os brancos \Nque rematan a secundaria Dialogue: 0,0:03:10.64,0:03:15.89,Default,,0000,0000,0000,,viven máis tempo que os negros \Nlicenciados ou con educación superior. Dialogue: 0,0:03:16.60,0:03:20.50,Default,,0000,0000,0000,,Así que, por que a raza resulta tan \Ntranscendental para a saúde? Dialogue: 0,0:03:20.52,0:03:26.35,Default,,0000,0000,0000,,Que pode haber alén do nivel de formación\Ne a renda que importe tanto? Dialogue: 0,0:03:28.04,0:03:32.97,Default,,0000,0000,0000,,Ao comezo da década dos noventa, \Nencargáronme a recensión dun novo libro Dialogue: 0,0:03:33.53,0:03:35.81,Default,,0000,0000,0000,,sobre a saúde \Nda poboación negra dos EE.UU. Dialogue: 0,0:03:36.20,0:03:40.97,Default,,0000,0000,0000,,Abraioume o feito de que case cada un\Ndos seus 25 capítulos Dialogue: 0,0:03:41.60,0:03:46.60,Default,,0000,0000,0000,,dixese que o racismo era un factor \Nque estaba a afectar a saúde dos negros. Dialogue: 0,0:03:47.36,0:03:49.26,Default,,0000,0000,0000,,Todos os investigadores participantes Dialogue: 0,0:03:50.12,0:03:54.88,Default,,0000,0000,0000,,afirmaban que o racismo era un factor \Nque afectaba negativamente os negros Dialogue: 0,0:03:56.03,0:03:57.84,Default,,0000,0000,0000,,mais non achegaban ningunha proba. Dialogue: 0,0:03:58.56,0:04:00.72,Default,,0000,0000,0000,,Para min, aquilo non era bo dabondo. Dialogue: 0,0:04:01.96,0:04:06.17,Default,,0000,0000,0000,,Algúns meses despois, participei \Nnun congreso en Washington DC Dialogue: 0,0:04:06.60,0:04:09.78,Default,,0000,0000,0000,,e dixen que \Nunha das prioridades da investigación Dialogue: 0,0:04:09.80,0:04:13.52,Default,,0000,0000,0000,,debía ser documentar de que maneiras \Nafectaba o racismo a saúde. Dialogue: 0,0:04:14.88,0:04:17.42,Default,,0000,0000,0000,,Un señor branco\Nergueuse de entre o público Dialogue: 0,0:04:17.44,0:04:20.83,Default,,0000,0000,0000,,e dixo que, se ben coincidía comigo\Nen sinalar a importancia do racismo, Dialogue: 0,0:04:22.24,0:04:23.72,Default,,0000,0000,0000,,nunca poderíamos medilo. Dialogue: 0,0:04:24.88,0:04:26.88,Default,,0000,0000,0000,,"Medimos a autoestima", \Ndíxenlle. Dialogue: 0,0:04:28.20,0:04:32.79,Default,,0000,0000,0000,,Non hai razón para non podermos medir \No racismo, se nos poñemos mans á obra. Dialogue: 0,0:04:33.72,0:04:37.63,Default,,0000,0000,0000,,Así que me puxen mans á obra \Ne desenvolvín tres escalas. Dialogue: 0,0:04:38.44,0:04:42.42,Default,,0000,0000,0000,,A primeira recolle experiencias \Ngraves de discriminación, Dialogue: 0,0:04:42.44,0:04:46.49,Default,,0000,0000,0000,,como ser inxustamente despedido\Nou ser inxustamente detido pola policía. Dialogue: 0,0:04:46.72,0:04:51.82,Default,,0000,0000,0000,,Con todo, a discriminación preséntase \Nen situacións máis correntes e sutís Dialogue: 0,0:04:52.04,0:04:55.47,Default,,0000,0000,0000,,e, así, a miña segunda escala, \Nchamada "Escala de Discriminación Cotiá", Dialogue: 0,0:04:56.00,0:04:59.07,Default,,0000,0000,0000,,recolle nove elementos\Nque reflicten experiencias Dialogue: 0,0:04:59.07,0:05:02.42,Default,,0000,0000,0000,,como ser tratado \Ncon menos cortesía que outros, Dialogue: 0,0:05:02.44,0:05:06.02,Default,,0000,0000,0000,,recibir un peor servizo \Nen tendas e restaurantes Dialogue: 0,0:05:06.04,0:05:08.51,Default,,0000,0000,0000,,ou ver como a xente actúa\Ncomo se tivese medo de ti. Dialogue: 0,0:05:09.24,0:05:15.79,Default,,0000,0000,0000,,Esta escala captura algunhas das formas \Npolas que a dignidade e o respecto Dialogue: 0,0:05:15.79,0:05:20.86,Default,,0000,0000,0000,,dunhas persoas que a sociedade non valora,\Nvai minguando día a día. Dialogue: 0,0:05:21.96,0:05:23.44,Default,,0000,0000,0000,,A investigación revela Dialogue: 0,0:05:25.44,0:05:28.30,Default,,0000,0000,0000,,que os niveis\Nmáis elevados de discriminación Dialogue: 0,0:05:28.32,0:05:33.86,Default,,0000,0000,0000,,correlacionan cun alto risco \Nde padecer un amplo abano de doenzas, Dialogue: 0,0:05:33.88,0:05:37.14,Default,,0000,0000,0000,,dende hipertensión a obesidade abdominal, Dialogue: 0,0:05:37.16,0:05:39.82,Default,,0000,0000,0000,,pasando por cancro de mama, \Ndoenzas cardíacas Dialogue: 0,0:05:39.84,0:05:42.40,Default,,0000,0000,0000,,e incluso mortalidade prematura. Dialogue: 0,0:05:43.52,0:05:48.62,Default,,0000,0000,0000,,Sorprendentemente, algúns dos efectos\Nobsérvanse en persoas moi novas. Dialogue: 0,0:05:48.64,0:05:52.76,Default,,0000,0000,0000,,Por exemplo, un estudo realizado \Ncon adolescentes negros, Dialogue: 0,0:05:54.12,0:05:59.56,Default,,0000,0000,0000,,revelou que os que aducían altos niveis\Nde discriminación na adolescencia Dialogue: 0,0:06:01.12,0:06:03.80,Default,,0000,0000,0000,,presentaban un nivel elevado\Nde hormonas do estrés, Dialogue: 0,0:06:05.52,0:06:10.09,Default,,0000,0000,0000,,de presión arterial e de peso\Naos 20 anos de idade. Dialogue: 0,0:06:12.44,0:06:13.64,Default,,0000,0000,0000,,Porén, Dialogue: 0,0:06:15.92,0:06:20.09,Default,,0000,0000,0000,,o estrés causado pola discriminación\Né apenas un aspecto. Dialogue: 0,0:06:20.44,0:06:26.77,Default,,0000,0000,0000,,A discriminación e o racismo inciden\Nde moitas outras maneiras na saúde. Dialogue: 0,0:06:27.28,0:06:30.36,Default,,0000,0000,0000,,Por exemplo, existe discriminación\Nna atención sanitaria. Dialogue: 0,0:06:31.08,0:06:35.38,Default,,0000,0000,0000,,En 1999, \Na Academia Nacional de Medicina dos EE.UU. Dialogue: 0,0:06:35.40,0:06:37.34,Default,,0000,0000,0000,,convidoume a tomar parte nunha comisión Dialogue: 0,0:06:37.36,0:06:41.90,Default,,0000,0000,0000,,que concluíu, baseándose \Nen probas científicas, Dialogue: 0,0:06:42.44,0:06:44.94,Default,,0000,0000,0000,,que os negros e outras minorías Dialogue: 0,0:06:44.96,0:06:47.84,Default,,0000,0000,0000,,reciben unha atención \Nde peor calidade que os brancos. Dialogue: 0,0:06:48.48,0:06:52.34,Default,,0000,0000,0000,,Isto acontece con calquera tipo \Nde tratamento médico, Dialogue: 0,0:06:52.36,0:06:57.59,Default,,0000,0000,0000,,dende o máis simple \Nao máis sofisticado tecnoloxicamente. Dialogue: 0,0:06:58.80,0:07:01.82,Default,,0000,0000,0000,,Unha posible explicación a este patrón Dialogue: 0,0:07:01.84,0:07:05.78,Default,,0000,0000,0000,,podería ser o fenómeno \Ncoñecido como "prexuízo implícito" Dialogue: 0,0:07:05.80,0:07:08.10,Default,,0000,0000,0000,,ou "discriminación inconsciente". Dialogue: 0,0:07:08.12,0:07:10.94,Default,,0000,0000,0000,,Segundo as investigacións\Ndos psicólogos sociais, Dialogue: 0,0:07:10.96,0:07:17.25,Default,,0000,0000,0000,,se unha persoa ten un estereotipo negativo\Nsobre un grupo no seu subconsciente Dialogue: 0,0:07:17.56,0:07:22.49,Default,,0000,0000,0000,,ao coñecer alguén dese grupo, \Ndiscriminará esa persoa. Dialogue: 0,0:07:22.60,0:07:24.26,Default,,0000,0000,0000,,Tratarao de maneira diferente. Dialogue: 0,0:07:24.28,0:07:28.41,Default,,0000,0000,0000,,É un proceso inconsciente,\Nun proceso automático. Dialogue: 0,0:07:28.92,0:07:32.10,Default,,0000,0000,0000,,É un proceso sutil, mais é normal Dialogue: 0,0:07:32.12,0:07:38.16,Default,,0000,0000,0000,,e acontécelles mesmo ás persoas\Ncon mellores intencións. Dialogue: 0,0:07:39.28,0:07:44.85,Default,,0000,0000,0000,,Pero canto máis afondaba \Nno impacto do racismo na saúde, Dialogue: 0,0:07:45.36,0:07:48.08,Default,,0000,0000,0000,,máis perniciosos \Nse tornaban os seus efectos. Dialogue: 0,0:07:49.16,0:07:51.60,Default,,0000,0000,0000,,Existe discriminación institucional, Dialogue: 0,0:07:52.60,0:07:55.42,Default,,0000,0000,0000,,é dicir, discriminación Dialogue: 0,0:07:55.44,0:07:59.44,Default,,0000,0000,0000,,que se dá nos procesos propios\Ndas institucións sociais. Dialogue: 0,0:08:00.40,0:08:02.74,Default,,0000,0000,0000,,A segregación residencial por razas, Dialogue: 0,0:08:02.76,0:08:07.74,Default,,0000,0000,0000,,que se traduce en negros e brancos\Nvivindo en barrios moi diferenciados, Dialogue: 0,0:08:07.76,0:08:11.32,Default,,0000,0000,0000,,é un exemplo clásico\Nde racismo institucional. Dialogue: 0,0:08:13.12,0:08:17.06,Default,,0000,0000,0000,,Un dos segredos mellor gardados\Ndos Estados Unidos Dialogue: 0,0:08:17.08,0:08:21.50,Default,,0000,0000,0000,,é o de que a segregación residencial\Né a fonte secreta Dialogue: 0,0:08:21.50,0:08:25.15,Default,,0000,0000,0000,,da desigualdade racial do país. Dialogue: 0,0:08:26.80,0:08:29.41,Default,,0000,0000,0000,,Nos Estados Unidos, o lugar no que un vive Dialogue: 0,0:08:29.76,0:08:32.81,Default,,0000,0000,0000,,determina o seu acceso a oportunidades Dialogue: 0,0:08:33.66,0:08:37.23,Default,,0000,0000,0000,,\Nen educación, emprego, vivenda Dialogue: 0,0:08:37.56,0:08:40.28,Default,,0000,0000,0000,,e incluso en acceso a atención sanitaria. Dialogue: 0,0:08:41.64,0:08:48.06,Default,,0000,0000,0000,,Un estudo realizado nas 171 meirandes \Ncidades dos Estados Unidos Dialogue: 0,0:08:48.08,0:08:51.38,Default,,0000,0000,0000,,concluíu que nin nunha soa destas cidades Dialogue: 0,0:08:51.40,0:08:54.74,Default,,0000,0000,0000,,os brancos viven \Nnas mesmas condicións que os negros Dialogue: 0,0:08:54.76,0:08:58.70,Default,,0000,0000,0000,,e que os peores contextos \Nresidenciais dos brancos Dialogue: 0,0:08:58.72,0:09:03.36,Default,,0000,0000,0000,,son considerablemente mellores que\No contexto medio das comunidades negras. Dialogue: 0,0:09:03.92,0:09:05.62,Default,,0000,0000,0000,,Outro estudo probou Dialogue: 0,0:09:05.64,0:09:10.08,Default,,0000,0000,0000,,que se conseguísemos eliminar\Nestatisticamente a segregación residencial Dialogue: 0,0:09:10.36,0:09:16.89,Default,,0000,0000,0000,,erradicaríamos por completo as diferenzas\Nraciais en renda, educación e desemprego Dialogue: 0,0:09:17.04,0:09:20.40,Default,,0000,0000,0000,,e que reduciríamos a fenda racial\Nen número de familias monoparentais Dialogue: 0,0:09:20.40,0:09:21.64,Default,,0000,0000,0000,,en dúas terceiras partes. Dialogue: 0,0:09:21.67,0:09:24.03,Default,,0000,0000,0000,,E todo iso é ocasionado pola segregación. Dialogue: 0,0:09:24.96,0:09:29.30,Default,,0000,0000,0000,,Aprendín tamén \Ncomo os estereotipos negativos Dialogue: 0,0:09:29.84,0:09:32.82,Default,,0000,0000,0000,,e a imaxe dos negros \Nna cultura estadounidense Dialogue: 0,0:09:32.84,0:09:35.86,Default,,0000,0000,0000,,literalmente orixinan e perpetúan Dialogue: 0,0:09:35.88,0:09:39.32,Default,,0000,0000,0000,,tanto a discriminación institucional \Ncomo a individual. Dialogue: 0,0:09:40.64,0:09:43.60,Default,,0000,0000,0000,,Un grupo de investigadores\Nreuniu nunha base de datos Dialogue: 0,0:09:44.48,0:09:49.39,Default,,0000,0000,0000,,todos os libros, revistas e artigos Dialogue: 0,0:09:49.76,0:09:54.46,Default,,0000,0000,0000,,que un estadounidense medio con formación\Nuniversitaria le durante toda a súa vida. Dialogue: 0,0:09:54.48,0:09:57.30,Default,,0000,0000,0000,,Isto permítenos ollar \Npara esta base de datos Dialogue: 0,0:09:57.32,0:10:02.66,Default,,0000,0000,0000,,e comprobar como os estadounidenses \Nvan vendo certas palabras emparelladas Dialogue: 0,0:10:02.68,0:10:05.18,Default,,0000,0000,0000,,a medida que van medrando\Nna súa sociedade Dialogue: 0,0:10:05.20,0:10:09.18,Default,,0000,0000,0000,,Así, cando aparece a palabra "negro"\Nna cultura estadounidense, Dialogue: 0,0:10:09.20,0:10:11.26,Default,,0000,0000,0000,,de que vai acompañada? Dialogue: 0,0:10:11.28,0:10:12.70,Default,,0000,0000,0000,,"Pobre", Dialogue: 0,0:10:12.72,0:10:13.94,Default,,0000,0000,0000,,"violento", Dialogue: 0,0:10:13.96,0:10:15.30,Default,,0000,0000,0000,,"relixioso", Dialogue: 0,0:10:15.32,0:10:16.54,Default,,0000,0000,0000,,"preguiceiro", Dialogue: 0,0:10:16.56,0:10:17.78,Default,,0000,0000,0000,,"alegre", Dialogue: 0,0:10:17.80,0:10:19.54,Default,,0000,0000,0000,,"perigoso". Dialogue: 0,0:10:19.56,0:10:21.06,Default,,0000,0000,0000,,Cando aparece "branco", Dialogue: 0,0:10:21.08,0:10:23.48,Default,,0000,0000,0000,,as palabras frecuentemente\Nemparelladas son Dialogue: 0,0:10:23.48,0:10:24.70,Default,,0000,0000,0000,,"rico", Dialogue: 0,0:10:24.72,0:10:25.98,Default,,0000,0000,0000,,"progresista", Dialogue: 0,0:10:26.00,0:10:27.20,Default,,0000,0000,0000,,"convencional" Dialogue: 0,0:10:28.12,0:10:29.34,Default,,0000,0000,0000,,"perseverante", Dialogue: 0,0:10:29.36,0:10:30.58,Default,,0000,0000,0000,,"exitoso" Dialogue: 0,0:10:30.60,0:10:31.88,Default,,0000,0000,0000,,"culto". Dialogue: 0,0:10:32.28,0:10:35.58,Default,,0000,0000,0000,,Entón, cando un policía Dialogue: 0,0:10:35.60,0:10:39.88,Default,,0000,0000,0000,,sobreactúa ao ver un home negro desarmado Dialogue: 0,0:10:41.24,0:10:45.94,Default,,0000,0000,0000,,e o percibe como violento e perigoso, Dialogue: 0,0:10:45.96,0:10:50.52,Default,,0000,0000,0000,,non temos necesariamente por que estar\Na tratar cun policía intrinsecamente malo. Dialogue: 0,0:10:51.28,0:10:55.65,Default,,0000,0000,0000,,Pode que simplemente esteamos a ver\Nun estadounidense normal Dialogue: 0,0:10:55.88,0:10:59.66,Default,,0000,0000,0000,,actuando como reflexo \Ndaquilo ao que estivo exposto Dialogue: 0,0:10:59.68,0:11:03.15,Default,,0000,0000,0000,,como resultado de medrar nesta sociedade. Dialogue: 0,0:11:04.08,0:11:06.40,Default,,0000,0000,0000,,Na miña experiencia persoal, Dialogue: 0,0:11:07.84,0:11:13.75,Default,,0000,0000,0000,,creo que a raza non ten por que\Ndeterminar o destino dunha persoa. Dialogue: 0,0:11:14.72,0:11:19.38,Default,,0000,0000,0000,,Eu emigrei aos Estados Unidos\Ndende a illa caribeña de Santa Lucía, Dialogue: 0,0:11:20.44,0:11:22.08,Default,,0000,0000,0000,,a finais dos setenta Dialogue: 0,0:11:22.84,0:11:24.68,Default,,0000,0000,0000,,na procura dunha educación superior. Dialogue: 0,0:11:26.00,0:11:29.60,Default,,0000,0000,0000,,E nos últimos 40 anos foime ben. Dialogue: 0,0:11:30.28,0:11:32.20,Default,,0000,0000,0000,,Tiven unha familia que me apoiou, Dialogue: 0,0:11:32.92,0:11:34.20,Default,,0000,0000,0000,,traballei arreo. Dialogue: 0,0:11:35.24,0:11:36.44,Default,,0000,0000,0000,,Foime ben. Dialogue: 0,0:11:37.12,0:11:39.80,Default,,0000,0000,0000,,Pero costoume máis prosperar. Dialogue: 0,0:11:40.60,0:11:44.72,Default,,0000,0000,0000,,Fun beneficiario dunha bolsa \Npara minorías da Universidade de Michigan. Dialogue: 0,0:11:45.44,0:11:49.68,Default,,0000,0000,0000,,Si, son fillo da discriminación positiva. Dialogue: 0,0:11:50.56,0:11:55.15,Default,,0000,0000,0000,,Sen discriminación positiva,\Nnon estaría aquí. Dialogue: 0,0:11:57.00,0:11:59.03,Default,,0000,0000,0000,,Pero nos últimos 40 anos, Dialogue: 0,0:11:59.56,0:12:03.32,Default,,0000,0000,0000,,a comunidade negra dos Estados Unidos \Nnon tivo tanto éxito. Dialogue: 0,0:12:04.72,0:12:09.82,Default,,0000,0000,0000,,En 1978, as familias negras\Ndos Estados Unidos Dialogue: 0,0:12:10.04,0:12:14.16,Default,,0000,0000,0000,,gañaban 59 céntimos \Npor cada dólar de salario dos brancos. Dialogue: 0,0:12:15.04,0:12:21.94,Default,,0000,0000,0000,,En 2015, as familias negras \Naínda gañan 59 céntimos Dialogue: 0,0:12:22.20,0:12:25.72,Default,,0000,0000,0000,,por cada dólar de salario \Npercibido polas familias brancas. Dialogue: 0,0:12:26.04,0:12:29.64,Default,,0000,0000,0000,,A fenda racial no relativo á riqueza\Né mesmo máis escandalosa. Dialogue: 0,0:12:30.60,0:12:32.88,Default,,0000,0000,0000,,Por cada dólar de riqueza dos brancos, Dialogue: 0,0:12:33.88,0:12:37.36,Default,,0000,0000,0000,,as familias negras suman seis centavos\Ne os latinos, sete. Dialogue: 0,0:12:38.80,0:12:41.51,Default,,0000,0000,0000,,É un feito que o racismo Dialogue: 0,0:12:42.99,0:12:46.25,Default,,0000,0000,0000,,está a xerar un sistema \Ntotalmente corrupto Dialogue: 0,0:12:46.60,0:12:51.84,Default,,0000,0000,0000,,que sistematicamente desfavorece \Ncertos grupos raciais nos Estados Unidos. Dialogue: 0,0:12:52.88,0:12:54.82,Default,,0000,0000,0000,,Citando a Platón, Dialogue: 0,0:12:55.08,0:12:57.36,Default,,0000,0000,0000,,non hai nada máis inxusto Dialogue: 0,0:12:58.88,0:13:02.20,Default,,0000,0000,0000,,que tratar igual \Naos que son diferentes. Dialogue: 0,0:13:03.52,0:13:09.16,Default,,0000,0000,0000,,Por iso estou comprometido \Nco traballo para erradicar o racismo. Dialogue: 0,0:13:09.96,0:13:15.10,Default,,0000,0000,0000,,Valoro profundamente o feito\Nde me erguer sobre os ombreiros Dialogue: 0,0:13:15.66,0:13:18.67,Default,,0000,0000,0000,,daqueles que sacrificaron \Nata as súas vidas Dialogue: 0,0:13:18.92,0:13:21.24,Default,,0000,0000,0000,,para abrir as portas \Nque eu puiden atravesar. Dialogue: 0,0:13:22.28,0:13:25.93,Default,,0000,0000,0000,,Quero asegurarme \Nde que esas portas fiquen abertas Dialogue: 0,0:13:26.20,0:13:29.84,Default,,0000,0000,0000,,e de que calquera poida atravesalas. Dialogue: 0,0:13:32.32,0:13:34.40,Default,,0000,0000,0000,,Robert Kennedy dixo, Dialogue: 0,0:13:34.68,0:13:38.22,Default,,0000,0000,0000,,"Cada vez que un home\N–ou muller, engadiría eu– Dialogue: 0,0:13:38.24,0:13:42.75,Default,,0000,0000,0000,,loita por unha idea,\Nactúa para mellorar a vida dos outros, Dialogue: 0,0:13:42.96,0:13:45.10,Default,,0000,0000,0000,,ou se ergue contra as inxustizas, Dialogue: 0,0:13:45.56,0:13:48.73,Default,,0000,0000,0000,,envía unha pequena onda de esperanza, Dialogue: 0,0:13:49.12,0:13:52.22,Default,,0000,0000,0000,,e esas ondas poden crear unha corrente, Dialogue: 0,0:13:52.24,0:13:57.20,Default,,0000,0000,0000,,capaz de derrubar os máis poderosos muros\Nda opresión e resistencia. Dialogue: 0,0:13:58.04,0:14:00.10,Default,,0000,0000,0000,,Hoxe son optimista, Dialogue: 0,0:14:00.12,0:14:02.70,Default,,0000,0000,0000,,pois ao longo de todo Estados Unidos Dialogue: 0,0:14:02.72,0:14:04.96,Default,,0000,0000,0000,,albisquei ondas de esperanza. Dialogue: 0,0:14:05.72,0:14:07.62,Default,,0000,0000,0000,,O Centro Médico de Boston Dialogue: 0,0:14:07.64,0:14:10.36,Default,,0000,0000,0000,,vén de engadir avogados\Nao seu equipo médico Dialogue: 0,0:14:11.16,0:14:14.24,Default,,0000,0000,0000,,para os facultativos poderen mellorar\Na saúde dos seus pacientes, Dialogue: 0,0:14:15.24,0:14:17.24,Default,,0000,0000,0000,,ao encargárense os avogados Dialogue: 0,0:14:17.25,0:14:19.50,Default,,0000,0000,0000,,das necesidades extrasanitarias\Ndos pacientes. Dialogue: 0,0:14:20.44,0:14:22.50,Default,,0000,0000,0000,,A Universidade de Loma Linda (California), Dialogue: 0,0:14:22.50,0:14:26.11,Default,,0000,0000,0000,,construíu un centro pasarela\N(Gateway College), preto de San Bernardino Dialogue: 0,0:14:26.16,0:14:29.46,Default,,0000,0000,0000,,para ademais de prestar\Natención sanitaria, Dialogue: 0,0:14:29.48,0:14:33.74,Default,,0000,0000,0000,,poder achegar \Ncompetencias laborais e formación laboral Dialogue: 0,0:14:34.00,0:14:38.78,Default,,0000,0000,0000,,a unha maioría predominante \Nde individuos con baixos ingresos, Dialogue: 0,0:14:38.80,0:14:42.76,Default,,0000,0000,0000,,para estes poderen obter as competencias\Nnecesarias para achar un traballo decente. Dialogue: 0,0:14:44.96,0:14:47.34,Default,,0000,0000,0000,,En Chapel Hill, Carolina do Norte, Dialogue: 0,0:14:47.36,0:14:50.63,Default,,0000,0000,0000,,o Proxecto Abecedarian atopou Dialogue: 0,0:14:51.08,0:14:56.38,Default,,0000,0000,0000,,o xeito de garantir a redución do risco\Nde doenzas cardíacas Dialogue: 0,0:14:56.40,0:14:59.46,Default,,0000,0000,0000,,entre negros que andan pola trintena, Dialogue: 0,0:14:59.48,0:15:04.64,Default,,0000,0000,0000,,ofrecendo un coidado diario de calidade\Ndesde o nacemento ata os cinco anos. Dialogue: 0,0:15:05.24,0:15:08.54,Default,,0000,0000,0000,,En centros extraescolares \Nde todo Estados Unidos Dialogue: 0,0:15:08.56,0:15:11.22,Default,,0000,0000,0000,,Wintley Philips e a US Dream Academy Dialogue: 0,0:15:11.24,0:15:14.02,Default,,0000,0000,0000,,están a romper o círculo de encarceramento Dialogue: 0,0:15:14.04,0:15:18.46,Default,,0000,0000,0000,,proporcionando formación e orientación \Nacadémica de alta calidade Dialogue: 0,0:15:18.48,0:15:23.87,Default,,0000,0000,0000,,a fillos de reclusos\Ne nenos con atraso escolar. Dialogue: 0,0:15:24.60,0:15:26.08,Default,,0000,0000,0000,,En Huntsville, Alabama, Dialogue: 0,0:15:26.19,0:15:29.96,Default,,0000,0000,0000,,a Universidade de Oakwood,\Nunha institución historicamente negra, Dialogue: 0,0:15:30.12,0:15:34.42,Default,,0000,0000,0000,,está a amosarnos como mellorar \Na saúde dos adultos negros, Dialogue: 0,0:15:34.44,0:15:40.31,Default,,0000,0000,0000,,incluíndo un exame médico como parte\Nda orientación aos novos alumnos, Dialogue: 0,0:15:40.67,0:15:43.62,Default,,0000,0000,0000,,fornecéndolles a eses alumnos\Nas ferramentas necesarias Dialogue: 0,0:15:43.64,0:15:45.30,Default,,0000,0000,0000,,para elixir opcións saudábeis Dialogue: 0,0:15:45.32,0:15:48.70,Default,,0000,0000,0000,,e fornecéndolles anualmente\Nun historial médico Dialogue: 0,0:15:48.72,0:15:50.78,Default,,0000,0000,0000,,para poderen supervisar os seus progresos. Dialogue: 0,0:15:51.52,0:15:53.26,Default,,0000,0000,0000,,E en Atlanta, Georgia, Dialogue: 0,0:15:53.28,0:15:58.86,Default,,0000,0000,0000,,a ONL Purpose Built Communities erradicou\Nos efectos negativos da segregación, Dialogue: 0,0:15:59.24,0:16:04.77,Default,,0000,0000,0000,,convertendo un proxecto de vivenda social\Nasolagado polo crime e anegado pola droga Dialogue: 0,0:16:04.88,0:16:08.22,Default,,0000,0000,0000,,nun oasis de vivendas de ingresos mixtos, Dialogue: 0,0:16:08.60,0:16:10.78,Default,,0000,0000,0000,,de rendemento académico, Dialogue: 0,0:16:10.80,0:16:15.27,Default,,0000,0000,0000,,de benestar comunitario\Ne de pleno emprego. Dialogue: 0,0:16:16.16,0:16:17.86,Default,,0000,0000,0000,,E finalmente, Dialogue: 0,0:16:17.88,0:16:19.88,Default,,0000,0000,0000,,chegamos á solución Devine. Dialogue: 0,0:16:20.68,0:16:23.32,Default,,0000,0000,0000,,A profesora Patricia Devine, Dialogue: 0,0:16:24.40,0:16:26.80,Default,,0000,0000,0000,,da Universidade de Wisconsin Dialogue: 0,0:16:27.00,0:16:32.38,Default,,0000,0000,0000,,amosounos como combater de raíz Dialogue: 0,0:16:32.38,0:16:35.98,Default,,0000,0000,0000,,\Ne eliminar os nosos prexuízos ocultos. Dialogue: 0,0:16:36.68,0:16:40.82,Default,,0000,0000,0000,,Cada un de nos pode supoñer\Nunha onda de esperanza. Dialogue: 0,0:16:41.20,0:16:44.70,Default,,0000,0000,0000,,Este traballo non será sempre doado Dialogue: 0,0:16:44.72,0:16:49.62,Default,,0000,0000,0000,,pero o antigo xuíz da Corte Suprema, \NThurgood Marshall, xa o dixo: Dialogue: 0,0:16:49.89,0:16:51.58,Default,,0000,0000,0000,,"Debemos discrepar. Dialogue: 0,0:16:51.60,0:16:54.02,Default,,0000,0000,0000,,Debemos discrepar da indiferenza. Dialogue: 0,0:16:54.04,0:16:56.10,Default,,0000,0000,0000,,Debemos discrepar da apatía. Dialogue: 0,0:16:56.12,0:16:59.32,Default,,0000,0000,0000,,Debemos discrepar do odio \Ne da desconfianza. Dialogue: 0,0:16:59.60,0:17:01.26,Default,,0000,0000,0000,,Debemos discrepar, Dialogue: 0,0:17:01.28,0:17:04.16,Default,,0000,0000,0000,,porque Estados Unidos pode facelo mellor. Dialogue: 0,0:17:04.56,0:17:09.20,Default,,0000,0000,0000,,Porque a Estados Unidos\Nnon lle queda outra que facelo mellor". Dialogue: 0,0:17:09.40,0:17:10.62,Default,,0000,0000,0000,,Grazas. Dialogue: 0,0:17:10.75,0:17:14.28,Default,,0000,0000,0000,,(Aplausos)