0:00:01.000,0:00:04.120 Un artigo da revista de exalumnos de Yale 0:00:05.240,0:00:07.616 contaba a historia de Clyde Murphy. 0:00:07.840,0:00:11.720 Un home negro,[br]membro da promoción de 1970. 0:00:12.960,0:00:15.000 A de Clyde é unha historia de éxito. 0:00:16.200,0:00:19.590 Tras saír de Yale e graduarse en Dereito[br]pola Universidade de Columbia, 0:00:20.130,0:00:22.376 Clyde foi durante os seguintes trinta anos 0:00:22.400,0:00:25.730 un dos mellores avogados de dereitos civís[br]dos Estados Unidos (EE.UU). 0:00:26.280,0:00:28.960 Tamén foi un gran marido e un gran pai. 0:00:30.080,0:00:35.116 Porén, malia o seu éxito, [br]persoal e profesional, 0:00:36.080,0:00:38.360 a historia de Clyde tivo un triste final. 0:00:39.440,0:00:40.640 En 2010, 0:00:41.720,0:00:43.480 aos 62 anos de idade, 0:00:44.640,0:00:47.640 Clyde finou a causa[br]dun coágulo de sangue nun pulmón. 0:00:50.120,0:00:53.920 Clyde non foi o único[br]ao que lle aconteceu algo así. 0:00:54.720,0:00:59.256 Moitos dos seus compañeiros negros[br]de Yale tamén morreron novos. 0:01:00.080,0:01:03.440 De feito, o artigo da revista indicaba 0:01:04.319,0:01:07.826 que 41 anos despois da súa graduación[br]na Universidade de Yale, 0:01:08.040,0:01:11.016 os alumnos negros da promoción de 1970 0:01:11.240,0:01:17.146 presentaban unha taxa de mortalidade[br]tres veces superior á da media da clase. 0:01:18.680,0:01:19.880 É abraiante. 0:01:21.240,0:01:23.760 EE.UU acordou recentemente 0:01:24.680,0:01:30.696 ante o balbordo constante dos disparos[br]da policía a homes negros desarmados. 0:01:31.960,0:01:35.160 O que é mesmo máis grave 0:01:36.560,0:01:39.276 é que cada sete minutos 0:01:40.288,0:01:43.918 unha persoa negra[br]morre de xeito prematuro nos EE.UU. 0:01:44.440,0:01:50.216 Isto quere dicir que máis [br]de 200 persoas negras morren cada día 0:01:50.440,0:01:55.240 e que non morrerían se negros e brancos [br]tivesen a mesma saúde. 0:01:58.240,0:02:02.790 Durante os últimos 25 anos, [br]entregueime á misión 0:02:02.880,0:02:08.265 de entender por que a raza [br]ten tanta transcendencia para a saúde. 0:02:09.758,0:02:11.536 Cando comecei a miña carreira, 0:02:11.560,0:02:17.836 moitos crían que se trataba simplemente [br]de diferenzas raciais en renda e educación 0:02:18.480,0:02:23.320 Descubrín que, se ben o estatus económico[br]é importante para a saúde, 0:02:24.200,0:02:26.096 a historia non remata aí. 0:02:26.120,0:02:31.040 Se, por exemplo, observamos[br]a esperanza de vida aos 25 anos, 0:02:31.960,0:02:36.806 aos 25 anos de idade, hai unha fenda[br]de cinco anos entre negros e brancos, 0:02:37.080,0:02:41.016 mais a fenda por nivel de educación [br]tanto en brancos como negros 0:02:41.040,0:02:44.160 é mesmo maior que a racial. 0:02:44.960,0:02:49.576 Porén, ao mesmo tempo, [br]en tódolos niveis educativos, 0:02:49.600,0:02:51.840 os brancos viven máis tempo que os negros. 0:02:52.560,0:02:54.856 Entón, os brancos [br]que abandonan o instituto 0:02:54.880,0:02:58.206 viven 3,4 anos máis de media[br]que os seus homólogos negros. 0:02:58.600,0:03:03.406 A fenda é aínda maior[br]entre os graduados universitarios. 0:03:04.200,0:03:10.626 Pero o máis sorprendente é que os brancos [br]que rematan a secundaria 0:03:10.640,0:03:15.886 viven máis tempo que os negros [br]licenciados ou con educación superior. 0:03:16.600,0:03:20.496 Así que, por que a raza resulta tan [br]transcendental para a saúde? 0:03:20.520,0:03:26.350 Que pode haber alén do nivel de formación[br]e a renda que importe tanto? 0:03:28.040,0:03:32.970 Ao comezo da década dos noventa, [br]encargáronme a recensión dun novo libro 0:03:33.530,0:03:35.810 sobre a saúde [br]da poboación negra dos EE.UU. 0:03:36.200,0:03:40.966 Abraioume o feito de que case cada un[br]dos seus 25 capítulos 0:03:41.600,0:03:46.596 dixese que o racismo era un factor [br]que estaba a afectar a saúde dos negros. 0:03:47.360,0:03:49.260 Todos os investigadores participantes 0:03:50.120,0:03:54.880 afirmaban que o racismo era un factor [br]que afectaba negativamente os negros 0:03:56.030,0:03:57.840 mais non achegaban ningunha proba. 0:03:58.560,0:04:00.720 Para min, aquilo non era bo dabondo. 0:04:01.960,0:04:06.166 Algúns meses despois, participei [br]nun congreso en Washington DC 0:04:06.600,0:04:09.776 e dixen que [br]unha das prioridades da investigación 0:04:09.800,0:04:13.520 debía ser documentar de que maneiras [br]afectaba o racismo a saúde. 0:04:14.880,0:04:17.416 Un señor branco[br]ergueuse de entre o público 0:04:17.440,0:04:20.829 e dixo que, se ben coincidía comigo[br]en sinalar a importancia do racismo, 0:04:22.240,0:04:23.720 nunca poderíamos medilo. 0:04:24.880,0:04:26.880 "Medimos a autoestima", [br]díxenlle. 0:04:28.200,0:04:32.786 Non hai razón para non podermos medir [br]o racismo, se nos poñemos mans á obra. 0:04:33.720,0:04:37.626 Así que me puxen mans á obra [br]e desenvolvín tres escalas. 0:04:38.440,0:04:42.416 A primeira recolle experiencias [br]graves de discriminación, 0:04:42.440,0:04:46.486 como ser inxustamente despedido[br]ou ser inxustamente detido pola policía. 0:04:46.720,0:04:51.816 Con todo, a discriminación preséntase [br]en situacións máis correntes e sutís 0:04:52.040,0:04:55.470 e, así, a miña segunda escala, [br]chamada "Escala de Discriminación Cotiá", 0:04:56.000,0:04:59.066 recolle nove elementos[br]que reflicten experiencias 0:04:59.066,0:05:02.416 como ser tratado [br]con menos cortesía que outros, 0:05:02.440,0:05:06.016 recibir un peor servizo [br]en tendas e restaurantes 0:05:06.040,0:05:08.510 ou ver como a xente actúa[br]como se tivese medo de ti. 0:05:09.240,0:05:15.786 Esta escala captura algunhas das formas [br]polas que a dignidade e o respecto 0:05:15.786,0:05:20.856 dunhas persoas que a sociedade non valora,[br]vai minguando día a día. 0:05:21.960,0:05:23.440 A investigación revela 0:05:25.440,0:05:28.296 que os niveis[br]máis elevados de discriminación 0:05:28.320,0:05:33.856 correlacionan cun alto risco [br]de padecer un amplo abano de doenzas, 0:05:33.880,0:05:37.136 dende hipertensión a obesidade abdominal, 0:05:37.160,0:05:39.816 pasando por cancro de mama, [br]doenzas cardíacas 0:05:39.840,0:05:42.400 e incluso mortalidade prematura. 0:05:43.520,0:05:48.616 Sorprendentemente, algúns dos efectos[br]obsérvanse en persoas moi novas. 0:05:48.640,0:05:52.760 Por exemplo, un estudo realizado [br]con adolescentes negros, 0:05:54.120,0:05:59.560 revelou que os que aducían altos niveis[br]de discriminación na adolescencia 0:06:01.120,0:06:03.800 presentaban un nivel elevado[br]de hormonas do estrés, 0:06:05.520,0:06:10.086 de presión arterial e de peso[br]aos 20 anos de idade. 0:06:12.440,0:06:13.640 Porén, 0:06:15.920,0:06:20.086 o estrés causado pola discriminación[br]é apenas un aspecto. 0:06:20.440,0:06:26.766 A discriminación e o racismo inciden[br]de moitas outras maneiras na saúde. 0:06:27.280,0:06:30.360 Por exemplo, existe discriminación[br]na atención sanitaria. 0:06:31.080,0:06:35.376 En 1999, [br]a Academia Nacional de Medicina dos EE.UU. 0:06:35.400,0:06:37.336 convidoume a tomar parte nunha comisión 0:06:37.360,0:06:41.896 que concluíu, baseándose [br]en probas científicas, 0:06:42.440,0:06:44.936 que os negros e outras minorías 0:06:44.960,0:06:47.840 reciben unha atención [br]de peor calidade que os brancos. 0:06:48.480,0:06:52.336 Isto acontece con calquera tipo [br]de tratamento médico, 0:06:52.360,0:06:57.590 dende o máis simple [br]ao máis sofisticado tecnoloxicamente. 0:06:58.800,0:07:01.816 Unha posible explicación a este patrón 0:07:01.840,0:07:05.776 podería ser o fenómeno [br]coñecido como "prexuízo implícito" 0:07:05.800,0:07:08.096 ou "discriminación inconsciente". 0:07:08.120,0:07:10.936 Segundo as investigacións[br]dos psicólogos sociais, 0:07:10.960,0:07:17.246 se unha persoa ten un estereotipo negativo[br]sobre un grupo no seu subconsciente 0:07:17.560,0:07:22.486 ao coñecer alguén dese grupo, [br]discriminará esa persoa. 0:07:22.600,0:07:24.256 Tratarao de maneira diferente. 0:07:24.280,0:07:28.406 É un proceso inconsciente,[br]un proceso automático. 0:07:28.920,0:07:32.096 É un proceso sutil, mais é normal 0:07:32.120,0:07:38.160 e acontécelles mesmo ás persoas[br]con mellores intencións. 0:07:39.280,0:07:44.846 Pero canto máis afondaba [br]no impacto do racismo na saúde, 0:07:45.360,0:07:48.080 máis perniciosos [br]se tornaban os seus efectos. 0:07:49.160,0:07:51.600 Existe discriminación institucional, 0:07:52.600,0:07:55.416 é dicir, discriminación 0:07:55.440,0:07:59.440 que se dá nos procesos propios[br]das institucións sociais. 0:08:00.400,0:08:02.736 A segregación residencial por razas, 0:08:02.760,0:08:07.736 que se traduce en negros e brancos[br]vivindo en barrios moi diferenciados, 0:08:07.760,0:08:11.320 é un exemplo clásico[br]de racismo institucional. 0:08:13.120,0:08:17.056 Un dos segredos mellor gardados[br]dos Estados Unidos 0:08:17.080,0:08:21.500 é o de que a segregación residencial[br]é a fonte secreta 0:08:21.500,0:08:25.150 da desigualdade racial do país. 0:08:26.800,0:08:29.406 Nos Estados Unidos, o lugar no que un vive 0:08:29.760,0:08:32.814 determina o seu acceso a oportunidades 0:08:33.659,0:08:37.229 [br]en educación, emprego, vivenda 0:08:37.565,0:08:40.280 e incluso en acceso a atención sanitaria. 0:08:41.640,0:08:48.056 Un estudo realizado nas 171 meirandes [br]cidades dos Estados Unidos 0:08:48.080,0:08:51.376 concluíu que nin nunha soa destas cidades 0:08:51.400,0:08:54.736 os brancos viven [br]nas mesmas condicións que os negros 0:08:54.760,0:08:58.696 e que os peores contextos [br]residenciais dos brancos 0:08:58.720,0:09:03.360 son considerablemente mellores que[br]o contexto medio das comunidades negras. 0:09:03.920,0:09:05.616 Outro estudo probou 0:09:05.640,0:09:10.076 que se conseguísemos eliminar[br]estatisticamente a segregación residencial 0:09:10.360,0:09:16.886 erradicaríamos por completo as diferenzas[br]raciais en renda, educación e desemprego 0:09:17.040,0:09:20.396 e que reduciríamos a fenda racial[br]en número de familias monoparentais 0:09:20.396,0:09:21.636 en dúas terceiras partes. 0:09:21.670,0:09:24.030 E todo iso é ocasionado pola segregación. 0:09:24.960,0:09:29.296 Aprendín tamén [br]como os estereotipos negativos 0:09:29.840,0:09:32.816 e a imaxe dos negros [br]na cultura estadounidense 0:09:32.840,0:09:35.856 literalmente orixinan e perpetúan 0:09:35.880,0:09:39.320 tanto a discriminación institucional [br]como a individual. 0:09:40.640,0:09:43.600 Un grupo de investigadores[br]reuniu nunha base de datos 0:09:44.480,0:09:49.386 todos os libros, revistas e artigos 0:09:49.760,0:09:54.456 que un estadounidense medio con formación[br]universitaria le durante toda a súa vida. 0:09:54.480,0:09:57.296 Isto permítenos ollar [br]para esta base de datos 0:09:57.320,0:10:02.656 e comprobar como os estadounidenses [br]van vendo certas palabras emparelladas 0:10:02.680,0:10:05.176 a medida que van medrando[br]na súa sociedade 0:10:05.200,0:10:09.176 Así, cando aparece a palabra "negro"[br]na cultura estadounidense, 0:10:09.200,0:10:11.256 de que vai acompañada? 0:10:11.280,0:10:12.696 "Pobre", 0:10:12.720,0:10:13.936 "violento", 0:10:13.960,0:10:15.296 "relixioso", 0:10:15.320,0:10:16.536 "preguiceiro", 0:10:16.560,0:10:17.776 "alegre", 0:10:17.800,0:10:19.536 "perigoso". 0:10:19.560,0:10:21.056 Cando aparece "branco", 0:10:21.080,0:10:23.476 as palabras frecuentemente[br]emparelladas son 0:10:23.476,0:10:24.696 "rico", 0:10:24.720,0:10:25.976 "progresista", 0:10:26.000,0:10:27.200 "convencional" 0:10:28.120,0:10:29.336 "perseverante", 0:10:29.360,0:10:30.576 "exitoso" 0:10:30.600,0:10:31.880 "culto". 0:10:32.280,0:10:35.576 Entón, cando un policía 0:10:35.600,0:10:39.880 sobreactúa ao ver un home negro desarmado 0:10:41.240,0:10:45.936 e o percibe como violento e perigoso, 0:10:45.960,0:10:50.520 non temos necesariamente por que estar[br]a tratar cun policía intrinsecamente malo. 0:10:51.280,0:10:55.646 Pode que simplemente esteamos a ver[br]un estadounidense normal 0:10:55.880,0:10:59.656 actuando como reflexo [br]daquilo ao que estivo exposto 0:10:59.680,0:11:03.146 como resultado de medrar nesta sociedade. 0:11:04.080,0:11:06.400 Na miña experiencia persoal, 0:11:07.840,0:11:13.746 creo que a raza non ten por que[br]determinar o destino dunha persoa. 0:11:14.720,0:11:19.376 Eu emigrei aos Estados Unidos[br]dende a illa caribeña de Santa Lucía, 0:11:20.440,0:11:22.080 a finais dos setenta 0:11:22.840,0:11:24.680 na procura dunha educación superior. 0:11:26.000,0:11:29.596 E nos últimos 40 anos foime ben. 0:11:30.280,0:11:32.196 Tiven unha familia que me apoiou, 0:11:32.920,0:11:34.200 traballei arreo. 0:11:35.240,0:11:36.440 Foime ben. 0:11:37.120,0:11:39.800 Pero costoume máis prosperar. 0:11:40.600,0:11:44.720 Fun beneficiario dunha bolsa [br]para minorías da Universidade de Michigan. 0:11:45.440,0:11:49.680 Si, son fillo da discriminación positiva. 0:11:50.560,0:11:55.146 Sen discriminación positiva,[br]non estaría aquí. 0:11:57.000,0:11:59.026 Pero nos últimos 40 anos, 0:11:59.560,0:12:03.320 a comunidade negra dos Estados Unidos [br]non tivo tanto éxito. 0:12:04.720,0:12:09.816 En 1978, as familias negras[br]dos Estados Unidos 0:12:10.040,0:12:14.160 gañaban 59 céntimos [br]por cada dólar de salario dos brancos. 0:12:15.040,0:12:21.936 En 2015, as familias negras [br]aínda gañan 59 céntimos 0:12:22.200,0:12:25.716 por cada dólar de salario [br]percibido polas familias brancas. 0:12:26.040,0:12:29.640 A fenda racial no relativo á riqueza[br]é mesmo máis escandalosa. 0:12:30.600,0:12:32.880 Por cada dólar de riqueza dos brancos, 0:12:33.880,0:12:37.360 as familias negras suman seis centavos[br]e os latinos, sete. 0:12:38.800,0:12:41.506 É un feito que o racismo 0:12:42.993,0:12:46.253 está a xerar un sistema [br]totalmente corrupto 0:12:46.600,0:12:51.840 que sistematicamente desfavorece [br]certos grupos raciais nos Estados Unidos. 0:12:52.880,0:12:54.816 Citando a Platón, 0:12:55.080,0:12:57.360 non hai nada máis inxusto 0:12:58.880,0:13:02.200 que tratar igual [br]aos que son diferentes. 0:13:03.520,0:13:09.156 Por iso estou comprometido [br]co traballo para erradicar o racismo. 0:13:09.960,0:13:15.096 Valoro profundamente o feito[br]de me erguer sobre os ombreiros 0:13:15.660,0:13:18.670 daqueles que sacrificaron [br]ata as súas vidas 0:13:18.920,0:13:21.236 para abrir as portas [br]que eu puiden atravesar. 0:13:22.280,0:13:25.926 Quero asegurarme [br]de que esas portas fiquen abertas 0:13:26.200,0:13:29.840 e de que calquera poida atravesalas. 0:13:32.320,0:13:34.396 Robert Kennedy dixo, 0:13:34.680,0:13:38.216 "Cada vez que un home[br]–ou muller, engadiría eu– 0:13:38.240,0:13:42.746 loita por unha idea,[br]actúa para mellorar a vida dos outros, 0:13:42.960,0:13:45.096 ou se ergue contra as inxustizas, 0:13:45.560,0:13:48.726 envía unha pequena onda de esperanza, 0:13:49.120,0:13:52.216 e esas ondas poden crear unha corrente, 0:13:52.240,0:13:57.200 capaz de derrubar os máis poderosos muros[br]da opresión e resistencia. 0:13:58.040,0:14:00.096 Hoxe son optimista, 0:14:00.120,0:14:02.696 pois ao longo de todo Estados Unidos 0:14:02.720,0:14:04.960 albisquei ondas de esperanza. 0:14:05.720,0:14:07.616 O Centro Médico de Boston 0:14:07.640,0:14:10.360 vén de engadir avogados[br]ao seu equipo médico 0:14:11.160,0:14:14.240 para os facultativos poderen mellorar[br]a saúde dos seus pacientes, 0:14:15.240,0:14:17.240 ao encargárense os avogados 0:14:17.250,0:14:19.500 das necesidades extrasanitarias[br]dos pacientes. 0:14:20.440,0:14:22.496 A Universidade de Loma Linda (California), 0:14:22.496,0:14:26.112 construíu un centro pasarela[br](Gateway College), preto de San Bernardino 0:14:26.160,0:14:29.456 para ademais de prestar[br]atención sanitaria, 0:14:29.480,0:14:33.736 poder achegar [br]competencias laborais e formación laboral 0:14:34.000,0:14:38.776 a unha maioría predominante [br]de individuos con baixos ingresos, 0:14:38.800,0:14:42.760 para estes poderen obter as competencias[br]necesarias para achar un traballo decente. 0:14:44.960,0:14:47.336 En Chapel Hill, Carolina do Norte, 0:14:47.360,0:14:50.626 o Proxecto Abecedarian atopou 0:14:51.080,0:14:56.376 o xeito de garantir a redución do risco[br]de doenzas cardíacas 0:14:56.400,0:14:59.456 entre negros que andan pola trintena, 0:14:59.480,0:15:04.636 ofrecendo un coidado diario de calidade[br]desde o nacemento ata os cinco anos. 0:15:05.240,0:15:08.536 En centros extraescolares [br]de todo Estados Unidos 0:15:08.560,0:15:11.216 Wintley Philips e a US Dream Academy 0:15:11.240,0:15:14.016 están a romper o círculo de encarceramento 0:15:14.040,0:15:18.456 proporcionando formación e orientación [br]académica de alta calidade 0:15:18.480,0:15:23.866 a fillos de reclusos[br]e nenos con atraso escolar. 0:15:24.600,0:15:26.080 En Huntsville, Alabama, 0:15:26.190,0:15:29.956 a Universidade de Oakwood,[br]unha institución historicamente negra, 0:15:30.120,0:15:34.416 está a amosarnos como mellorar [br]a saúde dos adultos negros, 0:15:34.440,0:15:40.306 incluíndo un exame médico como parte[br]da orientación aos novos alumnos, 0:15:40.666,0:15:43.616 fornecéndolles a eses alumnos[br]as ferramentas necesarias 0:15:43.640,0:15:45.296 para elixir opcións saudábeis 0:15:45.320,0:15:48.696 e fornecéndolles anualmente[br]un historial médico 0:15:48.720,0:15:50.780 para poderen supervisar os seus progresos. 0:15:51.520,0:15:53.256 E en Atlanta, Georgia, 0:15:53.280,0:15:58.856 a ONL Purpose Built Communities erradicou[br]os efectos negativos da segregación, 0:15:59.240,0:16:04.766 convertendo un proxecto de vivenda social[br]asolagado polo crime e anegado pola droga 0:16:04.880,0:16:08.216 nun oasis de vivendas de ingresos mixtos, 0:16:08.600,0:16:10.776 de rendemento académico, 0:16:10.800,0:16:15.266 de benestar comunitario[br]e de pleno emprego. 0:16:16.160,0:16:17.856 E finalmente, 0:16:17.880,0:16:19.880 chegamos á solución Devine. 0:16:20.680,0:16:23.320 A profesora Patricia Devine, 0:16:24.400,0:16:26.796 da Universidade de Wisconsin 0:16:27.000,0:16:32.376 amosounos como combater de raíz 0:16:32.378,0:16:35.978 [br]e eliminar os nosos prexuízos ocultos. 0:16:36.680,0:16:40.816 Cada un de nos pode supoñer[br]unha onda de esperanza. 0:16:41.200,0:16:44.696 Este traballo non será sempre doado 0:16:44.720,0:16:49.620 pero o antigo xuíz da Corte Suprema, [br]Thurgood Marshall, xa o dixo: 0:16:49.890,0:16:51.576 "Debemos discrepar. 0:16:51.600,0:16:54.016 Debemos discrepar da indiferenza. 0:16:54.040,0:16:56.096 Debemos discrepar da apatía. 0:16:56.120,0:16:59.316 Debemos discrepar do odio [br]e da desconfianza. 0:16:59.600,0:17:01.256 Debemos discrepar, 0:17:01.280,0:17:04.165 porque Estados Unidos pode facelo mellor. 0:17:04.560,0:17:09.195 Porque a Estados Unidos[br]non lle queda outra que facelo mellor". 0:17:09.400,0:17:10.616 Grazas. 0:17:10.750,0:17:14.280 (Aplausos)