Comezan os síntomas do neno
cunha suave febre, dor de
cabeza, dores musculares
seguidos por vómitos e diarrea,
logo sangrado de
boca, nariz e enxivas.
Morte inminente por fallo multiorgánico
debido a unha baixa presión arterial.
Resúltavos familiar?
Se estades pensando en ébola,
o certo é, que neste caso non o é.
É unha forma extrema de dengue,
enfermidade transmitida por mosquitos
que de feito non ten
nin terapia nin vacina eficaz,
e mata 22 000 persoas cada ano.
O que supón o dobre do número
de persoas falecidas a causa do ébola
nas case catro décadas
desde o seu descubrimento.
En canto ao sarampelo, moi
presente agora nas noticias,
o custo en vidas é dez veces superior.
No entanto, no último ano,
o ébola ocupou todos
os titulares e propagou o medo.
É evidente que hai algo
que nos afecta profundamente,
algo que nos dá medo e nos fascina
máis ca outras enfermidades.
Pero que é, exactamente?
Ben, é difícil contraer ébola,
pero de facelo, o risco
dunha morte horrible é alto
Por que?
Porque agora mesmo, non temos
ningunha terapia nin vacina dispoñible.
Esa é a cuestión.
Pode que a teñamos algún día.
Polo que, con razón, tememos o ébola;
non porque mate tanta xente
coma outras enfermidades.
De feito, é menos contaxioso ca outros
virus como a gripe ou o sarampelo.
Tememos o ébola porque nos mata
e non o podemos tratar.
Tememos o inevitable que vén co ébola.
O ébola ten ese lado inevitable
que parece desafiar a medicina moderna.
Pero, a que se debe?
Coñecemos o ébola desde 1976.
Sabemos de que é capaz.
Tivemos moitas oportunidades de estudalo
nos 24 brotes que se produciron.
E de feito, temos
posibles vacinas dispoñibles
desde hai máis dunha década.
Por que os ensaios
clínicos se fan só agora?
Isto demostra o problema
fundamental que temos
co desenvolvemento de vacinas
para enfermidades infecciosas.
O asunto é algo así:
As persoas máis en risco
de contraer estas enfermidades
son tamén as que menos capacidade
teñen de mercar estas vacinas.
O que se traduce en
pouco interese no mercado
para os fabricantes de vacinas,
a menos que exista suficiente
demanda en países ricos.
É un risco comercial demasiado alto.
No caso do ébola,
non hai mercado en absoluto,
a única razón pola que temos dúas vacinas
nas últimas fases de ensaio clínico,
ten que ver cun certo medo infundado.
O ébola foi relativamente ignorado
ata o 11-S e os ataques con ántrax;
de súpeto, o ébola
foi percibido pola poboación
como unha potencial arma bioterrorista.
Por que non se deseñou
a vacina do ébola nese momento?
Ben, porque era moi difícil
--ou iso se pensaba -- converter
un virus en arma,
pero sobre todo,
polo risco financeiro que suporía.
E é esta a cuestión.
A triste realidade é que
desenvolvemos vacinas
non tendo en conta o risco
que o patóxeno supón,
senón tendo en conta o risco económico
asociado ao seu deseño.
O desenvolvemento de vacinas
é custoso e complexo.
Pode custar centos de millóns de dólares
só coller un antíxeno coñecido
e convertelo nunha vacina viable.
Por fortuna, para enfermidades
como o ébola,
podemos facer cousas para botar
abaixo algunhas destas barreiras,
A primeira é recoñecer cando
hai unha falla total no mercado.
Neste caso, se queremos vacinas,
temos que ofrecer incentivos
ou algún tipo de subvención.
Tamén temos que mellorar a forma
de identificar de maneira máis eficaz
cales son as enfermidades máis perigosas.
Proporcionando recursos aos países
afectados, ofréceselles a posibilidade
de crear as súas propias redes
epidemiolóxicas e de laboratorios
capaces de recompilar e
categorizar estes patóxenos.
Estes datos podes ser usados despois
para entender a diversidade
xeográfica e xenética,
que pode axudarnos a coñecer
qué cambios inmunolóxicos implican
e qué tipo de reaccións promoven.
Pódense tomar algunhas destas medidas,
pero para facelo, se queremos
abordar a total falla do mercado,
temos que cambiar o xeito de ver
e prever as enfermidades infecciosas.
Temos que deixar
de esperar ata vermos probas
dunha enfermidade que vai supoñer
unha ameaza global, para actuar.
Entón, no caso do ébola,
o medo paranoico
a unha enfermidade infecciosa,
seguido por uns poucos casos
de infectados nos países ricos,
fixo posible unha colaboración global,
e grazas ao traballo de empresas
produtoras de vacinas,
agora temos isto:
dúas vacinas contra o ébola probadas
en ensaios clínicos en países con ébola --
(Aplausos)
e seguidas doutras en camiño.
Cada ano gastamos
miles de millóns de dólares,
en manter unha frota de submarinos
nucleares vixiando os océanos
para protexernos de ameazas que
case con certeza non acontecerán.
E no entanto, non gastamos case nada
en previr algo tan palpable
e evolutivamente inevitable
como as enfermidades
infecciosas epidémicas.
E non nos equivoquemos --non é cuestión
de "se ocorrerá", senón de "cando".
Estes bechos van seguir evolucionando
e van pór en perigo o mundo.
E as vacinas son a nosa mellor defensa.
Así que se queremos ser quen
de previr epidemias como o ébola,
temos que arriscarnos a
investir en desenvolver vacinas
e en acumular reservas.
E necesitamos ver isto, entón,
como a medida disuasoria definitiva,
algo que sabemos que está dispoñible,
pero ao mesmo tempo,
rezamos para nunca ter que usar.
Grazas.
(Aplausos)